Ola, son Sabela e teño 5 anos. Este curso 2017-18 paseino en compañía dos alumnos do colexio CEE Miño. A eles conteilles moitas das miñas historias e inviteinos a coñecer cada un dos cuartos da casa da miña avoa. Foi un curso cargado de moitas sorpresas e no que celebramos un montón de festas, nas que me fixeron sentir protagonista de todos os acontecementos alí celebrados. Comezamos coa celebración do Samaín, festa na que as pantasmas, arañas e esqueletos formaban parte da decoración do colexio. A seguinte festa foi a do Magosto, fixemos entre todos un mural coas froitas do outono, e tamén elaboramos cada aula unha castaña para colocar nunha cesta. Unha gran experiencia foi a que tivemos en contacto cos animais. Trouxéronnos unha tartaruga, un ourizo, un cadelo, un lagarto...e foi moi terapéutico para todo o alumnado xa que vencemos o medo a moitos deles. Unha vez que lles ensinei ós meus amigos a miña casa, coa axuda de todos construímos unha con varios materiais, así traballamos as diferentes partes da mesma dende a pdi e dende diferentes actividades dentro da aula . Preparamos a chegada do Nadal con diferentes actividades. Elaboramos unha tarxeta de Nadal con perchas nas que enviamos diferentes mensaxes de felicitación. Unhas árbores con anxos que decoraron a entrada do noso colexio e unha sorpresa moi agradable foi a visita dun coro de alumnos do CEIP de Ribadavia, que nos deleitaron a todos coas súas cancións infantís. Visitounos Papá Noel e coas miñas zocas máxicas percorrín todas as aulas contándolle ós meus amigos o fermoso que é o Nadal. Á volta das vacacións celebramos a Paz coa realización dun crebacabezas xigante dunha pomba na que participaron todos as aulas aportando cadansúa peza. Coa colaboración dos pais construímos “O muro da Paz”, no que cada familia aportou unha caixa decorada con lindas mensaxes.
Polas tardes pasámolo moi ben, xa que os alumnos cambiaban de compañeiros con alumnos doutras aulas para compartir diferentes obradoiros. Coa chegada do Entroido, e durante uns días, eu mandaba unha orde a todos do que tiñan que traer posto (calcetíns de cores, gorros, chalecos). Fixemos algo moi típico na nosa zona, a elaboración de comadres e compadres! Foi unha actividade moi divertida! O día do festival disfrazámonos de: cociñeiros, dormilóns e xardineiros, a verdade é que o pasamos xenial! Celebramos a chegada da primavera elaborando un bonito mural con flores e decorando tamén a entrada da casa da miña avoa. Fixemos un obradoiro moi divertido con auga e con terra e rematamos coa plantación dun salgueiro nun xardín do colexio. Celebramos a semana do libro e pasámolo moi ben. Fixemos unha representación na biblioteca, na que participaron comigo os mestres disfrazados, dando vida a varios animais amigos meus. Fixemos un obradoiro de cheiros ,sabores e cosméticos! Que ben o pasamos! Saboreamos moitas froitas , verduras e cheiramos varias plantas aromáticas. E por fin puxemos o traxe da nosa terra, para celebrar as Letras Galegas. Vimos un vídeo sobre María Victoria Moreno, e cada aula decorou unha páxina cun fermoso conto no que aparecían tamén os meus amigos: Uxía, o gato e os ratos! A verdade que quedou un libro moi bonito! Para rematar bailamos todos a muiñeira de Beariz. Foi toda unha experiencia! Que ben o pasei, fixen un montón de amigos cos que pasei moi bos momentos. Todas estas celebracións foron posibles grazas á implicación de titores, especialistas, coidadores e en especial, do alumnado que formou parte de cada unha das actividades acompañándome sempre e participando en todo aquilo que eu lles propoñía. Foi un pracer compartir este curso con todos eles e espero continuar nos próximos cursos. Deica logo.
SABELA
EDLG
ACTIVIDADES SEMANA DO MAGOSTO BIBLIOTECA: DECORACIÓN RECUNCHO LECTURA TÍTERES AULAS 6, 8, 9 E 10 DE 10.30 A 13.15: “A CASTAÑA QUE ESTOUPOU COA RISA” PRÉSTAMO DE LIBROS, QUE ENTREGARÁ UN MEMBRO DA BIBLIOTECA, PARA AS AULAS: 1, 2,3,4,5 E 7 TICS: RECURSOS PARA OUTONO E MAGOSTO NO BLOG E NO DRIVE, ADEMAIS DE DEIXAR UNHA CARPETA NO ESCRITORIO DO ORDENADOR DE CADA AULA CON ESTES MATERIAIS. RECOLLERASEN FOTOS DOS FROITOS PARA A SÚA POSTERIOR MONTAXE, ADEMAIS DAS DA DECORACIÓN E ACTO, PARA PUBLICACIÓN NO BLOG EDLG: CADA TITORA DECORARÁ, UNHA OU VARIAS CASTAÑAS POR AULA, PARA O VENRES DURANTE O ACTO (NA SALA DAS CORES) PEGAR NUN PANEL DECORADO CUNHA CESTA AACC: PROXECCIÓN DUN VÍDEO SOBRE MAGOSTO, PARA DAR COMEZO AO ACTO (VENRES ÁS 13.15 NA SALA DAS CORES) PROXECCIÓN VÍDEO DUNHA FOGUEIRA MENTRES SE COLOCAN AS CASTAÑAS NA CESTA DO PANEL D. CALIDADE: CANCIÓN DO MAGOSTO
A COCIÑ A
A casa de Sabela
SALÓN
BAÑO
HABITAC
IÓN
TELLADO
XARDÍN
EDLG
EDLG
AUL A 4 CURSO 2017/ 18
CON AGRADECEMENTO AOS ALUMNOS DA AULA 4 E Á SÚA TITORA POR ESCRIBIR TODO O TEXTO DESTA REVISTA. MARÍA PEREIRA CARPINTERO MARTA RODRÍGUEZ PÉREZ GABRIEL QUINTANA ABAD CONCHI SANTOS MOURE GRAZAS
EDLG-CURSO 2017-18 CEE MIÑO-VELLE OURENSE