r/ Juan Fernández de Gres, 13 32960 - Velle (Santa Marta) Ourense ℡ 988238550 Fax: 988236606 cee.mino@edu.xunta.es
CEE Miño
""S SOMOS" CEE MIÑO 22 de xuño ás 12:30 horas
O alumnado do CEE MIÑO Temos unha festa no cole de fin de curso o vindeiro 22 de xuño a partir das 12:30 horas. Teremos actuacións e un pequeno convite Esperamos poidas asistir pois agradaríanos enormemente poder compartir contigo estes momentos de festa.
O alumnado do CEE Miño.
“SOMOS” ♥ Somos: nacer, latexar,… latexamos ♥ Somos: melodía, auga,… ♥ Somos: sentir, ritmo,… sentimentos ♥ Somos: música, soar,… soamos ♥ Somos: poemas, rimas,… rimamos ♥ Somos: unión.
Somos, Como somos nacidos, pois nacidos sentimos. Somos, sons que flúen coma un río, remansos de auga que imaxinan unha melodía, Somos melodías que soan, debuxando un cantar, cantar afinado, cantar desafinado, pero un cantar. Somos o ritmo que move o noso mundo, o ritmo que conten o noso arredor, ritmo que empurra, ritmo que vive, que latexa, ritmo que di: ¡estamos vivos! Somos un poema que rima, versos diversos que conflúen buscando un mesmo rimar. Somos unión, somos todo, auga, ritmo, melodía, terra, corazón; E mentres somos: “viviremos juntos, y allá donde vayamos seguirán nuestros asuntos. No te sueltes la mano que el viaje es infinito y yo cuido que el viento no despeine tu flequillo. Y llegará el momento que los latidos se confundan en un mismo corazón.”