vai รก moda este inverno
CO IES DA POBRA DO CARAMIร AL
Trucos para ir á moda este outono-inverno. Fashion live. Blogue de Estela.
Moi boas aprendices de moda! Hoxe vos traio uns consellos de como ir á moda este outono-inverno. O primeiro que debedes saber é que estilo os vai mellor. A continuación veredes algúns conxuntos básicos que podedes combinar con calquera cousa voso armario.
Primeiro conxunto, ao que me gusta chamar o conxunto exprés: Consiste nuns simples vaqueiros rachados acompañados cun suadoiro ( pódese engadir unha chaqueta vaqueira ou calqura que combine) e uns deportivos, algo moi simple e sport, pero á vez vas arreglada.
Segundo conxunto, este lle chamo o conxunto triple: Por qué este nome? Pois porque é un conxunto que serve tanto como para ir ao colexio, para ir a algún recado e para saír cos/as amig@s. Para ir ao colexio: Consiste nun vaqueiro negro cunha camisa ou blusa dunha cor clara, e uns zapatóns da choiva negros, por enriba, un abrigo gris ( ou calquera outra cor que convine) e un diadema. Para os recados: simplemente cambias o abrigo por unha gabardina quentiña e añades na cabeza un recollido. Para saír cos amigos: O vaqueiro negro e os zapatóns quédanse, e en vez da camisa pos unha camiseta floxa cunha chaquetiña e o abrigo gris, e para darlle o seu rollo un gorro de inverno.
Tercer conxunto, lle chamo “o formal”. Consiste nun pantalón floxiño de cor azul marino a raias convinado cun xersei gris e un chuvasqueiro a xogo co pantalón, e a viseira para darlle un toque, ao igual ca os zapatos dorados, para resaltar. Un conxunto perfecto para algunha ocasión formal.
Este outono-inverno lucirás os teus conxuntos con orgullo! Así que, meus aprendices de moda, nada de estar perdendo o tempo mirando o armario, grazas aos “looks” que vos mostrei podedes aforrar tempo, xa que un mesmo conxunto pode combinarse con outras prendas do voso armario.
Ata a próxima!
Autora: Estela Ríos Fernandez. Autora das fotografías: Marinela Fernández Somoza. Modelo: Estela Ríos Fernández. Licenza de uso: Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.
O Blogue De Iria
Sinxelo pero arreglado .
.
.
.
2/12/2016 .
.
OLA a todos e todas, eu son Iria Palacios Otero e hoxe vouvos falar dun tema que sempre nos ocorre a todas cando empezamos o inverno. Estou segura que moitas mañás vos levantades e estades horas e horas elixindo a roupa porque non sabedes que poñervos e ao final acabades vestindo un chándal ou uns leggings cunha camiseta froxa, ou sexa o primeiro que atopas no armario. A min pasábame ata que ocorréuseme isto, combinar cousas que seguramente todas as chicas temos no armario. Hoxe vos ensino dous looks sinxelos invernais para cando non sabedes que poñervos.
O primeiro look e moi fácil de facer. Eu combinei dous elementos que nunca pasan de moda; uns pantalóns vaqueiros, algo necesario en calquera armario, e unha blusa branca que estou segura que todas tendes unha, é algo esencial. A min gústame ademais poñer complementos, pois eu son adicta aos accesorios, e, con esta vestimenta, calquer diadema, pendentes, algo que eu sempre levo, pulseiras, e colares de diferentes cores e formas, dalle un toque especial. Na foto que vos ensino, eu levo uns pendentes prateados, un colar choquer, que agora é a última tendencia. De zapatos levo botas pois no inverno soe chover a miúdo. As que calzo eu na imaxe, son uns botíns negros que son o último do último. Para rematar, un gorro negro, ou de calquera cor, queda moi ben.
O segundo look sei que vos vai a encantar, pois é un look moi cómodo e arreglado ao mesmo tempo . Os elementos básicos desta vestimenta son uns leggings negros, valen uns calquera pero, persoalmente, a min gústame máis os que son de licra para esta vestimenta, e un xersei de calquera cor queda ben, aínda que en inverno lévanse mais os cores escuros, o meu é granate. Como xa vos dixen , para darlle un toque
explosivo á vestimenta, os complementos nunca fallan. Eu neste conxunto, puxen un colar choquer mais longo e os mesmos pendentes prateados. De calzado, uns zapatos negros baixiños que agora lévanse moito, pero calquera zapato, bota ou bailarina queda ben. Eu levo ademais un gorro beiche con dous pon pons para darlle un toque máis xuvenil ao look.
Eu sempre levo a mesma cazadora ou chaquetón en inverno, este ano merquei esta marrón e non ma quito de enriba; para os conxuntos arranxados queda moi ben e abriga moito, pero, se non tedes unha así, un chaquetón verde militar, que levouse moito o ano pasado e volve de novo, ou un chaquetón negro tamén danlle o toque especial.
Ten unha páxina web? Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0 Internacional. Copie este código para que os seus visitantes o saiban AUTORÍA: Iria Palacios Otero 1ºA
Os“Must have”para este inverno 2016 Os “must have”, traducido do inglés, significa “debes -ter”, que son as prendas “esenciais” para unha temporada do ano, neste caso, inverno.
Este inverno, as prendas que toman as rendas, teñen cores escuros como o granate, e o verde escuro. Pero non faltan as prendas en cor mostaza.
Os abrigos de pelo van a ser unha das mellores propostas ao entrar nas tendas. Nos días moi fríos é a mellor opción. Cando saes á rúa, sempre ves algún e danche moitísimas ganas de ter un coma ese, para non pasar nada de frío. Son moi fáciles de combinar e soe haber de moitas cores. Aínda que estas prendas están moi criticadas pola sociedade, debido á ter que matar animais para a súa fabricación, hai abrigos de pelo sintético, que non fan falla danar a ningún animal. E
Como antes ju
C
Como antes dícia as cores que máis se van a levar son as escuras, pero está científicamente demostrado, que se levas posto prendas de roupa de moitas cores, o estado de ánimo, vaise reflexar niso. Por iso non vai nada mal que de vez en cando vistamos con cores rechamantes e alegres como a azul ou o rosa. Unhas das prendas que teño que destacar, son as camisas de cadros. Combínanse moi facilmente con calquera tipo de roupa, sóese utilizar para estilos urbanos. Pódense conxuntar cunha camiseta por debaixo e a camisa sen abotoar, ou simplemente ca camisa e unha cazadora, pero eu recomendo poñer unha camiseta sempre por debaixo para non ter frío en inverno.
Como puidéstedes notar, este ano roupa “oversize”, este termo fábrica, é dicir que non che un talle menos. Persoalmente gustan, sobre todo as chaquetas pero a que máis me gusta é unha adornada cuns parches. Como
leváronse moitísimo as prendas de utilízase para a roupa que é grande de quedan grande porque tes que levar estas prendas son as que máis me vaqueiras. Eu teño moitas prendas así, cazadora, como antes dicía, vaqueira, podedes ver na imaxe.
Non me podo saltar esta parte, xa que é unha das máis importantes, os accesorios. Os accesorios están presente no noso día a día, os reloxos, as pulseiras, os aneis…. Normalmente, os máis comúns son os reloxos, porque ademáis de ser estéticos tamén serve para indicar a hora, como todos sabemos. Entre as mulleres , tamén nos gustan levar colares, porque dan luz á túa vestimenta. Entre os moitísimos tipos de colares que hai, teño que remarcar os “chokers”, estos colares son os que están pegados ao pescozo. Antigamente levábanse moito para que pareceran tatuaxes, pero agora utilizámolo de forma decorativa. Moitas celebrities úsanos, como Kylie e Kendall Jenner ou Gigi Hadid, son algunhas das mulleres que se puxeron á moda con esta tendencia. E agora xa sabedes, a mercar todo para estar á moda este inverno!
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Non derivadas 4.0 Internacional.
Elena Sampedro Castro
Fotos: propias
Tendencias de inverno Non pases frío este inverno para ir á moda, hai moitas pezas de roupa que ademais de abrigarche quedaranche ben. Do verán pasamos de levar viseira aos gorros, por suposto os de la, que incluso están tecidos de moitas maneiras distintas , tamén hainos con algúns detalles. Incluso algúns póñense de lado, outros un pouco para atrás... Os gorros son a tendencia do inverno, e non pasaremos frío dándolle ademais á nosa indumentaria un toque “chic” e Gorro con adorno de Gorro sencillo flor moderno. Tamén non nos podemos esquecer dos fulares e bufandas que tapan moi ben o pescozo e ademais son moi bonitos. As bufandas e os fulares pódense poñer de distintas maneiras, o que lle da orixinalidade á túa vestimenta. Son moi variados por iso teñen teu gusto persoal e luce moi ben. Bufanda
Fular
Bufanda
Para completar a nosa moda de inverno temos as cazadoras de pelo, que son suaves e bonitas e vense moi ben. Tamén pódense levar en outras épocas do ano, xa que non só hai cazadoras de pelo, hai chalecos, parcas... As cazadoras de pelo quedan moi ben en Cazadoras de pelo colores agrisados e castaños. É por último pero non menos importante ás botas altas, impermeables ou non, están xenial para este inverno 2016-2017 é ademais algunhas teñen cremalleira, outras broches, etc. Hai moitos estilos de botas e combinan con case todo. Coa nosa colección de inverno estarás list@ para esta temporada, onde o que mellor queda son as pezas de roupa que abrigan. Botas altas
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercialCompartir igual 4.0 Internacional.
O pipersuit, a nova tendencia
A roupa de gaiteiro non é só cousa dos actos folclóricos, agora este traxe de simboloxía galega gaña terreo no mundo da moda co estilo pipersuit. Con este novo estilo o traxe típico do gaiteiro galego pasa de ser un antigo traxe da vida cotiá a estar nas pasarelas dos deseñadores máis valorados. O certo é que moitos dos grandes estilistas como ADOLFO DOMÍNGUEZ ou ROBERTO VERINO estanse sumando a esta moda do pipersuit, creando os seus propios deseños para vestir ás figuras mais famosas do cine español e da música nacional. Resulta que o pipersuit tanto se pode vestir no día a día de maneira informal como de etiqueta en actos e galas importantes. A forma informal, onde se utiliza camisa branca, pantalón negro e faixa combinando con zapatillas deportivas, é unha das mais vistas pola rúa. Moitos músicos icluido o mismísimo PABLO ALBORÁN xa se deixa ver co look pipersuit nas súas aparicións.
Pablo Alborán vestido co piperuit.
O actor e humorista DANI ROVIRA aparecía este ano na gala de entrega dos “Goya” vestido co estilo do pipersuit creado polo deseñador ROBERTO VERINO, con camisa branca de manga longa, pantalón negro, faixa rodeando a cintura con caída ata os xeonllos e chaleco en paño adornado con pasamanería que lle dan un toque de glamour para este evento.
Dani Rovira vestido co pipersuit.
Rovira vestido co
Ademais, moitas tendas de roupa, das mais famosas como ZARA están engadindo este look do pipersuit en todolos seus escaparates dos comercios distribuidos por España. No número de decembro de 2016, a revista VOGUE, dedicou un artigo único e exclusivo para falar do pipersuit onde se explicaban as distintas maneiras de combinar este novo look. Famosos como ANTONIO BANDERAS e ALEJANDRO SANZ achegaban a súa opinión persoal de maneira moi positiva sobre este estilo. Debido a aceptación que o pipersuit está tendo a nivel nacional, moitos dos deseñadores españoles están traballando nunha campaña para estender este look tan particular ao resto do mundo.
AUTOR: Brais Olveira Santiago FOTOS: Brais Olveira Santiago / EDICIÓN: Brais Olveira Santiago, fotos tomadas de… Dani Rovira: https://es.m.wikipedia.org/wiki/Archivo:Dani_Rovira_en_%C3%93xido_Nitroso_en_2011.JPG Pablo Alborán: https://ca.wikipedia.org/wiki/Fitxer:Pablo_alboran.jpg LICENZA:
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional