Ceip As Covas – Meaño
PFAC 2012
Aula Abalar
XUNTA DE GALICIA
CEIP As Covas - Meaño
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E O.U.
R/ Herminia Fariña s/n 36968 Meaño (Pontevedra) Telf./fax: 986747262 ceip.meanho.ascovas@edu.xunta.es http://edu.xunta.es/centros/ceipmeanhoascovas/
Configurar: - conexión SIGALA - conectar co ITALC Aula Abalar PFAC 2012
Comisión Tic Ceip As Covas - Meaño
Ceip As Covas – Meaño
PFAC 2012
Aula Abalar
Fase 1: Crear o grupo no equipo do/a mestre/a 1.- No menú “Accesorios” picar en “Sigala – crear grupo”
2.- Escribir o nome que se lle quere dar ao grupo
Nota: Cada vez que se queira empregar o SIGALA é preciso crear o grupo. Fase 2: unirse a un grupo Esta acción realízase da mesma maneira no orden ador do alumnado que no ordenador do profesor. Para empregar o ITALC non é preciso que o profesor se una ao grupo pero se é necesario cando se quere compartir arquivos. 1º.- No menú “Accesorios” picar en “Sigala – Conectarse a un grupo”
Ceip As Covas – Meaño
PFAC 2012
Aula Abalar
2.- Na nova ventá hai que picar no grupo ao que se quere conectar ( só debería de aparecer o grupo creado previamente).
3.- Identificación do usuario, escribir un nome identificativo do usuario. Nós o que fixemos foi poñer o nome do alumno que emprega o equipo p ara saber de quen son os arquivos que se soben dende cada equipo ou saber a quen pertence cada pantalla que se visualiza no ITALC.
A identificación só se realizará a primeira vez que se conecte o equipo ou se o profesor tras seleccionar un usuario pica no botón identificar. 4.- Picar en “Conectar”. Cando o usuario xa está identificado tras seleccionar o grupo pícase directamente en conectar. Tras conectarse aparecerá o nome do usuario no listado do equipo do profesor e no equipo do alumnado o nome do grupo aparecerá precedido dun punto verde e no lugar do botón “Conectar” aparecerá “Desconectar”. Esta ventá non debe pecharse, de forma automática se minimiza ao abrir ou tra aplicación ou pasado un tempo sen traballar con ela. Na parte superior esquerda pódese ver un grupiño de persoas cun punto verde, no caso de querer volver a o SIGALA para compartir ficheiros deberase picar nesa icona.
Conectar o ITALC 1.- Crear o grupo e conectarse os alumnos. 2.- O profesor debe picar no menú Aplicaciones e dentro del en ITALC. De xeito automático ábrese o programa
Ceip As Covas – Meaño
PFAC 2012
Aula Abalar
3.- Para que aparezan na pantalla do ordenador do profesor todas as pantallas do alumnado hai que picar en botón “Clase”. Os restantes botóns permiten organizar as pantallas, mostrar a pantalla completa a imaxe da pantalla dun usuario ...
Compartir arquivos co SIGALA 1. O profesor comparte arquivos do seu equipo. 1º Crear o grupo e conectarse o profesor e os alumnos. Importante que o profesor se conecte. 2º Os arquivos que van ser compartidos deben gardarse no directorio: home/profesor/SIGALA 3º O profesor no menú Aplicaciones debe picar en “ Compartir”. Mostrarase un cadro informativo no que arquivos que van a ser compartidos.
4º Picar en aceptar. 5º O alumnado debe de picar no menú “Herramientas”. Se non hai ningún arquivo compartido aparecer á unha mensaxe indicando esta situación.
Ceip As Covas – Meaño
PFAC 2012
Aula Abalar
Se hai arquivos para compartir aparecerá unha pantalla na que se mostran os arquivos para que o alumno poida descargalos no seu ordenador. Tras seleccionar o arquivo debe de picar en “Descargar ficheiro”.
Aquí aparecería o listado dos arquivos compartidos
2. O alumno envía arquivos ao equipo do profesor 1º Crear o grupo e conectarse o profesor e os alumnos. Importante que o profesor se conecte. 2º O profesor no menú Aplicaciones debe picar en “ Compartir”. 3º O alumno debe de picar no menú “Herramientas”. 4º Na pantalla que se abre debe de arrastrar o arquivo que quere enviar ao espazo superior. Non permite a acción copiar/pegar no espazo, hai que arrastralo polo que é preciso traballar nunha ventá co cartafol no que se atopa gardado o arquivo a subir. 5º Os arquivos enviados polo alumnado gardaranse no directorio: /home/profesor/SIGALA/subidas. Creándose unha carpeta para cada un dos usuarios que enviaron arquivos.
Esperamos que vos sexa de axuda. Pedro Alberto Padín Solla Coordinador Tic
Ceip As Covas – Meaño
.
PFAC 2012
Aula Abalar