Plan dinamización das Tic.

Page 1

PROXECTO DE DINAMIZACIÓN DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN. CURSO 2008/2009

CPI SANTA LUCÍA Rúa 7, s/n (Saiáns) Moraña 36660 (Pontevedra) Teléfono: 986553084 Fax: 986553533 Páxina web: http://centros.edu.xunta.es/cpisantalucia/ Correo electrónico: cpi.santa.lucia@edu.xunta.es


Proxecto de innovación para uso educativo das TIC Curso 2008-09 CPI SANTA LUCÍA- MORAÑA

ÍNDICE 1.- XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO A. A IMPORTANCIA DAS TIC B. ANÁLISE DO CENTRO RESPECTO DAS TIC

2.- OBXECTIVOS A. A LONGO PRAZO B. A CURTO PRAZO

3.- DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO A. PROPOSTA METODOLÓXICA B. CONTIDOS C. ACTIVIDADES A DESENVOLVER

4.- O TRATAMENTO DA DIVERSIDADE A. ATENCIÓN AO ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO B. UTILIZACIÓN DAS TICS EN IGUALDADE DE CONDICIÓNS PARA AMBOS SEXOS C. AS TIC E O FOMENTO DOS VALORES DEMOCRÁTICOS E A CONVIVENCIA D. AS TIC NA POTENCIACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR


Proxecto de innovación para uso educativo das TIC Curso 2008-09 CPI SANTA LUCÍA- MORAÑA

5.- A UTILIZACIÓN DOS RECURSOS TIC EXISTENTES NO CENTRO EN BENEFICIO DO PROXECTO 6.- A ORGANIZACIÓN DOS ESPAZOS DO CENTRO 7.- PREVISIÓN DAS MODIFICACIÓNS NO PCC E NO PLAN ANUAL 8.- PLAN DE AVALIACIÓN 9.- PLAN DE FORMACIÓN DO PROFESORADO PARA A ÓPTIMA EXECUCIÓN DO PROXECTO 10.- MEDIDAS PARA DIFUNDIR O PROXECTO

Aula de informática Infantil e Primaria

Aula de informática Secundaria


Proxecto de innovación para uso educativo das TIC Curso 2008-09 CPI SANTA LUCÍA- MORAÑA

1.- XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO A. A IMPORTANCIA DAS TIC Tendo en conta que as novas tecnoloxías da información e da comunicación son unha realidade na sociedade actual, é importante e decisivo que o sistema escolar non quede alleo ao que acontece cos novos medios. O modo en que funcionan e para que son utilizadas as novas tecnoloxías na aula aportan valiosas innovacións en canto á forma de representar, expresar, coñecer, cuestionar…o coñecemento e as formas de aprendizaxes de profesores e alumnos. O que debemos ter presente é que o tratamento que se lle dará aos novos medios implicará unha mellora en todas as materias sexa un nivel educativo o outro, respecto ao noso Centro, infantil, primario ou secundario, isto é, de modo globalizado. As novas tecnoloxías aportarán beneficios facilitando o traballo cooperativo, a motivación do noso alumnado, unha fonte de adquisición de información… e polo tanto requiren a preparación do profesorado, de aí a importancia de formación neste ámbito. Con todo isto as TIC pasan a ser un instrumento indispensable nos Centros Educativos, todo un mundo se abre ante nós grazas a Internet, podemos acceder a enciclopedias, foros, webs, blogs…recibimos información, pero tamén é importante ensinar aos rapaces e rapazas, os posibles problemas da Rede, deste modo, debemos preparalos para un uso seguro e eficaz de Internet.

B. ANÁLISE DO CENTRO RESPECTO DAS TIC Decidimos elaborar unhas enquisas para pasar ao alumnado, profesorado e familias coa finalidade de coñecer a realidade existente en canto o coñecemento e utilización das TIC no noso Centro. Ditas enquisas foron entregadas no mes de Abril de 2008. É importante destacar que as do alumnado de Educación infantil e primaria foron cubertas por un dos seus proxenitores, mentres que no caso do ensino secundario foi o propio alumnado quen contestou. EDUCACIÓN INFANTIL Dos 67 alumnos e alumnas deste nivel, contestaron ás enquisas 39, o que supón soamente o 58 % do total. Analizando as preguntas podemos destacar que un 54% ten ordenador na casa, fronte a un 41% que non o ten. Respecto ao tipo de ordenador as respostas son as seguintes: Ordenador de sobremesa _______41% Portátil ______________________11% Tablet PC ____________________ 6% PDA _________________________ 3% Non sabe/ Non contesta _________18% Destes datos sácase como conclusión que a meirande parte dos ordenadores nas vivendas son de sobremesa.


Proxecto de innovación para uso educativo das TIC Curso 2008-09 CPI SANTA LUCÍA- MORAÑA Na pregunta sobre o nivel de macanografía atopamos os seguintes resultados: Bo_____________________ 20% Regular_________________ 36% Malo____________________ 26% Non sabe/Non contesta_____ 20% Respecto á cuestión do uso do ordenador para facer deberes na casa, debido ao nivel do que estamos falando (3, 4 e 5 anos) é comprensible o resultado obtido: soamente un 23 % utiliza este medio para facer actividades escolares, fronte a un 46% que non o emprega. Analizando a cuestión referida ao sistema operativo que se emprega, máis da metade das familias non saben ou non contestan, aínda que o 31% emprega WINDOWS XP: Windows 98____________________ 15% Windows XP____________________ 31% Windows Vista__________________ 3% Linux_________________________ ---Mac OS_______________________ ---Non sabe/Non contesta__________ 54% Nos datos que obtivemos sobre o tipo de periféricos que teñen: Memoria USB__________________ 20% Lector MP3, MP4_______________ 20% Webcam_____________________ ---Escáner______________________ 20% Non teño_____________________ 31% Non sabe/Non contesta__________ 36% Un 36% non contesta á pregunta por descoñecemento, aínda que un 31% di que non ten ningún. Respecto á porcentaxe dos que si que teñen, hai un reparto moi igualado do 20% en cada un. Na pregunta sobre o tipo de equipo informático, un 36% contesta que é de fábrica, mentres que un 15% teno montado por pezas soltas e escollidas (clónico). Aínda así, un 43% dos enquisados non contestan a esta pregunta. Algo similar ocorre coa pregunta referida ao procesador do equipo informático: un 33% dos enquisados sinalan INTEL fronte a só un 6% que escolle AMD. Pero o dato clave é que un 59% non contesta esta cuestión. Respecto á pregunta na que se pide que se indique de que equipos se dispón na vivenda a parte do ordenador, atopamos as seguintes respostas: Vídeo VHS______________________54% Reprodutor DVD_________________ 79%


Proxecto de innovación para uso educativo das TIC Curso 2008-09 CPI SANTA LUCÍA- MORAÑA

Consola videoxogos______________ 31% Home Cinema___________________ 13% Grabador DVD___________________ 20% Videocámara____________________ 41% Cámara Dixital___________________ 28% Outros__________________________ 8% Ningún__________________________ ---Non sabe/Non contesta____________ 18% Observamos que o equipo con máis porcentaxe (79%) é o reprodutor de DVD. O vídeo VHS tamén ten unha gran representación cun 54%. A meirande parte das familias enquisadas teñen algún equipo na súa vivenda, xa que soamente un 18% deixa sen contestar esta cuestión. Segundo a enquisa realizada, só o 14 % do alumnado do ensino infantil dispón de conexión a Internet na súa casa. E deste grupo de alumnado, máis da metade fai constar que nunca emprega o servizo: Nunca_____________________56% Entre 0 e 2 horas____________ 11% Entre 2 e 6 horas_____________ 6% Máis de 6 horas______________ 3% Non sabe/Non contesta________ 26% No que se refire aos sistemas de protección contra os virus empregados polo alumnado nos seus ordenadores, os máis usados son os antivirus tradicionais, como poden ser o Norton, o McAfee ou o Panda, se ben comezan a estar presentes antivirus de recente creación, como o Kaspersky, o NOD32 e o Avast. Antivirus tradicionais__________20% Antivirus de recente creación___ 8% Antiespías gratuítos___________ 3% Outros antiespías/antitroianos___ 3% Ningún_____________________ 26% Non sabe/Non contesta________ 41% Menos da metade do alumnado desta etapa conta cunha conta de correo, sendo un dos dominios máis empregados o de MSN. Son poucos/as os/as alumnos/as que acceden a Internet na procura de contidos multimedia ou de información. Destaca o emprego de Youtube no primeiro caso, e de xornais de edición dixital no segundo. YouTube_____________________15% Emisoras de audio online________ 3%


Proxecto de innovación para uso educativo das TIC Curso 2008-09 CPI SANTA LUCÍA- MORAÑA

Eventos ou espectáculos________ 6% Prensa Online_________________ 15% Non sabe/Non contesta_________ 67% Se ben algún/algunha alumno/a sube contidos á rede ou emprega Internet para descargar música ou vídeo, faino nunha porcentaxe moi pouco significativa. EDUCACIÓN PRIMARIA Dun total de 195 alumnos e alumnas de Educación Primaria, participaron no cuestionario 126. Da análise destas respostas, salientamos a seguinte información: -

A maioría do alumnado ten ordenador na casa e dispón de conexión a Internet (73%).

-

Dos nenos e nenas que non teñen conexión a Internet, só o 1% conéctase no Colexio.

-

A práctica totalidade dos encuestados (92%) non usa o ordenador para facer os deberes.

-

Polo que respecta ao acceso a outros equipos, o máis xeneralizado é o reproductor de DVD (82%), seguido da cámara dixital (62%), vídeo (60%), consola de videoxogos (55%) e videocámara (29%). Consecuentemente consideramos que:

1. O centro educativo debe e ten que implicarse nos cambios tecnolóxicos que carecterizan a sociedade no seu conxunto se queremos capacitar ao noso alumnado para desenvolverse con eficacia na mesma. 2. A educación ha de ser compensatoria para tratar de equilibrar as desigualdades derivadas das diferenzas socioeconómicas e culturais, permitindo que aqueles nenos e nenas que non dispoñan da tecnoloxía no seu fogar, teñan acceso ás TICs no Centro e non se sintan en inferioridade de condicións. 3. As novas tecnoloxías ofrécennos unha fonte inesgotable de información, recursos didácticos, comunicación,… que non debemos desaproveitar. 4. As TICs permítennos unha metodoloxía lúdica, variada e, en definitiva, máis motivadora que desperta o interese dos nenos e das nenas polas aprendizaxes escolares. 5. Debemos formar ao alumnado nun uso reponsable das TICs, conciencia dos problemas que se derivan dunha mala utilización das mesmas.

tomando

6. Por todo o anterior, faise necesario optimizar os espazos, os recursos materiais e humanos relacionados coas TICs a través dunha planificación adaptada a realidade do noso Colexio. E.S.O. Entregouse un cuestionario para tal efecto ao total de 142 alumnos de Educación Secundaria que foi respostado polo 59% dos alumnos. Tras a análise das respostas obtidas podemos concluír que: - O alumnado da E.S.O. coñece e está en contacto, en maior ou menor medida, coas Tecnoloxías da Información e da Comunicación.


Proxecto de innovación para uso educativo das TIC Curso 2008-09 CPI SANTA LUCÍA- MORAÑA

- Os aparellos tecnolóxicos cos que están máis familiarizados, por dispor deles na súa vivenda son, nesta orde: Reproductor de DVD ___________ 88 % Ordenador ___________________ 86 % Cámara dixital ________________ 64 % Consola de videoxogos __________ 57 % Vídeo VHS ____________________ 52 % Grabador de DVD ______________ 34 % Vídeo cámara _________________ 28 % Home cinema _________________ 27 % - En canto ao emprego do ordenador, un 32% dos alumnos da E.S.O. utilízano para realizar tarefas escolares. - Un 49% do alumnado dispón na súa casa de conexión a internet e os que non, conéctanse noutros sitios, sendo os máis frecuentes: a casa de amigos ou familiares, o colexio, ciber, concello… - Hai un 19% de alumnado que non se conecta a internet en ningún sitio. - Os usos máis habituais que lle dan os alumnos da E.S.O. a internet son: 1. 2. 3. 4.

Emprego de buscadores Charlar a través do messenger, chats… Os xogos A multimedia

- Destaca Youtube como páxina de contidos multimedia máis visitada polos alumnos da E.S.O. (77%) e a utilización de programas P2P de intercambio de archivos para descarga de música e vídeo (38%). - Un 71% do alumnado dispón dunha conta de correo electrónico, predominando as que permiten o acceso ao messenger. PROFESORADO A teor dos datos obtidos na enquisa cuberta por 30 persoas sobre un cadro total de 48 docentes, podemos extraer as seguintes conclusións: - O profesorado mostra manexar con soltura os medios audiovisuais máis comúns, saber, radio CD, TV e vídeo. Ten xa certa dificultade con instrumentos non tan usuais como DVD, proxector de diapositivas e retroproxectores e amosa carencias no coñecemento do uso de cámaras fotográficas (analóxicas e dixitais) e de vídeo. - O aparello que o profesorado utiliza con maior asiduidade na práctica docente é o radio CD, xunto co DVD e a TV. En menor medida úsanse o cañón e o vídeo. O resto dos aparellos, inclusive o ordenador, apenas se empregan de xeito aillado. Cabe reseñar que máis dun terzo do profesorado non contesta á pregunta, dando a entender que non usa aparellos de ningún tipo.


Proxecto de innovación para uso educativo das TIC Curso 2008-09 CPI SANTA LUCÍA- MORAÑA

- O profesorado manifesta ter un notable descoñecemento en canto ao uso de software, a excepción do manexo do correo electrónico, procesadores de textos e navegación a través de Internet. - A experiencia no uso de estratexias didácticas dos docentes céntrase sobre todo en clases expositivas con apoio de TICs e traballos colaborativos con apoio de computador e, en menor medida, traballo individual dos alumnos na aula de informática. Unha cuarta parte non usa nunca TICs na aula. - O profesorado usa Internet fundamentalmente para obter información, para acceder ao seu correo electrónico, e en menor medida para actividades relacionadas coa súa materia. - Os recursos informáticos educativos de elaboración propia máis empregados son fichas elaboradas con procesador de textos, seguido de presentacións. Un terzo da mostraxe afirma non usar recursos informáticos propios. Só en dous casos se empregan bitácoras (blogs), e ailladamente utilízanse webquest, recompilación de vídeos didácticos, ou lecturas e xogos didácticos. - A ampla maioría do profesorado considera as TICs como algo moi útil para motivar o alumnado na súa materia, para obter materiais didácticos de axuda, para a atención á diversidade, a mellora da atención na clase ou o reforzo dos contidos básicos, e a metade dos docentes valóranas tamén para o tratamento individualizado do alumnado e a interdisciplinariedade. - O profesorado quéixase da escasa dispoñibilidade de equipos informáticos no centro para poder facer un uso máis extensivo desta ferramenta. Tamén manifesta o 73% carecer de preparación, e un 67% consideran que suporía un incremento do tempo de adicación. - Parece que podería ser doada a implantación de grupos de traballo ou de cursos de formación no centro para axudar a dar solución á carencia de preparación que amosa a maioría, a pesar de que eles mesmos indican non dispoñer de moito tempo de dedicación fóra do seu horario. Dentro das actividades demandadas para recibir esta formación destacan a aprendizaxe do uso da pizarra electrónica, do uso de aparellos audiovisuais e programas de presentación, internet, fotografía dixital e ferramentas ofimáticas.

2.- OBXECTIVOS A. A CURTO PRAZO -

Mellorar ou modificar a web do centro e fomentar o seu uso pola comunidade educativa.

-

Reutilizar e recliclar equipos anticuados e darlles uso.

-

Facilitar o acceso ás TIC a tódolos alumnos/as.

-

Fomentar o uso das novas tecnoloxías como ferramenta docente.

-

Apoiar e formar ao profesorado no uso das TIC.


Proxecto de innovación para uso educativo das TIC Curso 2008-09 CPI SANTA LUCÍA- MORAÑA

-

Aprender o manexo básico dos sistemas operativos e dos programas educativos de software libre que se van utilizar.

-

Valorar as posibilidades que ofrecen as TIC para o labor docente: uso de novos recursos didácticos máis atractivos, intercambiando experiencias e innovación na práctica educativa cotiá.

-

Realizar experiencias concretas para o uso das TIC nas áreas e niveis correspondentes.

-

Facilitar a utilización das TIC na atención a alumnos e alumnas con necesidades específicas de apoio educativo.

-

Utilizar as posibilidades do ordenador como ferramenta e medio para reforzar ou adquirir coñecementos ou habilidades.

-

Desenvolver estratexias para a búsqueda, selección e organización de contidos.

-

Coidar e facer uso correcto do material.

-

Aprender o manexo básico de windows XP, adaptando ás idades do alumnado.

-

Introducirse no manexo do OpenOffice.

-

Colaborar na montaxe da revista escolar.

-

Crear unha actitude de interese e autoaprendizaxe no profesorado.

-

Elaborar materiais para a páxina web do centro.

-

Xestión da biblioteca escolar co programa MEIGA.

B. A LONGO PRAZO -

Integrar efectivamente as TIC no proceso de ensino e aprendizaxe.

-

Facilitar o acceso a toda a comunidade educativa á información, recursos e servicios que se implanten.

-

Propiciar a renovación metodolóxica e a innovación educativa.

-

Rachar cos efectos da chamada brecha dixital tanto no profesorado coma no alumnado procurando un nivel óptimo de alfabetización tecnolóxica.

-

Promover experiencias multidisciplinares e o intercambio de coñecemento dentro e fóra do noso centro.

-

Favorecer o uso máis educativo destes medios para os alumnos/as.

-

Espertar o interese por aprender nos alumnos/as ao apoiarse nun soporte dixital.

-

Descubrir e reforzar as aprendizaxes de aula mediante estes medios.

-

Fomentar o traballo cooperativo entre os alumnos/as.

-

Deseñar programas de apoio a alumnos/as con necesidades específicas de apoio educativo.

-

Mellorar o traballo titorial e de docencia, sobre todo na produción de materiais didácticos.

-

Estimular a creación de materiais curriculares multimedia con ferramentas de autor.


Proxecto de innovación para uso educativo das TIC Curso 2008-09 CPI SANTA LUCÍA- MORAÑA

3.- DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO A. PROPOSTA METODOLÓXICA O obxectivo do Sistema Educativo é promover a adquisición de diversas capacidades por parte do alumnado, tendo en conta as súas propias peculiaridades. Nós consideramos que as novas tecnoloxías son unha ferramenta indispensable para acadar estes obxectivos, xa que empregadas como metodoloxía de traballo por parte do profesor, permiten expoñer contidos de maneira interactiva e realizar actividades con diverso grao de dificultade, empregando software específico ou incluso elaborado polo propio docente.

B. CONTIDOS Educación Infantil e Primaria Conceptos: -

Coñece diferentes películas nas que se traballen valores. Coñece o funcionamento do Open Office. Identifica o Open Office Impress como ferramenta na presentación de traballos. Recoñece as distintas partes da pizarra dixital. Identifica o nome de diferentes xogos ou programas para traballar capacidades. Recoñece distintos tipos de actividades no clic. Identifica recursos en inglés. Coñece distintos tipos de procesadores de texto. Recoñece distintos tipos de recursos en Internet: flash, Windows media… Procedementos:

-

Realiza actividades en procesadores de texto correctamente. Usa a pizarra dixital de maneira adecuada nas distintas actividades. Emprega os distintos xogos ou programas educativos. Realizar diferentes actividades en programas como clic, Google Earth… Emprega distintos recursos como flash, visual body… Presenta traballos en formato dixital empreñando distintos recursos.

Actitudes: -

Participación de maneira activa nas distintas actividades. Respeto polos compañeiros e compañeiras. Valoración polos programas de software libre. Valora os distintos recursos enmpregados nas sesións. Respeto polo mestre e polos materiais empregados na aula. Interese polas distintas tarefas ou explicacións.


Proxecto de innovación para uso educativo das TIC Curso 2008-09 CPI SANTA LUCÍA- MORAÑA

Educación Secundaria Conceptos: -

A Internet. Usos e aplicacións de Internet. Busca de información na rede mediante un motor de busca concreto. O software libre. Vantaxas do seu uso. Manexo dun programa gratuíto de presentacións. Busca de programas de simulación na rede mediante un motor de busca concreto. Emprego de diversos programas de simulación, dependendo da área ou materia: programas de simulación de circuítos eléctricos, sobre o funcionamento de centrais de producción de electricidade, etc Procedementos:

-

Realización de buscas sinxelas a partires de diversas instruccións dadas polo profesor, seleccionando información e clasificándoa dacordo a certas pautas de valoración dos contidos. Realización de exercicios de lectura detallada e análise da información obtida. Exposición de contidos ante a clase empregando un programa sinxelo. Realización de buscas complexas de información a partires de diversas instruccións dadas polo profesor, seleccionando contidos para poder resposta-las cuestións realizadas na presentación da actividade. Exposición de contidos antes a clase empregando un programa sinxelo. Realización de exercicios de simulación, predecindo os posibles resultados a partires dos coñecementos teóricos adquiridos. Actitudes:

-

Colaboración entre distintos membros, no caso de traballo por parellas ou en pequenos grupos. Mantemento dunha actitude correcta e respecto polas opinións alleas. Valoración crítica das aplicación actuais da Internet. Respecto polo material e medios da aula de informática. Valoración da importancia da realización de simulacións no ámbito industrial e tecnolóxico como medio de corrixir erros durante un proceso de fabricación.

C. ACTIVIDADES A DESENVOLVER Algunhas das actividades tipo que se poden realizar en Educación Infantil son: -

Proxección de películas ou vídeos creados.

-

Uso do PowerPoint para iniciar os proxectos.

-

Emprego da pizarra dixital para traballar a lateralidade cos rapaces.

-

Uso da pizarra para proxectar películas.)

-

Uso dos ordenadores para traballar con programas educativos ou xogos virtuais que estimulen as súas capacidades. (“Aprendilandia”, “Aprende con Pipo”, “A vaca Connie”, “Zoo de las letras”, “Poisson Rouge”, “Cuéntame una ópera”, “El mundo de Manu”, “Jackson Pollock”, “TuxPaint” …).

-

Uso do programa Java Clic adaptado a infantil.


Proxecto de innovación para uso educativo das TIC Curso 2008-09 CPI SANTA LUCÍA- MORAÑA

-

Uso de recursos en www.uptoten.com, www.isabelperez.com…

Inglés como por exemplo: www.bbc.co.uk/littlekids.com

www.britishcouncil.com, www.logman.com,

Estas actividades pódense realizar en Educación Primaria: -

Empregar xogos ou programas virtuais para potenciar as capacidades dos nenos/as nos primeiros ciclos. (“Aprendilandia I y II”, “Aprende con Pipo”…).

-

Deseñar actividades para o Java Clic ou programas similares e realizalas nas diferentes áreas.

-

Empregar a pizarra dixital para traballar actividades creadas no Java Clic.

-

Usar procesadores de texto para traballar vocabulario e redacción nas diferentes linguas.

-

Utilizar programas como o Visual Body ou o Google Earth para traballar contidos como o Corpo humano ou o relevo en áreas como Coñecemento do Medio ou Educación Física.

-

Uso da pizarra para proxectar documentais ou vídeos didácticos nas diferentes áreas.

-

Iniciación dos alumnos/as no uso de programas como Power Point, Word… para que lles axuden na súa realización de traballos empreñando os ordenadores.

-

Uso dos ordenadores para buscar información en Internet, cómo buscar, cómo usar recursos de la red…

-

Iniciación dos alumnos/as ás webquest ou miniquets.

Na Educación Secundaria o uso das TIC varía dependendo da materia en cuestión. Non obstante, as seguintes son actividades comúns a moitas delas e que se poden desenvolver na aula sen dificultade: -

Busca de información na rede, de modo xeral, empregando un motor de busca específico, como primeiro paso de adquisición de coñecemento.

-

Solución a un problema plantexado polo profesor, procurando datos na rede. É o caso de WebQuest ou MiniQuest, actividades globais nas que se pretende a adquisición dunha determinada serie de contidos por parte do alumno/a, dándolle unhas pautas a seguir, recursos bibliográficos, etc.


Proxecto de innovación para uso educativo das TIC Curso 2008-09 CPI SANTA LUCÍA- MORAÑA -

Realización de traballos de síntese de maneira individual ou grupal, como modo de posta en práctica dos coñecementos adquiridos, procesadores de textos, follas de cálculo, programas de presentación, etc.

-

Realización de actividades de lectura/ explicación de contidos. Na web están disponibles moitos recursos bibliográficos en formato dixital, mesmo unidades didácticas referentes a cada área de coñecemento. Algunhas delas poden servir como variación da metodoloxía do profesor, convertindo unha sesión de exposición de contidos de tipo conceptual en algo máis dinámico e visual.

-

Realización de actividades de simulación. En moitos casos, realizar proxectos ou actividades prácticas é moi custoso, tanto en medios materiais como en tempo. As novas tecnoloxías facilítannos este proceso con programas interactivos que simulan o funcionamento de determinados sistemas e que pretenden o mesmo obxectivo no noso alumnado que as actividades prácticas. Pódense atopar simuladores interesantes no campo da electricidade, dos mecanismos, da robótica, etc.

4.- O TRATAMENTO DA DIVERSIDADE A. ATENCIÓN AO ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO As novas tecnoloxías poden proporcionar múltiples beneficios a todo o alumnado no seu proceso de ensino aprendizaxe, pero o emprego das TICs resulta especialmente interesante no tratamento da diversidade e na atención do alumnado con necesidades específicas. As necesidades dos alumnos do noso centro son moi diversas, sendo as máis frecuentes os problemas de aprendizaxe e os trastornos de lectura e escritura. Pero tamén contamos no centro con alumnos que presentan necesidades educativas específicas: ¾ Motoras ¾ Sensoriais (Hipoacusia) ¾ Atraso mental


Proxecto de innovación para uso educativo das TIC Curso 2008-09 CPI SANTA LUCÍA- MORAÑA ¾ Déficit de atención Así como a presenza de alumnado estranxeiro ou alumnos con situacións sociais desfavorecidas. Consideramos que na atención a todos estes alumnos sería moi interesante o emprego das TICs, xa que: -

Permite un tratamento máis personalizado ao alumno no ritmo das actividades.

-

Mellora a súa atención.

-

Abre novas posibilidades tanto persoais como laborais para solventar na medida do posible as dificultades ou limitacións dos alumnos con NEEs.

-

Incrementa a motivación.

-

Facilita o acceso á información.

-

Mellora a calidade da resposta educativa.

-

Aumenta a calidade de vida dos alumnos con NEEs.

-

Aumenta a autoestima.

Por todo isto, trataremos de ir incrementando o emprego das TICs na atención educativa que ofrecemos a estes alumnos. Os obxectivos que nos plantexamos neste caso son os seguintes: -

Facer unha relación de material educativo informático e multimedia interesante para traballar cos alumnos con NEEs.

-

Incrementar a Terapéutica.

-

Ofrecer aos alumnos un maior número de experiencias empregando as TICs.

-

Instalación da rede inalámbrica nas aulas de Pedagoxía Terapéutica.

dotación

de

sofware

educativo

das

aulas

de

Pedagoxía

Actividades: ¾ No presente curso académico solicitouse un ordenador portátil para o emprego das TICs na atención dun alumno con necesidades motoras, realizándose as adaptacións pertinentes de teclado, sensibilidade do rato,… Preténdese, neste caso, ir incrementando o uso de diversas ferramentas informáticas, tanto na aula ordinaria coma na aula de Pedagoxía Terapéutica. ¾

No caso de alumnos con dificultades de audición:

Búsqueda de imaxes, vídeos e presentacións en internet, emprego de galerías fotográficas,… que favorezan o emprego da ruta visual para a aprendizaxe.

¾

Alumnado estranxeiro:

Emprego de tradutores, dicionarios, fotografías e debuxos para a aprendizaxe de palabras novas,… a través de internet ou de software específico.


Proxecto de innovación para uso educativo das TIC Curso 2008-09 CPI SANTA LUCÍA- MORAÑA

¾

Alumnado con atraso mental:

Este tipo de alumnado pode presentar características moi diversas e diferentes, pero en liñas xerais utilizarase software sinxelo e de claro manexo e resposta, priorizando a adquisición de habilidades e destrezas básicas e funcionais. A presentación e realización de actividades terá que ter un carácter repetitivo con estes alumnos e requerirá dunha atención titorial constante, que guíe e reforce as súas aprendizaxes.

¾

Alumnado con fracaso escolar:

É moi importante recuperar a motivación destes alumnos e a interese pola actividade escolar, por iso as TICs xogan un papel moi importante nestes casos. Utilizarase software atractivo, sinxelo e adaptado ás condicións e necesidades dos alumnos en cada momento, para que produza os efectos desexados: aumento da motivación na aprendizaxe, adquisición de coñecementos e aumento da autoestima.

B. UTILIZACIÓN DAS TICS EN IGUALDADE DE CONDICIÓNS PARA AMBOS SEXOS Na escola teremos en conta este aspecto referente á igualdade de condicións en canto ao emprego dos novos medios. Tanto no acceso a Internet, como no referente aos recursos que se utilicen terase presente que tanto as rapazas como os rapaces teñan as mesmas ocasións de uso, sen discriminacións e polo tanto en igualdade de condicións. Será importante polo tanto ter presente este aspecto na busca de recursos na rede.


Proxecto de innovación para uso educativo das TIC Curso 2008-09 CPI SANTA LUCÍA- MORAÑA

C. AS TIC E O FOMENTO DOS VALORES DEMOCRÁTICOS E A CONVIVENCIA A finalidade do actual Sistema Educativo é que os alumnos vaian adquirindo de modo gradual unha serie de competencias relacionadas, por unha banda, con diversos contidos curriculares, pero tamén por outra con diversas actitudes e procedementos. Ao igual que ocorre co fomento da convivencia entre os membros da comunidade educativa e a igualdade de xénero entre os dous sexos, as novas tecnoloxías poden ser concebidas como medio de fomento de valores democráticos. Mediante actividades interactivas que poden ser realizadas mesmo dentro de cada área ou materia, como temas transversais, podemos promover no noso alumnado a idea de igualdade entre as persoas, así como a toma de decisións en equipo coa finalidade de acadar un obxectivo ou resolver un problema.

D. AS TIC NA POTENCIACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR A biblioteca pode ser considerada como un dos piares en canto nos referimos a busca e intercambio de información. A integración dos medios informáticos cos antigos soportes de información facilitan e dinamizan o uso da biblioteca por parte da comunidade educativa. O sistema de préstamo de recursos bibliográficos vese axilizado polo uso dun ordenador de xestión, que simplifica o proceso. A crecente demanda por parte de alumnos e profesores do uso da biblioteca está tendo como consecuencia o plantexamento de introducción dun equipo informático na mesma, que facilite o seu uso por parte do alumnado, especialmente en determinadas épocas do ano, nas que se atopa conxestionada.


Proxecto de innovación para uso educativo das TIC Curso 2008-09 CPI SANTA LUCÍA- MORAÑA

5.- A UTILIZACIÓN DOS RECURSOS TIC EXISTENTES NO CENTRO EN BENEFICIO DO PROXECTO Na actualidade, o CPI Santa Lucía conta cos seguintes recursos informáticos, repartidos nas instalacións do centro do xeito que se indica a continuación. EDIFICIO ADMINISTRATIVO. Todos estes ordenadores teñen acceso a internet. Aula de informática 22 ordenadores de sobremesa, aos que ten acceso todo o alumnado do centro, sempre acompañado dun/ha profesor/a. 1 ordenador de sobremesa, para o profesorado. 2 impresoras 1 escáner 1 canón 1 pantalla de proxección Aula de plástica 1 canón 1 pantalla de proxección Aula de tecnoloxía 1 ordenador de sobremesa, para o profesorado. 1 impresora 1 web-cam 1 canón Aula de música 1 canón 1 minicadena 1 cadea musical 1 reproductor DVD 1 televisor 2 altofalantes Biblioteca 1 ordenador de sobremesa, ao que ten acceso a persoa encargada da biblioteca e os/as seus/súas colaboradores/as. 1 impresora 1 televisor 1 reproductor de vídeo 1 reproductor DVD 1 Home Teather (Son)


Proxecto de innovación para uso educativo das TIC Curso 2008-09 CPI SANTA LUCÍA- MORAÑA Despacho do director 1 ordenador de sobremesa 1 impresora 1 cámara de fotos dixital 1 cámara de vídeo Despacho da xefatura de estudos 1 ordenador de sobremesa 1 ordenador portátil 3 impresoras 1 escáner 1 cadea de música Secretaría 1 ordenador de sobremesa 1 impresora 10 ordenadores portátiles, algún dos cales se asigna temporalmente a un espazo ou uso determinado no centro. Conserxería 2 ordenadores de sobremesa, para a conserxería e o profesorado. 1 ordenador portátil 1 impresora 1 escáner 2 reproductor de diapositivas 5 reproductores de música Sala do profesorado 2 ordenador de sobremesa, para o profesorado. 1

impresora

EDIFICIO DE PRIMARIA/SECUNDARIA. Só os ordenadores da sala de gardas da ESO, das aulas de Pedagoxía Terapéutica e do Departamento de Orientación teñen acceso a internet. Aulas de 2º de primaria 2 ordenadores de sobremesa en cada unha destas dúas aulas. Aula da ESO 1 ordenador portátil nunha aula do edificio de secundaria, adaptado a un alumno que presenta necesidades educativas especiais. Aula de idiomas 1 reproductor de DVD/Blu Ray Laboratorio 1 pantalla de proxección 1 canón


Proxecto de innovación para uso educativo das TIC Curso 2008-09 CPI SANTA LUCÍA- MORAÑA 1 televisor 1 reproductor DVD 1 reproductor de vídeo Aula de pedagoxía terapéutica de primaria 1 ordenador portátil 1 impresora Aula de pedagoxía terapéutica de secundaria 1 ordenador de sobremesa 1 impresora Departamento de Ciencias naturais, Física e química, Matemáticas e Tecnoloxía 1 ordenador de sobremesa 1 impresora Departamento de orientación 1 ordenador de sobremesa 1 impresora Sala de gardas do profesorado da ESO 1 ordenador de sobremesa 1 impresora Salón de usos múltiples 1 canón 1 pantalla de proxección 1 equipo de son EDIFICIO DE INFANTIL/PRIMARIA. Todas as aulas de este edificio teñen conexión a Internet. Aulas de 4º, 5º e 6º de infantil 1 ordenador de sobremesa en cada unha das tres aulas de Infantil. Aulas de 1º de primaria 1 ordenador de sobremesa en cada unha das duas aulas de Primaria. Aula de audición e linguaxe 1 impresora 1 ordenador portátil Sala de atención a pais/nais 1 ordenador portátil 1 impresora Aula de informática 10 ordenadores de sobremesa 1 pantalla dixital Smart Board 1 canón


Proxecto de innovación para uso educativo das TIC Curso 2008-09 CPI SANTA LUCÍA- MORAÑA

O Centro planificará a utilización destes medios respectando o horario dalgún destes espazos ( Informática, Música , Biblioteca, E. Plástica, Salón de Usos Múltiples), establecendo quendas ou horarios de uso para o máximo aproveitamento dos recursos nas actividades relacionados coas Tics.

6.- A ORGANIZACIÓN DOS ESPAZOS DO CENTRO A organización de recursos informáticos do Centro xirará arredor das dúas aulas de informática: Aula A (no centro novo) e Aula B (no centro de E. Infantil e 1º de Primaria). Na Aula A asignaranse sesións por curso, según necesidades, e as sesións restantes asignaranse según petición previa, por orde de inscripción, e sempre por semanas (nunca por semanas anticipadas para que todos teñan as mesmas posibilidades). Na Aula B asignarase 1 sesión fixa por aula e as 9 – 10 sesións restantes quedarán para peticións previas, e sempre por semanas (nunca por semanas anticipadas). En canto á configuración de recursos móviles, existen.- crear una pequena infraestructura de equipos portátiles configurados para traballar en internet e intranet, como terminais lixeiras e como recurso audiovisual. O uso destes equipos estará organizado por quendas ou por peticións de uso. Verase asi mesmo a posibilidade de recuperación de antiguos equipos para: . Creación de puntos de acceso fixos. Reciclaremos e reutilizaremos recursos informáticos anticuados como terminais lixeiras a situar nos lugares que se considere oportuno dando prioridade de acceso a toda a comunidade educativa e á atención á diversidade: por exemplo na Biblioteca Escolar.

7.- PREVISIÓN DAS MODIFICACIÓNS NO PCC E NO PLAN ANUAL O PCC contemplará o uso das TIC no Centro de forma globalizada, tendo en conta a igualdade de oportunidades para toda a comunidade educativa. Debemos entender os novos medios como medios, ferramentas que nos permitirán dar un claro e moderno soporte ao noso traballo diario de aula cos nosos alumnos e alumnas. Temos que ter en conta que aparecerán reflexadas unha metodoloxía innovadora e o tratamento da transversalidade. Tamén se deixarán establecidos os principios de atención á


Proxecto de innovación para uso educativo das TIC Curso 2008-09 CPI SANTA LUCÍA- MORAÑA

diversidade do alumnado existente no Centro, a igualdade entre ambos sexos e a aparición de valores democráticos a través das TIC. No plan anual quedarán reflexadas as medidas que se terán en conta respecto aos espazos, recursos materiais e horarios, incluindo a integración das TIC nos distintos niveis educativos e nas programacións dos diferentes departamentos.

8.- PLAN DE AVALIACIÓN Debe atender aos aspectos relacionados co alumnado, aos relativos ao profesorado e o funcionamento xeral do centro, así como a implicación das familias. En primeiro lugar, hai un período de avaliación inicial, a través da elaboración de cuestionarios, no que se trata de coñecer as posibilidades reais de acceso ás novas tecnoloxías por parte do alumnado e o profesorado (ordenadores na casa, tipo de conexión, destrezas no uso de Internet, etc.). Tamén se analiza o nivel de competencia no uso de equipos e programas, e se detectan as necesidades formativas por parte do profesorado. Ao longo do desenvolvemento do proxecto haberá unha avaliación formativa, por medio de reunións periódicas dos profesores e profesoras implicados cara á valoración do progreso do mesmo e a introdución de posibles modificacións. Nestas reunións é importante o intercambio de experiencias entre o profesorado cara a utilización das novas tecnoloxías cunha metodoloxía axeitada. Veremos as dificultades que xurdan, os avances, e trataremos de analizar as diferentes producións e traballos elaborados. Na fin do curso farase unha avaliación final, que abranguerá tanto o profesorado como o proceso de traballo e desenvolvemento das actividades, e máis os grupos que interveñan nelas. Farase unha enquisa entre o alumnado, para comprobar o seu grao de satisfacción polo emprego das TICs e a posible correlación entre a utilización destes recursos e os resultados académicos. Haberá igualmente unha enquisa para o profesorado, para establecer tamén o seu grao de satisfacción, avaliar os aspectos organizativos do proxecto e recoller propostas de mellora. Os produtos finais elaborados durante o proxecto e que se recollerán na páxina web do centro servirán tamén como un elemento de avaliación do mesmo.

9.- PLAN DE FORMACIÓN DO PROFESORADO PARA A ÓPTIMA EXECUCIÓN DO PROXECTO Ao principio deste curso 2008/2009 plantexouse a posibilidade da formación dun grupo de traballo para a elaboración e futuro desenvolvemento deste plan, que por diversos motivos non se puido levar a cabo. Segundo os resultados das enquisas, o profesorado mostra manexar con soltura os medios audiovisuais máis comúns. Ten xa certa dificultade con instrumentos non tan usuais como DVD, proxector de diapositivas e retroproxectores e amosa carencias no coñecemento do uso de cámaras fotográficas (analóxicas e dixitais) e de vídeo. O profesorado manifesta ter un notable descoñecemento en canto ao uso de software, a excepción do manexo do correo electrónico, procesadores de textos e navegación a través de Internet. O profesorado quéixase da escasa dispoñibilidade de equipos informáticos no Centro para poder facer un uso máis extensivo desta ferramenta, aspecto que tivemos en conta, coa


Proxecto de innovación para uso educativo das TIC Curso 2008-09 CPI SANTA LUCÍA- MORAÑA

colocación de dous ordenadores máis na sala de profesores e na conserxería. Tamén manifesta carecer de preparación, e consideran que suporía un incremento do tempo de adicación. Para isto plantéxase a posibilidade de traballo cos rapaces por parte dunha persoa do equipo que se encargaría das sesións de informática e do mantemento dos ordenadores. Parece que podería ser doada a implantación de grupos de traballo ou de cursos de formación no centro para axudar a dar solución á carencia de preparación que amosa a maioría, a pesar de que eles mesmos indican non dispoñer de moito tempo de dedicación fóra do seu horario. Dentro das actividades demandadas para recibir esta formación destacan a aprendizaxe do uso da pizarra electrónica, do uso de aparellos audiovisuais e programas de presentación, internet, fotografía dixital e ferramentas ofimáticas. Por iso de cara a vindeiros cursos temos prevista a realización de sesións de traballo periódicas solicitando, se fose necesario, a colaboración do CEFORE de Pontevedra.

10.- MEDIDAS PARA DIFUNDIR O PROXECTO Un punto clave de todo o proxecto é a publicitación do mesmo a toda a comunidade educativa. Para elo, o medio escollido foi a web do C.P.I.. O primeiro paso polo tanto será dar a coñecer a existencia da nova web do centro a través de: o Carteis publicitarios colocados en puntos estratéxicos do centro, no concello, biblioteca, nas escolas unitarias, … o

Circular aos pais.

o

Revista escolar.

o Da inclusión da dirección web no encabezamento de todos os comunicados que emita o centro……. Unha vez que a comunidade educativa coñece a existencia da web, podemos usala como medio de intercomunicación entre todos nos. Publicarase o proxecto e irase informando de tódolos pasos feitos para o desenvolvemento do mesmo. Así tamén servirá como medio de participación, de intercambio de opinións, e de feedback , na mellora do proxecto no seu conxunto e da web en particular.


Proxecto de innovación para uso educativo das TIC Curso 2008-09 CPI SANTA LUCÍA- MORAÑA

Equipo TIC CPI Santa Lucía, 29 de xuño 2009


Proxecto de innovación para uso educativo das TIC Curso 2008-09 CPI SANTA LUCÍA- MORAÑA

Este proxecto non sería posible sen o Equipo das TIC: CURSO 2007/2008 Silvia Padrón García (Música Secundaria) Paz Peña Villamide (Bioloxía) Jerónimo Búa Lado ( Ed. Primaria) Arturo García Sanmartín( Ed. Primaria) Jesús Fernández Iglesias (Inglés Secundaria) Mª Teresa Carrera Rodríguez (Pedagoxía Terapéutica Secundaria) Javier Castroagudín Melón (Tecnoloxía Secundaria) Saleta Mendoza Torres (Ed. Infantil/ Coordinación do equipo)

CURSO 2008/2009 Mateo Campos Valcárcel (Ed. Física) Silvia Padrón García (Música Secundaria) Paz Peña Villamide (Bioloxía) Jerónimo Búa Lado ( Ed. Primaria) Arturo García Sanmartín ( Ed. Primaria) Jesús Fernández Iglesias (Inglés Secundaria) Mª Teresa Carrera Rodríguez (Pedagoxía Terapéutica Secundaria) Minia Gómez Reyes (Tecnoloxía Secundaria) Jesús Dopazo Sánchez (Ed. Física) Saleta Mendoza Torres (Ed. Infantil/ Coordinación do equipo)


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.