TEMPOS DE MARICASTAÑA
BOSQUES CON HISTORIA ROBIN HOOD ---------------------------- ROI XORDO BOSQUE DE SHERWOOD _____ FRAGAS DO EUME
Segundo a lenda, Robin Hood era un Barón chamado Robin Longstride ou Loxsley, quen era de gran corazón e vivía fóra da lei agachado no Bosque de Sherwood preto da cidade de Nottingham (Inglaterra). Hábil co arco de frechas, defensor dos pobres e oprimidos, loitaba contra o gobernador de Nottingham e o príncipe “Xoán sen Terra”, que utilizaban a forza pública para acaparar ilexítimamente as riquezas dos nobres que se lles opuñan. No bosque de Sherwood atópase a maior cantidade de árbores antigas de toda Europa.(o máis vello é dos tempos nos que supostamente viviu Robin Hood. Ten uns 6oo anos). Nas últimas décadas foi perdendo unha gran cantidade destas árbores. Por sorte, recentemente estanse tomando medidas para a súa repoboación (teñen previsto repoboar 250.000 carballos). Pero non só en Inglaterra se producían abusos dos nobres nesa época...
En Galicia , polas mesmas datas (séculos XIV e XV) os impostos abusivos dos nobres deixaban a moitos campesiños ó límite. Apenas podían vivir e non podían permitirse pagar novas contribucións. Ademáis, salteadores e ladróns permitíanse roubar impunemente e cometer todo tipo de delitos. Moitos deles acollíanse nos castelos dos señores. Os campesiños, mariñeiros, comerciantes, artesáns, fidalgos...xúntanse en Irmandades para poder defenderse deses abusos; ás veces dos nobres e ás veces tamén da Igrexa..
María Castaña encabeza unha revolta en 1386 contra o bispo de Lugo e Roi Xordo ponse ó frente da Irmandade Fusquenlla con máis de tres mil sublevados para loitar contra Nuño Freire de Andrade, un nobre a quen chamaban “O malo” quen tiña a súa fortaleza preto das Fragas do Eume, iniciando así o que sería a Primeira Guerra Irmandiña (1431). Fortaleza dos Andrade
Fragas do Eume e o mosteiro de Caaveiro