PREPARACIÓN DE OPOSICIÓNS PROFESORADO DE ENSINO SECUNDARIO
LINGUA GALEGA E LITERATURA SESIÓN PRIMEIRA por Iolanda Rodríguez
PLANIFICACIÓN DAS SESIÓNS- SESIÓN I 1.POSTA EN COMÚN O PROCESO: QUERER – SABER – PODER 2. PREPARACIÓN DO EXERCICIO PRÁCTICO AS ANÁLISES DE TEXTO: ANÁLISE LITERARIA. ANÁLISE LINGÜÍSTICA. ANÁLISE FILOLÓXICA. A ANÁLISE FILOLÓXICA. ESTRUCTURA DA ANÁLISE FILOLÓXICA. 1ª PRÁCTICA 3. PREPARACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA QUE É PROGRAMAR? PUNTOS BÁSICOS DUNHA PROGRAMACIÓN. A UNIDADE DIDÁCTICA. 4. TEMA A A COMUNICACIÓN E AS SÚAS VARIEDADES. A COMUNICACIÓN HUMANA. A LINGUAXE E AS SÚAS FUNCIÓNS 5. TEMA B A LITERATURA COMO PRODUCTO LINGÜÍSTICO, ESTÉTICO E SOCIAL. CARACTERÍSTICAS DA LINGUA LITERARIA. 6. PREPARACIÓN ACTIVA PLANIFICACIÓN DO PROCESO
1.POSTA EN COMÚN
QUE QUEREMOS, QUE SABEMOS…
APOIO EN: comunicar1234@gmail.com
O PROCESO: QUERER – SABER – PODER QUERER
SABER PODER
ACTITUDES VALORES E EMOCIÓNS QUE MOVEN Á ACCIÓN QUEREMOS APROBAR UNHA OPOSICIÓN. TER UN TRABALLO ENSINAR
DESTREZAS, HABILIDADES QUE SE DESENVOLVEN A TRAVÉS DA APRENDIZAXE
APTITUDES COÑECEMENTOS E DESTREZAS QUE SE NECESITAN PARA MANIFESTAR UN COMPORTAMENTO PLANIFICAMOS APRENDEMOS REVISAMOS
ACCIÓN- CONSECUCIÓN COÑECER- APTITUDE
QUE TEMOS QUE SUPERAR? (PREVISIÓN) FASE DE OPOSICIÓN (2/3) 1º PROBA (MÍNIMO 5 PUNTOS, MÍNIMO 25% DO VALOR PARA CADA PROBA) A.1 PROBA PRÁCTICA A. 2 DESENVOLVENTO POR ESCRITO DE UN TEMA ESCOLLIDO ENTRE CATRO
2º PROBA (MÍNIMO 5 PUNTOS) B.1 PRESENTACIÓN DE UNHA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA B.2 PREPARACIÓN, EXPOSICIÓN E, NO SEU CASO, DEFENSA DE UNHA UNIDADE DIDÁCTICA
FASE DE CONCURSO (1/3) FASE DE PRÁCTICAS
O CAMIÑO PARA A COMPETENCIA
CONSEGUIR A CAPA
VESTIR A CAPA
VOAR
ACTIVIDADE: REFLEXIÓN: QUE QUERO? QUE SEI E CALES SON OS MEUS CONDICIONANTES? QUE PODO ACADAR?
2. PREPARACIÓN DO EXERCICIO PRÁCTICO
AS ANÁLISES DE TEXTO: ANÁLISE LITERARIA. ANÁLISE LINGÜÍSTICA. ANÁLISE FILOLÓXICA. A ANÁLISE LITERARIA. ESTRUCTURA DA ANÁLISE LITERARIA. 1ª PRÁCTICA
PERSPECTIVAS DA ANÁLISE DE TEXTOS: As análises permiten comprender plenamente un texto a través do exame dos diferentes planos implicados nel, dos seus elementos constituintes, da súa estructura e ubicación nunhas coordenadas socio-culturais, espazo-temporais, intencionais e estilísticas. Podemos encauzar a análise dun texto desde unha perspectiva literaria, lingüística ou filolóxica. VER Horcas Villarreal, J.M.: Definición y Evolución del Comentario de Texto, en Contribuciones a las Ciencias Sociales, marzo 2009, www.eumed.net/rev/cccss/03/jmhv5.htm
ANÁLISE LINGÜÍSTICA Centrada na clasificación do texto desde os puntos de vista da oralidade e a intencionalidade, da intención e do tema; nas propiedades comunicativas e nos rasgos lingüísticos do mesmo (textuais, fonético-fonolóxico, morfo-sintáctico e léxico-semántico)
ANÁLISE FILOLÓXICA Aborda o texto como expresión dunha comunidade cultural determinada. Utiliza a Historia da Lingua e da Literatura, xunto a coñecementos históricos, filosóficos…, e os propios da Lingüística e a Historia e Crítica Literaria para ubicar o texto nunha época e espazo xeográfico e cultural determinados.
ANÁLISE LITERARIA Permite interpretar os textos literarios, desmiuzando e entrelazando o seu significado e o seu significante, de xeito que se coloquen en interrelación, a partir da observación dos diferentes planos, a súa funció informativa e a súa función estética. Implica reflexión históricoliteraria e comentario formal dos recursos estilísticos, procedementos rítmicos…
https://ruc.udc.es/dspace/bitstream/handle/ 2183/18501/Lopez_Vinas_Xoan_2017_Co mentario %20_filoloxico_texto_Idade_Media.pdf? sequence=3&isAllowed=y
TEXTO 1 (LIBRO DE NOTAS DE ÁLVARO AFONSO, OURENSE 1413, ED. ANSELMO LÓPEZ CARREIRA) Os ditos arrendadores e xuíz realizan o embargo na dita aldea de San Cibrao. (fol. 37v) En este día e ora e por estas enna aldea de San Çibraao, estando y presente Estevo Peres, juis da dita aldea, paresçeu ante el o dito Gonçalvo Migees e presentou o sobre dito mandamento do dito abade e pedio que fesese a dita eysepcuçion en beens do dito Afonso do Eiroo e o dito juis diso que fasia e feso entrega e exsepcuçion en beens do dito Afonso do Eiroo por los mrs. que el devía ao dito abade e ao dito Gonçalvo Migees das alcavalas do anno pasado de XXX III annos que el devía da fieldade que el collera en fieldade e que fose achado por conta çerta que el devía, et que mandava se o dito abade consentise que andasen e se vendesen a seus praseos etç. Tests. Afonso Yanes do Barreo e Joan do Bouteiro e Joan do Curral o moço.
3. PREPARACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA QUE
É PROGRAMAR? PUNTOS
BÁSICOS DUNHA PROGRAMACIÓN. QUE É PROGRAMAR A educación personalizada é aquela na que cada alumno/a é capaz de aprender ao seu ritmo, segundo as súas aptitudes e o seu contexto. Para acadar estas metas é necesario programar a materia impartida, para que esa programación sexa a guía de docente e alumnado. Programar é o proceso mediante o que podemos dar unidade ou estructurar as tarefas educativas mediante un conxunto de operacións nas que o/a docente, de maneira individual ou en equipo, leva a diante para organizar, dispor, executar, regular e avaliar unha actividade didáctica situada nun determinado contexto formativo. A programación é, pois, o conxunto de accións por medio das que se transforman as intencións educativas máis xerais en propostas didácticas concretas que permitan acadar os obxectivos previstos. A programación didáctica consiste na organización racional das accións didácticas que debemos realizar e que serán o guión para a consecución dos obxectivos e apredizaxes determinadas. Temos que considerar que a creación desta programación didáctica é un proceso, é dicir, non está concebida como algo estático e inamovible,. O processo de programar divídese nunha serie de fases que, de maneira cíclica, se reiteran ata a súa perfecta determinación: -DESEÑO PREVIO DA PROGRAMACIÓN - DESENVOLVEMENTO NA AULA - AVALIACIÓN DA PROGRAMACIÓN E CONCLUSIÓN
AS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS SON INSTRUMENTOS DE: PLANIFICACIÓN, DESENVOLVEMENTO E AVALIACIÓN DAS ÁREAS, MATERIAS E ÁMBITOS DO CURRICULUM. NELAS CONCRÉTANSE: OBXECTIVOS, COMPETENCIAS, CONTIDOS, ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE, É DICIR, OS ELEMENTOS QUE COMPOÑEN A METODOLOXÍA E OS CRITERIOS E INDICADORES DE AVALIACIÓN ACTIVIDADE: INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN DA NOSA PROGRAMACIÓN VID DECRETO 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
PUNTOS BÁSICOS DUNHA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 1.ASPECTOS LEGAIS: ORDE do 8 de xuño de 2015 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2015/16, nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. CAPÍTULO II Inicio do curso Artigo 9. Actividades de programación 1.Desde o día 1 de setembro de 2015 ata o inicio das clases, o profesorado dos centros públicos, ben individualmente ben formando parte dos órganos de coordinación didáctica correspondentes, baixo a dirección dos seus responsables, colaborará na elaboración da programación xeral anual e na revisión dos proxectos educativos e concrecións de currículos, participará nas reunións de ciclos, departamentos, claustros e cantas outras actividades estean relacionadas coa organización do curso. Neste período os departamentos didácticos, os equipos de ciclo e os equipos docentes de cada curso, baixo a coordinación e dirección da respectiva xefatura de departamento, coordinación de ciclo ou do profesor titor/a, dedicaranse a elaborar a programación didáctica das ensinanzas correspondentes ao ciclo, ás áreas, materias ou módulos integrados no departamento e a organizar o curso escolar. (…) (...) Ao inicio de curso, o profesor ou profesora responsable de cada departamento, da coordinación de ciclo na educación infantil, e o titor ou titora de curso elaborará información básica relativa á programación didáctica, que dará a coñecer á comunidade educativa seguindo o procedemento establecido no centro para garantir a súa publicidade. Así mesmo, o profesorado informará o alumnado das programacións didácticas da súa área ou materia. Esta información básica incluirá os obxectivos, contidos e criterios de avaliación do ciclo ou curso correspondente e, de ser o caso, os estándares de aprendizaxe avaliables, os mínimos exixibles para obter unha valoración positiva, os criterios de cualificación e os procedementos de avaliación da aprendizaxe que se vaian utilizar.
RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións no curso académico 2015/16 para a implantación do currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia. CAPÍTULO V Programacións didácticas Artigo 13. Programacións didácticas 1.Os departamentos didácticos dos centros docentes desenvolverán o currículo establecido mediante a programación didáctica de cada materia de cada curso que teña encomendada na organización docente do centro. 2.2. A programación didáctica deberá ser o instrumento de planificación curricular específico e necesario para desenvolver o proceso de ensino e aprendizaxe do alumnado de maneira coordinada entre o profesorado compoñente do departamento. 3.3. As programacións didácticas incluirán en cada materia, polo menos, os seguintes elementos: a) Introdución e contextualización. b) Contribución ao desenvolvemento das competencias clave. Concreción que recolla a relación dos estándares de aprendizaxe avaliables da materia que forman parte dos perfís competenciais. c) Concreción, de ser o caso, dos obxectivos para o curso. d) Concreción para cada estándar de aprendizaxe avaliable de: 1º. Temporalización. 2º. Grao mínimo de consecución para superar a materia. 3º. Procedementos e instrumentos de avaliación. e) Concrecións metodolóxicas que require a materia. f) Materiais e recursos didácticos que se vaian utilizar. g) Criterios sobre a avaliación, cualificación e promoción do alumnado.
h) Indicadores de logro para avaliar o proceso do ensino e a práctica docente. i) Organización das actividades de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes. j) Organización dos procedementos que lle permitan ao alumnado acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias, no caso do bacharelato. k) Deseño da avaliación inicial e medidas individuais ou colectivas que se poidan adoptar como consecuencia dos seus resultados. l) Medidas de atención á diversidade. m) Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso que corresponda. n) Actividades complementarias e extraescolares programadas por cada departamento didáctico. ñ) Mecanismos de revisión, avaliación e modificación das programacións didácticas en relación cos resultados académicos e procesos de mellora.
A COMUNICACIÓN E AS SÚAS VARIEDADES. A COMUNICACIÓN HUMANA. A LINGUAXE E AS SÚAS FUNCIÓNS 4. TEMA A
0. INTRODUCCIÓN Á UNIDADE 1. A COMUNICACIÓN. INTRODUCCIÓN Á TEORÍA DA COMUNICACIÓN 2. QUE É A COMPETENCIA LINGÜÍSTICA? 3. QUE É A COMPETENCIA COMUNICATIVA? 4. AS VARIEDADES COMUNICATIVAS 5. A COMUNICACIÓN HUMANA 6. A LINGUAXE 7. AS FUNCIÓNS DA LINGUAXE 8. “A COMUNICACIÓN E AS SÚAS VARIEDADES. A COMUNICACIÓN HUMANA. A LINGUAXE E AS SÚAS FUNCIÓNS” NA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DOS CURSOS DE ENSINO SECUNDARIO OBRIGATORIO E 9. BACHARELATO. 9. BIBLIOGRAFÍA
5. TEMA B
A literatura como producto lingüístico, estético e social. Características da lingua literaria.
A LITERATURA. A LITERATURA COMO PRODUCTO LINGÜÍSTICO. A LITERATURA COMO PRODUCTO ESTÉTICO. A LITERATURA COMO PRODUCTO SOCIAL. CARACTERÍSTICAS DA LINGUA LITERARIA. IMPLICACIÓNS DIDÁCTICAS BIBLIOGRAFÍA
ACTIVIDADE: CONSTRUCCION OU ASIMILACIÓN DE UN DOS TEMAS OU AMBOS
6. PREPARACIÓN ACTIVA
PLANIFICACIÓN DO
PROCESO REFLEXIÓN: CAL É O NOSO RETO? DE ONDE PARTIMOS? QUE CONDICIONANTES TEMOS?
PROGRAMAR, PROGRAMAR, PROGRAMAR…. TEMPORALIZACIÓN COMPROMISO COORDINACIÓN COLABORACIÓN INTERESE META
MOTIVACIÓN : DISCIPLINA TESÓN
ORGANIZACIÓN TRABALLO