Estimados socios e socias da Sociedade Musical de Sanxenxo, facémoslle chegar a seguinte:
CANDIDATURA Á XUNTA DIRECTIVA DA SOCIEDADE MUSICAL DE SANXENXO Presidenta: Carla Villanueva Rodríguez (Percusionista da Banda de Música de Sanxenxo dende a súa fundación. Licenciada en música, máster en educación e actualmente profesora de percusión na Escola de Música Municipal de Sanxenxo, entre outras). Secretaria: Itziar Solla García (Frautista da Banda de Música de Sanxenxo dende a súa fundación. Graduada en educación primaria con mención en educación musical e actualmente profesora de música e movemento e iniciación á linguaxe musical na Escola Ateneo Musical de Bembrive (Vigo).) Tesoureiro: Vicente Rodríguez Gondar (Pai dunha xoven frautista da banda, músico de bandas durante moitos anos. Actualmente traballa como banqueiro) Vocal 1: Jose Pazos Mohri (Clarinetista da Banda de Música de Sanxenxo, estudante de 2º de bacharelato) Vocal 2: Sara Bouzada Carballa (Clarinetista da Banda de Música de Sanxenxo dende a súa fundación. Graduada en educación social e con estudos medios de música. Actualmente traballa no ámbito da discapacidade intelectual e fórmase como monitora de tempo libre) Vocal 3: Carlos Dadín Domínguez (Frautista da Banda de Música de Sanxenxo dende a súa fundación. Actualmente está a punto de rematar os seus estudos superiores de música, moi activo en grupos musicais de diferentes estilos e profesor de frauta na Escola Municipal de Música de Sanxenxo, entre outras) Vocal 4: Ricardo Rodiño Balboa (Trombonista da Banda de Música de Sanxenxo, estudante de Química na Universidade de Santiago) Apostamos por unha xunta directiva equilibrada, na que estén representados todos os colectivos da banda: representante dos menores como é un pai, rapaces novos, músicos xa veteranos da agrupación, instrumentistas de cada corda, persoas que estudaron a carreira de música e outras que a levan como unha afición, mestres da Escola de música do Concello…
Candidatura á xunta directiva da Sociedade Musical de Sanxenxo
No noso proxecto queremos destacar a incorporación dun elemento innovador, como son os grupos de traballo. A intención é a de formar diversas comisións, cada unha delas cunhas tarefas específicas e coordinadas por un membro da directiva, que serán as seguintes: ❖
Comisión artística. Encargarase de todo o relativo aos aspectos propiamente musicais: selección do repertorio, temáticas, propostas e ideas para concertos… O coordinador da mesma será o director artístico da banda de música.
❖
Comisión de eventos. O seu labor será xestionar os temas relativos ás actuacións: o contacto coa entidade contratadora, o transporte, a coordinación entre entes, etc. O coordinador será Carlos Dadín Domínguez.
❖
Comisión de arquivo. Encargarase de todos os temas relacionados coas partituras da Banda, organización de arquivo, impresión de partichelas, etc. A coordinadora será Sara Bouzada Carballa.
❖
Comisión loxística. A súa tarefa será o transporte, carga e colocación do material da agrupación. O coordinador será Jose Pazos Mohri.
❖
Comisión administrativa. Ten o comedido de realizar as tarefas administrativas, estar ao tanto das subvencións, así como a comunicación directa coas administracións co fin de obter beneficios para a agrupación. A coordinadora será Itziar Solla García.
❖
Comisión de xefes de corda. Integrada por un músico de cada corda instrumental, co labor de traballar e coordinar cada unha das cordas cando sexa preciso (preparación de concertos, certames, etc.). O coordinador principal será o director artístico da banda de música.
❖
Comisión de comunicacións e redes sociais. Será a encargada de xestionar e manter ao día tanto as redes sociais da agrupación como a páxina web, informando das datas de ensaios e actuacións e as comunicacións por whatsapp e correo electrónico. O coordinador será Ricardo Rodiño Balboa.
Cada músico poderá incorporarse ao grupo de traballo que prefira e no que considere que máis pode aportar, co obxectivo de que todos colaboremos e nos sintamos partícipes dun proxecto en común.
Candidatura á xunta directiva da Sociedade Musical de Sanxenxo
A nosa idea para a Banda de Música de Sanxenxo é a de, ademais de contribuír á formación musical de tódolos seus membros e de ser un beneficio social e cultural para os seus integrantes e o municipio, elevar o nome desta agrupación diferenciándonos das demais, ofrecendo ideas innovadoras e creativas e sacando o máximo partido a unha xuntaza musical como esta. Propoñemos unha maior actividade musical, máis actuacións, diferentes temáticas, colaboracións con outras agrupacións e outros artes, fusións, máis saídas do municipio... Queremos ser unha Banda máis activa, buscando que as nosas actuacións conduzan sempre a unha paixón, unha actividade lúdica ou un 'hobby' que nunca queiramos deixar atrás. Dentro desta proposta, e como obxectivo a longo prazo, está o de poder repartir unha mensualidade fixa aos músicos para sufraxiar os gastos de desprazamento, mantemento dos instrumentos, etc. Só será unha pequena axuda para que pertencer á agrupación non supoña un gasto a maiores, aínda que tamén apoiamos a idea de realzar a figura do músico, que debe de ser ben retribuída. Somos nós os principais encargados de que nos tomen en serio e recoñezan o noso esforzo, sacrificio e labor, ninguén vai a facelo por nós. Por último, tamén nos gustaría abrir as portas desta Sociedade Musical de Sanxenxo a todo tipo de agrupacións musicais do municipio. Apoiamos a idea da creación de grupos de distintos estilos xurdidos desta Banda de Música, que non faría máis que enriquecer tanto aos propios músicos como ao Concello, podendo ter unha oferta máis variada e adaptada a cada necesidade.
Queremos crecer, aprender e divertirnos a través do máis marabilloso que temos neste mundo: a música; e sabemos que hai miles de posibilidades para facelo. Sen dúbida, o noso lema será o mesmo que dixo Nietzsche no seu día, que “sen música, a vida sería un erro”.
Atentamente, Carla, Itziar, Vicente, Jose, Sara, Carlos e Ricardo.
Candidatura á xunta directiva da Sociedade Musical de Sanxenxo