Estamos no
Primeiro Ciclo! 1º e 2º de Primaria
Boletín de Información ás Familias 1º Ciclo Educación Primaria CPI Mosteiro-Meis 1
É moi importante ter en conta que… No
Primeiro Ciclo de Primaria o alumnado comeza a
ESCO-
LARIDADE OBRIGATORIA. A asistencia á escola debe ser regular. As faltas de puntualidade e asistencia teñen que ser xustificadas. HABILIDADES
LECTOESCRITORAS. Este Ciclo é básico para a
adquisición e /ou xeralización de aprendizaxes instrumentais imprescindibles para o seu desenvolvemento no resto das aprendizaxes . A
COLABORACIÓN entre a familia e o profesorado é funda-
mental para acadar o éxito escolar. É necesario manter comunicación para intercambiar información, suxestións e ideas. A
ACTITUDE DA FAMILIA na casa débese amosar interese polo
que se fai na escola e valorar o esforzo e rendemento acorde coa súa capacidade. Hai que asegurar momentos de comunicación e conversa cos fillos, fomentar o diálogo familiar. Agradecemos a colaboración nos Proxectos Educativos que desenvolvemos ao longo do ano.
Hábitos e Normas
Nas AUSENCIAS do centro en mitade dunha xornada lectiva
(incluída asistencia a comedor) cubrirase o impreso facilitado en conserxería. En todo caso as faltas XUSTIFICARANSE mediante outro documento que o acredite e/ou usando o impreso vixente do centro que deberá ser asinado polo pai/nai/titor-a legal (pódese descargar dende o blog).
A LECTURA DIARIA é una actividade básica.
O alumnado usará a AXENDA ESCOLAR to-
dos os días e as familias revisarán o seu contido. Esta Axenda Viaxeira é una ferramenta que facilita a comunicación diaria entre as familias e o profesorado, e axudará ao alumnado a realizar as tarefas na casa para o día seguinte.
Os nen@s necesitan seguir unhas pautas de comportamento
que lles permitan ter AUTOCONTROL. É importante que todos os coidadores do nen@ (nai, pai, avoa…) compartan as normas e sinalen límites como prevención de comportamentos non axeitados e/ou anomalías de conducta.
Saúde e Hixiene
É necesario que cada neno traia diariamente unha botella de AUGA na mochila. As botellas de auga non se comparten.
É conveniente almorzar ben polas mañás e traer MERENDA para o recreo aínda que o nen@ non a pida.
O contaxio de piollos é frecuente. Non dependen dos hábitos de limpeza e poden afectar a calquera persoa. INFORME ao centro se o seu fillo-a está infestado e revise a súa cabeza a miúdo.
INFORME ao centro sobre as ENFERMIDADES, ALERXIAS e INTOLERANCIAS ou mesmo das medicacións que está a tomar o seu fillo-a e que poidese ter relevancia para as súas actividades na escola.
Celebracións de Aniversario Poden traer algo caseiro que lles sirva de almorzo do día e os utensilios necesarios para tomar o pastel (pratos, cubertos,…). Aconsellamos evitar as chucherías. Comuníquese co titor-a no caso de querer celebrar. Non se permite traer invitacións de cumpreanos ao centro escolar.
Roupa
Os días de Educación Física é necesario que
asistan con roupa axeitada para o desenvolvemento das actividades no ximnasio. Un Chándal e calzado deportivo son indispensables. Dende 2º curso ademáis traerán unha muda para asearse.
A roupa de abrigo debe estar marcada co nome e a ser posi-
ble cunha fita que facilite ser colgada nos percheiros.
Coordinadora do 1º Ciclo Silvia Rey Acuña Titor 1ºA José Luis Nartallo Abalo Titora 2ºA Pilar Sánchez-Agustino Rodríguez Titor 2º B Silvia Rey Acuña
Profesorado de apoio no Ciclo: Ana González Neira
HORARIO ATENCIÓN ÁS FAMILIAS Días Preferentes 2º e 4º martes de cada mes. De 16.30 a
17.30h. (indicados no calendario e na axenda). Para unha mellor atención solicite con anterioridade unha entrevista co titor-a. IMPORTANTE: é conveniente asistir ás entrevistas como mínimo unha vez por trimestre. As reunións non son para os nenos e nenas polo que convén que non os traian con vostedes.