CIENCIAS DA NATUREZA TEMA 1 A ORGANIZACIÓN DO CORPO HUMANO Estamos formados por células
1/ Cales son as características comúns de todos os seres vivos ? Todos os seres vivos temos en común dúas características: a) Realizamos as funcions vitais de nutricion,relacion e reproducion. b) Estamos formados por células.
2/ Que son as células? As células son as unidades mais pequenas dos seres vivos e que, ademais, están vivas. As células só poden ser vistas cun microscopio.
1
3/ Cales son as funcións vitais das células? As funcións vitais das células son a nutrición, a relación e a reprodución. NUTRICIÓN
As células obteñen as substancias que necesitan para medrar e conseguir enerxía.
RELACIÓN
As células reciben a información do medio que as rodea e poden reaccionar ante ela.
REPRODUCIÓN
As células divídense e orixinan outras células fillas.
4/ Como son as células do noso corpo? As células son moi pequenas, a maioría teñen un tamaño unhas cen veces máis pequeno ca un milímetro. Pero non todas as nosas células son iguais. Algúns exemplos de células son: célula muscular, célula do óso, célula do fígado, célula do intestino, célula do sangue e neurona.
A organización do corpo humano 5/Que son os tecidos? Exemplos. Nos seres pluricelulares, as células que son do mesmo tipo agrúpanse en tecidos. Polo tanto, os tecidos están formados por células dun mesmo tipo.
2
Algúns exemplos de tecidos son o tecido muscular ou o tecido óseo.
6/ Que son os órganos? Exemplos. Un órgano esta formado pola unión de varios tecidos que se organizan para funcionar conxuntamente. Exemplos dos diferentes tipos de órganos son os seguintes: músculo, óso, corazón, estómago,...
7/ Que son os sistemas? Exemplos. Un sistema esta formado por varios órganos do mesmo tipo que realizan a mesma función. Como exemplos de sistemas podemos citar: sistema muscular ou sistema óseo.
8/ Que son os aparellos? Exemplos. Un aparello consta de órganos de diferente tipo ou de varios sistemas que funcionan de maneira coordinada para facer un traballo. Exemplos: aparello locomotor, aparello dixestivo,
aparello respiratorio,
aparello circulatorio,...
9/ Que son os organismos? A unión de todos os nosos aparellos e sistemas orixina un ser humano.
3
Exemplos de niveis de organización Célula ósea – tecido óseo – óso - sistema óseo Aparello locomotor
Célula muscular – tecido muscular – músculo – sistema muscular
Niveis de organización Célula – tecido – órgano – sistema – aparello – organismo
4