Nº de páxinas: 352 pp. ISBN: 9788412166187
A Biblia: o Libro de Historias sobre Xesús conta esa historia debaixo de todas as historias da Biblia. Dende Noé ata Moisés e o gran Rei David, cada historia apunta a un Neno. De quen todo ía depender... Hai moreas de historias na Biblia, mais todas as historias contan unha Gran Historia. A Historia de como Deus ama os seus fillos e acode no seu rescate.
Prezo
venda
17€
Sobre a autora Sally Lloyd-Jones escribiu máis de 25 libros (en teoría pensando nos nenos, pero moitos adultos tamén gozan deles).
Esta Biblia invita aos nenos a descubrir por si mesmos quen está no centro da gran historia de salvación de Deus e tamén no centro da súa historia. Porque a Biblia non é un libro de regras, ou un libro de heroes. A Biblia é sobre todo unha Historia. E no centro da Historia hai un bebé. E cada historia na Biblia murmura o seu nome. Animaría, non só ás familias con nenos pequenos a que obteñan este libro, senón a todos os cristiáns, dende quenta-bancos ata líderes ministeriais, seminaristas e mesmo teólogos. Sally Lloyd-Jones capturou o corazón do que significa atopar a Cristo en todas as Escrituras e deixou claro, mesmo aos nenos pequenos, que toda a revelación de Deus foi sobre Xesús dende o principio, unha verdade non tan coñecida polo xeral nin sequera entre os moi eruditos.
Sally naceu en Kampala, Uganda; criouse en África e nun internado en New Forest, Inglaterra; estudou na Sorbona e agora vive en Nova York. Ela mesma di: “teño o mellor traballo do mundo: escribir historias. E póñome a traballar para os mellores xefes do mundo: os nenos. Estou moi agradecida”.
Outros libros de Sally Lloyd-Jones
libros@andamioeditorial.com www.andamioeditorial.com
Timothy Keller