2
© CONCELLO DE OLEIROS, 2014. Deseño: Estudio Herminio Martinez [NPHM]· Impresión: Rodi Artes Gráficas, s.l.
Estimados amigos e amigas, Como todos e todas coñecedes, os esforzos máis importantes aos que adica a súa política o Goberno Local, son os encamiñados ao eido dunha educación pública e de calidade, nunha clara aposta polo futuro dos nosos rapaces e rapazas. Por iso, un ano máis presentamos esta publicación que recolle unha serie de proxectos e actividades que os distintos departamentos relacionados coa educación e a formación programaron para realizar neste curso escolar 2014-2015. Desexamos que todas as propostas aquí formuladas sexan do voso interese e contribúan un curso máis a fomentar os valores da convivencia e da solidariedade, tentando colaborar no inxente traballo diario que desenvolvedes.
Ángel García Seoane Alcalde de Oleiros
3
4
ÍNDICE
Guía xeral de actividades por temas e idades ...................................................6 Concellería de Ensino e Xuventude ................................................................... 9 Concellería de Deportes ................................................................................... 33 Actrividades Extraescolares .........................................................................43 Concellería de Cultura........................................................................................ 53 Campaña de Teatro Escolar ..........................................................................54 Servizo de Normalización Lingüística......................................................... 57 Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais ...............................................69
5
GUÍA XERAL DE ACTIVIDADES ACTIVIDADE
Páxina
INFANTIL
PRIMARIA
ESO
BACHARELATO
educación e xuventude
10 12 13 14 17 23 25 26 27 28 29 30 30 31 31
deportes
4º 5º 6º 1º 2º 3º 4º 5º 6º 1º 2º 3º 4º PROMESA,PROGRAMA DE EDUCACIÓN PARA A SAÚDE COMIDA E SAÚDE, PROGRAMA DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE EDUCASEXOLEIROS, PROGRAMA DE EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL APRENDEMOS NA NATUREZA COÑECER OLEIROS/ CONTORNA OLEIROS UN DÍA EN GALICIA HORTAS ESCOLARES CONDÚCETE CON SENSO. EDUCACIÓN CÍVICA E VIARIA. AUTOPROTECCIÓN ESCOLA COEDUCATIVA TEATRO. III OLEIROS COMEDIA MUSICA. OLEIROS COA MÚSICA XIV CONCERTOS PEDAGÓXICOS MUNICIPAIS XIII XORNADAS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA PRAEMO, PROGRAMA DE REFORZO E APOIO ESCOLAR MUNICIPAL LIGA ESCOLAR DE JUDO PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN DE XOGOS POPULARES PROGRAMA COMPLEMENTARIO DE EDUCACIÓN FISICA ENCONTROS DEPORTIVOS INTERCENTROS PROGRAMA MUNICIPAL DE ACTIVIDADES ACUÁTICA ESCOLAR ESCOLA DEPORTIVA MUNICIPAL DE HOCKEY A PATÍNS ESCOLA MUNICIPAL DE SURF
34 34 35 36 37 40 42
PROGRAMA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PARGA PONDAL PROGRAMA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CASA POBO DE NOS
44 44
* 6
X
X
X
X
X
X X
X X
X X
X
X X
X X
X X
X
X
X X X X
X X X X
X
X
X
X
C.F.
1º
2º
1º
2º
X
X
X
X
X
X
X X X X
X X X X
X X X
X X X
X X X
X X X
X X
X X
X
X
X X
X X
X X X
X X X
X X X
X X X
X X
X X
X
X
X X
X
X X
X X
X X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X X
X
X
X X X X X X
X X X X X
X X X X
X X X X
X X X
X X X
X X X
X X X
X
X
X
X
X
X
X
X X X
X
X X X
X
X X X
X
X X X
X
*O programa de Actividades Extraescolares desenvólvese conxuntamente polas Concellerías de Ensino e Xuventude e de Deportes
X
X
X
GUÍA XERAL DE ACTIVIDADES
ACTIVIDADE
Páxina
INFANTIL
PRIMARIA
ESO
BACHARELATO
normalizaciÓn bibliotecas
CULTURA
4º 5º 6º 1º 2º 3º 4º 5º 6º 1º 2º 3º 4º P. TEATRO ESCOLAR: HOXE O COLE VAI DE TEATRO
54
X
ROTEIRO CULTURAL E LITERARIO
58
PREMIO LITERARIO DESCUBRINDO OLEIROS
58
CONTOS DE DEFUNTOS (E OUTROS ASUNTOS) ROSALÍAS, UNHA VIDA DE LUCES E SOMBRAS O TESOURO DA BRUXA MARUXA
60
HISTORIA MÁXICA DE GALICIA
62
LINGUA FORZA 3
63
O GALEGO NA SÚA VOZ
63
CONCERTO A NENA E O GRILO NO PAÍS DAS APERTAS
64
TEATRO ZAMPÓN O LAMBÓN
65
GALICIA, PAÍS DAS LETRAS!
66
OBRADOIRO DE RADIO AS LETRAS GALEGAS
67
CORRELINGUA
67
ENCONTRO INTERCENTROS: FESTA DA LINGUA
67
MITOS E DEIDADES NA EPOCA DOS CASTROS
70
XXIV CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DA LECTURA
72
X
X
X
O AVIADOR
73
X
X
X
O LOBO BOBO
73
X
X
X
A COCIÑEIRA DO REI ABRAPALABRA CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE
75
UN CONTO DE TRES NOITES
75
XEOGRAFÍA DO IMAXINARIO
76
OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN SENSACIÓNS DEBUXADAS
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
59
X
X
59
X X
X
2º
X
X
X X
X
1º
X X X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X X
X
X X X
X X
X X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
74
X
X
X
74
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
77
X
X
X
X
77
X
X
X
X
7
GUÍA XERAL DE ACTIVIDADES
8
bibliotecas
CULTURA
ACTIVIDADE
Páxina
INFANTIL
PRIMARIA
ESO
BACHARELATO
TALLER DE BANDA DESEÑADA
78
X
X
X
X
X
X
HIP HOP POEMA POP
78
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
LEIXAPREM
79
ENCONTROS CON ESCITORES/AS
80
X
X
X
X
OBRADOIRO INFANTIL DE POESIA
80
X
X
X
X
OBRADOIRO XUVENIL DE POESIA
81
OBRADOIRO DE CURTAMETRAXES
81
O CORAZÓN DELATOR E OUTROS CONTOS
82
CONTOS DE CANDIL QUE NINGUÉN CRE
82
DE FOLE E MIRANDA
83
CAMPOS DE CASTILLA
83
CONTOS ESCOLLIDOS
84
X
X
X
LA VOZ A TI DEBIDA
84
X
X
X
VISITAS GUIADAS Á BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA
85
X
X
X
X
CONTOS CONTADOS CON TODOS E TODAS
85
MULLERES QUE CORREN CON LOBOS
86
X
DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL. BAILAR NAS NUBES DIA DO LIBRO. LAS INGENIOSAS DEL HIDALGO: EL QUIJOTE EN VOCES DE MUJERES DIA DAS LETRAS GALEGAS PANORÁMICA DA LITERATURA GALEGA ACTUAL
88
CLUB DE LECTURA XUVENIL RIALEDA
90
ROTEIRO CULTURAL E LITERARIO
90
87
X X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
89 x
X X
x
x
X
X
X
X
X
X
x
x
x
x
x
x
x
X
X
X
X
X
X
X
CONCELLERÍA DE
ENSINO E XUVENTUDE Sandra Fernández Fernández Concelleira delegada de Ensino e Xuventude s.fernandez@oleiros.org Anxo Barreiros de la Torre Pedagogo municipal a.barreiros@oleiros.org Jerónimo Díez Domínguez Coordinador de programas educativos j.diez@oleiros.org Centro Cultural A Fábrica Rúa do Inglés, nº13, 15172 Perillo – Oleiros Teléfono: 981 636 598 ensino@oleiros.org; c.xuventude@oleiros.org 9
PROGRAMA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
EDUCACIÓN PARA A SAÚDE PROMESA, PROGRAMA DE EDUCACIÓN PARA A SAÚDE E PREVENCIÓN DE ADICCIÓNS A educación para a saúde debe ser entendida como un proceso orientado ao uso de estratexias efectivas para axudar os individuos a adoptar ou modificar condutas que melloren a súa saúde. Tendo en conta isto, desde o Concello de Oleiros apostamos por un traballo desde idades temperás, polo que a nosa proposta comeza neste curso escolar en 5º de primaria, xa que nestas idades comézase a configurar distintos aspectos da vida dos nenos e nenas que farán que se incremente ou non a posibilidade de consumos e adiccións en anos vindeiros. O obxectivo do traballo en Primaria, é o de fomentar e fortalecer a autoestima dos nenos e nenas. Neste curso, e co obxecto de adaptarnos ás necesidades reais de cada centro, de cada rapaz, o programa tratará novos contidos, novos temas, á vez que poñeremos a disposición de cada centro un programa de apoio e intervención, naqueles grupos que ao voso entender, fose necesario traballar dun xeito máis individual e persoal, co fin de acadar os obxectivos marcados para cada nivel educativo. Obxectivos xerais Promover un estilo de vida saudable entre a poboación. Evitar ou, cando menos, retardar a idade do primeiro uso de substancias con capacidade aditiva, tanto legais como ilegais, nos rapaces e rapazas de Oleiros. Impedir a escalada no uso destas substancias, reducindo a frecuencia dos consumos ou as cantidades consumidas. Formar a pais e nais, así como os docentes, no desenvolvemento de hábitos saudables para que poidan actuar preventivamente. Formar a docentes encargados de introducir algúns dos programas nos centros educativos. Informar e asesorar a comunidade en xeral, así como a colectivos específicos e as institucións sobre o fenómeno de consumo de drogas. Destinatarios/as O alumnado de 5º e 6º de primaria. O alumnado da ESO, bacharelato e ciclos formativos. Os pais e as nais do dito alumnado. O profesorado dos centros educativos.
10
PROGRAMA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
ADES ACTIVID ACCIÓN
CURSO
CONTIDOS
DURACIÓN
5º PRIM.
•Hábitos de saúde. •O tempo libre e as súas alternativas. •Ordenar vs desordenar. •Expresión de sentimentos.
4 sesións de 50`
6º PRIM.
•Hábitos de saúde. •Hábitos de saúde e a importancia do deporte. •Reflexionar sobre a imaxe de cada un. •Aprender a dicir non.
4 sesións de 50`
1º ESO
•A saúde. •Como nos vemos. Valoración persoal. •Que necesidades teño. •Publicidade. Redes sociais. •Presión de grupo. •Que fago para divertirme.
5 sesións de 50`
PROMETO COMUNICARME BEN
2º ESO
• Habilidades sociais. •Adestramento de asertividade. •Habilidades heterosociais ou de relación. •Habilidades de conversación. •Autocoñecemento.
5 sesións de 50`
PROMETO REFLEXIONAR
3º ESO
•Proxección dunha película. •Traballar a temática presentada na película.
1 película 2 sesións de 50`
4º ESO
•Como me sinto a nivel social. •Drogas legais/ Drogas ilegais. •Por que é bo non probalas ou por que si. •Que facemos para divertirnos.
5 sesións de 50`
2 sesións de 50`
PROMETO HÁBITOS DE SAÚDE
PROMETO RELACIONARME
PROMETO VALORARME
PROMETO COIDARME
PROMETO COÑECERME MELLOR
1º BACH. 1º C. F.
•Como me sinto a nivel social. •Por que probamos as drogas. •Que sabemos das drogas (legais e ilegais)
PROMETO RESPONSABILIDADE NA CONDUCIÓN
2º BACH. 2º C. F.
•O alcohol como medio de relación social. •Drogas e carné de conducir. •O novo permiso por puntos. •Consecuencias do incumprimento das normas.
2 sesións de 50` 11
PROGRAMA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS. EDUCACIÓN PARA A SAÚDE E SEXUAL
COMIDA E SAÚDE, PROGRAMA DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE A vida sedentaria así como a mala alimentación son uns dos problemas da sociedade actual e sobre todo dos rapaces e rapazas. Comida e Saúde é un programa a través do cal buscamos promover hábitos de vida saudable a nivel físico e emocional. Sentando así as bases do benestar do alumnado, baseándonos nas súas necesidades reais por riba de presións sociais, mediáticas e de mercado. Co obxecto de reforzar as sesións teóricas levadas a cabo nas aulas ofrecerase a representación do monólogo de P.G.U. (Partido de Gordos Unidos) a cargo de Pedro Brandariz.
Destinatarios/as O alumnado de 1º e 2º da ESO.
S DE
DA
IVI
T AC
ACCIÓN
VIDA SAUDABLE
12
Obxectivos xerais Promover valores, actitudes e hábitos que incidan nun modo de vida saudable e equilibrado tanto a nivel físico como emocional. Reflexionar sobre algúns hábitos de vida que poidan indicar un trastorno alimentario. Manter unha actitude crítica ante os estilos de vida como elementos condicionantes da saúde e determinados por factores culturais e sociais, vinculado polo consumo de alimentos de orixe industrial e precociñados. Recoñecer os beneficios da actividade deportiva, en canto aos tres niveis da saúde: mental, físico e social.
CURSO
1º ESO
ALIMENTACIÓN E DEPORTE
2º ESO
P.G.U.
IES
CONTIDOS • • • • • • • • • • • • • • •
Concepto de “vida saudable”. Concepto de “alimentación e nutrición”. Alimentos e nutrientes: tipos de nutrientes e as súas funcións. Os alimentos, tipos e clasificación. A roda dos alimentos. Necesidades enerxéticas; a dieta equilibrada. Mitos e fraudes sobre a alimentación. Os canons de beleza e o modelo imposto. Os trastornos alimenticios. Mitos sobre alimentación, mitos sobre actividade física. Dieta equilibrada: alimentación, nutrición, pirámide NAOS. Actividade física: deporte, sedentarismo, calidade de vida. Hábitos saudables. Hixiene postural. Hábitos de alimentación. Análises da actividade física, alimentación e descanso
• Monólogo sobre os trastornos alimenticios a cargo de Pedro Brandaríz
DURACIÓN
2 sesións de 50 minutos
2 sesións de 50 minutos
50 minutos
PROGRAMA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
EDUCASEXOLEIROS, PROGRAMA DE EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL A educación afectivo - sexual debe ser permanente e habitual polo que seguimos apostando por un programa necesario e fundamental no crecemento das persoas. Tendo presente esta idea, este ano poñemos en marcha unha serie de accións que nos levarán a ampliar a oferta do programa para o alumnado de 5º e 6 de primaria. O obxectivo fundamental do programa de Educación Sexual, vai dirixido a contribuír na construción dunha sociedade máis igualitaria entre homes e mulleres, á vez que máis tolerante e respectuosa. Ao redor do 1 de decembro, Día Internacional da SIDA, colocaranse en cada IES, un posto informativo, que contará coa presenza de persoal técnico que informará e asesorará a todo o alumnado sobre a educación afectivo – sexual. De xeito conxunto, e tal como xa aconteceu o curso pasado, montarase unha pequena exposición sobre “A Evolución das campañas de prevención na loita contra a SIDA”. As charlas “Que non te pillen desmontado”, serán impartidas unha vez máis polo persoal da sociedade SOGAISIDA. ACCIÓN EDUCASEXOLEIROS
EDUCASEXOLEIROS
QUE NON TE PILLEN DESMONTADO QUE NON TE PILLEN DESMONTADO: STAND INFORMATIVO, DÍA DA SIDA
Obxectivos xerais Asumir actitudes naturais ante a sexualidade, entendéndoa como forma de comunicación humana, como fonte de saúde, pracer, afectividades... Analizar mitos e crenzas erróneas sobre a sexualidade. Ampliar e diversificar o concepto de “sexualidade” do alumnado, para poder entendela dun xeito global e como un aspecto inherente da persoa. Desenvolver a autoestima, asumindo unha identidade libre de elementos discriminatorios de xénero, e adquirindo as habilidades necesarias que lles permitan vivir a súa propia vida sexual de forma sa e responsable. Favorecer que o alumnado poida adoptar actitudes de igualdade, respecto e responsabilidade nas súas relacións. Destinatarios/as O alumnado de 5º - 6º de Primaria. O alumnado de 3º e 4º da ESO. O alumnado da ESO e bacharelato.
CURSO
CONTIDOS
• O noso corpo. Imaxe corporal e sexualidade. 5º - 6º • A pubertade como proceso: cambios e medos. primaria • Compañeir@s no crecemento!
3º ESO
4º ESO IES
• Falemos diso. A sexualidade; falsos mitos, actitudes cara á sexualidade; homosexualidade, heterosexualidade. • Pensa, sinte e comparte.- Corpo e pracer; desexo, excitación e orgasmo; consultorio sexolóxico. • Arriscas ou gozas?.-Métodos de prevención; o A, B, C das enfermidades de transmisión sexual; sen risco. • Presioning.- Formas de dicir, “non”; presión de grupo e relacións entre mozas e mozos. • Proporcionar información sexual, para evitar mitos e tabús que poidan favorecer a adopción de condutas de risco. Diminuír o risco de ETS e SIDA. • Informar detalladamente sobre a SIDA; sensibilizar o alumnado e a poboación en xeral ante o fenómeno da SIDA, promovendo valores de solidariedade, cooperación e respecto; fomentar a toma de decisións libres e responsables.
DURACIÓN 3 sesións de 50´.Pódese levar a cabo 1 sesión ou as 3.
4 sesións de 50´
Charla de 50´ No recreo. 2 días en decembro
13
PROGRAMA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS. EDUCACIÓN AMBIENTAL
EDUCACIÓN AMBIENTAL L
APRENDEMOS NA NATUREZA. XX ANIVERSARIO A mellor aula de aprendizaxe, é o propio medio natural onde desenvolvemos as nosas vidas. Cumprimos e celebramos con todos vós estes vinte anos de experiencias únicas, de aprendizaxes vivos desde o medio natural e cultural cos centros do ensino público de Oleiros. Dende o inicio do programa ata hoxe xa foron moitos os destinos elixidos e os alumnos e alumnas participantes cos seus respectivos mestres e mestras a zonas do país cun alto interese natural, histórico - artístico, xeográfico, económico ou etnográfico, e algunha zona a cabalo entre Galicia e Asturias ou León. Obxectivos Descubrir as características máis definidoras a nivel natural, social e cultural de cada lugar. Promover a convivencia e a socialización do grupo nun ambiente aberto. Abrir e posibilitar ao profesorado novos xeitos de ensinar en contacto directo co medio natural. Fomentar a autonomía e o desenvolvemento persoal dos nenos e nenas, fóra do ámbito familiar e escolar. Actividades As peculiaridades de cada zona fan moi recomendable a realización de rutas para o gozo e estudo da contorna. Realizaranse xogos de simulación e descuberta ambiental para a mellor comprensión das características de cada zona. Obradoiros de natureza, visitas de interese e dinámicas de grupo. Destinatarios Alumnado de educación primaria, ESO, bacharelato e ciclos formativos dos centros de ensino públicos de Oleiros. Profesorado dos niveis participantes Monitoraxe Ademais do profesorado que a normativa obriga, as excursións estarán guiadas por educadores e educadoras profesionais, con ampla experiencia. Solicitude de excursión Como norma xeral, cada centro poderá escoller unha excursión como máximo a calquera dos destinos máis abaixo sinalados. Para iso, deberá cubrir e enviar a ficha de solicitude de actividades municipais. 14
PROGRAMA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
DES
IDA
IV ACT
EXCURSIÓN
CURSO
CENTROS DE INTERESE
DURACIÓN
FRAGAS DO EUME
1º E 2º CICLO DE PRIMARIA
Actividades de turismo cultural, obradoiros, horto ecolóxico, sendeirismo, enerxías renovables, Vila de Pontedeume.
Dous días cunha noite, en tempo lectivo
GRANXA ESCOLA DE BARREIROS
1º E 2º CICLO DE PRIMARIA
Samos, rutas pola contorna, coidado dos animais da granxa, horto ecolóxico, obradoiros de pan e queixo, visita a Samos.
Dous días cunha noite, en tempo lectivo.
SERRA DO COUREL
3º ciclo de primaria, ESO, bacharelato Sendeirismo e xogos ambientais por esta marabillosa e ciclos formativos montaña luguesa.
Tres días con dúas noites, en tempo lectivo.
OS ANCARES LEONESES
3º ciclo de primaria, ESO, bacharelato Sendeirismo e obradoiros ambientais e etnográficos desde e ciclos formativos Os Ancares.
Tres días con dúas noites, en tempo lectivo.
MAR DE LIRA
3º ciclo de primaria, ESO, bacharelato Sendeirismo polo Monte Pindo , a fervenza do río Xallas, e ciclos formativos obradoiros de pesca artesá.
Tres días con dúas noites, en tempo lectivo.
AS CORCERIZAS
Albergue xestionado por Amigos da Terra, enerxías limpas, 3º ciclo de primaria, ESO, bacharelato sendeirismo, obradoiros ambientais desde a serra de San e ciclos formativos Mamede.
Tres días con dúas noites, en tempo lectivo.
Nota: Cabe a posibilidade de que programemos estas actividades tamén en fin de semana.
15
PROGRAMA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS. EDUCACIÓN AMBIENTAL
INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA: EXCURSIÓNS RECOMENDADAS PARA O 1º E 2º CICLO DA EDUCACIÓN PRIMARIA: FRAGAS DO EUME Aloxamento: Albergue de Alvarella, no Concello de Vilarmaior (Pontedeume) A Coruña. Actividades de turismo cultural, obradoiros, horto ecolóxico, sendeirismo, enerxías renovables, etc. Datas: a determinar coas aulas participantes. Duración recomendada: dous días cunha noite, en tempo lectivo aínda que se podería programar unha actividade de tres días. Prazas: 35-40, incluído o profesorado acompañante. GRANXA ESCOLA DE BARREIROS Aloxamento: Granxa de Barreiros, no Concello de Sarria, Lugo. Moi preto deste concello lugués atópase este histórico centro educativo, que nace da pedagoxía agraria do país da man de Antonio Fernández López aló polos anos 40. Esta instalación dispón de albergue, cociña, comedor, sala de usos múltiples, granxa, obradoiros de papel, conservas, cociña, rutas e visitas ao contorno: Sarria, Samos, etc. Actividades de observación da contorna, coñecemento e coidado dos animais da granxa, obradoiros e artesanía, horto ecolóxico, sendeirismo, etc. Datas: A concretar cos centros participantes. Duración recomendada: dous días cunha noite, en tempo lectivo, para os grupos do 1º ou 2º ciclo da EP, aínda que se podería programar unha actividade de tres días. Prazas: 35-40, incluído o profesorado acompañante.
16
EXCURSIÓNS RECOMENDADAS PARA O 3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA, ESO, BACHARELATOS E CICLOS FORMATIVOS: SERRA DO COUREL Aloxamento: bungalows no campamento “O Courel”, no concello de Folgoso do Courel, Lugo. Datas: a concretar cos colexios participantes. Duración recomendada: tres días con dúas noites, en tempo lectivo. Prazas: 35, incluído o profesorado acompañante. OS ANCARES LEONESES Aloxamento: albergue de Burbia, no Concello de Vega de Espinareda, León. Actividades de educación ambiental, xogos de interpretación, sendeirismo, obradoiros etnográficos, etc. Datas: a concretar coas aulas. Duración recomendada: tres días con dúas noites, en tempo lectivo. Prazas: 35, incluído o profesorado acompañante. MAR DE LIRA Aloxamento: Albergue en Lira, concello de Carnota, A Coruña. Actividades de educación ambiental, xogos de interpretación, sendeirismo, obradoiros de pesca etc. Datas: a concretar coas aulas. Duración recomendada: tres días con dúas noites, en tempo lectivo. Prazas: 25, incluído o profesorado acompañante. AS CORCERIZAS Aloxamento: albergue As Corcerizas, no concello de Vilar de Barrio, Ourense. Centro de educación ambiental na Serra de San Mamede que dispón de aulas, albergue, comedor e a casa das enerxías renovables. Todas as instalacións están construídas con criterios bioclimáticos, aliméntanse de enerxías renovables e o servizo de comedor ofrece alimentos sans e ecolóxicos da zona. Datas: a concretar coas aulas. Duración recomendada: tres días con dúas noites, en tempo lectivo. Prazas: 35, incluído o profesorado acompañante.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
COÑECER OLEIROS / CONTORNA OLEIROS Do máis próximo ao máis afastado. Así naceu e se reproduciu durante máis de vinte anos este programa de educación ambiental que tan bos resultados pedagóxicos e vivenciais está a dar. Imos cultivando e adaptando cada ano as rutas e as actividades para facelas o máis atractivas e educativas posible, sempre contando coa colaboración e suxestións do profesorado, do alumnado e dos/das educadores/as. Obxectivos Promover a convivencia e a socialización do grupo fóra do ámbito da escola. Abrir e posibilitar ao profesorado novos xeitos de ensinar en contacto directo co noso medio local e comarcal. Coñecer de preto a nosa contorna, dun xeito ameno. Destinatarios/as Alumnado da educación infantil, primaria e secundaria dos centros públicos de Oleiros. Educadores/as Ademais do profesorado que a normativa vixente obriga, as saídas estarán guiadas por educadores/as profesionais, especialistas en educación ambiental. Datas En horario lectivo, durante o curso escolar, a concertar coas aulas solicitantes.
17
COÑECER OLEIROS / CONTORNA OLEIROS
PROGRAMA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS. EDUCACIÓN AMBIENTAL RUTA
CURSO
CENTROS DE INTERESE
DURACIÓN
1.- SANTA CRISTINA E A RÍA
INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA
Dique de Sta. Cristina - Mural Correa Corredoira – Paseo Marítimo – Piñeiral – Dunas – Ría – Parque José Martí
09:00 a 14:00
2.- O CASTELO E A ILLA
INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA
Parque Luís Seoane- Paseo da Pardela – Castelo – Paseo Marítimo – Praia – Rúa De Chesco – Centro Cívico
09:00 a 14:00
3.- LAGOA DE MERA E A CONTORNA
INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA
Praia do Portelo – Capela de Sta. Ana e Miradoiro – Lagoa e Praia de Mera – Paseo de Penatouro – Praia de Espiñeiro
09:00 a 14:00
4.- PARQUE DOS VECIÑOS DE BASTIAGUEIRO
INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA
Souto de Vista Alegre – Lóngora – Carril Bici – Paseo Marítimo
09:00 a 14:00
INFANTIL, 1º E 2º CICLO DE PRIMARIA
Finca da Carballeira e Contorno - Pazo da Carballeira - Capela de S. Marcos.
09:00 a 14:00
6.- DO DOCE AO SALGADO
2º CICLO DE PRIMARIA
Rotonda de Bastiagueiro – Paseo Marítimo – Casa da Silva – Rúa Mioporos – Carril Bici – Rúa O Polvorín – Paseo Marítimo – Dunas e Ría – Parque José Martí
09:00 a 14:00
7.- COSTA DE SANTA CRUZ
2º CICLO DE PRIMARIA
Parque As Galeras – Senda Costeira de Santa Cruz – Paseo da Pardela – Porto de Santa Cruz – Parque Luís Seoane
09:00 a 14:00
8.- MONUMENTO NATURAL
2º E 3º CICLO DE PRIMARIA/ ESO E BACHARELATO
5.- FINCA DA CARBALLEIRA
18
Aula do Mar - Cruce de Canabal – Canabal – Alto do Seixo Branco – Buínte – Dexo – Igrexa Románica de Dexo
De 09:00 a 14:00 ou de 09:00 a 17:00 para secundaria
9.- A BEIRA DO MERO
3º CICLO DE PRIMARIA/ ESO E Igrexa Románica - Museo Romano - Paseo Fluvial – Muíños - Casa de BACHARELATO Wenceslao Fernández Flórez
De 09:00 a 14:00 ou de 09:00 a 17:00 para secundaria
10.- PAZO DE MARIÑÁN E RÍA DE BETANZOS
3º CICLO DE PRIMARIA/ ESO E Praia e Ponte do Pedrido- Pazo De Mariñán-Observatorio de Aves da Ría BACHARELATO de Betanzos
De 09:00 a 14:00 ou de 09:00 a 17:00 para secundaria
11.-RÍA DO BURGO
3º CICLO DE PRIMARIA/ ESO E Roteiro da Ría – Xardín Botánico – Aula da Natureza – Muíño de Acea da BACHARELATO Má
De 09:00 a 14:00 ou de 09:00 a 17:00 para secundaria
12.- CARRAL
3º CICLO DE PRIMARIA/ ESO E Roteiro polo Val de Barcia e Costa da Égoa BACHARELATO
De 09:00 a 14:00 ou de 09:00 a 17:00 para secundaria
13.- BARRAÑÁN E FRAGA DE SISALDE
3º CICLO DE PRIMARIA/ ESO E Fraga de Sisalde-Monte das Cartas-Muíño dos Zapata-Igrexario de BarraBACHARELATO ñán- praia de Barrañán
De 09:00 a 14:00 ou de 09:00 a 17:00 para secundaria
COÑECER OLEIROS / CONTORNA OLEIROS
PROGRAMA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
Información complementaria. Fichas das rutas: 1.- STA. CRISTINA E A RÍA: Itinerario e dificultade: dique de Sta. Cristina- mural Correo Corredoira – paseo marítimo – piñeiral – dunas – ría – parque José Martí. Dificultade baixa. Temas a desenvolver: Baía e illa de Sta. Cristina - Mural - A praia, as dunas, a vexetación, a ría e as súa riqueza - A pesca e o marisqueo - O parque -As mareas. Actividades: itinerario guiado de interpretación ambiental - xogos de animación - xogos de interpretación - observación de fauna e flora. Equipamentos: parque municipal con lavabos, centro cultural A Fábrica e recursos a cuberto. Materiais didácticos: pequeno diaporama e guías varias.
3.- LAGOA DE MERA E A CONTORNA Itinerario e dificultade: praia do Portelo – capela de Sta. Ana e miradoiro – lagoa e praia de Mera – paseo de Penatouro – praia de Espiñeiro. Dificultade baixa. Temas a desenvolver: Aves da lagoa - Plantas acuáticas - Árbores do parque - A vida na area e nos cantís - A telleira - As mareas e a costa - Os barcos de pesca e de mercadorías - Os novos paseos e o lixo que cuspe o mar. Actividades: itinerario guiado de interpretación ambiental - xogos de animación - xogos de interpretación - murais con elementos naturais -ecovixías da praia. Equipamentos: centro cultural. Materiais didácticos: guías de campo, prismáticos e telescopio, fichas didácticas, material de xogos na natureza e contos.
2.- CASTELO E A ILLA Itinerario e dificultade: parque Luís Seoane - paseo da Pardela – castelo – paseo marítimo – praia – rúa de Chesco – centro cívico Dificultade baixa. Temas a desenvolver: O parque e as súas árbores - Aves acuáticas e mariñas -A praia e o porto - O castelo de Sta. Cruz e os seus xardíns e contorno. Actividades: itinerario guiado de interpretación ambiental - xogos de animación - xogos de interpretación - observación de fauna e flora. Equipamentos: parque municipal, recursos cubertos con lavabos. Materiais didácticos: pequeno diaporama e guías varias.
4.- PARQUE DOS VECIÑOS, BASTIAGUEIRO Itinerario e dificultade: souto de Vista Alegre – Lóngora – carril bici – paseo marítimo. Dificultade baixa. Temas a desenvolver: O bosque autóctono, conservación e tradicións... / A dinámica dos bosques / Río e vexetación de ribeira / O carril bici - Praia: aves, vexetación, contaminación, intermareal, usos... Actividades: itinerario guiado de interpretación ambiental - xogos de animación - conto de investigación- xogos de interpretación - observación de flora e fauna - calco de follas. Equipamentos: senda peonil.
19
PROGRAMA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS. EDUCACIÓN AMBIENTAL
5.- FINCA DA CARBALLEIRA Itinerario e dificultade dificultade: Pazo da Carballeira- viveiro forestal municipal.
20
COÑECER OLEIROS / CONTORNA OLEIROS 7.- COSTA DE SANTA CRUZ Itinerario e dificultade: parque As Galeras – senda costeira de Sta. Cruz – paseo da Pardela – porto de Sta. Cruz – parque Luís Seoane. Dificultade baixa.
Dificultade baixa. Temas a desenvolver: Os Bosques e a súa fauna, flora, formación, contaminación e usos - Ornamentación vexetal: plantas, arbustos, árbores… - Finca da Carballeira: historia, instalacións, usos…- Juana de Vega: unha muller liberal. Actividades: itinerario guiado de interpretación ambiental - observación de especies vexetais - plantación e sementeira. Equipamentos: recursos culturais a cuberto con lavabos. Materiais didácticos: proxección, fichas actividade, folleto informativo, Guías de campo, prismáticos e material de xardinería.
Temas a desenvolver: A vida nas pozas - A dinámica das mareas - A paisaxe costeira - A vida nos cantís - Un castelo para defender o medio - A vida mariñeira - As viaxes alén do mar. Actividades: itinerario guiado de interpretación ambiental - investigación nas pozas - xogos na area - calco de follas. Equipamentos: centros culturais a cuberto con lavabos. Materiais didácticos: guías de campo, prismáticos e telescopio, fichas didácticas, material de xogos na natureza e botes de observación.
6.- DO DOCE AO SALGADO Itinerario e dificultade: rotonda de Bastiagueiro – paseo marítimo – Casa da Silva – rúa Mioporos – carril bici – rúa O Polvorín – paseo marítimo – dunas e ría – parque José Martí. Dificultade baixa. Temas a desenvolver: A praia : aves, vexetación, contaminación, intermareal, usos… - Río e vexetación de ribeira - Contorno da Finca da Silva - O carril bici - O mural - As dunas - A ría: aves, vexetación, fauna, contaminación, salubridade, recursos. Actividades: itinerario guiado de interpretación ambiental - xogos de animación - xogos de interpretación - observación de fauna e flora - pequeno estudo de zonación. Materiais didácticos: proxección, fichas de actividade, folleto informativo, guías de campo, prismáticos e lupas.
8.- MONUMENTO NATURAL Itinerario e dificultade: Aula do Mar - cruce de Canabal – Canabal – alto do Seixo Branco – Buínte – Dexo – igrexa románica de Dexo. Dificultade media-alta. Temas a desenvolver: Tipos de espazos naturais protexidos - Actividades compatibles - O Monumento Natural de Dexo, historia, importancia e características - A paisaxe costeira, as furnas - Vexetación costeira e de interior - Colonias de aves, cantís - A pesca tradicional. Actividades: itinerario guiado de interpretación ambiental - xogos de animación -xogos de interpretación -observación de fauna e flora- visita á igrexa de Dexo. Equipamentos: recursos de I.A. con lavabos. Materiais didácticos: proxección, fichas de actividade, folleto informativo, guías e prismáticos.
COÑECER OLEIROS / CONTORNA OLEIROS
PROGRAMA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
9.- CONTORNA OLEIROS : Á BEIRA DO MERO Itinerario: Cambre - igrexa románica - museo romano - paseo fluvial - casa de Wenceslao Fernández Flórez – Cambre. Dificultade media-baixa. Temas a desenvolver: Arte románico, romanización, bosque de ribeira, “O bosque animado”, a intervención do home no medio natural, industrias e contaminación das augas, etnografía, recuperación dos edificios. Actividades: itinerario guiado de interpretación ambiental, xogos de animación, xogos de interpretación, observación de flora e fauna, visita guiada ao museo... Equipamentos: museo arqueolóxico de Cambre, casa-museo Wenceslao Fernández Flórez Materiais didácticos: fichas de actividade, tríptico informativo, guías, telescopios e prismáticos. 10.- CONTORNA OLEIROS: PAZO DE MARIÑÁN E RÍA DE BETANZOS (BERGONDO) Itinerario e dificultade: praia e ponte do Pedrido - Pazo de Mariñán -Observatorio de aves da ría de Betanzos. Dificultade media-baixa. Temas a desenvolver: un pazo de todos, árbores senlleiras do mundo, os nosos bosque e froiteiras, espazo protexido con moita diversidade para conservar e gozar, as paisaxes cambiantes da ría, a natureza e a arte da man, un lugar para observar aves. Actividades: itinerario ambiental, observación de aves acuáticas, calcos de follas, xogos de animación, xogo de pistas, obradoiro de paisaxes. Equipamentos: Pazo de Mariñán, área de lecer didáctico do Pedrido, roteiro mariñán, observatorio de aves. Materiais didácticos: folleto didáctico, cadernos didácticos do Mandeo, guías de campo, láminas das árbores senlleiras, prismáticos, telescopios, xogo da oca do bosque, material de xogos. 21
PROGRAMA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS. EDUCACIÓN AMBIENTAL
11.- CONTORNA OLEIROS: RÍA DO BURGO Itinerario e dificultade: roteiro da ría – xardín botánico – aula da natureza – muíño de Acea da Má. Dificultade baixa. Temas a desenvolver: A ría e a súa flora e fauna, riqueza e recursos, contaminación e explotación - Xardíns e especies foráneas e autóctonas, usos e tradicións - Muíños, historia e usos - Recuperación de edificiosDesenvolvemento sostible. Actividades: itinerario guiado de interpretación ambiental - xogos de animación - xogos de interpretación - observación de fauna e flora - visita museo muíño - visita aula de natureza - visita ao xardín botánico. Equipamentos: museo dos muíños de Acea da Má, aula da natureza, zonas cubertas e con aseos. Materiais didáctico: proxección, fichas de actividade, folleto informativo, guías, telescopios e prismáticos. 12.- CONTORNA OLEIROS : CARRAL, ENTRE AUGA E PAN Itinerario e dificultade: Roteiro pola Val de Barcia e Costa da Égoa. Dificultade: media. Itinerario lineal por tramos e visitas. Temas a desenvolver: O pan tradicional e saboroso e san, a auga sempre foi unha fonte de enerxía renovable e non contaminante, os muíños son un patrimonio cultural e etnográfico a conservar, nas potabilizadoras tratan a auga para que a poidamos beber, andando os camiños coñecemos o noso patrimonio de preto e ao lonxe. Actividades: itinerario ambiental, visita a un forno e elaboración de pan, visita a muíños de regato restaurados, calcos de follas do bosque de ribeira, xogos de animación. 22
COÑECER OLEIROS / CONTORNA OLEIROS Equipamentos: roteiro sinalizado con paneis (roteiro Mariñán PRG-101), Eco museo Costa da Égoa: conxunto de muíños no Río Abelleira, Forno de pan, ETAP de Cañás, área de lecer de Rubieiro. Materiais didácticos: folleto didáctico, guías de campo, prismáticos, material de xogos. 13.- CONTORNA OLEIROS : COSTA DE BARRAÑÁN E SISALDE Itinerario e dificultade: A Ponte- Os Boedos - Fraga de Sisalde - Monte das Cartas - Muíño dos Zapata - Igrexario de Barrañán - praia de Barrañán. Dificultade: media-baixa. Itinerario circular de 3-4 quilómetros. Temas a desenvolver: praia con cordón de dunas ben conservado, pequenos e grandes muíños de regato, paisaxe agraria tradicional, sendas peonís e pasarelas que axudan a coñecer e conservar o medio, bosques de ribeira, carrizais e fragas extensas e diversas, unha depuradora para non contaminar, punto de encontro das augas doces e o mar salgado, espazos e especies protexidas, grande diversidade de aves e outra fauna. Actividades: itinerario ambiental, observación de aves acuáticas, calcos de follas do bosque de ribeira, pequeno estudo da calidade ambiental do río, xogos de animación. Equipamentos: roteiro sinalizado con paneis, muíño dos Zapata, senda peonil e pasarela sobre e cordón de dunas. Materiais didácticos: folleto didáctico, guías de campo, prismáticos, telescopios, claves de identificación de especies, equipo de estudo do río, material de xogos.
UN DÍA EN GALICIA
PROGRAMA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
Propoñemos este programa para ampliar a perspectiva e o coñecemento sobre o noso país, a súa historia, a súa cultura e as súas xentes. Pretendemos tamén, completar de forma graduada o achegamento dos nenos e nenas ao seu contorno, desde o máis inmediato ata o máis afastado (a súa parroquia, o seu concello, os concellos limítrofes, a súa provincia, o seu país, o mundo...), coa esperanza de axudar a entender que formamos parte dun mundo diverso, marabilloso, e que merece a pena coñecer. Para iso, sairemos de viaxe cedo, ao chegar ás aulas, para mergullarnos durante todo un día de viaxe por lugares tan recónditos como achegados xeograficamente, chegando de novo ao colexio aló pola tardiña. Está no noso ánimo, achegar esas “vilas” que aínda viven dentro das “cidades”, aos nosos nenos e as nosas nenas, e investigar en Galicia pasadas, que nos permita entender un pouco máis se cabe, esta Galicia presente. E é que entendemos que a educación tamén é cuestión de perspectiva. Obxectivos Descubrir as características máis definidoras a nivel natural, social e cultural de cada lugar. Promover a convivencia e a socialización do grupo, fóra do colexio. Ampliar o coñecemento dun contorno inmediato, desde outras perspectivas. Abrir e posibilitar ao profesorado novos xeitos de ensinar en contacto directo co medio vital. Actividades Visitas guiadas e rutas interpretativas. Dinámicas de grupos e xogos de descuberta ambiental do contorno. Obradoiros e actividades de coñecemento do medio. Actos culturais. Destinatarios/as Alumnado de 3º ciclo de primaria, ESO, bacharelato e ciclos formativos dos centros de ensino públicos de Oleiros. Educadores/as Ademais do profesorado que a normativa obriga, as excursións estarán guiadas por educadores e intérpretes ambientais profesionais. [.../...] 23
UN DÍA EN GALICIA
PROGRAMA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS. EDUCACIÓN AMBIENTAL
RUTA
CENTROS DE INTERESE
DURACIÓN
COSTA DA MORTE
3º CICLO DE PRIMARIA/ ESO E Malpica, Laxe, o castro de Borneiro, o dolmen de Dombate, e Fisterra, e BACHARELATO observar as aves e a riqueza da beiramar.
09:00 a 20:00
PONTEDEUME DOS ANDRADE
3º CICLO DE PRIMARIA/ ESO E Coñecer unha gran vila medieval de Galicia, as súas rúas, mosteiros, casteBACHARELATO los, a ribeira do Eume.
09:00 a 20:00
3º CICLO DE PRIMARIA/ ESO E A muralla de Lugo, a gran vila medieval, un dos centros neurálxicos da BACHARELATO romanización en Galicia, as súas rúas, igrexas, museos.
09:00 a 20:00
FERROL DE TOD@S
Descubrir Ferrol, e os seus arredores, o barrio da Magdalena, castelos, mu3º CICLO DE PRIMARIA/ ESO E seos, porto pesqueiro, Doniños, a costa Ártabra espazo natural protexido, BACHARELATO e unha vila descoñecida moi preto de nós e para gozar.
09:00 a 20:00
PONTEVEDRA, VILA DE PONTES
Achegarse á encantadora vila de Pontevedra, mariñeira e rural, pasear po3º CICLO DE PRIMARIA/ ESO E las prazas e rúas que coñeceron a Castelao, asomarse ao Lérez e atravesar BACHARELATO pontes novas e vellas, coñecer a súa historia no didáctico museo provincial e gozar das sombras do pazo e xardíns de Lourizán.
09:00 a 20:00
Pasear por unha das vilas que orixinan a concepción de Europa, ás súas 3º CICLO DE PRIMARIA/ ESO E rúas, a catedral, a cidade estudantil, a intelectualidade, as prazas como BACHARELATO espazos públicos, parques, museos, a poesía da choiva e a pedra...
09:00 a 20:00
LUCUS AUGUSTI
24
CURSO
COMPOSTELA, CAMPO DE ESTRELAS
HORTAS ESCOLARES
PROGRAMA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
A horta escolar constitúe un recurso educativo moi importante, dado o potencial de contidos pedagóxicos que se poden chegar a tratar na súa realización. Na constitución da horta escolar van prevalecer os criterios pedagóxicos sobre os agrícolas. Trátase dunha aula - parcela na que cultivamos a vida natural sen aditivos nocivos. É como un espazo dentro da escola no que imos tratar unha serie de contidos encamiñados a desenvolver as capacidades dos nenos e das nenas. Obxectivos Desenvolver as capacidades de investigación e exploración na horta. Estimular a capacidade de comunicación e sociabilidade dos individuos do grupo de alumnos. Fomentar o recoñecemento dos cultivos e sementes. Realizar a colleita, completando o proceso, levando cada quen para a súa casa o cultivado. Destinatarios/as Aulas de educación infantil de 0-3 anos das escolas: A Pardela nos Regos, As Galeras en Bastiagueiro, A Canteira en Perillo e A Braña de Mera. Ademais das aulas de infantil de 3-5 anos, e 1º e 2º de primaria dos colexios: Luís Seoane, Rabadeira, Isidro Parga Pondal e Ramón María del Valle Inclán. Duración Realizarase unha sesión de 50 min. á semana por aula participante. Datas As sesións celébranse ao longo de todo o curso escolar. Educadores/as A actividade Hortas Escolares está dirixida por educadores especialistas en cultivos hortícolas ecolóxicos. CURSO AULAS DE 3º,4º,5º E 6º DE INFANTIL, E DE 1º E 2º DE EP.
CONTIDOS Sementar, traspasar, coidar, recoller, aprender a cultivar alimentos sans.
DURACIÓN Sesións de 50 min. á semana por aula participante.
25
PROGRAMA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS. EDUCACIÓN CÍVICA E VIARIA
EDUCACIÓN CÍVICA E VIARIA
CONDÚCETE CON SENSO Levamos xa dez anos con este programa de educación viaria que ten como obxectivo xeral potenciar un comportamento cívico entre o alumnado participante á vez que intentar reducir situacións de risco viario do colectivo infantil. Tendo en conta isto, Condúcete con senso está destinado fundamentalmente para o alumnado de infantil e primaria onde empregaremos material didáctico, acorde coas idades dos participantes coa finalidade de afianzar as normas de seguridade viaria e formar cidadáns e cidadás responsables. Un programa de continuidade que ano tras ano reforza os contidos aprendidos en anos anteriores. Os contidos agrúpanse en catro grandes bloques: Peón responsable. Condutor precavido. Pasaxeiro seguro. As normas e os sinais de tráfico. Xunto aos contidos aprendidos nas aulas,o alumnado ten a posibilidade de poñer en práctica todo o traballado no parque móbil que ten lugar o último día do programa.
26
Obxectivos xerais Desenvolver hábitos encamiñados á creación do sentido viario, tales como hábitos de observación visual, auditiva, psicomotrices, relacionados coa noción espacial, de prudencia e pronta decisión. Captar o interese do alumnado de maneira lúdica e didáctica na educación viaria aproveitando as súas experiencias persoais. Coñecer e practicar as primeiras medidas de seguridade en caso de accidente. Ensinar ao alumnado as normas que afectan á circulación dos vehículos, a obriga de utilizar o casco e o cinto de seguridade e a incompatibilidade do alcohol coa condución. Destinatarios/as O alumnado de 6º de infantil. O alumnado de 2º e 5º/6º de primaria.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
Actividades Condúcete con senso CURSO
CONTIDOS
DURACIÓN
•Somos peóns: Coñecer a rúa, como desprazarse por ela, camiñar por sitios seguros... 6º •Somos viaxeiros: Coñecer os comportamentos e condutas correctas á hora de viaxar no coche familiar ou no autobús. INFANTIL •Parque móbil. •Somos peóns responsables e pasaxeiros seguros: Coñecer a rúa, como desprazarse por ela, camiñar por sitios seguros, coñecer o itinerario casa - colexio.... 2º •Somos condutores precavidos: Coñecer as normas e os comportamentos correctos en canto condutores de vehículos. Uso respectuoso dos PRIMARIA vehículos lúdicos: patinetes, patíns..., en sitios seguros. •Parque móbil. •Somos peóns responsables, pasaxeiro seguro e condutor precavido. 5º/6º •Os sinais de tráfico. PRIMARIA •Parque móbil.
AUTOPROTECCIÓN O programa de prevención de riscos, xurde da colaboración entre o Servizo de Emerxencias de Oleiros e o Centro de Información Xuvenil. Un programa que ten como obxectivo fundamental o de formar e asesorar o alumnado nas medidas de prevención e primeiros auxilios que terían que levar a cabo ante calquera situación de risco. Xunto a isto, o persoal do Servizo de Emerxencias e Protección Civil de Oleiros, dará a coñecer o seu traballo diario. Obxectivos xerais Informar sobre a protección individual ou colectiva e as medidas preventivas a levar a cabo antes de que ocorra o risco. Minimizar os riscos con medidas preventivas. Dar a coñecer o Servizo de Emerxencias de Oleiros e Protección Civil.
3 sesións de 50´
3 sesións de 50´
3 sesións de 50´
Destinatarios/as O alumnado de 4º da ESO. Actividades CURSO
CONTIDOS
DURACIÓN
4º ESO
Autoprotección ante situacións de risco: no fogar na rúa na praia primeiros auxilios
Charla de 50`
27
PROGRAMA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS. EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE
EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE
que favoreza o coñecemento de si mesmo e a súa autoestima. Para poder afirmarse fronte a outros e asumir formas particulares de sentir, pensar e de construír a súa propia identidade sexual e persoal, sen discriminación. Contextualizar e comprender a natureza do problema da violencia de xénero, como comeza e como evoluciona e o dano que produce a todas as persoas que conviven con ela sen facer nada por evitalo. Destinatarios/as Alumnado de 5º e 6º de primaria. Alumnado de 1º e 2º da ESO.
ESCOLA COEDUCATIVA O proceso de socialización ten lugar desde a infancia a través de diferentes axentes que modelan a nosa identidade. Neste proceso interiorízanse actitudes, roles e constrúense atribucións de xénero sobre as persoas. As diferenzas que se marcan sobre os dous sexos convértense a maioría das veces en desigualdade. Esta iniciativa de intervención educativa en materia de igualdade, ten como obxectivo principal formar criticamente o alumnado para medrar, desenvolverse e relacionarse plenamente sen prexuízos e estereotipos sexistas. Tendo en conta isto, este programa está encamiñado ao alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º da ESO, ACCION co que pretendemos afianzar dun xeito máis concreto IDENTIDADE DE XÉNERO os valores de igualdade e tolerancia que traballamos ao longo do curso escolar coa proposta de actividades CORRESPONSABILIDADE NO complementarias.
28
Obxectivos xerais Fomentar que o alumnado reflexione, comprenda e asimile os coñecementos tratados no programa. Visibilizar e cuestionar o modelo masculino dominante, e identificar as desigualdades entre as mulleres e os homes, tomando conciencia da discriminación sexista que aínda persiste na sociedade. Ofrecer ao alumnado un clima de relacións persoais no
Actividades Escola Coeducativa CURSO 5º PRIM.
FOGAR
6º PRIM.
O PAPEL DOS MASS-MEDIA
1º ESO
A PROMOCIÓN DAS RELACIÓNS IGUALITARIAS
2º ESO
CONCURSO: “AS MULLERES DA MIÑA VILA”
5º - 6º PRIM.
CONCURSO: “REINVENTANDO HISTORIAS”
1º - 2º ESO
CONTIDOS • En que somos diferentes? • Carapuchiña e o lobo? • A familia de Andrea? • Supervivencia doméstica. • Imos a medias? • Inventamos anuncios? • A miña tele serie. • Que nos vende a publicidade? • O mundo non é masculino singular. • Tratámonos ben? • Consultorio sentimental. • Falando enténdese a xente.
DURACIÓN •3 Sesións de 50`. Unha cada trimestre. •3 Sesións de 50`. Unha cada trimestre. •3 Sesións de 50`. Unha cada trimestre. •3 Sesións de 50`. Unha cada trimestre.
• Coñecer a vida das mulleres como protagonistas da historia do Concello.
• Curso escolar.
• Reescribir contos clásicos de contido sexista.
• Curso escolar.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS. EDUCACIÓN ARTÍSTICA
EDUCACIÓN ARTÍSTICA TEATRO . III Oleiros Comedia Hai tres anos puxemos en marcha un novo programa onde o obxectivo fundamental era potenciar a narración oral en galego, poñendo en valor as distintas formas de comunicarnos, de contar, de facer humor. O grado de implicación do alumnado participante así como do profesorado foi importante, reflectíndose na gala final que tivo lugar no Auditorio Gabriel García Márquez. Tendo en conta o anterior seguimos apostando por un programa que une formación teatral e narración co tempo de ocio e de lecer dos participantes. Obxectivos xerais Potencia a creatividade e a espontaneidade na expresión oral en lingua galega. Traballar e reforzar os contidos traballados nos distintos programas de educación para a saúde que organiza o Centro de Información Xuvenil. Destinatarios/as O alumnado dos IES de Oleiros. ACCION
CONTIDOS
DURACIÓN
OBRADOIRO DE FORMACIÓN
•Narración oral e técnicas de Stand up Comedy para o alumnado interesado.
2 horas por cada nivel
GALA FINAL
• Representación dos monólogos seleccionados por cada nivel. Coa participación do Combo de Moderna da Escola Municipal de Música.
2 horas en horario de tarde
MÚSICA
29
PROGRAMA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS. EDUCACIÓN ARTÍSTICA
MÚSICA. Oleiros coa música Oleiros coa música quere dar a coñecer ao alumnado participante os distintos estilos musicais, a súa evolución e riqueza, intentado se é posible mesturar distintas disciplinas artísticas e estilos musicais. Co obxecto de ofertar un concerto adaptado ás necesidades curriculares deseñaremos un programa en colaboración cos departamentos de música. Obxectivos xerais Coñecer o distintos estilos musicais, en moitos casos de alta presenza nos medios de comunicación: cinema, televisión... Enriquecendo a cultura musical do alumnado. Ser parte importante na transmisión e difusión dos distintos estilos musicais, das distintas tendencias artística. Destinatarios/as O alumnado dos IES de Oleiros. ACCION
OLEIROS COA MÚSICA
CONTIDOS
•Auditorio Gabriel García Márquez
DURACIÓN
19 decembro, ás 11:00 h
MÚSICA. XIV concertos pedagóxicos municipais Obxecto do concerto Amosar o relevante papel da música en xeral nas súas vertentes e estilos máis diversos, para xerar impresións, motivacións, sentimentos e reaccións como parte fundamental das representacións das artes escénicas. Duración: 1 hora, aproximadamente Espazo físico: Auditorio de Mera Destinatarios/as Alumnos/as de educación primaria Datas: As representacións realizaranse durante o primeiro trimestre do curso escolar, en datas a coordinar coas aulas participantes.
30
ACCION
DESTINATARIOS
TEMPORALIZACIÓN
CONCERTOS MUSICAIS EN AUDITORIO GGM (MERA)
Primaria
1 h. Aprox. / concerto
PROGRAMA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS. ACTIVIDADES FORMATIVAS E EXTRAESCOLARES
ACTIVIDADES FORMATIVAS
PRAEMO, Programa de reforzo e apoio escolar municipal
XIII XORNADAS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA As Xornadas de Orientación Académica, se levan a cabo grazas á colaboración e axuda dos equipos de orientación dos distintos centros. Os cales, tras unha serie de reunións deseñamos a estrutura das distintas charlas, xa que son estes equipos de orientación os que coñecen as necesidades do alumnado así coma as mellores épocas para desenvolver as ditas xornadas. As xornadas están dirixidas, nun primeiro momento, para o alumnado de 4º da ESO e 2º de bacharelato que son os que cambian de etapa educativa. Esta proposta de destinatarios non está pechada, podéndose ampliar ou modificar o alumnado destinatario tendo en conta a valoración dos orientadores. Obxectivos xerais Informar e orientar o alumnado de secundaria e bacharelato da oferta de estudos, unha vez rematados os seus ciclos académicos: ciclos formativos, estudos universitarios, programas europeos, bolsas... Destinatarios/as O alumnado de 4º da ESO e 2º de bacharelato dos centros educativos de Oleiros. ACCION
CURSO
CONTIDOS
DURACIÓN
4º ESO
Bacharelatos, ciclos formativos, certificados de profesionalidade, mundo laboral...
3 horas.
XIII X.O.A. 2º BACH.
A universidade, ciclos formativos de grado superior, certificados de profesionalidade de grado 3, mundo laboral,..
Unha mañá.
PRAEMO, non só nace para reforzar as aprendizaxes desenvolvidas nas aulas senón tamén para a promoción de hábitos e actitudes cara ao estudo, incidindo así na prevención do fracaso escolar, como na prevención e redución do absentismo escolar. PRAEMO, ten como finalidade favorecer a igualdade de oportunidades do alumnado pertencente a familias de baixo nivel socioeconómico, traballando cos participantes as habilidades sociais, os valores así como fortalecendo a súa personalidade. Obxectivos xerais Previr o fracaso escolar. Apoiar ás familias na educación dos seus fillos fóra do horario escolar e ao alumnado, apoialo no avance e desenvolvemento dos seus estudos. Promover hábitos e técnicas de estudo, reforzando as aprendizaxes que se levan a cabo na escola. Destinatarios/as Alumnado de primaria e secundaria.
Metodoloxía O programa apóiase en tres puntos fundamentais: Resposta educativa adaptada e individualizada. Prevención e intervención en condutas anti-educativas e antisociais. Prevención, control e seguimento do absentismo escolar.
ACCION
DESTINATARIOS
ALUMNADO DE PRIMARIA
Casa do pobo de Nós
Luns de 17:00 – 19:00
Local social de Rialta
Martes de 17:00 – 19:00
Casa da Cultura de Perillo
Mércores de 17:00 – 19:00
Local social de Rialta
Mércores de 17:00 – 19:00
Casa do pobo de Nós
Xoves de 17:00 – 19:00
Casa da Cultura de Perillo
Venres de 17:00 – 19:00
ALUMNADO DE SECUNDARIA
TEMPORALIZACIÓN
31
32
CONCELLERÍA DE
DEPORTES TURISMO E FORMACIÓN E EMPREGO Teresa Vázquez Maseda Concelleira de Deportes, Turismo e Formación e Emprego 981 610 000 ext. 3113 email: t.vazquez@oleiros.org Servizo Municipal de Deportes Luis Hernández Alvedro Tec. Mpal. Xestión Deportiva Centro Cultural A Fábrica Rúa do Inglés. 13. 15172 Perillo - Oleiros Tel.: 981 636 598 Correo electrónico: l.alvedro@oleiros.org
33
PROGRAMA ESCOLAR DENOMINACIÓN DA ACTIVIDADE DESCRICIÓN
TEMPORALIZACIÓN OBXECTIVOS
DESTINATARIOS/AS
DENOMINACIÓN DA ACTIVIDADE DESCRICIÓN
TEMPORALIZACIÓN OBXECTIVOS
DESTINATARIOS/AS 34
LIGA ESCOLAR DE JUDO SUB 11 E SUB 13 Seguindo coa boa experiencia dos últimos anos, continuamos coa organización da liga local de judo sub 13 e sub 11. A liga disputarase en equipos de catro judokas, realizando varios combates en cada unha das catro xornadas previstas, disputándose un “play off” na última xornada e clausura. As xornadas realizaranse no pavillón municipal de Canide. Sábados, 18 de xaneiro, 8 e 22 de febreiro e 15 de marzo. Promover e diversificar a actividade deportiva en idade escolar a través do judo. Fomentar os deportes de loita corporal como medio de desenvolvemento de patróns motrices específicos, así como a coordinación dinámica xeral. Fomentar a convivencia entre practicantes de distintas localidades. Reforzar motivacionalmente os rapaces e as rapazas á continuidade da práctica deportiva, organizando xornadas que os aproxime ao contorno da competición regrada. Principalmente rapaces e rapazas entre 8 e 13 anos e practicantes de judo nas casas do pobo e colexios de Oleiros, aínda que coa finalidade de elevar a participación e polo tanto o nivel formativo da actividade, permitirase tamén a inclusión de escolares de centros de ensino da comarca da Coruña. PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN DOS XOGOS POPULARES Ao ser conscientes do baixo coñecemento e sobre todo, práctica da poboación escolar sobre moitos dos xogos populares galegos, queremos manter unha iniciativa para intentar dar a coñecer de xeito práctico estes xogos nos nosos centros escolares de secundaria. Durante o horario que se estime oportuno desde o centro (tempo de lecer ou horario lectivo), os monitores especializados encargaríanse de impartir unha unidade didáctica a estruturar en dúas prácticas de distintosa todos os alumnos ou cursos interesados, aínda que o formato de sesión pode ser variado en función do interese de cada departamento de Educación Física. O Concello de Oleiros facilitará o material necesario. A escoller por cada centro. -Ensinanza e divulgación dos entre a mocidade. A chave, a ra, os zancos, o pano, a mariola, a buxaina etc. -Promoción da súa práctica nas numerosas instalacións que existen no concello, non só por adultos, senón tamén da xente máis nova. Poboación escolar de primaria (maiores de 8 anos), ESO e bacharelato dos centros públicos de Oleiros.
DENOMINACIÓN DA ACTIVIDADE DESCRICIÓN
PROGRAMA COMPLEMENTARIO DE EDUCACIÓN FÍSICA Trátase dun dos programas de maior éxito e aceptación por parte dos centros educativos, e dos que levamos xa 6 edicións. Consiste en incorporar á materia de Educación Física nos centros de ensino de secundaria e primaria, actividades complementarias na propia materia de Educación Física e polo tanto, aprobadas polos seus correspondentes consellos escolares. Todas as actividades incluídas neste programa son gratuítas para o alumnado. Para as actividades que se realicen fóra dos centros escolares, o Servizo de Deportes facilitaría o servizo de transporte. Os departamentos de Educación Física poderán elixir entre a seguinte oferta: a.- Remo e kaiak de mar: Dirixido ao alumnado de 6º de primaria e 1º e 2º da ESO. Realizarase na Escola Municipal de Remo situada na Fábrica. Trataríase dunha única sesión por quenda onde se dividiría o grupo en embarcacións de remo e de piragüismo. Trátanse conceptos básicos de coñecemento do material, normas de seguridade e coñecemento básico da técnica deportiva. b.- Escalada deportiva: Dirixido a rapaces e rapazas de 5º de primaria e 3º da ESO e que se realizará nos rocódromos municipais. A unidade didáctica sería como mínimo dunha sesión de dúas horas e un grupo máximo de 25 alumnos/as. As sesións intentan dar a coñecer o material (arnés, corda, mosquetóns, oito etc.), o rocódromo e conceptos básicos sobre a escalada, o ráppel, os nós, as travesías, normas de seguridade etc. c.- Surf/ bodyboard: Dirixida ao estudantado de 4º da ESO e bacharelato e que se realizarán nas instalacións náuticas municipais da praia de Bastiagueiro. Cada quenda estaría formada por un curso (máximo 25 alumnos/as). Coñecemento do material, seguridade no mar e técnicas básicas de propulsión nas ondas serán os puntos importantes a tratar en sesión única para cada quenda.
TEMPORALIZACIÓN Desde o Servizo Municipal de Deportes propoñemos aos departamentos de educación física que eles mesmos escollan as datas que máis lles conveñan para as distintas actividades escollidas, loxicamente entre o período escolar desde setembro a xuño. OBXECTIVOS
-Divulgar actividades deportivas diferentes ás coñecidas como deportes convencionais ou tradicionais. -Fomentar a práctica de actividades que ofrecen posibilidades de práctica regular dentro do municipio. -Ampliar os recursos educativos da propia materia de Educación Física nos centros de ensino. -Crear e dinamizar unha “bolsa” de poboación xuvenil con coñecemento sobre as actividades municipais e que poida servir como referente para as futuras ofertas deportivas. -Adquirir coñecementos e contidos básicos sobre cada unha das actividades propostas, material que se vai empregar e aprendizaxe das técnicas básicas.
DESTINATARIOS/AS -Alumnado de primaria e secundaria dos centros públicos de Oleiros. Os departamentos poden distribuír as actividades en diferentes cursos, segundo o interese curricular.
35
PROGRAMA ESCOLAR
DENOMINACIÓN DA ACTIVIDADE DESCRICIÓN
TEMPORALIZACIÓN OBXECTIVOS
36
DESTINATARIOS/AS
ENCONTROS DEPORTIVOS INTERCENTROS Trátase da organización de varios encontros anuais onde cada centro estaría representado en todas as disciplinas baloncesto, fútbol sala e balonmán. Cada centro deberá formar como un equipo por curso de cada deporte (ou máis de un). É dicir, cada centro de primaria tería 6 equipos en cada deporte e cada centro de secundaria tamén 6 equipos (catro na ESO e dous en bacharelato). O encontro tería lugar a xeito de triangulares, enfrontándose todos contra todos e elaborando un sistema de puntuación oficioso. Realizaríanse modificacións regulamentarias, puntuando valores e actitudes positivas dentro dos encontros e pola contra, penalízanse actitudes antideportivas e agresivas. A realizar en horario extraescolar (ESO e bacharelato) e sábados pola tarde (primaria) .- Dinamización deportiva da poboación escolar de Oleiros. .- Contrarrestar a tendencia sedentaria actual, utilizando a ferramenta motivadora da competición. .- Conseguir reintroducir hábitos de práctica deportiva cotiá entre a poboación escolar. Poboación escolar de primaria, ESO e bacharelato dos centros públicos de Oleiros.
PROGRAMA DE FORMACIÓN DEPORTIVA PROGRAMA MUNICIPAL DE ACTIVIDADE ACUÁTICA ESCOLAR Este programa ten lugar nas piscinas municipais da Fábrica, Perillo, Oleiros e Dorneda desde o 1 de outubro de 2014 ao 12 de xuño de 2015, a actividade ten carácter anual, realizando unha sesión semanal durante todo o curso académico, coincidindo co propio calendario escolar. NATACIÓN INFANTIL O obxectivo do programa de actividade acuática infantil é contribuír ao desenvolvemento integral do/a neno/a como complemento da motricidade básica, mellorando as capacidades físicas, así como contribuír á maduración do/a neno/a en varios eidos: cognitivo, percepivo-motriz, expresivo-comunicativo, afectivo e de relación cos demais. Son contidos deste programa para educación infantil: a familiarización coa auga a través do xogo; a adaptación ao medio acuático; a respiración; a propulsión e busca espontánea de formas de desprazamento perseguindo dar saída á necesidade de movemento; o mergullo e inmersión; a mellora da capacidade de coordinación; o fenómeno de bos hábitos en relación coa hixiene corporal, aseo persoal, normas de comportamento, coeducación, integración cos compañeiros… NATACIÓN PRIMARIA E SECUNDARIA Os eixos básicos da actividade acuática para primaria son os seguintes: contribuír ao desenvolvemento das habilidades e destrezas motrices básicas para conseguir un dominio corporal e postural; coñecer a práctica da actividade acuática como unha saída máis para o ocio e o tempo libre; consolidar bos hábitos hixiénicos e de saúde, manifestando unha actitude positiva cara aos compañeiros e de bo comportamento nas instalacións; fomento de hábito de exercicio físico en relación coa saúde que eviten ou preveñan as malas posturas corporais, a obesidade e o sedentarismo. Son contidos do programa para primaria: a mellora do control tónico-postural, o equilibrio; a mellora da lateralidade, a orientación espacial e temporal; a mellora das habilidades e destrezas motrices básicas acuáticas (desprazamentos, mergullos, lanzamentosrecepcións e xiros); a mellora da capacidade de coordinación das acciones motrices básicas, a propulsión; a práctica do xogo recreativo regrado; a mellora do ritmo da respiración; o fomento dos bos hábitos.
37
PROGRAMA DE FORMACIÓN DEPORTIVA RECOMENDACIÓNS BÁSICAS -Lembrade que os/as nenos/as teñen que levar: traxe de baño, gorro, chancletas e toalla (este material é obrigatorio), e gafas se o consideran oportuno. - Como norma xeral, en cada unha das piscinas nas que se desenvolve o programa, un responsable da empresa concesionaria reunirá o grupo no vestíbulo da entrada á piscina, onde pasará lista e posteriormente acompañará o grupo aos vestiarios que lle corresponda. Cada instalación organizará a entrada nos vestiarios como considere oportuno, para lograr unha total operatividade. - No caso dos grupos de infantil, irán acompañados por un adulto responsable e utilizarán o vestiario que lle corresponda segundo o sexo do alumno, de xeito que se poderán repartir nos dous vestiarios existentes. - Os nenos maiores de 6 anos deberán cambiarse tamén no vestiario que lles corresponda (masculino, feminino ou habilitado para nenos/grupos), e entrarán acompañados por un adulto sempre que os responsables da actividade o consideren necesario para o control do grupo.
38
- Se algunha nai ou pai tivese interese en mudar de grupo e horario o seu fillo ou filla deberá comunicalo na recepción da piscina, onde analizarán as posibilidades de realizar o troco en función das prazas vacantes.
PROGRAMA MUNICIPAL DE NATACIÓN ESCOLAR. CURSO 2014/2015 Centros de ensino público de primaria e educación infantil Comezo: 1 de outubro de 2014 Remate: 12 de xuño de 2015 PISCINA MUNICIPAL DA FÁBRICA HORARIO 17:10
LUNS C.P. Valle Inclán 4º, 5º e 6º curso 24 prazas
MARTES C.P. Valle Inclán 1º curso 24 prazas
MÉRCORES 4º E. infantil Valle Inclán 24 prazas
XOVES 6º E. infantil Valle Inclán 16 prazas
C.P. Valle Inclán 4º, 5º e 6º curso 18 prazas
C.P. Valle Inclán 2º e 3º curso 24 prazas.
5º E. infantil Valle Inclán 24 prazas
6º E. infantil Valle Inclán 16 prazas.
16:00
LUNS CEIP A Rabadeira 1º e 2º curso 36 prazas
MARTES CEIP A Rabadeira 3º e 4º curso 36 prazas
MÉRCORES CEIP A Rabadeira 5º curso 27 prazas
16:50
CEIP A Rabadeira 4º E. infantil 24 prazas
CEIP A Rabadeira 5º E. infantil 24 prazas
CEIP A Rabadeira 6º E. infantil 24 prazas
16:30
LUNS E. infantil CEIP Luís Seoane 24 prazas
MARTES CEIP Parga Pondal 1º, 2º 3º curso 27 prazas
17:20
E. infantil CEIP Luís Seoane 24 prazas
CEIP Parga Pondal 4 º 5º 6º curso 27 prazas
18:00
VENRES C.P. Valle Inclán 2º e 3º curso 18 prazas
PISCINA MUNICIPAL DE OLEIROS HORARIO
XOVES CEIP A Rabadeira 6º curso (Con transporte)
VENRES
XOVES E. infantil CEIP Parga Pondal 24 prazas
VENRES CEIP Luis Seoane 1º, 2º e 3º curso 36 prazas
E. infantil CEIP Parga Pondal 24 prazas
CEIP Luis Seoane 1º, 2º e 3º curso 36 prazas
PISCINA MUNICIPAL DE DORNEDA HORARIO
18:10
MÉRCORES CEIP Parga Pondal 1º, 2º e 3º curso 27 prazas
CEIP Luis Seoane 4º, 5º 6º 36 prazas
39
PROGRAMA DE FORMACIÓN DEPORTIVA
DENOMINACIÓN XUSTIFICACIÓN e DESCRICIÓN
ESCOLA DEPORTIVA MUNICIPAL DE HÓCKEY A PATÍNS ( DE 6 A 10 ANOS) Partindo das competencias municipais en materia deportiva segundo a Lei galega do deporte, atopamos no seu primeiro punto (artigo 8) o “fomento, promoción e difusión do deporte, especialmente en idade escolar”. Nesta liña de promoción, é de interese municipal a introdución de disciplinas deportivas “orfas” de actividade regrada, coa finalidade de ampliar a bagaxe deportiva e as oportunidades de práctica da poboación en idade escolar. Neste eido atopámonos con que non existen actividades de práctica do hóckey a patíns no noso concello, do mesmo xeito que non existe tecido asociativo (clubs) que teñan como obxectivo principal a práctica do hóckey. Ante este baleiro o interese municipal é o de introducir esta disciplina deportiva, con grande arraigo na provincia da Coruña, de maneira que se vaia construíndo e afianzando este deporte no noso concello. É importante destacar a finalidade e obxectivo final do Concello neste proxecto, xa que é un proxecto con data de caducidade. É dicir, é un proxecto que nace para iniciar e poñer en marcha un deporte, facilitando material, instalación e medios humanos aos nosos escolares. Pero tendo en consideración que nun prazo aproximado de 5 anos debe converterse nun proxecto autónomo, non tutelado polo concello. Trataríase de que unha vez que a escola de hóckey se pon en marcha e se consolida, baixo a promoción e iniciativa municipal debe xurdir a creación dun club ao redor principalmente das familias dos alumnos e alumnas, de xeito que o hóckey en Oleiros e o seu club comecen a ter unha xestión autónoma no futuro. Tamén importante é sinalar este último aspecto, que ademais de marcar a traxectoria e duración da xestión municipal da escola, está a cumprir con outro dos aspectos referidos na Lei galega do deporte, ao respecto das competencias municipais no “fomento e apoio á creación de asociacións deportivas no seu ámbito territorial, especialmente nos centros de ensino”. A toda a xustificación anterior e fóra xa de aspectos competenciais, debemos tamén ter en conta que no concello dispoñemos dunha instalación específica para a práctica do hóckey no pavillón municipal de Oleiros, e que pasa por ser unha das mellores pistas de Galicia para este deporte. Así pois, o proxecto que formulamos ten tamén un sentido de aproveitamento eficaz das potencialidades (instalación) que temos no municipio, rendibilizando socialmente esta instalación.
40
TEMPORALIZACIÓN 1ª quenda: luns e mércores de 17:00 a 18:00 h 2ª quenda: martes e xoves de 17:00 a 18:00 h Os días de actividade corresponderanse sempre co calendario escolar de outubro a xuño. PROFESORADO a) Deberá ter algunha das seguintes titulacións docentes: graduado/licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte (ou ter superado o primeiro ciclo desta licenciatura), mestre de Educación Física, TAFAD ou a correspondente titulación de adestrador expedido pola federación española ou galega de patinaxe. b) Deberán acreditar experiencia docente con escolares en actividades de iniciación ao hóckey a patíns. O ratio de alumnos a respectar será de 1 profesor para cada 10 alumnos/as. OBXECTIVOS XERAIS
- Adquirir habilidades básicas no desprazamento en patíns de 2 eixes. - Aprendizaxe das regras de xogo do hóckey a patíns. - Progresar na destreza e dominio do patín (freadas, xiros, saltos). - Adquirir habilidades e destrezas motoras, simultaneamente entre o manexo do patín e as accións xogadas con stick. - Promover a creación dun club de hóckey no concello. - Aproveitar as potencialidades do pavillón de Oleiros. - Introducir e facilitar as posibilidades de práctica do hóckey a patíns na poboación en idade escolar de Oleiros. DESTINATARIOS/AS Nenos e nenas de 6 a 10 anos. MATERIAL O Concello de Oleiros poñerá a disposición dos alumnos o material necesario para a práctica, agás os patíns, que deberán levar cada neno/a individualmente.
41
PROGRAMA DE FORMACIÓN DEPORTIVA
DENOMINACIÓN DESCRIPCIÓN
TEMPORALIZACIÓN OBXECTIVOS
42
ESCOLA MUNICIPAL DE SURF O Concello de Oleiros, coñecedor da problemática social que supoñen os ascendentes índices de obesidade infantil e xuvenil, do sedentarismo, e das dificultades que ás veces atopa a nosa mocidade para realizar actividades físicas e deportivas dun xeito regular, pon en marcha a Escola Municipal de Surf dirixida a rapaces/zas de entre 12 e 21 anos. De outubro 2014 a maio de 2015, os mércores e venres de 16:30 a 18:00 h. - Destacar na práctica diaria o factor lúdico. A diversión debe ser prioritaria para crear afección e gusto pola actividade físico-deportiva. - Educar os alumnos na adquisición de hábitos saudábeis. - Aproveitar os valores a transmitir polo deporte, desenvolvemento das capacidades físicas e motrices, disposición ao esforzo persoal e ás capacidades sociais, o traballo en equipo, a solidariedade, a tolerancia. - Fomentar e dinamizar o surf e bodyboard en Oleiros como punto de referencia deste deporte en Galicia. - Facilitar o inicio a este deporte e aprendizaxe básica. - Promover as instalacións náuticas de Bastiagueiro como un servizo público náutico para potenciar e divulgar. - Facilitar o proceso de aprendizaxe e progresión na práctica da disciplina, permitindo acadar o nivel mínimo para o acceso voluntario e individual á práctica.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Servizo Municipal de Educación: Jerónimo Díez Domínguez, j.diez@oleiros.org. Servizo Municipal de Deportes: Adolfo Monteagudo Leal, a.monteagudo@oleiros.org Centro Cultural A Fábrica Rúa do Inglés, nª 13, 15172 Perillo -Oleiros. Tlf. 981 636598
43
PROGRAMA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
PROGRAMA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PROGRAMA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES MUNICIPAIS NO CEIP PL ISIDRO PARGA PONDAL E NA CASA DO POBO DE NÓS Este programa municipal lévase a cabo por sétimo curso consecutivo, principalmente ante a carencia na oferta de actividades extraescolares no centro, e para facilitar un programa de actividades adaptado ás idades e necesidades do seu alumnado, variado e de calidade en horario extraescolar. Tamén supón unha alternativa coherente de conciliación familiar para a contorna dos/das nenos/ as que asisten a estas. A estruturación con respecto a outros programas presenta algunhas importantes peculiaridades, como é o feito de que se organicen as actividades en bloques temáticos en lugar de actividades específicas para educación infantil e educación primaria. O propósito fundamental desta distribución, é a de posibilitar a participación activa en moitas actividades diferentes, fuxindo da especialización nas idades máis temperás, e facilitar a conciliación do horario familiar dun xeito responsable.
44
É bastante frecuente observar na oferta tradicional de actividades extraescolares, actividades moi relacionadas co currículo ou mesmo actividades deportivas moi afastadas do seu grao de maduración e evolución psicomotriz, non cumprindo deste xeito unha das finalidades fundamentais dos principios que deberan rexer os programas de actividades extraescolares. Pretendemos que os/as participantes fagan moitas actividades diferentes que de non ser ofertadas neste programa e postas ao seu alcance, probablemente non percibirían como alternativas de ocio interesantes ou destino dos seus talentos ou intereses. Todo isto feito dun xeito entretido, ameno, non competitivo e onde a educación en valores e o respecto sexan un continuo e estean sempre presentes en todas as actividades que fagan.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
O Programa de actividades extraescolares do CEIP PL Isidro Parga Pondal e na EI O Vilar de Nós, concrétase no desenvolvemento de dous bloques de actividades: BLOQUE DEPORTIVO: Deporte 1, Deportes 2, Xogos e psicomotricidade. BLOQUE CULTURAL: Aventura, Xogos, Divernatura-Natura, Diverarte-Arte. As directrices xenéricas nas que, no seu conxunto, todas as actividades se deben encadrar son: a) Destacar na práctica diaria o factor lúdico. A diversión debe ser prioritaria para crear afección e gusto pola actividade. b) Educar o alumnado na adquisición de hábitos saudables e a relación destes coas actividades. c) Aproveitar os valores a transmitir, para a adquisición de coñecementos que permitan o desenvolvemento das capacidades físicas, a disposición ao esforzo persoal e ás capacidades sociais, o traballo en equipo, a solidariedade, a amizade, a tolerancia e o xogo limpo. d) Fuxir dos estereotipos e actitudes sexistas que vinculan certas prácticas cos nenos e outras coas nenas. A coeducación é un alicerce básico. e) Formulación lúdica das tarefas a deseñar de xeito que permitan sobresaír tanto a nenas como a nenos. f) Non permitir comportamentos violentos. O adversario no xogo é un compañeiro, non un rival. g) Acostumar os/as nenos/as a aceptar a diferenza e a diversidade como elementos positivos, e a promover a tolerancia entre individuos. h) Axudar a ver o espazo escolar como un espazo de gozo. i)Usar a lingua galega como lingua vehicular habitual na dinámica das actividades.
45
PROGRAMA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
BLOQUE CULTURAL: AVENTURA Proponse a realización de actividades arredor da aventura, entendida esta nun sentido amplo, como poden ser aquelas actividades que desenvolvidas no medio natural, comprenden unha importante actividade física e un material complementario máis motivador que outras actividades. Como por exemplo: a orientación, o campismo, o manexo da “bici”, rutas, etc., sen esquecerse da imaxinación e da creatividade. Obxectivos Amosar o medio natural, como un marabilloso campo de xogos e aventuras. Utilizar as actividades físicas como medio de relación positiva e non competitiva entre os nenos e nenas. Dar a coñecer dun xeito lúdico, actividades relacionadas co medio natural. Proporcionar coñecementos básicos de actividades físicas menos habituais, que lles permitan gozar do contorno, atendendo ao principio de respecto á natureza. Favorecer a través da actividade física, o desenvolvemento das habilidades motrices. Contidos: 1º, 2º e 3º de educación primaria Grandes xogos temáticos. Nós básicos e aplicacións. Pontes de corda, circuítos. Iniciación ao campismo: material, organización de campamentos, nós... Obradoiros de disfraces e pintura para os grandes xogos. Obradoiros de alimentación sa. Proxeccións, disporamas. Saídas de coñecemento do medio (mercado, granxa, parque...). Bici I. Orientación I.
46
Contidos: 4º, 5º e 6º de educación primaria Grandes xogos de ambientación histórica. Bici II. Orientación II. Nós e aplicacións. Técnicas de campismo. Pontes de corda, circuítos. Construcións. Astronomía básica. Obradoiro de alimentación sa. Proxeccións e videofórum.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
BLOQUE CULTURAL: XOGOS O xogo é unha necesidade vital do ser humano, unha actividade indispensable para o desenvolvemento dos nenos e das nenas, a actividade máis importante da infancia, a profesión dos rapaces e rapazas, un medio de aprendizaxe espontánea, un campo de experimentación de hábitos intelectuais, físicos, sociais, morais... O xogo produce pracer en si mesmo, sempre á marxe de metas ou obxectivos externos ao propio xogo. Por último, na actividade lúdica hai un predominio dos medios sobre os fins, sendo a finalidade do xogo, xogar, simplemente. Obxectivos Estimular o pracer de xogar por xogar. Empregar o xogo como factor central da aprendizaxe e xerador da progresiva adaptación social. Relacionarse e participar en actividades de grupo desenvolvendo o sentido da ilusión, creatividade, autonomía, liberdade e respecto do seu contorno e do propio centro. Coñecer actitudes e valores básicos da nosa tradición e patrimonio cultural a través dos xogos. O xogo como figura potenciadora do coñecemento sensorial, corporal e intelectual. Contidos: 1º, 2º e 3º de educación primaria: Xogos
Contidos: 4º, 5º e 6º de educación primaria: Xogos
Traballamos a seguinte tipoloxía de xogos a traballar adaptados evidentemente á idade escolar comprendida entre os 6, 7 e 8 anos. Xogos cooperativos e con material alternativo. Xogos populares e interculturais. Xogos para o movemento, persecución... Grandes xogos. •Xogos sensoriais e de coñecemento corporal: •Xogos de discriminación visual. •Xogos de expresión corporal e axuste postural. •Xogos de discriminación táctil. •Xogos de coñecemento corporal. •Xogos de discriminación auditiva. •Xogos de lateralidade. •Xogos de equilibrio.
Traballamos a seguinte tipoloxía de xogos a traballar adaptados evidentemente á idade escolar comprendida entre os 9, 10 e 11 anos e continuando coas actividades do ano anterior Xogos cooperativos e con material alternativo. Xogos populares e interculturais. Xogos para o movemento, persecución... Xogos predeportivos; traballaremos: •Habilidades específicas (perceptivo motrices e habilidades e destrezas básicas). •Velocidade (desprazamento, reacción). •Forza. •Lanzamentos. •Coordinación. •Colaboración. • Grandes xogos.
47
PROGRAMA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
BLOQUE CULTURAL: DIVERNATURA-NATURA Cada neno e nena, terá a oportunidade de aprender xogando dun xeito divertido e ameno distintas cuestións relacionadas co mundo natural. Poñeranse a disposición dos participantes as ferramentas necesarias para comprender e respectar o noso medio natural. Obxectivos Favorecer o coñecemento dos problemas ambientais que afecta tanto ao propio contorno coma ao conxunto do planeta, así como das relacións entre ambos planos: local e global. Observar e explorar o contorno inmediato con curiosidade e coidado, identificando as características e propiedades máis significativas dos elementos que o conforman e algunha das relacións que se establecen entre eles. Fomentar a cooperación no grupo, a autocrítica e a resolución de conflitos. Establecer vínculos fluídos de relación cos adultos e cos seus iguais, respondendo aos sentimentos de afecto, respectando a diversidade e desenvolvendo actitudes de axuda e colaboración. Favorecer a extensión de prácticas e xeitos de vida sostibles nos distintos contextos vitais, baseados no emprego racional e solidario dos recursos así como no gozo respectuosos co medio. Contidos: Educación infantil: Divernatura • Obradoiros de natureza (móbiles, centros, xoguetes, cadernos, papel reciclado, plastilina ecolóxica...). • A horta. • Xogos de educación ambiental. • Actividades de observación, experimentos. • Cantigas e bailes da natureza. • Saídas interpretativas, exposicións.
48
Contidos: 1º, 2º e 3º de educación primaria: Natura • Obradoiros de natureza (móbiles, centros, xoguetes...). • A horta. • Investigación natural I. • Caixas niño e comedeiros para as aves. • Calco de follas de árbores. • Dinámicas de grupo e xogos de educación ambiental.
Contidos: 4º, 5º e 6º de educación primaria: Natura • Obradoiros de natureza (frasco de cores, papel reciclado, xoguetes...). • A horta. • Caixas niño e comedeiros para as aves. • Investigación natural II. • Saídas interpretativas. • Dinámicas de grupo e xogos de educación ambiental.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
BLOQUE CULTURAL: DIVERARTE- ARTE Diverarte pretende achegar o riquísimo mundo das artes aos rapaces e rapazas como o teatro, a música, a danza, a pintura..., actividades que farán dos/as participantes unha visión diferente do mundo artístico e axudarán a crear un público con criterio. Obxectivos xerais Favorecer o desenvolvemento da creatividade persoal a través das distintas manifestacións artísticas. Dar a coñecer a realidade cultural galega, a súa música, a súa arte e coñecer as semellanzas e as diferenzas que existen ante outras culturas. Favorecer a través dun enfoque sensorial das actividades, a afección pola creación artística. Achegar o mundo das artes escénicas, a música e a arte, aos rapaces e fomentar neles o gusto pola súa práctica. Contidos: Educación infantil: Diverarte • Recuncho do Artista: monicreques, baile. • Recuncho do Músico: A música e o xogo. • Recuncho do Actor: Teatro ou xogo. Contidos: 1º, 2º e 3º de educación primaria: Arte • Recuncho do Artista: Crea o teu escenario / Pinta o teu Concello. • Recuncho do Músico: Música para nenos / Crea o teu propio instrumento. • Baile e as danzas do mundo. • Recuncho do Actor: O circo / Teatro ou Xogo. Contidos: 4º, 5º e 6º de educación primaria: Arte • Recuncho do Artista: Realiza a túa propia maqueta. • Recuncho do Músico: Crea a túa propia canción. • Recuncho do Actor: O noso teatro. • O baile e as danzas do mundo. 49
PROGRAMA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
BLOQUE DEPORTES: XOGOS E PSICOMOTRICIDADE (INFANTIL) Os seus contidos baséanse na utilización do xogo para o desenvolvemento das condutas motrices dos nenos e nenas a través do movemento, das interaccións cognitivas, emocionais, simbólicas e sensorio motrices. Obxectivos Coñecemento de distintos segmentos corporais. Desprazamentos básicos. Coñecemento da regra durante o xogo. Desenvolver a formación motora (desprazamentos, rebotes, saltos, pasar, recibir, golpear etc.) e a formación perceptiva (formas de relación co contorno). Contidos Orientación espazo –tempo. Desenvolvemento xeral de habilidades motrices básicas. Conceptos topolóxicos (arriba - abaixo, dentro - fóra etc.). Cooperación e participación activa. Respecto pola norma, as regras e os compañeiros. Aceptación das propias posibilidades.
50
BLOQUE DEPORTES: DEPORTES 1. Educación primaria Traballarase, sempre de xeito lúdico e a través do xogo, sobre contidos relacionados con aprendizaxes xerais de varios deportes, tanto sociomotrices ou colectivos (fútbol adaptado, balonmán adaptado e minibasket, como deportes psicomotrices ou individuais, patinaxe e judo). As disciplinas terán carácter rotatorio ao longo do curso escolar, de xeito que ao remate de cada curso se teña coñecido dun xeito xenérico cada unha delas e ao remate do 3º curso de primaria a riqueza e bagaxe motriz sexa o máis ampla posible, tendo en conta que ás idades temperás debemos fuxir da especificidade deportiva. Obxectivos xerais: Desenvolver capacidades motoras a través de tarefas lúdicas relacionadas coas disciplinas nomeadas. Ser capaz de realizar distintos tipos de desprazamentos, saltos e xiros de maneira coordinada. Desenvolver a coordinación nos lanzamentos e recepcións en posicións estáticas e dinámicas. Contidos: Adaptación e manexo dos móbiles nos deportes: Condución, pase, recepción, golpeo. As normas básicas dos diferentes deportes. Estruturación do espazo de xogo nos deportes. Habilidades de desprazamento sobre rodas.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
luns
martes
mércores
xoves
16:00
XOGOS e Psicomotricidade
DIVERNATURA
XOGOS e Psicomotricidade
DIVERNATURA
17:00
DIVERNATURA
XOGOS e Psicomotricidade
DIVERARTE
XOGOS e Psicomotricidade
16:00
Xogos 4º/5º/6º Aventura 1º/2º/3º
Deportes 1
Natura 4º/5º/6º Arte 1º/2º/3º
Deportes 2
17:00
INFANTIL
Obxectivos xerais: Coñecer a técnica dos diferentes deportes. Coñecer as regras básicas dos diferentes deportes. Coñecer estratexias básicas dos xogos deportivos. Familiarizarse co manexo dos diferentes utensilios. Contidos: A cooperación/oposición nos deportes de equipo. Desprazamentos con e sen móbil. Aceptación das regras e normas. Habituarse a perder e gañar. Aceptación, valoración e respecto polo propio corpo.
CALENDARIZACIÓN Calendario semanal A distribución horaria semanal farase da seguinte maneira, coas seguintes opcións para educación infantil e primaria : Opción A: luns e mércores de 16.00 a 18.00 horas Opción B: martes e xoves de 16.00 a 18.00 horas Opción C: todos os días de 16.00 a 17.00 horas (Horario do programa para o alumnado da E.I. O Vilar de Nós) Opción D: todos os días de 16.00 a 18.00 horas (Non poden ser usuarios/as do comedor escolar, agás que ambos pais xustifiquen a través de certificados de empresa que o seu horario laboral impide coidar os seus fillos.)
PRIMARIA
BLOQUE DEPORTES: DEPORTES 2. Educación primaria Xogos deportivos onde se levan á práctica aplicacións e metodoloxías baseadas nos deportes sociomotrices, en concreto, no minibasket, minibalonmán, minivoleibol, hóckey e fútbol. A través do xogo, iníciase aos alumnos na adquisición de coñecementos e pautas de comportamento nos deportes onde a colaboración/oposición resultan fundamentais para empezar a entender o xogo en equipo. Habilidades específicas en deportes psicomotrices ou individuais. Utilizando patróns motores relacionados coa patinaxe, co judo, coa ximnasia deportiva e co bádminton.
Deportes 1
Xogos 1º/2º/3º Aventura 4º/5º/6º
Deportes 2
Natura 1º/2º/3º Arte 4º/5º/6º
Duración Durante o curso escolar desde outubro de 2012 ata maio de 2013, e no primeiro trimestre do curso escolar 2013/14, segundo o calendario escolar. 51
PROGRAMA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
CALENDARIZACIÓN [Cont.] Sesións diarias de traballo As sesións de traballo, para o equipo, será como máximo a seguinte: • Dous monitores deportivos/as que realizarán cada un deles dúas sesións diarias dunha hora cada unha. Total 4 horas/día. • Dous educadores de actividades culturais que realizarán cada un deles dúas sesións diarias dunha hora cada unha. Total 4 horas/día. • Un educador de necesidades educativas especiais que realizarán dúas sesións dunha hora cada unha. Total 2 horas/día. • O coordinador/a terá unha sesión de traballo diaria de 2,5 horas, cun horario de entrada 15 minutos antes e de saída 15 minutos máis tarde, que os educadores/as. RECURSOS HUMANOS Poderán formar parte do equipo educativo, responsable da planificación- programación- execución e avaliación do Programa de actividades extraescolares como mínimo: 1 coordinador do programa. 4 monitores/educadores/as. 1 educador/a de NEE. A ratio de educador/grupo será: 1/15 para as actividades de educación infantil e primaria. Estas ratios, deberán ser incrementadas por educadores/ as de apoio cando as características das actividades así o demanden (sendeirismo, rutas interpretativas, saídas en bicicleta...). Asemade, os grupos que teñan participantes con necesidades educativas especiais deberán contar como mínimo cun educador de apoio, con formación específica para a necesidade de que se trate, é dicir a ratio será de 2/15.
52
CONCELLERÍA DE
CULTURA E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA Esther Garrido Pan Concelleira de Cultura e Normalización Lingüística e.garrido@oleiros.org
Diego García Mella Animador cultural cultura@oleiros.org Departamento de Cultura Centro cultural A Fábrica Rúa do Inglés, nº13 15172 Perillo – Oleiros Teléfono: 981 636 598
Lucía Filloy López Técnica de Normalización Lingüística l.filloy@oleiros.org Servizo de Normalización Lingüística Praza de Galicia, 1 15173 Oleiros Tel. 981 610 000 ext. 1231
Mª Luz Corral Uzal Bibliotecaria municipal m.corral@oleiros.org Biblioteca Central Rialeda Avda. Rosalía de Castro, 227 A 15172 Perillo - Oleiros Tel.: 981 639 511 Fax : 981 639 996 biblioteca.rialeda@oleiros.org
53
PROGRAMA DE TEATRO ESCOLAR HOXE, O COLE VAI DE TEATRO As campañas de teatro escolar constitúen unha ferramenta moi útil para a formación artística do público infantil e xuvenil. Aínda que gran parte do éxito radica na colaboración entre os espazos escénicos e os centros escolares dependerá en boa medida do traballo previo realizado polo profesorado nas aulas. Finalidade Difundir as artes escénicas entre o público infantil e xuvenil. Obxectivos xerais 1. Educar a sensibilidade artística. 2. Formar o público. 3. Situar as artes escénicas no espazo de ocio de nenos, nenas e xente nova. 4. Inculcar no público infantil e xuvenil o hábito de asistir a un espazo escénico. Desde Cultura pensamos que a formación do público infantil e xuvenil é un investimento a longo prazo e unha aposta por asegurar un público adulto estable no futuro. Por outro lado as artes escénicas desempeñan un importante labor social e educativo, por iso deben estar presentes no proceso de socialización desde idades temperás. Destinatarios/as Alumnado dos cursos de 3º, 4º e 5º de ensinanza primaria dos centros de ensino públicos do Concello de Oleiros (idades aproximadas: de 8 a 11 anos).
54
Datas de realización Semana do 13 ao 17 de outubro. A semana anterior á realización das representacións o elenco da compañía trasladarase aos colexios para presentar as unidades didácticas preparadas ante o alumnado e o profesorado correspondente. O número final de funcións dependerá da poboación escolar que confirmen os centros escolares unha vez iniciado o novo curso escolar 2014/2015 no mes de setembro. Serán dúas función diarias, nos horarios seguintes: ás 10.30 e ás 12.15 horas.
Lugar de realización Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera. Datos da obra “Valados” é o título dun libro infantil escrito por Agustín Fernández Paz e que a Compañía Artestudio adaptou para representala nos escenarios. Narra a historia de dous amigos inseparables, Helena e Xoel, que viven na mesma vila, pero os seus barrios son diferentes. Un día empezan a suceder feitos estraños, a xente mírase con desconfianza, desapareceu a alegría e chegou o medo. Unha mañá, unha reixa metálica érguese para dividir unha poboación da outra e os dous amigos quedan separados. Terán que idear distintas estratexias para poder estar en contacto. É unha mensaxe ao mundo, para que todas as persoas volvan a crer en si mesmas, para volver a escoitar o seu interior, utilizar a inmensa capacidade e o poder da mente e do corazón para poder derrubar os muros que nos rodean. Por ser unha fermosa obra que fala da amizade por riba das diferenzas, da igualdade entre os seres humanos fronte aos odios, da liberdade, da loita contra as discriminacións, segregacións e imposicións inxustas, desde o Departamento de Cultura pensamos que sería moi interesante que os nenos e nenas de Oleiros a coñecesen. Ficha técnica Director artístico: Xurxo Cortázar Dramaturxia: Ruben Ruibal Espazo sonoro: Manu Clavijo Espazo escénico e vestiario: Neves Seara Interpretación: Ramiro Neira, Estefanía Gómez e Xurxo Cortázar Asesoramento coreográfico: Kirenia Celia Martínez Acosta Asesoramento pedagóxico: Estefanía Vázquez E David Seisdedos Dotación técnica: Rta Produción: Estefanía Vázquez – Artestudio
55
56
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Lucía Filloy López Técnica de Normalización Lingüística l.filloy@oleiros.org Servizo de Normalización Lingüística Praza de Galicia, 1 15173 Oleiros Tel. 981 610 000 ext. 1231
NORMALIZACIÓN
57
1. A LINGUA, A NOSA CULTURA A lingua, a nosa cultura é un programa que fai fincapé na historia, na literatura e na cultura galega. Danse a coñecer figuras da nosa literatura, tradicións e lugares da nosa xeografía, e dalgún modo, lévase á reflexión da importancia que ten o uso da lingua para mantela, pois é a base da nosa cultura. Obxectivos - Promover o uso da lingua. - Dar a coñecer persoas que loitaron pola lingua ou que escribiron ou fixeron a súa actividade en galego. - Dar a coñecer espazos e veciños e veciñas do noso concello. - Fomentar que o alumnado escriba e lea no noso idioma. Destinatarios/as O alumnado de primaria, secundaria e bacharelato. Actividades 1.1. Roteiro cultural e literario (Esta actividade faise entre o Servizo de Normalización Lingüística e o Sistema de Bibliotecas, para máis información consulte a páxina 90) 1.2. Premio literario Descubrindo Oleiros Descrición Esta proposta busca poñer en común dúas cuestións: o interese pola escritura na rapazada e dar a coñecer Oleiros e a súa contorna como lenzo para obras literarias e feitos históricos ao longo dos anos. Deste xeito, nesta actividade damos a coñecer todas as obras ambientadas na zona, e nomeadamente no Concello. Trátase pois de facer cultura co municipio de fondo, e mostrala a través dos ollos da rapazada que estuda nos centros educativos da cidade, ao tempo que os achegamos á escrita creativa.
58
Obxectivos - Animar o alumnado a escribir e ler en galego, e fomentar a súa creatividade. - Implicar o alumnado para que descubra os nosos recantos. - Descubrir Oleiros como fondo para a literatura e os relatos e outros feitos históricos. - Darlle protagonismo ao alumnado na súa actividade cotiá nos centros. Destinatarios/as O alumnado de 5º e 6º de primaria e ESO.
1.3. Contos de defuntos (e outros asuntos)
1.4. Rosalías, unha vida de luces e sombras
Descrición Contos de mortos que non están tan mortos, da Santa Compaña que non eran tan santa, de aparecidos e visións… de todas estas cousas que rodean a vida e a morte en Galicia, e das que nunca está de máis falar un pouco. Porque o mundo cambia. O noso mundo, o dos vivos… e quen sabe se o dos mortos tamén cambiou!
Descrición Teatro Antroido mediante a técnica do Teatro Documento e sen renunciar á forza visual propia de todo espectáculo escénico, percorre a vida e a obra de Rosalía a través dos seus momentos máis significativos, nunha narración (escenificada por Roi Vidal e Laura Ponte) chea de poesía, pensamento, música, símbolos, humor e aire fresco.
Obxectivos - Ensinar o valor da tradición oral na nosa lingua. - Promover o uso do galego. - Animar á lectura. - Ensinar a fluidez e as habilidades precisas para que o alumnado se exprese correctamente no noso idioma.
Rosalías non é un espectáculo teatral ao uso, senón que se adapta a cada circunstancia segundo as necesidades o requiran, podendo acurtar a súa duración e adaptarse a case calquera espazo. A medio camiño entre a lectura dramatizada e a conferencia informativa e cun estilo próximo ao do documental audiovisual, Rosalías é unha das mellores formas de profundar no coñecemento da poeta galega por excelencia: Rosalía de Castro.
Destinatarios/as O alumnado do segundo ciclo da ESO.
Obxectivos - Dar a coñecer a vida e a obra de Rosalía de Castro. - Fomentar o uso da lingua. - Animar á lectura das obras en lingua galega.
Lugar En cada IES do Concello.
Destinatarios/as O alumnado de 3º da ESO.
Data A determinar en cada centro durante os meses de outubro ou novembro, coincidindo co Samaín.
Lugar En cada IES do Concello, un por cada centro. Data A determinar en cada centro durante o mes de febreiro ou marzo, coincidindo co Día de Rosalía que se celebra o 24 de febreiro, ou en marzo podéndose encadrar na programación do Día da Muller. 59
1.5. O tesouro da Bruxa Maruxa Descrición O tesouro da Bruxa Maruxa é un proxecto de dinamización lingüística que consiste na recuperación de xogos tradicionais, na presentación de xogos novos e diferentes, e xogos lingüísticos que procuran fomentar o uso do galego dun xeito eminentemente lúdico e en relación co currículo de Lingua Galega. Obxectivos - Promover o uso da lingua galega entre os nenos e as nenas do Concello. - Aprender a falar en galego xogando. - Coñecer xogos tradicionais e cancións do noso patrimonio cultural. Destinatarios/as Alumnado de educación infantil. Data Concretarase con cada centro. Lugar En cada centro de ensino, no pavillón, no patio ou nunha aula sen mobiliario.
60
2. O NADAL EN GALEGO Nesta época do ano cada vez se emprega menos a lingua galega, por este motivo xa desde hai uns anos propuxémonos facer unha actividade na que puidésemos involucrar os máis novos. Os nenos e as nenas dos centros de ensino son os creadores da nosa carta aos Reis Magos. Obxectivos - Promover que os nenos e as nenas lean e escriban en galego. - Fomentar o uso da lingua na época do Nadal. - Potenciar a creatividade do alumnado. - Favorecer a participación dos escolares no proceso de normalización. Destinatarios/as Os nenos e as nenas dos centros de ensino públicos do Concello. Actividade 2.1. Cartas aos Reis Magos Descrición Coa colaboración dos centros de ensino cada clase de sexto de infantil e primeiro de primaria deseñará unha carta aos Reis Magos, integramente en galego. Das cartas reunidas escollerase unha que será valorada atendendo á presentación, á orixinalidade e ao emprego correcto do galego. A carta gañadora imprimirase para todos os nenos e as nenas do Concello. Obxectivos -Implicar os nenos e as nenas na normalización lingüística. -Promover que os nenos e as nenas escriban en galego. -Fomentar o uso da lingua na época do Nadal. Destinatarios/as Para o deseño o alumnado de sexto de infantil, primeiro e segundo de primaria dos centros de ensino de Oleiros. As cartas, unha vez impresas, levaranse aos centros de ensino, ás escolas infantís e colexios, así como ás bibliotecas para todos os nenos e as nenas de Oleiros. Data O deseño da carta levarase a cabo no mes de novembro e entregaranse impresas a mediados do mes de decembro.
61
NORMALIZACIÓN
3. A SITUACIÓN DA LINGUA
O galego é unha lingua minoritaria que cada día perde falantes, esta situación fai que nalgúns ámbitos estea case ausente, por este motivo desde as administracións estase a fomentar a lingua nos espazos onde fora rexeitada. Agora aínda quedan prexuízos na xente e queremos afastalos dos nenos e nenas, por este motivo, con este programa queremos provocar que a mocidade reflexione sobre a situación lingüística e implicala no proceso de normalización. Obxectivos - Fomentar o uso da lingua. - Reflexionar sobre a situación lingüística en determinados ámbitos. - Desbotar os prexuízos lingüísticos.
Destinatarios/as O alumnado de primaria, ESO e bacharelato.
Actividades 3.1. Historia máxica de Galicia Descrición O narrador Brais Fernández Álvarez, historiador, narrador e educador sociocultural divulga a historia de Galicia cun enfoque diferente no que se mestura harmoniosamente a didáctica e o ludismo, coa arte e a poesía. A cultura, a lingua galega, a literatura, a historia e en xeral a grande parte dos bens artísticos e sociais parecen cotizar á baixa nos tempos que corren entre as novas xeracións máis educadas e suxestionadas pola mercadotecnia e os avances nas tecnoloxías da información. Non é que pretendamos reverter esta situación cun simple proxecto, mais si mitigar algúns efectos e promover a disolución de antagonismos nos que polo de agora o coñecemento cultural parece levar sempre as de perder.
62
Obxectivos - Achegarlle ao público contidos culturais relacionados coa historia do país e motivalos para que sigan descubrindo e aprendendo. - Ofrecer outro punto de vista á hora de estudar a historia e cultura de Galicia. - Fomentar a simpatía e achegamento á cultura. - Xerar e fortalecer dinámicas creativas e críticas de interacción sobre a arte, facendo especial fincapé na dimensión literaria, lingüística e histórica. - Favorecer a reflexión en torno á situación sociolingüística actual en Galicia.
Destinatarios/as O alumnado de ESO ou bacharelato. Data A determinar en cada centro. Duración 50 minutos. Lugar Farase un por centro, nunha aula con boa acústica.
3.2. Lingua Forza 3
3.3. O galego na súa voz
Descrición Proxecto de dinamización lingüística con formato de xincana e posta en escena dramatizada,no que os/as rapaces/zas participantes terán que superar varias probas dando conta das súas destrezas físicas, lingüísticas e de traballo en equipo.
Descrición A lingua galega é pouco empregada en moitos ámbitos, uns deles, o deporte ou o cine, por este motivo queremos dar a ocasión de falar con deportistas galegos ou actores e actrices que expoñan este tema entre o alumnado para que reflexione sobre a situación lingüística.
Ponse en interrelación directa os currículos de lingua e literatura galegas e de educación física.
Obxectivos -Promover a lingua galega no deporte e no cine. -Fomentar o uso da lingua na xente nova. -Reflexionar sobre a situación lingüística en determinados ámbitos. -Desbotar os prexuízos lingüísticos.
Obxectivos - Fomentar o uso da lingua. - Promover o traballo en equipo. - Aprender de forma lúdica a falar en galego. - Ensinar os xogos tradicionais e lingüísticos. Destinatarios/as O alumnado do segundo ciclo de primaria, 50 participantes aproximadamente por sesión. Data A determinar con cada centro, recoméndase para febreiro, para coincidir co Día da Lingua Materna.
Destinatarios/as O alumnado da ESO ou bacharelato. Data A determinar cos centros de ensino. Lugar No salón de actos de cada instituto.
Duración A actividade ten unha duración de 1:30 horas. Lugar Patio cuberto ou pavillón de cada centro de ensino.
63
4. AS LETRAS GALEGAS O mes de maio dedicámolo a homenaxear as Letras Galegas, por este motivo organizamos unha programación para dar a coñecer a historia do Día das Letras Galegas, á vez que organizamos outras actividades de entretemento nas que se promove a lingua. Obxectivos - Fomentar o uso da lingua a través de diferentes programas. - Estudar a historia do Día das Letras Galegas e as persoas homenaxeadas. - Promover a asistencia ao teatro. - Potenciar o traballo en equipo. - Facilitar ferramentas necesarias para a comunicación. Destinatarios/as O alumnado de infantil, primaria e ESO dos centros de ensino do Concello. Actividades 4.1. Concerto A nena e o grilo no país das apertas Descrición Magin Blanco conta contos a través de cancións ao fío da amizade dunha nena e un grilo. Os dous personaxes descóbrennos emocións e sentimentos, apréndennos a vivir, e fan que nos mergullemos nun universo máxico e ilusionante. Historias para nenos e nenas de todas as idades, para aprender, ser e sentir, para convencernos de que podemos crear outra realidade. Móstrannos un país aberto e sen fronteiras, no que se reclama o dereito de todos e todas a ser felices. Neste mundo da nena e o grilo, o coidado da natureza, a liberdade, a igualdade, a solidariedade, a amizade ou o respecto ás distintas identidades son o ar que se respira. Para aprender mentres xogamos, para saber mentres cantamos.
64
Obxectivos - Fomentar o uso da lingua. - Ensinar valores como a amizade, a igualdade e a solidariedade. - Promover o galego a través de cancións. Destinatarios/as O alumnado de 6º de infantil e 1º de primaria. Data No mes de abril ou maio.
4.2. Teatro Zampón o Lambón Descrición Zampón, o lambón é un espectáculo con música en directo no que se mesturan actores con figuras grandes e monicreques para contar unha historia de aventuras protagonizada por dous heroes moi especiais, Brais e Chispín, que terán que enfrontarse ao xigante Zampón, o devorador de palabras máis lambón do mundo. Obxectivos - Promover a lingua a través dun espectáculo infantil. - Fomentar o uso da lingua entre os máis novos. - Animar o alumnado a que asista ao teatro.
Data O 8 de maio de 2015 (dependendo do número de nenos e nenas podería haber algunha sesión o día 7). Lugar Auditorio Gabriel García Márquez, Mera.
Destinatarios/as O alumnado de 2º, 3º e 4º de educación primaria. 65
4.3. Galicia, país das letras!
4.4. Obradoiro de radio As Letras Galegas
Descrición É un proxecto que procura achegar dunha maneira participativa, lúdica e potenciando aspectos orais, contidos culturais relacionados coa lingua, co patrimonio e coa literatura galega ao alumnado. A través dunha posta en escena teatral os educadores/as propóñenlle aos nenos e nenas participantes unha serie de retos que van ter que superar, de maneira rotatoria e cooperativa ao mesmo tempo.
Descrición Este obradoiro achega ao alumnado a familiarización con todos os elementos que compoñen a radio, desde a elaboración do guión ata a gravación e escoita activa. Neste caso o guión farase da historia das Letras Galegas, para que o alumnado aprenda á vez que mellora a súa comunicación en lingua galega.
Obxectivos - Fomentar o uso da lingua. - Estudar os autores homenaxeados nas Letras Galegas. - Traballar a expresión oral e musical. - Desenvolver a creatividade. - Revalorizar o patrimonio inmaterial galego. Destinatarios/as O alumnado do último ciclo de primaria e 1º de ESO. Data No mes de abril ou maio, a determinar con cada centro. Lugar En cada centro de ensino, nun patio cuberto ou no pavillón.
66
Obxectivos - Fomentar o uso da lingua. - Potenciar a creatividade e o traballo en equipo. - Facilitar e mellorar a comunicación. - Facer un estudo da historia do Día das Letras Galegas. - Facilitar as ferramentas necesarias para falar en público. Destinatarios/as O alumnado de 2º ou 3º de ESO. Data A determinar con cada centro en abril ou maio. Lugar En cada centro de ensino.
4.5. Correlingua
4.6. Encontro intercentros: Festa da lingua
Descrición Desde o ano 2001, creáronse carreiras en prol do idioma en diferentes puntos de Galicia, e chamóuselle Correlingua. É unha proposta de carácter lúdico, educativo e reivindicativo que pretende convidar a mocidade e os centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito de medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.
Descrición Para celebrar o Día das Letras Galegas, organizaremos un día de festa, onde o alumnado de 6º de cada colexio realice un espectáculo (teatral, musical...) e o mostre ao resto dos centros nun espazo municipal e logo se aproveite para interactuar entre os rapaces e rapazas dos tres centros. Obxectivos - Promover a lingua galega. - Fomentar a creatividade do alumnado. - Traballar en equipo. - Fomentar a expresión oral.
Desde o Concello queremos promover como cada ano a participación do alumnado oleirense nesta actividade, polo que poñemos a disposición dos centros o servizo gratuíto de autobuses para ir ao Correlingua da Coruña, para os cursos que quixesen participar. Obxectivos -Promover a lingua entre os máis novos a través dunha actividade lúdica. Destinatarios/as O Correlingua está orientado para o último ciclo de primaria e para secundaria.
Destinatarios/as O alumnado de 6º de primaria. Data No mes de abril, maio ou xuño, determinarase cos centros de ensino. Lugar Dependendo dos participantes.
Data A data está sen determinar.
67
68
SISTEMA DE BIBLIOTECAS PÚBLICAS MUNICIPAIS
Mª Luz Corral Uzal Bibliotecaria municipal m.corral@oleiros.org Biblioteca Central Rialeda Avda. Rosalía de Castro, 227 A, 15172 Perillo - Oleiros Tel.: 981 639 511 Fax : 981 639 996 biblioteca.rialeda@oleiros.org
BIBLIOTECAS
69
ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA LECTURA
MITOS E DEIDADES NA ÉPOCA DOS CASTROS: DA CIENCIA Á LITERATURA A cargo de Manuel Gago e Soledad Felloza DESCRICIÓN: A partir do exitoso libro “Vento e chuvia. Mitoloxía da antiga Gallaecia” (Xerais, 2013), Manuel Gago introdúcenos no rico universo de crenzas, mitos e deidades que existiron na Gallaecia da Idade do Ferro. A través da creación literaria de Manuel Gago podemos coñecer dez deusas e deuses da antiga Gallaecia. Dous mil anos despois imaxina e escrebe os antigos mitos con deuses nomeados en linguas desaparecidas. Deusas e deuses adorados nos castros, nos montes e ao longo do territorio da Gallaecia. Parte do coñecemento achegado pola lingüística, a mitoloxía comparada e a arqueoloxía. OBXECTIVOS: - Promover a lectura. - Dar a coñecer a obra “Vento e chuvia”. - Fomentar o coñecemento da mitoloxía galega. TEMPORALIZACIÓN: Meses de febreiro a xuño. DESTINATARIAS/OS: Dirixida ao alumnado de ESO e bacharelato dos centros de ensino público que o soliciten. ACTIVIDADES: Explicación, con proxección de imaxes, sobre a mitoloxía galega e narración dalgún relato da obra.
70
71
ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA LECTURA
XXIV CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DA LECTURA NAS BIBLIOTECAS PÚBLICAS MUNICIPAIS DESCRICIÓN: O gusto e o amor pola lectura non é innato, aínda que nesta se atopen condicións e medios de desenvolverse a persoa. A aprendizaxe do/a neno/a que non se sinte inclinado a ela, esixe ás veces un verdadeiro esforzo, polo que os distintos entes educativos e culturais, como son neste caso as bibliotecas, debemos promover o gusto pola lectura, xa que se trata dun medio indispensable para adquirir cultura. Debemos traballar por espertar unha sensibilidade que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a lectura dun bo libro, que os/as nenos/as e mozos/as vexan que tamén se poden divertir lendo, mostrar a diversidade que existe nos libros, onde se pode encontrar todo tipo de información, segundo os intereses e afeccións de cada individuo. Por este motivo emprendemos este curso unha nova campaña de promoción da lectura co fin de que o alumnado dos centros de ensino público deste concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos respectivos centros de ensino.
72
OBXECTIVOS: - Coñecer algunhas das bibliotecas do Concello de Oleiros. - Potenciar a asistencia ás bibliotecas municipais, non só como lugar de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica. - Espertar o gusto pola lectura, de forma que vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos. - Achegarnos pola vía da animación aos sectores menos dados á lectura, a aqueles nenos/as, adolescentes e mozos/as que non senten ningún interese por esta. - Favorecer procesos de creación e expresión oral e escrita. - Fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva que os faga pensar e reflexionar como cidadáns/as máis libres e solidarios.
- Vivir o libro en colectividade, enriquecéndose cunha lectura activa e participativa. - Promover a reflexión nos diferentes axentes educativos sobre a importancia da lectura como un enriquecemento individual e colectivo. - Incidir na importancia dos libros de contos, narracións e historietas no desenvolvemento da imaxinación e creatividade dos nenos/as, adolescentes e mozos/as. DATAS: De febreiro a xuño. LUGARES DE REALIZACIÓN: • Biblioteca Central Rialeda en Perillo. • Biblioteca P. Municipal e Centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro de Santa Cruz. • Biblioteca P. Municipal Manuel María, en Oleiros. DESTINATARIAS/OS: Dirixida ao alumnado de educación infantil e ensinanza primaria dos centros de ensino público que o soliciten. MONITORADO: Contratarase monitorado específico para cada actividade. ACTIVIDADES: En función das necesidades e da programación de cada centro realizaranse actividades específicas para os distintos cursos que o soliciten: - Presentación da biblioteca e explicación do seu funcionamento. - Contacontos. - Narración ou dramatización de contos, a través dun enfoque lúdico e dunha vivencia activa cos libros. •Contacontos de: Pablísimo, Soledad Felloza, Paula Crballeira, Ramiro Neira, Caxoto, Genma Pardo e da Compañía Trinke –Trinke.
ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA LECTURA
O AVIADOR A cargo da compañía Elefante Elegante
O LOBO BOBO A cargo da compañía Elefante Elegante
DESCRICIÓN: É a historia do encontro dun aviador cun Moucho, que coma todos os mouchos, gústalle máis a noite que o día. Cando escurece, séntese mellor que nunca. Voa dun lado para o outro, axita as ás e asubía como o vento. Pero ao amencer, enchese de tristura. Sentado na punta dunha póla, pensa en como sería marabilloso que a noite nunca acabase. Por que sae o sol? Por que a calma e a escuridade teñen que desaparecer para dar lugar ao día? O Aviador vai tentalo todo para axudar ao Moucho, pero, será posible vivir nun mundo sen sol?
DESCRICIÓN: Que pasaría se o lobo da Carrapuchiña se fixese vexetariano? Que acontecería se a madrasta de Branca de Neve se convertese nun dos tres porquiños cada vez que se mira no espello? A resposta a estas e outras preguntas poderémola descubrir neste espectáculo da Compañía Elefante Elegante. A narración oral vai acompañada pola manipulación de obxectos, a música, a xestualidade e a plasticidade do dispositivo escénico, creando un universo interactivo e poético onde se desenvolve a obra.
A narración oral vai acompañada pola manipulación de obxectos, as sombras chinesas, a marioneta de luva, a música, a xestualidade e a plasticidade do dispositivo escénico, creando un universo cómico, interactivo e poético onde se desenvolve a obra. OBXECTIVOS: - Promover a lectura. - Fomentar a imaxinación e a creatividade. TEMPORALIZACIÓN: Meses de febreiro a xuño. DESTINATARIAS/OS: Dirixido ao alumnado de educación infantil dos centros de ensino público que o soliciten.
DESTINATARIAS/OS: Dirixido ao alumnado de educación infantil e de 1º ciclo de ensinanza primaria dos centros de ensino público que o soliciten. OBXECTIVOS: - Promover a lectura. - Fomentar a imaxinación e a creatividade. TEMPORALIZACIÓN: Meses de febreiro a xuño. ACTIVIDADES: Contacontos teatral.
ACTIVIDADES: Contacontos teatral. 73
ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA LECTURA
A COCIÑEIRA DO REI de SOLEDAD FELLOZA
ABRAPALABRA A cargo da compañía Matapiollos Teatro
A cargo da autora Esta contadora uruguaia, afincada en Galicia, foi a gañadora do Premio de Narración Oral COCIÑA DE CONTOS, no que participaron contadores de España, Portugal e Polonia.
DESCRICIÓN: Espectáculo de maxia, poesía, contos e xogos de palabras, contando coa colaboración dos nenos e nenas.
DESCRICIÓN: Esta obra reivindica a memoria dos sabores, como parte da identidade, a investigación de receitas tradicionais e a recuperación de receitas familiares ou da zona. Mergúllanos nun mundo de cores, sabores e olores característicos da cociña tradicional, a que se fai a lume manso, con amor e produtos frescos da terra. Coas súas mellores receitas, preséntanse en palacio cociñeiros de todos os lugares. E tamén Mencía, unha cociñeira decidida que, malia ter visto que no bando poñía claramente que buscaban un cociñeiro, non se acovarda e, botando man do recetario da súa avoa, que contén un segredo moi particular, elabora un menú que chega directo ao corazón do rei. Cal pode ser o segredo? OBXECTIVOS: - Promover a lectura. - Afeccionar, desde a infancia, aos temas gastronómicos. - Dar a coñecer aos nenos e nenas receitas tradicionais galegas. TEMPORALIZACIÓN: Meses de febreiro a xuño. DESTINATARIAS/OS: Dirixida a nenas e nenos de 6, 7 e 8 anos dos centros de ensino público que o soliciten. 74
ACTIVIDADES: Contacontos.
OBXECTIVOS: - Promover a lectura. - Fomentar a imaxinación e a creatividade. TEMPORALIZACIÓN: Meses de febreiro a xuño. DESTINATARIAS/OS: Dirixido ao alumnado de ensinanza primaria dos centros de ensino público que o soliciten. ACTIVIDADES: Contacontos teatral con maxia e xogos de palabras. Unha maneira de gozar da maxia de forma divertida e participativa e de promover a utilización dos libros desta temática.
ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA LECTURA
CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE de ROALD DAHL A cargo de Soledad Felloza
UN CONTO DE TRES NOITES de XABIER P. DOCAMPO A cargo do contador de contos Caxoto
DESCRICIÓN: Interpretación da famosa obra de Roald Dahl na que o protagonista, Charlie Bucket, é un neno pobre que, xunto co seu avó Joe, soñan con visitar algún día a Fábrica de chocolate. E o soño farase realidade... Humor, fantasía e imaxinación para gozar con este clásico da literatura infantil.
“... Pois non é para risas, que algo de razón ten ese home –dixo sen virar a cabeza para os que falaban-. Eu sei dunha illa que anda polo mar adiante desde non se sabe cando. Ás veces pasa moito tempo sen que a vexa ninguén...” Xabier P. Docampo
OBXECTIVOS: - Promover a lectura. - Dar a coñecer este célebre libro de Roald Dahl. - Reflexionar sobre a importancia da familia. - Fomentar a imaxinación. TEMPORALIZACIÓN: Meses de febreiro a xuño. DESTINATARIAS/OS: Dirixido a nenas e nenos de 2º e 3º ciclo de ensinanza primaria dos centros de ensino público que o soliciten. Ten diferentes formatos para as distintas idades. ACTIVIDADES: Contacontos.
DESCRICIÓN: Durante 50 minutos deixarémonos levar polo enigma que fai que unha illa xurda do medio do mar sen previo aviso. Que malos augurios pode traer? Acaso o inmenso mar non gardará alá no fondo historias e segredos que ninguén coñece? OBXECTIVOS: - Promover a lectura. - Dar a coñecer a obra de Xabier P. Docampo. - Fomentar a imaxinación. TEMPORALIZACIÓN: Meses de febreiro a xuño. DESTINATARIAS/OS: Dirixido ao alumnado de 2º e 3º ciclo de ensinanza primaria dos centros de ensino público que o soliciten. En función da idade do alumnado a contadora ten diferentes formatos. ACTIVIDADES: Contacontos. 75
ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA LECTURA
XEOGRAFÍA DO IMAXINARIO Contos e lendas da mitoloxía galega A cargo da actriz e contadora de contos Soledad Felloza DESCRICIÓN: Contos e lendas de tradición oral sobre mitoloxía e seres míticos de Galicia. “Galicia ten un mapa que ás veces non se ve”. Un mapa que necesita que o volvan a contar porque se non, vaise borrar. Nel habitan seres pequeniños e grandes, fermosos e feos. Seres que vivían grazas a que as súas historias se contaban nas tardes de inverno ao calor do lume. Pero agora, por présas ou esquecementos, poucos falan deles. Pero basta achegarse a un río, a unha fervenza, e alí sentados nos seus bancos, podes escoitar os contos dos trasnos. E se vas a un castro, podes saber das noites en que se acenden fachos para que a memoria se ilumine. E hai pontes que hai que cruzar no bico dos pés para non espertar á moura que alí vive. E montes onde as bruxas aprenden a voar nas súas vasoiras. E pedras que esconden tesouros e covas que gardan dragóns. E ondas que traen o canto das sereas. Xuntos trazaremos este mapa de novo, para que poidas percorrer e descubrir unha xeografía diferente, única.”
76
OBXECTIVOS: - Difundir o coñecemento de contos e lendas da mitoloxía galega. - Promover a lectura. - Fomentar a imaxinación. TEMPORALIZACIÓN: Meses de febreiro a xuño. DESTINATARIAS/OS: Dirixido ao alumnado de 3º ciclo de ensinanza primaria e ESO dos centros de ensino público que o soliciten. En función da idade do alumnado a contadora ten diferentes formatos. ACTIVIDADES: Contacontos a través da narración de mitos e lendas galegas: trasnos, mouras...
OBRADOIROS DE ILUSTRACIÓN
SENSACIÓNS DEBUXADAS: DEBUXANDO COS CINCO SENTIDOS
DESCRICIÓN: Preténdese dar a coñecer diferentes ilustradoras e ilustradores galegos. Realizaranse talleres de ilustración a través dos cales as nenas e os nenos poidan analizar distintos tipos de ilustracións.
DESCRICIÓN: O debuxo é a linguaxe universal. A esencia dos alfabetos está no propio debuxo e con calquera elemento debuxado podemos transmitir unha mensaxe en calquera parte do mundo. O debuxo está na arquitectura, no deseño, na sinaléctica, nos libros, nas artes escénicas e audiovisuais, nos envoltorios de produtos de todo tipo, nos estudos arqueolóxicos e nun infinito número de lugares que nos rodean cada día. Laboratorio de debuxo creativo no que, a través dos cinco sentidos, se experimenten sensacións que logo se deben traducir á linguaxe do debuxo. Cunhas breves nocións e trucos básicos para aprender a debuxar e partindo de formas xeométricas moi sinxelas. A intención é ensinar que o debuxo, igual que a escritura, é unha ferramenta ao alcance de todos/as para comunicarse e resolver problemas e ademais pode converterse nunha saída profesional. A través de diferentes experimentos de debuxo, traballados a partir do oído, o gusto, o tacto, a vista e o olfacto, os rapaces aprenden a expresarse mediante o debuxo cos cinco sentidos.
OBXECTIVOS: - Aprender diferentes técnicas de ilustración. - Fomentar a creatividade e a imaxinación. - Que observen e analicen as diferentes ilustracións que aparecen nos libros. ILUSTRADORES/AS: Contrataranse ilustradores/as en función das programacións cos centros de ensino: Marina Seoane, Xosé Tomás, Fran Bueno, Óscar Villán, Marisa Irimia, etc. TEMPORALIZACIÓN: Meses de febreiro a xuño. DESTINATARIAS/OS: Para os cursos de 2º e 3º ciclo de ensinanza primaria dos centros de ensino público que o soliciten.
OBXECTIVOS: - Aprender nocións básicas de debuxo. - Fomentar a creatividade e a imaxinación. - Observar e analizar diferentes debuxos que aparecen nos libros. ILUSTRADOR: Manel Cráneo. TEMPORALIZACIÓN: Meses de febreiro a xuño. DESTINATARIAS/OS: Para os cursos de 2º e 3º ciclo de ensinanza primaria e de ESO dos centros de ensino público que o soliciten. En función da idade do alumnado hai diferentes formatos.
77
TALLERES DE BANDA DESEÑADA DESCRICIÓN: Levaranse a cabo talleres de banda deseñada para que aprendan os aspectos básicos do cómic. Para o alumnado que o curso anterior realizara a sesión de iniciación poderase programar para este unha de perfeccionamento. OBXECTIVOS: - Aprender diferentes técnicas para a realización dun cómic. - Fomentar a creatividade e a imaxinación. - Promover a lectura de obras de banda deseñada. ILUSTRADORES/AS: Contrataranse ilustradores/as en función das programacións cos centros de ensino: Xosé Tomás, Fran Bueno, Manel Cráneo, etc. TEMPORALIZACIÓN: Desde finais de xaneiro a xuño. DESTINATARIAS/OS: Para os cursos de 3º ciclo de ensinanza primaria e de ESO dos centros de ensino público que o soliciten.
HIP HOP POEMA POP
A cargo de Modestos contos de Broadway
78
DESCRICIÓN: Concerto e obradoiro interactivo de música, poesía, pintura e danza a cargo de Juan Carlos Vázquez (compositor, pianista e pintor) e o mestre de cerimonias e cantante Julio Couselo. Contextualización do fenómeno “hip-hop”. Presentación da actividade facendo alusión aos compoñentes fenomenolóxicos da chamada “cultura hip-hop” (música, danza, literatura, pintura urbana e a súa relación co deporte e o espírito san). Breve mención aos aspectos técnicos deste tipo de música desde un punto de vista da teoría clásica da música (a relación do “rap” e “hip-hop” con certas técnicas compositivas empregadas na música litúrxica (a salmodia gregoriana) e a ópera (o recitativo).
OBXECTIVOS: - Promover a música e a lectura. - Fomentar a creatividade relacionando rimas de creación propia e espontánea ou textos literarios clásicos coa música urbana do noso tempo. - Identificar as músicas urbanas con outros tipos de técnicas compositivas clásicas. - Recoñecer e tratar textos, aparentemente pouco musicables, convertelos en cancións cun marcado carácter rítmico. TEMPORALIZACIÓN: Meses de febreiro a xuño.
LEIXAPREM: Martín Codax A cargo de Juan Carlos Vázquez DESCRICIÓN: “Leixaprem” é un obradoiro de poesía, música e pintura a través do tempo (Século XIII - S. XXI). Unha actividade de creación poética a partir do poema de Martín Codax -”Eno Sagrad´ en Vigo” (S. XIII)-, cantiga de amigo que emprega o paralelismo. OBXECTIVOS: - Promover a música e a lectura. - Fomentar a creatividade do alumnado, relacionando rimas de creación propia e espontánea con textos literarios clásicos. - Recoñecer o valor cultural do corpus poético galego e galego-portugués. TEMPORALIZACIÓN: Meses de febreiro a xuño. DESTINATARIAS/OS: Dirixido ao alumnado de ESO dos centros de ensino público que o soliciten. DESTINATARIAS/OS: Dirixido ao alumnado de 3º ciclo de ensinanza primaria e ESO dos centros de ensino público que o soliciten. ACTIVIDADES: Interpretación dun tema rap. Elaboración dunha copla sinxela polos asistentes. Un grupo de voluntarios terá a posibilidade de tocar instrumentos de percusión durante a función e outro grupo pintarán un graffiti nun lenzo acondicionado para a ocasión. Realizarase unha pequena exhibición de break-dance. No transcurso da actividade interpretaranse, intermitentemente, cancións hip-hop.
ACTIVIDADES: Escribir e completar unha cantiga medieval. A partir dun artificio formal, propiciado pola propia estrutura do leixaprem, elaborar unha nova versión do poema “Eno sagrad’ en Vigo” de Martín Codax, acompañado de música modal con carácter improvisatorio.
79
ENCONTROS CON ESCRITORES/AS DESCRICIÓN: Encontros literarios con escritores e escritoras, para dar a coñecer e promover aos nosos autores e autoras e as súas obras. OBXECTIVOS: - Poñer en contacto ao lectorado co autor ou autora dun xeito ameno e creativo. - Descubrir a forma de escribir dos distintos profesionais. - Presentar e dar a coñecer distintas obras e autores/as. - Animar á lectura das súas obras. ESCRITORES/AS: Realizarase a actividade en función das programacións e do autor/a que solicite cada centro de ensino. TEMPORALIZACIÓN: Meses de febreiro a xuño. DESTINATARIAS/OS: Para o alumnado de 2º e 3º ciclo de ensinanza primaria, ESO e bacharelato dos centros de ensino público que o soliciten.
80
OBRADOIRO INFANTIL DE POESÍA A cargo da poeta Yolanda Castaño DESCRICIÓN: Obradoiro de iniciación lúdica á linguaxe poética, dedicado a aqueles nenos e nenas que comezan a manifestar un gusto polas letras, unha imaxinación creativa e unha vontade de xogar coas palabras. Dunha maneira desenfadada e moi activa, xogaremos a crear metáforas a partir da realidade circundante, imaxinar novas calidades a obxectos. OBXECTIVOS: - Promover a lectura de obras de poesía. - Fomentar o pracer da escrita poética. - Desenvolver a creatividade. - Realizar un obradoiro onde perfeccionar as composicións poéticas. TEMPORALIZACIÓN: Meses de febreiro a xuño. DESTINATARIAS/OS: Dirixido ao alumnado de 2º e 3º ciclo de ensinanza primaria dos centros de ensino público que o soliciten. ACTIVIDADES: Obradoiro de iniciación á linguaxe poética.
OBRADOIRO XUVENIL DE POESÍA A cargo da poeta Yolanda Castaño
OBRADOIRO DE CURTAMETRAXES A cargo do director de cine Xes Chapela
DESCRICIÓN: Traballarase tanto con prácticas de estimulación creativa como reforzándoas a partir de textos que conecten co seu mundo. O amor, o erotismo, a dor, a carraxe ou a liberdade son eixos temáticos que proporcionan, á vez, campos aboados para a experimentación poética.
DESCRICIÓN: Libros, imaxes, curtametraxes. Fai a túa curtametraxe a partir de textos de libros. Obradoiro creativo impartido polo xornalista e director de documentais Xes Chapela, premio González Sinde 2011 do Ministerio de Cultura e galardoado co Premio Mestre Mateo 2010 ao mellor longametraxe documental por “Jazz en liberdade”.
OBXECTIVOS: - Promover a lectura de obras de poesía. - Fomentar o pracer da escrita poética. - Desenvolver a creatividade. - Realizar un obradoiro onde perfeccionar as composicións poéticas.
OBXECTIVOS: - Promover a lectura e o cinema. - Fomentar a creatividade.
TEMPORALIZACIÓN: Meses de febreiro a xuño.
TEMPORALIZACIÓN: Meses de febreiro a xuño. Esta actividade levaríase a cabo en catro sesións de diferentes días. Cada sesión dura dúas horas.
DESTINATARIAS/OS: Dirixido ao alumnado de ESO e bacharelato dos centros de ensino público que o soliciten.
DESTINATARIAS/OS: Dirixido ao alumnado de 6º curso de ensinanza primaria, ESO e bacharelato dos centros de ensino público que o soliciten.
ACTIVIDADES: Obradoiro de creación poética.
ACTIVIDADES: Explicación de como se pode realizar un curto: sinopse, argumento, escenas... e realización dunha curtametraxe.
81
O CORAZÓN DELATOR E OUTROS CONTOS de EDGAR ALLAN POE. A cargo da actriz Soledad Felloza
CONTOS DE CANDIL QUE NINGUÉN CRE A cargo de Artestudio Teatro
DESCRICIÓN: Historias de Edgar Allan Poe, cun breve percorrido polos contos máis representativos do autor que revolucionou a literatura gótica, cos seus relatos de medo e terror psicolóxico. Historias de persoas aparentemente normais, sinxelas, de vidas case grises, que se ven envoltas en acontecementos fantásticos, sobrenaturais ou fatídicos, que os levan a situacións límites.
DESCRICIÓN: Contacontos baseado nas obras Á lus do candil, Contos da néboa e Historias que ninguén cre de Ánxel Fole
OBXECTIVOS: - Fomentar a lectura. - Dar a coñecer a obra do famoso escritor Edgar Allan Poe.
TEMPORALIZACIÓN: Meses de febreiro a xuño.
TEMPORALIZACIÓN: Meses de febreiro a xuño. DESTINATARIAS/OS: Dirixido ao alumnado de ESO e bacharelato dos centros de ensino público que o soliciten. En función da idade do alumnado a contadora narra diferentes textos.
82
ACTIVIDADES: Segundo as idades do público, nárranse diferentes textos: El Cuervo La caída de la Casa Usher El barril de amontillado La carta robada El corazón delator La cita El engaño del globo La máscara de la muerte roja El entierro prematuro La verdad sobre el caso del señor Valdemar El gato negro Los crímenes de la calle Morgue El poder de las palabras Manuscrito hallado en una botella El pozo y el péndulo Un cuento de las Montañas Escabrosas El retrato oval
OBXECTIVOS: - Fomentar a lectura. - Dar a coñecer a obra do famoso escritor galego Ánxel Fole.
DESTINATARIAS/OS: Dirixido ao alumnado de 3º ciclo de ensinanza primaria e ESO dos centros de ensino público que o soliciten. En función da idade do alumnado o contador ten diferentes formatos. ACTIVIDADES: Contacontos realizado a partir da mestura das súas obras Á lus do candil, Contos da néboa e Historias que ninguén cre.
DE FOLE A MIRANDA A cargo da actriz Soledad Felloza DESCRICIÓN: Os dous autores comparten territorios. Imaxinarios e físicos. Os lobos, os seres máxicos, a paisaxe... Ambos os dous, descobren o mundo oculto a través da literatura e abren a porta aos soños, aos pesadelos, ás ilusións e ás fantasías do ser humano. Actividade baseada en textos de Xosé Miranda e Ánxel Fole: Historia dun paraugas azul Pel de lobo Contos Marabillosos Historias que ninguén cré Contos da néboa Á lus do candil Escolleranse en cada función contos axeitados á idade do alumnado. OBXECTIVOS: - Fomentar a lectura. - Dar a coñecer as obras dos escritores galegos Ánxel Fole e Xosé Miranda. TEMPORALIZACIÓN: Meses de febreiro a xuño. DESTINATARIAS/OS: Dirixido ao alumnado de ESO e bacharelato dos centros de ensino público que o soliciten. En función da idade do alumnado a contadora ten diferentes formatos.
CAMPOS DE CASTILLA de ANTONIO MACHADO A cargo da actriz Soledad Felloza DESCRICIÓN: Antonio Machado publica, por primeira vez, esta obra en 1912, pouco antes da morte da súa muller, Leonor Izquierdo. Despois seguiu escribindo poemas que foi incorporando en sucesivas edicións. Pon o acento nas paisaxes de Castela, na súa xente..., pero estas descricións inclúen sempre, de forma máis ou menos explícita, pensamento e emoción. Hai unha busca da esencia, da sinxeleza e da naturalidade. OBXECTIVOS: - Fomentar a lectura de obras de poesía. - Dar a coñecer a obra Campos de Castilla de Antonio Machado.. TEMPORALIZACIÓN: Meses de febreiro a xuño. DESTINATARIAS/OS: Dirixido ao alumnado de bacharelato dos centros de ensino público que o soliciten. ACTIVIDADES: Recital de diferentes poesías desta famosa obra.
ACTIVIDADES: Contacontos baseado en textos de Xosé Miranda e Ánxel Fole. 83
CONTOS ESCOLLIDOS de EMILIA PARDO BAZÁN A cargo da actriz Soledad Felloza
“LA VOZ A TI DEBIDA” de PEDRO SALINAS A cargo da actriz Soledad Felloza
“Cuentos escogidos” é unha das obras de Emilia Pardo Bazán, pero este título vai permitir agregar outros contos doutros libros, ou incluso partes de “Los pazos de Ulloa” ou de “La última fada”.
DESCRICIÓN: A autenticidade, a beleza e o enxeño, os tres alicerces da poesía en que cría don Pedro Salinas, fanse verso e voz neste libro. “La voz a ti debida” (1933) é o primeiro libro da triloxía de temática amorosa formada por esta mesma obra, “Razón de amor” (1936) e “Largo lamento” (1938). A orixe de “La voz a ti debida”, e da triloxía no seu conxunto, está na historia de amor vivida polo poeta coa profesora norteamericana Katherine R. Whitmore a quen coñeceu en Santander nun curso de verán da universidade.
OBXECTIVOS: - Fomentar a lectura de obras clásicas da literatura española. - Dar a coñecer algunha produción literaria de Emilia Pardo Bazán. TEMPORALIZACIÓN: Meses de febreiro a xuño. DESTINATARIAS/OS: Dirixido ao alumnado de ESO e bacharelato dos centros de ensino público que o soliciten. ACTIVIDADES: Narración de contos seleccionados ou partes de obras.
84
OBXECTIVOS: - Fomentar a lectura de obras de poesía. - Dar a coñecer a creación poética de Pedro Salinas. TEMPORALIZACIÓN: Meses de febreiro a xuño. DESTINATARIAS/OS: Dirixido ao alumnado de ESO e bacharelato dos centros de ensino público que o soliciten. ACTIVIDADES: Recital de diferentes poesías desta célebre obra de Pedro Salinas.
VISITAS GUIADAS Á BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA DESCRICIÓN: Con esta actividade preténdese ensinar e explicar o funcionamento da Biblioteca Central Rialeda, para que o alumnado a utilice fóra do seu horario escolar. OBXECTIVOS: - Coñecer a Biblioteca Central Rialeda. - Presentar a páxina web municipal e o blog das bibliotecas. - Aprender a realizar buscas no catálogo. - Fomentar o uso do libro e a lectura. TEMPORALIZACIÓN: Meses de outubro a decembro e de febreiro a xuño. DESTINATARIAS/OS: Realizaranse visitas para todo o alumnado que o soliciten dos diversos centros, pero recoméndanse preferentemente para os de 3º ciclo de ensinanza primaria e ESO. ACTIVIDADES: - Presentación. - Explicación do funcionamento da biblioteca. - Páxina web e blog. - Como buscar libros a través do catálogo? - Contacontos Feirantes a cargo do actor e contador de contos Ramiro Neira. Realizado a partir da adaptación dun relato da obra Os outros feirantes de Álvaro Cunqueiro.
A FAVOR DA IGUALDADE: CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER - Realización de exposicións bibliográficas na Biblioteca Central Rialeda e na Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro de Santa Cruz. CONTOS CONTADOS CON TODAS E TODOS A cargo do contador de contos Caxoto DESCRICIÓN: Contacontos no que se tratan os relatos desde un punto de vista non sexista, desmontando moitos mitos adquiridos e facendo reflexionar a todas as nenas e nenos. As personaxes comprenden a importancia da igualdade de xénero, desempeñan roles non moi usuais ... ensinan que todas e todos debemos ter as mesmas oportunidades. OBXECTIVOS: - Dar a coñecer o Día Internacional da Muller e a súa importancia. - Reflexionar sobre temas e libros relacionados coa muller. TEMPORALIZACIÓN: Mes de marzo. DESTINATARIAS/OS: Alumnado de ensinanza primaria dos centros de ensino público que o soliciten. ACTIVIDADES: - Contacontos no que se tratan os relatos desde un punto de vista non sexista, desmontando moitos mitos adquiridos e facendo reflexionar a todas as nenas e nenos.
85
MULLERES QUE CORREN CON LOBOS A cargo da actriz Mª Inés Cuadrado DESCRICIÓN: Recital de lendas baseado na recompilación de Clarissa Pinkola, interpretado por Mª Inés Cuadrado, con acompañamento en clarinete de Xocas Meijide. OBXECTIVOS: - Conmemorar o Día Internacional da Muller. - Promover a lectura. - Reflexionar sobre temas e libros relacionados coa muller. TEMPORALIZACIÓN: Mes de marzo. DESTINATARIAS/OS: Alumnado de 3º e 4º de ESO e bacharelato dos centros de ensino público que o soliciten. ACTIVIDADES: Recital de lendas con acompañamento de clarinete.
86
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DESCRICIÓN: Conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. OBXECTIVOS: - Dar a coñecer autores/as e obras infantís e xuvenís. - Promover a lectura entre os nenos e nenas. - Difundir libros infantís e xuvenís que hai nas bibliotecas. - Aumentar o coñecemento sobre autores/as e ilustradores/as infantís e xuvenís. - Fomentar a imaxinación. TEMPORALIZACIÓN: Semanas anteriores e posteriores ao 2 de abril. DESTINATARIAS/OS: Alumnado de 3 a 9 anos dos centros de ensino público que o soliciten. ACTIVIDADES: - Exposición de obras de literatura infantil e xuvenil. - Contacontos teatralizado.
BAILAR NAS NUBES A cargo de Soledad Felloza DESCRICIÓN: Esta actividade é unha mestura da obra “Bailar nas nubes” de Vanina Starkoff e “Bandada” de Mª Julia Díaz Garrido, ambas publicadas pola editorial Kalandraka. “Bailar nas nubes”: A través do soño dunha nena que desexa bailar coas nubes, este libro reflexiona sobre a importancia do intercambio cultural e do respecto entre persoas de diferentes procedencias. Con cada novo/a veciño/a, a comunidade enriquécese en costumes, músicas e aromas. “Bandada”: É unha fermosa metáfora sobre a historia da humanidade. As aves representan as intencións das persoas. Trabállanse conceptos como mestizaxe, tolerancia, convivencia e multiculturalidade. OBXECTIVOS: - Promover a lectura. - Fomentar a tolerancia e a convivencia. - Dar a coñecer aos nenos e nenas outras culturas. TEMPORALIZACIÓN: Meses de marzo e abril. DESTINATARIAS/OS: Dirixido ao alumnado de educación infantil, 1º e 2º ciclo de ensinanza primaria dos centros de ensino público que o soliciten. Ten diferentes formatos para as distintas idades.
DÍA DO LIBRO DESCRICIÓN: Conmemoración do Día do Libro. OBXECTIVOS: - Presentar obras de Cervantes. - Dar a coñecer obras e escritores/as que recibiron o Premio Cervantes. - Promover a lectura entre os adolescentes, mozos/as e adultos/as. - Difundir obras de creación literaria que hai nas bibliotecas. - Aumentar o coñecemento sobre diversos escritores/as. TEMPORALIZACIÓN: Mes de abril. DESTINATARIAS/OS: Adolescentes, mozos/as e adultos/as. ACTIVIDADES: - Mostra de diversas edicións da obra de “El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha”. - Exposición de obras de Cervantes. - Exposición de obras de autores/as que recibiran o Premio Cervantes. - Realización de diversas actividades de promoción da lectura.
ACTIVIDADES: Contacontos.
87
“LAS INGENIOSAS DEL HIDALGO: EL QUIJOTE EN VOCES DE MUJERES” A cargo de Soledad Felloza DESCRICIÓN: A actriz Soledad Felloza relata neste espectáculo varios monólogos curtos nos que se dramatizan diferentes personaxes femininos da obra de Cervantes. Narra diversos capítulos de “El Quijote” nos que as mulleres teñen certo protagonismo: Quiteria, que en plena voda con Camacho o rico, lembra o seu amor a Basilio, o pobre. A pastora Marcela, na que destaca o seu discurso co que finalizaba as charlas cos seus namorados. Claudia Jerónima Cervantes, na que está personalizada a liberdade da muller, con límites tan amplos nos que cabe un erro tan grave como a morte. OBXECTIVOS: - Promover a lectura do magnífico libro “El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha”. - Difundir a obra de Miguel de Cervantes Saavedra. TEMPORALIZACIÓN: Realizaranse actuacións preferentemente no mes de abril. DESTINATARIAS/OS: Para o alumnado de 4º de ESO e bacharelato dos centros de ensino público que o soliciten.
88
DÍA DAS LETRAS GALEGAS DESCRICIÓN: Conmemoración do Día das Letras Galegas. OBXECTIVOS: - Presentar obras de escritores/as galegos/as. - Dar a coñecer obras de escritores/as aos que se lles dedicase o Día das Letras Galegas. - Promover a lectura. - Difundir obras de creación literaria galega que hai nas bibliotecas. - Aumentar o coñecemento sobre diversos escritores/as galegos/as. TEMPORALIZACIÓN: Mes de maio. DESTINATARIAS/OS: Para todas as idades. ACTIVIDADES: - Mostra bibliográfica de literatura infantil e xuvenil galega. - Exposición de obras de escritores/as aos que se lles dedicase o Día das Letras Galegas. - Exposición de obras clásicas da literatura galega. - Realización de diversas actividades de promoción da lectura en galego.
17 DE MAIO DIA DAS LETRAS GALEGAS
PANORÁMICA DA LITERATURA GALEGA ACTUAL A cargo de Dolores Vilavedra, profesora de literatura galega na Universidade de Santiago de Compostela. DESCRICIÓN: Conmemoración do Día das Letras Galegas. Realización dunha conferencia na que Dolores Vilavedra, profesora de literatura galega na Universidade de Santiago de Compostela, realizará unha panorámica da literatura galega actual. OBXECTIVOS: - Difusión das letras e cultura galegas. - Achegar a figura e a obra de diversos/as escritores/as galegos/as actuais. - Promover a lectura de libros galegos. TEMPORALIZACIÓN: Abril e maio. DESTINATARIAS/OS : Alumnado de ESO e bacharelato dos centros de ensino público que o soliciten. ACTIVIDADES: - Conferencia: Panorámica da literatura galega actual. - Exposición de obras de diversos/as escritores/as galegos/as actuais.
CLUB DE LECTURA XUVENIL RIALEDA XUSTIFICACIÓN: É unha actividade na que poden participar nenas e nenos a partir de 9 anos e adolescentes, onde se len ou comentan diferentes libros, coa que pretendemos fomentar a lectura, animar a ler, que se divirtan coa literatura, que o pasen ben e, en definitiva, formar boas lectoras e lectores. DESCRICIÓN: Un club de lectura está formado por un grupo de persoas que se reúnen periodicamente para comentar un mesmo libro. Este libro é facilitado, previamente, pola biblioteca aos nenos/as e adolescentes participantes para que o lean. Cada participante lerao de forma individual na súa casa e nas reunións compartiranse opinións e debateranse distintos aspectos do texto, etc. Comentarase o argumento, recursos literarios, tema que trata ou con que está relacionado, etc. Unha monitora e o persoal da biblioteca dirixirán a actividade e poderán facilitar material complementario (artigos de prensa, entrevistas, películas, bibliografías, etc.) para o seu desenvolvemento. OBXECTIVOS: - Promover a lectura e o uso da biblioteca. - Animar a ler. - Divertirse coa literatura. - Formar lectoras e lectores competentes. LUGAR DE REALIZACIÓN: Biblioteca Central Rialeda en Perillo. TEMPORALIZACIÓN: As sesións son mensuais, martes (non festivos), ás 18.30 h e duran unha hora. DESTINATARIAS/OS: Nenas e nenos a partir de 9 anos e adolescentes.
89
ROTEIRO CULTURAL E LITERARIO DESCRICIÓN: Esta actividade organízase entre o Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais, o Servizo de Normalización Lingüística e o IES Miraflores. Consistirá no percorrido por distintos lugares do municipio nos que viviron diferentes persoas ilustres, como unha homenaxe a todos elas. Comezamos en Montrove, localidade onde viviu o pintor Fernando Álvarez de Sotomayor; despois trasladámonos ao Pazo do Río, tamén en Montrove, onde veraneou o avogado e político Santiago Casares Quiroga; para finalizar en Nós, en Villa Isabel, casa onde viviu o xornalista José Luis Bugallal Marchesi. OBXECTIVOS: - Dar a coñecer diferentes persoas ilustres que viviron no Concello de Oleiros. - Mellorar o coñecemento de patrimonio e espazos do termo municipal de Oleiros. - Promover a lectura. TEMPORALIZACIÓN: Durante o curso escolar. DESTINATARIAS/OS : O folleto e a presentación destas persoas e lecturas realizarao o alumnado dirixido polo seu profesorado. Poderán participar no roteiro o alumnado de 6º curso de ensinanza primaria, ESO e bacharelato dos centros de ensino público que o soliciten. ACTIVIDADES: Realización dun folleto explicativo sobre estes lugares e personaxes. Roteiro cultural e literario polos diferentes lugares mencionados na descrición.
90