IMOS CONTAR DOS ANIMAIS
O raposo Traballo feito por: Ant贸n, Sara, Anneris e Lidia. Imaxe sacada de Google.
O raposo pertence á familia dos cánidos. Ten patas cortas, un fociño estreito e alongado, orellas rectas e triangulares, unha pelaxe espesa, alaranxada por enriba e branca polo lombo e unha cola longa. Adoitan pesar 7kg e medir entre 90 e 105cm de longo(sen incluír a cola). Viven en todos os continentes (agás a Antártida). Habitan zonas boscosas, con matogueiras. Algúns incluso, en zonas desérticas e xeadas. Ten unha alimentación moi variada. Come ratos, toupas, ovos de aves, grandes insectos e preas, froita e algún coello. Aparéllanse a mediados do inverno. Tras un período de xestación que vai dos 49 os 56 días, a femia retírase a un tobo para dar a luz unha media de 8 crías. As crías nacen cos ollos pechados. Reciben coidados durante as cinco primeiras semanas de vida, logo son obrigadas a marchar e facer a súa "vida propia". Os raposos emparéllanse de por vida e acostuman vivir uns 12 anos. Os seus inimigos son os cazadores, os cebos envelenados, os lobos, que son os únicos inimigos naturais; e outras barbaridades que se fan en algúns coutos de Galicia.