Normas orgánicas de funcionamento da banda de música rematado pendente de ratificar pola asamblea

Page 1

SOCIEDADE MUSICAL DE SANXENXO - BANDA DE MÚSICA DE SANXENXO

NORMAS DA BANDA DE MÚSICA DE SANXENXO (Resumo incluído no R.R.Interno)

1.- Material obrigatorio por músico: - Instrumento en condicións. - Atrís para desfilar. - Uniforme de pasacalles e actuacións, segundo se indica no R.R.I. O órgano de xestión encargarase de repartir a cada músico as partituras tendo este a obriga de coidar o devandito material e non o perder. No momento de deixar a Banda, este material debe ser devolto polo músico en perfecto estado. 2.- Ensaios. - Puntualidade: Débese chegar aos ensaios 15 minutos antes de que empece. Débese colocar a cadeira, o atril, as partituras, montar o instrumento, quecer para estar en plenas condicións de tocar cando o Director comece o ensaio á hora sinalada. - Corresponde ao Director a programación dos ensaios que será anunciada de forma previa. A frecuencia normal de ensaios será de DOUS ensaios por semana (venres pola noite e sábado). Esta frecuencia poderase ver aumentada en casos excepcionais, sendo notificado con previa antelación por parte do Órgano de Xestión. - Os ensaios programados son de ASISTENCIA OBRIGATORIA xa que son o principal medio de favorecer a óptima calidade dunha banda. Máis de DÚAS faltas de asistencia durante un mes (+/- 8 ensaios) supoñerá unha chamada de atención ao músico por parte da Xunta Directiva, a cal, colexiadamente, adoptará as medidas oportunas estudando cada caso en particular, rexeéndose polo R.R.I. no apartado de faltas e sancións. - Será o Director quen realizará un control de asistencias que se comunicará, mensualmente á Xunta Directiva. - Se un membro da Banda recibise 3 avisos e persiste na súa actitude de faltar aos ensaios, será invitado pola Xunta Directiva a deixar a Banda, entregando as partituras, o vestiario e o instrumento, se fose da Asociación. - A Xunta Directiva terá especial consideración na época de exames, así como de calquera circunstancia importante como enfermidade, estudos, traballo, problemas familiares, vacacións, etc. - Comportamento: Nos ensaios cumpriranse unhas MÍNIMAS NORMAS DE EDUCACIÓN: manter silencio, non usar o móbil e ATENDER ao Director, aínda que se dirixa a outros músicos. En caso de que non se poida realizar o ensaio nun ambiente axeitado, o Director poderá pedir ao músico que amole que abandone o ensaio.


SOCIEDADE MUSICAL DE SANXENXO - BANDA DE MÚSICA DE SANXENXO

3.- Actuacións da Banda. - Puntualidade: débese chegar á actuación antes da hora estipulada polo Órgano de Xestión, antes do seu inicio ou hora para cargar material. (Segundo como se determine no RRI). - As actuacións, son o PRINCIPAL INGRESO DA BANDA e a PRINCIPAL ACTIVIDADE DA MESMA. - Corresponde ao Órgano de Xestión o COMPROMISO coas diversas entidades promotoras dos concertos anuais (Comisións de Festas, Concellos, Bandas de Música, etc.). Avisarase con tempo suficiente, no caso de ser unha data inminente e consultarase cos integrantes ou músicos antes de contratala. No resto das actuacións nas que haxa suficientes días, (máis de 15) será o Presidente/a xunto coa Xunta directiva os que contraten directamente. O compromiso adquírese en nome de TODOS OS MÚSICOS, de forma que TODOS OS MÚSICOS QUEDAN comprometidos para a actuación contratada. A Banda está formada por un conxunto de cordas que compoñen un conxunto equilibrado. A ASISTENCIA ÁS ACTUACIÓNS É OBRIGATORIA PARA CUMPRIR CO COMPROMISO DA ASOCIACIÓN e gardar o equilibrio musical necesario. - Á hora de ofrecer unha actuación é imprescindible: A) Saber ben o papel. B) Ter asistido, exceptuando casos de especial consideración, aos ensaios con regularidade. C) Traer o vestiario axeitado, o instrumento en condicións así como atril e partituras necesarias. O músico QUE NON CUMPRA con estes requisitos absterase de subir ao escenario. Se, a pesar de todo, a presenza dalgún músico fose necesaria, será o Director quen o decida, aínda que a Xunta Directiva, despois de reunirse, poderá tomar decisións e accións en canto ao incumprimento por parte do músico. - Comportamento: Queremos que a CORRECCIÓN sexa unha nota que nos caracterice e esta maniféstase na correcta vestimenta, uniformidade e comportamento. Correcta formación cando se desfila ou se para e cando tócase nun escenario. Hai que manter silencio cando non se toca e respecto, sobre todo en procesións ou actuacións solemnes. É dicir: UNHAS MÍNIMAS NORMAS DE EDUCACIÓN. - TODOS TEÑEN DEREITO A FALTAR SEMPRE QUE SEXA CAUSA XUSTIFICADA. - DÉBESE AVISAR COA SUFICIENTE ANTELACIÓN, POR SE HAI QUE AVISAR ALGÚN REFORZO. NON ESQUEZAMOS QUE CALQUERA MÚSICO É FUNDAMENTAL INDEPENDENTEMENTE DA SÚA IDADE OU INSTRUMENTO QUE TOQUE. A MAIORÍA DAS ACTUACIÓNS CONTRÁTANSE POR NÚMERO DE MÚSICOS. - AS FALTAS DE ASISTENCIA DEBEN SER COMUNICADAS COA SUFICIENTE ANTELACIÓN, SE SE SABE CON TEMPO (VODAS, EXAMES, VACACIÓNS, ETC). A XUNTA DIRECTIVA PODE TOMAR A DECISIÓN DE NON CONTRATAR A ACTUACIÓN. - O MÚSICO QUE NON CUMPRA CON ALGÚN DOS REQUISITOS, SERÁ APERCIBIDO. - A COLABORACIÓN, O COMPROMISO E A SERIEDADE. - Unha banda como a nosa, NECESITA A COLABORACIÓN DE TODOS para preparar e deixar en orde o local de ensaio. Só se pide que cada músico retire o seu atril, carpeta e cadeira e que colabore ao gardar a percusión.


SOCIEDADE MUSICAL DE SANXENXO - BANDA DE MÚSICA DE SANXENXO

- Para as actuacións, normalmente, hai que levar material e volver recollelo na sede. En cada saída É NECESARIA A COLABORACIÓN DE TODOS, mesmo de pais e familiares, para preparar, subir, cargar, descargar e montar no lugar da actuación. Ao finalizar, hai que desmontar, cargar, descargar e gardar. Recordade que TODOS somos necesarios. -Os instrumentos propios da Asociación ou da Escola de Música asígnanse a algúns músicos. Estes deben asistir aos ensaios e actuacións, senón se lle asignarán a outro músico. Estes instrumentos deben manterse en correcto estado, correspondendo ao músico a SÚA CUSTODIA E MANTEMENTO. - TODAS AS CUESTIÓNS RELACIONADAS CO FUNCIONAMENTO DA BANDA SE DEBEN TRATAR NA BANDA. NON SE DEBEN EXPOÑER CUESTIÓNS PRIVADAS DA ASOCIACIÓN FÓRA DO DEVANDITO ÁMBITO. - Para as cuestións musicais está o Director e para as cuestións de funcionamento, a Xunta Directiva. Correo: bmusicasanxenxo@gmail.com. Teléfono da Banda para os avisos 600.26.99.99 - Existe un réxime de SANCIÓNS que pode ser aplicable nalgún caso por decisión da Xunta Directiva. Así mesmo, en casos graves, pódense formular expedientes disciplinarios ou de expulsión.

Secretario/a

Vº e Prace do Presidente/a

Don/Dona: Itziar Solla García

Don/Dona: Pedro Alberto Padín Solla Selo


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.