HORARIOS Xornada Escolar. Horarios. o Horario lectivo de 8.50 ata as13.50 h. o Comedor Escolar de 13.50 ata as 16.00 h A xestión de altas e baixas do comedor farase directamente coa empresa de Catering no teléfono 986 408 151 O colexio está tamén aberto (biblioteca, actividades extraescolares,...) de outubro a maio de luns a xoves de 16.00 ata 18.00 horas. Cando alguén precise recoller a un alumno/a dentro do horario lectivo é necesario avisar ao conserxe para non interromper o funcionamento da clase. A puntualidade é moi importante para o bo desenvolvemento das actividades lectivas Entradas e saídas de persoas do centro: Entradas:Os alumnos e alumnas a medida que vaian chegando irán para o patio interior e serán custodiados polo Conserxe do Colexio e polos mestres/as de garda. Se algún alumno/a chega tarde, deberá ser acompañado por un adulto para firmar o xustificante de retraso que vos facilitará o conserxe.
Dirección : Luns, mércores e xoves de 08.50 a 10.30 , martes e venres de 8.50 a09.40
Secretaría : Luns e mércores de 08.50 a 9.40 , martes de 12.15. a 13.50, venres de 9.40 a 10.30.
Xefatura de estudios: Martes e xoves de 8.50 a 09.40, mércores de 13.00 a 13.50 e venres de 12.15 a 13.00
Titorías de mestres/as coas familias: Martes de 17.30 a 18.00. Solicitar entrevista para que o titor/a poida preparala con todos os mestres/as.
Orientador Escolar: concertar cita previo aviso. Audición e Linguaxe e Pedagoxía terapéutica: concertar cita
É moi importante solicitar a cita previa para preparar a entrevista e que non coincida cunha reunión de traballo dos mestres. A entrevista debe ser solicitada pola familia á mestra/e. Se ten problema de acercarse ata a escola pode chamarnos por teléfono no horario sinalado anteriormente.
Saídas: Ás 13.50 os mestres/as xunto co Conserxe controlarán que os nenos non perdan o autobús respectivo. As nais e pais durante a entrada, saída e desenvolvemento das clases non deben pasar ao patio nin ás aulas xa que interrompen e distraen a vida escolar e a intimidade dos alumnos/as e dos mestres/as.
No proceso educativo é moi importante manternos en contacto
INFORMACIÓN BASICA DO COLEXIO Colexio de Educación Infantil e Primaria de Belesar Enderezo: Estivada, 46 (Belesar) 36307 Baiona Teléfono: 886 110 148/Dirección: 886 110 147 Fax: 886 110 149 Correo electrónico: ceip.belesar@edu.xunta.es Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbelesar/ Blogue: http://bibliobelesar.blogspot.com.es/ Facebook: ceip belesar Niveis académicos que se imparten no centro: Educación Infantil (de 3 a 6 anos) e Educación Primaria (de 6 a 12 anos) Transporte escolar: transporte escolar público dende o Clube de tenis Monterreal por Medialdea e o Urgal ata A Granxa.
CEIP BELESAR IGUALÁNDONOS
Benvidos ao novo curso escolar 2016-2017. Comezamos un curso cheo de novas, cargados coa ilusión e ganas de vivir momentos especiais. Este ano traballaremos a coeducación e fomentaremos dinámicas educativas libres de estereotipos de xénero e trataremos de potenciar unha convivencia harmónica. Desde Infantil a Ed Primaria, plantexarémos distintas actividades, coas que contaremos con todos vós.
Desde Belesar, seguimos defendendo a calidade da escola pública, como un dereito primordial que garante a calidade e igualdade de oportunidades e sexa a base das futuras xeracións.
CALENDARIO
ESCOLAR
Segundo a ORDE do 7 de xuño do 2016 pola que
se aproba o calendario escolar para curso 2016/2017, as clases comezarán o día 12 de setembro do 2016 e rematarán o 23 de xuño do 2017.
Períodos de vacacións Nadal: desde o día 22 de decembro ata o día 6 de xaneiro de 2017, ambos os dous inclusive. Semana Santa: desde o día 10 ao 17 de abril do 2017, ambos os dous inclusive. Entroido: días 27,28 de marzo e 1 de abril. Días non lectivos Co fin de unificar as celebracións dos patróns de cada nivel educativo, establécese o DIA DO ENSINO o 31 de outubro do 2016. O 26 de setembro é festividade local. O Consello Escolar propón día non lectivo en base a razóns de tradición, costume ou conveniencia pedagóxica: o 2 de maio do 2017(solicitado á Delegación).
PROXECTOS DE CENTRO Seccións bilingües: Este curso o alumnado de Primaria recibirá sesións de Educación Física e de Plástica utilizando a lingua inglesa, polo que recibirá unha acreditación oficial. Ademais contaremos co apoio dun asistente lingüístico de outubro a maio. Programas Contrato; solicitamos a participación na modalidade de Convivencia e Excelencia Educativa. Plan de mellora de Bibliotecas Escolares Programa de froita escolar. Teatro Interescolar EQUIPOS DE TRABALLO Os mestres do centro ademais das súas actividades lectivas, traballan arreo para ofertar unha educación pública de calidade. Equipo de Novas Tecnoloxías, Biblioteca, Dinamización Lingüística e Extraescolares continuarán este curso co labor de ofertar actividades estimulantes ao alumnado que lles garante unha formación competente, cos recursos dos que dispoñemos. Continuamos no Plan de Melloras de Biblioteca.
De 16.00 ás 18.00 h temos actividades extraescolares ofertadas pola ANPA