Rexime regulamento interno da sociedade musical de sanxenxo rematado pendente de ratificar pola asam

Page 1

Sociedade Musical de Sanxenxo Banda de Música

Regulamento De Réxime Interno

Banda de Música de Sanxenxo

Banda de Música de Sanxenxo Rúa Miraflores, nº 26. Edf. Pazo Emilia Pardo Bazán 36960 Sanxenxo- Pontevedra Tel.: 600269999 www.bandamusicasanxenxo.org bmusicasanxenxo@gmail.com

Regulamento de Réxime Interno da Banda de Música de Sanxenxo


Sociedade Musical de Sanxenxo Banda de Música

Índice Regulamento de Réxime Interno 

CAPÍTULO I: Disposicións xerais Artigos 1, 2

CAPÍTULO II: Órgano de xestión Artigo 3

CAPÍTULO III: Procedemento de admisión dos músicos Artigos 4, 5, 6

CAPÍTULO IV: Dereitos e obrigas da Banda de Música Artigos 7, 8

CAPÍTULO V: Faltas e sancións Artigos 9, 10

CAPÍTULO VI: Instrumentos e uniformes Artigos 11, 12

CAPÍTULO VII: Beneficios da participación na Banda Artigos 13, 14

Regulamento de Réxime Interno da Banda de Música de Sanxenxo


Sociedade Musical de Sanxenxo Banda de Música

Na Sesión que a Asemblea Xeral da Sociedade Musical de Sanxenxo celebrou con carácter de ordinaria o día ___ de _______ de 2015 adoptou a modificación do Regulamento de Réxime Interno do 2012 e decide o acordo que se transcribe a continuación a partir da proposta da Xunta Directiva da Sociedade Musical de Sanxenxo, co respaldo da Asemblea Xeral celebrada o _____ de xaneiro do 2015: BANDA DE MÚSICA DE SANXENXO. REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO CAPÍTULO I: Disposicións xerais Artigo 1. - A Banda de Música de Sanxenxo, creada pola Sociedade musical de Sanxenxo, e titular desta, por acordo da súa Xunta Directiva, ao cargo da cal correrá o seu sostemento. Artigo 2. - A Banda de Música de Sanxenxo rexerase polo presente Regulamento e polos Estatutos da Sociedade, tendo preferencia na súa aplicación ao presente Regulamento. CAPITULO II: Órgano de Xestión Artigo 3. - O órgano de xestión da Banda de Música será a Xunta Directiva da mesma en acordo co director artístico en activo. Rexerase polos seguintes puntos:  O seu exercicio orientarase á consecución e realización dos fins educativos, sociais e culturais da Banda.  Terá capacidade de decisión para solucionar ou clarificar calquera asunto en relación coa Banda de Música, non contemplado no presente regulamento.  Terá a potestade de modificar as Normas de Réxime Interno para a súa posterior aprobación en Asemblea Xeral.  Facer cumprir as normas de Réxime Interno e os demais documentos de xestión da Banda de Música (NOF e Estatutos da Sociedade Musical).  Resolver os expedientes sancionadores a participantes da Banda, nos supostos no Capítulo V que regula faltas e sancións.  Elaborar o proxecto anual das actividades da Banda.

Regulamento de Réxime Interno da Banda de Música de Sanxenxo


Sociedade Musical de Sanxenxo Banda de Música

 Reunirase con carácter ordinario en tres ocasións ao ano e con carácter extraordinario cando o considere oportuno o Presidente ou sexa solicitado por tres dos membros, sinalando os asuntos a tratar.

CAPÍTULO III: Procedemento de admisión dos músicos Artigo 4. - Vacantes  Poderán pertencer á Banda de Música todas aquelas persoas que así o desexen e presten verdadeiro interese no aprendizaxe desta materia, acepten expresamente este Regulamento e previa proba de capacidade.  Para unha organización correcta e un equilibrio das especialidades instrumentais da agrupación, estableceranse nun futuro, se fose necesario, o número de prazas de cada especialidade, este listado irase actualizando de forma permanente.  As vacantes que se produzan anunciaranse oportunamente.

Artigo 5. - Admisión de músicos  O Director da Escola Municipal de Música, o Director do Conxunto Instrumental, o Director da Banda e o profesor da corda correspondente decidirán que alumnos que asistan a Conxunto Instrumental poderán pertencer á Banda de Música baseándose en criterios de capacitación ou se consideran oportuno poderán realizar probas de selección.  Aquelas persoas que queiran formar parte da Banda de Música e non sexan alumnos da escola ou tiveran sido antigos compoñentes da Banda, solicitarán a súa admisión ao Órgano de Xestión da Banda, o cal valorará a súa admisión mediante unha proba de nivel.  Con este proceso darase a condición de “admitidos”. Unha vez adquirida dita condición firmarán un documento aceptando este Regulamento.

Artigo 6. - Período de proba  Os músicos “admitidos” deberán superar un período de proba, no que se valorará o seguinte: o Asistencia a todos os ensaios, excepto xustificación debidamente acreditada. o Participación nos concertos dende o momento que o Director considere que o alumno alcanzou o nivel adecuado para realizar concertos.

Regulamento de Réxime Interno da Banda de Música de Sanxenxo


Sociedade Musical de Sanxenxo Banda de Música

o Iniciarse na formación de pasarrúas. o Respectar as decisións do Director e cumprilas. o Amosar respecto polo resto de integrantes da agrupación. o Asistir ás clases de Instrumento e Linguaxe Musical aqueles que sexan alumnos da Escola ou na condición de admitidos se lles requirise a súa asistencia ás clases. • Durante este período, o Órgano de Xestión da Banda valorará de forma excepcional se os alumnos “admitidos” poden asistir ás actividades que realice a agrupación, tanto musical como lúdica. No caso que se vexa oportuno a súa asistencia só poderá beneficiarse o intérprete. • Superado este tempo será “membro da Banda” en pleno dereito, o cal cumprirá coas normas fixadas neste Regulamento. Así mesmo, entregaráselle o uniforme completo da Banda e poderá beneficiarse das actividades se as houbera. • Nun concerto da Banda de Música farase público as persoas que entran a formar parte como novos músicos.

CAPITULO IV: Dereitos e obrigas da Banda de Música Artigo 7. - Dereitos e obrigas do Director/a • Formar parte do Órgano de Xestión da Banda. • Dirixir en todos os actos que se leven a cabo así como todas as cuestións artísticas relativas á interpretación. • Representar á agrupación en todos os actos que esta leve a cabo. • Asistir con puntualidade ós ensaios, actuacións e reunións da Banda. • Determinar que intérpretes están capacitados para formar parte da Banda. • Preparar o programa de obras que se interpretarán nos ensaios e definir o repertorio das que se interpretarán nas actuacións. • Realizar ensaios semanais con carácter ordinario. Ademais destes ensaios poderá fixar outros con carácter extraordinario, cando as circunstancias o requiran. • Definir en que posto se coloca cada instrumentista dentro de cada corda instrumental.

Regulamento de Réxime Interno da Banda de Música de Sanxenxo


Sociedade Musical de Sanxenxo Banda de Música

• Determinar que compoñentes, en función da súa capacidade musical nese momento e polo compromiso e asistencia de ensaios, non reúnen as condicións óptimas para poder tocar, e polo tanto, non poderán realizar un concerto. • Decidir sobre a asignación e préstamo de instrumentos. (Xunto coa Xunta Directiva) • Non poderá adquirir compromiso para actuacións da Banda, sen que a Xunta Directiva coñeza as condicións e lugar de actuación e conceda o oportuno permiso. • Cumprir e facer cumprir o regulamento de réxime interno. • Velar polo mantemento da cordialidade, a concentración e a orde nos ensaios e actuacións, apartando deles aos músicos que non atendan ós seus avisos e especialmente aos que impidan a outros músicos cumprir coas súas obrigas, dando conta á Xunta Directiva das faltas constitutivas de Infracción. • Propor á Xunta Directiva da Banda, previa a tramitación procedente, a expulsión dos músicos que tiveran mal comportamento, que non reúnan a capacidade suficiente ou incumpran o estipulado neste Regulamento.

Artigo 8. - Dereitos e obrigas dos músicos • Asistir aos ensaios semanais ordinarios (venres e sábado). Poderanse establecer outros ensaios con carácter extraordinario cando as circunstancias así o requiran. • Asistir aos concertos. • Pódese faltar, sempre xustificando ao Director (quen fará chegar dito xustificante a Xunta Directiva) a ausencia en base a causas de carácter laboral, persoal ou educativo. No caso de faltar a máis de catro ensaios e/ou a unha das actuacións por trimestre sen xustificar poderán causar baixa temporal e se son reincidentes causarán baixa definitiva. • Ofrecer o nivel musical adecuado para poder cumprir cos obxectivos previstos. No caso de non reunir as condicións óptimas para poder tocar, a criterio do Director, non poderá realizar o concerto. • Coñecer e cumprir este Regulamento de Réxime Interno así como os demais documentos de xestión da Banda de Música (NOF e Estatutos da Sociedade Musical). • Acatar as ordes do Director, que serán cumpridas sen pretexto nin escusa algunha, podendo reclamar contra elas, unha vez cumpridas, ante a Xunta Directiva. • Mostrar respecto polo resto de integrantes da agrupación.

Regulamento de Réxime Interno da Banda de Música de Sanxenxo


Sociedade Musical de Sanxenxo Banda de Música

• Coidar e manter en condicións óptimas para o seu uso o instrumento do que sexa adxudicatario e levar a cabo o seu mantemento ordinario (limpeza, engrasado, etc.). • A corda de percusión terá que responsabilizarse do coidado dos instrumentos que utilice durante os ensaios e concertos. • Coidar co maior esmero o uniforme e demais materiais que teña asignados. • Transmitir as súas inquedanzas e propostas á Xunta Directiva da Banda. • Participar nos concertos e actividades que se organicen no Municipio nos cales teña que tomar parte da Banda. • Absterse de toda xestión ou acto que vaia en contra dos fins da Banda ou merme o seu prestixio. • É obrigación dos músicos gardar a compostura durante os ensaios, atender ás indicacións do director e non molestar a outros músicos. Queda prohibido o uso de teléfonos móbiles ou outros dispositivos que distraian a atención; se tiveran a necesidade de utilizalos poderán saír co permiso do Director. Tanto este como calquera músico poden chamar a atención de quen observen un comportamento inadecuado, sendo competencia do Director apartalo do ensaio. • Maior escrúpulo se observará nos músicos nas actuacións. Serán puntuais e deberán gardar a formación en todo momento, non podendo abandonala sen consentimento do Director, así como o decoro necesario (no falar, fumar, manter posturas impropias nin pronunciar palabras soeces). • Anunciar as faltas ou retrasos con antelación para poder remediar tal situación. • Non utilizar os instrumentos, uniformes, atrís no caso de pertencer á agrupación ou Concello en actos que no sexan propios da Banda, excepto que o soliciten e lles sexa concedido. • O membro que queira ser baixa deberá facer un escrito e terá que facer devolución de todo o material que se lle houbera prestado.

CAPÍTULO V: Faltas e sancións Artigo 9. - Considéranse faltas: • Pola falta inxustificada de participación nun concerto. • Pola falta inxustificada de participación a un ensaio. • Pequenos descoidos na conservación do material. • Incumprimento das obrigas establecidas no artigo 8.

Regulamento de Réxime Interno da Banda de Música de Sanxenxo


Sociedade Musical de Sanxenxo Banda de Música

Artigo 10. - As faltas de compostura, disciplina, orde e uniformidade dos músicos dará lugar a apercibimento e expulsión no caso de: • A reincidencia de tres destas faltas ao longo do ano sancionarase coa expulsión da Banda de Música por acordo do Órgano de Xestión, previo apercibimento por escrito.

CAPÍTULO VI: Instrumentos e Uniformes Artigo 11. - Préstamo de instrumentos • A Escola Municipal de Música ou no seu caso a Banda poden dispor dunha serie de instrumentos que constitúen unha axuda para aquelas persoas que non dispoñan de medios para mercar un instrumento ou porque son instrumentos moi caros. • O préstamo ten unha duración dun curso escolar, prorrogándose en caso de que dito instrumento non fora solicitado pola Concellería de Cultura do Concello. • O préstamo de instrumentos estará suxeito á dispoñibilidade dos mesmos e será o Director da Banda xunto co Director do Centro quen decidan sobre a adxudicación dos mesmos, dando coñecemento á Concellería de Cultura. • A entrega do instrumento, o beneficiario ou titor, no caso de ser menor de idade, firmará un documento acreditativo do préstamo. • Os instrumentos non poderán extraerse da Escola nin utilizarse en actuacións alleas á Banda, a non ser que medie a autorización expresa do Director da Escola de Música e a Concellería de Cultura. (Solicitar permiso por escrito. Ver modelo de solicitude de material) • Corresponde aos músicos a reposición de calquera elemento do instrumento ou do uniforme que se tivera deteriorado pola súa propia neglixencia.

Artigo 12. - Uniforme • O uniforme da Banda componse de traxe con chaqueta bordada co escudo da Banda de Música de Sanxenxo e pantalón, ámbolos dous azul mariño, camisa de manga longa branca, gravata de raso rosa/lila, pinza para gravatas co escudo da banda, calcetíns negros e zapatos con cordóns de cabaleiro e de salón de señora ambos negros. Para as actuacións no verán poderase utilizar camisa de manga corta cando o permita o Órgano de Xestión. • Ningún músico poderá engadir nin quitar dos uniformes elemento algún e deberán asistir ás actuacións co equipo en perfecto estado de limpeza e decoro, debendo acatar as observacións que puidera facer o Director.

Regulamento de Réxime Interno da Banda de Música de Sanxenxo


Sociedade Musical de Sanxenxo Banda de Música

 O uniforme terá que mercalo o propio músico no momento de incorporarse á Banda, facéndose cargo das necesidades de arranxo, mantemento e renovación do mesmo.  No caso de non dispoñer de uniforme poderá serlle facilitado pola Banda de Música, en forma de cesión, ata que se merque o seu propio traxe. No momento de devolvelo debe facerse en perfecto estado, limpo e planchado no caso de abandonar ou ser excluídos da Banda.  Os traxes que se cambien por outros recoméndaselles aos propietarios que fagan cesión dos mesmos á Sociedade Musical para dispoñer dun banco de traxes para préstamos iniciais ou co fin de intercambiar partes do mesmo no caso de nos serverlles.

CAPÍTULO VI: Beneficios da participación na Banda Artigo 13. - Ademais dos beneficios de carácter pedagóxico, formativo e artístico que aporta a participación na Banda de Música, os alumnos beneficiaranse das actividades de carácter lúdico e promocións que o Concello de Sanxenxo poida outorgar. Artigo 14. - Estas actividades levaranse a cabo co obxectivo de motivar aos intérpretes e mellorar a súa formación íntegra. Intercambios, becas, viaxes, organizacións de actos sociais son elementos que motivan e facilitan a tarefa dos músicos.

Secretaria

Vº e Prace do Presidente

Dona: Itziar Solla García

Don: Pedro Alberto Padín Solla

Selo

Regulamento de Réxime Interno da Banda de Música de Sanxenxo


Sociedade Musical de Sanxenxo Banda de Música

Refrendarase na marxe lateral esquerda coas sinaturas de todas e todos os membros da Comisión Xestora ou Xunta Directiva transitoria, escollida na asamblea xeral na que se decidiu a elaboración do Regulamento de Réxime Interno

Regulamento de Réxime Interno da Banda de Música de Sanxenxo


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.