RECUNCHO MULTISENSORIAL DA AULA DE PT
“ ESPERTANDO SENSACIÓNS”
Este curso escolar creamos un recuncho multisensorial na aula de PT con numerosas ferramentas de traballo. O recuncho de estimulación multisensorial é un espazo habilitado para que os alumnos con algún tipo de discapacidade poidan interactuar co entorno a través da estimulación dos seus sentidos. É un espazo ideal para traballar diferentes tipos de discapacidades a través da relaxación e a estimulación, polo que se converte nun entorno óptimo para a pedagoxía terapéutica.
A principal finalidade do recuncho multisensorial é que os nenos teñan a oportunidade
de
estar
expostos
a
estímulos
controlados
cun
dobre
obxectivo: adquirir unha serie de aprendizaxes por medio do descubrimento e desenvolver o máximo potencial das súas habilidades escolares, sociais e intelectuais.
Algunhas vantaxes son: • • • •
Potenciar as relacións positivas Mellorar a coordinación e a concentración Estimulación do pensamento lóxico Mellorar a calidade de vida aumentando a autonomía e a reacción ante os estímulos sensoriais • Favorecer a comunicación non verbal • Favorecer o benestar emocional e o equilibrio psicolóxico • Mellorar as súas habilidades comunicativas
Creación do recuncho multisensorial: 1º2º3º4º-
Buscamos unha caixa de cartón grande Pintámola de negro Facemos buracos para introducir as luces Colgamos a caixa de luces do teito
4ยบ- Elaboramos unhas cortinas con plรกstico trasparente
5ยบ- Colgamos as cortinas do teito
6º- Colocamos unha colchoneta no chan e coxíns 7º - Pintamos un mural para que o espazo quede máis bonito
Este recuncho foi elaborado por Nuria Pérez, mestra especialista en Pedagoxía Terapéutica coa colaboración de Bea Durán, mestra especialista en Audición e Linguaxe. Queremos agradecer ao conserxe do noso centro, Fernando, que pasou moito traballo colgando as cortinas e a caixa do teito. Asemade, tamen dar as grazas ao director do centro, Benito Estévez, que sempre nos asesora e apoia cando se trata de beneficiar ao noso alumnado con NEAE.
Moitas grazas!