35. A literatura como producto lingüístico, estético e social. Características da lingua literaria.
1. A LITERATURA. 2. A LITERATURA COMO PRODUCTO LINGÜÍSTICO. 3. A LITERATURA COMO PRODUCTO ESTÉTICO. 4. A LITERATURA COMO PRODUCTO SOCIAL. 5. CARACTERÍSTICAS DA LINGUA LITERARIA. 6. IMPLICACIÓNS DIDÁCTICAS 7. BIBLIOGRAFÍA 1
1. A LITERATURA. O vocábulo literatura procede do latín LITTERATTURA, que significaba “a letra do
alfabeto”.
súa etimoloxía á
Semella
patente
escrita,
a
que
aquilo
o -se
termo ben
está non
vencellado
ocorre
o
pola
mesmo
en alemán (Wortkunst) e ruso(slovesnóst)- que está impreso. A primeira dificultade para comprendermos o vocábulo procede do feito de que hoxe empregamos esta palabra para nos referirmos á literatura oral de fontes tradicionais e populares polo que podemos deducir que o concepto que atesoura o termo “literatura” sufriu unha considerable evolución histórica. A segunda dificultade, expresada por Escarpit en ‘’Le littéraire et le social’‘, débese a escasa precisión da palabra, pois pode significar o mundo das letras, a arte do escribir, as obras literarias dunha época, as obras literarias dunha corrente ou escritor, a arte presente en obras populares non escritas,... O único xeito de definirmos o que é literatura é comprendermos as peculiaridades que ten a linguaxe literaria e contrapolala á linguaxe científica e á linguaxe cotiá. Unha simple ollada a este cadro permítenos diferenciar o que é linguaxe literaria e linguaxe científica:
Moito máis complicado é distinguir a linguaxe literaria e a linguaxe cotiá, pois esta comprende actos de fala moi variados (xergas, fraseoloxía oficial,
2
conversación, pregarias, linguaxe amorosa,...). Moitas das características da linguaxe literaria xa expresadas resultan válidas tamén para a linguaxe cotiá.
Salvando que a linguaxe literaria tenta frecuentemente reproducir timidamente mediante signos de interrogación, exclamación, puntos suspensivos e outros procedementos as características paralingüísticas, cinésicas e proxémicas da linguaxe oral, poderiamos facer unha primeira distinción baseada en que, agás no simbolismo fónico das onomatopeas na linguaxe cotiá non hai conciencia dos signos. As marxes entre estas dúas linguaxes, segundo René Wellek e Austin Warren, non
son
de
índole
cualitativa,
senón,
máis
ben,
unha
apreciación
cuantitativa:Os recursos da linguaxe explótanse na linguaxe literaria moito máis deliberada e sistematicamente: A linguaxe poética organiza, tensa os recursos da linguaxe cotiá e ás veces chega a facerlles violencia esforzándose en esperta-la nosa conciencia e provoca-la nosa atención. Moitos destes recursos encóntraos o escritor formados e performados pola obra calada e anónima de moitas xeracións. RENÉ WELLEK e AUSTIN WARREN: Teoría literaria. Gredos. 1981. Páx 29 A isto hai que engadir que a literatura é ficción, fantasía. Mesmo unha novela histórica, na cal semella darse información sobre sucesos reais, dista moito de ser un ensaio ou un tratado histórico sobre unha época concreta. A ficción é unha característica inherente á comunicación literaria
2. A
LITERATURA
COMO
PRODUCTO
LINGÜÍSTICO. Na obra literaria, a lingua sofre distintas alteracións que teñen como finalidade a LITERATURIZACIÓN do código lingüístico. O emisor chama a atención sobre a lingua. A linguaxe literaria caracterízase por representar un mundo imaxinario e pola súa plurignificación . O signo lingüístico é portador de múltiples 3
dimensións semánticas, lonxe do significado unívoco das linguaxes científica, xurídica… A historia da Literatura é unha constante exploración das posibilidades significativas da lingua e unha permanente creación de novos recursos expresivos. A Literatura pode servir como vehículo de evasión e ao mesmo tempo de crítica social. A Literatura é unha arte que utiliza unha lingua como medio de expresión, un permanente acto de comunicación lingüística.- Creación verbal ou tradición oral (uso da lingua falada, por ex. as primeiras composicións como cancións, lendas e contos).- Creación escrita (literatura culta). Características da lingua literaria: . Predominio da función poética: o acto de comunicación céntrase na mensaxe, na súa disposición, na forma como se transmite. A linguaxe ten un propósito estético. . Uso da linguaxe connotativa: as palabras cárganse de significacións subxectivas.. Emprego de recursos literarios.
3. A LITERATURA COMO PRODUCTO ESTÉTICO. A estética é unha rama da filosofía que se encarga de estudar a maneira como o razoamento do ser humano interpreta os estímulos sensoriais que recibe do mundo circundante. Poderíase dicir, así como a lóxica estuda o coñecemento racional, que a estética é a ciencia que estuda o coñecemento sensible, o que adquirimos a través dos sentidos. Entre os diversos obxectos de estudo da estética figuran a beleza ou os xuízos de gusto, así como as distintas maneiras de interpretalos por parte do ser humano. Por tanto, a estética está intimamente ligada á arte, analizando os diversos estilos e períodos artísticos conforme ó diversos compoñentes estéticos que neles se atopan. A miúdo adóitase denominar a estética como unha “filosofía da arte”. A estética é unha reflexión filosófica que se fai sobre obxectos artísticos e naturais, e que 4
produce un “xuízo estético”. A percepción sensorial, unha vez analizada pola intelixencia humana, produce ideas, que son abstraccións da mente, e que poden ser obxectivas ou subxectivas. As ideas provocan xuízos, ó relacionar elementos sensoriais; á súa vez, a relación de xuízos é razoamento. O obxectivo da estética é analizar os razoamentos producidos polas devanditas relacións de xuízos. O termo estética provén do grego αἴσθησις (aísthêsis, ‘sensación’). Foi introducido
polo
filósofo alemán Alexander
Gottlieb
Baumgarten na
súa
obraReflexións filosóficas acerca da poesía (1735), e máis tarde na súa Aesthetica (1750). Así pois, a Historia da estética, rigorosamente falando, comezaría con Baumgarten no século XVIII, sobre todo coa sistematización desta disciplina realizada por Immanuel Kant. Con todo, o concepto é extrapolable ós estudos sobre o tema efectuados polos filósofos anteriores, especialmente desde a Grecia clásica. Cabe sinalar, por exemplo, que os antigos gregos tiñan un vocábulo equiparable ó actual concepto de estética, que era Φιλοκαλία (filocalía, ‘amor á beleza’). Poderíase dicir que en Grecia naceu a estética como concepto, mentres que con Baumgarten convértese nunha ciencia filosófica. Segundo Arnold Hauser, as «obras de arte son provocacións coas cales polemizamos», pero que non nos explicamos. Interpretámolas de acordo coas nosas propias finalidades e aspiracións, trasladámoslles un sentido que ten a súa orixe nas nosas formas de vida e hábitos mentais. Nós, «de toda arte coa cal temos unha relación auténtica facemos unha arte moderna». Hoxe en día, a arte estableceu uns conxuntos de relacións que permiten englobar dentro dunha soa interacción a obra de arte, o artista ou creador e o público receptor ou destinatario. Hegel, no seu Estética, tentou definir a transcendencia desta relación dicindo que «a beleza artística é máis elevada que a beleza da natureza, xa que cambia as formas ilusorias deste mundo imperfecto, onde a verdade escóndese tralas falsas aparencias para alcanzar unha verdade máis elevada creada polo espírito». A arte é tamén un xogo coas aparencias sensibles, as cores, as formas, os volumes, os sons etc. É un xogo gratuíto onde se crea da nada ou de pouco máis que a nada unha aparencia que non pretende outra cousa que 5
enganarnos. É un xogo pracenteiro que satisfai as nosas necesidades eternas de simetría, de ritmo ou de sorpresa. A sorpresa que para Baudelaire é a orixe da poesía. Así, segundo Kant, o pracer estético deriva menos da intensidade e a diversidade de sensacións, que da maneira, en aparencia espontánea, pola cal elas manifestan unha profunda unidade, sensible no seu reflexo, pero non conceptualizable. Para Ernst Gombrich, «en realidade a arte non existe: só hai artistas». Máis adiante, na introdución da súa obra A historia da arte, di que non ten nada de malo que nos deleitemos no cadro dunha paisaxe porque nos lembra a nosa casa, ou nunretrato porque nos lembra un amigo, xa que, como humanos que somos, cando miramos unha obra de arte estamos sometidos a un conxunto de recordos que para ben ou para mal inflúen sobre os nosos gustos. Seguindo a Gombrich, pódese ver como ós artistas tamén lles sucede algo parecido: no Retrato
dun
neno
(Nicholas
Rubens),
o
pintor flamengo
Rubens representouno fermoso, xa que seguramente se sentía orgulloso do aspecto do neno, e quíxonos transmitir a súa paixón de pai á vez que de artista; no Retrato da nai, o pintor alemán Durero debuxouna coa mesma devoción e amor que Rubens sentía polo seu fillo, pero aquí vemos un estudo fiel da cara dunha muller vella, non hai beleza natural, pero Durero, coa súa enorme sinceridade, creou unha gran obra de arte.
4. A LITERATURA COMO PRODUCTO SOCIAL. A socioloxía da arte é unha disciplina das ciencias sociais que estuda a arte desde unha formulación metodolóxica baseada na socioloxía. O seu obxectivo é estudar a arte como produto da sociedade humana, analizando os diversos compoñentes sociais que concorren na xénese e difusión da obra artística. A socioloxía da arte é unha ciencia multidisciplinar, recorrendo para as súas análises a diversas disciplinas como a cultura, a política, a economía, a antropoloxía, a lingüística, a filosofía, e demais ciencias sociais que inflúan no devir da sociedade. Entre os diversos obxectos de estudo da socioloxía da arte atópanse varios factores que interveñen desde un punto de vista social na 6
creación artística, desde aspectos máis xenéricos como a situación social do artista ou a estrutura sociocultural do público, até máis específicos como o mecenado, o mercantilismo e comercialización da arte, as galerías de arte, a crítica de arte, o coleccionismo, a museografía, as institucións e fundacións artísticas etc.[75] Tamén cabe remarcar no século XX a aparición de novos factores como o avance na difusión dos medios de comunicación, a cultura de masas, a categorización da moda, a incorporación de novas tecnoloxías ou a apertura de conceptos na creación material da obra de arte (arte conceptual, arte de acción). A socioloxía da arte debe as súas primeiras formulacións ó interese de diversos historiadores pola análise da contorna social da arte desde mediados do século XIX, sobre todo trala irrupción do positivismo como método de análise científica da cultura, e a creación da socioloxía como ciencia autónoma por Auguste Comte. Con todo, a socioloxía da arte desenvolveuse como disciplina particular durante o século XX, coa súa propia metodoloxía e os seus obxectos de estudo determinados. Principalmente, o punto de partida desta disciplina adóitase situar inmediatamente despois da Segunda Guerra Mundial, coa aparición de diversas obras decisivas no desenvolvemento desta corrente disciplinar: Arte e revolución industrial, de Francis Klingender (1947); A pintura florentina e o seu ambiente social, de Friedrich Antal (1948); e Historia social da literatura e a arte, de Arnold Hauser (1951). Nos seus inicios, a socioloxía da arte estivo estreitamente vinculada ómarxismo -como os propios Hauser e Antal,
ou Nikos
Hadjinikolaou,
autor
de Historia
da
arte
e
loita
de
clases (1973)-, aínda que logo se desmarcou desta tendencia para adquirir autonomía propia como ciencia. Outros autores destacados desta disciplina son Pierre Francastel, Herbert Read, Francis Haskell, Michael Baxandall, Peter Burke, Giulio Carlo Argan etc
5. CARACTERÍSTICAS DA LINGUA LITERARIA. Cando a linguaxe non se utiliza con finalidade informativa senón lúdica, estamos diante de textos literarios. Mais este requisito, sendo imprescindible, 7
non é o único. Para que exista un texto literario a linguaxe ten que ser empregada dun xeito especial, creando no lector/oínte un pracer estético que poida percibir polos sentidos, é dicir, que o pasemos ben (ou mal) non só co que se nos conta senón tamén tamén coas sensacións que nos producen a escolla das palabras, a súa colocación, os sons coas que as pronunciamos. A poética é unha ciencia nomotética, que ten por obxecto de estudo as artes e, entre elas especialmente aínda que non exclusivamente, a literatura. Para Igor Stravinskii, a poética é un estudo da obra que vai a realizarse, é un facer da orde. Para Greimas, a poética designa o estudo da poesía como a teoría
xeral
das
obras
literarias
(Greimas
e
Courtes,
Semiótica,
"Poética", Dicionario razoado da teoría da linguaxe, 309). Para Todorov, a poética é unha ciencia que estuda o discurso literario; apunta a unha reflexión científica sobre a literatura, situándose non no conxunto de feitos empíricos que determinan as obras literarias, senón no discurso literario. Todorov asume que a obra literaria é unha estrutura abstracta posible, na cal existen constantes discursivas que poden ser estudadas por un estudo científico. Como disciplina propia do discurso literario, a poética ten un obxecto propio, a literatura, á cal diferenciará formalmente doutro tipo de discursos. Isto débese a que a linguaxe da literatura diferénciase das outras linguaxes porque está constituída por un código poético. Non obstante pódese apoiar nas outras ciencias na medida que a linguaxe forme parte do obxecto. Tales como as disciplinas que traten do discurso. A poética, segundo Todorov, definirase necesariamente en dous extremos, dende o moi particular, ó demasiado xeral. Isto implica que unha xeneralización por medio do discurso, non debe ser inflexible, senón que debe aterse á descrición do específico e do singular (31). Isto significa que se debe teorizar máis ca apelar unha metodoloxía estrita. Como ciencia que se está facendo, a poética de Todorov é unha proposta para o estudo do discurso literario, polo tanto, apenas enuncia as bases da poética, para logo entrar no análise do texto literario. Tamén se designa poética ó estudo dun autor que fai sobre as súas obras.
8
Na súa Poética (do verbo poiein, que significa facer, xerar) Aristóteles afirma que todo acto de creación artística é no fondo mímese, imitación. E afirma que polo obxecto de imitación se distinguen as artes, que para el son a danza, a pintura, a escultura, a literatura e a música. Delas, varias se valen do ritmo, o canto e o verso: a poesía dos ditirámbicos, os nomos, a traxedia e a comedia. Todas estas constitúen a literatura: A Epístola ós Pisóns do poeta Horacio, máis coñecida como Ars poética, veu a ser un dos piares do clasicismo na literatura. Gaba os modelos gregos como mestres e proporciona consellos técnicos ós poetas noveis. Fronte a Aristóteles, Horacio adopta outro ton, xa que, a diferenza do filósofo, o mesmo é un artista da palabra e pode achegar a súa propia experiencia como creador. O texto conta con trinta apartados delimitados polos vocativos utilizados para chamar a atención dos seus destinatarios, os Pisóns. Valéndose do símil ou comparación ("Así como as árbores mudan a folla ó morrer ó ano ...así tamén perecen co tempo as palabras antigas..." VII), das anécdotas ("Un estatuario de cerca do Circo de Emilio ..." IV), da metáfora ("O atleta que anhela chegar primeiro á meta ... moito tempo se exercitou de neno..."XXIX), e do argumento de
autoridade ("Homero
nos
ensinou
..."
VIII)
concreta
a
súa
intención didáctica. No ano de 1937 na Lección inaugural do curso de Poética no College de France, Paul Valéry dita a primeira lección do curso de Poética. O seu problema a resolver: revalidar a poética non como unha suma de regras formais fixas na cal se determinaba cómo se debía facer arte. Senón en pensalo como un facer “O facer, o poiein do que me quero ocupar, é aquel que se acaba nalgunha obra e que chegarei axiña a limitar a ese xénero de obras que se deu en chamar obras do espírito” (Válery, 108). Este facer que está no uso do seu espírito, e que emprega tódolos medios físicos, sen limitarse ás propias regras, será o obxecto de estudo na creación. Unha figura
estilística, figura
da
linguaxe ou figura
retórica é
unha
estratexia literaria que os escritores poden aplicar no texto para conseguir un efecto determinado no lector. Son formas de expresión máis localizadas en comparación coas funcións da linguaxe, que son características globais do 9
texto.
Pódense
relacionar
con
aspectos fonolóxicos,
morfosintácticos ou semánticos. Dado que se poden utilizar fóra do ámbito da Poética para convencer a un auditorio, poden incluírse como parte da Retórica.
Algunhas
figuras
do
compoñente
métrico
fonolóxico Aliteración: Combinación repetida de certos sons iguais ou afíns ó longo dun verso, estrofa ou poema. 1. Apóstrofe: Nunca leva signos de interrogación. Invocación ou chamada a
un ser ausente ou presente, real ou imaxinario, mesmo personificado. 2. Exclamación retórica: Sempre entre signos de exclamación. O poeta
trata de expresar sentimentos subxectivos conectados directamente coas súas máis íntimas sensacións. 3. Fonosimbolismo: Evocación de sensacións non auditivas por medio da
expresividade dos sons, Pode ser visual, táctil, cinético ou auditivo 4. Interrogación retórica: Entre signos de interrogación. Consiste na
formulación dunha pregunta que non precisa ningunha resposta. 5. Onomatopea: Aliteración que trata de reproducir ou suxerir sons da
realidade. 6. Paronomasia:
Reunión de voces de pronuncia semellante con
significados distintos 7. Similicadencia: Úsanse palabras con son semellantes no mesmo
accidente gramatical (verbos con mesmos sufixos).
Algunhas
figuras
do
morfosintáctico
10
compoñente
Por omisión 1. Reticencia: Figura que consiste en deixar unha idea sen acabar a nivel
gráfico porque se sobreentende. Vai indicada por puntos suspensivos: Ofreceume os seus labios e... 2. Braquiloxía: Supresión de elementos da frase que non están no contexto 3. Zeugma: Figura estilística que consiste na omisión dun termo nun
enunciado estando este presente nos seguintes 4. Asíndeto: Figura retórica que consiste en omiti-las conxuncións para dar
viveza ou enerxía ó concepto. 5. Parataxe: É a relación de coordinación entre dúas frases (que están
nunha relación de subordinación implícita) dentro dun enunciado 6. Elipse: Elisión de elementos gramaticais.
Por acumulación 1. Amplificación: Figura retórica consistente no desenvolvemento dun
motivo cun máximo de palabras para alonga-lo texto.Pode valerse de calquera fenómeno producido por acumulación ou recorrencia. 2. Paráfrase: Figura retórica consistente en repetir ou traducir un discurso
oral ou escrito con liberdade, sen se axustar ó orixinal. 3. Paréntese: Inclusión no medio dun discurso oral ou escrito de asuntos
secundarios que supoñen unha pausa ou ralentización no percorrido principal. 4. Expolitio: Achega un mesmo motivo con múltiplas perspectivas. 5. Interpretación: Consiste en repeti-lo mesmo con outras palabras. 6. Digresión: Inclusión no medio dun discurso oral ou escrito de asuntos
máis ou menos improcedentes que supoñen unha saída fóra de tema. 7. Perífrase: Exprésase por medio dun rodeo de palabras o que podería
ser dito máis brevemente. 8. Pleonasmo: Engadir palabras innecesarias pero arriquecedoras pola seu
valor expresivo. 9. Circunlocución: Expresión por medio dun rodeo de palabras de algo que
pode designarse máis directamente 11
10. Enumeración: Acumulación ordenada ou caótica de palabras sucesivas 11. Paradiástole: Acumulación opositiva de expresións con significados
próximos 12. Epíteto: Adxectivo que repite un ou varios semas do significado da
palabra á que se refire. Por alteración da concordancia 1. Silepse: Ruptura da concordancia gramatical mantendo o sentido
semántico 2. Hipálaxe: Aplicación dun complemento oracional a unha parte que non
lle corresponde 3. Anacoluto: Ruptura da concordancia gramatical producindo un efecto
ilóxico Por orde 1. Enálaxe: Figura gramatical mediante a que se realiza o cambio funcional
dunha parte de discurso por outra. 2. Hipóstase: Emprego dunha palabra desenvolvendo unha función
sintáctica que non lle compete. 3. Hipérbato: Alteración da orde lóxica ou normal da frase. 4. Histetoloxía: Hipérbato que anticipa o que loxicamente debería estar
posposto. 5. Tmese: Hipérbato que intercala un elemento entre dous compoñentes
dunha palabra, habitualmente composta. 6. Catáfora: Presentación anticipativa do que vai vir despois. 7. Retrúcano: Consiste en usar as mesmas palabras con orde inversa e
significado contrario. 8. Calembur: Figura que xorde cando ó agrupar doutro modo as sílabas
das palabras estas cambian de significación. Por concorrencia 1. Anadiplose: A última palabra dun verso é a primeira do verso seguinte. 12
2. Epanalepse: Repetición dunha ou máis palabras en contacto. 3. Epanadiplose: A primeira palabra dun verso é a última dese verso ou do
verso seguinte. 4. Concatenación: Continuación progresiva da anadiplose. 5. Anáfora: Repetición dunha ou varias palabras ó inicio do verso. 6. Epífora: Repetición dunha palabra ou grupo de palabras ó final dun
verso, dunha estrofa ou dun período. 7. Epínome: Repetición dunha expresión ou dun verso ó longo do texto. 8. Complexión: Anáfora e epífora simultáneas. 9. Paralelismo: Estruturación dunha composición en varios conxuntos
seguindo o mesmo esquema. 10. Polipote: Consiste en empregar palabras da mesma raíz potenciando o
seu valor semántico. 11. Homeoptoto ou Similicadencia: Repetición dunha raíz con diferentes
sufixos. 12. Polisíndeto: Repetición de conxuncións. Moi frecuente na lírica popular
Algunhas figuras do compoñente semántico 1. Metáfora: Tropo que designa un obxecto mediante outro co que ten unha
relación de semellanza 2. Símil ou Comparación: Consta dun plano real A e un plano evocado B,
unidos por un nexo comparativo (como,...) 3. Alegoría: Metáfora continuada 4. Metonimia ou Sinécdoque: Noméase o todo por unha parte, unha parte
por outra, unha parte polo todo,... 5. Antonomasia: Consiste en substituír un nome común por un nome propio
(tamén pode ser común), o cal posúe algunha relación co inicial nome común. 6. Prosopopea: Atribúese calidades humanas a algo que potencialmente
carece delas
13
7. Lítote: É a atenuación do que se quere expresar. Atenuación que se
logra mediante un rodeo de palabras, normalmente precedidas do adverbio de negación non 8. Sarcasmo: Ironía cruel ou mordaz. 9. Oxímoro: Unión de conceptos incompatibles 10. Paradoxo: Unión de ideas aparentemente opostas ou irreconciliables. 11. Silepse ou Diloxía: Palabra usada en dous sentidos simultaneamente. 12. Hipérbole: Esaxeración desmesurada. 13. Sinestesia: É un tropo que consiste en mesturar sentimentos con
sensacións visuais, olfativas, gustativas,... 14. Antífrase: Atribucións a un elemento de características contrarias ás
súas 15. Antítese: Oposición de elementos contrarios. 16. Ironía: Consiste en expresar unha idea con palabras que indican
aproximadamente o contrario do que e quere dicir. 17. Símbolo: Consiste en substituír un substantivo que se refire a un
elemento ou sentimento por outro substantivo con que aparentemente non ten relación. O elemento, polo que se substitúe trata de representar unha realidade espiritual.
6. IMPLICACIÓNS DIDÁCTICAS O bloque 5, "Educación literaria" asume o obxectivo de facer dos alumnos e as alumnas lectores e lectoras competentes, con implicación nun proceso de formación de lectura que continúe ao longo de toda a vida. Ademais, o alumnado achegarase á historia da literatura galega, así como ás súas obras e aos seus autores e as súas autoras máis salientables, e recoñecerá a vinculación destes produtos literarios coa historia de Galicia. Este tema resultará útil como soporte docente para tratar a lingua literaria en todos os cursos da ESO e Bacharelato, sempre que se xeren recursos
14
didácticos que o adapten aos estándares de aprendizaxe previstos para este bloque en cada nivel.
7. BIBLIOGRAFÍA * Este tema foi elaborado a partir de materiais abertos, distribúese como produto da compilación, por tanto non orixinal e procura reunir nun discurso unificado textos que, cohesionados, contribúan á síntese de información sobre o enunciado proposto.
ALBADALEJO, TOMÁS: Retórica, Ed. Síntesis. Madrid, 1989.
GARCÍA BERRIO, ANTONIO e HERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, TERESA: La poética: Tradición y modernidad, Ed. Síntesis, Madrid, 1988
DUCROT, OSWALD e TODOROV, TZUETAN: Diccionario Enciclopédico de las Ciencias del Lenguaje, Ed. Siglo XXI, Madrid, 1983
ALONSO, A: Materia y forma en poesía, Madrid. Gredos. 1969
ALONSO, A.: Poesía española. Madrid. Gredos. 1981
ANTAS, D: Auxiliar para el comentario de textos literarios. Barcelona. PPV 1987
BOUSONTO, C: Teoría de la expresión poética. Madrid-Gredos. 1984
FERNÁNDEZ, PH: Estilística. Madrid, Porrúa Turanzas SA. 1984
JAKOBSON, R: Questions de poetique. París. 1984
KAYSER, W: Interpretación y análisis de la obra literaria. Madrid. Gredos. 1989
MARCHESE & FORRADELLAS: Diccionario de retórica, crítica y terminología literaria. Ariel. 1989
RODRÍGUEZ ALONSO, MANUEL: Lingua galega e literatura 1. SM. 2008
WELLEK, RENÉ & WARREN, AUSTIN: Teoría literaria. Gredos. 1966
15