LIBRO BARRIO DEL CALVARIO

Page 1

M E M O R I A

F O T O G R Á F I C A



Edita: ACECA - Asociación de Comerciantes e Empresarios do Calvario Autor: ACECA - Asociación de Comerciantes e Empresarios do Calvario Deseño e maquetación: Itres Publicidad Depósito Legal: ============

O contido deste libro non poderá reproducirse ni total nin parcialmente, por ningún medio, sen previo permiso do autor.















O Calvario de Lavadores Camilo Nogueira Romรกn



Pasara apenas un ano desde que nos incorporamos á vida viguesa, cando se produciu a anexión ó de Vigo do Concello de Lavadores. O Calvario convirtíase así nun barrio máis da cidade. Era daquela o límite entre un e outro Concello. Fóra, ó parecer, unha das entidades da parroquia de Cabral, e no momento de se integrar no escenario da urbe, pertencía á de Santa Cristina de Lavadores. O seu desenvolvemento comezo unha etapa en que se construiu a estrada Vigo-Villacastín. Unha estrada que, partindo na Porta do Sol chegaba deica o alto de Puxeiros. Ruabamos ás veces polo barrio, precurando as súas raíces campesiñas. Porque outrora tiña sido una terra agraria na que a presencia humana foi testemuñando nela co decorrer do tempo. O camiño xuntara a tódalas xentes que vivían nos seus arredores. Os campos, os cultivos, as pradeiras, os arboredos, acompañaban ó camiño. Nalgunha ocasión ollamos desde alí como os montes se afundían na meia luz do solpor. Os lugares que na tarde se descobrían á nosa mirada amosábanos o desenrolo de núcleos campesiños ó tipo de cintura da cidade. Fixérano con admirable aproveitamento das formas do trorreo no val do Fragoso. Imaxinabamos a primeira existencia da poboación do barrio. Os ouvidos das xentes que o habitaban aínda non se abriran ós bruidos das máquinas e dos aparellos mecánicos. Aínda non desaparecera a sinxeleza do mundo rural. Tampouco a enerxía silandeira que de a pouco se ía esgotar. Imaxinabamos tamén as laborías da campía, que precederan á conversión urbanizadora, e o decorrer do tempo nas catro estacións: As treboadas do inverno, os días de colleita de frutos e grans. A forza renacente da primavera, o acougado morrer do outono, con frecuencia, a néboa extendía a súa escuridade polos campos. Non chegamos a coñecer os momentos da instauración do tranvía, que constituíu un dos elementos fundamentais de transformación do Calvario. Sí conservamos memoria das xentes que os utilizaban. Eran principalmente obreiros que se desprazaban ós traballos, e mullleres que levaban productos para os vender na praza. Porque o barrio carecterizábase por ser mitade obreiro, mitade agrario. Lembramos que había aínda fielatos para controlar as mercadurías que entraban na cidade. Un dos máis importantes estaba instalado no cruce dos Choróns. Os fielatos eran casetas cadradas, unhas pequenas, outras máis grandes. Tiñan casilleiros para controlar á xente que pasaba a pé, e para a que viaxaba en tranvía. A sús función consistía en impór unha tarifa especial para bultos e cargas. Os camiños que outrora sulcaban O Calvario fóronse trocando en rúas. As fincas, con hortas e frutais, que os limitaban, parceláronse, e nelas erguéronse casas. Sobreviven na nosa memoria algunhas das que Texto de Francisco Fernández del Riego para o libro “Vigo Sentimental” editado por Caixanova

protagonizaron o cambio. O mercado da rúa do Cristo atopábase establecido nunha delas formada por unha gran carballeira. A apertura de novas rúas, a parcelación, creación de novos solares, atraíu a moita poboación, especialmente obreira. Dexergamos como en anos sucesivos ía medrando o escenario urbano do barrio. Como xurdían a Avenida da Dobrada, de Ronda, de Xenaro de la Fuente. Xa alá polo 1960 observamos a zona de O Calvario cobrando novos pulos. Estaban a se rematar as correspondentes á de Urzáiz. O vello barrio ía gañando en humanización e mellora ambiental. No entanto, dabámonos a pensar en Vigo que potenciaba cos barrios o seu crecemento. Xa a finais do XIX e comezos do XX convirtiríase en cidade industrial moderna. Ou seña, nun gran mercado de traballo. Pero faltáballe moito camiño que andar. Viña á nosa mente e chegada dunha gran poboación que contribuiu a transformar a súa trama urbana. Diversos núcleos do extrarradio, alonxados do marco da cidade, de carácter suburbial, alonxaban a esta poboació. A riqueza e situación xeográfica, foron determinantes da conversión da cidade en centro de atraemento da zona periférica. En primeiro lugar, o Concello de Bouzas. Máis tarde, este de Lavadores e o de Teis. En fase posterior, a zona periférica comarcal. Nos días inaugurais da nosa andadura polo barrio do que estamos a falar, xa contaba cun intenso movimento urbanizador. Pero non perdera de todo a presencia dos seus antecedentes rurais. Aínda o vento podía mover as copas das árbores. Aínda podía peitear a fluvial cabeleira dun desmaio. Ou abanear un algo o alporizamento crepitante dalgún eucalipto. Sorprendíanos como ía sobrepóndose a construcción á terra cultivada, como os vellos camiños se trocaran en modernas rúas. Saíamos ás veces polos arredores, nos que se mantiñan aínda mostras vivas da paisaxe. Tamén a luz, que sempre nos pareceu especial na enterdecida, coa leda noticia das súas cambiantes. Conservamos na memoria aqueles momentos de crecemento aínda en marcha no barrio. O proceso de recheo de espacios baleiros. A sustitución de casas rurais no eixo Vigo-Calvario. A soldadura da importante zona periférica co centro. En realidade, o significativo aporte que Lavadores forneceu ó vitalismo da cidade. Non só no referente á ampliación de superficie municipal, senón de incremento do volume demográfico.

Francisco Fernández del Riego


O noso entrañable “Don Paco” Francisco Fernández del Riego (1913-2010) foi un dos principais intelectuais galegos, fundando en 1950 xunto con Xaime Illa e Ramón Piñeiro a Editorial Galaxia, toda unha referencia no mundo cultural galego. Mantivo unha interesante correspondencia con Castelao. Foi presidente da Real Academia Galega. Codirixiu a revista Grial. Cultivou a narrativa e a poesía. Foi director da Biblioteca da Fundación Penzol. Doou a Vigo a súa colección de libros, constituíndo a Biblioteca-Museo Francisco Fernández del Riego. A súa vida está balizada de infinidade de premios e recoñecementos.

No noso barrio foi responsable da xerencia de Artes Gráficas Galicia, edificio que aínda se conserva e onde se imprimían gran parte dos libros de Editorial Galaxia.


Mercado

do Calvario

Postos do Mercado do Calvario Cedidas polo Mercado do Calvario


“Cando penso no Calvario, a primeira imaxe que ven á miña memoria é a do seu mercado.

Cedida polo Mercado do Calvario

En ocasións, cando non tiña que ir ao colexio, adoitaba acompañar á miña nai á compra. A curiosidade que tiña de neno levábame de posto en posto. Comprábamos ás mesmas persoas durante anos. Facíame graza cando a vendedora de peixe chamábanos desde o fondo para mostrarnos un rape ou unha pescada do pincho que sacaba de non sei onde e que reservaba para os seus clientes habituais.

Pero, sobre todo, lembro os gritos das vendedoras. Todo o mundo falaba alto e á vez e daban os prezos en pesetas e reais. Con todo, por encima de todas as sensacións, lembro o cheiro indefinido que só se da nos mercados, mestura de peixes frescos, embutidos, bacallau, froitas, queixos... Son estas sensacións as que, ao volver hoxe ao novo mercado, transpórtanme de novo á infancia”.


Exterior do Mercado FotografĂ­a de Magar


Entrega dun premio campa帽a de promoci贸n

Exteriores do Mercado do Calvario antes da peatonalizaci贸n

Cedida por Mercado do Calvario

Cedida por Mercado do Calvario


Exterior da Igrexa dos Picos Cedida por C. PadĂ­n


Don Benito Don Benito Castro Nogueira, o noso inesquecible párroco, comezou o seu extraordinario labor pastoral a finais da década dos 50, nun local da antiga Irmandade de Labradores.

Estivo preto de corenta anos á fronte da parroquia da Inmaculada, en O Calvario, sendo artífice da construción do novo templo. A igrexa, proxectada por Antonio Román Conde, inaugurouse en 1970. A construción comezou en 1967, sobre a leira “San Telmo”, adquirida polo concello en tempos de Portanet Don Benito bendice a fonte da Inmaculada, ano 1982 Cedidas por Juan José García Costas


“Cando lembro espazos ou lugares que hoxe xa non existen, teño que citar en primeiro lugar á Cruz Branca. Alí, os nenos tiñamos un lugar onde xogar, amplo e sen coches. Xa de adultos foi o mellor escenario para os bailes que nel se organizaban. Alí soou desde Jorge Sepúlvera a Machín, desde Os Brincos a Karina”.

Patio da Cruz Blanca


Neno subido nunha moto na RĂşa Cruz Blanca


Rosa, Victoria e Angelita na Rúa Cruz Blanca

Nenos na Cruz Blanca Cedida por Joyería Castro


Chocolates e Gasosas Quiñones No 1934 D. Guillermo Quiñones Alonso, funda a empresa Chocolates Quiñones no Calvario. Unha pequena fábrica de planta baixa e soto con cara a duas rúas, unha cara a rúa Urzaiz onde instalou as oficinas e o despacho ao público, e outra cara a rúa Xeneral Mola (hoxe Gregorio Espino“A Doblada”) que destinou a recepción da materia prima e onde estaban as cámaras de frío. Entre as dúas fachadas había un edificio en esquina que ainda hoxe se conserva. En tempos da guerra de 1936, os sotos serviron de refuxio a moitos veciños, na súa fachada podían contemplarse até a sua derruba, marcas de proxectís. O proceso de fabricación partía da recepción da materia prima en bruto, transformandoa despois dun modo totalmente artesanal: moido do cacao, mesturado da pasta, moldeado, cortado, empaquetado, sendo despois distribuido o produto en Vigo e os seus arredores. A fábrica abastecíase de auga a través dun pozo existente nas propias instalacións e foi a gran calidade destas augas o que deu orixen unhos anos máis tarde á creación da fabrica de gasosas do mesmo nome “Quiñones”, este produto distribuíase pola zona con carros de cabalos. A fábrica de gasosas convivía coa dos chocolates pero dispoñía dun almacén unhas casas máis abaixo na rúa Xeneral Mola para almacenaxe das gasosas e resgardo dos carros e cabalos. A fábrica cesou a súa actividade no 1987.

Retrato de D. Guillermo Quiñones Alonso

Nos baixos deste edificio estaba o almacén

Cara da rúa Urzaiz dá fábrica Documentación facilitada por: Doly Alonso Quiñones e José Manuel Quiñones Lamas


Grupo de traballadores diante de Bodegas Bandeira Cedida por JoyerĂ­a Castro


Bodegas Bandeira

As Adegas Bandeira son para o noso barrio toda unha referencia. Partindo dun despacho instalado no edificio Bárcena, esquina Velázquez Moreno con Policarpo Sánz, Don Antonio Bandeira, empresario de orixe portuguesa, tivo a brillante idea de comercializar viños de Oporto, dada a presenza na nosa cidade de empregados de orixe inglesa que traballaban para a Great Estern Telegraph Company, coñecida en Vigo como o Cable Inglés e moi afeccionados ao viño da bela cidade portuguesa. O éxito empresarial propiciou a construción dunhas adegas no Calvario. Durante xeracións estas adegas forman parte importante da nosa memoria colectiva.


Alfombras de frores “Eran moitas as privacións, é verdade, pero tamén é certo que entón eramos moi solidarios entre nós. Era un mundo de boas persoas e as alfombras servían de desculpa para comunicarnos. Mentres puñamos as frores contabámonos as nosas cousas, rexoubabamos e, sobre todo, riamos moito”

Festa do Corpus na Rúa Asturias

Festa das frores Rúa Asturias 1959

Cedida por María del Carmen Rodríguez Jambrina

Cedida por María del Carmen Rodríguez Jambrina e María del Carmen Rivero Álvarez

Desde moi cedo os veciños traballaban na alfiombras Cedida por María del Carmen Rivero Álvarez


Grupo de familiares e amigos Cedida por Juan José García Costas

Alfombra de frores na Rúa Extremadura, anos 40 Cedida por Aurora Vidal Sánchez e Olivia González Fernández

Altar da familia de María del Carmen Rivero ao paso do Santísimo Cedida por María del Carmen Rivero Álvarez

Día do Corpus Cristi Cedida por María del Carmen Rivero Álvarez


Os veciños saían a rúa para ver as alfombras

Festa das frores da Rúa Asturias

Alfombra Floral da Rúa Asturias

Cedida por María del Carmen Rivero Álvarez

Cedida por María del Carmen Rodríguez Jambrina e Ángeles Turiel Rodríguez

Cedida por Ángeles Turiel Rodríguez


Entroido e Fin de Ano “Non percibiamos entón que estabamos a vivir un momento único. Creo que nunca o pasamos tan ben. Só a esa idade gózase tan intensamente o entroido. Alguén me dixo que a amizade é un sentimento de longo percorrido. Por iso estes amigos son para sempre.”.

Entroido de 1965

Noite de Fin de Ano de 1963

Cedida por Ramiro González Dasilva

Cedida por Ramiro González Dasilva


Entroido en Pardavila

Entroido de 1956

Cedida por Constante Vรกzquez Pico

Cedida por Constante Vรกzquez Pico

Martes de Entroido de 1959 na baile da Cruz Blanca Cedida por Constante Vรกzquez Pico


Entroido de 1960 Cedida por ConstanteVázquez Pico

Entroido de 1959 Cedida por Constante Vázquez Pico

Cruce Rúa Aragón e Urzáiz, Entroido de 1983 Cedida por Sonia Maria Fontán Rodríguez


“Volver contemplar as fotografías daqueles grupos da nosa adolescencia, convídache a un xogo:. Este é Javier? É Pedro? Poida que aquí estea aquel mozo que tanto che gustaba... tan distinto a como o lembrabas, tan neno...”

Cedida por Ramiro González Dasilva

Semana Santa 1965 na Rúa Sagunto

Pandillas


Un domingo de 1965

Os mozos de Don José en 1963

Cedida por Ramiro González Dasilva

Cedida por Ramiro González Dasilva


Colexio San Fermín, na Rúa Estanislao Núñez (hoxe José Antela Conde) Cedida por Pilar Conde Rodríguez

Os mozos de D. José 1964 Cedida por Ramiro González Dasilva

Trofeo de balonmán Cedida por Ramiro González Dasilva

Peña Herminio (defensa do Celta) no bar Xerriño na rúa León, 1963 Fotografía de Magar


O noso folclore

Grupo de Gaiteiros “Os Morenos”anos 40

“Os Morenos” de Lavadores nas festas de Sta. Cristina no ano 70

Cedida por Antonio Manuel Oliveira Villar

Cedida por Antonio Manuel Oliveira Villar

“A nosa música tradicional sempre tivo no Calvario moi bos representantes. Lembro escoitalos de bo grado na miña infancia e con enorme emoción cando, xa adulto e fóra da nosa terra, chegaba até min o son dunha gaita”


Grupode baile na bendición da fonte da Inmaculada Cedida por Juan José García Costas


Grupode gaiteiros na bendición da fonte da Inmaculada Cedida por Juan José García Costas

Grupo infantil de baile galego na festa de fin de curso do Colexio Concepción Arenal 2, anos 80 Cedida por Sonia María Fontán Rodríguez


“Entre as actividades culturais do noso barrio a música ten, sen dúbida, un gran protagonismo. Non tiñamos, é certo, un local adecuado polo seu tamaño e condicións acústicas, pero iso, entón, non nos importaba en absoluto”

Cedida por Ángel Sánchez Domínguez

Rondalla do local cultural Riomao, anos 60

Música


Rondalla do local cultural Riomao, anos 60 Cedida por テ]gel Sテ。nchez Domテュnguez


Rondalla do local cultural Riomao, anos 60 Cedida por テ]gel Sテ。nchez Domテュnguez


“Das fotografías de cativos hai algo que me chama a atención. Saben que está a ocorrer algo e, dalgunha maneira, pousan. Non están nunha actitude indiferente ante o que está a ocorrer e reflicten nos seus rostros a súa personalidade”.

Cedida por Emiliano Viñas Valverde

Os pequenos Juan e José García pousando nos anos 70

Nenos


O cativo José Luís en triciclo na Cruz Blanca

Chicha, Carlitos e Charo Cedida por Juan José García Costas

A pequena Susi nas alfombras frorais da Rúa Asturias Cedida por Juan José García Costas


“As nosas rúas son un fiel reflexo do que é o noso barrio. Unha evolución constante, unha obra permanente. E o tráfico; non deixa de ter graza lembrar que xa entón nos resultaba insoportable...”

Fotografía de Magar

Cruzamento dos Choróns desde Urzáiz

Nosas rúas


Cruzamento de Aragón coa subida a San Xoán Fotografía de Magar

Reforma da Rúa Aragón Fotografía de Magar

Reforma da Rúa Aragón Fotografía de Magar

Reforma da Rúa Pizarro no cruzamento dos Choróns Fotografía de Magar


Rúa Urzáiz fronte ao Mercado Fotografía de Magar


Rúa Numancia Cedida por Gonzalo Francisco Martínez

Rúa Urzáiz Cedidas por Juan José García Costas


Travesía de Vigo, hoxe Paaza de María Krukemberg Fotografía de Magar


Grupo escultórico no miradoiro do Paseo de Alfonso

Obradoiro do escultor no camiño de San Roque

Grupo escultórico “Alborada” na Praza de Compostela


O escultor Camilo Nogueira Naceu o 22 de xullo do 1904 no barrio do Calvario. As relacións entre o escultor Camilo Nogueira e o barrio do Calvario foron moi estreitas ao longo da sua vida, ata a súa morte en 1982. Os seus primeiros estudos foron nas Escolas Nieto. En 1920 ingresa na Escola de Artes e Oficios onde adquire a profesión de tallista e carpinteiro. O primeiro material que Camilo Nogueira coñeceu como escultor foi a madeira. O pai, avó e tíos maternos foran autores de importantes obras de carpintería en Vigo. Da época anterior e posterior á guerra civil datan as súas mellores tallas en madeira, das cales a maioria encontranse no Museo da Deputación de Pontevedra e no Museo Quiñones de León de Vigo. Son os anos 30 os do seu lanzamento profesional e artístico. Despois dunha breve estadia en Madrid, volve a O Calvario e casa con Teresa Román, coa que terá tres fillos. Dispón xa nesta época de obradoiro propio na cidade, na rúa Urzáiz, despois o derradeiro no camiño de San Roque onde pasou os seu últimos anos. Dende 1946 e ata 1977 foi profesor de escultores na Escola de Artes e Oficios. É a pedra, o material máis utilizado nos seus últimos anos, coincide no tempo no que Vigo experimenta unha ampla remodelación urban, mediado o século XX. Moita obra de Nogueira irá destinada nos 60 a embelecer parques: O Castro, Castrelos, A Alameda,... Fachadas de edificios como a Estación Marítima, Seguros Aurora, Alfredo Romero e moitos outros xardíns ou prazas, conxuntos arquitectónicos, facéndose entrañables algunhas delas como os “Nenos” no miradoiro do Paseo de Alfonso, a “Fonte dos nenos debaixo dun paraugas”, etc....Tamén son moi relevantes os seus traballos de ebanistería en aparadores, dormitorios, cadeiras, para moitas casas de Vigo. Formóu parte da xunta de delegados do movemento veciñal que organizárase ó porse en marcha, en 1976, o P.E.R.I. do barrio , colaborando no boletín informativo de urbanismo “EL CALVARIO” editado polo referido movemento.

Camilo Nogueira tallando o busto de Ricardo Mella

Fotos cedidas pola Familia Nogueira Román

Bocetos preliminares á escultura

Maternidade 1950

No seu primeiro obradoiro, tallando unha das primeiras obras


“Unha voda, un bautizo, unha primeira comuñón. Recordo que nestes días puñámosnos nosa mellor roupa que, por suposto, estaba reservada para as grandes ocasións. Como entón non engordabamos, o traxe de voda duraba para sempre e o da Primeira Comuñón, eterno, íase pasando de irmán a irmán. Son as nosas datas, as nosas referencias, as nosas vidas...”

Cedida por Gonzalo Francisco Martínez

Cerimonia na Igrexa de María Inmaculada

Celebracións familiares


Voda na igrexa de Sta. Cristina de Luís Fontán e Emilia Rodríguez, 1957 Cedida por Sonia María Fontán Rodríguez

Porta da igrexa de Sta.Cristina a finais dos anos 40 Cedida por Sonia María Fontán Rodríguez


Porta da igrexa Inmaculada Concepción, ano 1968 Cedida por Sonia María Fontán Rodríguez


Voda de Concepción Fontán e Eduardo Lago na Igrexa dos Picos Cedida por Sonia María Fontán Rodríguez

Voda na igrexa de Sta.Cristina de Luís Fontán e Emilia Rodríguez Cedida por Sonia María Fontán Rodríguez


Comuniテウn na Igrexa de Fテ。tima , 24 de maio de 1947 Cedida por テ]geles Turiel Rodrテュguez


Comunión na Igrexa de Fátima , 31 de maio de 1945

No patio do Colexio Concepción Arenal 2 na Rúa Portela, 1978

Cedida por Ángeles Turiel Rodríguez

Cedida por Sonia María Fontán Rodríguez

Porta da igrexa de Sta. Cristina, bautizo de Margarita Torrón Cedida por Sonia María Fontán Rodríguez


Gran nevarada sobre o Calvario Cedidas por Gonzalo Francisco MartĂ­nez


O día aquel... “A nosa vida cotiá está formada por acontecementos e anécdotas. Como aquel día que nevou no noso barrio, deixando na nosa retina unha imaxe nórdica. É curioso, pero no centro da cidade apenas se notou. Ou cando unha furgoneta precipitouse sen freos polas escaleiras do Couto e, como non, a multitudinaria manifestación contra o peche de Álvarez”

Manifestación pola Rúa Urzáiz contra o peche de Grupo de Empresas Álvarez Fotografía de Magar


Unha furgoneta precipitouse sen freos pola escaleiras do Couto Fotografía de Magar

Nevarada no Calvario, 1987

Día da colocación da primeira pedra da Igrexa de Fátima Cedida por María del Carmen Rivero Álvarez

Cedidas por Gonzalo Francisco Martínez

Inauguración dos novos modelos de tranvía Cedida por Cafetería Alaska


Chegada do primeiro tranvía de Peniche aos Choróns, datada entre 1910 e 1920 Fotografía propiedade do Concello de Vigo


PONTESA


Grupo de Empresas Álvarez “Cando Manuel Álvarez, tras iniciar a súa actividade empresarial en 1922 no vigués barrio de Casablanca, decide crear en Cabral en 1938 a máis importante fábrica de cerámica e vidro de España, a súa repercusión no noso barrio foi extraordinaria. O seu fillo, Moisés Álvarez O’Farril, con coñecementos adquiridos en Alemaña, é o gran impulsor do grupo de empresas. Hai que situarse naquel Vigo de entón para entender a importancia da obra realizada. Unha iniciativa comercial, industrial, empresarial e social sen precendentes. Miles de traballadores, catro fábricas a pleno rendemento: Santa Clara, Pontesa, Vanosa e Moahsa, unha extraordinaria gama de produtos, desde o máis sinxelo prato de uso cotián até a máis exquisita porcelana decorada a man por artistas de moi alto nivel, unha rede comercial de 34 establecementos, así como unha estrutura social que significou entón un avance cualitativo no mundo do traballo, con vivendas sociais, economato e asistencia médica propia”.

Factoría de ÁLvarez Fotografía de Magar


SANTA CLARA

VANOSA


Vista xeral coa fábrica de Álvarez Fotografía de Magar


Grupo de Empresas Álvarez

“O mundo de Álvarez é o mundo das persoas. Xente que adicou a súa vida á empresa, que a viu medrar e con enorme tristeza, viuna morrer. Cando se contemplan as vellas fotografías tráennos á memoria nomes de persoas que coñecemos: Teodoro, Alberto... Vémolos agora no bar, porque estes establecementos eran un punto de encontro, algo parecido a un club social onde non falta a amizade e unha boa dose de humor.”

Cedida por Victoria González Filgueira

Inauguración da barra do bar que estaba diante da fábrica de Álvarez

Persoas


Clientes do bar Casa Victorino xunto cos donos Cedida por Victoria Gonzรกlez Filgueira


Empregados de Ă lvarez toman unha cervexa amigablemente Cedida por Victoria GonzĂĄlez Filgueira


Un grupo de clientes fan bromas no bar Cedida por Victoria Gonzรกlez Filgueira

Os donos do bar en 1959 Cedida por Victoria Gonzรกlez Filgueira


“Recordo cando pasei do lapis á pluma. Entón non había bolígrafos e o borrón formaba parte da nosa vida. Quen impartían as clases eran persoas esixentes porque nos querían. Non eramos anónimos e cando hoxe, os que aínda viven, crúzanse connosco pola rúa lémbrannos. Quixera atopar as palabras axeitadas para darlles as grazas. Teño un sentimento de débeda cos meus mestres...”

Cedida por Aurora Vidal Sánchez

Alumnos do Colexio Don Pepe, no patio do cine Avenida, 1953

Ensino


Colexio Seijo I, antiga ubicaci贸n do colexio Cedida por Colexio Mariano

Antigo colexio Cedida por Colexio Mariano


Antigo colexio Cedida por Colexio Mariano


Grupo Seijo I

Primeira Comunión das alumnas do Colexio Mariano, 1936

Cedida por Colexio Mariano

Cedida por Colexio Mariano

Alumnos do Colexio Vizcaya Cedida por Juan José García Costas


Instituto de Bacharelato Castelao Fotografía de Magar

Instituto de Bacharelato Castelao 1986 Cedida por Sonia María Fontán Rodríguez


Construción da Escola Oficial de Idiomas, 1990 Cedida por Juan José García Costas


Alumnos na fachada principal do Colexio


Escolas Nieto

Escolas Nieto xurdiu como proxecto de Ramón Nieto, nado en Lavadores no ano 1856. Os seus pais labregos emigraron a Chile. Con 14 anos e cunha formación elemental, afrontou unha nova vida. Comezou nun comercio de tecidos. Seguiu estudando e con 24 anos foi requerido por unha fábrica de fios na que destacou pola súa xestión. Anos despois chegou a ser Conselleiro da Presidencia da República de Chile. Ramón Nieto non esqueceu Lavadores e as penurias que os rapaces pasaban no seu barrio natal. No ano 1900 encarga a Severino Cobas, o seu vello mestre na infancia, a creación das Escolas Nieto. A Escola nace por primeira vez nun edificio da actual Avda. Ramón Nieto, donde hoxe está ubicada a Ludoteca. Neste lugar Severino Cobas inicia o proxecto que Ramón Nieto quería: dar ensino de calidade aos nenos e nenas que non tiñan recursos. Anos despois, como a Escola quedábase pequena, Ramón Nieto aporta os fondos necesarios para construir o actual edificio na finca da casa dos seus pais. No ano 1917 remátase de construir o edificio e en febreiro de 1923 constituese a Fundación, que da forma xurídica á escola, funcionado como un centro cultural e benéfico co fin de que tódolos nenos e nenas de Lavadores tiveran a oportunidade de alcanzar a formación humana e intelectual imprescindible para poder desenvolverse na sociedade.

Retrato ao óleo de D. Ramón Nieto

Documentación facilitada por Escolas Nieto


Construcción e inauguración da rúa

“A apertura e inauguración da rúa Jenaro de la Fuente foi todo un acontecemento para O Calvario. Ampliábase o noso espazo e os modernos edificios incorporaban a profesionais e comerciantes vindos doutros puntos da cidade. O tráfico beneficiábase ao non ter que pasar pola rúa Urzáiz como vía para ir ao aeroporto ou enlazar coa rúa Aragón”.

Cedidas por Gonzalo Francisco Martínez

Inauguración da Rúa Jenaro de la Fuente

Jenaro de la Fuente


Construcción da Rúa Jenaro de la Fuente Cedidas por Gonzalo Francisco Martínez


Inauguración da Rúa Jenaro de la Fuente Cedidas por Gonzalo Francisco Martínez


“Eran tempos nos que só subías a un coche cando os teus pais chamaban a un taxi. Para as viaxes normais tiñamos o tranvía. A min encantábame estar á beira do condutor e, con disimulo, soltar area ás vías. Cando se suprimiron os tranvías, polo Calvario pasaban as liñas 3, 5, 7 e 8”.

Cedidas por Victoria González Filgueira

Dúas nenas ao carón dun coche en Ramón Nieto

Sobre rodas...


Vehículo diante do “Garaje Avenida” Cedida por Gonzalo Francisco Martínez

Tranvía nº 3 que facía a ruta a Cabral Cedida por Carlos Avendaño


Escola de Secretarias

“Integrada na Obra Social da Caixa de Aforros Municipal de Vigo, a Escola de Secretarias situouse no noso barrio.

Moitas boas profesionais que chegaron a ocupar importantes cargos directivos, iniciaron aquí a súa traxectoria profesional.

Naquel tempo entendíase como un apoio á muller, para a súa incorporación ao mundo do traballo, facilitar unha preparación básica no eido da oficina.

Posteriormente, a aposta da Caixa deu un salto cualitativo ao fundar a Escola de Negocios, con obxectivos moito máis ambiciosos”.

Edificio da Escola de Secretarias Cedida pola Obra Social Novacaixagalicia


Inauguraci贸n da Escola de Secretarias , 6 de febreiro de 1968 Cedida pola Obra Social Novacaixagalicia


Alumnas da Escola de Secretarias Cedida pola Obra Social Novacaixagalicia


“Non son fachadas que nos sorprendan, nin teñen un valor artístico e, con todo, forman parte da memoria do noso barrio. Naquelas estreitas beirarrúas de entón quedabámonos embelesados ante un escaparate. Coñeciamos aos dependentes polo seu nome e eles, por suposto, coñecían o noso. Cando chegaban as rebaixas, era normais as colas. Na farmacia facíannos fórmulas maxistrais e na sucursal bancaria depositabamos os nosos humildes aforros”.

Cedida por José Miguel Fontán Romero

Inauguración dos establecementos Pérez Leirós fronte ao Mercado, 1964

Os baixos comerciais


Primeira sucursal da caixa de aforros de Vigo no Calvario Cedida por Novacaixagalicia


Fachada do establecemento “ La Ganga”

Comercio da cadea Textilhogar Cedida C. Padín


Local do “Garaje Avenida” en Urzáiz Cedida por Gonzalo Francisco Martínez

Antiga Farmacia ao comezo de Ramón Nieto Cedida por C. Padín


Rebaixas no establecemento Frisco, na Rúa Urzáiz esquina Sagunto Cedida por Cafetería Alaska

O dono de Calzados Mayka prepara o escaparate para Nadal Cedida por José García Outeda


Poucas fotografías moven máis sentimentos que as da nosa familia e amigos. Contemplalas hoxe lévanos a un tempo que, en moitos casos, quixésemos deter. Algunhas das persoas que ven nelas xa non están aquí e o seu lugar non foi ocupado por ninguén. Outras cambiaron tanto que é dificil recoñecelas. Están aí, mírannos... En ocasións somos nós mesmos os fotografados e lembramos a idea que tiñamos entón do futuro. Un futuro que nunca se cumpriu, para ben ou para mal, como o imaxinamos.

Cedida por Juan José García Costas

A familia de Juan José García Costas nos terreos da Igrexa de Fátima

Familia e amigos


Familia xunto ao carballo da Igrexa de Sta. Cristina Cedida por Sonia María Fontán Rodríguez

Avoa e pai de Juan José García Costas Cedida por Juan José García Costas

Na Rúa Cantabria, familia de Sonia María Fontán, 1962 Cedida por Sonia María Fontán Rodríguez


Baixada de Pardavila a Sta. Cristina (paseo das damas), anos 50

Na Rúa Aragón, no ano 1955

O tren castañeiro da Cruz Blanca

Cedida por Sonia María Fontán Rodríguez

Cedida por Emiliano Viñas Valverde

Cedida por Ramiro González Dasilva


No adro antiguo da Igrexa de Santa Cristina , anos 50 Cedida por Sonia María Fontán Rodríguez


“O deporte sempre estivo presente na nosa vida cotiá. En xeral, era unha práctica colectiva pois se trataba, sobre todo, de estar cos amigos. O fútbol, o balonmán, a natación, a petanca... O noso barrio organizaba todo tipo de eventos: carreiras ciclistas, de motos... Eramos, por suposto, todos do Celta, ademáis do Gran Peña ou do Turista. En balonmán as nosas cores eran as do Santa Cristina”.

Cedida por Gonzalo Francisco Martínez

Competición ciclista desde Urzáiz

Deportes


Paso de motos con sidecar e os Gaiteiros “Os Morenos”, na Rúa Sagunto, 1959

Piscina da Cultural

Cedida por Antonio Manuel Oliveira Villar

Cedida por Pilar Conde Rodríguez


Cancha de petanca do Clube Alcázar anos 80 Cedida por Sonia María Fontán Rodríguez


Equipo de balonmán Sta Cristina Cedida por Ramiro González Dasilva

Equipo de balonmán 1966 Cedida por Ramiro González Dasilva

Equipo de balonmán 1966 Cedida por Ramiro González Dasilva


“Unha inauguración era todo un acontecemento. E como os negocios abríanse para perdurar, en todas elas era fundamental a presenza de don Benito, que garantía o futuro a golpe de hisopo”.

Cedidas por Gonzalo Francisco Martínez

Don Benito bendice as instalacións de “Garaje Avenida”, 1960

Inaguracións


Inauguraci贸n do Clube de Xubilados do Calvario Fotograf铆a de Magar


Inauguración da tenda de menaje de Pérez Leirós Cedida por José Miguel Fontán Romero



M E M O R I A

F O T O G R Á F I C A


Avda. Jenaro de la Fuente no cruzamento coa rúa Aragón

Avda. Jenaro de la Fuente no cruzamento coa rúa Numancia

Cruzamento das rúas Urzáiz e Aragón

Rúa Urzáiz


Rúa Urzáiz no cruzamento dos Choróns

Rúa Sagunto

Rúa Martínez Garrido


Rúa Martínez Garrido

Rúa Jenaro de la Fuente

Rúa Jenaro de la Fuente


Rúa Martínez Garrido no cruzamento coa Avda. Ramón Nieto

Praza e Parque infantil na Rúa Portela

Rúa Palencia


Túnel da rúa Jenaro de la Fuente no cruzamento coa rúa Aragón

Rúa Alcázar de Toledo

Avda. Jenaro de la Fuente

Instituto Castelao do Calvario


Comezo da rúa Aragón

Rúa Asturias


Rúa José Antela Conde

Rúa Urzáiz (A Peonil)

Animación na Peonil, fronte ao Mercado


Rúa Pizarro

Animación na rúa Ambiente na Peonil


Centro de Saude da Doblada

Avda. Martínez Garrido

Centro Social da Rúa León


RĂşa UrzĂĄiz

Praza fronte ao Mercado

Ambiente da Peonil


Pazo de Rivera Atienza, hoxe reconvertido en Centro Social

Escola Oficial de Idiomas


Vista nocturna da Peonil

A Peonil fronte ao Mercado

Rúa Aragón

Animación na rúa Urzáiz


O animado ambiente do Mercado do Calvario

Comeยกzo da Peonil no cruzamento con Gregorio Espino (A Doblada)

O Mercado do Calvario


Rúa Urzáiz

Rúa do Cristo Rúa Jenaro de la Fuente

Rúa Travesía de Vigo


Vista nocturna da praza fronte ao Mercado do Calvario

Actividade na rĂşa

Fronte ao Mercado do Calvario


Avda. Gregorio Espino

Animación na rúa

Cruzamento das rúas Urzáiz e Portela Avda, Martínez Garrido

Ambiente da Peonil

Avd. Martínez Garrido

Animación na rúa

Animación na rúa


Parque Infantil na praza Maruja Maio

Parque en Gregorio Espino

Estaci贸n de Autobuses no cruzamento da Avda. Mart铆nez Garrido coa de Gregorio Espino


Rúa do Cristo

Rúa León

Rúa Cataluña


Rúa Monforte de Lemos

Rúa Extremadura

Rúa Cruz Blanca


EMPRESAS E ENTIDADES COLABORADORAS



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.