O CORSARIO NEGRO CAP_2

Page 1

Unha misi贸n arriscada


Carmaux apurou a obedecer, sabendo que co formidable Corsario unha dilación era perigosa. Wan Stiller esperábao diante da escotilla, en compañía do contramestre e dalgúns filibusteiros, que o interrogaban sobre a desgraciada fin do Corsario Vermello e da súa tripulación, manifestando terribles propósitos de vinganza contra os españois de Maracaibo e sobre todo contra o Gobernador.


Cando comprendeu que tiñan que preparar o bote para volver á costa, da que se afastaran precipitadamente de milagre, o hamburgués non puido agachar o seu abraio e a súa aprehensión.


Cando comprendeu que tiñan que preparar o bote para volver á costa, da que se afastaran precipitadamente de milagre, o hamburgués non puido agachar o seu abraio e a súa aprehensión.


-Volver alí outra vez...! -exclamou.- Deixaremos a pel alí, Carmaux! -Boh! Esta vez non iremos sós. -Quen nos acompañará? -O Corsario Negro. -Daquela xa non teño ningún temor. Ese demo de home vale por cen filibusteiros. -Pero virá só.


-Non importa, Carmaux; con el non hai nada que temer. E entraremos de novo en Maracaibo? -Si, meu amigo, e aínda habemos ser bos se levamos a cabo a empresa. Ei, patrón, fai botar no bote tres fusís, municións, un par de sabres de abordaxe para nos os dous e algo para levar á boca. Nunca se sabe o que pode ocorrer nin cando poderemos voltar.


-Xa está feito -respondeu o contramestre-. Non esquecín nin o tabaco. -Grazas, amigo. Es a xoia dos patróns. -Aí o temos -dixo Wan Stiller naquel intre. O corsario aparecera na ponte. Aínda levaba posta a súa fúnebre vestimenta, pero colgara a un lado unha longa espada e ao cinto un par de pistolóns e un deses agudos puñais españois chamados misericordias. Levaba no brazo unha ampla capa curta, negra coa o traxe.


Achegouse ao home que estaba sobre a ponte de mando e que debĂ­a ser o lugartenente, cambiou con el algunhas palabras logo dixo aos filibusteiros: -Marchemos. -Estamos preparados -respondeu Carmaux.


Baixaron os tres ao bote que levaran baixo da popa, xa pertrechado de armas e vĂ­veres. O Corsario envolveuse no seu capote e sentou a proa, mentres os filibusteiros, aferrando os remos, comezaban con grande vigor a fatigosa manobra.


A nave filibusteira apagou os farois de posiciĂłn e, orientadas as velas, pĂşxose a seguir o bote, virando para non precedelo. Probablemente o lugartenente querĂ­a escoltar o seu xefe ata preto da costa para poder protexelo en caso de sorpresa.


O Corsario, semidebruzado a proa, coa cabeza apoiada nun brazo, quedara silencioso; pero a súa miradas, aguda coa a dunha aguia, percorría atentamente o fosco horizonte, coma se tentase distinguir a costa americana que as tebras agachaban. De cando en vez volvía a cabeza cara á súa nave, que seguía detrás, a unha distancia de sete ou oito cabos; despois volvía mirar para o sur.


Wan Stiller e Caramux, namentres, atacaban con grande enerxía, facendo voar sobre as negras ondas o sutil e espelido bote. Nin un nin outro parecían preocupados de volver para aquela costa poboada polos seus implacables inimigos, tal era a fe que tiñan na audacia e na valentía do formidable Corsario, do que só o nome chegaba pra espallar o terror en todas as cidades do grande Golfo mexicano.


O mar interno de Maracaibo, ao estar calmo coa unha balsa de aceite, permitía avanzar a veloz embarcación sen fatigar demasiado os seus remeiros. Como a baía, choída entre dous cabos que a protexen desa amplas ondaxes do Grande Golfo, non ten a beiramar costenta, non hai sequera correntes de fondo, polo que rara vez se encontra axitado o espello das súas augas.


Os dous filibusteiros remaban había unha hora cando o Corsario Negro, que ata entón mantivera unha inmobilidade case absoluta, alzouse bruscamente en pé, coma se quixese abarcar máis horizonte coa vista. Un lume, que non se podía confundir cunha estrela, brillaba a rente a auga, cara ao sudoeste, a intervalos dun minuto. -Maracaibo -dixo o Corsario cun acento tétrico que traizoaba un pulo de xordo furor. -Si, respondeu Caramaux, que se voltara. -Canto distamos?


-Quizais tres millas, capitán. -Daquela, tocaremos terra a media noite. -Así é. -Hai algún cruceiro? -O dos carabineiros. -Hai que evitalo. -Coñecemos un lugar en que poderemos desembarcar e agachar o bote entre os mangleiros. -Adiante.


-Unha cousa, capitán. -Fala. -Sería mellor que a vosa nave non se acercase de máis. -Xa virou e esperaranos en mar aberto -respondeu o Corsario. Quedou silandeiro uns instantes, logo continuou: -É certo que hai unha escuadra mar afora?


-Si, comandante, a do contralmirante Toledo, que vixía de Maracaibo a Xibraltar. -Ah...! Teñen medo? Pero o Olonés está nas Tortugas e entre os dous mandarémolo a pique. Hai que ter paciencia uns días máis e logo Wan Guld saberá do que somos capaces. Envolveuse novamente no manto, calou o sombreiro ata os ollos, despois volveu sentar, mantendo as miradas fixas naquel punto luminosos que indicaba o faro do porto.


O bote reemprendeu a navegación; sen embargo xa non mantiña a proa cara á embocadura de Maracibo, para evitar o cruceiro dos gardas costeiros, que non deixarían de detelo e arrestar ás persoa que o ocupaban.


Media hora máis tarde a costa do Golfo era perfectamente visible, e xa non distaba máis que tres ou catro cabos. A praia baixaba dondamente ao mar, completamente chea de mangles, plantas que medran polo xeral na desembocadura dos ríos e que producen febres terribles; son a causa do vómito prieto, ou sexa da temida febre amarela.


Máis alá víase descollar a sombriza vexetación, que lanzaba ao aire enormes matos de follas plumadas, de dimensións xigantescas. Carmaux e Wan Stiller deceleraran o remar e volveranse para ver a costa. Non avanzaban senón con grandes precaucións, procurando non facer ruído e ollando atentamente en todas direccións, coa se temesen algunha sorpresa. O Corsario Negro non se movera, pero puxera diante del os tres fusís que embarcara o patrón, para saudar cunha descarga á primeira chalupa que ousase achegarse.


Debía ser media noite cando o bote varou en metade dos mangles, internándose entre as plantas e as retortas raíces. O Corsario alzárase. Inspeccionou rapidamente a costa, logo saltou axilmente a terra, atando a embarcación a unha póla. -Deixade os fusís -díxolle a Wan Stiller e a Carmaux.- Tedes as pistolas? -Si, capitán -respondeu o hamburgués. -Sabedes onde estamos?


-A dez ou doce millas de Maracaibo. -A cidade está detrás desta fraga? -Na marxe desta selva xigantesca. -Poderemos entrar de noite? -É imposible, capitán. A fraga é mestísima e non poderemos atravesala antes de mañá pola mañá. -De modo que nos veremos obrigados a esperar deica mañá pola tarde?


-Se non queredes arriscarvos a entrar en Maracaibo de día, teremos que resignarnos a esperar. -Aparecer na cidade de día sería unha imprudencia -respondeu o Corsario, como falando consigo mesmo-. Se tivese aquí a miña nave, preparada para apoiarnos e para recollernos, atreveríame, pero a Centella navega agora polas augas do Grande Golfo.


Quedou algúns instantes inmóbil e silandeiro, como mergullado en profundas cavilación; despois engadiu: -E aínda poderemos atopar ao meu irmán?


-Ficará exposto na Plaza de Granada tres días -dixo Carmaux-.Xa volo dixen. -Daquela termos tempo. Tendes amigos en Maracaibo? -Si, un negro; o que nos ofreceu o bote para fuxir. Vive á beira desta selva, nunha cabana illada. -Non nos traicionará? -Respondemos del.


-Andando! Subiron a encosta, Carmaux diante, o Corsario no medio e Wan Stiller ao final, e internáronse no medio da escura boscaxe, avanzando cautamente, cos oídos alertas e a aman na culata da pistola, xa que dun momento a outro podían caer nunha emboscada.


A fraga erguíase diante deles, tenebrosa coma unha inmensa furna. Adiviñábanse polas alturas troncos de todas formas e dimensións, e as súas follas desmesuradas impedían por completo distinguir a bóveda estrelada.


Por todas partes caían festóns de lianas, intrincándose de mil maneiras, subindo e baixando polos troncos das palmas, mentres no chan cobregaban, enroscadas unhas noutras, raíces desproporcionadas , que obstaculizaban non pouco a marcha dos tres filibusteiros, obrigándoos a dar grandes rodeos para atopar un paso, ou a facer uso dos sabre de abordaxe para cortalas.


Uns vagos lampos, parecidos a grandes puntos luminosos, que proxectaban feixes de luz a intervalos, corrían polo medio dos milleiros de troncos, danzando ora a ras do chan ora no medio da ramallada. Apagábanse de socato, logo acendíanse e formaban verdadeiras ondas luminosas dunha incoparable beleza, que tiñan algo de fantástico.


Era os grandes vermes de luz de América meridional, as vaga lume, que transmiten unha luz tan viva que permite ler as máis diminutas escrituras mesmo a uns metros de distancia e que, cando se choen tres ou catro nun frasco de cristal, chegan para alumar unha habitación; es os pirilampos, outros fermosísimos insectos fosforescentes, que se atopan en enormes enxames nas selvas da Guiana e do Ecuador.


Os tres filibusteiros, sempre no máis profundo silencio, continuaban a marcha, sen descoidar as precaucións, porque ademais dos homes tamén tiñan que temer aos habitantes das forestas, os sanguinarios xaguares, e sobre todo as serpes, especialmente as jararaca, réptiles velenosísimos, difíciles de distinguir mesmo de día por teren a pel da cor das follas secas.


Percorreran un par de millas cando Carmaux, que sempre ía diante por ser o máis coñecedor daquelas paraxes, parou bruscamente, armando con precipitación unha das súas pistolas. -Un xaguar ou un home? -preguntou o Corsario. -Seica era un xaguar, seica un espía -respondeu Carmaux.- Nestas terras nunca pode estar un seguro de chegar a mañá. -Por onde pasou? -A vinte pasos de min.


O Corsario curvouse cara á terra e escoitou atentamente, contendo o alento. Un leve ruxir de follas chegou ata el; pero era tan débil que só un oído moi exercitado podería oílo. -Pode ser un animal -respondeu erguéndose-. Bah...! Nós non somos homes que se asusten. Empuñade os sabres e seguídeme. Xirou arredor do tronco dunha árbores enorme que destacaba por entre as palmeiras, logo parou no medio dun grupo de follas xigantes, esculcando as tebras.


Cesara o ruxir das follas secas, sen embargo chegou ao seus oídos un tin-tín metálico e pouco despois un golpe seco, como ao alzar o gatillo do fusil. -Alto. Alguén nos espreita e espera o momento oportuno par facer fogo sobre nós. -Veríannos desembarcar? -rosmou Carmaux con desacougo-. Estes españois teñen espías por todas partes.


O Corsario empuñara a espada na destra e unha pistola na esquerda e empezou a xirar arredor daquela masa de follas, sen producir o menor ruído. De repente Carmaux e Wan Stiller vírono abalanzarse para diante e caer, cun salto, sobre unha forma humana que se alzara de improviso dunha mata. O asalto do Corsario foi tan imprevisto e impetuoso, que o home que estaba emboscado quedou patas arriba, golpeado en toda a cara pola gornición da espada.


Carmaux e Wan Stiller precipitáronse sobre el, e mentres o primeiro apuraba para recoller o fusil que o descoñecido deixara caer, sen tempo a descargalo, o outro apuntáballe a pistola dicindo: -Se te moves, liquídote. -É un dos nosos inimigos -dixo o Corsario, inclinándose a miralo.


-Un soldado dese condenado Wan Guld -engadiu Wan Stiller-. Que facías emboscado neste lugar? Estou desexando sabelo. O español, que quedara desmaiado pola defensa do Corsario, empezaba a reanimarse e facía por erguerse. -Carai! -rosmou con voz tremente-. É que caín nas mans do diaño? -Acertaches -dixo Carmaux-, porque así Carmaux puido decatarse.


-Non teñas tanto medo polo de agora -díxolle rindo-. Afórrao para máis tarde, para cando teñas que bailar un mal fandango no baleiro, cun bo cacho de maroma atado ao pescozo. Logo, volvéndose para o Corsario, que miraba ao prisioneiro en silencio, díxolle: -Acabo con el dun pistoletazo? -Non -respondeu o Capitán.


-Preferides penduralo das pólas desta árbore? -Nin pensalo. -Se cadra é un dos que aforcaron aos irmáns da costa e ao Corsario Vermello, meu capitán. Ante aquela lembranza, un lóstrego terrible faiscou nos ollos do Corsario Negro, pero apagouse axiña. -Non quero que morra -dixo con voz xorda-. Pode sernos máis útil vivo. -Daquela, atendémolo ben -dixeron os dous filibusteiros.


Sacaron as faixas de la vermella que levaban á cintura e apertaron os brazos do prisioneiro, sen que este ousase opoñer resistencia. -Vexamos agora que es -dixo Carmaux. Acendeu un cacho de mecha de canón que levaba no peto e achegouna ao rostro do español. Aquel pobre tipo caido nas mans dos formidables corsarios das Tortugas, era un home de a penas trinta anos, longo e fraco, coma Don Quixote, cunha cara angulosa, cuberta por unha barba rubia, e uns ollos grises dilatados polo arrepío.


Levaba unha casaca de pel gris con algúns arabescos, curtos e anchos calzóns a raias negras e vermellas e calzaba altas botas de pel negra. Na cabeza calzaba un elmiño de aceiro adobado cunha vella pluma de pelos ralos, e colgáballe do cinto unha longa espada, cunha vaíña bastante enferruxada polos dous extremos.


-Por Belcebú, patrón...! -exclamou Carmaux, rindo-. Se son estes os guerreiro que ten o gobernador de Maracaibo, quere dicir que de certo non os alimenta con capóns, porque está máis fraco ca un arenque afumado. Coido, capitán, que non lle paga a pena aforcalo. -Non fixen nada de aforcalo -respostou o Corsario. Logo, tocando ao prisioneiro coa punta da espada, mandoulle-: Agora falarás, se aprecias o teu pelexo.


-O pelexo xa o teño perdido -respondeu o español-. Ninguén escapa con vida das vosas mans, e aínda que vos contase o que queredes saber, non estaría seguro de chegar a mañá. -O español ten valor -dixo Wan Stiller. -E a resposta merece a súa gracia -engadiu o Corsario-. Vamos! Falarás! -Non -contestou o prisioneiro. -Prometinche salvar a vida.


-E quen vos cre? -Quen...? Pero ti sabes quen son eu? -Un filibusteiro. -Si, pero que se chama o Corsario Negro. -Vállame Nosa Señora de Guadalupe! -exclamou o español, empalidecendo-. O Corsario Negro aquí...! Viñeches para exterminarnos a todos e vingar ao voso irmán, o Corsario Vermello?


-Si, se non falas -respondeu o filibusteiro con voz escura.- Aniquilareivos a todos e de Maracaibo non quedará pedra sobre pedra! -Por todos os santos...! Vos aquí? -repetiu o prisioneiro, que aínda non se repuxera da sorpresa. -Fala....!


-Morto son; xa que logo, é inútil. -O Corsario Negro é un xentilhome, sábeo, e un xentilhome nunca faltou á súa palabra -repuxo o capitán con voz solemne. -Daquela, interrogádeme.


(Continuarรก...)


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.