Utiliza fotos con licenza

Page 1

Creative Commons

UTILIZA FOTOS CON LICENZA


Para insertar fotos nos teus traballos debes ter en conta que as fotos teĂąen dono/a. Ao utilizares fotos sen licenza podes estar cometendo FRAUDE!


Así que tes dúas opcións: 1: Ser ti o fotógrafo. Se é posible utiliza fotos sacadas por ti mesmo. 2: Facer unha busca de fotos con licenza. A continuación explicamos como facelo.


Como buscar fotos con licenza na rede Fíxate nestas indicacións: Se ten este símbolo significa prohibido usala! Este símbolo significa que podes usala libremente Creative commons permite usar as fotos sempre que se cite a fonte.


Como citar fotos creative commons AUTOR. Título da imaxe. En... lugar onde atopache a imaxe. Tipo de licenza.

Exemplo:

ISIDRO CEA. Estaba el Sr. Don Gato. En Flickr. CC BY SA


BY significa de... tes que citar ao AUTOR/A NC significa: prohibido usala con fins comerciais. SA: significa share alike. Usar do mesmo xeito.

É DICIR, PODES USAR A FOTO SEN MODIFICALA E DEBERÁS INDICAR QUEN É O/A AUTOR/A.


Como buscar fotos con licenza no buscador de Google

Segue estes PASOS:


Escribe no buscador unha palabra que represente a foto que buscas. Logo selecciona Herramientas


Nas opciรณns que se despregan pincha no triรกngulo รก dereita de derechos de uso


Selecciona Licencias Creative Commons


As fotos atopadas teñen permiso para seren utilizadas Se precisas máis información podes consultar a web

1&1IONOS España S. L. U. 2020 Digital Guide Ionos, 17/nov/2020, Dispoñible en (https://www.ionos.es/digitalguide/paginas-web/ derecho-digital/como-usar-creative-commons-correctamente/)


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.