CEIP As Covas - Meaño
XUNTA DE GALICIA
Rúa Herminia Fariña s/n 36968 Meaño (Pontevedra) Telf./fax: 986747262
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E O. U.
ceip.meanho.ascovas@edu.xunta.es http://centros.edu.xunta.es/ceipdemeanhoascovas/
Filosofía para nenos e nenas I CEIP As Covas – Meaño Curso 2012-13
O SEU NOME - Propor aos nenos e nenas que escriban o seu nome e o acompañen dun debuxo dalgún símbolo que os identifique. - PLAN DE DIÁLOGO : Por que temos nome ? É importante ter nome ? Que pasaría se non tiveramos nome ? Coñecedes a alguén que non teña nome ? Gústavos o voso nome ? - Suxerir preguntar na familia por que lle puxeron o nome que teñen. Clasificar na aula os nomes en función das razóns.
CONTO: ONDE VIVEN OS MONSTROS. PLAN DE DIÁLOGO A PARTIR DA LECTURA. 1. O TÍTULO : Antes de ler o conto preguntar aos nenos e nenas onde viven os monstros? En principio coma un segredo, despois ver quen coincidiu na mesma idea. 2. TRASNADAS : Que é unha trasnada? Vós facedes trasnadas? A quen, como, onde, cando?, que consecuencias houbo da vosa trasnada? Foi divertido? Acabou ben? 3. IR PARA CAMA SEN CEAR : Algunha vez fostes para cama sen cear por facer unha trasnada ou ter un comportamento que non gustase na túa familia? Como te sentiche? Como pensas que se sentiu a persoa que che mandou para a cama sen cear? 4. OS SOÑOS: Diferenza entre soño e pesadelo. Narrar un soño en pequenos grupos. Narrar un pesadelo en pequenos grupos. 5. OS MONSTROS : Todos os monstros son terribles? Poden existir monstros que non sexan terribles? Como serían eses monstros? Onde vivirían? A que se dedicarían? Que significa xeneralizar? Podes dar un exemplo dun monstro que non sexa terrible? 6. AMANSAR : Que significa amansar? Que diferenza hai entre amansar e dominar? 7. REI : Gustaríache ser rei? Que cousas non pode facer un rei? Se foras rei ou raíña, como serías, que farías, onde vivirías?
8. SENTIRSE SÓ: Que significa sentirse só?, Algunha vez te sentiche só/soa? Que podemos facer para deixar de sentirnos sós? 9. OS DESEXOS : Que é un desexo? Os desexos cúmprense? Escribe un desexo.
10. QUERER : Que é querer? como sabemos que alguén nos quere? como sabes que ti queres a alguén, que sintes, que che sucede ?que significa querer máis que a nada? hai alguén que saibas que te quere máis que a nada? Ti queres a alguén máis que a nada? 11. DESPEDIRSE : que significa despedirse ? Por que os monstros non querían despedirse de Max e lle pedían que se quedara, que sentimos cando nos despedimos de alguén a quen apreciamos moito ou con quen o pasamos divertido? 12. Cal é a túa comida favorita? con quen a compartirías? 13. Inventa un final distinto para este conto. 14. Mírate no espello e pensa se pode ser que haxa un monstro dentro de ti. De ser así, pensa en como é, que lle gusta comer, que lle gusta facer, …
O MEDO (Ver power point do gato Guille) - Plan de diálogo: - Que é o medo ? - A que lle tendes medo ? - De que cor é o medo, se é que ten cor ...? - A que cheira o medo, se é que ten cheiro...? - A que sabe o medo, se é que ten sabor...? - ....... - Escribir algunha ou algunhas das respostas sobre o que se dialogou. - Crear un mural coas respostas sobre o medo, por grupos ou parellas se é que hai coincidencia na resposta... - Unidade didáctica de Ed. Infantil: O medo
A BRUXA REGAÑADENTES -
Plan de diálogo: - Burlarse: - Que significa? - Está ben burlarse dalgún? - Alguén vos fai a burla? - Ser obedientes: - Que significa? - Os protagonistas do conto desobedeceron á súa nai, está ben? - Vós sodes obedientes? - Cando non obedecedes? Por que?
- A bruxa díxolles que os coidaría esa noite e os levaría a casa pola mañá. Era verdade? Que significa enganar ? Pon exemplos dalgún engano.
- Que significa ser valente ? Quen era o máis valente dos tres irmáns? Por que?
- Que será da bruxa? Que estará facendo agora?
- Podemos inventar outro final distinto.
-
Podemos inventar outra historia entre todos coa bruxa como protagonista.
Sen medo as bruxas -
(Ver power point: A bruxa do dente”)
-
Unha de bruxas: Unidade Didáctica A bruxa do dente