Frianciño escribe a Alia e a Rosalía

Page 1

O lar de Frianciño, 1 de marzo de 2013 Benqueridas Rosalía e Alia: O Equipo de Biblioteca do colexio onde vivo ten proposto un Concurso de Cartas para celebrar o Día da Muller Traballadora. Como todos os nenos e nenas do CEIP Frian, eu tamén quero participar no concurso. Por iso vos escribo esta carta compartida. Para min, que vivo entre letras e me alimento de palabras, ambas as dúas constituídes un exemplo de amor pola fala e polos libros, e por iso sodes merecedoras desta misiva. Rosalía, a poetisa do sorriso triste e do corazón morriñento, que conqueriu que a lingua galega voltara se escribir con pluma dourada en relucintes pliegos brancos. Alia, a bibliotecaria de Basora, a quen non lle importou expór a súa propia vida para salvar os preciosos libros da súa biblioteca, mentras as bombas da guerra achegábanse a cidade. Grazas ás dúas, hoxe o mundo pode gozar de dous tesouros: da herdanza da nosa fala galega (unha lingua “amasada” dende tempos inmemoriais polos nosos antergos), e da sabedoría da Humanidade, reunida en libros incunables e antiquísimos. Alia e Rosalía: abofé que tendes ben merecido o título de “mulleres traballadoras”. Unha aperta Frianciño


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.