Letras galegas 2016 filomena dato

Page 1

¡ CONC~LLO DE BERGONDO r--~-

REXiSTRO XF.RAL

S~i DA

4 FEB. 2015 Ntlm.............2..~,§L ......-._.

Data

­

CONCELLO DE BERGONDO

Estrada da Coruña, 12 - 15165 Bergondo (A Coruña) • www.bergondo,es· Telf.: 981 791252 • Fax: 981 794:

Asunto:Moción plenaria

Achégolle certificación da moción aprobada polo Pleno munJcipal na sesión ordinaria que tivo lugar o día 29 de xaneiro, en relación co solicitar á Real Ácademia Galega que o Día das Letras Gálegas de 2016 á Filomena Duato Muruais. Bergondo, 3 de febreiro de 2015

A alcaldesa

Alejandra P.~rez,_M~quez

CEIP Filomena Dato Muruais Rúa do Ensino, 4 A Valenzá - Barbadás

32002- OURENSE


CONCELLO

DE

BERGONDO

Estrada da Coruña, 12 - 15165 Bergondo (A Coruña) .. Telf.: 981 79 12 52 , Fax: 981 79 42 33

Ana M a Cacharrón Castelos, secretaria do Concello de Bergondo, (A Coruña).

CERTIFICO: Que, na sesión ordinaria do Pleno do Concello de Bergondo, que tivo lugar o día vinte e nove de xaneiro de dous mil quince, adoptouse, entre outros, o acordo que a continuación se transcribe na súa parte dispositiva: "10.- MOCIÓN PRESENTADA POLOS CONCELLEIROS NON ADSCRITOS, PARA SOLICITAR Á REAL ACADEMIA GALEGA QUE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS DE 2.016 SEXA ADICADO Á POETISA FILOMENA DATO. ACORDOS QUE PROCEDAN. A continuación o Sr. concelleiro non adscrito, Juan Antonio Fariña Pedreira, da lectura á moción presentada, ditaminada favorablemente pola Comisión Informativa, que transcrita literalmente di: "EXPOSICiÓN DE MOTIVOS Filomena Dato Muruais virá ao mundo en 1.856 en Ourense e falecerá un 27 de febreiro de 1.926 en Moruxo, en cuxo cemiterio parroquial recibirán sepultura os seus restos mortais. O seu espazo vital desenvólvese entre a súa cidade natal, Ourense, a cidade da Coruña (Rúa Hemán Cortés) e a parroquia bergondesa de Moruxo, onde pasará longas tempadas no Pazo do Curro. Filomena Dato exerceu unha actividade polifacética; Oradora, xornalista, poetisa, tertuliana e compañeira de loita feminista de Emilia Pardo Bazán, Sofía Casanova ou Fanny Garrido. Mais o seu feminismo é particular e afastado da radicalidade que para a época representaba o sufraxismo inglés. Un feminismo doutra raíz. Si se quere, de exaltación das cualidades das mulleres e denuncia das súas condicións vitais, especialmente daquelas pertencentes ás clases máis populares e desfavorecidas. Precisamente un dos seus poemas máis celebrados e premiados leva o nome de "En defensa das mulleres". Tamén mantivo unha estreita relación con un veraneante ilustre de Bergondo, Alejandro Pérez Lugín, que a citaría na súa obra "La corredoira y la rúa", adicándolle ademais o título de "Poetisa das Mariñas". Non en vano a ela atribúense varios versos do coñecido himno oficioso das xentes das Mariñas; o "Alalá das Mariñas". Versos que din: N'a Mariña, entre loureíros, Teño unha casíña branca; teño paz e teño amor: íEStou vívíndo n'o ceo!..

En 1906 pasa a ser membro correspondente da recentemente fundada Real Academia Galega. A obra de Filomena Dato caracterizase pola xa mencionada defensa das mulleres, sempre presentes, pola alusión constante a Galicia nos seus temas e pola admiración que profesaba por Rosalía de Castro. En canto ao idioma na súa obra, cultivou tanto o galego coma o castelán, nesta segunda destacan obras coma "Penumbras" (1880) ou "Romances y cantares" (1885), mais a súa obra máis recoñecida e premiada será en galego; "Follatos" (1891) que, de paso, a converterá na segunda muller (tras Rosalía) en publicar un libro de poemas en lingua galega. É esta obra un compendio de 45 poemas, dun tipo de poesía común a toda a súa obra. En palabras da ensaísta Aurora Marco: "unha poesía romántica, descritiva, poesía de feitura popular (romances e cantares), onde abrolla a saudade cando está escrita fóra da súa terra". Ademais foi colaboradora habitual nos xornais da súa época como El Heraldo Gallego; revista que dirixía Lamas Carvajal, A Monteira; Patria Gallega; as catalás La Ilustración Ibérica e Barcelona Cómica; ou as habaneiras Eco de Galicia, Follas Novas e Galicia.


Á vista de todo o anterior, tendo en conta a súa obra, a relación de Filomena Dato co noso concello, o seu papel de defensa da muller e o feito de que dende 1.963 só en tres ocasións se ten homenaxeado a mulleres no Día das Letras Galegas (Rosalía de Castro-1963, Francisca Herrera-198? e María Mariño-200?), dende o novo grupo consideramos que a figura que propoñemos para as Letras de 2.016 (160 e 90 aniversarios do seu nacemento e pasamento, respectivamente) é merecente de tal honor. Xa que logo, sometemos ao criterio do pleno a adopción dos seguintes ACORDOS

Primeiro.- Propoñer á Real Academia Galega que considere a posibilidade de adicar o Día das Letras Galegas de 2016 a Filomena Dato Muruais. Segundo.- Dar traslado deste acordo aos concellos de Ourense e A Coruña, por se estiman conveniente adoptar unha proposta similar para sumárense á solicitude que aquí facemos. De igual xeito, trasladar o presente acordo ao centro educativo que leva o nome da autora no concello de Barbadás; CEIP Filomena Dato. O pleno da corporación municipal adoptará o acordo que estime oportuno Bergondo, a 21 de xaneiro de 2.015. Asdo. Juan Antonio Fariña Pedreira, concelleiro da corporación local"

...//... Trala correspondente deliberación, e rematadas as intervencións, sométese o ditame a votación, que tivo o seguinte resultado: grupo municipal do PSdG-PSOE, tres (3) votos a favor; grupo municipal do Partido Popular, cinco votos (5) a favor; concelleiros non adscritos, dous (2) votos a favor; grupo municipal de Veciños de Bergondo, dous (2) votos a favor. Total doce (12) votos a favor. En consecuencia, pola Sra. alcaldesa declarase aprobado, por unanimidade de votos a favor o ditame que devén en acordo nos termos antes transcritos.

Para que conste, e coa salvidade e a reserva dos termos que resulten da aprobación da acta correspondente (artigo 206 do RD 2568/86 de 28 de novembro), asino esta certificación por orde e co visto e prace da alcaldesa; Bergondo, trinta de xaneiro de dous mil quince. . ... ,.

~_.

': r- ­

Ana M.aCacharrón Castelos '.¡ -

,

'~./

V. eprac~

A alcaldfo~a

A secréfaria

'

.

Alejandra:


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.