Non podemos deixar de amosar o noso agradecemento e admiración ao conxunto da comunidade educativa do CEIP Coutade - Beade e moi especialmente a súa directora, Sheila Fernández Rodríguez, así como a súa xefa de estudos, Nerea Alonso Caride e a tutora de 6º de Educación Primaria, Sonia López Francisco.
© Da edición VEGALSA-EROSKI
Primeira edición: xuño 2021
Idea orixinal: Molotov Cóctel Creativo para VEGALSA-EROSKI
Edita: Molotov Cóctel Creativo S.L.U.
www.molotov.es
Fotografía: Álvaro Arribi
Diseño editorial e maquetación: Molotov Cóctel Creativo
Queda estritamente prohibida, sen autorización por escrito do editor, calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra.
CEIP COUTADE - BEADE
PRÓLOGO
GABRIELA GONZÁLEZ MÁRQUEZ
DIRECTORA DE SUSTENTABILIDADE E COMUNICACIÓN CORPORATIVA DE VEGALSA-EROSKI
As árbores son un símbolo da vida. Dende que nacen están sempre en continuo crecemento, faga sol, choiva ou vento. Pero tamén precisan de coidados e apoio dos demais para que poidan medrar fortes e sans.
Foron as vosas historias as que fixeron posible a plantación que levamos a cabo. Pero tan importante é plantar como coidar. Lembrade que está nas vosas mans que todas estas árbores teñan unha longa vida. Asumir este compromiso é clave para a preservación do monte que nos rodea.
É tarefa de todos conservar e protexer o medio ambiente con accións como esta, estamos contribuíndo a facelo posible. Debemos tomar conciencia de que un medio ambiente limpo é un fogar saudable.
Os vosos relatos, que forman parte deste ebook son unha testemuña do compromiso que tedes adquirido desde ben pequenos co noso patrimonio natural a través da cultura que nos une. Ese é o mellor legado que podemos deixarlle ás xeracións futuras.
Conseguir que as árbores perduren é un traballo en equipo. Por iso dende Vegalsa-Eroski queremos agradecer a cada un de vós a vosa responsabilidade compartida para conformar unha sociedade mellor e máis respectuosa coa nosa terra.
5 UNHA ÁRBORE UNHA HISTORIA | VEGALSA-EROSKI
ÍNDICE GAÑADORES 09 QUE PASARÍA SE NON HOUBERA ÁRBOLES? ANTÍA SOUSA SANTARSIERI 10 UNHA ÁRBORE, UNHA HISTORIA MANUEL TOJO BARCIELA 13 UNHA ÁRBORE, UNHA HISTORIA LUCAS COSTAS LEÓN 14 A CUADRILLA DO MONTE JOEL FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ 16
ÍNDICE FINALISTAS 5º E.P. 19 QUE PASARÍA SE QUEDÁSEMOS ETERNAMENTE VIVOS? ZOE ALONSO VILLAR 20 QUE PASARÍA SE AS ÁRBORES FOSEN CARNÍVORAS? AINARA CASTRO ÁLVAREZ 22 A CONTAMINACIÓN LEILA CORTEGOSO COMESAÑA 25 O MAR DIEGO MALLO GONZÁLEZ 26 UNHA ÁRBORE E UNHA HISTORIA ANA DOMÍNGUEZ FERNÁNDEZ 28 QUE PASARÍA SE... NOS REENCARNAMOS EN ÁRBOLES XIÁN PÍO BENAVIDES 29 QUE PASARÍA SE....NON HAI ÁRBOLES SABELA SALGUEIRO SILVOSO 31 QUE PASARÍA SE MORRE A NATUREZA? MATEO TOJO BARCIELA 33 FINALISTAS 6º E.P. 35 OS BOSQUES LIMPOS NOA CASAL ESTÉVEZ 36 LEO E AS NUBES MARCO DA SILVA CARAMÉS 38 PEPIÑO E O CARBALLO TOMÉ FERRO MOSQUERA 41 UNHA ÁRBORE, UNHA HISTORIA GAEL GARRIDO BARROS 42 POTIÑO JEYDEN MOREL ALONSO 43 A ALDEA E AS SÚAS ÁRBORES AITANA MOURE DA VILA 45 AS BELAS ÁRBORES EDGAR PÉREZ DURÁN 46 A LENDA DO MONTE CELTA XOEL RODRÍGUEZ ABALDE 48 ÁLBUM 51
QUE PASARIA SE NON HOUBERA ÁRBORES?
ANTIA SOUSA SANTARSIERI, 5ºE.P.
María é unha nena moi baixa, ten os ollos verdes, o pelo louro e rizo.
Maria como era moi valente, tirouse dun avión con paracaidas e cando caeu viu a unha cadela moi bela, era da cor branco con manchas negras.
María nese momento dixo:
-Vouma quedar, como ninguén a colle.
Ía moito frío porque era inverno, levouna á súa casa para que a cadela tivera menos frio porque tiña pinta que levaba moito tempo fóra dunha casa.
María tiña que ir a buscar comida e bebida para a cadela. Cando foi ao coche acordou que como nunca adoptara a ningún animal, non sabía ir á tenda de animais.
Pensou que podia inventar o camiño, pero equivocábase, cando parou viu que estaba nun bosque e que as árbores estaban secas e o sólo estaba cheo de lixo e ela non respiraba.
Mentres ela non estaba na casa, a cadela decidiu explorar a casa pero de súpeto tirou a colonia de Maria e comezou a cheirala, como agora lle cheiraba todo a colonia seguiu un rastro moi raro. Despois de camiñar moito a cadela chegou ata o bosque.
A cadela ladrou tanto que María escoitou e chegou ata ela, cando volveron a casa María fixo un video en internet para que a xente a axude a limpar o bosque e a regar as árbores e dixo que quen quixera axudala que tiña que ir ao bosque máis cercano.
Despois de moitas horas habia como tres mil persoas para axudala, limparon todo o bosque e cando remataron xuraron non ensuciar os bosques nunca máis.
Fixéronse moi famosos por limpar bosques, asi que viaxaron a moitos países para limpar bosques.
Despois de anos cada axudante formou a súa familia e unha vez ao mes se xuntaban para limpar bosques, y xuraron facer unha tradición entre familia e amigos para que os bosques nunca se ensucien.
Recorda non tires lixo ao solo.
UNHA ÁRBORE, UNHA HISTORIA
MANUEL TOJO BARCIELA, 5ºE.P.
Hai aproximadamente uns cinco anos, nunha pequena aldea, xurdiu do interior da terra un gas tóxico que soamente afectaba ás árbores .O virus facía que as árbores se fixeran carnívoras. Nese intre toda a xente da aldea escondeuse na casa, excepto un pobre ancián, que vendia monicreques nunha pequena tenda.
Cando unha árbore o ia comer, un dos seus monicreques, que tiña vida colleuno da man e levouno para dentro da tenda.
O ancián asustado preguntoulle:
-Como é posible que poidas falar e andar só, es un pequeno monicreque!!!
Respondeulle
-Tranquilo non te asustes, son bo, non son malo, metinte dentro da tenda porque saiu un gas tóxico do interior da terra que fai que as árbores fáganse carnívoras. Para solucionalo tes que ir ao cume máis alto da montaña mais elevada do mundo para que me traias a flor curandeira para que podamos sanar ás árbores da aldea.
Entón o vello colleu un voo ata o monte Everest. Durante o voo, viu un montón de lugares e durmiu moito. Chegou e nin escalou a montaña porque atopou a flor no chan e o velliño cansado volveu a casa. Xa ali deulle a flor ao monicreque, que cuns canóns especiais, botou, uns pos máxicos extraídos da planta, por toda a cidade e todo volveu á normalidade, menos o misterio de porqué o monicreque puido falar. Nunca o descubriremos.
13 UNHA ÁRBORE UNHA HISTORIA | VEGALSA-EROSKI
UNHA ÁRBORE, UNHA HISTORIA
LUCAS COSTAS LEÓN, 6ºE.P.
Ano 2000
Hoxe, a nai de Alfredo cumpre 40 anos, e o seu desexo é ir ao monte a plantar unha árbore, xa que na súa familia era un costume; pero o que Alfredo non sabía era que a súa nai estaba gravemente enferma.
Pasaban os dias Alfredo e a súa nai ían visitar a árbore para regala, falarlle e incluso contarlle os seus segredos. A árbore non era moi grande, pero estaba chea de follas e flores, un talo escuro e unhas fortes raices. Unha tarde, os dous estaban sentados na herba ao carón da árbore, observando o bonito atardecer e as vistas a súa cidade cando decidiron poñerlle un nome a árbore; a nai propuxo chamalo Chorón, xa que Alfredo adoitaba ser bastante choromicas.
Anos despois a súa nai faleceu e Alfredo deixou de visitar a Chorón, xa que o seu traballo é a súa familia ocupábanlle todo o seu tempo.
Febreiro de 2024
O seu fillo maior chegou do colexio cun novo proxecto chamado “UNHA ÁRBORE, UNHA HISTORIA”, e Alfredo, cun sorriso, empezou a contarlle a súa tradición familiar e deuse de conta que nuns dias cumpria 40 anos. A seguinte mañá, xa que era sábado decidiron ir a visitar a súa árbore, pero cando chegaron, todo o bosque desaparecera, incluido Chorón. A pena apoderouse de Alfredo e decidiron plantar unha nova árbore que levaría o nome da súa nai.
14 UNHA ÁRBORE UNHA HISTORIA | VEGALSA-EROSKI
A MÁIS FERMOSA
DANIELA FERNÁNDEZ RUANOVA, 6ºE.P.
Nunha pequena vila vivia un rapaz chamado Xurxo. Todos os días ao volver da escola ía a un souto a xogar. Ali había moitas árbores pero, a Xurxo, chamoulle a atención unha pequena, débil e case sen follas.
Un dia houbo un forte temporal e aquela pequena árbore case se rompe. Cando Xurxo chegou ao día seguinte sentiu pena por ela porque as demais árbores víanse grandes e fortes e decatouse de que aquela pequena árbore non podía quedar tan desamparada. Así que colleu uns paus e atouna para que a árbore crecese dereita.
Pasaron os anos e Xurxo miraba como crecia aquela fermosa árbore. Todos os dias ia ao souto e xunto a aquela árbore soñaba que algún día podería deitarse á beira da súa sombra e pasar horas lendo. Pero ese soño quedou truncado cando Xurxo soubo que naquel souto querían cortar todas as árbores para facer un campo de golf. Púxose moi triste porque non queria perder aquel lugar tan marabilloso. Propúxose evitar aquela catástrofe e xunto cos seus amigos, veciños e familiares conseguiron evitar despois de moito esforzo que construiran aquel campo de golf.
Tempo despois Xurxo tivo que abandonar a súa vila e irse a vivir moi lonxe. Cando se xubilou, Xurxo, ao fin, poido regresar, pero xa non era un neno, era un adorable avoiño e o primeiro que fixo ao regresar foi visitar aquel souto na que tan bos momentos pasou. O que se encontrou ao chegar ali foi moi sorprendente porque en lugar daquela pequena e débil árbore atopou a máis fermosa e enorme, tal como el imaxinara cando era novo. Aquela tarde decidiu pasar o resto do día debaixo da sombra daquela magnífica árbore.
QUE PASARÍA SE QUEDÁSEMOS
ETERNAMENTE VIVOS?
ZOE ALONSO VILLAR
Hai uns dezaseis anos atrás, naceu unha árbore chamada Xosé, era unha árbore máxica que o que ten de máxico é que nunca vai morrer. Xosé ten moitos amigos e amigas, pásase todo o día falando e xogando con eles. Todo ia ben ata que un dia morreron dous dos seus cinco amigos que tiña. Pero ó seguinte dia morreron os outros tres e Xosé quedou só. El aburriase moito, ata que un venres pola maña ocorréuselle que poderia observar todo o que pasaba ao seu arredor para non aburrirse. O primeiro dia coñeceu a unha moza chamada Maribel, que vivía enfronte del. O seguinte dia volveu ver a Maribel, exactamente á mesma hora ás dez da mañá. Pasou outro día e volveu a vela, e ó seguinte, e ó seguinte... Ata un mércores que non a atopou. Xosé preocupouse, claro. O seguinte dia Maribel tampouco estaba, non daba aparecido! Un día apareceu unha señora que Xosé non a vira nunca e pareceulle que se comportaba raro. O seguinte día deuse conta de que non era unha señora era... Unha peeira! Pero non unha peeira normal era Maribel, que se transformara en peeira! Rapidamente Xosé preguntoulle a Maribel que lle ocorrera, ela contoulle que se transformou en peeira e que quería volver a ser normal.
Xosé estivo pensando en iso toda a noite. O seguinte día espertou e ocorréuselle que Maribel podería ir á biblioteca e buscar un libro de conxuros. Cando viu a Maribel, Xosé contoulle o plan e a ela pareceulle xenial. Maribel foi å biblioteca pero so abría de tarde, entón foi para a súa casa a comer, cando rematou volveu å biblioteca o antes que puido.
Maribel buscou, buscou, buscou, buscou e buscou por toda a biblioteca, pero non atopaba ningún libro de conxuros. Cando estaba por renderse atopou un libro
20 UNHA ÁRBORE UNHA HISTORIA | VEGALSA-EROSKI
xigante e moi brillante no máis alto da estanteria, que poñía: Libro de Conxuros. Maribel colleu o libro e sen pensalo levouno para a casa. O seguinte día foi con Xosé e ensinoulle o fantástico libro. Estiveron varias horas buscando un conxuro que lles servira, pero tardaron moitísimo por que o libro tiña uns cinco millóns de conxuros. Por fin atoparon un conxuro que dicía: ás nove da noite colle cincocentos gramos de fariña, tres ras, mil formigas e por último mestura todo e bótao pola cabeza. Pero abaixo de todo había unha advertencia, que estaba noutro idioma. Maribel díxolle a Xosé que o buscaría ela pola noite na súa casa.
Ó chegar a casa de noite buscouno e descubriu que poñía: non recomendo que o fagades con lúa chea.
Ó día seguinte, como non había lúa chea, pola noite, ás nove, fixeron o conxuro e.... funcionoulles! Dende aquel día Maribel e Xosé fixéronse moi amigos.
21 UNHA ÁRBORE UNHA HISTORIA | VEGALSA-EROSKI
QUE PASARÍA SE AS ÁRBORES FOSEN CARNIVORAS?
AINARA CASTRO ÁLVAREZ
Era un de novembro, dia de tódolos santos, xa era noite e iamos toda a familia no coche, porque viñabamos da andaina de Bembrive, de súpeto démonos conta que estabamos adentrados no medio do bosque. Meu pai freou, cando se decatou que iamos chocar cunha árbore de fronte. Baixamos do coche, non viabamos nada, ata que asomou polos arbustos unha moura. Quedei abraiada coa súa fermosura, era como ver un anxo, tanta beleza deslumbraba. Acercouse a nós, e dixo: Vós os humanos, sodes os causantes de tódala contaminación do planeta, e alguén ten que frear esta situación, e hoxe por desgraza, cruzástevos no meu camiño e voubos dar a elixir dúas opcións; a primeira é que vexades coma me transformo nunha serpe e remate coa vosa vida; e a segunda é converter as árbores en camivoras. Comezamos a mirar uns para outros e eleximos a segunda opción, xa que vimos máis posibilidades de fuxir. A moura desexounos boa sorte e desapareceu coma se a tragara a terra. De seguida escoitamos un estruendo, e cando observamos ao noso arredor, tódolos troncos das árbores tiñan uns dentes tan afiados, que daban medo; as pólas movíanse coma se fosen brazos con mans. A sorte que tiñamos, era que ao estar suxeitas polas raíces non se podian mover, e iso era unha gran ventaxe. Xuntámonos e decidimos subir ao coche pero rapidamente tivemos que saír, xa que a árbore que tiñamos de fronte, coas súas pólas abalanzouse sobre el, colleuno no aire e lanzouno coma se dun misil se tratara. Botamos a correr polos sendeiros onde as árbores non podían collemos pero as moi astutas, lanzábannos os froitos que tiñan; caiannos de todo: mazás, peras, limóns, laranxas... Ao meu pai déronlle nun ollo, e se lle puxo denegrido; a miña nai recollia a froita que podia do chan e lanzáballa aos dentes, para ver se llos rompia. En cambio, a miña irmá, o único que lle preocupaba era que non lle romperan o móbil. Eu só podia protexerme co meu abrigo, que ainda por riba, era branco e estábanmo poñendo feito un asco. Pouco nos durou a fuxida, xa que
chegamos a un punto, no que estabamos rodeados e xa non había nada que facer. Botei a chorar e dinme conta que ia ter unha morte tráxica, cerrei os ollos por un intre, e cando os abrin, non daba crédito o que ali estaba sucedendo. Os animais do bosque estaban axudándonos a defendemos, eran os nosos aliados. Raposos trepando polos troncos, os paxaros poñéndose diante das pólas, para evitar o ataque, as ardillas tamén, coellos, cervos facendo de escudo diante nosa cos seus comos, que sei eu, infinidade deles que non son capaz de describir. Todo estaba sendo un caos, se a moura estaba castigándonos pola contaminación do mundo, o que ali estaba sucedendo, ainda era peor, unha guerra catastrófica. Pareime a analizar a situación e peguei un berro: PARADE! Formouse un silencio que tanto as árbores coma os animais e a miña familia observáronme. Comecei a falar moi pausadamente e dixenlles: vos percatades que por culpa dunha moura, estamos metidos neste berenxenal, que igual falando as cousas e buscando solucións, non temos que chegar a estes extremos. A miña familia máis eu, non temos porque morrer, e as árbores e os animais podedes seguir convivindo en harmonia, porque se non vos destes conta, as árbores sodes a vivenda de moitas aves e seres vivos, tamén o seu alimento, e se non fora pouco, producides osíxeno e sodes saneadoras de moitos males. Asi que deixémonos de facer o parvo, e mandemos unha mensaxe aos humanos para que fagan o corrrecto. De súpeto, o chan comezou a destrozarse e a abrir, decateime que íamos caer ao vacío, e co susto, espertei, e dinme conta que todo fora un pesadelo, pero isto fixome reflexionar, en que temos que buscar solucións entre todos para parar a contaminación.
A CONTAMINACIÓN
LEILA CORTEGOSO COMESAÑA
O vinte e catro de febreiro do 2023 ás catro e media, un día tranquilo e fermoso, co sol de súpeto veñen nubes chuvia e cuns poucos raios de sol. Eu Carmen coa miña nai, e tamén co meu pai e os meus irmáns pensamos que o que pasaba podía ser pola contaminación, e que a culpa é nosa. Pódense romper as árbores e quedámonos sen osíxeno, sen papei e sen nada e podemos morrer, por non ter osixeno limpo. Entón os meus irmáns e eu, que están mais tolos ca min, pensaron en que podiamos ir o ao bosque e limpalo un pouco. Como so eramos tres persoas pois iriamos a entregar fotocopias á xente que nos queira axudar que non era obrigatorio e ao cabo duns dias fomos ao bosque e había moita xente e saiunos ese sorriso de emoción. Ao cabo do tempo todo estaba como antigamente, limpo sen cabichas, sen toalliñas polo chan, pola praia. Ao longo dos anos vimos que voltaba a pasar o que sucedia hai uns anos, entón os meus pais leváropnnos ao concello para poñer unha queixa polo sucio que estaba o mundo, os meus pais estaban dacordo nisto porque pensaban que era unha boa acción o que estábamos facendo polo planeta. Con isto puxémonos en folga non so os membros da miña familia, tamén os meus amigos dos meus irmáns, dos meus pais... Como a xente vioa o qu faciamos, axudábanos porque se daban conta do que esta pasando, ata que un día no momento máis inesperado de todos nos fixéronnos caso e axudáronnos poñendo nas noticias que si queríamos que isto fose posible que nos axudaran a limpar e a non poñer escusa Ao cabo do tempo a sucidade foise indo pouco a pouco, os sorrisos da xente foron aumentando, o respirar aire puro terminou sendo verdade e non un dito.Con isto quero dicir que se queremos podemos ter o mundo, o planeta o pais o continente a cidade etc limpo porque e cuestión de non renderse e se o queremos podemos con o noso esforzo. Que todos somos capaces que non temos que voltar a o aire que contaminado porque nós o valemos e moito, e non nos damos conta pero somos incribles.
25 UNHA ÁRBORE UNHA HISTORIA | VEGALSA-EROSKI
O MAR
DIEGO MALLO GONZÁLEZ
Diego e Xián, son dous nenos de doce anos ós que lles gusta andar de festa todos os días.
É o mes de agosto e hai festa na aldea do lado, que se chama Ancora. A festa celébrase no porto e cando sube a marea os mariñeiros traen os peixes que pescaron ese día.
Despois de xantar, Xián e Diego colleron as bicicletas e marcharon cara a festa de Âncora.
Cando chegan, ven como a marea está subindo pero os mariñeiros apenas traen peixes.
Toda a xente está moi preocupada pensando en que pasaría si desaparecesen os seres vivos do mar, porque iso tamén afectaría ás persoas.
Xián e Diego querían axudar a resolver o problema e foron falar cos mariñeiros Ocorréuselles que unha boa idea sería limpar as praias de todo o lixo e plásticos que hai.
Todos os veciños e mariñeiros da aldea de Áncora e incluso das aldeas veciñas limparon xuntos a praia e así axudaron a que todos os seres vivos do mar tiveran un mellor fogar.
Eles estaban moi felices e contentos por axudar en mellorar un pouquiño o planeta.
26 UNHA ÁRBORE UNHA HISTORIA | VEGALSA-EROSKI
UNHA ÁRBORE, UNHA HISTORIA.
ANA DOMÍNGUEZ FERNÁNDEZ
O día de reis, o seis de xaneiro, levanteime para ver os agasallos, non durmira polos nervios. Ese día, ó mediodía, acompañei ós meus pais ó cemiterio, acércamos ó nicho onde están meus bisavós e nas flores que estaban colocadas nun gran xarrón alí esta unha abella grande e fermosa, botou ali tempo e eu contemplei cando xa viñamos para casa que a abelliña nos seguía.
Cando chegamos a casa miña irmá estaba nas escaleiras sentada lendo, parece ser que á abelliña non lle gustaba a miña irmá, asi que picouna. A pobre cunha dor que non aguantaba, meus pais decidiron levala ao hospital dende lle quitaron o aguillón que tiña no dedo da súa mandéronlle fármacos para o dor.
Pero miña irmán erre que erre tiña que coñecer a abelliña, total que botamos andar para casa e nunha planta á beira da rúa ali había unha abella, non sabemos se era a mesma, pero a miña irmán alí quedou como unha parva contemplándoa,e a abella púxose no cabelo que llo acariciaba suaviño e Iria encantada, que así é como se chama a miña irmán.
Seguimos camiñando para casa do hospital, que nos queda preto e a abella ata chegar á casa seguiu indo con Iria, e ó chegar a abella púxose nun testo dunha planta que tiña miña nai e ali segue. De de vez en cando Iria vai a mirala e ela se lle coloca no cabelo, total que se fixeron amiguísimas, Iria ponlle música e cántalle cancións e Uxi que asi e como Iria lle puxo de nome á abella, da volteretas polo aire e sempre acaba acariciándolle ocabelo
Iria foi en busca dalgunhas abellas para que viñeran xunto de Uxi e se fixeran amigas, conseguiuno. Total que agora Uxi ten moita compañía a parte de Iria.
Así e como pasei o propio día de reis.
28 UNHA ÁRBORE UNHA HISTORIA | VEGALSA-EROSKI
QUE PASARÍA SE... NOS REENCARNAMOS EN ÁRBORES
XIÁN PÍO BENAVIDES
Unha vez un home de trinta e cinco anos chamado Pepo foi á feira dos domingos e viu un posto donde había unha muller cunha bóla do tempo.
Pepo, interesado foi a ver que era e pagoulle a anciá para que vise o seu futuro. A muller díxolle que ia morrer ao día seguinte, o dia do seu aniversario.
Pepo, tranquilo volveu á súa casa pero ao dia seguinte morreu a causa de afogamento.
Pero á mañá seguninte estaba en metade dun monte, non podia falar nin moverse, nese momento deuse conta de que se reencarmara nunha árbore.
Nese instante lembrouse de que o seu fillo Xoán, tiña unha excursión por un monte e de súpeto apareceu Xoán polo monte pero el non lle podia falar porque era unha árbore.
Ao dia seguinte aparece unha excavadora coa intención de destrozar a Pepo, cando de súpeto apareceu Xoán cun cartel, porque el estaba nun grupo para protexer o medio ambiente e sen saber nada salvou ao seu pai, pero cando Pepo menos o esperaba, Xoán púxolle unha pegatina que dicia “Pepo”.
29 UNHA ÁRBORE UNHA HISTORIA | VEGALSA-EROSKI
QUE PASARIA SE.....NON HAI ARBORES
SABELA SALGUEIRO SILVOSO
Erase unha vez nun pobo chamado Sacobelin, onde vivía unha nena chamada Maio, de dezaseis anos. Non era nin moi alta nin moi baixa. Un día Maio foi a por Amorodos, unha cadeliña branca que vivía no monte ao lado da árbore da avóa de Maio. Maio e Amorodos foron dar un paseo á cidade, Maio agochouse detrás dun arbusto tapándolle a boca a Amorodos para que non fixera ningún ruido. Maio escoitou a unha vampira falando cuns obreiros, dician que ian destruir o monte para facer unha fábrica de chocolate, cousa que non estaria mal.
Maio foi correndo a xunto da vampira, Maio tropezou e caeu de fuciños.
MAIO-AI! Que dor.
VAMPIRA-Ag mortais todos son iguais.
Maio regañadentes empurrou á vampira e como non comezaron unha pelexa. As duas agotadas levantáronse e Maio preguntoulle a vampira como se chamaba e a vampira díxolle que se chamaba Euxenia e que quedaran no máis alto do monte, xusto onde estaba a árbore da súa avoa ás cinco e media.
Cando chegou o momento atopáronse no lugar e ao momento exacto e Maio dixolle que por que queria por unha fábrica e quitar o monte, pero de súpeto saiu o sól e como todos sabemos os vampiros morren co sól, enton Euxenia foi desaparecendo pouco a pouco e asi Maio logrou salvar o monte e a árbore da súa avó, a foise á súa casa con Amorodos.
31 UNHA ÁRBORE UNHA HISTORIA | VEGALSA-EROSKI
32 UNHA ÁRBORE UNHA HISTORIA | VEGALSA-EROSKI
QUE PASARÍA SE MORRE A NATUREZA?
MATEO TOJO BARCIELA
Nos tempos pasados, alá polo 1937 aconteceu un suceso inesperado nunha pequena aldea de Lugo. Era un dia normal no que un neno chamado Lemiño xunto a súa irmá Xania xogaban ao baloncesto no patio da súa vivenda, pero por mala sorte o rapaz tropezou cunha pedra e caeu inconsciente. A nena reaccionou rapidamente e correu a avisar á nai. Cando espertou, Lemiño contoulle a Xania que soñara coa morte da natureza, e a rapaciña respondeulle: Pode acontecer en calquera momento xa que o ser humano contamina e ensucia o planeta. E exacto! Asi foi o caso. Existía unha especie de planta carnívoro xunto a un pequeno insecto que estaban matando as árbores, entón, Lemiño marchou dentro á casa porque tiña que crear unha forma de parar coa destrución do medio ambiente. Xa estaba listo! Deseguido foi xunto a irmá e preguntoulle se o quería acompañar, a nena era temerosa, non quería ir pero por dentro sentía unha forte dor ao pensar que tiña que acompañar a o seu irmán porque se non a natureza morrería. Xania dixolle que si e marcharon rumbo ao rescate. Chegaron, e miraron á planta máis coñecida como “Malanta Planta” e ao pequeno insecto tamén coñecido como “Comiaña Araña” desfacéndose das árbores pouco a pouco. Lemiño sempre quixo ser un heroe pois así foi parar coa destrución da nosa querida natureza. O rapaciño non era capaz porque “Comiaña araña” subía polo seu corpo e facíalle cóxegas, entón pediulle a súa irmá o favor de axudalo. Á rapaza dáballe medo pero no soportaba mirar a Lemiño loitando só contra esas maldades, por iso colleu un pau e rebentou ao diminuto insecto e á perigosa planta dun só golpe. Xania quedou asombrada ao saber que acababa de salvar ao que nós lle chamamos natureza, rescatou a Lemiño e foron propostos a plantar árbores por onde os perigosos seres vivos destruían.
33 UNHA ÁRBORE UNHA HISTORIA | VEGALSA-EROSKI
OS BOSQUES LIMPOS
NOA CASAL ESTÉVEZ
Un xoves pola noite unha árbore espertouse por un ruido fortisimo. De súpeto, abre os ollos e ve unha árbore queimándose e intentou axudala pero non sabía como. O lume corría demasiado rápido por todo o bosque.
A árbore pensou como solucionalo pero nese intre chegaron varias persoas a pasear e viron o lume; entón chamaron aos bombeiros.
Os bombeiros chegaron pero era demasiado tarde; xa había moitas árbores queimadas.
Un esquío explicoulle a árbore que hai xente boa e xente mala. A boa é a que tentou parar o lume e a mala é a que deixa o bosque cheo de plásticos, lixo, vidro, latas, papeis, cartóns... e por culpa diso provócanse os incendios.
A árbore preguntoulle ao esquío se o bosque volvería a normalidade. Este contestou que non; entón a árbore botouse a chorar. O esquío dixolle que todo iso era por culpa da xente sen escrúpulos.
Entón, un xabaril lle deu unha apócema máxica a árbore. Era unha apócema que podía arranxar todo o que quixera en menos dun minuto.
O esquío díxolle a árbore que a utilizara para que o bosque volvera a normalidade. Non o pensou dúas veces e despois de dicir as palabras máxicas espallouna polas súas raíces para que estas as repartiran ao resto das árbores.
Despois dun tempo a apócema fixo a súa maxia e o bosque sandou.
36 UNHA ÁRBORE UNHA HISTORIA | VEGALSA-EROSKI
LEO E AS NUBES
MARCO DA SILVA CARAMÉS
Érase unha vez unha pequena árbore chamada Leo que estaba moi enferma e tiñan que cortala. A natureza non queria que fora así, pero...
A árbore estaba seca, igual que o resto do bosque, porque facia moito que non chovía. A necesidade de auga era urxente para que as árbores e todas as plantas volveran a ser coma antes.
Leo coñecía moitas nubes e tiña o don para poder chamalas e pedirlles que baixasen aos mares para recoller as súas augas e viaxar con elas ata o bosque que precisaba mollar a terra reseca.
Pero Leo estaba moi canso e sen forzas así que non podía berrar demasiado polo que pensou en pedir axuda ás súas irmás que aínda que se sentían igual de enfermas ca ela decidiron facer un último esforzo.
Así que Leo colleu moito aire e enviou a través das raices unha mesaxe de axuda que se transmitiu de árbore en árbore por todo o bosque ata chegar á costa; estas últimas berraron a través das follas a mensaxe de Leo:
-Nubes que me coñezan!
-Vinde axudarnos por favor!
-Necesitamos chuvia para refrescar esta terra poirenta!
38 UNHA ÁRBORE UNHA HISTORIA | VEGALSA-EROSKI
As nubes comezaron a baixar e fóronse directamente ao mar para coller suficiente auga para regar as pobres e pálidas árbores.
Tardaron un tempo e cando xa Leo pensaba que nunca ian regresar e se sentía traizoado chegaron por fin despois de tantos meses.
As árbores choraron de alegría despois de tan grande milagre.
Leo salvóuse dunha tráxica despedida e convertiuse nun amistoso e precioso carballo.
PEPIÑO E O CARBALLO
TOMÉ FERRO MOSQUERA
Un neno chamado Pepiño sempre quixo plantar unha árbor; e non lle servia unha árbore calquera, el queria un carballo.
Pero o neno vivía moi lonxe da tenda de árbores. E os seus pais no tiñan coche. Ao neno ocorréuselle ir na bici pero volveria pola noite. Os seus pais dixéronlle que ia ter que ir polo monte, pero iso a Pepiño lle daba igual. Cando espertou empezou a chover e non podia ir. Púxose moi triste e o seu pai dixolle que ira el. Vestiu un chuvasqueiro e marchou.
Pepiño cria ao seu pai e esperouno. Levaba case 10 horas esperando ao seu pai e estaba moi concentrado en ver ao seu pai pola fiestra ata que, de súpeto, apareceu o seu pai e baixou correndo a xunta del.
Pepiño púxose moi contento e lle dixo ao seu pai si podía axudalo a plantar a árbore. Pola noite gardou a semente nunha caixa e xa pola mañá Pepiño viu que non chovia e foi a avisar ao seu pai. Este díxolle que despois de comer plantarian a árbore. Pepiño comeu polo aire e esperou ao seu pai. Pepiño coidou toda a vida a súa árbore e plantou moitas máis que chegou a ser a fraga máis máxica de toda a contorna.
41 UNHA ÁRBORE UNHA HISTORIA | VEGALSA-EROSKI
UNHA ÁRBORE, UNHA HISTORIA
GAEL GARRIDO BARROS
A miña historia comeza no 1600 e ten coma protagonista a un neno de doce anos. Era moi listo, e gustáballe escaparse da súa casa para ir ao seu lugar favorito, o monte. Na súa árbore preferida vivía o seu único amigo, un enorme dragón verde chamado Elmo que podía camuflarse ata facerse invisible. Ao neno Santiago e a Elmo gustáballes moito xogar e voar por riba das casas no solpor.
Un sábado pola mañá, de camiño ao monte, Santi mirou uns rapaces xogando con lume. Nun despiste o lume prendeu nas follas secas e as lapas chegaron ás árbores. Santi sin dudalo foi a xunta dos nenos e pediulles que tentaran apagar o lume pero eles asustados, escaparon. Santi tentou desaloxar aos animais do bosque mentras con fortes berros pedíalle axuda a Elmo. Este voou directamente a un lago enorme e encheu de auga o seu bandullo, que logo escupiu nas árbores do bosque. Mentras tanto, Santi foi correndo a súa casa a avisar a os seus pais para que os bombeiros tamén axudasen a Elmo.
Cando chegaron os bombeiros quedaron abraiados porque o lume xa estaba apagado. Non daban creto, non imaxinaban que o bo de Elmo case acaba coa súa vida para apagar aquel lume.
Elmo fixérase invisible e permaneceu agochado ata que os bombeiros e a xente da vila marcharon. Entón Elmo empezou a tararexar unha cantiga cos latexos do seu corazón e o bosque volveu a súa normalidade.
42 UNHA ÁRBORE UNHA HISTORIA | VEGALSA-EROSKI
POTIÑO
JEYDEN MOREL ALONSO
Unha vez nun monte naceu unha pequena árbore chamada Potiño. A ela non lle gustaba nada convivir con persoas xa que si ela non ensuciaba a casa dos humanos, por que a xente podia encher os montes de lixo?
Un día decidiu tentar cambiar a situaciación. Xa non era só por ela se non polos animaliños, flores, plantas, insectos
Despois dunha boa tarde para convencer a todos os seres vivos do monte para que axudaran no proxecto e outra tarde máis para planificalo todo, xa estaban preparados. lan a repartirse polas casas da xente, devolverlles o lixo as súas casas e plantarlles árbores nas vivendas.
O plan saíu á perfección. A partires dese día a xente nunca máis volveu tirar lixo ao monte.
UNHA ÁRBORE UNHA HISTORIA | VEGALSA-EROSKI
A ALDEA E AS SÚAS ÁRBORES
AITANA MOURE DA VILA
Había unha vez, unha pequena aldea onde vivían ao redor de oitenta persoas, das cales só sete eran rapaces.
Os rapaces tiñan entre catro e once anos, e o que máis lles gustaba facer, era xogar todos xuntos ao fútbol na fraga.
A fraga estaba chea de árbores, había carballos, castaños e piñeiros, que xunto co pequeno regato, dábanlle moita beleza a aquel lugar. Pero para aqueles rapaces, as árbores eran os seus paus das porterias das súas interminables tardes de fútbol.
Pero, nunha noite de treboada, un raio partiu unha das árbores, deixando un burato no chan. Ao día seguinte, Noel, Aitana, Teo, Adrián, Nerea, Matilde e Paula, foron xogar un partido, pero cando viron ese semellante burato, quedaron abraiados, e non puideron evitar meterse nel.
Arrastráronse uns detrás dos outros a través da terra e das raíces, ata que saíron nunha fraga igualiña a súa, a non ser nunha cousiña: as árbores movíanse e podian falar! Os rapaces, cheos de curiosidade, fixéronlles moitísimas preguntas e crearon unha grande amizade.
A partires dese día, despois de porse dacordo, os rapaces deixaron de xogar nese lugar, xa que non querían darlles balonazos as súas amigas as árbores.
45 UNHA ÁRBORE UNHA HISTORIA | VEGALSA-EROSKI
AS BELAS ÁRBORES
EDGAR PÉREZ DURÁN
Nunha pequena aldea rodeada de vexetación, as árbores eran máis que simples elementos da paisaxe. Eran gardiáns da vida, provedores de aire e osíxeno. A historia da importancia das árbores para os humanos manifestábase en cada recuncho dese lugar.
No corazón da aldea, un vello carballo alzábase maxestoso. As súas ramas estendidas ofrecían sombra aos veciños nos dias quentes. Os anciáns do pobo contaban historias sobre como o carballo fora testemuña de xeracións enteiras, sendo fonte de inspiración e consolo para aqueles que buscaban respostas na súa sombra tranquila.
Alén da aldea, un bosque frondoso protexia os límites da comunidade. As árbores alzábanse altas e fachendosas, formando unha barreira natural contra o vento e a chuvia. Os veciños sabian que a saúde do bosque era vital para a súa supervivencia. Non so proporcionaba madeira para construir as súas casas e facer leña, senón que tamén filtraba o auga e o aire, asegurando un ambiente saudable para todos.
Un día, unha tormenta feroz azoutou a aldea, deixando ao seu paso caos e destrución. As árbores, que durante tanto tempo foran fonte de vida, cambalearon polo forte vento. Os veciños unironse nun esforzo conxunto para salvar o pouco que quedaba dese bosque e restaurar a beleza que algún día coñeceron.
Co tempo, o bosque recuperouse, e as árbores volveron reverdecer con forza. Grazas ao accidente os veciños aprenderon unha gran lección: a importancia de coidar e protexer as árbores que os sostiñan. Recoñeceron que a súa relación coa natureza era moi importante, e que cada árbore era un compañeiro de viaxe no delicado equilibrio da vida na terra.
46 UNHA ÁRBORE UNHA HISTORIA | VEGALSA-EROSKI
Dende entón, no pobo, cada árbore era vista como un tesouro moi valioso, unha conexión sagrada coa terra e o ceo. Os nenos crecían aprendendo a respetar e amar a natureza que os rodeaba, sabendo que o seu futuro estaba entrelazado co destino das árbores e de toda a forma de vida no planeta.
Así, a importancia das árbores para os humanos nesa aldea aumentaba. As árbores eran símbolos de esperanza, sabedoria, e a promesa dun mañá máis verde e próspero para as xeracións futuras.
47 UNHA ÁRBORE UNHA HISTORIA | VEGALSA-EROSKI
A LENDA DO MONTE CELTA
XOEL RODRÍGUEZ ABALDE
Fai moito tempo, nun pobo chamado Beade, existía o Monte Celta. Moitos tentaran escalalo, pero non puideron, pois había unha forza máxica que o impedía. Dicíase que alí enriba había un bosque máxico, capaz de curar calquera enfermidade.
Un día, un neno lanzou unha pedra, e sen sabelo, rompeu o encantamento que protexia o bosque. Pero nese momento habia un explorador trepando a montaña, e conseguiu chegar ao cumio. la avisar aos demais, pero sentiu unha voz que dicía:
“Por favor, non llo contes a ninguén. A cambio, eu curareiche calquera enfermidade.”
O explorador, sorprendido, adentrouse no bosque e comezou a buscar a alguén.
“Estou aqui, diante túa. Eu son a Árbore Máxica.” Entón, o explorador mirou unha enorme e frondosa árbore diante súa.
-Como podes curar calquera enfermidade?- preguntou o explorador
“Primeiro quero confiar en ti. Deberás aguantar un ano enteiro se dicirlle a ninguén que este bosque máxico e real”
O explorador asentiu e baixou aos pés da montaña, pero nada máis chegar, non puido aguantar a tentación e díxollo a todo o mundo.
A xente comezou a subir ao bosque e acabou contaminándoo. A Árbore Máxica, moi apenada, díxolle:
“Se queres salvarme terás que cumprir as miñas indicacións”
48 UNHA ÁRBORE UNHA HISTORIA | VEGALSA-EROSKI
O explorador apareceu nun mundo moi abatido. Había enormes nubes de fume saindo dunha fábrica, e moitos coches, tantos que xa parecía un exército de formigas xigantes, contaminantes, e fedorentas. Había lixo polo chan, e cada vez que daba un paso pisaba bolsas, máscaras, e todo tipo de residuos.
Bosques ardendo por culpa da contaminación. Tiña un pau na man no que poñía:
“Todo o que toques desaparecerá.”
Empezou tocando a fábrica, e ao momento podíase ver un ceo azul e un sol replandecente. Tocou os coches, desapareceu o cheiro a gasolina. Tocou o lixo e mirou camiñar a xente feliz sen pisar porcallada. E grazas a todo iso xa non había incendios nos bosques.
Volveu ao lugar onde estaba a árbore máxica, só que agora xa non habia xente e estaba alegre. A árbore dixolle:
“Para curar calquera enfermidade só tés que facer tres cousas:
1. Plantar unha árbore sempre que poidas.
2. Ser respectuoso coa natureza.
3. Reducir, reutilizar e reciclar.
Se fas todo iso curarás calquera enfermidade, e o máis importante, serás feliz e vivirás nun mundo limpo e alegre”
Nota: non sei se esta lenda é certa, pero o que si sei é que tes que coidar o medioambiente ou remataremos coa vida na terra.
UNHA ÁRBORE UNHA HISTORIA | VEGALSA-EROSKI
UNHA ÁRBORE UNHA HISTORIA | VEGALSA-EROSKI
UNHA ÁRBORE UNHA HISTORIA | VEGALSA-EROSKI
UNHA ÁRBORE UNHA HISTORIA | VEGALSA-EROSKI
UNHA ÁRBORE UNHA HISTORIA | VEGALSA-EROSKI
UNHA ÁRBORE UNHA HISTORIA | VEGALSA-EROSKI
UNHA ÁRBORE UNHA HISTORIA | VEGALSA-EROSKI