OLA, NENOS E NENAS DO FRIAN:
XA ESTAMOS NO ENTROIDO!!!!!! QUE! XA TENDES O DISFRAZ?
SI? DE QUE IDES DISFRAZADOS?
EU ESTOUNO PASANDO XENIAL NO ENTROIDO DE MONDOÑEDO. SABEDES CALES SON OS MEUS DÍAS FAVORITOS NO ENTROIDO? POIS OS QUE MÁIS ME GUSTAN SON: - O DOMINGO DE PIÑATA - O ENTERRO DA SARDIÑA.
O DOMINGO DE PIÑATA PIÑATA É UNHA PALABRA DO ITALIANO QUE QUERE DICIR “0LA”. ANTES, NALGÚNS LUGARES DE GALICIA, XOGÁBASE Ó XOGO DAS OLAS. CONSISTÍA EN VENDAR OS OLLOS A UNHA PERSOA PARA QUE, ARMADA DUN PAU,TRATE DE ROMPER A OLA SUSPENDIDA ENTRE DÚAS CORDAS. A OLA ESTÁ CHEA DE CONFETI, AUGA,FARIÑA, OU DUN PICHÓN QUE QUEDA LIBRE CANDO SE ROMPE A OLA.
NOUTROS LUGARES DE GALICIA FANSE BAILES PARA LEMBRAR QUE O ENTROIDO XA REMATOU E NON VOLVE ATA O ANO QUE VEN.
ANIMÁDEOS A XOGAR Ó DOMINGO DE PIÑATA CO XOGO DAS OLAS. XA VEREDES QUE DIVERTIDO!!!!!!!!!!
O ENTERRO DA SARDIÑA
FAISE NO MÉRCORES DE CINZA PARA CHORAR POLO ENTROIDO QUE SE VAI. É UNHA CERIMONIA DE DESPEDIDA, DE ADEUS Ó ENTROIDO.TEMOS QUE IR TODOS CHORANDO DETRÁS DA SARDIÑA, ATA QUE A BOTAMOS DE NOVO Ó MAR.
PODEMOS XOGAR A QUE SOMOS PEIXES DA RÍA DE VIGO E CHORAMOS PORQUE MARCHA A SARDIÑA. UNS PODEN SER POLBOS,OUTROS XOUBAS, OUTROS XURELOS, OUTROS CHINCHOS, OUTROS RAPANTES,……..
PODEMOS IR CHORANDO E DICINDO:
QUÉ SERA DE NÓS, QUÉ FAREMOS NÓS, SEN A NOSA SARDIÑA….
BO, NENOS E NENAS. A VER SE VOS GUSTAN AS ACTIVIDADES QUE VOS PROPOÑO.
UN BICO MOI GRANDE E FELIZ ENTROIDO!!!!!!!
CUNQUIÑA