Conto1718

Page 1

Aurora cavilou un pouco e decidiu interpretar a escena que máis lle gustaba, a da canción “Supercalifragilisticoespialidoso”. Ao principio estaba un pouco nerviosa pero cada vez ía sentíndose máis cómoda e segura e logrou unha actuación xenial. O doutor quedou impresionado e felicitouna: -Fixéchelo moi ben!! Vexo que ademáis de ser moi valente tamén es unha gran artista! -Moitas grazas! -contestou Aurora. E continuou: -cal é a seguinte misión que debo realizar para salvar o mundo do cine?

BRAVO!!

-Bueno…, dixo o doutor, -agora tés que entrar por unha destas tres portas e

continuar o teu camiño ata dar co malvado Gaspar. Se o atopas, debes conseguir que tome esta apócema para que se transformen os seus sentimentos e o seu corazón volva gozar coas historias, a maxia e a fantasía do cine.


Pero teño que advertirche que só unha das tres portas é a correcta. Outros nenos e nenas tamén o intentaron coma ti, pero nunca voltaron ao mundo real porque escolleron a porta falsa.

-Pero podes dicirme cal escolleron eles para non cometer eu o mesmo erro. –dixo Aurora moi intelixentemente. -Ai, miña raíña! Xa me gustaría! O que ocorre é que, de cada vez que alguén entra, as portas cambian o seu letreiro. O doutor continúa: -Os nenos e nenas coma ti teñen que averiguar o significado da mensaxe para atinar coa porta correcta. Ánimo, rapaza! E xa sabes, pénsao ben antes de entrar! O doutor deulle unha aperta e un frasquiño cun líquido laranxa. –Toma esta beberaxe, gárdaa ben ata que lla poidas ofrecer ao malvado Gaspar. Moita


sorte! E nese momento, o doutor Mariano montou nun vehículo espacial moi raro e desapareceu a toda velocidade. Aurora quedou un momentiño paralizada. Estaba moi sorprendida e un pouco asustada. Tiña que ser moi lista e reflexionar antes de tomar calquera decisión . Primeiro leu o que poñían os letrei-

ros das portas. Eran números!! Na primeira porta aparecía o 2018; na segunda, o 1895; e na terceira, o 3000. Aurora sentouse no chan e quedou mirando as portas, unha a continuación da outra, e non conseguía dar co significado daqueles números. Estaba moi preocupada porque, se non andaba espilida, podía ser que nunca máis vería a súa familia e os seus amigos. De cando en vez, tocaba o frasquiño por se lle viña algunha idea. De súpeto, pensou:

-claro! O 3000 é pola película “Pinocho 3000” e todos sabemos que Pinocho é un mentireiro! Esta porta é falsa!!! Un pouco máis animada porque xa conseguira eliminar unha porta, centrouse nas dúas que lle quedaban.

Xa sei! -pensou a nena entusiasmada. Lembrou que no cole estaban aprendendo moitas cousas sobre a historia do cine e caeu na conta de que

no ano 1895 os irmáns Lumière presentaron ao mundo o seu cinematógrafo. Esta é a porta, a que ten o ano 1895!! E, moi convencida, xirou o pomo lentamente disposta a continuar coa súa arriscada aventura.


Amodiño, meteuse nun corredor coas paredes ateigadas de cadros do rei Gaspar, moi elegante e fachendoso con todos os seus traxes e coroas.

Este corredor conducía a un vestíbulo circular xigante, semellante ao dun castelo. Atravesouno correndo e, no outro lado, adentrouse nunha habitación moi grande que estaba chea de xente, pero…

presa!! Eran actores e actrices

menuda sor-

da época do cine mudo: Charles Cha-

plin, Harold Lloyd, Buster Keaton, Mary Pickford, Stan Laurel, Oliver Hardy, Lillian Gish, Virginia Rappe e moitos máis.


Cando se decataron da presencia de Aurora calaron todos e quedaron mirándoa fixamente, con cara de asombro.

Charlot foi o que se repuxo máis rápido e dixo, dirixíndose á rapaza: -por fin alguén que nos ven axudar!! Grazas!!! -Xa sabes como librarnos do rei Gaspar? -preguntaron a un tempo o Gordo e o Fraco. -Pois non, contestou a nena. -Vaia decepción! -dixo moi baixiño a señorita Gish. Con enorme preocupación, todos enmudeceron de novo. -Bueno..., hai que descubrir onde se agocha o rei Gaspar e engaiolalo para que beba este xarope -dixo Aurora mostrando a botelliña do líquido laranxa. -Así verá a beleza do cine, abrandará o seu corazón e anulará a maxia malvada que está a piques de facer desaparecer o marabilloso mundo cinematográfico. -Nós sabemos onde está Gaspar, -dixo tímidamente Harold Lloyd. - Si, está no laboratorio deste castelo, fabricando unha máquina que se chama “Rebobineitor” para retroceder no tempo e destruir o cinematógrafo e para impedir que Georges Méliès faga a súa famosa película “Viaxe

á Lúa”. Así

será como se o cine nunca tivera existido –acabou de explicar Mary Pickford. -O problema é que non sabemos onde está o laboratorio e tampouco podemos saír de aquí –dixo Chaplin. E todos se puxeron a pensar novamente. Aurora non perdía a esperanza.


Tiñan que atopar un xeito de atraer ao mago Gaspar á habitación na que estaban eles, xa que non eran capaces de abrir ningunha porta que os sacara de alí. -Que podemos facer para que veña Gaspar? preguntoulles Aurora aos demáis. -Só sabemos que odia os bailes e a música das

bandas sonoras das películas –apuntou cunha voz suave a encantadora Virginia Rappe. -Xa o teño! -berrou Aurora. –No cole fixemos unha coreografía coa música de

. Co-

mo sodes bos actores e actrices axiña a aprenderedes e nós mesmos faremos a música cantando. Seguro que non poderá aturalo e presentarase aquí para ver que pasa.

-Si, si, si, que boa idea!! -dixeron todos emocionados sen parar de aplaudir. -Vale, pois a concentrarse e imitade o que eu fago, -dixo a rapaza moi animada. Despois duns minutos xa o facían moi ben así que levaron a cabo o seu plan, coa ilusión de que funcionara. Colocáronse, respiraron profundamente e empezaron a bailar e a cantar o máis alto posible, para que se oíra en todo o castelo. Aínda non rematara a


canción e xa sentiron abrir e pechar portas moi forte e uns berros que metían medo. A trampa parecía que estaba dando resultado. O grupo seguía cantando e bailando sen parar ata que unha estantería da sala se moveu e

??!!!

apareceu o rei Gaspar. Estaba rabeoso, os seus ollos parecían lume e bufaba tan forte que semellaba un dragón.

-QUE ESTÁ A PASAR AQUÍ!!! -berrou con moita carraxe –Parade xa con esa endemoniada música e ese baile! Sabedes que está prohibido no meu reino. Aquí só se permite o silencio e o branco e negro!!! Ao principio, todos quedaron petrificados con aqueles alaridos feroces, pero non podían dar marcha atrás. Ese era o momento que agardaban!! Aurora

achegouse valentemente ao mago e díxolle: -Perdoe señor, non sabiamos que lle molestaba tanto a nosa pequena diversión. Para que vexa que estamos arrepentidos, ofrézolle esta riquísima bebida que dá moita forza e enerxía. Seguro que lle ven moi ben para todo o traballo que quere facer. -Pois claro que a necesito! –dixo arrebatando das mans de Aurora a apócema máxica, e dun so grolo bebeu o contido do frasco, mentres os demáis disimulaban a alegría e os sorrisos. Agardaron un intre e o rostro do rei

Gaspar foise relaxando e cada vez parecía menos fero e máis amigable. Despois dun anaco de tempo dixo: -non sei que me está pasando…, xa non estou enfadado… vexo que fixen moitas falcatrúas… e menos mal que non rematei… Despois duns minutos de silencio, continuou falando: Estou disposto a arranxar toda esta desfeita agora mesmo. Agardo que aínda teña remedio...

-Pero, por que te volviches inimigo do cine? Parece incrible que algo tan fermoso che moleste –preguntou a nena. -Bueno, é unha historia triste. Cando era mozo quixen ser


actor pero as miñas obrigas de rei non mo permitiron. Coa rabia e a envexa, pensei que sería máis feliz se o cine non existira. Vaia idea! -dixo avergoñado. E continuou: -Non vos preocupedes, quedades libres, podedes volver ao lugar de onde sodes, tanto vós como moitos outros que están prisioneiros en diferentes lugares do meu castelo. E de súpeto, empezaron a escoitar ruído de pechaduras e todas as portas quedaron abertas. O grupo divisou un xardín fermosísimo, era o

“XARDÍN DA FAMA”.

Os actores e actrices da

historia do cine comezaron a convertirse en fermosas estrelas brillantes que para sempre permanecerían no ceo daquel magnífico xardín. -Vale, estou moi contenta porque aquí todo volveu á normalidade, pero… como poderei regresar eu ao meu fogar? O rei Gaspar, que xa imaxinara que lle faría esa pregunta, díxolle: -teño programado o “rebobineitor” para que nos leve á túa casa. Prepárate axiña porque será unha longa viaxe.


-Non me importa, estou desexando emprender o regreso. -Pois veña, pon o casco e os cintos porque iremos a moita velocidade, advertiu Gaspar.

A nena seguiu as instrucións ao meterse naquela máquina estrafalaria. Estaba moi feliz! Ao saír do castelo pasaron pola rúa Michael Jackson, despois pola rúa King Kong, logo atravesaron o bosque Brancaneves… E o mellor era que ao pasar polas rúas todos os personaxes que estiveran encerrados aplaudían, moitos deles tiñan pancartas que poñían

GRAZAS!! e ou-

tros saltaban e bailaban de ledicia. Alí estaba a princesa Leia dicindo adeus e mandando bicos, a panda dos Descendentes eran os que máis aplaudían e Maléfica axitaba os brazos, facendo o sinal da victoria cos dedos. Foi unha viaxe xenial, pero a medida que


pasaba o tempo ía entrándolle o sono e quedou adormecida... -Aurora,

Aurora, desperta!

Acaban de chamar do concur-

so de actrices do Gran Vía.

-Ai, mamá, que soño máis bonito e emocionante vivín esta noite!! -dixo Aurora fregando os ollos. -Veña, veña, que os teus amigos xa están agardando no portal para acompañarte –replicou a nai sen darlle tempo a que lle contara nada. Aurora saíu da cama como un lóstrego, preparouse axiña, mandoulle un bico polo aire á súa nai e marchou mentres ouvía detrás dela: “SORTE, AURORA!!! Cando atopou a Lola e a Tomás deulles unha aperta que case os deixa sen respiración. -Que che pasa, Aurora? -estás demasiado agarimosa, -protestou Tomás. -Bufff, xa volo contarei pero non estou segura de que me creades.


-Bueno, agora céntrate no casting -dixo Lola. - Sabedes, amigos? - teño o presentimento de que vou gañar o concurso porque farei un número de baile moi chulo coa música de Star Wars que teño moi ben entrenado.

Seguro!!

-dixeron os amigos a un tempo.

Aurora engadiu: -pero tampouco pasará nada se non gaño. Seguirei estudando e preparándome para chegar a ser unha estrela do “Xardín da Fama”. E conseguireino porque teño uns estupendos amigos que me apoiarán no camiño.

-AmigOs para sempre!! -Dixeron os tres á vez. -Bueno, xa chegamos. Entremos –indicou Aurora. Os tres rapaces estaban bastante nerviosos na sala de espera. Despois dun tempo apareceu unha secretaria moi elegante e moi seria cun cartafol


na man. Con voz alta e clara dixo:

-Aurora Garrido Valente, pase á sala seis. Será recibida polo noso director, o señor Gaspar.

Cando ouviu aquel nome notou como o corazón lle latexaba con forza, encheu o peito de alento, levantouse da silla e xirou a cara hacia os seus amigos. Facéndolles unha chiscadela preguntou: -que vos parece se despois

imos ao

cine??

Os tres amigos riron a gargalladas. A continuación, Aurora, máis feliz que nunca, entrou na sala seis.

FIN Autores/as: equipo de terceiro de EP



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.