O lar de FrianciĂąo C.E.I.P. Frian - Teis
25 de novembro DĂa Internacional contra o Maltrato
Érase unha vez un dictador chamado Rafael Leónidas Trujillo.
Durante 31 anos gobernou na RepĂşblica Dominicana.
Pero, antes diso, colaborou cos militares norteamericanos que ocuparon o paĂs entre 1916 e 1924. Eles entrenĂĄrono e deles aprendeu os mĂŠtodos.
Así, tras unha campaña de terror político e intimidación da poboación, gañou “democraticamente” as eleccións de 1930.
Empregou ó exército e a grupos terroristas para impoñer a súa vontade, sementando a violencia, a tortura e o asasinato. O seu obxectivo eran as persoas que se opoñían ó seu xeito de facer.
Na República Dominicana había tamén unha familia acomodada que tiña catro fillas: a familia Mirabal.
As fillas chamábanse Patria, Minerva, María Teresa e Dedé. A única que conservou a vida foi a pequena.
Cando Trujillo chegou 贸 poder, confiscou os bens da familia Mirabal. As irm谩s Mirabal, que eran unhas persoas moi preparadas intelectualmente, comezaron a frecuentar os movementos opositores.
Patria, Minerva e MarĂa Teresa empezaron a colaborar co Movemento opositor 14 de xuĂąo. O seu nome en clave era Bolboretas.
Como consecuencia da represión, Minerva e María Teresa foron encadeadas en varias ocasións, e maltratadas. A persecución tamén afectou ás súas familias.
O dictador Trujillo planeou o asasinato de Patria, Minerva, María Teresa e o chófer que conducía o coche, e tentou maquillalo coma un accidente automobilístico. Os catro morreron estrangulados e apaleados. Era o 25 de novembro de 1960.
Trujillo pensara que o asasinato das tres irmás solucionaría os seus problemas. Estaba moi equivocado: a poboación apoiou aínda máis a causa dos opositores. Trujillo foi asasinado o 30 de maio de 1961 polos seus propios colaboradores.
Aínda que o poida parecer, esta historia non é un conto. É totalmente real. O abominable asasinato de Patria, Minerva e María Teresa é a razón pola que cada 25 de novembro celebramos o Día Internacional contra o Maltrato de Xénero.
DOCUMENTACIÓN Wikipedia [http://es.wikipedia.org/wiki/Hermanas_Mirabal] ANA MARÍÑEZ ÁLVAREZ. Homenaje a las hermanas Mirabal. [http://www.nodo50.org/mujeresred/ violencia-25-hermanas_miraval.html]
O lar de Frianciño C.E.I.P. Frian - Teis