Jose Antonio Rodríguez Barreiro Óscar Mourelos García Ana Lage Viñas Andrés Berreco Martínez Roberto Carballa Castro
CANDIDATURA
Ana Lage Viñas Secretaria
Andrés Berreco Martínez Tesoureiro
Jose Antonio Rodríguez Barreiro Presidente
Roberto Carballa Castro Vogal
Óscar Mourelos García Vicepresidente
IDEAS E VALORES -
A Sociedade Musical de Sanxenxo como promotora da arte e cultura na comunidade.
-
O músico: figura fundamental dentro da asociación.
-
A convivencia, o respeto e a comunicación fluida.
-
A revalorización da figura do socio.
-
A busca da simbiose coa Escola de Música.
-
A implicación da totalidade dos integrantes no desenrolo da actividade da asociación.
-
A dinamización da sociedade no emprego das novas tecnoloxías.
-
Aumento da visibilidade da asociacion nos distintos ámbitos sociais e institucionais.
ASOCIACIÓN E ATENCIÓN AO SOCIO -
Relanzar a asociación mediante a valorización dos socios actuais e a acollida de
novos membros. Isto realizarase creando un maior lazo comunicativo entre os devanditos. Traballarase mediante un sistema sinxelo e eficaz á hora de facer novos socios.
-
Recompensar aos socios con concertos adicados e outros eventos, plantexaráselles a posibilidade de asistir a ceas, así coma un lugar relevante e visible nas redes sociais para os patrocinadores.
-
Velar porque os socios dispoñan dunha información completa das actividades e obxectivos da asociación.
ÁMBITO SOCIAL, DIDÁCTICO, MERCADOTECNIA E COMISIÓNS DELEGADAS -
Implicar á asociación en eventos sociais dentro e fóra do concello. Ter en conta as posibilidades que supón a existencia de outras asociacións culturais para desenrolar actividades enriquecedoras tanto para a banda como para outras entidades.
-
Promover o interese da mocidade pola música e a arte en xeral e, a poder ser, pola banda. Levaranse a cabo concertos didácticos por parte de grupos de cámara formados por membros da banda en distintos centros educativos e sociais. Proporase a opción de facer ensaios de
portas abertas ao director e aos músicos coa finalidade de mostrar o funcionamento e traballo na nosa banda. -
Outorgaráselle maior importancia ás novas tecnoloxías debido ao auxe das redes sociais, aparatos móbiles e acceso á internet en calquera lugar, coa finalidade de ter os últimos contidos multimedia relacionados coa actividade da sociedade.
-
Nomearanse grupos con competencia especializada en ámbitos relacionados coas necesidades da banda, como por exemplo: comisión artística, novas tecnoloxías, didáctica,
publicidade, etc.
FORMACIÓN ARTÍSTICA -
Velarase polo enriquecimento artístico dos músicos, para o que se deseñarán cursos formativos con mestres de diferentes especialidades. Tamén se considerará a posibilidade de organizar concertos con directores convidados.
-
Plantexarase facer concertos e intercambios con outras agrupacións musicais.
RELACIÓNS -
Consolidarase a relación co concello debido á importancia que supón o seu apoio á nosa agrupación. Asimesmo, tamén se crearán vínculos coas diferentes parroquias, institucións, outras agrupacións e centros educativos e culturais.
-
Estipular reunións periódicas co director artístico e a escola de música para incentivar a incorporación de novos integrantes á banda, así como para a mellora musical da mesma.
OBXETIVOS -
Mellorar o nivel musical dos membros da banda.
-
Fomentar convivencias banda-escola.
-
Fortalecer os vínculos co concello e demais institucións, agrupacións, etc.
-
Crear estabilidade dentro da asociación.
-
Promocionar a “marca BMS”.
-
Participar en distintos proxectos socioculturais.
-
Mellorar e adquirir o material necesario para o funcionamento da asociación.
-
Incrementar o apoio social.