As Castañas

Page 1

1. HISTORIA

O nome de castiñeiro, procede do termo grego ”castanón” que deriva de “castana”; cidade antiga de Pronta, en Turquía. Esta

árbore

orixinaria

do

considérase suroeste

de

Europa e de Asia Menor, aínda que tamén existe a teoría de que se atopa dende tempos antigos na Península Ibérica, o que a confirmaría coma unha árbore autóctona.

Moitos son os que creen que o castiñeiro esta presente en Galicia dende épocas xeolóxicas, xa que existen restos fósiles de especies moi similares aos nosos castiñeiros, de uns 8,5 millóns de anos e grans de pole nas tobeiras con 5000 anos de antigüidade. Estes indicios refutan a teoría de que esta árbore é propia da nosa terra dende fai moitos séculos. Aínda así, nos traballos arqueolóxicos feitos nos castros galegos non se atopou polo de agora, ningún sinal de que os seus poboadores empregaron a castaña como alimento antes do século I. O castiñeiro evolucionou sempre sobre terreos con climas húmidos e temperados. Cando os períodos glaciais arrefriaron o castiñeiro buscou acougo en localizacións máis meridionais, no sur.


A súa recuperación sempre foi máis lenta ca o seu retroceso, debido ao peso da súa semente. Sempre se espalla mellor a lixeira semente dun bidueiro, levada polo vento, que a

pesada

castaña. Esa foi a razón pola que, tras cada período glacial, a área de distribución do castiñeiro diminuíu.

Ata hai pouco pensábase que esta árbore chegara a Galicia cos romanos, hai aproximadamente 2000 anos. Segundo isto, trataríase dunha especie foránea, como o eucalipto ou a camelia. Hoxe, o que si sabemos é que os romanos distribuírono e fomentaron o seu cultivo en zonas onde non habitaba ou a súa presenza

era escasa. As agrupacións de soutos, obtivéronse

artificialmente para o cultivo produtivo da especie. O castiñeiro natural, non formaba soutos, senón que se atopaba espallado nas grandes fragas mixtas frondosas. O seu cultivo permitiu obter unha boa provisión dos seus froitos. Os romanos aprenderon dos gregos e estes dos seus veciños da Asia Menor. O Imperio Romano contribuíu a recuperar parte da antiga área da distribución preglacial desta especie, ao difundir o cultivo a través das lexións e plantando en todo o imperio a súa semente.

Durante a romanización perfeccionáronse as prácticas agrícolas, ademais de introducirse novos cultivos lévanse tamén a cabo novas plantacións de árbores útiles, como é o caso do castiñeiro.


Os romanos eran sabedores do valor alimenticio da castaña, e xa dispoñían de boas sementes, que ían plantando nos lugares a medida que os ían conquistando. Trouxeron as técnicas de cultivo empregadas nos Balcáns ou en Oriente Medio, onde esta especie tiña unha presenza máis continua. A caída do Imperio Romano trouxo novos tempos de inestabilidade e retroceso social, nas que o cultivo do castiñeiro non prosperou ou se substituíu por outros. No século VIII, coa chegada dos árabes, prodúcese o abandono das terras da meseta e das áreas de montaña.

Temos que esperar o desenvolvemento da Reconquista para a colonización das terras abandonadas. Neste momento teñen un papel fundamental os mosteiros, que volveron a espallar o cultivo do castiñeiro. Así, en Galicia existen noticias das colonizacións realizadas nos séculos X e XI polos frades bieitos de Celanova, que introducen o cultivo do castiñeiro, con outros como o do viño, en lugares onde aínda non se coñecían.


Na Alta Idade Media, o cultivo do castiñeiro perdeu importancia en toda Europa debido aos brotes de peste e aos grandes períodos de guerras. Non se sementou de novo ata que chegou o fin destes acontecementos. O mesmo sucedeu coa aparición da enfermidade da tinta que, ao redor do 1750 comezou a afectar a esta especie e que minguou a extensión e o uso dos castiñeiros. Seica foi o florecente comercio de produtos vexetais procedentes da China e Xapón (Camelia xapónica, por exemplo) o que puido trasladar a Europa o fungo causante da enfermidade. A introdución do millo da América supuxo a fin do apoxeo do castiñeiro e un grande alivio para os campesiños, devastados polas frecuentes épocas de gran fame. O millo chegou por primeira vez a España, no S. XVII, pero non empezou a cultivarse ata un século despois, debido a que a sociedade medieval era moi supersticiosa e vía con récelo este estraño produto. Vencidas as iniciais reticencias, no século XVIII, soutos enteiros pincháronse brutalmente para o cultivo do millo e da pataca, especialmente nas boas terras forestais da provincia de Pontevedra. Como estamos a ver, poucas árbores prestaron tanto servizo ó home coma o castiñeiro. Ademais da súa madeira, o seu froito, en tempos pasados, salvou de morrer de fame a moita poboación e segue consumíndose polo alto poder alimenticio que encerra a súa semente. O castiñeiro foi básico na alimentación galega e tamén para os carpinteiros. A súa madeira é mala para o lume, pero de grande utilidade para outros usos, debido á súa lonxevidade. Empregase especialmente na fabricación de mobles, aparellos de labranza, vigas de casas, portas, fiestras, cancelas, cercados e tamén nas útiles e apreciadas cestas empregadas nas diversas tarefas agrícolas da nosa cultura.


Sen dubidalo é a árbore de máis utilidade. Hai castiñeiros de centos de anos, que superando os 2 m de diámetro no tronco e os 20 m de altura. Ao longo do tempo fóronse seleccionando as mellores variedades, é dicir, as que producían máis e mellores froitos e madeira de maior calidade. Hai máis de 500 anos os soutos estendéronse por toda Galicia. Actualmente, a súa distribución é moi limitada orientais e de elevación media de Lugo e Ourense. 2. DESCRIPCIÓN O castiñeiro é unha árbore moi corpulenta de folla caduca, con copa ampla e redonda pode alcanzar ata 20 ou 35 cm. de altura. Ten un tronco moi groso e curto nos cultivados e, máis esveltos e con menos rama nos silvestres. A cortiza é cincenta ou

pardenta,

profundamente

fendida, case lisa e algo verde nas ramas e no tronco das árbores xuvenís. O sistema radical é robusto, con raíz principal e secundarias profundas. follas

moi

O castiñeiro ten grandes,

en

disposición alterna, de contorno lanceolado e borde cerrado, con

atopándose

nas

bisbarras

máis


dentes agudos. Miden 10-25 cm. de longo por uns 3-7 cm. de ancho; ten un pecíolo relativamente curto de ata 2 cm. Teñen numerosos nervios laterais case paralelos, prominentes pola cara inferior. As flores distribúense monoícamente. As flores masculinas aparecen en inflorescencias dispostas e nacen en amentes erguidos de 10-15 cm. de longo, que brotan da axila das follas; son estreitas

e amarelas. Case sempre na base dos amentes

masculinos dispóñense as flores femininas, agrupadas de 1-5 nun involucro común. Os froitos son as castañas, pardas e lustrosas; conteñen normalmente unha soa semente, con cuberta membranosa e de cor pardo ou amarelo . As castañas aparecen en grupos de 2-3 envoltas nun ourizo que non madurece, só abre en catro valvas. O froito é comestible. Florece entre maio ou xuño.

As castañas

maduran en outubro, e ás veces en novembro ou setembro. As flores son moi olorosas, e a diferenza

doutras

árbores

da

familia,

polinízanse mediante os insectos. 3. DISTRIBUCIÓN: O castiñeiro aparece no contorno da rexión mediterránea, Illas Canarias, etc. O castiñeiro está presente en case todas as provincias españolas, sendo unha especie bastante abundante no noroeste da Península Ibérica. Escasea cara o este e sueste, debido ao predominio de terreos calcarios e o clima máis seco. En Galicia esténdese por toda a rexión aínda que a súa presenza descendeu moito debido á enfermidade da tinta, abundando máis no norte, centro e montañas orientais. 4.INTERESE HUMANO A madeira emprégase na fabricación de mobles e na construción. A produción da castaña ten unha grande importancia na zona oriental galega e no occidente leonés. Ademais dun importante produto alimenticio, a castaña está arraigada na cultura do noso país, concretamente na


gastronomía popular, xa que antes da chegada da pataca (Salarum Tuberosum) desempeñou o papel desta.

Ademais, o castiñeiro é unha árbore cun importante valor estético, posto que caracteriza en boa medida a paisaxe de Galicia na súa metade oriental. Tamén se emprega como árbore ornamental en parques e xardíns. BIBLIOGRAFÍA: “Coñecendo Galicia”. Xosé María Manteiga www.medioambiente.xunta.es Vila Pernas, M. (1999) “Dicionario galego de gastronomía”. Santiago: Edicións Lea. Grupo “Os castiñeiros” Carla, Diego, Mario e Adrián


5. O OURO VERDE DA MONTAÑA

A castaña é o froito do castiñeiro e pertence á categoría de froitos secos. Preséntase dentro dunha bolsa espiñosa que contén de dous a sete castañas. A castaña recóllese dende mediados de outubro ata finais de novembro.

O produto, amparado pola IXP (Indicación xeográfica protexida “Castaña de Galiza”) defínese como os froitos obtidos a partires do castiñeiro europeo (Castanea Sativa), destinados ao consumo humano; en fresco, ou despois da súa transformación en castañas conxeladas, castañas secas, castañas envasadas ao natural e en fariña de castañas. Os froitos dos cultivadores autóctonos existentes en Galiza destínanse na súa maior parte ao mercado en fresco ou para a fabricación de crema e fariña. A colleita deste ano considérase normal tirando a boa. Esperase que a recolección en Galiza sexa de 15 millóns de quilos. Deles o 60% ven de Ourense. Nesta colleita o prezo rolda entre setenta céntimos e un euro dez, dependendo da súa calidade. Existen dous fábricas: Castañas Rafael S.L , que se dedica a compra e venda de castañas sen transformar e Castañas Barredo S.L dedica

a compra e venta nacional

transformación (marrón glacé). BIBLIOGRAFÍA: Periódico “O Sil”. Páx. web: www. I.G.P.es/castaña en Galicia Compoñentes do grupo: Miguel, Pablo, Cecilia, Joel e Marta

e internacional é a


6. O MAGOSTO O magosto é o tempo que os galegos reservan para honrar as colleitas de castañas. Celébrase no outono, coa chegada dos primeiros fríos. A tradición di, que esta faise o día un de novembro, festividade de todos os santos, aínda que en moitas zonas de terras ourensás faise o día de San Martiño, que é o once de novembro. O

magosto

é

unha

xuntanza entre veciños e familiares, aproveitando que nesta época os traballos agrícolas están feitos e as colleitas

recollidas.

As

castañas é o lume, dous elementos de simbolismo e concentracións máxicas son os protagonistas desta celebración. Pódese dicir que o lume das fogueiras dos magostos recorda o máis alá e que a castaña simboliza a inmortalidade, polo que consumir castañas nesta festa e unha especie de manifestación pública da crenza na vida eterna. Tamén se di que cada castaña que estoupa no lume e a liberación dunha alma do purgatorio. A tradición di, que hai que facer o magosto nun monte ou nun escampado no que o lume non pida facer mal. Búscase palla, frouma e acéndese o lume. Arde, é tóstase o loureiro para que de cheiro e produza ruído. Reunidos, co lume acendido, pícanse as castañas para que non estoupen. Espérase a que desapareza o lume e fiquen as brasas para espallar as castañas. Tamén se pode colocar un cilindro metálico con buratos na súa base. Tixola ou cacho se lle chama nalgúns sitios. Dentro del introdúcense as castañas, espérase a que estean asadas e pélanse e cómense, … iso si, acompañadas de viño novo que traen os mozos e as mozas. Os nenos non faltarán a súa divertida costume de coller a cinza coas mans para tisnarse ás caras uns a outros.


Entre carreiriños, berros, castañas, charlas, risas e grolos de viño vai transcorrendo un día especial, na que

o galego achegase os seus polo vencello da tradición. Isto é en Galicia

(fundamentalmente en Lugo e Ourense). Pero hai outras zonas onde tamén se celebran magosto. En Asturias, Sanabria, o Bierzo, Castela León, comarcas de Cataluña, Portugal, ... 6.1 O Bierzo O magosto e unha reunión típica desta zona da provincia de León onde se comen os “bullos” (castañas asadas sen pel). E unha festa ancestral na que os días previos o 1 de novembro, os veciños recollen as castañas e leña seca para facer o lume e celebrar a chegada do outono en compañía.

6.2 Asturias Ten

o

nome

celébrase

o

de día

santos”. As

Mogeusto, de

“todos

e os

familias e veciños

xúntase para asar as castañas, o mesmo

que

en

Galicia,

pero

acompáñanas con sidra. O rematar as castañas que sobran tíranas ao chan dicindo: “isto e para que coman os defuntos”. 6.3 Cantabria. Ten o nome de magosta, e unha festa moi ancestral que se celebra en moitos pobos da rexión, acompañados da música tradicional baixo o son do “pita e tambor” e de cancións montañesas.


Sanabria. Nesta comarca da provincia de Zamora é unha das celebracións máis populares: tamén se celebra o día de todos os santos, é cómense as castañas asadas con mel ou cocida con leite, acompáñanse cos sons da gaita de fale, atandos e o pandeiro, bailando xotas acorridas. 6.4 País vasco. Chamábanlle “Gastañarre”, fan o mesmo ca en Galicia, pero acompañados por caracois ou masoquil que é unha masa feita por fariña de millo. 6.5 Extremadura. Denomínase “Chaquetia” e realízana no campo, e a parte das castañas comen figos pasos, conchas, granadas e doce de marmelo, tortas típicas e pans especiais. En moitos pobos os rapaces saen a pedir estes produtos de casa en casa e cantando esta canción: “tía tía, dame la chiquitíns, que si no no eres mi tía”. 6.6 Cataluña En Cataluña a noite do 31 de outono, celébrase a noite de todos os santos coa “castañada”. Na Idade Media, para recordar a todos os veciños a necesidade de rezar polos defuntos durante a “noite de todos os santos”, tocábanse as campás de todas as parroquias e conventos. O campaneiro necesitaba recuperarse do esforzo e facíao con castañas e viño branco. Acompañábano os familiares e amigos, cun afán de compartir con el as súas penas e tamén os seus gozos; finalmente todos acadaban comendo castañas e bebendo viño. Máis adiante, nos pobos, na tardiña, os homes ían recoller castañas e leña mentres as mulleres facían pasteliños e ao chegar a noite reuníanse todos ao redor do lume comendo as castañas e os pasteliños

e,

así ao final celebraban a

recolleita e rezaban polos defuntos.


Tamén existía a tradición de que os nenos tiñan que deixar as castañas escondidas nalgún lugar da casa para que, pola noite, as almas dos que faltaban viñeran a recollelas e as cambiaban por pasteliños ou marmelo. Outro historia conta que, despois de cear, celebraban a “castañada”, comida familiar dedicada os mortos e que era recordo das antigas comidas funerarias. Facíase a cea habitual

e

seguidamente comíanse as castañas asadas, así coma os “panollets”, ademais

bebíase viño, que tiña que ser

branco ou doce. As castañas colocábanse enriba da mesa e todo o mundo collía a discreción. 6.7 Portugal En

Portugal

chámanlle

magusto.

Nesta

festa

os

portugueses fan bromas, ensúcianse coa cinza e cantan cancións.

Celébrana o día de “San Simón”, o día de

“todos os santos” e o día de “San Martiño”. En Vinosa o “magosto da vella” é unha tradición local. Leite de Vasconcelos consideraba o magusto coma un vestixio dun sacrificio en honor aos mortos e conta que preparaban a media noite unha mesa cón castañas para que os mortos da familia fosen a comelas. Ninguén máis as tocaba, porque dicían que estaban “babadas dos defuntos”. A celebración do magusto en Portugal está asociada a unha lenda que di que un soldado romano ao pasar a cabalo viu un mendigo case espido e como non tiña nada para darlle cortou un papel pola metade coa súa espada; estaba un día de choiva e dise, que en ese momento parou de chover, e de aí veu o dito de ”verán de San Martiño”. BIBLIOGRAFÍA: www. wikipedia. org/magosto www. Uncajónrevuelto.arte.redes.com/?p105 Autores: Sergio, Anxo, David, Juan Luis, Damián.




Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.