Programa actividades semana do libro

Page 1

23 ABRIL 2014

PROGRAMA ACTIVIDADES SEMANA DO LIBRO

Mañá 23 de abril, conmemoración do Día do Libro, no CEE Miño ás 13:30 horas na Praza das Pombas procederase a confección do Conto Adaptado “A Ratiña presumida” (con pictogramas e diferentes texturas) polo noso alumnado e profesorado, de xeito que cada aula levará a súa correspondente páxina ou rato caracterizado; quedando así o conto listo para a súa lectura. Do 23 ao 30 de abril estará aberta para toda a Comunidade Educativa do Centro a

Exposición,

este ano co lema: “ENTRA,

EXPLORA, EXPERIMENTA E EMOCIONATE NO RECUNCHO DE PERICO”, na nosa Biblioteca, tanto das novas adquisicións coma das nosas creacións; en horario escolar: de 10:00 a 17:00 horas. Do 23 ao 30 de abril,”O Recuncho de Perico viaxa ás aulas”, Perico e Piruleta (as nosas mascotas) achegarán cada día un conto das nosas creacións ás diferentes aulas, para ser traballado durante unha sesión de 30 minutos. Contaremos coa colaboración dun dos nosos bedeles, Juan, para o transporte destes contos. Do 23 ao 30 de abril, “Traballamos coas Tics”, actividades do conto en Notebook, en diferentes sesións, previo cadro de organización, o alumnado cos seus titores e en colaboración coas mestras de A.L. e Multisensorial pasarán pola aula de AL 2 para traballar no EDI. O día 30 de abril Proxección do noso Conto Adaptado “A Ratiña presumida” coas voces do noso alumnado do 3º Ciclo e posterior lectura e representación. Perico e Piruleta desexan que a vosa exploración, experimentación acade un feixe de emocións !!! BOA VIAXE POLO RECUNCHO!!!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.