XERFA 18

Page 1


redacción

Profesorado: García Fente, Irene Gregorio Montes, Antonio López Fernández, Isabel Manín Gutiérrez, Roberto Martínez Pérez, Anxo Méndez Lombardía, Eva Piñeiro Funcasta, Alfonso

Editorial ............................................páx. 03 Novas ........................................... páx. 04/08 Educación ..........................................páx. 09

Alumnado: Agulleiro Cartoy, Raúl. 2º Bacharelato Balsa Lourido, Rubén. 2º Bacharelato Berdeal Díaz, Iris. 1º Bacharelato Bermúdez Martínez, Miguel. 3º ESO Bouso Prados, Alexandra. 3º ESO Chao Penabad, Alberte. 2º Bacharelato Díaz Pérez, Carlota. 1º Bacharelato Fernández Belmar, Lidia. 3ºESO Fernández Díaz, Adrián. 3º ESO Fernández Díaz, Montse. 4º ESO Fernández Dorrego, Lara. 3º ESO Fernández Faílde, Álvaro. 2º Bacharelato Fernández Fernádez, Diego. 3º ESO Fernández Seivane, Diego. 3ºESO García Fernández, Nahuel. 3º ESO García López, Vanessa. 3º ESO García Veiga, Edén. 1º Bacharelato Gómez Pérez, Noelia. 3º ESO González Martín, Raúl. 4º ESO Gutiérrez Soto, Laura. 3º ESO López Amoedo, Diego. 3º ESO López Díaz, Marta. 1º Bacharelato López Fernández, Tamara. 4º ESO López Pérez, Reyes. 2º Bacharelato Luaces Rodríguez, Laura. 1º ESO Martínez Cortiñas, Alejandra. 1º ESO Millares Mera, Marta. 1º Bacharelato Miranda Barcia, Ramón. 1º ESO Peña Ares, Gonzalo. 1º Bacharelato Pernas Rodríguez, María. 1º ESO Pintado Gasalla, Ana. 1º Bacharelato Piñeiro Rouco, Laura. 1º Bacharelato Salgado Díaz, Sara. 4º ESO Sanjurjo Rodríguez, Cristina. 4º ESO Santos López, Arantxa. 1º ESO Uría Moreda, Ana. 2ºESO Valea López, Jairo. 4º ESO Vallejo Vergara, Mónica Maryuri. 4º ESO Vidarte García, Lorena. 4º ESO Vilar Álvarez, Andrea. 2º ESO Yáñez Díaz, Diego. 2º Bacharelato

Avda. de Luarca, s/n. Aptdo. 11 27700 RIBADEO Lugo Teléfono: 982 128 894 Fax: 982 130 955 e-mail: ies.porta.auga@edu.xunta.es www.portdaauga.es

2

Historia Conflito árabe-israelí........................ páx. 10/12

Galileo Galilei.................................. páx. 13/15 Estatísticas ...................................páx. 16/17 Saúde Enfermidades nutricionais ..................... páx. 18 O infarto............................................. páx. 19 Sociedade ..........................................páx. 20

Letras galegas .................................. páx. 21 Literatura Todo un asasino ...................................páx. 22 Poesía .................................................páx. 23 Entrevistas Julio Antolín Rey ..............................páx. 24/25

José Ángel Docobo Durántez .............páx. 26/28 Miguel Ángel Millares Mera .....................páx. 29 Rubén Riós .....................................páx. 30/32 José Luis Echevarría Reigosa .............páx. 33/34 Música Cultura Hip Hop ...................................páx. 35 Saratoga ........................................páx. 36/40 Pasatempos Acertixos/adiviñas ................................páx. 41 Humor/solucións ..................................páx. 42


editorial

Só podo emprender a realización do editorial do nº

18 de Xerfa partindo dos recordos do seu proceso de elaboración pero, aínda que este punto de vista pareza de entrada bastante egocéntrico, poida que diga moitas cousas tamén de todos vós, os colaboradores (alumnado, profes, supervisores da redacción... entrevistados e entrevistadores, poetas e debuxantes de grande creatividade,...) e, sinceramente, iso, falar de vós, é o que pretendo. Vinme involucrada na elaboración da revista a través da materia de alternativa á relixión que impartín este curso. Propuxen para ocupar esta hora de estudo algunhas actividades relativas á colaboración no blog e na revista do IES. O profesorado que todos os cursos acostumaba levar adiante a revista, deixábame facer. E eu percibía a cada un dos grupos que debían realizar os traballos como un bloque compacto que había que empurrar constantemente sen esperanza ningunha de que se movese: coma Sísifo, ese ser mitolóxico condenado a subir eternamente unha pedra cara ao cumio dun monte. Coma Sísifo, ou peor, porque no meu caso a peneda ás veces semellaba ter vida: ¡e falaba e rebulía!, de aí que decidise empregar a miña máis sutil persuasión, expresada no xa famoso lema das clases arriba sinaladas: -O próximo día de clase traedes o traballo da revista ou se non, xa sabedes: a copiar!Podería dicir que, grazas a este meu estilo tan democrático de ensinarvos, e ós abundantes ditados, á fin estiveron os traballos feitos e preparados para incluír nesta nova edición. Pero non foi así. A verdade é que eu sentía unha grande inseguridade respecto á miña capacidade de que fixésedes un bo traballo (e tamén, xa que vén ao caso, de que gardásedes as formas na clase). E todo iso, sen sequera decatarme de que facelo todo ben para esta revista non estaba nas miñas mans, senón nas vosas; e que esa inseguridade non era tal, senón unha inmerecida falta de confianza nas vosas calidades.

lagroso”. Veñen á miña memoria as imaxes de todos erguéndovos con naturalidade das vosas cadeiras, uns días uns e outras veces outros, sen présa pero sen pausa, semana tras semana, coas vosas USBs e non sei que outros mecanismos tecnolóxicos, en fin, eses “bichos” pequenos que de xeito imposible acumulan os debuxos, os poemas, contos, pasatempos, artigos e fotos sobre música, pelis, movementos xuvenís, temas políticos e de saúde...E por riba quen esquecía o seu traballo, que só consistía nun ordenador para copialos, era eu. Para ser xusta, tampouco poñiades ningún obstáculo para repetir, resumir,...e o que fixera falta. Espero alomenos que algúns de vós descubrirades novas aplicacións posibles á vosa mente e á vosa acción. Todos os traballos, aínda tendo que retocar uns máis que outros, merecían estar aquí e foron seleccionados, sobre todo, en virtude do seu formato: os debuxos en xeral non se axeitaban á función de portada, ou se estaban en cor, como a súa impresión sería demasiado cara, seleccionáronse para o blog,...; houbo tamén poesías que tiñan as súas expresións máis sobresalientes castelanizadas e non fomos capaces de atopar equivalentes en galego; había bastantes pasatempos do mesmo tipo e, como todos estaban ben, seleccionáronse os que por azar se corrixiron antes,...e así sucesivamente. Pero todos mereciades estar aquí. Polo que respecta ós restantes membros do equipo (Alfonso, Eva, Isabel) só recordar que o seu traballo (coordinación, tradución, supervisión dos escritos,...) non loce tanto coma o voso, pero o seu esforzo non é dende logo menor que o do resto. Tamén mencionar a valiosa axuda das persoas entrevistadas e a súa amable disposición para darnos a coñecer as súas infrecuentes e interesantes profesións. Bótase de menos neste número un artigo de Amadeo, e esperamos contar con el en futuras edicións. Pero si atopamos a sempre creativa colaboración de Antonio Gregorio. A todos, moitas grazas. Irene García Fente

Partindo deste erro tremebundo, o restante foi “mi-

3


novas O modelo de estación elixido foi a Davis Vantge Pro2, moi utilizada por afeccionados á Meteoroloxía e que conta cun amplo soporte técnico en internet. O instrumental que incorpora componse de termómetro, pluviómetro, higrómetro, anemómetro e cataventos. Pero quizais o máis destacable está no programa informático que permite o tratamento da inxente cantidade de datos que en todo momento (cada 3 segundos) envía á centraliña coa que se comunica por ondas de radio. Non é necesaria a intervención de ninguén, todo isto o fai de forma totalmente automática, nin sequera precisa que o ordenador estea sempre acendido xa que ten capacidade para almacenar datos de varios meses. Pero se isto non resulta xa bastante sorprendente, hai que engadir a posibilidade de enviar directamente á web toda esta información, e ademais cada cinco minutos!, é dicir, que en todo momento na web do centro www.portadaauga.es teremos información puntual das constantes meteorolóxicas que nese momento se están dando en Ribadeo, unha posibilidade inexistente ata estes momentos na vila. Pero outra cousa son tamén as posibilidades didácticas que xorden combinando o uso de ambas estacións, que penso que son moitas, tanto para a ESO como para o Bacharelato. De seguro que nos próximos cursos veremos froitos.

Estación metereolóxica A finais do curso pasado Meteogalicia puxo en marcha as Meteoescolas, rede de estacións meteorolóxicas en institutos e colexios, coa finalidade de mellorar o coñecemento do clima entre os escolares, de sensibilizar aos máis novos sobre a problemática do cambio climático e de fomentar a investigación na escola. Dende ese momento o IES Porta da Auga integrouse nesa rede e empezouse a traballar no acondicionamento da caseta meteorolóxica que albergaría os instrumentos básicos cos que se dotou a tódolos membros das Meteoescolas: un termómetro de máximas e mínimas e un pluviómetro. A caseta é a mesma que xa estivera instalada aló a principios da década pasada e que agora permanecía no esquecemento, no laboratorio de ciencias naturais. A restauración rematou a primeiros deste ano. O 8 de febreiro comezouse a toma diaria de datos e a inclusión destes na páxina web de Meteogalicia (http://www. meteogalicia.es/galego/observacion/climantica/meteoescolas.asp), datos que se poden consultar na mesma web. Nestes momentos somos a terceira estación de Lugo, das trece existentes, que introduce datos diarios na web. Con isto conséguese pór a disposición do profesorado de ciencias un instrumental que se pode utilizar en proxectos relacionados co clima e a observación meteorolóxica diaria. Tan só falta que sexan os propios alumnos os que se encarguen da recollida diaria de datos, labor que pode ser rotativa para conseguir a participación dun maior número deles. Pero había un problema que viamos insalvable: os días festivos, vacacións,... non se podían recoller datos, polo que sempre serían incompletos. Por este motivo pensouse en instalar unha estación automática como complemento á manual. Este tipo de aparatos recollen datos de forma continua e envíanos a un ordenador no que se almacenan e tratan mediante software específico. 4


novas

EXPORECERCA JOVE

Intercambio co IES de Melide

O mércores día 1 de abril despediámonos de Ribadeo para marchar catro días e tres noites a Barcelona, onde presentaríamos o noso proxecto sobre o desfase das mareas nas rías na Exporecerca Jove (2, 3 e 4 de abril).

O mércores 16 de abril, os alumnos/as de 3º e 4º de ESO visitamos Melide. Foi esta a primeira das recíprocas visitas co IES desa vila coruñesa, formando parte das actividades de intercambio programadas polo Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística do noso instituto. Puidemos coñecer un anaco doutra comarca do noso país, ver como vive, como fala e, un pouco, como pensa a xente da nosa idade, e, ademais, pasámolo moi ben. Ao chegar recibíronnos cun grupo de gaitas ... escocesas?, non, galegas, como debe ser, e tocadas por alumnos/as do centro. A continuación, fixéronnos o recibimento formal na biblioteca, onde varios alumnos/ as nos explicaron aspectos da súa vila, do seu instituto, de como se divirten, etc. Leváronnos, despois, facer unha visita rápida polas instalacións do seu centro e realizáronnos, tamén, unha entrevista na radio do seu centro. Despois dese rápido paso instituto, comenzamos coas visitas esteriores: Visita á igrexa de Sta. María de Melide, do s. XII e con interesantes pinturas murais, e ao conxunto etnográfico de Furelos. É este unha aldea restaurada, no Camiño de Santiago e á beira dun rio, que merece unha visita con calma.

Trátase dunha expo que se vén organizando dende hai xa uns anos na capital catalana e que alberga participantes de entre 12 e 30 anos de variopintas nacionalidades. Durante as tres xornadas na carpa, no complexo de CosmoCaixa, recibimos de bo grado a visitantes e curiosos que se achegaban a ver os nosos traballos. O certo é que nos chamou a atención o escaso número de visitas organizadas que houbo, polo menos en comparación coa nosa Feira da Ciencia de Ribadeo, e esperábamos que fora moita máis xente. Respecto ós traballos expostos, observamos unha gran variedade en canto a temas, elaboración e calidade. En canto á estancia, a residencia Ágora ofreceunos almorzo e cama, e a comida correu a cargo da organización Magma (a mesma que organiza a Exporecerca). As ceas pola nosa conta en McDonals e similares non estiveron nada mal... rico, barato... e divertido!. Polo demais... no tempo libre: recorrer de cabo a rabo o Museo da Ciencia, unha observación astronómica onde puidemos observar con claridade os aros de Saturno, turismo polo centro da cidade, e moitas, moitas partidas de futbolín. Polo momento... deixamos a investigación ata dentro duns días... a Feira da Ciencia en Ribadeo!. Laura Piñeiro Rouco

Nós non puidemos comer na área recreativa de Furelos, como estaba previsto, e fumos para o Pavillón Polivalente do instituto debido a que facía mal tempo.

Á tarde visitamos o Museo da Terra de Melide, un museo etnográfico que se nota está feito con moito cariño e que dispón dunha máis que interesante colección de obxectos. Despois deixaron que nosoutros coñecésemos a vila, cos seus monumentos e lugares máis interesantes, participando nun xogo de pistas. Dividíronnos en catro grupos e estaba moi ben organizado. Ao final déronlle unha camiseta a cada un dos membros do equipo que gañou. A verdade, o xogo estivo moi ben e pasámolo estupendamente. Pero ás 18:00 iniciábamos a viaxe de volta á casa. Quedábanos recibilos a eles e tratalos igual de ben que eles o fixeron con nós. E iso sucedeu o martes 19 de maio. Ese día, puidemos “desquitarnos”.

5


novas Recibímolos con algo de música, con imaxes, contámoslles algo de nós. Levámolos polo paseo marítimo, Cargadeiro, Illa Pancha. Xantamos todos xuntos en Santa Cruz, participamos en xogos conxuntos, ... Guiámolos, organizados en grupos, pola vila, amenizando o paseo con textos escollidos de escritores referidos a lugares ou a persoaxes da vila. Ensinámoslles Rinlo. Sorteamos camisetas e outros agasallos entre os que demostraran coas súas respostas que non se despistaran ante as nosas explicacións ... Quedamos satisfeitos, xa que eles, cremos, tamén o pasaron igual de ben que cando nós os visitáramos.

En fin, que esta foi unha das mellores actividades do curso, da que nos queda un bon recordo e amigos/as cos que seguir en contacto. E para o ano que ven, a continuar con outro instituto!!

XV Feira da Ciencia e Tecnoloxía

Retazos da Feira

XV Feira da Ciencia e Tecnoloxía

Ó remate da feira, pedinlles a algúns alumnos dos máis novos do centro que fixeran unha pequena redacción contando cousas sobre a feira: a súa experiencia, os seus gustos, ... calquera cousa que creran que podía ser contada. As condicións eran poucas, case reducidas a que o escrito non fora moi longo, pois no tema e na forma, mentres se referiran á feira, podían ser calquera, de relato a opinión pasando pola exposición de feitos sen xulgar.

Este 2009 foi a decimoquinta edición da Feira da Ciencia e Tecnoloxía do IES Porta da Auga de Ribadeo, e foi por esa razón pola que nos achegamos a descubrir máis sobre ela. Ó entrar no pavillón o primeiro que observamos foi un conxunto de paneis con curiosidades da tecnoloxía e da ciencia. A continuación, sobre o mesmo tema, un conxunto de alumnos de 4º de ESO con experiencias. Para obter máis información, achegámonos a un dos alumnos, que nos recibiu explicándonos un deles, titulado “A formación de Furacáns”. Despois retrocedemos, e entre as posibilidades, escollemos o ir á dereita, onde nos esperaban os rapaces de 1ºB. Un deles foi explicándonos os experimentos un a un. Entre eles, atopábanse cousas sobre os números de Fibonacci, a medición de barrancos e árbores e os poliedros regulares. Collendo á outra man, nas primeiras mesas agardaban os alumnos de 1ºA, explicando experimentos que consistían na cristalización de minerais. Máis aló, noutras mesas atopamos rapaces do segundo curso, con experimentos como “O efecto Flubber” ou “Como poñer 14 cravos enriba dun”. Seguimos adiante, e entre as posibilidades, dirixímonos á mesa do medio do pavillón. Poñía “As mareas na ría”. Rapidamente, chegou unha rapaza do bacharelato e explicóunolo amablemente. Seguimos logo pola dereita, onde había investigacións de 1º de ESO. Entre outras cousas, destacaba unha maqueta da praia das Catedrais e un maniquí usado para a explicación da medición da envergadura. Continuamos avanzando. Esta vez había alumnos de 3º, 4º e do Bacharelato, con experimentos e demostracións como o do tren levitante, que facían flotar mediante imáns. Por último, chegamos ó espazo onde había alumnos tamén de 3º e do Bacharelato con traballos como “As correntes termohalinas” ou un estudo sobre a extinción

O resultado está a continuación, variopinto, unhas veces expoñendo de novo algunhas cousas que ó longo dos anos xa teñen saído na nosa revista, ‘Xerfa’, e outras, cousas totalmente novas. Mesmo queixas, que é de supoñer poderían ser máis explicadas, pero pola petición de non ser moi extensas as redaccións, quedaron así, e esas contradicións en cousas opinables, que se poden usar para chegar a un coñecemento máis profundo. Todas, a ter en conta para facer unha mellor idea do conxunto da actividade e como mellorar para outro ano. Aquí van. Antonio Gregorio Montes 6


novas dos burros. ... e con isto remata a nosa reportaxe sobre a Feira da Ciencia e Tecnoloxía de Ribadeo, da que esperamos haxa moitas máis edicións. Ramón Miranda Barcia

Feira da Ciencia e Tecnoloxía 2009 Despois de facer as nosas pescudas, traballar todo o que traballamos nos nosos proxectos e logo dunha gran inauguración á que acudiu o alcalde de Ribadeo e outras persoas importantes do pobo, a Feira da Ciencia abriu as súas portas ó público para que a xente puidese ver os proxectos. Todos estabamos moi ledos porque, logo dun duro esforzo, os nosos traballos ían servir para algo e a xente ía aprender algo novo con eles. Uns traballos eran máis difíciles de entender ca outros, pero todos os explicamos o mellor que puidemos para que a xente nos entendera. Para nós isto era todo novo, ver a tantos estudantes de tantos colexios esperar para oír as nosas explicacións parecíanos impresionante. Era un pouco como xogar ós mestres. O trato coas visitas creo que foi correcto e portámonos educadamente, aínda que lles tiñamos que berrar porque non se escoitaba moi ben. Como vén sendo habitual dende hai algúns anos, á Feira acudiu a prensa e fixeron unhas reportaxes nas que os alumnos explicabamos os nosos proxectos despois de

facerlles Antonio un resumo do contido da Feira e a colocación dos traballos. Eramos coma unha gran familia. Pasabamos máis tempo nos traballos dos outros ca nos nosos mesmos. Ata algúns sabían de memoria os traballos dos outros! Comentabamos moito a cara que poñía a xente cando non entendía algo. Semellaban un poema! Paseino xenial! María Pernas Rodríguez

As visitas da feira da Ciencia As visitas foron moi variadas; dende nenos ata adultos. Viñeron colexios e institutos de Xove, de Burela, de Vegadeo e de Ribadeo. A maioría dos alumnos eran insoportables. Os máis pequenos facían preguntas absurdas porque non entendían nada, e ademais tocaban todo. E había algún de cursos superiores que cando estabamos a explicar, estaba “nas verzas”, falando, ou íase. Os maiores portáronse moito mellor: facíannos caso e, ó final, se non entendían algo, preguntábano, e había mesmo cousas que non sabiamos responder. Tamén estivo a Televisión de Galicia, Telelugo, LocaliaORT ... e Cristina Rodríguez (actriz en ‘Pradolongo’). Estas eran visitas máis agradables. Laura Luaces Rodríguez

O meu primeiro ano Este ano foi a miña primeira Feira da Ciencia. Imaxinábaa así, pero vexo que detrás de cada traballo hai máis esforzo do que eu cría. Estaba todo organizado: os horarios, a distribución dos traballos por temas como matemáticas, ciencias naturais, física e química, ... 7


novas O que menos me gustou foi que os traballos estaban moi mal colocados, xa que o espazo non estaba moi ben calculado. Todos os traballos eran moi interesantes. No meu tempo libre fun velos, mireinos e escoitei as explicacións dos compañeiros. O traballo que máis me gustou foi o do ‘Altavoz humano’, aínda que o apartado que máis interesante me pareceu foi a cantidade de cousas que se poden facer con la e un globo.

En xeral, espero repetir esta experiencia moitas máis veces, e coñecer tantas persoas como coñecín este ano.

Arantxa Santos López

Había moitos tipos de experimentos. A min a maioría non me deu tempo a velos. Habíaos que eran con auga, outros con globos, e outros sobre as rochas e cristais. Viñeron moitos colexios ver os experimentos, por exemplo, de Xove, A Veiga, Burela, Foz, o Gregorio Sanz, o

Sagrado Corazón e o Gamallo Fierros de Ribadeo. Dos experimentos o que máis me fascinou foi o dos altavoces. Un dos experimentos da nosa clase foi elixido para outras feiras; chamase “A medición das árbores”. Veu a televisión e gravaron a maioría dos proxectos, e houbo xente que saíu nos xornais. A min tocoume explicar o traballo de “mates” sobre poliedros. Alejandra Martínez Cortiñas

8


educación

Profesor 10. Divagando sobre educación E por que non profesora? Ó fin, parece que a maior parte da humanidade é de sexo feminino... Vale pois, profesora 10. O tema é o mesmo. Quen? Por partes, non se trata de sinalar a ninguén, senón de comezar pensando que características debe ter unha profesora 10. O primeiro sería eficiencia na tarefa de transmisión de coñecementos. O primeiro? Entón, hai que deixar relegada a tarefa de formación como persoa? Suponse que cando alguén pasa das mans dos ‘mestres’ á dos ‘profesores’ está a cambiar o que se pide del tan substancialmente? Non o creo así, pero, onde imos procurar máis información para determinar a tarefa do profesor, e así asignar as características que corresponden ó desempeño da mesma e á persoa que a debe desempeñar? No dicionario? Se collemos a definición do ‘Diccionario de la Real Academia Española’, vixésimo segunda edición, atopamos na súa primeira acepción: “1. m. y f. Persona que ejerce o enseña una ciencia o arte.” Algo semellante ocorre co correspondente da RAG. É dicir, o profesor ensina. E punto. ... non estou moi de acordo coa aplicación práctica da definición, pois se imos ás tarefas do profesor, da profesora, atopamos outras que en principio non teñen moito que ver coa definición, e máis coas funcións administrativas, por exemplo. Algo no que concorda o diccionario de pedagoxía que se pode consultar en liña: “s. 1. Persoa que pola súa vocación dedica a súa existencia a transmitir a unha nova xeración unha síntese dos aspectos teóricos, prácticos, éticos e estéticos da cultura, de forma equilibrada e diferenciando coidadosamente os contidos permanentes e os transitorios. 2. Persoa que exerce a profesión docente, e que ten como principal tarefa a organización, sistematización e desenvolvemento do proceso de ensinanza. Ademais, debe levar a cabo tarefas de titoría, orientación, xestión, investigación, etc., podendo varia-la natureza ou o tipo de funcións segundo o nivel educativo no que o profesor traballe.” Aquí si que xa estou algo máis de acordo co que representa o profesor (perdón, a profesora) na actualidade. Incluíndo os temas que deberan ser accesorios. O que debera... esa é xa outra historia. Nun artigo de hai uns 14 anos, titulado ‘Mestres, profesores, catedráticos’, falaba de algo disto dende outro punto de vista: non mirando só á función, senón a percepción social, que tamén inflúe na función finalmente

asignada dun xeito ‘legal’. A lembranza dese artigo lévame a algo que se pode expresar como: a existencia de profesoras cambia de xustificación ó longo do tempo? É dicir, a educación está claro que ten que adaptarse ós tempos, e polo tanto, a función profesoral debera adaptarse tamén. Pero, que é o que continúa ó traverso do tempo? Chegado a este punto, xa estou liado (ó fin, o que pretendo confeso que é liar a quen lea para que pense sobre educación), pero quédame unha cuestión importante que non podo deixar pasar sen tratar, pois está totalmente relacionada co título: pode existir unha profesora 10 illada? Isto é, pode separarse o que fai unha profesora do que profesa o conxunto do grupo (‘claustro’) de profesoras dun centro e ser considerada unha ‘profesora 10’? Tal vez en preescolar ou nos primeiros cursos de primaria se poida considerar. En medias, o que conta é o centro educativo, dende a directora á “bedela”, pasando polas propias alumnas-compañeiras, sendo o pilar fundamental o aunar esforzos de cada grupo de profesores correspondente a un nivel ... Estamos pillados xa pola estrutura: a calidade da educación depende dela tamén. E os pais? pois ... deixo outra cita, pero xa non me meto no tema: “por unha beira, a calidade e adicación de mestres e profesores. Pola outra, a atención dos pais á educación dos seus fillos” (tamén, M. Castells, quitándolle o contexto de xeito intencionado) Mirando agora máis de parte dos alumnos, deixando ó profesorado a unha beira... Imaxinas que se puidera dar o caso que que poñéndonos á beira do mar houbera unha xerfa que nos empapara de educación? Sería un choio, non? ... Pois veriamos. O que non se consegue cun certo esforzo tende a non apreciarse. É posible que a xerfa se perdera no vacío, sen educar a ninguén por non achegarse á beira do mar. Ben, se chegaches ata aquí, algo dese esforzo de educación seguro que xa o tes feito... Antonio Gregorio Montes Nota 1: M.Castells é especialista en temas de socioloxía relacionada coas novas tecnoloxías, non en educación. Nota 2.Na primeira cita, para adecuala máis á nosa ideosincrasia, diría de tomar ‘cara’ como ‘custosa’, ‘con necesidade de facer un esforzo para chegar a ela’.

9


historia

Na Franxa de Gaza vivíronse unhas semanas tráxicas con máis de mil palestinos mortos debido a un conflito que vén dende moi lonxe, e proba diso son as guerras anteriores. O actual Estado israelí encóntrase na rexión xeográfica de Palestina,con fronteiras cos seguintes países: Líbano,Siria,Xordania,Exipto, Cisxordania e a Franxa de Gaza. O pobo hebreo invade Palestina polo 1000 a.C. E organízase baixo o rei David, creando o primeiro reino de Israel.Máis tarde partirase en dous (Israel e Xudá) e posteriormente pasará a mans das distintas potencias da época: asirios, exipcios, persas, helenicos, romanos, árabes e finalmente otománs. Durante estes mandatos Palestina era unha rexión na que habitaban cristiáns, xudeus (minoritario) e palestinos (descendentes das tribus anteriores como os cananeos), que se converterían en musulmáns. A maioría dos xudeus vivían fora do territorio palestino e emigraron a distintos puntos do mundo, fundamentalmente a Europa debido ás diásporas provocadas polo Imperio Romano. Podemos dicir que o pobo xudeu e palestino viviron en paz ata finais do século XIX.

MANDATO BRITÁNICO DE PALESTINA A finais do século XIX o crecente desprezo polos hebreos fixo que xurdira o movemento sionista de Thedor Herzl, que consideraba que os xudeus eran un grupo nacional e non relixioso,polo tanto necesitaban un estado e ese era Palestina. En base a esta teoría, milleiros de xudeus emigraron de todo o mundo cara a Palestina, o que desencadeou o medo entre os palestinos árabes que comezaron a odiar ós xudeus e a súa política expansionista. Palestina estaba ocupada polo Imperio Otomán; pero cando este tomou parte na Primeira Guerra Mundial posicionándose contra a triple entente,Reino Unido convértese entón no seu inimigo, e levou a cabo unha estratexia en Arabia para derrotar as potencias aliadas. Fomenta a revolución entre os árabes para derrocar ao Imperio Otomán coa súa axuda, e a cambio daranlles a independencia como estado árabe unido, estendéndose por todo o Oriente Medio. Mais, despois de derrotar ós turcos, os británicos incumpren o trato e Francia e Inglaterra repártense os territorios do antigo Imperio Otomán a través do Acordo Sykes-Pikot, que foi elaborado en segredo a mediados da guerra (1916) e sería levado a cabo cando esta terminase (1918). Gran Bretaña exerce o control en parte de Irak e crea o Mandato Británico de Palestina, que engloba os territorios da actual Xordania, Israel, os Altos do Golán e os Territorios Palestinos; e representa á Sociedade de Nacións, que estableceu este Mandato no 1920, tras o Tratado de Servès, onde se reparten os territorios otománs. A Sociedade de Nacións estableceulle a G.B. como obxectivos, asegurar un

10

fogar xudeu, e ao mesmo tempo protexer os dereitos de todos os habitantes de Palestina. Estas obligas víñanlle estipuladas na declaración de Balfour.


historia Dentro do Mandato Británico de Palestina convivían varias etnias: a maioría eran árabes de relixión musulmana (nas que se inclúe unha importante colonia de beduinos), pero tamén había xudeus emigrados fundamentalmente de Europa Central e outros grupos máis

PRIMEIROS CONFLITOS O problema que xurdiu na zona foi a oposición dos palestinos a emigración xudea aos seus territorios por medo a perder os seus fogares, o que alimentou o antisemitismo en todo Oriente Próximo. A Axencia Xudía compraba territorios para que os xudeus os explotasen, pero neste aínda había propiedade palestina( as árbores).Os ataques á comunidade xudía foron aumentando, así como a resposta por parte dos xudeus.A posición dos británicos foi a de dividir o Mandato en dúas partes, situando aos árabes na Transxordania baixo un reino e Palestina por outro lado. A Sociedade de Nacións dera o seu visto bo. Ademais G.B. puxo límites á inmigración xudía que estaba desbordando o país.En 1936 prodúcese unha ola de violencia por parte dos árabes coñecida como “Gran Revolta Árabe”, xa que estes non eran atendidos nas súas esixencias e seguían a chegar centos de miles de xudeus a Palestina. Coa chegada da Segunda Guerra Mundial os palestinos divídense e uns apoian aos nazis e outros ao eixe aliado. Mentres, os conflitos na área palestina aumentan: os inmigrantes xudeus que foxen do holocausto nazi e o crecente antisemitismo vense obrigados a inmigrar ilegalmente, xa que Gran Bretaña limitara a través do Libro Branco a inmigración xudía. Gran Bretaña afundiu e interceptou barcos cargados de inmigrantes ilegais como represalia ante o incumprimento da lei; e os xudeus matan ao líder colonial en Palestina. A pesar da presión internacional, G.B. só acepta 100.000 xudeus inmigrantes, o que provoca que o grupo terrorista israelí Irgún atente nun hotel de Xerusalén matando a 92 persoas e desequilibrando a zona. Gran Bretaña mantiña o seu apoio aos palestinos porque buscaba estreitar lazos coa fronte árabe en Exipto e mais os intereses económicos de Arabia Saudí e o seu petróleo. A O.N.U declara a partición de Palestina. Gran Bretaña non esta de acordo e abandona Palestina no 1948, pois vía inviable a creación de dous Estados.

minoritarios (drusos, sudaneses, caucásicos, exipcios, gregos e árabes de Hiyaz).

PLAN DE PARTICIÓN DE PALESTINA DE NACIÓNS UNIDAS EN 1947 As recentes Nacións Unidas puxeron en marcha un comité especial para resolver a crise palestina. O comité chamado UNSCOP compoñíano 11 países,e decidiron que o máis recomendado era a creación de dous estados: un xudeu e outro palestino. A ONU votou o plan que saíu adiante o 29 de novembro de 1947 con 33 votos a favor, 13 en contra e 11 abstencións. A vitoria foi liderada por EEUU que presionou e comprou os votos a favor. O plan dividía a palestinos e israelís en 3 zonas unidas tan só por corredores; o que lle deu peor fama ao dito plan. Ademais, Xerusalén permanecería neutral en mandato internacional. Os xudeus aceptaron o plan, pero os árabes non argumentaron que eles (a maioría da poboación) tiñan menos territorio e moitos menos recursos agrarios. A Liga Árabe non tardou en contestar ao plan, e declarou que se se levaba a cabo, declararían a guerra aos xudeus. Ademais, GB estaba en desacordo co plan e o seu Mandato en Palestina estaba a causarlle demasiados problemas; así que o 15 de maio de 1948 abandonou a zona. A creación do plan non supoñía levalo á practica ao instante, así que o baleiro político entre a retirada británica e a posta en marcha do plan provocou que as escenas de violencia en Palestina pronto se convertisen en matanzas, sobre todo por parte das organizacións xudías -Irgún e Haganá- que contaron co apoio da URSS (pretendía contar cun país satélite que o apoiase nesa zona) e o bloque socialista, ademais da mellor organización destas fronte aos árabes e da compra de armas en Europa (no Mandato estaban prohibidas) e a súa fabricación clandestina. A situación era demasiado violenta e a guerra era máis que esperada: o 15 de maio estala o conflito.

PRIMEIRA GUERRA ÁRABE-ISRAELÍ DE 1948 Neste contexto hai que comprender que os árabes(palestinos incluídos) querían xuntarse nun só Estado, pero a inmigración xudía supoñía o fracaso desta idea, converténdoa en utopía.

O mesmo día en que os británicos se retiraron oficialmente da zona, Israel declara a súa independencia, a Liga Árabe declara a guerra e os exércitos dos países membros comezan a invasión de Israel. As tropas que compoñían o continxente árabe eran: tro-

11


historia pas transxordanas, exipcias, yemenís, saudís, irakíes, libaneses e sirios comandados por Amin Al-Husayni. Pero os únicos que se poderían considerar como un pleno exército organizado eran os transxordanos. O demais apenas tiñan instrución e un poder armamentístico moi pobre. Os exércitos israelís estaban formados por militares da Haganá e forzas recentemente recrutadas. Dispoñían dun bo armamento, pois as adquisicións en Checoslovaquía de avións e munición, e a fabricación destas así llo permitía. Os EEUU, a URSS e o estado de Israel tildaron o ataque de ilegal. Ao comezo da invasión as tropas árabes tomaron posicións no deserto de Nègev polo sur, Galilea polo norte, e chegaron dende Transxordania ata Xerusalén. As tropas israelís debían conter aos árabes mentres a munición e o recrutamento non chegasen. Durante a guerra, Israel duplicou os seus efectivos, e contaba ademais cunha poderosa forza aérea.Unha vez foi tomada parte de Xerusalén polos árabes, comezaron as derrotas e a ofensiva israelí púxose en marcha. Dúas treguas sucedéronse durante o conflito, pero ambas foron efímeras e acabaron coa morte do moderador por parte dos extremistas israelís. As operacións israelís non só conseguiron retomar os territorios, senón que ocuparon novas zonas. Os exipcios declararon un alto ao fogo, pois o seu exército fora machacado na Franxa de Gaza e no sur de Israel. A derrota árabe xa era evidente. Os países árabes que participaron na contenda firmaron armisticios nos primeiros meses do ano 1949, acabando coa guerra o 20 de xuño. Os claros vencedores foron os xudeus, pois non só gañaron a guerra senón que aumentaron en 6.000 km2 o seu territorio. Os mortos árabes duplicaban aos xudeus.

GUERRA DO SINAÍ: Ao finalizar a guerra, as hostilidades árabes contra o Estado de Israel continuaron en forma de guerrillas apoiadas por Exipto. O novo goberno exipcio de política socialista, supoñía un problema para Israel, Francia e GB, xa que Exipto pretendía nacionalizar o Canal de Suez, ata agora en mans dos anteriores. A guerra estalou tras a nacionalización e o bloqueo do estreito de Tirán. A victoria militar foi dos aliados GB, Francia e Israel, mais Exipto ganara politicamente porque conseguiu que as tropas se retiraran do Sinaí para deixar paso a unha mediación por parte da ONU.

GUERRA DOS 6 DÍAS: Despois desta guerra a presión popular de acabar con Israel obligaba aos gobernos a levar unha política internacional antisemitista, o que Israel viu como unha ameaza. O goberno exipcio pediu á ONU que retirase os cascos azuis da zona do Sinaí, e aceptaron. As tropas exipcias ocuparon o Sinaí e voltaron a bloquear o estreito de Tirán. Esta vez Exipto aliarase con Irak, Siria e Xordania (que se viu obrigada por mor da presión popular). Así e todo, a guerra non fora declarada polos árabes;

pero Israel vía tan inminente a invasión que decidu levar a cabo o ataque, xa que necesitaban o efecto sorpresa pois senón non sobrevirían. Aconsellado polos seus xenerais, Israel comezou a invasión de Exipto o 5 de xuño de 1968. A Operación Foco levada a cabo o 5 de xuño deu a vantaxe necesaria a Israel, pois destruíu a metade dos avións exipcios, así como numerosas bases aéreas, pillándoos por sorpresa. Á súa vez os aliados de Exipto -Siria e Xordania- atacaron dende as súas bases a Israel, pero este respondeu destruíndo a maioría das súas forzas aéreas. Nos seguintes días Israel ocupou Cisxordania, toda a península do Sinaí, a fraxa de Gaza, a parte vella de Xerusalén e os Altos do Golán. A invasión israelí contra Siria continuaría se non fose pola presión internacional. Israel ampliou o seu territorio como nunca antes. Esta guerra foi moi significativa xa que por unha banda o bloque socialista apoiou aos estados árabes e rompeu relacións con Israel, provocando que os EEUU apoiaran incondicionalmente a Israel. Por outra banda Israel xa non era vista como un pequeno país indefenso senón que apareceu un novo antisemitismo de corrente ideolóxica (non racista) que empeorou dende este momento ata agora a visión internacional dos israelís.

Pola súa banda, a derrota sufrida por Exipto, Siria e Xordania foi considerada humillante neses países, que argumentaron unha intervención militar de Estados Unidos e o Reino Unido para xustificar o éxito da operación Foco israelí. A derrota militar de Exipto e Siria produciu un gran malestar no mundo árabe, o que levou a manter os anos seguintes unha guerra de desgaste con Israel e, finalmente, a un ataque conxunto exipcio-sirio na Guerra do Yom Kipur que non alterou o mapa xeopolítico establecido trala Guerra dos Seis Días. Israel devolveu o Sinaí a Exipto como parte dos acordos de paz de Camp David en 1982, máis ou menos ao mesmo tempo que concedía a cidadanía israelí aos habitantes de Xerusalén Leste e dos Altos do Golán, cuxos territorios incorporáronse administrativamente a Israel, aínda que só Xerusalén Leste foi legalmente anexionada . En agosto de 2005, Israel evacuou todos os asentamentos da Franxa de Gaza para ceder o seu control á Autoridade Nacional Palestina (ANP), seguindo o seu plan de retirada unilateral israelí. Hoxe en día podemos presenciar ataques israelís que fomentan a xudeufobia e provocan apenas unhas reaccións internacionais. A solución do conflito está aínda lonxe, pois o goberno israelí e o goberno de Hamás nunca se poñerán de acordo par un alto ao fogo. Por outra banda os palestinos son os máis prexudicados neste conflito, pois vense obrigados a vivir nunhas condicións penosas, fuxidos dos territorios que se lles arrebataron e nunha franxa acorralados coma coellos. Alberte Chao Penabad

12


historia

Estamos no ano internacional da Astronomía, declarado así pola UNESCO a proposta da Unión Astronómica Internacional, con motivo da conmemoración do cuarto centenario da utilización do anteollo para a observación estelar. E foi Galileo Galilei, astrónomo e físico, matemático e filósofo, músico e poeta,...en definitiva, unha das figuras máis destacadas do Renacemento, unha mente brillante e inqueda, o responsable desta ocorrencia que iniciou un senfín de descubrimentos, naquel tempo inimaxinables, que acabarían revolucionando os cementos do pensamento científico, filosófico e relixioso. Este insigne e revolucionario científico naceu en Pisa no ano 1564, o mesmo ano do nacemento de Shakespeare. Era fillo de Vicenzo Galilei, comerciante e músico, do que aprendeu a pintar, a tocar o laúde e a escribir poesía. Pero del tamén herdaría un carácter contestatario, combativo e pouco conformista, unha mente inquisitiva e aberta, o desprezo pola fe cega na autoridade e o gusto por combinar teoría e práctica en todo aquilo que emprendera. En 1581 ingresoum, por desexo de seu pai, na facultade de medicina de Pisa, sendo alí onde se manifestou por primeira vez o seu peculiar carácter, gañando o alcume de “o disputas”. Tamén alí, por primeira vez, mostrouse abertamente contrario ás teorías do filósofo grego Aristóteles, incuestionadas durante tantos séculos pola Igrexa e polo Estado, e que tantos problemas lle suporía no futuro. Galileo necesitaba ter evidencias e probar mediante a experimentación calquera afirmación, o que constituía unha revolucionaria actitude, oposta frontalmente ás teses que nese momento se ensinaban. A medida que mostraba cada vez menos interese na medicina, aumentaba a súa fascinación polas matemáticas e pola física. Aos catro anos de ingresar abandonou a facultade sen título ningún, para dedicarse de cheo ao que realmente lle interesaba: a medición e os problemas que naquel momento se formulaban na física. Esta primeira experiencia universitaria serviulle para adquirir un amplo coñecemento das teorías dominantes no momento, reafirmarse nas súas revolucionarias

ideas e descubrir a súa verdadeira vocación: a partir deste momento dedícase por completo ao estudo das matemáticas como instrumento básico para a comprensión e explicación dos problemas físicos.

Desta época datan os seus primeiros traballos sobre a gravidade, a flotación, o péndulo e a balanza hidrostática para a determinación de pesos específicos. En 1589 consegue o seu primeiro contrato como profesor na Universidade de Pisa e tres anos despois foi elixido para a cátedra de matemáticas da Universidade de Padua.

13


historia Foi en 1609, ano que agora conmemoramos, cando lle chegou a nova sobre a existencia dun instrumento óptico fabricado en Holanda que permitía acercar a imaxe de obxectos moi afastados. Este acontecemento marcaría un punto de inflexión nas súas investigacións. Nada sería igual a partir deste momento.

Os seguintes descubrimentos non lle resultarían menos sorprendentes: cando enfocou o anteollo á Vía Láctea, esa especie de mancha de aspecto leitoso que cruza o ceo nas noites de verán, observou con asombro que en realidade se trataba de infinidade de estrelas aparentemente moi próximas e pouco brillantes; descubriu que o Sol tiña manchas que se movían a medida que pasaban os días, o que correctamente atribuíu a un movemento de xiro sobre si mesmo, é dicir, o Sol non era un astro perfecto (tiña manchas) e ademais movíase. Pero aínda faltaban dous achados que resultarían transcendentais para reafirmarse na teoría heliocentrista de Copérnico: os satélites de Xúpiter e as fases de Venus.

Tras múltiples intentos e perfeccionamentos na súa fabricación, conseguiu un anteollo de 30 aumentos co que comezou a estudar a Lúa. O que observou deixouno fascinado. No libro Sidereus Nuncius escribe: “É unha visión do máis fermosa e agradable, contemplar o corpo da Lúa unhas trinta veces máis grande. Un pode saber coa certeza que nos proporcionan os nosos sentidos que a Lúa, certamente, non ten unha superficie lisa e pulida, ao contrario, é rugosa e desigual, como a propia superficie da Terra. Está chea de grandes protuberancias, abismos profundos, suaves montañas e profundos vales”. Este primeiro descubrimento contradicía radicalmente a teoría aristotélica (xeocentrismo) da concepción do Universo segundo a cal no mundo “supralunar”, que comeza na Lúa e esténdese máis alá dela, non existen máis que formas xeométricas perfectas e movementos regulares inmutables.

14

Cando observou Xúpiter comprobou como catro pequenas luces se movían dun lado ao outro do planeta. Durante moitos días anotou minuciosamente as súas posicións comprobando que en realidade xiraban en torno ao planeta: era a primeira vez que se tiña evidencias dun sistema planetario similar ao que podía ser a Terra ou o propio Sol. A teoría aristotélica fallaba estrepitosamente, non todos os corpos xiraban en torno á Terra, e tamén corrixe a algúns copernicanos que sostiñan que todos o facían en torno ao Sol. Pero foi o descubrimento de que Venus presentaba fases similares á Lúa o que remachou o cravo. Para Galileo non tiña explicación no sistema xeocéntrico e, polo contrario, era facilmente demostrable dende un punto de vista heliocéntrico. O Universo revelábaselle radicalmente distinto ao que se cría no momento: dinámico, en contraposición a estático; cambiante, en vez de inmutable; imperfecto, en oposición a ideal, acabado e completo. Dende o punto de vista científico as afirmacións de Galileo Galilei non admitían discusión ningunha, estaban garantidas pola observación e a experiencia. Os seus


historia irrefutables argumentos convenceron incluso ao Colexio Pontifical de Roma, ao que foi chamado para expoñer os seus descubrimentos en marzo de 1611. A súa fama traspasou as fronteiras de Italia estendéndose por todo Europa. Aínda así, para el non era suficiente: non só quería o recoñecemento público, pretendía erradicar definitivamente a teoría aristotélica e os seus seguidores. Primeiramente a Igrexa limítase a censurar a teoría copernicana e pedir a Galileo que expoña as súas teses como hipóteses, non como feitos comprobados; o que nunca acatou, polo contrario, negouse a presentar como equivalentes as dúas teorías: xeocéntrica e heliocéntrica; para el tratábase simplemente de fe contra evidencias. Pero foi a publicación do libro “Dialogo sopra i due massimi sistemi del mondo, tolemaico e copernicano” “diálogo sobre os principais sistemas do mundo”, encargado polo seu amigo e admirador o Papa Urbano VIII para que servira como presentación obxectiva de ambas teorías, o que desataría a ira, contida durante anos, da Igrexa e dos seus inimigos. Afastándose das pretensións iniciais do libro, Galileo non se limita a expoñer as teorías confrontadas, ridiculiza e insulta aos seguidores do xeocentrismo, incluídos protectores e amigos seus, e propón a reinterpretación dalgúns versículos da Biblia, entrando nun terreo que, como científico, a Igrexa xulgaba que non lle correspondía. Ademais publica o libro en linguaxe vulgar, para que chegara a máis público, en vez de Latín, como era costume en obras que “non debían ser coñecidas polo vulgo”. Ante tal provocación e certa soberbia, o Santo Oficio, avivado polas ansias de vinganza do Papa, non dubida en abrir un proceso que remataría cunha severa sanción en 1633: condena a prisión de por vida (pena que inmediatamente lle conmutou Urbano VIII pola de reclusión no seu domicilio), prohibición do libro e abxuración das súas teorías. Prostrado de xeonllos, con 70 anos de idade, ancián e enfermo, temeroso polo seu futuro, pronunciou a abxuración: ”Eu, Galileo, fillo do finado Vincenzo Galilei, florentino, de 70 anos de idade, fun declarado polo Santo Oficio culpable de ser sospeitoso de reiterada e vehemente herexía. Iso é como dicir que sostiven e crin que o Sol era o centro inamovible do Universo e que a Terra non era o centro e móvese. Con sincero corazón e unha fe cega abxuro, maldigo e aborrezo dos erros e herexías antes mencionados”. A ignorancia e o medo, os peores inimigos da verdade, acabaron vencendo a batalla, aínda que a guerra xa tiñan perdida. Pero o carácter de Galileo e a súa determinación eran invencibles. Durante os primeiros anos de reclusión domiciliaria, ata que se quedou totalmente cego, seguiu investigando e azoutando o aristotelismo. Axudado por algúns amigos, pasaba os escritos a Francia ou Alema-

ña para publicalos dende alí. Foi así como conseguiu rematar unha das súas obras máis importantes: “Discorsi e dimostrazioni matematiche intorno à due nuovi scienze”. Nela senta as bases físicas e matemáticas para unha análise do movemento, demostra as leis de caída no baleiro e elabora a teoría completa do disparo de proxectís. Esta obra sería a clave para o desenvolvemento posterior da mecánica. Finalmente a cegueira remataría definitivamente coa súa actividade ata que morre na madrugada do 9 de xaneiro de 1642. O presente ano internacional da Astronomía súmase aos múltiples recoñecementos dos que é obxecto despois de catrocentos anos. O nome de Galileo quedou para sempre presente na Astronomía dende que se clasificaran como “galileanos” os catro maiores satélites de Xúpiter e a NASA o elixira para bautizar a primeira sonda que se adentrou na atmosfera deste planeta; ademais, o Vaticano recoñeceu publicamente as súas teorías e pediu perdón por non sabelas aceptar no seu momento, así como polas consecuencias que isto lle carrexou a Galileo Galilei; en febreiro deste mesmo ano celebrou unha misa na súa honra. Galileo Galilei, o “disputas”, enfrontouse coa verdade e a evidencia á ignorancia e fanatismo. O seu exemplo debe seguir sempre vivo. A humanidade e a ciencia sempre estarán en débeda con el. Alfonso Piñeiro

15


estatísticas

O traballo desenvolvido polos alumnos da materia de métodos estatísticos e numéricos de 2º de Bacharelato ten por obxectivo analizar diversos aspectos relacionados co noso instituto. Tendo en conta que o total do alumnado do centro é de 217 alumnos, escollemos unha mostra estratificada (segundo os alumnos de cada curso) de 44 alumnos en total. Con isto temos garantido para un nivel de confianza do 95% que o noso erro medio cometido non sobrepasase o medio punto (E=±0.5) no caso de valoración do 0 ó 10, e do 10% no caso de valores porcentuais. Comezamos pola avaliación das aulas do centro. No primeiro gráfico aparecen diversos aspectos das aulas en xeral, e no segundo a valoración das aulas específicas. Pódese apreciar que o aprobado é en tódolos items, e con especial nota o equipamento das aulas en material multimedia, así como a aula de informática.

Nas dúas gráficas que veñen a continuación amósase a valoración por parte do alumnado do servizo de fotocopias, tanto no seu uso como no seu prezo.

Nas seguintes gráficas aparece valorada a cafetaría do centro en diversos aspectos, como son a atención, a variedade de produtos, o mobiliario, os prezos e o tamaño. Pódese observar que aproba en todo agás o tamaño.

16

Tamén fixemos un par de preguntas acerca da futura fusión do noso instituto co I.E.S. Dionisio Gamallo Fierros e o resultado obtido foi o seguinte:


estatísticas

Outro tema que nos pareceu interesante foi o do tabaco no centro. De aquí sacamos varias conclusións, pero o máis importante é acerca da norma de non fumar no recinto e a relación de fumadores no centro.

Como conclusión podemos dicir que en xeral o noso centro sae ben valorado en canto ás instalacións, tanto das aulas como da cafetería e fotocopiadora. No tema da fusión dos centros, aínda que somos conscientes que non é un tema que estea nas nosas mans, observando os resultados no diagrama de sectores o resultado é claro: neste punto hai debate aberto (as porcentaxes reflectindo un empate técnico así o demostran). O único apartado a mellorar por parte de alumnos e profesores é acerca da norma que prohibe fumar no centro, con especial fincapé na zona dos baños, onde a porcentaxe de alumnos que cren que se incumpre a norma é moi elevado. Xa por último, agradecer a tódolos alumnos que participaron activamente cubrindo as enquisas, xa que a súa labor é fundamental para levar a cabo este traballo e axudar así a mellorar no posible o noso instituto.

Roberto Manín Gutiérrez Raúl Agulleiro Cartoy Rubén Balsa Lourido Álvaro Fernández Faílde Reyes López Pérez Diego Yáñez Díaz

Dos alumnos que cren que non se cumpre a norma, estes foron os lugares máis votados onde se está a fumar:

17


saúde

A bulimia é unha enfermidade que fai que as persoas sexan incapaces de dominar os impulsos que os levan a comer, pero o sentimento de culpa e vergonza tras inxerir moitos alimentos lévaos a xaxuar, usar purgativos e provocar vómitos para previr o aumento de peso. Normalmente a bulimia maniféstase tras realizar numerosas dietas perigosas sen control médico. Os síntomas que produce a bulimia son: - Comer unha gran cantidade de alimentos nun período curto de tempo. A persoa non é consciente e é tan grande a ansiedade que cre que non pode parar de comer. - Para previr o aumento de peso trala gran cantidade de comida inxerida provoca vómitos, utiliza laxantes, diuréticos, fármacos ou a práctica de gran cantidade de actividades deportivas. - A autoestima da persoa é moi baixa e págao co seu corpo.

A anorexia é unha enfermidade que consiste na diminución do apetito, o que pode conducir a unha diminución da inxestión de alimentos. A causa máis común da anorexia é a obsesión por perder peso. Os síntomas que produce a anorexia son: -Rexeitamento a manter o peso corporal por riba do mínimo adecuado para a idade e talla do enfermo. -Medo ao aumento de peso ou á obesidade, incluso cando o peso se encontra por debaixo do recomendable. -Percepción distorsionada do corpo e das proporcións. -Ausencia de tres ciclos menstruais nas mulleres. As persoas anoréxicas poden padecer alteracións moi variadas: estrinximento, amenorrea, dor abdominal, vómitos, etc.

O enfermo que realiza as accións anteriores pode padecer deshidratación, infartos, perda de masa ósea, pancreatite, perforación esofáxica, hernia hiatal, etc. É moi difícil curar unha bulimia, e aínda máis se o enfermo non aceptou a súa enfermidade . Depende da gravidade da enfermidade, pero para curar o enfermo tería que ir ao médico para que lle puxese un tratamento, ou se a enfermidade fose máis grave, ingresar nun hospital.

Para curar a un enfermo de anorexia habería que comezar por facer que se concienciase da súa enfermidade, incrementar gradualmente o seu peso e recuperar os hábitos alimenticios. Ademais, cada enfermo seguiría un tratamento diferente baixo control médico. Lidia Fernández Belmar 18


saúde

Non hai no mundo ningunha obra de enxeñaría máis perfecta que o corazón. De todos os prodixios do corazón, o máis fascinante é que non se desgasta, pero pode avariarse se se maltrata cun exceso de graxas, drogas ou unha infección accidental. Ao igual que calquera outro órgano do noso corpo, o corazón precisa dunha vascularización, é dicir, dun aporte de sangue.É precisamente a interrupción deste aporte nunha arteria do corazón o que provoca esta patoloxía: o infarto. Pero, ¿como sabemos que temos un infarto?. Os síntomas dun infarto son sempre claros: pode haber infartos sen dor, aínda que o síntoma máis frecuente segue a ser a dor opresiva no centro do peito. É unha dor continua, non ten por que ser excesivamente intensa e irradia aos brazos (xeralmente ao esquerdo), á boca do estómago, ás costas e á mandíbula. Aínda que non haxa dor, outros síntomas tamén poden alertar da posibilidade dun infarto: sensación de indixestión, náuseas, suor fría, ansiedade extrema (sensación de morte inminente) e palidez ou cor morada arredor dos labios. Sabendo o que hai en xogo, é mellor pecar de prudentes e acudir ao hospital, que ignorar os sinais de alarma, pensando que son molestias pasaxeiras.Os primeiros minutos dende o momento en que se inician os síntomas do infarto son vitais, pois o 75% das mortes prodúcense na primeira hora dende o momento en que a persoa se dá conta de que algo non marcha ben. A rapidez do traslado ao hospital (avisar ao 061 ou ao112 como primeira medida) aumenta a probabilidade de supervivencia. Se non se actúa rápido, o infarto pode progresar. E as células do corazón que se destrúen nun infarto son irreparables, aínda que as investigacións con células nai aspiren a reparalas nun futuro. A morte dunha parte do músculo cardíaco pode deixar o corazón fóra de combate, incapaz de bombear suficiente sangue para manter a vida do corpo, e causar a morte da persoa. Non hai ningunha proba que garanta que non imos sufrir un infarto: algunhas persoas teñen un risco máis alto e outras un risco máis baixo, pero ninguén ten un risco cero. Ante todo, debemos evitar aqueles factores que provocan auténticos desastres no organismo: A hipertensión arterial: “a asasina silenciosa”

As graxas: “praceres perigosos” que, a pesar da súa mala fama, teñen unha gran virtude: están deliciosas. O sedentarismo: “cómodo perigo”. O tabaco: está confirmado en moitos estudos que o mellor para deixar de fumar é ter un infarto Carbohidratos: “doces que amargan”. Proteínas: somos carnívoros por vocación. Pode resultar reconfortante recordar que hai toda unha colección de pequenos praceres que axudan a coidar o corazón: un capricho de chocolate, unha copa de viño, un puñado de froitos secos... pequenos praceres ricos en antioxidantes que axudan a limitar os danos dos residuos químicos que o corpo humano xera sen cesar. Nos infartos masivos non hai nada que facer pero, noutros casos, vivir ou morrer depende de se temos acceso ou non a un desfibrilador (aparello que aplica unha descarga ao corazón e restaura a capacidade de latexar no caso de paro cardíaco). Os desfibriladores non son difíciles de utilizar e, a medio prazo, todo o mundo saberá usalos, debendo tamén estar distribuídos en centros comerciais, recintos deportivos, locais de ocio, institutos,... Pero o importante non é vivir moitos anos, o que de verdade importa é vivilos ben. Os estilos de vida saudables e o benestar a longo prazo ( entendido como felicidade) que ten efectos moito máis beneficiosos que o benestar breve ( que designamos como alegría) inflúen na saúde. Debemos estar o mellor informados posible para tomar as decisións oportunas sobre a propia saúde. Ana Pintado Gasalla 19


sociedade

A muller leva moitos anos ocupando un papel inferior ao do home na sociedade. Isto agora inténtase corrixir pouco a pouco, pero aínda non podemos dicir que a desigualdade xa é algo antigo, porque na nosa vida cotiá isto observámolo tódolos días, aínda que non nos deamos de conta moitas veces, xa que nos parece algo normal, pero non o é. Vivimos nunha sociedade machista, na que o home ocupa o papel “fundamental” e principal na vida. Un exemplo de machismo é cando unha muller traballa fóra da casa, e o seu marido tamén. Á hora de chegar á casa, quen nos parece que vai facer a comida, a limpeza, etc.?... A muller. É dicir, as tarefas do fogar aínda están reservadas para o ámbito feminino. Hai homes que tamén as fan pero non é o máis usual. Isto é un tipo de desigualdade, pero hai miles de exemplos nos que se ve que a muller é tratada como inferior ao home. No ámbito social, o mesmo: ata hai moi pouco, que unha muller entrase nun bar ou taberna era unha aberración e un acto de imprudencia e de mala educación. A represión era moi grande. Agora non pasa isto, aínda que para os tempos que corren o machismo xa debía de ser historia. Pero o peor non é iso…o peor son as vítimas de malos tratos por parte do seu home ou compañeiro, as mortes que isto produce, etc. Iso é un tema que me preocupa bastante, e malia as campañas de prevención contra os malos tratos, parece que non conmoven a ninguén, nin se reducen estes. A desigualdade laboral tamén é outro punto importante, non tanto como o dos malos tratos, xa que isto leva a vida de moitas mulleres, pero si moi importante para o día a día e o recoñecemento de traballo a unha mu

20

ller. As mulleres, polo xeral, soen cobrar menos que os homes, ademais en moitos traballos non se admiten mulleres, como ata hai uns anos na construción, albanelaría, etc. Outro tipo de maltrato é no traballo; o acoso que reciben algunhas por parte, case sempre do seu xefe, que se aproveita do seu “mandato” ata para acosar unha pobre muller que só está alí para cumprir co seu traballo e gañar un soldo ás veces miserento. Moitos destes casos non se denuncian, xa que estas mulleres teñen medo a perder o posto e quedar na rúa sen nada, ou ter consecuencias peores. Outro tipo de desigualdade é a desigualdade entre o home e a muller no Terceiro Mundo, que é demasiado forte e impactante. Xa empezando pola prostitución infantil, as numerosas violacións, os baixos e miserentos salarios das mulleres, etc Unha muller, ao igual que un home, nace libre, coa capacidade de elixir o seu camiño e mais a súa vida, sexa de onde sexa, a súa raza, costumes, etc. A liberdade da muller moitas veces é cortada, sobre todo no Terceiro Mundo xa que, se non é o seu pai que lle aprende a que sen o home ela non é nada, é a nai a que lle fai pensar que é unha escrava que debe obedecer ao home e que depende del para todo. Tamén os irmáns varóns, nos que a muller (ou neste caso, a nena) pode ver reflectido o apego que seus pais mostran hacia eles, mentres que a ela lle tocan as migallas deste trato que eles reciben. Ademais disto, fóra da familia, pode ser o seu futuro marido, ao que ela, ao casar se une “ata que a morte os separe” e prometen “amarse e respectarse mutuamente”. O de amarse e respectarse pásase moi por alto, pero o de estar unidos ata que a morte os separe vívese ao pé da letra. Con isto quero dicir que moitas mulleres casadas de todo o mundo que sufrían a mans das súas parellas, o único que lles quedou foi o de morrer asasinadas por eles, logo de soportar unha vida de humillación e maltrato, ou o de acabar elas mesmas coa súa propia vida por non seguir con ese calvario que as atormentaba día tras día na súa triste vida. Moitas mulleres anciás -ás que lles tocou vivir algún destes casos, e puideron aguantalo con paciencia, e afacéndose á rutina de non poder vivir- poden incluso ver normal a vexación que as mulleres sofren a mans dos seus maridos, e incluso chegan a crer que somos seres inferiores ca os varóns e que teremos que aguantar eternamente este suplicio porque estamos sometidas a eles e non somos dignas de ser donas da nosa vida. Na violencia machista podemos observar claramente o reflexo da fraxilidade e inseguridade do home, complexo que manifesta pegándolle ou abusando da muller.


letras galegas 2009

Ramón Piñeiro López naceu en Láncara (Lugo) o 31 de maio de 1915. Foi fillo de Salvador Piñeiro García e Vicenta López Fernández. Estudou o bacharelato en Lugo e no 1931 conseguiu o seu primeiro traballo en Sarria. Este mesmo ano asistiu ao primeiro mitin en galego, un acto que espertou o seu interese na política. En 1932, regresou a Lugo para estudar o bacharelato superior e participou na fundación do partido galego de Mocidades Galeguistas. Logo da Guerra Civil, estuda Filosofía e Letras na Facultade de Santiago, pero en 1942 traslada a matrícula a Madrid. En calquera caso, nunca rematará a carreira. A finais de 1945, Ramón Piñeiro decide tratar co goberno exiliado en Francia e na súa volta a España é detido e condenado a seis anos de prisión dos que unicamente cumprirá tres. Unha vez sae do cárcere, casa con Isabel López en Xixón. Ó pouco, fixa alí a súa residencia. En 1950, foi o primeiro director literario da Editorial Galaxia, e así comezou a publicar libros en galego e sobre asuntos relacionados con Galicia, que tiñan como finalidade concienciar as xeracións máis novas sobre a importancia do galego. O 25 de novembro de 1967, ingresa na RAG. E finalmente, falece en Santiago de Compostela o 27 de agosto de 1990.

Durante o franquismo, determinados ideólogos do galeguismo foron especialmente críticos con Ramón Piñeiro, tratándoo de conservador. Pero Piñeiro resistiu ás críticas e mantivo fixo o seu obxectivo na política, que era: facer que todos os líderes políticos galegos asumiran o galeguismo entre os seus obxectivos funcionais. Proba desta postura política, foron os seus constantes contactos epistolares cos líderes culturais e políticos de todos os partidos que existían na clandestinidade galega e que agromaban comezos de democracia.

Nas primeiras eleccións democráticas, Piñeiro pediu que fose cal fose o resultado das votacións, o partido elixido loitara por Galicia e os seus intereses. Piñeiro formou parte do primeiro Parlamento Autonómico a partir de 1981, xunto con outras destacadas figuras da cultura galega que defendían o pluralismo ideolóxico e a independencia. E, en 1983 foi nomeado primeiro presidente do Consello da Cultura Galega ata a súa morte. Da súa carreira política, o máis salientable é o seu labor de poñente da primeira Lei de Normalización Lingüística de Galicia, da que foi un dos seus auténticos pais.

A obra escrita por Ramón Piñeiro non é moi abundante, e céntrase na filosofía da saudade e na defensa do galego. Algúns exemplos: · A saudade en Rosalía – 1952 · Pra unha filosofía da saudade – 1953 · A lingua, sangue do espíritu – 1959 · Linguaxe e as linguas – 1967 · Olladas no futuro – 1974

Ramón Piñeiro recibiu numerosas homenaxes como: A Medalla Castelao en 1985. O 11 de febreiro de 1993 asínase o decreto polo que se crea un centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, pero o 13 de novembro de 1997 pasou a denominarse Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. E por último, a RAG (Real Academia Galega) decidiu dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2009. Andrea Vilar Álvarez Ana Uría Moreda Diego López Amoedo e Diego Fdez. Seivane

21


literatura

Eran as doce da noite, Fátima dirixíase á cociña para beber un vaso de auga cando, de súpeto: -Ahhhhhhhhhh!!!!!!!!!!!!!!!-séntese un berro arrepiante: foi tan só un segundo, pero era seguro que algo pasara. Ao día seguinte, a nai de Fátima, Xulia, saíu coa intención de ir á casa da súa filla para prepararlle o xantar como facía tódolos días. Xa no interior da casa advertiu de súpeto que algo pasara. Non facía falla ser un detective para darse conta: as contras pechadas, a televisión da habitación acesa, e un montón de cristais tirados polo chan da cociña. Polo que puido observar eran dun vaso. O chan da cociña estaba mollado e, o que era peor, había un rastro de sangue da cociña ata o salón. Asombrada, e sobre todo asustada, Xulia foi ata o salón pensando no que ía atopar. E…, efectivamente, a súa filla fora asasinada!!!!.Xulia non sabía que facer, se chamar á policía, ao seu home, aos veciños..., Á fin decidiuse, e estaba a punto de saír pola porta para avisar a estes últimos cando… -Ahhhhhhhh!!!!!!-era outro berro exactamente igual que o que a Fátima dera aquela mesma noite no seu último segundo de vida, pero esta vez non era ela, senón que era súa nai. O seu home, Fernando Palacio, denunciou a desaparición da súa muller e da súa filla. Despois de poñer a denuncia, volveu ata o piso da rapaza. Primeiro entrou na cociña e non viu nada; despois no salón, tampouco: o asasino limpara todo o escenario do crime, Fernando estábase desesperando, non atopaba ningunha pista que lle puidera axudar a encontrar o paradoiro da súa familia. Estivo apoiado na mesa da cociña un bo cacho pensando, decidiu deitarse a durmir un anaco, e así o fixo. Espertou, durmira un par de horas e tiña fame, así que foi ata a cociña. Nada máis entrar pola porta decatouse de que había algo encima da mesa, era un papel no que se podía ler:

Debiches estar calado e non avisar á policía!!! As letras eran vermellas, parecía que estiveran escritas con sangue, si, era sangue, sangue puro!!!! Fernando estaba asustado, e cometeu o mesmo erro que Xulia, correu avisar aos veciños. Tampouco lle deu tempo, antes de chegar á porta xa se oíu aquel berro arrepiante. Nunca xamais se soubo nada daquela familia, pero o que si que estaba claro é que, a persoa que os matou era todo un asasino.

Laura Gutiérrez Soto Noelia Gómez Pérez Vanessa García López

22


literatura

Decreto da lingua

Sen ninguén Nena sen sorte, Nena desesperada. Non sabía que facer, e non facía nada. Non tiña amigos, non tiña pais, non tiña o amor, que calquera desfai. Xente sen escrúpulos, non lle axudaba, ninguén a adoptaba, a unha nena necesitada. Lara Fernández Dorrego

Sei que a miña terra é única, especial Que a súa alma é sacrificada e vital Sei que algún pintor pintou co seu pincel Todas esas cores sobre a túa pel Mailo meu corazón non latexa con decisión Pero coñezo a razón Por isto e moito máis Eu, a Lingua determino que: Hei facer voar con esplendor as miñas verbas Milagres de tinta sobre alas de papel Hei encher o aire, o sol Os ocos dos vosos libros con paixón Xoaniñas, bolboretas, cogomelos ¡saudade! Vinde, vinde, ¡imos falar con propiedade! ¡Bailade polas liñas sen temor! É a festa da Lingua, da creación ¡que ninguén vos amedrente! Sodes a fala dun pobo, un latexar Grazas a vós, unha forma única de pensar Fuxide demos e trasgos, lóstregos da intolerancia Eu son a Lingua da Esperanza Son a vosa fala Natural A vosa fala Maternal Sementada coas miñas verbas A nosa Cultura ancestral ¡Pintade historias! ¡Escribide imaxes! ¡Multiplicade a miña fermosura! Realizade o meu ser Se eu, a Lingua, vivo. VÓS ¡como podo viviredes! Edén García Veiga

Soa Soa, así me sinto, encerrada na miña escura soidade. Evito chorar, para que ninguén me vexa. Que sinta o pranto, que me desvela. Soa ás escondidas, intento quitar, as enormes espiñas, que o corazón me desfán.

O outono As follas douradas, Os campos sen flores, A primavera marchou, Sen amores me deixou. A noite é máis longa, Coma os meus pantalóns, O ceo é gris, E as almas de ilusións.

Aínda que tola me volva, no meu corpo de cristal, soa ou acompañada, ¡ hei de escapar !

Buscarei novos retos, E novas emocións, Neste outono gris Que separou corazóns.

Lara Fernández Dorrego

Alexandra Bouso Prados 23


entrevistas

Estas eran as palabras coas que Julio Antolín me explicou como se iniciara no deporte. Non se trata só de simple dialéctica, senón dos valores que resumen a súa traxectoria deportiva dende os seus inicios. Aprendeunos en Lugo aos catorce anos, cando marchou a estudar alí. Foi aquí onde deu os seus primeiros pasos no deporte, iniciándose no Clube de piragüísmo C.N.A. Adunado. Palanquinos, na provincia de León, foi a súa vila natal, pero con cinco anos xa estaba vivindo en Galicia, e con dez xa chegara a Ribadeo. Despois de cusar estudos de EXB na cidade romana, marchou a Córdoba para continuar a súa formación. “Como non tiña amigos, procuraba apuntarme a carreiras para coñecer xente. Primeiro carreiras populares, cross, carreiras de orientación, ciclismo...” O certo é que Julio xa tiña saído correr cos seus compañeiros piragüistas polos camiños da nosa provincia. A partir dos trinta anos empezou con carreiras un pouco máis completas: Medias maratóns, carreiras de montaña. Logo viñeron as maratóns, que xa lle esixiron dunha maior preparación. O paso seguinte eran as carreiras de longa distancia. Parecíame imposible que se puideran correr 100km sen parar di Julio. Participou en cinco destas probas, e é aquí onde entrou en contacto con xente que corría ultrafondos (Como o Atacama Crossing), carreiras de máis de 5 días e 250km. “Pensei: se eles poden, seguro que eu tamén, e estou seguro que esta frase aínda esconde algo peor”. Formuleille algunhas preguntas que moi amablemente me respondeu: - Por que elixiches este deporte, que foi o que che chamou del? - Gústame este deporte porque se está en contacto coa natureza, e porque superar as dificultades depende só dun mesmo e non dun equipo. - Cómo te iniciaches no atletismo? A que idade? - Empecei coas carreiras populares, aos catorce anos, máis ou menos. - Comezaches sendo un simple afeccionado ou integrácheste xa en pequenas competicións? - Cando empecei casi non había clubes de atletismo, polo que comecei sendo un máis. - Contaches con compañeiros nos teus inicios ou foi unha carreira en solitario? - Estando en Lugo soia ir correr con outros compañeiros piragüístas. Máis tarde sempre só. - Cal foi a túa mellor carreira? - Non sei se a mellor, pero da que máis me lembro é do meu primeiro maratón. Soamente o rematalo fixo que 24

me sentira vencedor. - A máis dura? - A máis dura esta última (Atacama Crossing), pero na que peor o pasei foi nas cen millas do Himalaia, estiven a punto de abandonar. - Qué sensacións sentes no transcurso das competicións ás que acodes? - Non hai sensacións concretas, procuro disfrutar en cada momento do que fago. - Recibes algún tipo de axuda pública ou financias ti só os teus retos?. - A maior parte dos gastos sufrágoos eu, pero nalgunhas ocasións si que me axudaron tanto o concello de Ribadeo coma a Deputación, e outras persoas amigas. - Custouche conseguir patrocinadores para as competicións?. -Si. Este é un deporte minoritario e con moita menos repercusión nos medios informativos ca outros, polo que conseguir empresas ou organismos oficiais patrocinadores é extremadamente difícil. Isto unido aos custos extremadamente elevados fai que sexa case tan difícil coma correr. - Cómo é o teu adestramento, como adestras para ser un ultrafondista?. - Cando estou preparando algunha proba deste tipo, corro de vinte a trinta km diários. Procuro facelo polo monte, e a ser posible en altura. - Cal foi a túa maior alegría neste deporte?. - Ir superando todos os retos que me propuxen. - Como compaxinas o teu adestramento coa túa vida persoal e co teu traballo?. Absteste de saír denoite, de comer algúns alimentos? - Saio pouco de noite. Procuro comer de todo, pero


entrevistas - Cal é a valoración que fas do Atacama Crossing? - É, sen dúbida, a cousa máis “heavy” que fixen polo momento. - Poderías describir unha rutina normal diaria de adestramento dende que te levantas ata que te deitas? - Adestro case sempre ás 6 da tarde. Visto as zapatillas, recollo á miña cadela Laica e imos ao monte. Normalmente ao Mondigo. - Sufriches algunha lesión durante a túa traxectoria deportiva? - Ata o día de hoxe nunca estiven lesionado e espero que así siga. - Valoras máis a preparación física ou a mental? - Ambas cousas son de suma importancia, aínda que a segunda é máis difícil de conseguir. - Cal é o teu próximo reto? - O próximo reto será completar os catro desertos máis duros do planeta: Gobi, en China; Antártida e Australia. Un por ano.

cando se acerca algunha competición destas adoito facer unha alimentación específica. Adestro todos os días entre dúas e tres horas; e cando non traballo, normalmente dobro o adestramento. - Cómo te propuxeches afrontar o Atacama Crossing? - Souben desta carreira por unha entrevista, e pareceume un reto importante. - Canto tempo necesitaches para preparar esta proba? - Un ano enteiro. - Acompáñate alguén nas túas viaxes e desprazamentos? - Normalmente vou eu só, xa que os gastos son moi elevados.

- Que lles dirías ás persoas que están pensando en iniciarse no deporte? - A min o deporte deume moito na miña vida. Máis que gañar carreiras, fíxome gañar amigos e coñecer xente, outros países e culturas... Ensinoume a valorar moito máis o esforzo deses atletas que non aparecen día a día nas portadas dos xornais. Durante uns minutos puiden compartir con Julio as súas sensacións, preocupacións, ambicións, a súa rutina... Aquí, compañeiros do IES, amósovolas tal e como el mas contou, cousa que todos lle agradecemos. Seica quizais a algún de vós se lle crucen eses cables da mente que dentro do cerebro de Julio fixeron del un gran deportista. Dende logo a Julio quédalle un gran proxecto deportivo por diante. A nós, moitos anos para animarnos e aplicar a fórmula máxica que el aprendeu cando tiña a nosa idade : “Constancia, sufrimento, e a non darse nunca por vencido”. Diego Yáñez Díaz

25


entrevistas

Aínda que naceu na Coruña en 1951 seu pai é natural de Ri-

badeo, vila na que incluso chegou a vivir algúns anos e na que mantén vínculos familiares, José Angel Docobo Durantez é actualmente un dos astrofísicos de maior renome e autoridade mundial no campo da investigación de sistemas de estrelas dobres e múltiples. Continuador da obra de Ramón Maria Aller, convertiu o Observatorio da Universidade de Santiago, do que é o seu Director dende o ano 1983, nun referente internacional de recoñecido prestixio. Desde 1985 é membro da Comisión 26 da Unión Astronómica Internacional (IAU) sendo actualmente o seu Vicepresidente, posto que deixará dentro de moi pouco para facerse cargo da presidencia. A esta mesma comisión xa pertencera Ramón María Aller e nela trátanse tódolos asuntos referentes aos sistemas estelares dobres e múltiples. José Angel Docobo estivo no instituto impartindo unha conferencia sobre a historia da Astronomía ao alumnado de 1º de Bacharelato e aproveitamos para facerlle unha entrevista. Moi amablemente dedicounos o seu tempo respondendo ás nosas preguntas, vaia por diante a nosa gratitude.

- Como lle xurdiu a afección á astronomía? Ben, aínda que sempre me atraeu a astronomía, tivo moita influencia un tío meu, Ángel Docobo, que á súa vez tivera relación con Ramón María Aller. Foi el quen me fixo ver que a astronomía tiña cousas moi interesantes para estudar e foi das persoas que me animou a tomar este camiño. Realmente foi un camiño un pouco difícil porque eu fixen a carreira en Santiago pero para facer o doutoramento en astronomía tíñame que marchar fóra. Estamos a falar de comezos dos anos 70, daquela marchei a Zaragoza onde fixen a tese de doutoramento. Digamos que daquela empezou o meu traballo profesional. - Que evolucións destacaría na astronomía dende que vostede comezou? Dende que me fun a Zaragoza no ano 73...pódese dicir que nesas datas foi cando comezou a eclosión da astronomía en España. Ata entón estaba practicamente reducida ás cátedras que había en España que eran: Madrid, Barcelona, Zaragoza e Santiago; pero á morte de Ramón María Aller, no ano 66, quedou vacante. Había practicamente tres universidades en España nas que se podía facer astronomía e logo estaban os observatorios clásicos que eran o de Madrid e o de San Fernando da Marina. A partir dos anos 70 prodúcese unha revolución tremenda e comezarán a formarse moitísimos máis profesores, doutores e tamén a aparecer ao longo da xeografía española moitos centros de investigación. Nese momento foi cando se creou o Instituto de Astrofísica de Canarias, de Andalucía e o Observatorio de Madrid que derivou o seu traballo de investigación cara á radioastronomía. Co paso do tempo, a día de hoxe, pódese dicir que practicamente en tódalas universidades de España hai un grupo que se dedica á investigación astronómica. A nivel global, a inauguración de grandes centros de astronomía, o telescopio espacial e o acceso a Internet, que foi revolucionario para a astronomía, fixeron que a evolución do coñecemento fora espectacular nas últimas décadas. 26

- Que supuxo a figura de Ramón María Aller para a Astronomía deste país? Qué destacaría da súa vida e da súa obra? Pois iso é moi difícil dicilo en poucos minutos. Na obra e vida de Ramón María Aller eu destacaría moitas cousas, non soamente a faceta científica senón tamén a faceta humana, sobre todo. Hai que pensar que estamos a falar dunha persoa que traballou practicamente illado en Lalín. O seu labor en Lalín foi magnífico ata o ano 1939, onde publicou unha chea de artigos, fixo observacións de moi distinta índole e foi tamén autor dalgunhas obras como “Algoritmia”; un libro de astronomía, “Introducción á Astronomía”; e un libro de divulgación, “Astronomía a Simple Vista”. Foi tamén o introdutor do estudo das estrelas dobres en España e dirixiu cinco teses de doutoramento. Todo isto na España pobre dos anos 40 e 50. Probablemente a día de hoxe, Don Ramón tería feitas moitísimas máis cousas cos medios que temos. Pero en todo caso penso que foi unha das figuras sobranceiras da astronomía española do século XX. - En que proxectos de investigación se está a traballar no Observatorio Astronómico Ramón María Aller? Estamos a traballar, dende hai xa tempo, na liña de investigación que precisamente introduciu Ramón María Aller, de estudo de sistemas dobres e múltiples en xeral; e dende o ano 83 temos desenvolvido preto de 15 proxectos de investigación. Hoxe en día temos xa uns medios importantes de investigación, un telescopio de


entrevistas 62 cm de apertura, que é un dos maiores de España no ámbito universitario, pero tamén temos algúns receptores importantes: acabamos de incorporar hai pouco un espectrógrafo, e sobre todo a cámara EMCCD, que é de primeira liña no mundo para a observación de estrelas dobres, que emprega unha técnica de interferometría coa que se consegue obter o máximo rendemento dun gran telescopio. De maneira que estamos traballando nestas liñas de observación, cálculo de órbitas, masas, distancias a estrelas dobres e tamén estudando propiedades físicas de binarias, sobre todo binarias con compoñentes variables de tipos espectrais tardíos. - Cales son os retos máis ambiciosos que abordan nestes intres os astrónomos? A nivel internacional hai varios retos, un deles é o dos planetas extrasolares. Ata agora, dos máis de 300 descubertos a maioría son planetas xigantes; pero tamén é certo, lóxico e normal que noutras estrelas tamén haxa planetas similares á Terra con capacidade de albergar algún tipo de vida. Nos vindeiros anos ou décadas do que se trata é, cada vez con mellores medios e máis sensibles, detectar o paso dun planeta tipo terrestre por diante dunha estrela. Outra cousa é, loxicamente, contactar cos posibles habitantes deses planetas. Un dos

problemas máis graves que temos en astronomía é o das distancias. Desgraciadamente as estrelas están moi lonxe unhas doutras. Non hai que esquecer que a estrela máis próxima ao Sol está nada menos que a máis de 4 anos luz, e iso é un atranco que eu diría case insalvable. Outro tipo de cuestións máis orientadas cara a cosmoloxía e astrofísica en xeral son o estudo da materia escura, a enerxía escura e as teorías cosmolóxicas. - Como ve a inversión que ten por fin exclusivo a busca de vida noutros planetas? Que opina sobre a posible existencia de vida extraterrestre? Ata hai poucos séculos todo se circunscribía ao Sistema Solar, ao Sol. Primeiramente a Terra era o centro do Universo, logo pasou a ser o Sol. Máis tarde comezaron a descubrirse planetas fóra do noso sistema . Hai que pensar que o fenómeno da vida arredor doutras estrelas é normal. Eu sempre poño o exemplo de que é como dicir que as formigas só viven no meu xardín. Simplemente é unha cuestión de selección, non temos medios de contactar nin de investigar pero estar están aí.

Evidentemente, a posibilidade sempre existe. De feito, no pasado houbo precedentes, non hai máis que ver o gran cráter de Arizona, que foi un impacto tremendo. Tamén se especula que a extinción dos dinosauros se debeu a outro impacto e o fenómeno de Tunguska (do que se cumpriron precisamente 100 anos o pasado ano) co que se demostra que, aínda que é improbable o choque dun obxecto coa Terra, non está descartado. Nese senso, hoxe en día estanse adicando medios para a detección de posibles obxectos potencialmente perigosos que poidan impactar coa Terra. O que non está claro é o que se vai facer cando se saiba que un destes obxectos vai impactar. Fálase da súa destrución, pero pode que iso sexa peor que deixalo vir cara a nós, xa que en vez dun impacto podemos ter 20000 impactos. No cine a solución é destruílos mandando mísiles, pero outra cousa é a realidade. E, desgraciadamente, a realidade sempre vai unida aos cartos. Se hai cartos aínda se poden facer cousas, polo menos algunhas cousas; se non os hai non se pode facer nada. - Os coñecementos sobre Astronomía a nivel popular, que opinión lle merecen? Parécenme ben. De feito as contribucións de astrónomos non profesionais á astronomía moitas veces foron relevantes. A astronomía como ben cultural paréceme ben que todo o mundo teña dereito a practicala. O ceo estrelado é un libro aberto a todo o mundo. É o laboratorio máis democrático de todos. Non hai que chamar a unha porta para poder mirar. Basta con que non haxa nubes e todo o mundo pode mirar cara arriba. Iso é o que fai da astronomía unha ciencia aberta, que está ó alcance de todo o mundo. Por poñer un exemplo, o descubrimento de supernovas é unha práctica que está ao alcance de non profesionais, de feito hai poucos anos en Lugo descubriuse unha. Os profesionais, cando imos a grandes observatorios, imos a tiro fixo; hai un comité que nos dá un tempo para facer determinadas cousas que se aprobaron previamente. Non podes chegar alí e ignorar o teu programa, facer o que queiras. Sen embargo, un “amateur” que ten medios, pode facer o que queira con eles, faltaría máis!. Ademais, loxicamente, hai moitos máis “amateurs” no mundo que profesionais. Quero dicir con isto que me parece moi ben que todo o mundo se dedique á astronomía. De feito, nós en Santiago, á parte da docencia e a investigación, levamos xa moito tempo dedicándonos á divulgación astronómica. Todos os anos temos programas dirixidos ao público en xeral. Ao observatorio veñen grupos de escolares, asociacións e distintos colectivos. Dende hai xa un ano temos un programa chamado “Astronomía itinerante”, no que alguén de nós vai cun telescopio alá onde no lo piden. Temos ido xa a moitísimos sitios bastante espallados por Galicia e a experiencia é moi boa, vemos que hai moito interese, a xente descobre cousas que están aí pero que ninguén lles mostrara. Ao ver os aneis de Saturno, os satélites de Xúpiter ou os cráteres da Lúa descobren que hai moitas máis cousas distintas ás

- É real o risco da extinción da vida na Terra por mor do choque dun asteroide ou cometa? 27


entrevistas que habitualmente poden ler na prensa de política ou de fútbol, cousas da vida e da ciencia que poden interesar á xente. Hoxe en día calquera ten medios para achegarse á astronomía. Afortunadamente non é como na época de Ramón María Aller que cando publicou o libro “Astronomía a Simple Vista” practicamente era a única obra de divulgación que había en España. Hoxe en día, con programas de televisión e libros, quen teña un mínimo de interese pode achegarse. Por outra banda, os centros de investigación e observatorios estamos facendo un esforzo importante en abrir as portas para que a xente poida coñecernos. Nese sentido penso que a situación cambiou bastante. - Se algún de nós quixese estudar astronomía aquí en Galicia, que lle recomendaría facer?. Aquí en Galicia non hai a especialidade de astronomía nin de astrofísica. Aínda que a Astronomía tende a asociarse coa física, cousa que é lóxica, tamén hai unha parte que ten moito que ver coas matemáticas; polo tanto, ata agora había dous camiños: estudar física ou matemáticas e combinar co estudio de materias como astronomía xeral ou mecánica celeste. Lamentablemente as cousas van cambiar xa que chegan os graos que son compartimentos máis estancos, incluso as materias de libre elección van desaparecer, o que penso que é un erro tremendo porque enriquecían moito á xente. De feito nós, á parte dos programas de divulgación abertos ao público, temos un programa chamado Programa de Extensión Cultural de Astronomía (PECAS) no que están a participar cada ano 400 persoas das distintas facultades da Universidade de Santiago, incluso profesores e persoal da administración e servizos. Agora asistimos a cousas bastante raras, por exemplo en matemáticas hai que estudar bioloxía e química en primeiro e, sen embargo, mecánica celeste non se vai poder estudar. Supoño que son cousas pendulares e que dentro de dez anos volveremos outra vez ao mesmo. Polo tanto, resumindo, hai dúas posibilidades: estudar física ou matemáticas. En todo caso, se un quere ter a especialidade en astronomía ou astrofísica ten que desprazarse a outra universidade, aínda que é posible facer a tese de doutoramento aquí en Galicia.

- As observacións nocturnas permítenlle unha actividade diúrna normal? Nin as observacións nocturnas nin os problemas diúrnos. Eu adoito dicir que hoxe en día o astrónomo, ademais de mirar para arriba, ten que mirar para adiante e sobre todo mirar para atrás. Quero dicir con isto que hai que estar a todo. Efectivamente cada un ten que dedicarse ao seu e as observacións astronómicas hai que facelas pola noite, excepto a solar. Nun centro coma o noso, que é un centro universitario, temos obrigacións de moi distinta índole; eu, concretamente, de investigación, docencia, xestión, observación, divulgación, etc... - A que dedica un astrónomo o seu tempo libre? No meu caso en concreto gústame moito o deporte, o sendeirismo, estar en espazos libres, saír cos meus cans de paseo polo monte. Agora mesmo son presidente dun club de baloncesto, de forma ocasional, xa que nunca se me ocorrera. Fíxenme cargo do Obradoiro cando estaba nunhas condicións moi difíciles, nun momento en que se lle fixo unha inxustiza tremenda, e pensei que valía a pena loitar por iso; e ao final, despois de dezaoito anos, a xustiza deunos a razón, e agora estamos cun pé na ACB. En fin, é outro reto máis na vida. - Coñecendo tan ben o ceo de seguro que ten un recuncho favorito, constelación, estrela, nebulosa ... Aínda que é un pouco poético as estrelas máis favoritas probablemente non se vexan a simple vista. Moitas das estrelas que nós investigamos son só telescópicas, obxectos moi débiles. Do que podemos ver a simple vista penso que “as xoias da coroa” son, evidentemente, Saturno, Xúpiter e a Lúa, probablemente os obxectos máis bonitos de observar co telescopio. Xa dentro das constelacións, probablemente sexa Orión e o seu entorno o mais destacable. Laura Piñeiro Rouco Gonzalo Peña Ares

28


entrevistas

-Ola Miguel. Gustaríanos saber como foron os teus comezos no remo; e por que te dedicas a iso. -Empecei a remar cos amigos do colexio. Nun principio era como un hobby, un deporte onde pasabamos o tempo , pero pouco a pouco funme atopando máis a gusto e converteuse na miña gran afección. Adícome a isto porque é o que máis me enche. -Que é o que máis e o que menos che gusta da túa profesión? -O que menos me gusta é que non é unha profesión, xa que á parte de remar teño que traballar; aínda que a as condicións que nos ofrecen no mundo do remo melloraron, non son suficientes para poder vivir. O que máis me gusta é competir e pórme a proba a min mesmo.

-Si boto de menos o meu pobo. Sobre todo a familia e amigos. Os principios sempre son duros, pero cando queres conseguir algo sempre costa. Agora síntome orgulloso da decisión que tomei, da miña traxectoria e da miña situación actual. -Como foi o teu paso pola selección española de remo? -Foi un gran soño o estar alí. Conseguín participar en dous campionatos do mundo. A miña seguinte meta era participar nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004, pero

-Botas de menos algo da túa vida anterior a remar ou non cambiaron moito as cousas neste aspecto? -Todo o contrario. A miña vida foi diferente desde que me inclinei polo mundo do remo, xa que a partir desta decisión a miña vida foi collendo outro rumbo. -Cales son os teus premios mais destacados? A cal lle tes máis aprezo? Por que? -Primeiro, quixera dividir a miña traxectoria deportiva en dúas modalidades. Por unha banda está a traxectoria no mundo do banco móbil, onde teño varios campionatos de España e a participación en dous campionatos do mundo. Pero gardo un gran aprezo á miña primeira medalla de ouro no campionato de España (sendo infantil) co club de remo Ribadeo. A outra modalidade é a do banco fixo, onde actualmente compito. Os trunfos que máis aprecio son as dúas Cunchas que teño. -Como compaxinas o feito de remar e a túa vida cotiá? Como é o teu horario? -Teño unha vida moi atarefada. Levántome ás 7.00h e até as 17.00h non paro de traballar, quitando a hora para comer. Tras a xornada laboral, collo a mochila e vou adestrar unhas tres horas. Dado que Bermeo queda un pouco lonxe de onde vivo, alárgaseme moito debido aos desprazamentos. Pero con boa organización, ganas e motivación lévase ben. -Hai tempo fúcheste da túa terra natal, bótala moito de menos? Por riba, eras moi novo cando te fuches, afectouche moito?

vendo a situación que había na selección e as discrepancias que tiña co corpo técnico, decidín abandonar a selección, xa que non vía bo futuro. -Como ves o futuro do remo? Deberíase potenciar máis? -Cada ano vexo menos futuro no remo xa que nos utilizan ao son dos intereses dalgúns, sen que os remeiros teñamos nin voz nin voto. Creo que o remo se debería potenciar máis dende as categorías inferiores, para que chegaran ás categorias superiores coas portas máis abertas e máis opcións. -Que proxectos tes en mente? -Neste momento estou metido de cheo no campionato de España de bateis que se vai celebrar proximamente en Santander. Tras isto, continuaremos co adestramento pertinente para preparar a liga ACT e a bandeira da Concha coa traiñeira de Urdaibai. -Á parte deste deporte, que outras cousas che gustan facer? -Encántame a bicicleta, e en canto podo aproveito. Edén García Veiga. Marta Millares Mera. 29


entrevistas

técnico de escena e rematando por guionista. Que é o que máis che gusta? Como te sentes mellor? Cal foi a experiencia que recordas con máis cariño? A verdade é que me sinto cómodo con calquera aspecto cinematográfico ou televisivo. Os actores temos que realizar moitos cursos e formarnos moito xa que non podemos estar moito tempo parados e por iso mesmo fixen ese curso. Guionista e técnico de escena está moi ben para perfeccionar o que ven sendo o “actuar”, porque cambia completamente a perspectiva e apréndese moito máis. Quizais o que recorde con máis cariño foi cando dixen na miña casa o de “Mamá, quero ser actor”. Ninguén o tomou como algo serio xa que todo o mundo dicía que me formase e logo xa veriamos. A única que me apoiou moito dende o principio foi a miña avoa, por desgraza xa non está aquí pero gustaríame moito que me chegase a ver.

Ola, bos días. Que tal? Estamos encantadas de

facerche esta enquisa para o noso xornal escolar. De nada. Encantado estou eu de estar con vós e participar na vosa revista. Gustaríanos saber exactamente como foron os teus comezos e de onde saíu o teu interese polo cine. Un bo día tiven que interpretar un papel nunha obra de teatro do meu instituto. Nun principio o meu era un papel secundario, pero sempre corrixía ao rapaz que facía de protagonista, entón a miña profesora deuse de conta e mandoume probar como “prota”. Gusteille e fun o protagonista. Memorizara toda a obra. A miña nai na casa alucinaba comigo porque eu era un rapaz a quen non lle gustaba nada estudar. Ao final fíxeno bastante ben porque moita xente me veu ver e felicitoume. Estiven moi orgulloso de min mesmo. A raíz de aí viñeron os “casting” e sucesivas aparicións “pequenas” ata chegar a facer películas ou a serie Libro de familia. Chócannos as moitas facetas que tes: dende un curso de Comedia chamada Dell’ Arte pasando por

30

Como foi o teu traballo na publicidade? E en Luar con Trotacontos? A publicidade quizais non me gustou moito, a pesar de que marcas moi importantes ofrecéronme ser a súa imaxe e pagábanme moi ben, pero non quero ser coma Coronado, con todo o meu respecto. Non me quero “encasillar”. De Luar teño moi bo recordo e teño bastantes amigos daquela época. Tratáronme moi ben. Foi unha experiencia coa que aprendín moito, pero era algo estresante xa que era directo e todo tiña que ir perfecto. Chámanos moito a atención o teu curso de Maxia Cómica, pódesnos falar del? Como xa dixen antes, temos que facer moitos cursos e o de Maxia Cómica gustoume porque os bos magos saben comunicar perfectamente coas mans e coas expresións da cara sen ter que falar, e iso é algo moi útil para os actores. Como foi traballar con Eva Hache? Foi moi satisfactorio. Estabamos nun curso xuntos e recordo que eramos moitísimos, pero ao final debemos quedar uns cinco para expoñer a nosa pequena obra nun escenario perante un público bastante numeroso. Lembro que eu fun un deles; e ó rematar, ela veu xunto de min darme a noraboa. Foi moi amable.


entrevistas E en Pratos Combinados? Agora unha actriz desa serie está obtendo moito éxito, gustaríache chegar algún día a ser tan admirado ou daríache reparo? Si, incluso estiven o outro día falando con ela, é moi agradable e humilde María Castro. Gustoume moito a miña experiencia na televisión en Pratos Combinados, penso que é unha das máis míticas de Galicia. A min a verdade é que, máis que polo físico ou por alguna “exclusiva” que fan moitos famosos para darse a coñecer, gustaríame ser coñecido pola miña faceta como actor; se é por iso non me molestaría para nada e levaríao o mellor que puidese. É moi laborioso e tamén custoso o teu proxecto de Clareta Coqueta, como o definirías? De onde sae a idea? Fíxeno cunha compañeira. Encargámonos a medias de todas as cousas a realizar. Baséase en abastecer as películas de vestiario. Considero que é unha idea moi orixinal e que está tendo moi boa saída.

co que se oían eran os meus dentes,pois ninguén sabía que onde viña ese ruído e ata que o atopamos pasou moito tempo, jeje. É unha película ambientada en Galicia. Céntrase na vida de tres rapaces que acaban de examinarse da selectividade e nese verán resólvense algunhas das súas dúbidas: a onde ir estudar; o triángulo amoroso que forman os tres e como se acaba resolvendo; e principalmente, o soño do personaxe que eu protagonizo: crear unha gandeiría ecolóxica. A persecución destes tres puntos sería a súa trama principal. Recomendaría vela porque penso que todo o mundo se pode ver reflectido xa que hai persoaxes de todas as idades, dende adolescentes coma vós, ata os vosos avós, pasando polos vosos pais. O tema amoroso é común a todo o mundo; penso que a moita xente lle sucedeu e… quen non persegue un soño? (Sorrí).

Fálanos da túa curtametraxe premiada en Irún, Adeus Edrada. Fíxena nunha vila na que a día de hoxe só quedan dúas persoas e un can. Trata sobre unha aldea tranquila que se trastorna levemente pola morte dun dos seus habitantes e todos pensan na Santa Compaña. Todo dende o punto de vista dun neno. Creo que é moi especial xa que se centra moito na Galicia de sempre mesturándoo con elementos lendarios como é a Santa Compaña. Merece a pena vela e penso que nos vai recordar moito a nós mesmos e as nosas raíces. Centrándonos en Pradolongo, como foi a experiencia da rodaxe? Cóntalle á xente que non viu a película de que vai e por que llela recomendarías ver. A experiencia a verdade é que foi moi bonita, aínda que foron moitas horas de rodaxe e a unhas condicións bastante duras. Por exemplo na escena na que vou montando a cabalo case me mato, pero non podiamos parar de rodar porque senón iriamos moi mal de tempo; ou por exemplo na do lago: Tamara é hidrofóbica e déronlle dous ataques na auga, polo que tivemos que rodar esa escena moitas veces e cansaba moito; ou a escena na que lle paso a ra, tívemola que gravar moitas veces porque eu tiritaba e o úni-

Fálanos do teu personaxe, tes algo común con el? En que te baseaches á hora de interpretalo? Martiño é un rapaz dos que eu creo que aínda quedan. É un pouco estraño que un rapaz persiga o soño que Martiño ten nesta película, pero eu coñezo rapaces coma Martiño que queren quedar cos seus pais na aldea, que queren continuar coa gandaría, ou sexa, outro tipo de traballo. Martiño é un rapaz extravertido e tímido á vez, que ao final ... vaia ... ten unha personalidade moi súa. Realmente para interpretar a Martiño baseeime na ilusión que eu tiña ao principio e sigo tendo: adicarme ao que me adico: á interpretación, porque el persegue un soño durante a película que é montar a súa gandaría ecolóxica, e eu levo moitísimo tempo querendo adicarme ao mundo da interpretación traballando moito, facendo cursos, informándome; iso é o que vexo de parecido con Martiño. É un personaxe agradecido. É curioso que cando acabo de interpretar un personaxe e quero volver a pensar coma el non me sae. Acabo de rodar e digo: “jo … como era Martiño?” Porque claro, dádevos conta de que cando interpeto un personaxe non podo pensar como penso eu, teño que pensar como pensa el, teño que moverme como se move el, teño que facer o que fai el … vaia, ese é o noso traballo. Para min foi unha experiencia moi bonita interpretar ese personaxe. 31


entrevistas A película trata da amizade de tres rapaces, ti cres que é facil romper os vínculos ao longo do tempo, sobre todo na túa profesión? Na miña profesión é fácil manter os vínculos porque en Galicia somos moi poucos, así que nos relacionamos todos. Paréceme máis difícil manter os vínculos na historia que se conta na película, e vós sabédelo que estades nesas idades: cando tes tres ou catro amigos e un vaise estudar a Santiago, outro a Barcelona, outro a outro lado realmente é cando si aparecen as distancias. Eu aconséllovos que non perdades os vínculos que tedes agora porque os da infancia e os que se crean no instituto son distintos, xa que aquí convívese dunha forma, coma en Pradolongo; despois, na universidade cada un sabe do seu “rollo”. Nalgún momento da vosa vida, cando teñades cinco ou dez anos máis, e volvades a ver Pradolongo, viranvos recordos deses anos. Eu agora penso: “Jo, ese verán na aldea e tal…”, que agora xa non hai.

Na película tamén se trata o respecto á naturaza e ao entorno, ti cres que iso inflúe ou pode darse xunto aos intereses económicos das persoas? Vemos como na película é incompatible porque cando lles presentan aos outros tal cantidade de cartos din: “carafio..”. É complicado… pero que pasa? que unha película coma Pradolongo débenos valer para ter conciencia de que a natureza é algo que temos aí e hai que tratala dalgunha forma. Eu sei que dunha montaña que se explota só se aproveita o 1% de lousa. O que quero dicir con isto é que agora hai empresas novas que reciclan todos eses desperdicios de lousa, que antes ían para entullo acumulado nos montes. Temos que pensar que a natureza é algo que nos dá moitas cousas. Aquí tedes unha paisaxe impresionante: a praia das Catearais… Eu cando vin a Ribadeo “flipaba” mirando para toda a riqueza natural que tedes. Causoume moita sensación xa que eu son de aldea, pero do interior. Cando vin aquí interpretar “A Raíña de beleza de Leenane” chamoume a atención unha imaxe que antes nunca vira: nun monte había dúas vacas e ao fondo o mar, e causoume tal sensación…que parei o coche porque eu relacionaba as vacas co monte, pero vacas co mar non. Chamoume a atención ver esas dúas vertentes. Tedes que estar orgullosos da paisaxe que tedes, que realmente é moi bonita. Fálanos algo de ti mesmo, de como es ou como pasas o tempo libre, como é a túa vida normal qui32

tando a faceta de actor. Eu vivo en Santiago. Fago moito deporte: gústame o fútbol e tamén monto a cabalo. Teño unha sobriña de tres anos que é a miña paixón. Os meus pais viven na aldea, en Riós, e tamén me acerco ata alí. No día a día vexo moito cine. Procuro estar en varios proxectos. Non podo parar porque son unha persoa imperativa; se paro empezo a pensar cousas malas, por isome gusta estar pensando: “ un corto, mañá unha peli…”. Cando non me saen proxectos porque non me chaman ou non se están rodando moitos nese momento gústame ter os meus propios. Agora hai un periplo que imos facer con Adeus Edrada por todos os institutos de Galicia, presentando o conto e despois un pequeno curso de teatro; supoño que tamén viremos aquí, así que vou falar cos vosos profesores. Poderíasnos contar algún proxecto de futuro? Si. Teño o de Matalobos que se estreará a finais de setembro. Vou ser un cabrón, xa vos aviso. Trátase dun rapaz de vinte anos que está metido na droga e intenta meter tamén a unha rapaza máis nova. Tamén se vai estrear agora a curta que dirixín en 2008. E de cara ao verán teño unha película apalabrada. Pregunta obrigada, que opinas da lingua galega? Que trato se lle está a dar? Hai moito rexeitamento aínda. A lingua ten que loitar contra “ Jo , que rollo, está en gallego”. Eu creo que ese é un problema que xa vén da forma de ser que temos os galegos porque, por exemplo, ti entras na bodega dun andaluz e véndeche as baldosas….”Esto, esto es lo que mejor hai en el mundo, esto, mira que valor”(imitando a un andaluz); e ti entras na bodega dun paisano galego e diche: “ A ver se che gusta ese xamón, é deste ano pero..está un pouco… e que non sei como fixemos así… e…! Temos que romper con iso, que temos unha cultura moi rica, temos que ser máis “si” ou “non”, máis claros, máis de dicir que cando unha cousa está ben pois está ben. E iso empeza por falar o idioma que temos. Non estou en contra do castelán, pero si estou a favor da nosa lingua. A min se me falas en castelán, fáloche en castelán; se me falas en galego, pois fáloche en galego…que eu non son destes que din “ galego, galego, nacionalismo, nacionalismo…”, pero iso non quere dicir que o galego se pare de falar. É unha riqueza que nós, os nosos fillos, … teñamos dous idiomas. Quédanos moitísimo que facer pola lingua galega, matar moitos prexuízos e iso ten que empezar nas aulas: que se fale máis o galego, que se fale o castelán tamén pero que non haxa ese rexeitamento con: “ ¡Ah!, yo gallegadas las mínimas”, “ Buf, la televisión de Galicia? pero para que la voy a ver”, “ ¡Ay, en gallego, que rollo, Dios mio!”. Porque imaxínate un rapaz catalán dicindo :“Jo,el catalán… ¡que asco!” ou un madrileño dicindo: “¡Jo, el castellano…!” Nin se lle ocorre ir contra o seu idioma, porque é o seu idioma e teno que falar. E nós temos a riqueza e a sorte de ter dous idiomas, así que eu anímovos a que faledes en galego e en castelán. Que lle dirías á xente que quere adicarse ao cine? Pois primeiro que lle guste a profesión, que se forme, que non busque a fama pola fama, que saiba que é unha profesión dura e que non vai ser todo “cachaplao”. (Eu teño amigos que seguen esperando, levan cinco anos como mínimo detrás da primeira chamada). E que unha vez dentro se formen continuamente. Edén García Veiga Carlota Díaz Pérez Marta Millares Mera


entrevistas

A súa profesión é vocacional? Non , non foi vocacional. Fixen esa carreira, pero supúxome certa dificultade vencer a timidez á hora de impartir clase. Esta profesión non me resultou pracenteira e satisfactoria , pero pouco a pouco funme acostumando. Tal e como está educada hoxe a xente nova pola sociedade, a profesión resulta dura e decepcionante. Cales lle parecen os aspectos positivos e negativos da súa experiencia laboral? Resúltame realmente difícil atopar algún aspecto positivo. Procurei facer aquilo que me ditaba a conciencia. Os resultados son máis que discutibles e terán que xulgalos os demais. E negativos posiblemente poden ser todos os restantes. A mellor e a peor lembranza da súa carreira profesional. Ao igual que a resposta anterior, resúltame difícil atopar un mellor recordo… pero entendo que se tivese que elixir destacaría a convivencia sempre enriquecedora cos meus compañeiros. Recordos peores creo que non teño. A memoria é fráxil e selectiva, e sempre se queda un coas mellores lembranzas e esquécese de todo o demais. Tamén lembro con cariño moitas das risas que botei cos meus alumnos pero sinceramente non teño ningunha lembranza especialmente alegre, nin triste. Antes de comezar con esta entrevista e, ó ser profesor de lingua castelá: importaríalle contestar as preguntas en galego? En caso negativo: permitiríamos traducir as súas respostas a esta lingua? Non me importa porque pretendo ser unha persoa tolerante, pero considero que nesta comunidade hai dous idiomas recoñecidos , como son o galego e o castelán, e non quixera que se marxine a ningún. Que estudou? A que se debeu esta elección? T Todo comezou cando facía o bacharelato na Coruña. Ao acabar esta etapa , non me inclinara especialmente por ningunha profesión ,pero como a maioría dos meus compañeiros se decidiron por unha licenciatura, eu, tamén. Ademais, meu pai foi mestre e recomendoume que non estudase para docente, xa que era un traballo pouco recoñecido social e economicamente. Pero eu ,non fixen caso aos seus consellos. Dos estudos que levou a cabo: gústalle máis a parte lingüística , filolóxica ou literaria? As dúas partes que máis me gustan son a lingüística e a filolóxica, destacando especialmente entre estas a parte filolóxica. A literatura tamén me gusta, pero para pracer persoal e moito menos para tratar de explicar aos alumnos.

En que outros centros traballou? Estiven en Foz, no Dionisio Gamallo Fierros, a parte deste centro. En Foz traballei cando era máis novo e téñolle bos recordos. En 1994 cheguei ao IES Porta da Auga , no que estiven especialmente a gusto. Cal foi, para vostede, o curso máis complicado? Se vos son sincero, o curso máis complicado foi 2º ESO B. En todo este ano non fun capaz, case nunca, de facerlles calar e comportarse como é debido; cada un fai o que quere. Nesta clase hai que dicir que, ante todo, hai xente moi boa e educada, pero esta é unha minoría. Sempre deu a mesma materia? Non. Nos meus inicios comecei como profesor de galego cando esta materia aínda era optativa en Galicia. Tamén impartín clases de francés. Gústanme todas as linguas. Se non puidera impartir a súa materia, que outra lle gustaría ensinar? Pois si tivera que elixir outra, sen dúbida algunha sería historia. Atopa diferenzas entre o alumnado de agora e o de tempos anteriores? Esta é unha pregunta tópica. As diferenzas son abismais. A xente antes era moi educada e respectuosa e sabía comportarse. Agora, a boa educación brilla pola súa ausencia. Pero creo que isto se debe a algo que está 33


entrevistas nun ambiente e de aí esténdese a todos os demais. Podería relatarnos algunha anécdota relevante cos seus alumnos? Creo que non teño ningunha anécdota especialmente viva. Seguro que unha das que máis recordo é a dun alumnos do Gamallo. Este quería copiar sempre nos exames e levaba “chuletas” escondidas nos zapatos, debaixo da mesa, etc. Era un exemplo de persistencia en “chuletear” e aprobar. Como é obvio; suspendía sempre. Apóiao a súa familia nesta decisión de xubilarse? Sen dúbida. É unha decisión meditada.Eu xa teño os meus anos e creo que o correcto é deixar paso as novas xeracións. A que vai dedicar o seu tempo de lecer? Non o teño claro. Pero gustaríame, sobre todo, dedicar o meu tempo á lectura e a viaxar, que é algo que me apaixona. Dedicareino tamén a esquecerme deses alumnos de 2º ESO B que acabaron con a miña paciencia. Estrañará ós alumnos?. Faranos algunha visita? Si, son 30 anos no ensino… máis de media vida. Estrañarei esta parte da miña vida, é como unha despedida (sempre triste). Emocióname. Non quero ningunha homenaxe… sería insoportable. Pero definitivamente,

34

estrañarei tanto aos meus compañeiros, como ao alumnado con moito cariño. Un último chiste Chistes non recordo. A miña memoria, como xa dixen anteriormente, é fráxil. Se me contasen un chiste na clase, cando saíse pola porta xa non me acordaría.

Lorena Vidarte García Montse Fernández Díaz


música

Non está de máis coñecer as raíces da nosa música, da nosa cultura. Antes de nada hai que comentar que moitas persoas confunden o termo Rap co de Hip hop. O Rap forma parte do Hip hop; o Hip hop é a cultura enteira, todo o movemento, composta pola música, o baile e a arte. O rap (xunto co DJ) é a parte musical do Hip hop, polo tanto non é do todo correcto a frase de “Eu escoito Hip hop”, é Rap o que se escoita. Unha vez aclarado isto comezamos coa parte musical desta cultura denominada Hip hop. O Rap, a parte sonora, prodúcea o termo denominado MC e o DJ. O MC, siglas que significan “Mestre de Cerimonias”, provén da entidade relixiosa, o pai é o Mestre de Cerimonias e é “o que fala”, na cultura do Hip hop é o encargado de rapear. Moitas veces denominábase “música de negros” xa que en Estados Unidos os traballadores de cor desconformes rapeaban os seus problemas para así intentar superalo. O MC produce rimas sobre un tema en concreto encima dunha base musical realizada por un DJ. O “Disc Jockey” empeza a finais de 1970 co fenómeno do Turntablism: tratábase de música da rúa, diferentes estilos pero sempre na rúa, gratuitamente e co DJ cos seus pratos. Clive Campbell, máis coñecido como Kool DJ Herc, foi un xamaicano pioneiro no fenómeno do Turntablism. Kool DJ Herc mudouse a Nova York a finais dos 60 e levou con el a tradición xamaicana do Toasting: improvisar rimas sobre seccións instrumentais de discos de reggae. Non hai que dar menos importancia ao DJ que descubriu o termo denominado Scratch, usado en case todos os grupos de Hip hop. Este fenómeno foi descuberto por Grand Wizard Theodore. Seguimos coa cultura Hip hop. Toda música ten o seu baile, os seus movementos, nesta cultura o baile que acompaña a música Rap é o que leva o nome de Breakdance. Este tipo de baile acrobático desenvolveuno James Brown en 1969 coa canción Get on the Good Foot. Nesa época o Breakdance non era o mesmo ca o que é hoxe en día, non había tantos movementos de chan, pero parecía imposible a velocidade que podían adquirir as pernas dun breaker desa época e a de movementos complexos que podía desenvolver, era o chamado Floor Rock. Este estilo mantívose ata máis ou menos 1977; logo, a principios dos anos 80, formouse Rock Steady Crew: un novo grupo de Break cun ritmo que impresionaba, xa non só traballaban

co Floor Rock de James Brown senón que tamén incluían os actuais movementos de xiros de cabeza e demais movementos do chan. Xa temos a cultura do Hip hop case completa, a música e o baile; pero quédanos falar sobre a arte: nesta cultura o termo “Graffiti” chéganos de Italia, pero os seus inicios remóntase a tempos inmemoriais, sen dúbida co fin dunha comunicación visual. Esta comunicación usarase máis adiante como protesta contra a política ou calquera outra entidade coa que o pobo non estivera plenamente de acordo. O fenómeno de protesta utilizando a vía visual e as pintadas nas paredes comeza durante a época de 1965-1970. Xusto despois, en Filadelfia, aparecen os graffitis que hoxe en día coñecemos todos, alcumes e nomes con distintas formas e cores facendo dunha triste parede unha obra de arte coa que chamar a atención. Inicialmente comezouse co fenómeno denominado Tag, tratábase de asinar o alcume ou o nome na parede sen máis; logo isto foi evolucionando e as letras deses Tags comezaron a ser máis grandes, con máis cores, distintas formas, pero cada escritor co seu propio estilo. Normalmente polas rúas vemos o graffiti en si, con miles de cores e a súa Tag, a sinatura do autor. Que sería desas longas viaxes sen o pracer visual que nos proporcionan estes artistas urbanos? Aínda así, a pesar de ser unha cultura como calquera outra, o hip hop non se valora como se debería. Iris Berdeal Díaz

35


música

1992 foi un ao para recordar por moitos motivos: a celebración dos XXOO en Barcelona, tivo lugar a Exposición Universal de Sevilla, inaugurouse o primeiro ferrocarril de alta velocidade no noso país... Musicalmente falando, os ecos de “Nevermind” de Nirvana seguían impoñendo o grunge como tendencia predominante, mentres que Guns n’Roses erixiranse como reis indiscutibles do rock en todo o mundo cos seus dous últimos volumes do “Use your iIlusion”. No noso país, Barricada e Extremoduro eran as dúas bandas punteiras do noso rock, nun momento no que os gloriosos anos que supuxeron os 80 para o xénero en España deran paso a un período de decadencia creativa e inestabilidade musical.É precisamente ese ano no que Niko del Hierro (Niko) e Jerónimo Ramiro (Jero) fundaron Saratoga. Este é, precisamente, o feito polo que moitos nunca esqueceremos ese ano... Con todo, a historia vén de varios anos atrás, pois foi en xuño do 88 cando Niko e Jero se viron por primeira vez, cando o destino os conduciu a atoparse no aparcadoiro dunha nave industrial de Leganés, lugar a onde adoitaban acudir os membros lexendarios de Ñu a ensaiar. Niko acabábase de incorporar ao grupo e Jero xa era o seu guitarrista por aquel entón, época na que cementaron pouco a pouco as bases do que sería unha futura gran amizade. Nestes anos ambos músicos non deixaban de darlle voltas á idea de formar un grupo xuntos que lles axudase a exteriorizar as súas inquietudes musicais. De feito, chegarían a gravar unha maqueta, con Niko como cantante, que pese a todo non acabaría por convencelos polo estilo que plasmaran nela. As súas ilusións non se chegaron a materializar naquel momento e Niko decidiu cambiar de aires deixando o grupo para pasar a formar parte dos míticos Barón Rojo, cos que gravou o álbum Desafío”.Pola súa banda, Jero seguiría algún tempo máis en Ñu, ata novembro do 91, momento no que participou por última vez (oficialmente) nun concerto en Madrid. 36

No verán do 92, unha vez que Niko xa non formaba parte de Barón Rojo, os dous ex compañeiros coincidiron nas festas estivais de Chillón (Cidade Real) onde pasaron a noite tratando de chegar a un acordo con respecto ao seu proxecto. Pero non sería ata un mes máis tarde cando, na casa dos pais de Niko, se comprometeron a dar o grande paso... ¡sen ter en conta ao resto dos músicos da banda!.


música O primeiro que fixeron, o 24 de setembro dese mesmo ano (día do aniversario de Jero) foi contratar un local de ensaio no barrio de Vallecas: “A Factoría”. Con todo necesitaban con urxencia un batería e un cantante para consolidar o grupo. Para o posto de batería non dubidaron en chamar ao Rockservatorio (onde Jero traballou como profesor) para poñerse en contacto con Marcos Parra, músico que empezaba a ser coñecido nos locais de ensaio e academias e do que Jero gardaba un bo recordo. Deste xeito, malia que non tiñan cuberto o posto de cantante, comezaron a ensaiar temas que chegarían a gravar anos despois: “Ojo por ojo”, “Salvaje”, “Ningún precio por la paz”. O trío funcionaba ben e, aínda que o batería era moi bo, non estaba dedicando á banda todo o que aquel incipiente proxecto esixía, motivo polo cal se produciu a súa partida. As ilusións de Niko e Jero por seguir adiante non se viron mermadas e seguiron coa súa idea orixinal de incorporar, ademais dun novo batería, un cantante solista para o grupo. Paco Ventura, guitarrista de Medina Azahara, recomendoulles que desen unha oportunidade a Joaquín Arellano (o “Neno”). O batería formaba parte, por aquel entón, dos soados Muro. A idea callou e finalmente foi elixido.

a gañar o premio ao Mellor Grupo Revelación en Disco Cross.

Doutra banda, os clásicos das ondas do heavy metal comezaron a anunciar con frecuencia que se buscaba cantante para un novo grupo de rock. Tras un proceso de selección, Antonio Domínguez (“Tony”) sería elixido primeiro cantante oficial de Saratoga.

Con todo, a edición deste traballo puxo de manifesto o distanciamento crecente de Fortu respecto ao resto da banda debido ás súas ocupacións persoais. As dispares necesidades duns e outros membros da banda chegaron a ser tan patentes que a situación desembocou na partida do excantante de Obús no preciso momento no que se deu por terminada a edición do novo disco.

Co grupo xa formado, só faltaba outra cousa primordial: o nome da banda. Chegaron á proposta orixinal de Jero: “Clan Saratoga”. Con todo, ao mesmo non o acababa de convencer, polo que finalmente decidiron deixalo en “Saratoga’, a secas.

A súa música era cada vez máis coñecida nos circuítos habituais do rock, e ademais, o seu directo foi potente desde aqueles primeiros anos, o cal desembocou nunha consecuencia lóxica: a firma do primeiro contrato discográfico en decembro de 1994. A compañía que os fichou foi Avispa (actualmente segue sendo a súa discográfica) a lexendaria compañía independente dentro do heavy metal nacional. Así, en outubro do 95, saíu á luz “Saratoga”, o primeiro disco da banda. Aquel disco aínda non se achegaba do todo ao estilo que Niko e Jero querían plasmar nas súas cancións. Por esas datas, a súa axencia de Management e a súa compañía propóñenlles editar un CD homenaxe ás grandes bandas do rock e do heavy do noso país. É así como se fragua a idea que se materializaría no seu segundo álbum de estudo: “Tributo”. O álbum contiña versións de clásicos de Topo, Banzai, Anxos do Inferno, así como de grupos dos que formaron parte membros de Saratoga, como Obús, Barón Rojo, Muro, Ñu ou Santa.

En canto se decatou da noticia, Javier Gálvez (manager do grupo), recomendou que lle desen unha oportunidade a un cantante chamado Gabriel Boente (“Gabi”). En outubro do 97 lánzase ao mercado o seu terceiro disco de estudo, chamado “Mi ciudad”. Este disco deu a luz cancións que xa se converteron en lexendarias da banda, como “Perro traidor”, “Rojo fuego”, “Mi ciudad”ou a balada “Lejos de ti”. A publicación deste novo traballo veu acompañado de novos desequilibrios na relación entre os membros do grupo. E é que as expectativas duns e outros volvían supoñer un punto de desencontro que acabaría coa partida de “o Neno” e, tan só uns días máis tarde, de Gabi.

Cunha maqueta xa gravada, cunha grade acollida entre o público, a partir de Febreiro do 93 o grupo comezou aos poucos a súa andadura polo mundo do directo. A súa primeira actuación foi como grupo invitado dos cordobeses Medina Azahara, papel que repetirían noutras ocasións con grupos como Rata Branca. Con todo, os engranaxes desta máquina non remataban de encaixar ben, e pronto notaron como Tony non era o complemento ideal que os fundadores da banda buscaban. Por ese motivo, e tras varias conversas, en maio dese mesmo ano produciríase a substitución do cantante por unha das voces lexendarias do noso rock: Fortu Sánchez, ex cantante de Obús. Desde o primeiro ensaio víase en Fortu “unha ilusión brutal”, como recorda Niko del Hierro. O grupo enchíase de novas enerxías e grávase unha maqueta que daría moito que falar, na que se incluían os temas “Grita”, “Ningún precio por la paz”, “Ojo por Ojo” e “Salvaje”. O tema “Loco” convértese no máis representativo da banda e ata chegarían

Así que, de novo, Niko e Jero atopábanse en busca e captura de batería e cantante para grupo heavy. De novo puxeron anuncios en revistas especializadas como “Heavy Rock”, “Kerrank”, “Metal Hammer”. Durante a proba de batería un mozo chamada Dani Pérez, malia os nervios, fixo alarde do seu dominio da batería. Niko e Jero non dubidaron nin un momento en escollelo como novo compoñente da banda. Ao pouco tempo, comprobaron o altísimo nivel do novo membro do grupo. E é que, como conta Jero, “Dani compón baterías. Non é un batería que se limite a levar o ritmo das cancións. El compón a súa propia liña de baterías como o que compón unha melodía de voces”.

37


música Para a selección do cantante houbo moitísima xente interesada. De feito, máis dun presunto candidato, logo de facer a proba de forma desastrosa, confesou utilizar a audición como medio para achegarse a Niko e a Jero para que lles asinasen un autógrafo. Un dos aspirantes a cubrir a vacante no grupo era Leo, un antigo fan de Saratoga que coñecía moi ben os temas. Convocóuselle un frío día do mes de decembro. Estaba acatarrado, co cal non puido dar de si mesmo o que quixese, e que co tempo nos demostro a todos que é capaz de facer. Con todo, logo de escoitar a todos os candidatos, tanto Niko como Jero coincidiron en convocalo para unha segunda audición, converténdoo así en finalista xunto a outro cantante que tamén lles gustaba. Pola súa banda, Leo tomou a iniciativa e, como non quedou satisfeito cos resultados da súa proba, mandoulles unha carta na que pedía unha segunda oportunidade xunto cunha gravación das cancións do seu anterior grupo (“Al Borde”). Se Niko e Jero xa estaban convencidos de que era necesario escoitar a Leo cantar de novo, o grande interese que demostrou o cantante coa súa iniciativa incrementou enormemente as súas ganas de volvelo ver. Ademais, o día da segunda escoita, Leo demostrou ser un fiel seguidor da banda levando consigo tan só unha botella de zume de laranxa. “Non necesitou ter as letras escritas diante, coñecía as letras á perfección”, comenta Jero.

gravadas en castelán. Aprobada con sobresaliente a gravación, Leo e Dani pasaron a examinarse do directo. Tras un par de concertos chegou o inesquecible Viñarock de 2000. De novo, o seu primeiro manager chamounos para dicirlles que o avisaron de que un grupo “caera” do cartel do festival e que, se querían, podían ir substituílo. Así as cousas, encheron o maleteiro do coche de Niko co ampli de Jero, a pedalera, o baixo e a guitrra e puxéronse rumbo a Villarrobledo. Chegaron unha hora antes da actuación, “Armámola e fómonos”, relata Jero. “Armámola moi gorda” puntualiza Niko. Non cobraron nada, nin sequera o diñeiro da gasolina que gastaran. “E moi agradecidos”, di Niko. De feito, el mesmo recoñece: .. de non cobrar foron moitas... . Pero, a xulgar polas súas propias palabras, mereceu a pena: “foi o mellor concerto gratis que fixen na miña vida. Foi marabilloso saír, ver unha chea de xente e, encima, pegar pero ben, ben, ben”. A xente empezou a coñecer ao grupo. A formación consolidouse”. Nese momento, e animados pola extraordinaria experiencia que supuxo aquel a actuación, o grupo propúxose o que sempre quixera facer: coller o equipo, a furgoneta e lanzarse á estrada. Por iso, aquel festival foi un punto de inflexión na carreira de Saratoga. No medio da súa xira polo país, a banda aterrou en Madrid, concretamente na Sala Caracol. Quíxose aproveitar a enorme forza que os catro músicos desprenden nas súas actuacións en vivo e rexistralas nun CD en directo. Así é como xorde o seu traballo “Tiempos de Directo”. Foi un concerto memorable: a sala estaba completamente chea, o público entregado e a banda aproveitou a oportunidade para gravar os antigos temas polos membros actuais (Excepto cancións de “Tributo”) O disco editaríase en setembro de 2000. A súa aparición vén acompañada do esperado recoñecemento masivo por parte dos medios: • “Heavy Rock” (N° 207); “Tiempos de directo”, número 1 na lista de discos • Dous premios “Excalibur Metal”. • “Los más mejores” elixen, a través dunha enquisa aos seus lectores, a Niko como mellor baixista e a Leo como mellor cantante. • Leo entrevista a Megadeth para “Heavy Rock”. • Rockferendum de “Heavy Rock” elixe: - Saratoga, mellor grupo. - Niko, mellor baixista. - Jero, mellor guitarrista. - Leo, número 2 na lista de cantantes. - Dani, numero 3 na lista de baterías. E isto foi só o principio do que viría máis tarde con Mellor Directo, Mellor Álbum, Portada, Grupo e por suposto, mellor Cantante, Baixista, Batería e Guitarra.

Así foi como Saratoga foi reestruturado de novo con dous novos músicos, con dous grandes acertos. A mediados de abril do 99 metéronse de cheo no estudo para gravar o seu traballo “Ventos de Guerra”, que se publicou en xuño dese mesmo ano. De novo o disco entro una lista Afyve e publicouse o seu primeiro traballo en Xapón, do que se venderon máis de 2000 copias a pesar do no me do grupo e de que as cancións estivesen 38


música Mentres o primeiro DV D de Saratoga ía escalando postos na lista dos máis vendidos, o grupo volvía a meterse de cheo na gravación do que sería o seu penúltimo disco de estudo con esta formación: “El clan de la lucha”. A gravación deste traballo tivo lugar entre novembro de 2003 e febreiro de 2004, nos novos Estudos M-20 e baixo os mandos do prestixioso Simón Echeverría (Big Simon) na produción, que xa lles levou o son en directo durante a xira “Agotarás”. Foi un álbum moi completo que entrou directamente ao posto número 10 na lista de vendas oficiais do noso país e que os levou de novo a pisar os escenarios de toda a nosa xeografía. Temas corno o coñecido “Si amaneciera” non só soaron en radios especializadas, senón tamén en radiofórmulas. O grupo atopábase no seu mellor momento, sen dúbida. De modo que, a grade dificultade residía entón en conseguir producir un novo disco que contribuíse a darlle unha continuidade ao que era esta etapa, e ao que fora o último traballo inédito do grupo ‘”Ventos de Guerra”. Con este peso sobre as súas costas, Saratoga volve entrar no estudo para gravar o que sería o seu próximo disco: “Agotarás”. Case todos os seus temas foran compostos por Niko e Jero, e algúns por Leo. Por primeira vez na súa historia, Niko e Jero decidiron ocupar o asento do produtor, o cal, a pesar do espléndido resultado, acabou sendo demasiado duro para os fundadores do grupo. Arroupados polas boas críticas e as vendas, os catro músicos seguiron deleitando aos seus cada vez máis numerosos fans por todo o país, sen que houbese case unha cancelación na súa anterior xira e a deste novo álbum. Máis adiante, ao proxecto de gravar “Agotarás” integramente en inglés, adiantouse a publicación do maxisingle “Heaven’s gate”. Como parte da exitosa xira do “Agotarás”, o grupo recalou no Aqualung o 8 de marzo de 2003. Realizaron un concerto memorable, coa sala chea a rebordar, que se inmortalizou nun completísimo DVD que se publicaría no outono dese mesmo ano: “A morir”. Aquela noite, foi talo éxito que lograran, que todo o mundos e achegaba a Niko e a Jero para comentarlles “chegastes, chegastes”.

Logo de todo isto sae “Tierra de Lobos”, un CD cargado de forza e rabia. O grupo está, sen dúbida, nun dos seus mellores momentos ata a data e quizais sexa o disco cos temas máis salvaxes da banda. Volvéronse a poñer as pilas. A xira deste disco foi de novo moi intensa e recolléronse moitos dos froitos sementados. A finais do 2006 sae á venda o disco en Inglés “Fighth Clan” que é a versión en inglés de “El Clan de la Lucha”.

39


música Pouco despois de comezar o ano 2006, Dani Pérez, que nese momento estaba en tres grupos diferentes (Saratoga, Stravaganzza e Skizoo), decide abandonar o grupo para volcarse con Skizoo. Trala marcha de Dani, Saratoga, necesita un batería para poder realizar a xira de “Tierra de Lobos 2006”. Despois de buscar átoparon a Andy C un mozo virtuoso batería. No verán de 2006 confírmanse os rumores sobre un parón en Saratoga a partir de Outubro do mesmo ano, cando gozan dun dos seus mellores momentos. O parón débese ao cansazo do guitarrista Jero Ramiro (xa que levan de xira e promoción dende o álbum “Vientos de Guerra”) e ao proxecto paralelo do cantante Leo Jimenez, “Stravaganzza”, ao cal quérelle dedicar máis tempo. Ao pouco tempo o parón transfórmase na saída do grupo de Jero e Leo, un segredo a voces. Jero pensa facer un disco en solitario e unha xira estilo ao G3 de Joe Satriani na que probablemente colaboraría Paco Ventura (Medina Azahara). Leo segue traballando con Stravaganzza. É entón cando Niko e Andy comezan a buscar compoñentes para seguir adiante coa banda, e así, a principios de xaneiro, Saratoga atópase de novo reconstituido con Tony Hernando á guitarra e Tete Novoa (Shaigon).

40

Coa nova formación xa completa, o grupo admite a posibilidade de gravar un novo disco, co que nace VII. A voz corre a conta de Tete Novoa, proveniente de Shaigon. Tony Hernando é o guitarra deste grupo, proveniente do seu grupo en solitario. Niko del Hierro é o baixista deste grupo. O batería é Andy C. compoñente tamén de grupos como Dark Moor (o cal deixou recentemente) ou Wormed. Actualmente atópanse en xira deste último disco. Gonzalo Peña Ares


ACERTIXOS 1. Hai sete porcos nun redil. Como adoitan pelexarse, debes separalos dividindo o redil con 3 cordas. Podes atar as cordas ós postes de maneira que todos estean separados?

ADIVIÑAS 1. O seguinte non é unha adiviña, só é un xogo matemático. Vexamos: Escolle un número calquera de dúas cifras, por exemplo, 26. Constrúe o número seguinte: 26 + (26×20) = 546. Agora, o número 546 multiplicámolo por 481. A continuación, obterás o número que escolliches repetido tres veces, verdade?.

2. ¿Como é posible pinchar un globo sen permitir que se escape o aire e sen que o globo faga ruído?

2. Debuxa un camiño entre as casas destes homes e o lugar de traballo. Os homes non poden nin verse, asi que os seus camiños non se poden cruzar. Cada home está simbolizado coa mesma letra co seu lugar de traballo. 3. Hai tres caixas , unha conten parafusos, outra porcas e a outra cravos . O que puxo as etiquetas do que contiñan confundiuse e non acertou con ningunha. Abrindo unha soa caixa e sacando unha soa peza, como se pode conseguir poñer en cada caixa a súa etiqueta correcta? 4.

3.

Seis irmáns sentáronse á mesa para cear. Numerados do 1 oa 6, o 1 é o maior e o 6, o pequeno. Cada irmán peléxase co irmán directamente maior e menor e non pode sentarse ó seu lado. Ademais, 3 e 5 discutiron en non se poden sentar xuntos. O maior sentouse á mesa e está esperando ao resto. Como se deberán sentar para que non haxa pelexas?

Un preso intenta escapar do cárcere por unha ventá dunha torre que está a 60 metros de altura. Só dispón dunha corda moi resistente de aproximadamente 30 metros. Se ata a corda aos barrotes da ventá, deslízase 30 metros e despois salta os restantes 30 metros faríase papas. Entón, dividiu a corda en dúas, fixo un nó con ambas metades e conseguiu o seu propósito. Como cres que o logrou?

5. Se un home fai un burato nunha hora e dous homes fan dous buratos en dúas horas. Canto tardará un home en facer medio burato? Cristina Sanjurjo Rodríguez Sara Salgado Díaz Jairo Valea López Mónica Maryuri Vallejo Vergara 41


ACERTIXOS 1.

42 2.

3.

ADIVIÑAS 1. 2. O globo está desinchado.

3. A solución da adiviña está en lela con coidado: “non acertou con ningunha etiqueta”. Imaxina que as etiquetas son: Caixa 1-------- parafusos Caixa 2 ------- porcas Caixa 3-------- cravos Ao abrir a 1ª caixa supoñamos que vemos que ten cravos (non pode ter parafusos xa que esta é a súa etiqueta). Na 2ª caixa pon de etiqueta porcas polo que non as contén e como a 1ª ten cravos quere dicir que é a que ten parafusos que é o único que nos queda. Na 3ª caixa estarán as porcas por eliminación. 4. Destrenzou os seus fíos e así dividiuna en dúas, cada unha do largo do orixinal pero da metade do espesor. Coas dúas metades e os nós conseguiu unha corda preto aos 60 metros e así o salto final é moi pequeno. 5.

SUDOKU

Os medio buratos non existen. Un burato sempre é un burato.

SOLUCIÓNS Diego Fernández Fernádez Diego López Amoedo Nahuel García Fernández Miguel Bermúdez Martínez Adrián Fernández Díaz

4. Era un home tan avaro, tan avaro , tan avaro , que estaba vendo a misa pola tele e cando ían pasar a bandexa, cambiou de canal. 3. Era un señor tan parvo, tan parvo , tan parvo , que vendeu a moto para comprar gasolina. -Pauliño viña para a escola, pisou unha cáscara de plátano, esvarou e quebrou unha perna. -¿Que hai que aprender disto Xanciño? - ¡Que non hai que vir á escola!

2. A profesora di: O home contesta: - ¡Que boa idea, espera a que prenda a luz e buscamos os dous! BUSCA: modem, internet, webcam, router, ordenador, blackberry, gps, software.

1. Un ladrón entra de noite nunha casa e esperta a un home que durmía. O ladrón di: - ¡Busco diñeiro!

SOPA DE LETRAS HUMOR pasatempos




Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.