C.E.I.P.
VICTOR
LÓPEZ
SEOANE
A
CORUÑA
Non podemos deixar de mostrar o noso agradecemento e admiración ao conxunto da comunidade educativa do CEIP Víctor López Seoane e, moi especialmente, ás profesoras Dina Baloira e Caterina Gómez, así como á directora do centro, Carmen Franco, polo seu fantástico labor pedagóxico e o seu inestimable apoio a este proxecto.
© Da edición VEGALSA-EROSKI Primeira edición: xuño 2021 Idea orixinal: Molotov Cóctel Creativo para VEGALSA-EROSKI Edita: Molotov Cóctel Creativo S.L.U. www.molotov.es Fotografía: Alvaro Arribi Diseño editorial e maquetación: Molotov Cóctel Creativo Queda estritamente prohibida, sen autorización por escrito do editor, calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra. Todos os dereitos reservados.
UNHA ÁRBORE, UNHA HISTORIA_ANO 4 CEIP VÍCTOR LÓPEZ SEOANE
Organiza:
Colabora:
4
PRÓLOGO GABRIELA GONZÁLEZ MÁRQUEZ DIRECTORA DE COMUNICACIÓN, RSE E ÁREA DE CLIENTES DE VEGALSA-EROSKI
Despois dun ano no que nos demos de conta de que o máis importante é a saúde, adquire unha maior importancia o coidado da nosa contorna para ter un planeta limpo. Este ebook é o resultado da vosa responsabilidade e implicación pola vosa conciencia da necesidade de que o medio hai que coidalo. Contamos convosco como altofalante para sensibilizar á poboación e ir todos a un tempo no coidado do medio. Quédame só darvos as grazas polo voso esforzo para que os nenos e nenas do futuro poidan tamén gozar da nosa contorna como xa o facedes vós.
É moito máis difícil xulgarse a si mesmo que xulgar aos demais. Se logras xulgarche ben a ti mesmo es un verdadeiro sabio. “O Principiño” Saint-Exupéry
5
V egalsa -E roski
S E R O D A GAÑ CAPRI ZSAKLIN _A árbore e o raposo............................................................ pax 12 NURIA ARIAS _A árbore e o paxaro............................................................... pax 14 ALEX VICENTE _A árbore das follas moradas............................................ pax 17 SERGIO PENAS _Unha árbore robot.............................................................. pax 19
S A T S I L A FIN ALEJANDRO BRAVO _Onde colocar unha árbore...................................... pax 29 CARLOTA LÓPEZ _ A única árbole................................................................... pax 31 ELUNEY PULLEIRO _A árbore da miña praza............................................. pax 33 LAURA GONZÁLEZ _A árbore da miña casa................................................ pax 35 NOA LIÑARES _A árbore da cidade............................................................... pax 37 SABELA LOUZAO _A árbore do tilo................................................................. pax 38 SILVÉSTER BARREIRO _A árbore nova........................................................... pax 41 SOFÍA QUEIRUGA _ O cariño cura todo........................................................ pax 42 ADRIANA REKA _A árbore de Sakura............................................................ pax 45 CARLOTA ESTRAVIZ _As árbores de Marta................................................... pax 47 GABRIEL RUÍZ _A guarida segreda............................................................... pax 49 LAURA MONTERO _Folliñas, a árbore e Laura........................................... pax 50 MAURO FILGUEIRAS _O meu carballo coruñés.......................................... pax 52 SABELA PARDO _O novo amigo de Roque................................................... pax 55 SARA SANTOS _ A árbore máxica................................................................... pax 57 TEO BARTOLOMÉ PIÑEIRO _ Gloof.................................................................. pax 59
ÁLBUM DE FOTOS ............................................................................................ pag 61
7
C.E.I.P.
VICTOR
LÓPEZ
SEOANE
A
CORUÑA
GAÑADORES
V egalsa -E roski
CAPRI ZSAKLIN PAN
A ÁRBORE E O RAPOSO Érase unha vez un raposo que se chamaba Max. Un bó día encontrou unha árbore no bosque moi grande e alta coma un edificio. Sen pensalo comezou a escavar na terra, preto dunha das súas raíces e a mancou. De súpeto, a árbore queixouse e gritou: -¡Ahhhhh ! Raposo non me fagas dano. E ó raposo contestou: -A min dáme igual, jajajaja -e marchou tan tranquilo como se nada. Uns meses máis tarde, o raposo andaba polo bosque á procura do seu almorzo e unha gran tormenta con moita choiva e lóstregos apareceu de súpeto. O raposo, pingando e morto de medo, buscou un sitio onde protexerse, pero non o encontraba, ata que unha voz dende o alto díxolle: -¡Rápido, entra no meu tronco ata que pase a tormenta! O raposo quedouse moi avergoñado e confuso xa que non se esperaba que a árbore lle axudase despois do que el fixera meses atrás. Cando a tormenta pasou o raposo saíu do tronco e díxolle a árbore: -Pídoche perdón polo que te fixen e calquera cousa que necesites solo tes que gritar o meu nome ao vento e acudirei a axudarte no que precises. Despois dun tempo, o raposo estaba a xogar cuns amigos no bosque cando escoitou o seu nome que viña dende lonxe. -¡ A árbore! -exclamou, e foi rápido á chamada do seu amigo.
14
Cando chegou onde estaba a árbore viu uns homes que intentaban cortar o seu tronco. Sen dubidalo, o raposo abalanzouse sobre eles e conseguiu, coa axuda dos seus amigos, que se foran e nunca máis tiveran ganas de volver. De esta maneira, a árbore e o raposo foron amigos para toda a vida, e así, o raposo entendeu que na natureza todos teñen que respetarse, e así, o bosque seguiría fermoso coma sempre.
15
V egalsa -E roski
NURIA ARIAS
A ÁRBORE E O PAXARO Érase unha vez unha árbore que vivía nun zoolóxico. Esa árbore sentíase moi mal e triste porque ninguén lle facía caso. Os cativos estaban moi ocupados vendo aos animais. Un día chegaron uns paxaros ao zoolóxico. Que ben!, a árbore tería uns amigos encima das súas pólas, e iso axudaría a que tamén os cativos se fixaran nel. Pero... chegoulle unha noticia inesperada: os paxaros non ficarían nas súas ramas, senón nas doutra árbore. Ao día seguinte, plantaron a outra árbore; era fermosísima, cunha frondosa copa chea de follas verdes e bonitas flores rosas. A nosa amiga estaba moi triste, máis que antes, pero entón un paxaro vai e lle pregunta: -Ola, que tal estas ? Ela non lle contestou, pero o paxaro seguiu preguntando cousas. Parecía moi interesado, así que a nosa amiga lle respondeu: -Ola. Eu estou mal, pero iso non importa, despois de todo, ninguén se fixa en min. O paxaro de inmediato interrumpiuna e dixo ... -Como que non importa? dime que che pasa, muller! -dixo o paxaro intrigado. -É que ninguén se fixara en min ata o de agora. Todos os nenos fíxanse nos animais, mentres que eu me pudro, e hoxe tiña a oportunidade de poder facer amigos e captar a atención dos cativos, pero substituíronme por outra árbore máis sa.
16
-Iso é moi inxusto! Que che parece se eu son o teu amigo e póusome enriba das túas ramas? -Farías iso por min? -Claro que si, para iso están os amigos, non? -Moitas grazas! Podo contarche un secreto? -Por suposto ! -Ti es o primeiro amigo que teño. - Iso é moi bonito. Ao día seguinte, puxeron en marcha o seu plan para que a árbore destacara. -Ben, isto e así -dixo o paxaro-, eu pouso nas túas ramas e fago cousas moi interesantes para atraer á xente. -E que che pasará cando te atrapen os do zoolóxico? -preguntou a árbore. -Iso non importa. Ademais, se me poñen en outra árbore verán que só fago esas cousas en ti e deixaranme vivir nas túas ramas. -Así atraeremos á xente. Xenial! Así que o paxaro subiuse á pola máis alta da árbore e empezou a cantar unha linda canción acompañada duns aleteos ao ritmo, conseguindo o seu obxectivo: todo o público que escoitaba o seu piar quería velo, polo que foron moitas as persoas que se xuntaron ao redor da árbore, pasando a ser o lugar máis visitado do zooloóxico. E así, a árbore e o paxaro formaron un gran espectáculo e a súa amizade foi máis grande aínda.
17
V egalsa -E roski
18
ALEX VICENTE
A ÁRBORE DAS FOLLAS MORADAS Nun parque peculiar había unha árbore que tiña as follas moradas. Parecía unha árbore normal, pero tiña unha peculiaridade. Facía que as súas follas tiveran o olor favorito de cada un. A xente cada vez que pasaba sorprendíase porque as súas follas tiñan un olor ao que máis lles gustaba. Pensaron que era unha mutación pero parecía unha árbore normal. Un día, os científicos dos laboratorios colleron unha folla para investigala e viron que a árbore era unha árbore da amizade. Cada vez que se formaba unha amizade creábase unha folla. Ao descubrir a maxia da árbore, os cidadáns decidiron extraer ese poder para utilizalo no seu favor e así gañar máis poder e máis cartos. Xusto cando estaban comezando coa extracción, a árbore secouse. Non quedou ningunha folla, e nese momento comezou a discordia en toda a cidade. Todos estaban pelexados e ninguén se puña de acordo. A avaricia dos cidadáns provocou que perderan o seu ben máis prezado: a amizade e aconcordia entre eles.
19
V egalsa -E roski
20
SERGIO PENAS
UNHA ÁRBORE ROBOT Érase unha vez unha árbore moi normal, ata que un día cumpriu 100 anos. Ía morrer. Decidiron convertelo nun robot e, dende ese día, volveuse o rei do mundo. Ata que chegou o seu pai de 1.000 anos. Os dous iniciaron unha loita. Pasaron por todos os países. China, Estados Unidos, España, Ucrania, Exipto, Grecia, Bélxica, etc. Ata que chegaron a un punto que quixeron parar e volverse a plantar. Pasaron os anos, os días, as horas, os minutos, os segundos... As árbores robot quixeron ir a un bosque que estivera lonxe da contaminación. Un día, uns cazadores descubriron ese lugar tan bonito. Había unha praia con corais, delfíns, cangrexos peixes voadores e covas. Levaron alí as súas fábricas e converteron ese lugar nun sitio público e cheo de contaminación, con plásticos, redes de pesca... Hai que coidar o medio ambiente.
21
C.E.I.P.
VICTOR
LÓPEZ
SEOANE
A
CORUÑA
FINALISTAS
V egalsa -E roski
30
ALEJANDRO BRAVO
ONDE COLOCAR UNHA ÁRBORE Esta historia pasoume de verdade. Fun de vacacións e de repente os meus avós e a tía do meu irmán estaban discutindo onde colocar unha pequena árbore, tiñan moita horta e non se poñían de acordo. Entón, eu dixen que a plantaran xunto a outra árbore que se lle estaban caendo as follas. A árbore tardou moito tempo en crecer e cando esta finalmente conseguiu ter unha semente, o meu avó e a tía do meu irmán querían cortalo, pero eu, a miña avoa, o meu irmán e a miña nai propuxemos plantala e cando as dúas árbores tiveran moitas sementes dariámosllas á xente que non tiña árbores. Dixémoslles que fixeran o mesmo e así acaba a historia, un enorme ciclo da vida. Aínda que mellor dito, un enorme ciclo das árbores, je,je .
31
V egalsa -E roski
32
CARLOTA LÓPEZ
A ÚNICA ÁRBORE Nunha casa vivía unha vella que só tiña a vida grazas a unha árbore. A árbore deulle osíxeno e no seu lugar regouna todos os días, un día a anciá foi á árbore e díxolle: -Ola fermosa árbore, chámome María. Un día María tivo que pensar se mudarse a unha cidade para ir a unha residencia ou se quedarse nesa pequena casa. Por desgraza, tivo que mudarse xa que non podía ver médicos se quedaba alí, entón decidiu vender a casa a unha familia que parecía moi agradable e foi á cidade. Cando chegou, foi á residencia máis próxima e presenciou unha moi boa axuda, María non puido deixar de sorrir porque sabía que vendeu a casa á familia adecuada. Cando af amilia se instalou na casa parecíalles fermosa, pero cando viron a árbore comezaron a falar todos: -Lola: Temos que quitar esa árbore de alí para poñer a piscina. -Tomás: Si, temos que eliminar esa árbore. -Pai: Non podemos, se facemos iso, morreremos todos xa que esa é a única árbore aquí e debemos coidar ben dela, entendido? -Lola: Podemos saír a visitala e botarlle auga todos os días? -Pai: Por suposto que podemos, por iso non nos imos preocupar. -Lola e Tomás: Ben! E desde entón, todo foi moi ben e hoxe segue sendo así. A vella tamén o fixo moi ben, coidouse moito, pero María non podía deixar de pensar como iría a súa árbore, pero como xa dixemos, sabía que todo iría ben.
33
V egalsa -E roski
34
ELUNEY PULLEIRO
A ÁRBORE DA MIÑA PRAZA Cada vez que paso pola miña praza vexo unha árbore moi curiosa.Non ten follas, nin flores, nin sequera ten froitos, pero o que máis me chama a atención é que cando miro pola miña ventá, a árbore móvese dunha forma rara cando fai moito vento, como se fora un globo de helio. O malo é que a xente non lle fai moito caso co fermosa que é, porque aínda que non ten follas, nin froitos nin flores, seguro que ten algo bo. Cando paso pola rúa, vexo as árbores que teñen follas, froitos e flores, son moi grandes e fortes, o seu tronco non se move e as raíces nótanse. En cambio a árbore da miña praza é fraquiña e non se notan as raíces; o bo da árbore é que cando lle tocas o tronco é moi suave. Onde eu vivo non cae ningunha gotiña de auga e ademais a árbore está nun lugar que da moita sombra por culpa dunha árbore máis grande. Ao día seguinte fun á praza e reguei a árbore, notábase que o necesitaba. Ocorréuseme unha idea: poderíamos cortarlle un pouco as follas á árbore que da a sombra para que a árbore fraquiña tivera un pouco de luz solar . Pasaron 3 anos e a árbore convertiuse nunha árbore forte con follas, flores e froitos, e é moi fermosa.
35
V egalsa -E roski
36
LAURA GONZÁLEZ
A ÁRBORE DA MIÑA CASA Eu cando era pequena, os meus pais pensaban que estaba soa. Así que TROUXÉRONME UNHA ÁRBORE, estaba súper emocionada, cando a vín abreceina hiper forte. De nome púxenlle Alexandra. E o día que ía ir a escola por primeira vez non me alexaba de Alexandra ata que os meus pais xa tiveron que levarme á escola á forza. Cando cheguei a casa fun correndo ata Alexandra a abrazala. E cando ía cumprir 1O anos pareceume raro, porque de regalo só tiña unha tarxeta que dicía -Vai ao balcón-. Eu fun moi extrañada ao balcón e vin UN CACHORRO. Estaba flipando en cores, fun correndo ata onde estaba o cachorriño e abraceino igual de forte como cando vin a Alexandra por primeira vez. E estiven toda a miña vida cos meus seres vivos favoritos: Alexandra e o cachorriño, que o chamei Fifi.
37
V egalsa -E roski
38
NOA LIÑARES
A ÁRBORE DA CIDADE Había unha vez unha árbore que vivía nunha cidade e que ninguén lle facía caso, porque a xente pensaba que as árbores non valían para nada. Pensaba que a froita só se criaba no Caribe, e por iso había que ir aos supermercados por ela. Ata que un día, un neno empezou a regala, e a árbore empezou a botar follas. Todos os días, o neno a regaba, ata que a árbore acabou tendo moitas follas. Un día quixeron quitar a árbore, pero ao neno deulle pena e levouna para a súa casa. Plantouna no xardín, a regou e a cuidou ata que a árbore creceu tanto que deu froitos. O neno probou un dos froitos e estaba moi bo, gustoulle tanto que pensou que tiña que darlle a probar o froito á xente. Á xente gustoulles moito, e cando preguntaron de onde sacara a froita, o neno díxolles que era dunha árbore que tiña plantada no xardín. E desde ese momento, nunca máis a xente pensou que as árbores non valían para nada, e comenzaron a plantar árbores nos xardíns.
39
V egalsa -E roski
SABELA LOUZAO
A ÁRBORE DE TILO Todos os veráns imos pasar un tempo á casa dos meus avós; está no medio da natureza, preto das Fragas do Eume. Cerca da casa hai unha fermosa árbore de Tilo que a miña familia e a min encántanos, porque é moi alta e dá unha sombra marabillosa e, ademais, gústanos o aroma que as súas flores desprenden no mes de xullo. A miña avoa di que as árbores de Tilo son o escondite preferido dos elfos, pero eu non estou moi segura, xa que, por máis que busco, nunca atopo ningún. O día do meu aniversario, o pasado mes de setembro, decidín que quería celebralo baixo a nosa querida árbore e merendar coa familia e os amigos baixoa a súa sombra. Os meus amigos e máis eu decidimos encargarnos da decoración e ocorréusenos poñer unas botellas de cristal de cores arredor da árbore, sen percatarnos do perigo que supoñía. Cando ía buscar a última botella escoitei unha voceciña que dicía: “Sabela, Sabela!” Eu non atopaba a ninguén ata que detrás dunhas matogueiras apareceu... un elfo! Pensei que estaba soñando cando o elfo fixo unha sinal para que me agachase, e así fixen. Entón, ese ser diminuto de orellas puntiagudas díxome moi serio: “Sabela, tedes que quitar as botellas de cristal do bosque, xa que o reflexo do sol nos vidros produce un efecto lupa que provoca incendios, e xa sabes o importante que son as árbores para todos nós, xa que todas as súas follas
40
traballan sen descanso para producir osíxeno, necesario para a vida de todas as especies”. Eu quedei moi sorprendida e contestei: “síntoo moito, queríamos deixar todo moi bonito para o meu aniversario e non pensamos que podería ser perigoso”. Inmediatamente os meus amigos e máis eu retiramos todas as botellas. Desde aquel día, o elfo, que desde sempre habitara naquela árbore ca súa familia (a miña avoa tiña razón), e máis eu fixémonos grandes amigos.
41
V egalsa -E roski
42
S I LV É S T E R B A R R E I R O
A ÁRBORE NOVA
A árbore nova medrou forte cara ao ceo. Pasara o seu primeiro inverno e, pouco a pouco, as súas follas saían de novo. Un día descubriu algo estraño entre as súas follas. Algo diferente nacía na póla da árbore nova. Ao velo,púxose moi nerviosa. Que era aquelo? Tivo medo de que lle puidese facer dano. Moveu as súas pólas para intentar desfacerse dela, pero non houbo forma. Pasou a noite sen apartar os ollos do que a asustaba. Ao día seguinte foi peor, porque saían mais cousas estrañas entre as follas... Pánico! Que podía facer? Volveu a mover as súas pólas, cada vez con máis forza, pero sen lograr nada... Cando chegou a noite, estaba tan cansa de moverse que quedou durmida. Ao día seguinte, cado espertou, tivo medo de abrir os ollos e ver o que había. Ao final atreveuse a abrilos e descubriu que aquelas cousas que a asustaban convertéranse en fermosas flores. Ese día descubriu que a primavera chegara ao fin, e que ela era parte dela.
43
V egalsa -E roski
SOFÍA QUEIRUGA
O CARIÑO CURA TODO Claudia vai todas as tardes ao bosque para ver que todas as árbores medren ben. Nunca vira algunha que estivera mal, ata hoxe. Cando foi, levou unha sorpresa: -lsto non é unha planta, senón o Diaño!- dixo. A planta estaba sen follas, negra, medio caída, e non cheiraba moi ben. Claudia saíu correndo de alí en busca dos seus amigos. Cando lles dixo iso, quedaron desconcertados! E foron ver á planta, era peor do que lles dixo! E como non sabían que facer, Claudia decidiu: -Imos ler moito sobre plantas, e mañá seguro que alguén ten a solución-. A todos pareceulles unha boa idea. Pasou o día e, á tarde estaban todos ao redor da árbore. Nico dixo: -Mirade!, trouxen unha regadeira. Unha das maneiras de que viva é botándolle auga-. E así fixeron, a regaron con frecuencia por 1 mes, pero ao non ver todas esas cores tan vivas, Marta propuso: -E se traemos cousas que den luz e calor?-. E así fixeron, déronlle luz e calor con frecuencia por 1 mes, viviu outro pouquiño, pero seguían sen estar satisfeitos, ata que Claudia atopou a solución: -Xa o sei! Para que unha planta sexa preciosa, hai que darlle cariño!- Pero ninguén entendeu: -E iso de que servirá?-preguntou Hugo. E Sara deulle a razón: -Xa, Hugo ten razón-. E así co resto, pero Claudia quería por todo en orde: -Creo que non me estades entendendo ben: recordo que o ano pasado fixemos un experimento que era que tiñamos 2 plantas, e a unha lle dábamos cariño e á outra a tratábamos mal; ao final viviu a que lle dábamos cariño-. E todos recordaron esos días. -Imos comezar- dixo Marta. Nese momento, todos sabían que facer: ir abrazar á árbore. Pero, ao facelo... , esta comezou a falar!: -Moitas grazas, amiguiños! Chámome Maruxiña-.Todos quedaron coma uns tontos,
44
pero ao momento, comezaron a presentarse. Todo foi moi normal. Ao longo das semanas a planta medrou moito e construiron unha casiña enriba das ramas, para en inverno estar quentiños lendo polas tardes; ou, en verán, sentados no chan á sombra, coa árbore contándolles as historias que ocorreron en todos eses anos. E o que comezou sendo unha afición, foise convertendo nunha verdadeira tradición. Deste xeito, Maruxiña converteuse na árbore mais fermosa e popular do lugar. Todos os rapaces e rapazas pedíanlle os seus pais que os levaran a ver a Maruxiña para poder escoitar as súas impresionantes historias e poder ler algún conto baixo a súa sombra.
45
V egalsa -E roski
46
ADRIANA REKA PAN PÉREZ
A ÁRBORE DE SAKURA Érase unha vez unha nena chamada Amanda que vivía na Coruña. Ela estaba afeita á primavera desa cidade. Encantábanlle as cores verdes intensas das árbores, os olores das flores e a calidez do ambiente . Un día, os seus pais regaláronlle unha viaxe a Xapón. ¡Que felicidade tiña! Por fin podería coñecer o país dos seus sonos. Un día paseando por un parque maravilloso namorouse dunha árbore dunha especie chamada Sakura. Gustáballe tanto que empezou a buscar información acerca das suas características e a pensar en como sería a sua cidade coberta por esas cores tan belas. Decidiu comprar unhas sementes. Ao voltar a súa cidade decidiu xunto ó seu pai prantar unhas sementes no centro do seu peqüeno xardín da sua casa. Non tiña moitas esperanzas de que medrara, pero todos os días Amanda quedábase falando co pequeno montón de terra do xardín, ata que un día empezaron a brotar unhas pequenas ramas verdes. Despois de que esto sucedera animou a amigos seus a prantar as sementes nos seus xardíns coa única indicación de que falaran con elas todos os días un pouco. Pasaron os anos, ata que un bo día de primavera Amanda levantouse da súa cama e, cando mirou pola ventá do seu cuarto, viu na sua urbanización un pequeno manto de flores rosas que contrastaban co verde intenso dos demais árbores, e apareceu un gran sorriso na súa cara. Toda a cidade empezou a visitar esa urbanización que se coñeceu desde ese momento como “O pequeno Xapón”.
47
V egalsa -E roski
CARLOTA ESTRAVIZ
AS ÁRBORES DE MARTA Había unha vez unha nena chamada Marta. Tiña nove anos e, para o pequena que era, Marta xa fora a tres colexios diferentes porque seu pai era científico e cambiaba de traballo. Iso supoñía cambiarse de cidade. A nova casa de Marta tiña un xardín que estaba ao lado do patio da escola. A súa materia favorita era ciencias naturais e, ao longo do trimestre, decidiron plantar unha árbore no patio do colexio. Durante días estiveron preparando a terra para plantar. Un día, a profesora trouxo unha árbore moi pequena, foron todos ao patio e plantárona enfronte do xardín da casa de Marta. Pasárono moi ben. Cando Marta chegou a casa, díxolle a os seus país que no colexio plantaran unha árbore no patio e que ela tamén quería plantar unha no seu xardín. Foron mercar unha árbore e plantárona no xardín, xusto enfronte da que estaba no patio da escola. Cada día, ao saír ao recreo, Marta e os compañeiros ían ver se a árbore medrara. Pasados dous anos, o pai de Marta empezou un traballo novo e tiveron que cambiar de cidade e empezar unha nova vida. Pasado o tempo, Marta medrou e fixo a carreira de profesora. Ela decide volver á cidade onde lembraba ter grandes momentos de nena. Cando chegou a esa casa na que non estaba dende nena, saíu ao xardín e quedou asombrada cando viu o que medraran as dúas arbores. As súas ramas estaban entrelazadas e parecían dúas amigas abrazadas que se queren.
49
V egalsa -E roski
50
GABRIEL RUÍZ
A GUARIDA SECRETA Onde eu vivo hai unha árbore moi especial, que xunto cuns setos, fai unha guarida. Cando os meus amigos e eu xogamos ao escondite, agochámonos moitas veces na guarida e non nos atopan porque as follas e as pólas tápannos. Tamén xogamos a atrapa a bandeira e, ás veces, escondemos a pelota do xogo na guarida e non a atopan. É que nunca faia! Outros días poñémonos dentro na guarida. É moi cómoda porque sentámonos nas pólas ou escalámolas. Un día estabamos xogando ao escondite. Eu estaba ben agachado e non me atoparon. Fóronse e deixáronme alí. Eu, ao principio non me decatei pero, cando saín do escondite, deime de conta que estaba só. Fun ata o parque buscando aos meus amigos, a ver se estaban alí, pero non estaban. Seguín e seguín e seguín buscando ata que os atopei. Pregunteilles por que non me atopaban. Eles dixéronme que ese escondite era moi bo. Eu respondinlles que si, e que era mellor que non se esconderan eles porque lles ía pasar o mesmo que a min. Eu estaba moi contento de ver aos meus amigos, porque pasara unas cantas horas só. Aínda que mentres esperaba, tomei un refresco de laranxa e unas galletas. En fin, paseino moi ben, foi o mellor día da miña vida. Foi una aventura moi especial. A guarida secreta da árbore é moi divertida, sempre o paso moi ben, e o mellor escondite do mundo enteiro.
51
V egalsa -E roski
LAURA MONTERO
FOLLIÑAS, A ÁRBORE E LAURA Érase unha vez unha nena chamada Laura que decidiu plantar unha árbore, xa que a ela encantábanlle as plantas, a natureza e, o mellor e o máis importante, O MEDIOAMBIENTE. Aquel día a nena moi contenta foi plantar a árbore, chamábase Folliñas porque tiña unhas follas tan pequenas e fermosas que a toda a xente lle atraía. Tres anos despois Laura seguía moi contenta pero ocurreu algo horrible, Laura tíñase que mudar! A árbore Folliñas comezou a chorar. -Bua! Bua! Agora que vou facer? Non quero que te marches, con quen xogarei senon? E Laura díxolle, Non chores! No verán voltarei a pasar as vacacións, Non tepreocupes vas a estar ben. A árbore para non facer sentir mal a Laura díxolle que estaba ben, pero en realidade sentíase moi mal. Laura marchouse e Folliñas quedou soa, e pasou o tempo pero sentíase moi soa, en uns nenos, moi confiados, decidiron facerlle mal a árbore, ríanse e empezaron a contaminar todo e a ensuciar. Follinas non podía facer nada, pero Laura si, pero tristemente non estaba. Un día houbo unha manifestación xigante onde todos e todas protestaban pola contaminación dos bosques, mares, ríos e praias. Aquel día Folliñas asombrada miraba o espectáculo, pero un rato despois apareceu Laura! Con todas a ganas de dicir un discurso.
52
-Non pode ser tanta contaminación, todo está moi contaminado! FALO EN SERIO! Bosques, mares, ríos e praias! Todo está nas nosas mans! E non vou a deixar que pase isto. ¿Ven a miña árbore? Que lle fixeron? Pois facerlle dano rompéndolle as pólas e as follas... Despois do largo discurso todos aplaudiron, pero a máis contenta, a que tiña o mellor sorriso era Folliñas. Laura mirou cara arriba e cara abaixo, cara un lado e cara o outro, e foi correndo a darlle unha aperta a Folliñas. Dende aquel día Laura comenzou unha campaña para loitar pola natureza e coidou moito a Folliñas.
53
V egalsa -E roski
MAURO FILGUEIRAS
O MEU CARBALLO CORUÑÉS Un pouco antes de facer catro anos regaláronme un carballo nun concurso sobre o medio natural que se chamaba Voz Natura e quería axudar a repoboar Galicia con árbores autóctonas. Medía quince centímetros, tiña só tres pequenas follas e estaba plantado nun testo marrón. Cando cheguei a casa con o meu novo agasallo había varias opinións sobre que facer con el. Eu estaba convencido de que tiña que plantalo nalgún lugar, tal e como me explicara o rapaz que mo regalou, pero os meus pais non o vían moi claro, porque vivimos nun edificio nun barrio da cidade da Coruña e creo que pensaban que non ía poder medrar moi ben dentro do meu cuarto. Ademais, a realidade é que eles son de asfalto e non lles gustan nada as prantas. Por iso fun pedir axuda a miña avoa, xa que a ela si que lle gusta a natureza, e díxome que sería unha boa idea levalo para a súa aldea e plantalo xunto a otros carballos e castiñeiros que temos alí, algún deles de máis de cen anos. Pero a miña aldea está moi lonxe da miña casa, en Cotobade (Pontevedra), e eu quería telo preto e poder velo medrar. Ademais, alí hai cabalos salvaxes, lobos e vacas que andan ceibes e que pisarían ou comerían o carballo sen pensalo dúas veces. Por iso decidín preguntarlles a uns amigos meus que viven en Feáns se modeixaban plantar nunha leira que teñen preto da súa casa, nun lugar que se chama Farellas e que está xusto ao lado dos edificios de Novo Mesoiro. Antes, toda esa zona era
54
un bosque e agora é todo cemento, por iso pareceume o lugar ideal para repoboar con árbores novas. Despois de plantalo nun sitio que nos pareceu o máis protexido do vento, tivemos que escoitar como os veciños máis vellos de Feáns dicían que o carballo era moi delicado e moi pequeno e que non ía poder medrar ben alí. Pero eu non perdín a esperanza e puiden ver como día a día ía medrando e collendo forza, e agora podo dicir con moita fachenda que teño un carballo que mide máis de tres metros, que xa botou varias landras e que se converteu no centro de atención para os habitantes de Feáns e de Novo Mesoiro. Tamén para aqueles veciños con pouca fe que agora xa están pensando en plantar outras árbores en Farellas, para facerlle compañía ao meu carballo coruñés.
55
V egalsa -E roski
56
SABELA PARDO
O NOVO AMIGO DE ROQUE Roque é un neno que vive nunha cidade chea de cemento e onde o aire está contaminado. Por iso os pais decidiron prantar uhna árbore no seu xardín. Roque non quería a árbore e entón empezou a tirarlle cousas e darlle patadas . Cando se cansou, sentou preto da árbore e como nese momento empezou a chover, protexeuse debaixo dela. Outro día, despois de merendar, foi ao xardín para mallarse un pouco na piscina e viu que facía moito sol, polo que foi correndo debaixo da árbore para protexerse do sol. Cando estaba xogando no xardín fixouse que na árbore había un paxaro facendo un niño. Roque estaba sorprendido de todas as cousas boas que tiña a árbore. Ao día seguinte foi ao colexio e contoulle a todos os seus amigos as cousas que vivira coa árbore. Os seus amigos non lle fixeron caso e Roque voltou moi triste para súa casa. Cando chegou ao xardín abrazou a árbore e sentiuse moito mellor. Cando o viu o seu pai , preguntoulle que lle pasaba e Roque explicoulle que os seus amigos non lle fixeran caso, e contoulle ao seu pai todo o importante que fora a árbore para el: non se mollou coa choiva, refuxiouse do sol, viu como un paxaro facía o seu niño na árbore. O seu pai contoulle que outras cousas boas fan as árbores: purifican o aire, producen osixeno... Roque comprendeu o importante que son as árbores na vida das persoas. Desde aquel día Roque nunca máis lle fixo dano as árbores nin as prantas e decidiu prantar moitas máis árbores no seu xardín.
57
V egalsa -E roski
SARA SANTOS
A ÁRBORE MÁXICA Érase unha vez unha árbore que vivía nun bosque, nunha frondosa e remota aldea de Galicia. Tiña xa 20 anos e un tronco moi grande. Todos lle chamaban eucalipto, e algúns non falaban ben dela. Pero esta árbore era moi especial.Tiña uns libros escritos por ela nos que aparecían feitizos e conxuros. Podía facer causas moi especiais. Un día, cando estaba a facer un meigallo, leu mal no seu libro. De súpeto, as súas raíces despegáronse da terra e comenzou a voar, ata que chegou a unha casa moi escondida na que vivía unha meiga co seu sapo. Alí sentiu que ía perdendo altura ata que, sen poder evitalo, foise posar encima da casa da meiga, rompendo o faiado. A meiga saíu asustada e preguntoulle á árbore que era o que estaba facendo alí, ao tempo que lle pedía que non lle rompera máis tellas. Pero a árbore, que perdera o libro de feitizos, non sabía que facer. A meiga fixo un feitizo e a árbore volveu a saír voando ata chegar ao seu fogar. Desde aquel día, a árbore decidiu ter moito máis coidado cada vez que tivera que facer un feitizo.
59
V egalsa -E roski
60
TEO BARTOLOMÉ
GLOOF
Érase unha vez unha árbore que se chamaba Gloof, era moi rara. As demais árbores non querían estar con ela. Polo que estaba moi triste, pero un día chegaron unhas esquías ás fiestras da árbore. Dixeron: “Podemos quedarnos aquí toda a noite? Non temos casa”. E Gloof dixo: “Claro que podedes, todas as noites que queirades”. As esquías durmiron moi a gustiño. Ao día seguinte chegou unha familia de mapaches ás fiestras da árbore. Preguntaron: “Podemos quedarnos aquí toda a noite? Non temos casa. E Gloof dixo: “Claro que podedes, todas as noites que queirades”. Os animais marcharon da árbore porque chegou un furacán que arrasou con todo o bosque. Gloof sobreviviu ao furacán, os mapaches tamén, pero ás esquías levounas o furacán. Os mapaches e Gloof intentaron salvalas , pero non puideron. Entón, emprenderon unha aventura para salvar as esquías. Empezaron a camiñar cara ao furacán, a medida que ían avanzando, ían subindo ás ramas de Gloof, porcos bravos , raposas, mouchos... Ata que chegaron ao ollo do furacán, e todos batallaron contra el. Gloof pegou coas raíces, os mapaches rabuñaban, os porcos bravos pegaban ... O equipo de Gloof gañou e as esquías salváronse e déronlle unha aperta a Gloof.
61
C.E.I.P.
VICTOR
LÓPEZ
SEOANE
A
CORUÑA
ÁLBUM
OBRADOIRO CON
ANTO
L A V O D N NIO SA
Gambrinus 11, Polígono A Grela - Bens 15008 A Coruña www.vegalsa.es