A democracia en Galiza: Roberto Blanco Torres

Page 1

A democracia na Galiza • XOAN CARLOS GARRIDO COUCEIRO

A SÚA OBRA É UNHA REFLEXIÓN SOBRE AS CONDICIÓNS SOCIAIS NAS QUE SE PODE E SE DEBE LEVAR A CABO O DESENVOLVEMENTO DUNRÉXIME DEMOCRÁnco.

Dúas balas remataron coa teimuda e obsesiva loita pola democracia de Roberto Blanco Torres. Foi a conclusión traxicamente lóxica do fracaso do seu ideario. Sesenta anos despois atopámonos coa súa escolleita como protagonista do Día das letras galegas. Entrementres a penas nada se fixo por coñecer cal foi ese ideario que o levou á tumba (mellor, á foxa común). Silenciado mais que descoñecido, hoxe pode que haxa quen quer facer desta homenaxe un motivo de promoción persoal a conta dos achados que se van exhibindo como trofeos e como mérito do descubridor, facendo que o debate se reduza á simple aparición do dato illado máis que a súa interpretación e a análise. Pero a interpretación e análise só é posible unha vez rescatada toda a información acadable sobre o asunto a través dun arduo esforzo investigador que e.sta homenaxe pode incentivar. Neste senso, hai que recoñecer a contribución honesta que están a facer moitos especialistas para rehabilitar esta figura das nosas letras a que se lle rende tributo. Ese non é o meu caso, eu puiden aforrar grande parte deste traballo gracias o labor colectivo e rigoroso da Asociación Cultural "O Meigallo" de Cuntis e aos estudios levados a cabo por Marcos Seixo, así como a actitude aberta e accesible da familia de Roberto, e concretamente do seu sobriño Mario Blanco Fuentes. A eles debo a oportunidade de analizar o pensamento de Roberto Blanco Torres a respecto da construcción da democracia na Galiza, centrándome sobre todo nos seus artigos do período Republicano, fundamentalmente a través da súa columna "Crónicas de Galicia" do xornal "El Liberal" de Madrid, "La Zarpa" de Ourense, "El País" de Pontevedra, e "El Noroeste" de A Coruña. Entrando xa en fariña ternos que adiantar que, do mesmo xeito que A Democracia na América de Tocqueville é esencialmente un estudio da sociedade americana e non dunha forma de goberno determinada, a obra de Blanco Torres é tamén unha reflexión sobre as condicións sociais nas que se pode e se debe levar a cabo o desenvolvemento dun réxime democrático no noso país. Para isto, ten que dar resposta as contradiccións que xerará a aplicación sobre a nosa realidade deste vello ideal: -¿É posible unha Galiza democrática dentro dun Estado Español que non o é? -¿É posible un Estado Español democrático que nega o dereito a auto-gobernarse da Galiza? -¿É posible a democracia cando existe a dominación? -¿Debemos dar dereito ao voto aos dominados se estes votan coaccionados por quen os domina? -¿É democrático darlle cabida no réxime aos inimigos ~a democracia? -¿É anti-democrático desobedecer e loitar contra un goberno elixido polo pobo?

-¿A opinión pública é inducida polo poder político, ou é esta quen condiciona e determina ao poder político? -¿Debe dárselle dereito a decidir sobre asuntos tan complexos como é o goberno do país, a xentes que carecen dun mínimo nivel cultural? Todas estes temas foron abordados nos artigos de Roberto Blanco Torres, mais non é el o primeiro en facelo. Son asuntos tan antigos como a propia idea de democracia. Desde que os seres humanos viven en sociedade, a polémica sobre a organización da toma de decisións, ocupou de xeito práctico, pero tamén teórico, a todos os afectados por esas decisións, na medida en que se consideraron partícipes no seu proceso de determinación: e conseguintemente, comprometidos coa súa execución; ou na medida en que consideran que o seu compromiso só abrangue a realización do que outros acordan pois están excluídos de participar no procedemento de resolución. Fálase do nacemento da democracia propiamente dita, en Atenas, a raíz da constitución elaborada por Solón no ano 594 a.c. Moitos dos debates abertos sobre este réxime arrancan dese momento, e ao longo de moitos anos non se fixo senón que reproducir os argumentos que se daban naquel entón. Por exemplo, unha das cuestións fundamentais á hora de establecer un réxime democrático é definir aos titulares do dereito a decidir, aos "cidadáns". Solón inicialmente dividiu os cidadáns en catro clases baseándose na riqueza ou nas propiedades que posuían, e establecía en que niveis podían participar en función da clase á que pertencían. O alargamento dos "círculos electorais" foi unha preocupación constante da democracia ateniense, se ben as mulleres nunca foron abranguidas polo concepto de poboación adulta. Outro asunto, os dereitos dos anti-demócratas no marco democrático, foi outro dos grandes motivos de controversia. Cando se xulgou e executou a Sócrates no 399 a.c. por sacrilexio e corrupción de xoves, este foi un dos temas capitais: como preservar a unha democracia débil dUrl inimigo como Sócrates se non é a través de procedementos anti- \ democráticos. Tamén se quixo ver neste asunto -e así o fixeron inimigos da democracia ateniense como Aristóteles e Platón- o problema da tiranía da maioría. Aínda que o axustado resultado da votación da culpabilidade de Sócrates, 281 contra 220; indica que non foi producto dunha histeria das masas; o certo é que no fondo o que critican os inimigos do réxime é a idea de goberno da "chusma", dos "ignorantes"; fronte á idea de goberno dos sabios: "Como poderán desviar o espírito do arado para a política" dicía Eurípides; "A ninguén se !le ocorre que un home sen ningunha cualificación técnica ... pretenda expresar opinión ", escribía Platón. _ Pero habería que agardar algúns anos, quizais ata a reaparición da Democracia no centro do litixio político


a raíz da revolución francesa e as revoltas de escravos nas Caraíbas, no Haiti, e a independencia política na América do Sur, para que xurda con forza outra disputa de grande importancia: ¿a democracia consiste en elixir periodicamente a quen decide diariamente ou en participar de permanentemente na toma de decisións? Para os gregos esta distinción non se daba. Ou existía democracia directa ou non existía democracia. Quizais entón non había a separación entre Sociedade e Estado que posuímos actualmente e que ten unha segunda consecuencia: ¿como é posible a democracia cando os centro de decisión política están separados do poder económico e ideolóxico que non está suxeitos a eleccións, nin a control público? O socialismo quixo facer fronte a esta separación do Estado e Sociedade e a necesidade de fundar a \, democracia sobre a igualdade de oportunidades a través da universalización da educación, a sanidade, o emprego, etc... ("En verdade, as palabras democracia e fraternidade de nacións teñen hoxe un senso social e político... A democracia significa hoxe comunismo.... A democracia converteuse nun principio proletario, un principio das masas...." Engels). Mais a súa crítica da democracia liberal ("democracia burguesa") tamén foi interpretada por algunhas correntes como unha posición contraria a calquera réxime democrático de goberno. Por outra parte considerouse a emancipación económica de clase prioritaria antes que calquera outra consideración, co que se xustificou para este fin, a utilización de medios contrarios as liberdades individuais necesarias para fundar un réxime de participación popular no goberno nacional (partido único, censura, etc...) por canto se confiaba en que a liberación económica desencadearía mecanicamente as demais liberdades. Na actualidade a democracia semella unha conquista irreversible -ao menos nominalmente- e a discusión parece terse aparcado, mais, na realidade, ningunha das consideracións antes expostas fica resolta. Simplemente, antes os demócratas estaban mal vistos ("pertenzo a esa clase odiosa de homes chamados demócratas" confesaba Wordsworth en 1794), e hoxe ninguén que pretenda ter éxito político pode deixar de usar esta denominación de xeito oportunista e pomposo. Parece -cando menosperigoso pechar en falso o debate sobre este concepto sen resolver os problemas apuntados. Por isto, resulta moi útil retomar a inacabada reflexión de Roberto Blanco Torres. A opinión pública e a opinión publicada

No 1859 xa escribía John Stuart Mill que "na política é agora unha banalidade dicir que a opinión pública goberna ao mundo". De feito, na chamada "Guerra de Cuba", tanto o comportamento de Sagasta como do presidente americano, non se explican s'ó en termos económicos, senón que debemos ter en conta a presión da opinión pública nos respectivos países. O 'Journal' de W. R. Hearst, e o 'World' de Pulitzer competían por empuxar aos EEUU a entrar na Guerra e mentres, no Estado español, o goberno enviaba a súa flota naval a un sacrificio inútil pero que permitiría xustificar o abandono da illa diante da súa opinión pública. A lexitimidade do poder que antes se fundaba en Deus, na modernidade, aséntase directamente sobre a opinión pública, da cal se di ser expresión fiel e auténtica. Isto con independencia de se o réxime é democrático ou totalitario. Pois non hai dictador que non promova mobilizacións de masas que proxecten esta idea de responder á vontade popular l . Mais, aínda que o discurso de lexitimidade no antigo réxime estivera baseado na providencia divina, a ninguén se lle escapa, que xa entón, se un 1. É outra das consecuencias do xiro da subxectividade do que fala Heidegger.

determinado rei ou nobre non era moi popular, corría o risco de perder o posto e conseguintemente a súa vida que ía unida ao cargo. Así cando decapitaron a Carlos 1, rei de Inglaterra Dei gratia, Cromwell sent.enciaba que a gracia lle fora retirada tal como probaba a súa cabeza seccionada. Polo que hai unha corrente de pensamento que afirma que a falla de resistencia ao goberno é un signo de aceptación popular, e por tanto existe e existiu sempre democracia na medida en que o gobernante se sostiña sobre un consenso o suficientemente amplo que impedira o seu derrocamento. Idea 'que John Locke levaba ata as últimas consecuencias afirmando que habitar nun determinado país implicaba un acordo tácito en relación co seu sistema político. Unha '1ez establecido o marco do debate, e entrando xa de cheo na posición de Roberto Blanco Torres, podemos condensar o seu pensamento ao respecto da idea de "goberno por consenso implícito", coa súa tese de que é insostible para un réxime onde a oposición ou a crítica teña condicionada a expresión. Nese caso RBT fala de "secuestro" mais que aceptación. A pasividade popular baixo coacción non lexitima ningún tipo de goberno, senón, polo contrario, un pobo pasivo desautoriza o seu goberno porque suporía unha demisión en masa de cidadanía. A pasividade non se pode interpretar en positivo como apoio ao goberno cando non existe un réxime de liberdades que permita manifestar o rexeitamento sen medo a represalias; pois, nese caso, a pasividade pode ser interpretada en negativo, como temor, mais que apoio ao goberno. En todo caso, hai que distinguir entre réxime e goberno. A inactividade ou indiferencia popular é entendible como apoio a un réxime (consenso sobre as regras de xogo) nun marco de liberdades, e nunca a un goberno determinado. Por iso cando réxime político e goberno coinciden, é dicir, non hai posibilidade de cambiar de goberno dentro dese réxime, o rechazo ao goberno é tamén un rexeitamento do réxime. Mais, como di RBT, o réxime é o medio (a República e a Autonomía, no seu caso) e non un fin (un goberno determinado). O problema naquel momento preséntase en que o que está .en xogo é o réxime unido ao goberno. Este é o eixo de debate, e en torno a el se polarizan as distintas opcións de goberno (republicanos e monárquicos). Para RBT é inconcebible un goberno monárquico nun réxime republican0 2 e propón como prioritario impulsar o consenso sobre o réxime antes de entrar no xogo electoral das distintas opcións de goberno. Mais este consenso debe lograrse na sociedade, non nas elites políticas. Por iso rexeita a idea de "ensanchar as bases 2. RBT: "La verdadera incompatibilidad (Los monarquicos y la república)", El País, 18-6-1935. Pontevedra.

o nacionalismo galego artellouse en asambleas como a celebrada en Monforte.

COMO DI RBT, O RÉXIME É O MEDIO (A REPÚBLICA E A AUTONOMÍA, NO SEU CASO) E NON UN FIN.


do réxime republicano" a través da inclusión dos líderes monárquicos nos aparatos de poder. Para el as bases do réxime deben "ensancharse" na opinión pública;,mentres, aos contrarios do sistema democrático hai que excluíLos de calquera participación no propio sistema3 . Nese contexto, mobilizar a opinión pública é a primdra misión dun demócrata, e o goberno da "opinión pública" só pode ter un sentido democrático cando se realiza nun marco de liberdade de expresión de ideas e debate público. Por isto a prensa libre ten un papel fundamental no desenvolvemento dun réxime democrático, non só como notarios do que ocorre, senón como creadores de opinión. Asi vía RBT o papel da prensa c'u pÜ~la "n marcha do réxime democrático:

"El periodista republicano tiene hoy sobre todas una misión urgentísima que cumplir. El advenimiento de la República no puede traer aparejado el ocio, no implica paz para la pluma combatiente, como si su obra en la oposición al régimen caído estuviese ya consumada. No se ha cerrado todavía el ciclo del combate. Ha comenzado la República, y tras ella han de seguir sus defensores con las armas al hombro ':4. Para RBT a labor xornalística non é neutral desde o momento en que o poder político está condicionado poIa opinión pública, e neste senso, todo periodismo é periodismo político:

"yo me tengo por político, como todo ciudadano que haya cuidado de ordenar sus ideas, y al mismo tiempo me ufano de no serlo... en la acepción corriente, acepción más que errónea y corrompida, abyecta... Un político en mi tierra'ha de ser ante todo un hombre sin ideas ni escrúpulos. Se adaptará según le convenga, a todas la circunstancias"5,

LEMBRA QUE DETRÁS DO FASCISMO TAMÉN HAI "MASAS ORGANIZADAS DEMOCRATICAMENTE y QUE HAN DEGENERADO EN EUROPA EN PEDESTAL DE DOS DESPOTISMOS".

por eso o seu labor pedagóxico exixe unha especial responsabilidade á hora de escribir por canto non só está opinando, senón, sobre todo, difundindo opinión; el por isto distingue entre "conquistar" e "educar" as 3. RBT: "La opinión del pueblo", El Liberal, 4-8-1934. Madrid.: 'TLerroux] ha entregado la República a los enemigos, pretendiendo cohonestar esta felonía con un tópico tan necio y falso como el de «ensanchar las bases del régimen». ¿Qué autoridad tiene para proferir esas ufanías verbales quien ha consentido en su partido el ingreso de los caciques más patibularios de Galicia, con toda la peor chusma del viejo régimen, y quien desde el Poder los ampara y consiente las mil y una tropelías que se están haciendo en Galicia por gobernadores aún ayer monárquicos... " 4. RBT: "El ejemplo de un alcalde y la realidad política", El Liberal, 1-5-1933. Madrid. 5. RBT: "Política", El Liberal, 17-9-1933.Madrid.

"masas". Os intelectuais deben conseguir que o pobo pense por si mesmo e non que simplemente os siga cegamente. Como repite insistentemente, tratase de converter á "muchedumbre en ciudadanos"6. Neste sentido é moi crítico co esquerdismo mecanicista ao que denuncia pola súa "actitud antidemocrática de quienes precisamente debían ser los mas atentos cuidadores de la democracia porque a ella se debe lo que en el curso evolutivo han adquirido los pueblos y gracias a ella se ha producido justamente el ascenso social y político que registra la Historia en estos dos últimos siglos "7. A través da rexeitamento á República estase colaborando co desprestixio do réxime en beneficio do fascismo en alza na Europa. Lembra RBT que detrás do fascismo tamén hai "masas, masas organizadas democráticamente y que han degenerado en Europa en pedestal de dos despotismos "8. RBT condena calquera tipo de acción política baseada no que Weber chama a "em6tividade das masas". Pois só pode ter futuro unha actuación tendente a que o pobo asuma a responsabilidade dos seus propios actos: "Hay que ser pueblo, no población"9. É neste senso que RBT distingue entre habitantes e cidadáns. O labor dos dirixentes sociais co pobo non ten que ver coa postura clásica dos críticos da democracia (Platón e Aristóteles) de diferenciar entre os "competentes" e a "ignorancia popular", atribuíndo aos primeiros a responsabilidade de gobernar; senón que RBT queda alineado claramente neste antigo debate coa posición de Protágoras: A sabedoría política non é un coñecemento especializado, por canto os problemas políticos coñéceos mellor quen os sofre ("o home é a medida de todas as cousas "), e a política afecta a todos. Por iso o pobo debe adquirir as capacidades e a responsabilidade de implicarse na política. Michels cando fala da capacidade de suxestión inmediata e de impulsar unha vontade colectiva do líder carismático, xa advirte que esa vontade tan dependente de factores extrínsecos as masas, descompoñíase e compúñase continuamente. Nese senso Gramsci xa fala naquel entón da necesidade de resolver as distancias entre "dirixentes" e "dirixidos" como garantía de consolidación do cambio social 10. En calquera caso é o pobo quen máis sabe o que lle ocorre, cales son os seus problemas e mesmo as súas ansias, o político debe catalizar esa opinión a través da súa labor. No seu artigo "La opinión del pueblo" 11, fai chamamento para que os líderes de opinión, tanto políticos como xornalistas "recorran todos los pueblos de E~paña, que se pongan en contacto con las multitudes rurales y que escuchen sus quejas y ausculten sus ansiedades". É labor dos homes públicos non só falar ao pobo, senón, fundamentalmente, escoitalo. Mais RBT considera que a expresión da vontade popular non só se reflicte' nas urnas, ao contrario, ás veces o fraude electoral ou o control social fai que as urnas manifesten todo o contrario do que o pobo quere. Diante do tronfo da dereita nas eleccións de novembro de 1933 RBT nega \ expresamente o seu recoñecemento aos resultados en artigos como "Terapéutica política indispensable" 6. RBT: "El problema fundamental", El Liberal, 5-11-1932. Madrid: "La República tiene que hacer esta obra de cultura, de conversión del paria en ciudadano, del siervo en hombre libre. Las instituciones republicanas, el espíritu del régimen son la condición propicia para esta gran labor civilizadora". 7. RBT: "Las masas y la educación política", El Liberal, Madrid, sen data. Arquivo Blanco Torres. 8.lbidem. 9. RBT "Una consigna de honor", El Pais. Pontevedra. 20-4-1936 10. Gramsci, Antonio: "La política y el Estado moderno". Ed. Planeta-Agostini, 1985. Barcelona: "O xefe político de grande ambiación [frente ao demagogo caudillista], tende a suscitar posibles concurrentes e iguais, a elevar o nivel de capacidade das masas, a'crear elementos que poidan substituílo na función de xefe". 11. RBT: "La opinión de un pueblo", El Liberal, Madrid. 4-8-1934.


(abril do 34), "Cinismo Ejemplar"(5-5-1934) de El País de Pontevedra, nos que arremete contra

"algunos señores que 'siguen diciendo que estas Cortes representan autenticamente la voluntad nacional. .. Para ellos son válidos los conceptos democráticos cuando les conviene, cuando favorecen sus designios. Pero la democracia no tiene nada que ver en este caso. Por el contrario, lo democrático es negar la validez de esa afirmación porque es absolutamente falsa, por que se basa en una parodia que mistificando las esencias democráticas, tiende a desacreditar y denigrar la verdadera Jemncracia. Si los que aluden a la opinión nacional manifestada en las urnas de Noviembre lo hiciesen sinceramente; esto es, si creyesen que en efecto, lo acontecido en las últimas elecciones significaba la preponderancia de la opinión que ellos sustentan, no harian mas que incurrir en un error, por que eso no es cierto; y si fuera cierto nada tendriamos que hacer ni que objetar los adversarios, sino aceptar el fallo y resignarnos a esperar vientos mas propicios"12. Así, RBT, o grande defensor da democracia, é tamén o grande crítico do sufraxio universal:

"Sin libertad no puede haber efectividad pura del sufragio"13. "... el sufragio, que hafracasado en España como fracasa toda institución democrática si no tiene el control de un Estado fuerte y de un Poder público que prescinda, en momentos de honda transformación, cuando la salud del régimen y del porvenir nacional lo imponen imperativamente, de ciertos escrúpulos de un liberalismo periclitado, hoy puniblemente candoroso e ingenuo"14

o sufraxio debe pois subordinarse a unha previa transformación social e política que o fagan posible. A eliminación daqueles resortes de poder do antigo réxime que están a condicionar a "voluntad nacional"15. A vontade non é a que dá o poder, é o poder o que da vontade 16 • 12. RBT: "Cinismo ejemplar", El Pais, Pontevedra. 5-5-1934. 13. RBT: "Terapeutica política indispensable", El Pais, Pontevedra. Abril de 1934. 14. RBT: "Retorno al espíritu de 1931 ", El Liberal, Madrid. 16-9-1934. 15. ".. .Ia redención política de un pueblo cuya voluntad es sin interrupción secuestrada por unos cuantos viejos caciques". ("Ergástula irredenta", El Liberal, Madrid. Arquivo RBT. 16. Sobre esta tese remitímonos ao traballo de Niklas Luhmann "Poder" Ed. Anthropos. 1995. Barcelona. Nel explicase esta idea, asumida hoxe, de xeito bastante xeneralizado, polas ciencias sociais, segundo o cal a vontade non é unha propiedade quimicamente detectable na bioloxía dos individuos, senón inducida socialmente polo afianzamento da confianza nas propias posibilidades a través das espectativas que se logran xerar.

Blanco Torres sentiu devoción pola figura intelectual do republicano español~anueIAzaña,quen

aparece retratado figurando á súa dereita Santiago Casares Quiroga.

Por outra banda, o sufraxio limítase a un día cada certo tempo (catro, seis anos, etc...) pero non é o único momento de contacto entre o Estado e a Sociedade. A democracia indirecta baséase na imposibilidade de participar, nas sociedades complexas e de grandes dimensións, na toma diaria de decisións, para superar esta dificultade establécese a elección dun grupo reducido de representantes que faga operativa a adopción de resolucións. Pero estes representantes toman as súas decisións diarias tendo en conta a opinión pública (se queren renovar os seus mandatos) producíndose unha constante dialéctica entre o pobo e o goberno a través de distintos medios de presión e expresión (manifestacións, folgas, prensa, lobbies, sindicatos...). Se o gobemo é a encamación da vontade popular expresada a través opinión pública. A opinión publicada debe ser pois, a xuízo de RBT, a opinión do pobo, para avanzar así no proceso de democratización que venza as dificultades sociais que impiden que o sufraxio electoral exprese realmente esa vontade co fin de conseguir que o voto sexa libre, porque quen o exercita taméri o é. A prensa debe ser pois a canle de expresión do pobo e os xomalistas deben comprometerse a dicir o que as clases populares están obrigados a calar porque se atopan na "servidumbre". Se, pola contra, os medios de comunicación están ao servicio dos poderosos e a opinión pública reflicte só os intereses dun limitado grupo de privilexiados, o gobemo da opinión pública non é o gobemo do pobo, e a democracia, para RBT, pasa a converterse nunha farsa. Mais como di Niklas Luhmann

"o diñeiro ten influencia na producción das verdades... sen embargo non existe un pago directo das afirmacións verdadeiras ou falsas, moito menos unha correlación de modo tal que o diñeiro poida ser cambiado directamente por verdade sen a mediación do código específico de outro medio"17. Isto é, os cartos non poden construír da nada as "verdades" que lle interesen, porque para que funcionen como tales teñen que ser "creibles" e para que sexan creíbles teñen que presentarse como "independentes" do prezo que pagan por elas. Fronte a esas verdades producidas polo poder económico, o xornalista comprometido debe contrarrestar coas verdades populares, pero tamén, para que sexa eficaz o seu labor debe combinar compromiso con independencia. Neste senso RBT considera que o seu labor militante máis adecuado é precisamente desde a independencia, para poder abalar as súas teses e combater mellor as verdades mercenarias, as verdades do poder; independencia que exhibe como garantía de obxectividade 18 :

"Yo no pertenezco al partido-galleguista, no porque sus postulados no me parezcan los mp,s eficaces para hacer de una muchedumbre un pueblo e insuflarle su alma o despertársela, sino porque no suelo avenirme a los encasillamientos y.. no soy de buen asiento en eso que dieron en llamar disciplina y que no es cotra cosa que gregarismo para disimular la carencia de ideas y determinaciones propias, individuales" 19.

\

Evidentemente só desde unha postura non partidaria se . pode deixar sentado que

A OPINIÓN PUBLICADA DEBE SER A XUICIO DE RBT A OPINIÓN DO POBO, PARA AVANZAR ASÍ NO PROCESO DE DEMOCRATIZACIÓN.

17. Luhmann, Niklas: Op. Cil. pp.142 18. Estamos falando do que Gramsci denomina "Ioita pola obxectividade", entendendo que "obxectivo significa sempre humanamente obxectivo, o cal se corresponde exactamente a historicamente subxectivo; é dicir, obxectivo significaría universalmente subxectivo. O home coñece obxectivamente na medida en que o coñecemento é real par todo o xénero humano historicamente unificado nun sistema cultural unitario". Gramsci, Antonio "La política y el Estado moderno". Ed. Planeta-Agostini, 1985. Barcelona. Pp.35 19. RBT: "El maestro y los humoristas", El Pais, 20-2-1935. Pontevedra.

\,


"Sólo los "galleguistas dan la sensación de que las convicciones, las ideas y las promesas no son arrequives de circunstancias ni verbalismos imprudentes"2o... "[os galeguistas] son lo único vivo que hay en Galicia, desde el punto de vista espiritual y vitalmente dinámico, lo más sano, políticamente hablando; los más enterados de los problemas de Galicia y de otras partes y a los que más se debe el impulso adquirido en estos últimos veinte años por la cultura del pais..."21. Esta afirmación en boca dun militante tería ben pouca verosimilitude. O fin é que esta tese calle na poboación e pase a formar parte da súa concepción da realidade: "Las reivindicaciones galleguistas - bandera hasta , hace poco de una minoria selecta- van infiltrándose en las masas y haciendo nacer en ellas nuevos y salvadores anhelos "22.

Si pero... ¿Quen é Q pobo? Como vimos, este é o primeiro problema que se atopa calquera demócrata a hora de definir os titulares da soberanía. Se a conquista do poder se fai a través dunha revolta houbo sempre unha opinión favorable a que os revolucionarios pasen a ter dereito a ser chamados "cidadáns", desde 1647 en que os igualitaristas argumentaban na Inglaterra diante de Cromwell e Ireton, que os que tiñan combatido ao lado do Parlamento tiñan gañado o dereito ao voto: "Hai moitos millares de nós, soldados, que arriscamos as nasas vidas; poucos bens tivemos no reino, no entanto temas de reitas por nacemento. Mais parece que agora, a non ser que un home posúa propiedades fixas neste reino, non ten dereitas nel. Non sei como puidemos ser tan enganados. Se non temas de reita ao reino, entón famas soldados mercenarios". Xa superada a definición de pobo restrinxida a aqueles que posúen propiedades, atopamos na Constitución cubana na definición de cidadanía para os que non naceron na illa, esa mesma idea: "Artigo 30: Son cidadáns cubanos por naturalización... os que tivesen servido á 10Ua armada contra a tiranía derrocada o primeiro de xaneiro de 1959, sempre que acrediten esa condición na forma legalmente establecida". Esta fórmula, que permitiu que o Ché fose nacionalizado cubano, baséase na mesma filosofía de que a loita contra un goberno despótico outorga ser membro de todo dereito do novo réxime. Se nos fixamos na aplicación do concepto de "pobo" como titular da soberanía nacional no Dereito Internacional actual, e mesmo se analizamos o acceso ao dereito ao voto das mulleres, isto é, a súa integración no concepto de pobo, atopámonos con que a súa posta en práctica está intimamente relacionada coa participación nun conflicto dos novos socios da categoría, por exemplo a 2a Guerra mundial. Certo que en países como Suíza que non participaron nesta contenda conseguiron finalmente as mulleres o seu dereito, pero moito despois que os que si o fixeron e que desenvolveron un sistema de democracia liberal. No fondo do que se trata é de que hai unha idea de pobo activa que descansa na noción de que un pobo é 20. RBT: "El panorama autonomista de Galicia", El Líberal, 3-91933. Madrid 21. RBT: "El maestro y los humoristas", El País, 20-2-1935. Pontevedra. 22. RBT: "En torno al día de Galicia", El País, 1-8-1934. Pontevedra.

aquel que quer ser un pobo (que loita por selo). Vontade que nace sempre do conflicto coa vontade dos demais. M~ntres se é pasivo non hai conflicto, pero para xerar"unha vontade colectiva é preciso a existencia de elementos obxectivos compartidos polos distintos individuos que poden participar desa vontade común. Isto é, un pobo só pode xerar esa vontade de pobo se xa é un pobo. Os dereitos abstractos (Dereitos Humanos, Sufraxio Universal, Dereito de Autodeterminación, etc...) só se fan co~cretos -isto é, fora da hipocrisía habitual- logo de conquistar o recoñecemento de "suxeitos activos" aos seus titulares, co que comporta de aceptación das decisións sobre o seu destino, e sobre os seus "obxectos pasivos", aos. que se He respecta a·-súa libre disposición. E, aínda que o debate habitual sobre cando un pobo é un pobo fixa nos aspectos subxectivos (vontade de ser pobo) ou obxectivos (características distintivas como pobo), o certo é que na práctica trátase do resultado da dialéctica entre ambos os dous no marco dun proceso histórico. Proceso como o que desembocou na proclamación da República o 14 de abril de 1931, que nun puido ser máis confuso desde o punto de vista da substantivización do concepto de pobo. Non foi froito dunha revolución de clase, nin un proceso de liberación nacional das nacións periféricas encabezado por Cataluña, porque tanto o PSOE como Cambó colaboraron coa dictadura; aínda que tamén se deu unha conspiración clara contra a dictadura desde o principio, do PC a CNT e Maciá. O nacionalismo vasco recoñece como o seu grande erro quedarse á marxe do pacto de San Sebastián, ao que atribúen a demora na concesión do seu estatuto. E as mulleres que estaban a librar máis activamente a loita pola súa liberación estaban organizadas na CNT, que non tiña as súas espectativas postas no réxime republicano. É neste contexto histórico no que se libra a desputa pola definición de pobo, que ten como consecuencia principal (l Constitución da República e o seu desenrolo. O recoñecemento de Galiza como pobo, o recoñecemento das mulleres como pobo, terá que agardar e estará condicionado polo desenvolvemento dun debate na opinión pública no que participa activamente RBT. Debate que ten dúas vertentes. A

ANOSATERRA

---------

~~

9 Blanco Torres no balneario de Mondariz. Arriba, nunha caricatura de Castelao.

A BATALLA DE BLANCO TORRES NA REPÚBLICA VAl SER CONSEGUIR O RECOÑECEMENTO DUN ÁMBITO DE DECISIÓN DIFERENCIADO PARA GALIZA.


ANOSATERRA

Goberno da II República de Febreiro do 36 con Casares Quiroga de ministro. Poucos meses despois Blanco Torres convertiriase en xefe de prensa do Ministerio de Gobernación.

primeira, en negativo, coa sua teoría da "Desnaturalización" da república segundo a cal non se podía dar cabida no concepto de pobo ás persoas . implicadas'"no antigo réxime, con iguais dereitos e privilexios que os demais cidadáns, non é. "pobo" aquel que está en contra de ser "pobo"23; e outra vertente, en positivo, a delimitación dos titulares da soberanía nacional, será "pobo" quen vaia demostrando a súa capacidade e vontade de selo. A primeira vertente verémola logo á hora de analizar a súa postura sobre como tratar os anti-demócratas nun réxime democrático. En canto á inclusión no concepto de pobo, ternos que ter presente que esta noción ten dúas dimensións: unha espacial (acotación do universo humano) e outra temporal (madurez, maioría de idade). Dimensións que van unidas no debate político a hora de establecer o dereito ao sufraxio e determinar os asuntos obxecto de dito sufraxio. O artigo 36 da Constitución da república establecía que "Os cidadáns de un e outro sexo, maiores de vintetrés anos, terán os mesmos dereitos electorais conforme determinen as leis"; mais a lei que outorgou o dereito a voto as mulleres sae o 27 de xullo de 1933; e tamén a Constitución establece no artigo 11 o dereito a organizarse en "rexiónautónoma para formar un núcleo políticoadministrativo, dentro do Estado español", no 12 recoñece como entidades que poden ter esta iniciativa aos Concellos, e exixe un plebiscito no que deben votar favorablemente dous tercios dos inscritos no Censo. Isto é, Galiza, como suxeito colectivo, non recibe recoñecemento e para demostrar a súa existencia terá que ser a través dunha mobilización activa e conxunta de case todos os seus cidadáns. A cuestión é que Galiza non recibe recoñeceme:qto espacial nin temporal polo réxime republicano. . Espacialmente son os Concellos, e temporalmente depende do nivel de desenrolo político da cidadanía (Di o artigo 12: "Se o plebiscito for negativo, non poderá renovarse a proposta de autonomía ata transcorridos cinco anos"). A batalla de RBT neste momento vai ser conseguir o recoñecemento da modernidade (idade adulta para decidir) e territorialidade (ámbito de decisión diferenciado) para Galiza no marco da República. Ternos que dicir que para el está claro que Galiza só pode conquistar a súa soberanía no marco dun Estado Democrático, e nisto non é accidentalista como outros correlixionarios seus das Irmandades da Fala que -como Arturo Noguerol- consideraban que os galeguistas non se debían pronunciar sobre a forma de réxime (a principios do 31 as 11. da P., como a maior parte das agrupacións nacionalistas seguían sen pronunciarse expresamente polo sistema republicano)24. Mais tampouco acepta que a República poida desenvolverse sen recoñecer os dereitos democráticos das minorías nacionais dentro do Estado. 23. RBT: "Ya es demasiado", El Pais, Maio. 1934.. Pontevedra.: "Hubo un tiempo en que pensábamos que la libertad debía otorgarse incluso a sus mismos enemigos, presumiendo que en su goce llegarían a conocer su bien y a ponderar su valor inmarcesible. Pero eso era un error". 24. Castro Pérez, Xavier: "O Galeguismo na encructHada republicana". Diputación-Prúvincial de Orense. Ourense. 1985. Pp. 34.

E con isto entramos noutro dos asuntos capitais: se a democracia é o goberno da maioría, ¿como lograr que as minorías se sintan integradas nun réxime no que sempre perden por estar en inferioridade numérica? Como facer que os Galegos, os Cataláns e os Bascos -que son minorías culturais e socio-económicas diferenciadas do resto do estado- vexan que, á hora de tomar decisións sobre asuntos que lle afectan a eles, están democraticamente gobernados no marco dun estado no que electoralmente son maioritarios sempre os que non teñan a súa cultura ou idioma, nin os seus intereses socio-económicos. Nos seus artigos na prensa madrileña destaca estas dúas ideas sobre Galiza: Modernidade e territorialidade. En canto á territorialidade RBT insiste na realidade socio-económica e cult~ral diferenciada que exixe un trato distinto da do resto do Estado. Artigos de El Liberal como "El Turismo y la cultura" (19-6-1929), "Lugo y el ferrocarril central" (1930), "Urgencia de la compenetración regional" (3-6-1930), "Las tarifas ferroviarias y el transporte del pescado" (22-4-1934), "L~ tragedia del ribero" (16-8-1934), "Los arrendamientos rústicos" (1-1-1935), "La gran obra de la Misión Biológica de Pontevedra está a punto de truncarse" (17-11-1935),"Las principales industrias de la región" etc... dan conta desa realidade económica e social que non é recollida polo interese maioritario do Estado, se ben considera que Galiza non pode agardar que lle solucionen os seus problemas desde fóra:

"Mientras Galicia no se percate de sus problemas más urgentes y no se decida a resolverlos por sí misma, con sus propias energías; mientras confíe en que el tiempo o la suerte realice lo que no haga con sus fuerzas; mientras en ella se hable demasiado y no se actúe y se siga prestando oídos a los cantos a su belleza, en tanto se hace caso omiso de sus cuestiones trascendentales, su vitalidad se amenguará cada día y el país se irá empobreciendo irremediablemente "25. "La importación de carne y la ganadería gallega" (13-8-1933) é un exemplo do que estamos a dicir. Neste artigo argumenta a necesidade de contar Galiza con peso propio na toma de decisións en materia económica. Neste texto RBT denuncia que "para facilitar la exportación del aceite, cuyo valor de producción y subproducción es de 204,98 millones se hiere de muerte la ganadería, que importa una riqueza de 1.300 millones como renta anual". Despois de describir con precisión o que supón a gandería no campo galego, remata con esta conclusión: -

"El panorama de la vida rural gallega está cercado de sombras. Entre tanto en Madrid, donde, como antaño, se guisa y expedienta para toda la nación, el cotilleo político está en su apogeo..." O espacio diferenciado vai unido ao tempo de madurez dunha sociedade que RBT pinta como contemporánea desde a súa singularidade:

o OBXECTIVO DE RBT É AMOSAR UNHA GALIZA DOMINADA PERO CREATIVA E VANGARDISTA.

"La primera etapa regionalista de Galicia está ya cumplida. La siembra espiritual, la obra de los agitadores, de los inquietadores de la conciencia popular, ha producido esta madurez ideal que reclama para el cumplimiento de sus fines otros cauces, otras perpectivas "26. 25. RBT: "La principales industrias de la región", El Liberal; Arquivo RBT. 26. RBT: "Hacia una nueva etapa", El Liberal, Madrid. 18-1-1933.

\


importantísimo. La nostalgia del autoritarismo teocrático que todavía pervive en ciertos sectores retard(ltarios, reviviría con un empuje y una lozanía de fronda tropical y selvática. Bástele por el momento a la mujer ser elegible; ser electora no le convendría a la salud de la República "31.

lIadl"td

a

d

Julio de 1916.

Signos de modemidade é o panorama literario galego do que RBT dá conta, con especial énfase na obra de Manuel Antonio, Rafael Dieste,... pero tamén Castelao, de quen comenta a respecto de 'Os dous de sempre':

"Con este libro se acentúa la entrada de las letras vernáculas, ya independizadas de la. anécdota lugareña y el estrecho costumbrismo finisecular, en la pleamar de los temas universales "27. Para RBT o" ciclo juvenil" literario arrinca do ano 24 e a laboura das Irmandades da Fala, que fixo que estendera

"la emoción nacionalista, una emoción que abarca integralmente todos los aspectos de la vida gallega. Había que vertebrar -idea del movimiento inicial- la conciencia de Galicia y fecundar el espíritu autóctono, sin cohesión y adormecido, abriendo amplias perspectivas a su destino como grupo étnico y psicológico diferencial con personalidad específica "28. Pero RBT non quer esquecer figuras como as de Paco Roque ou Juan de la Coba Gómez, que conectan o noso país co vangardismo a través destes "precursores" cheos de orixinalidade e experimentación29 • En definitiva, o obxectivo de RBT é amosar unha Galiza dominada pero creativa e vangardista. Unha Galiza que debe ser recoñecida como suxeito colectivo, pois para el República e Autogobemo de Galiza van inevitablemente unidos, como deixa explicitamente referido no artigo de 'El Liberal' "¿República? ¿Autonomía? No hay dilema" no que contesta ao seu amigo Poza Juncal:

"No sólo República y autonomía no son dos direcciones divergentes de un mismo punto de partida, sino que tienen una trayectoria paralela, y son, en suma, una misma cosa. Galicia es republicana y es autónoma". Está claro pois que para RBT Galiza é'un pobo, e por tanto debe ser titular de soberanía colectiva sobre os seus asuntos. Mais, ¿que pasa coas mulleres e os labregos? A postura de RBT é contundente e non cabe porlle maquillaxe ás súas palabras:

"La salud nacional exige, pués la restricción del voto... suprimir el voto rural. Y no se nos venga con escrúpulos casuísticos de democracia "30. "En nuestro medio social, si la mujer tuviese el derecho del voto, ganaría tal vez lo que hay de apariencia en toda fraseología democrática, pero nos amenazaría un peligro tremendo: el reaccionarismo, porque contaría con un factor 27. RBT: "Novela de Castelao", El Liberal, Madrid. 5-12-1934. 28. RBT:. "La nueva generación literaria", El Liberal, Madrid. Arquivo RBT. 29. RBT.: "Dos precursores olvidados", El Liberal, Madrid. Arquivo RBT. 30. RBT: "Terapuetica políticp. indispensable", El Pais, Abril de 1934. Pontevedra.

Pero, ¿que sentido ten que un loitador pola democracia sosteña tan anti-democráticos argumentos? Lembremos que RBT é o axitador agrario de La Zarpa, o colaborador de Feminista, órgano oficial do Partido Feminista de Cuba. Non é un misóxino elitista. Mais este debate non ten que ver coa definición de pobo que manexa RBT, que evidentemente abranxe os labregos e as mulleres. Ten que ver co-debate sobre a posibilidade de exercer o sufraxio no marco dunha dominación de xénero ou de clase que inviabiliza ao seu xuízo a autonomía dos electores:

"El campesino vota por quien le mandan, cuando vota, cuando no se amañan las actas la víspera de la elección y no se abre un sólo colegio, como en Galicia acaba de acontecer. Eso de la pureza del sufragio universal es un mito en España, un atributo democrático que oculta una falsedad y perpetúa una ficción "32. "las mujeres acudían a las urnas con una papeleta que les había entregado quien tiene sobre ellas ·un ascendiente espiritual o un poder material "33. RBT, como queda dito, nisto é radical: non pode haber democracia onde existe dominación; e por outra parte, o seu pesimismo lévao a afirmar que a través das "eleccións" non é posible corrixir esa desigualdade, senón que debe ir implantándose o sufraxio a medida que se faga a transformación social:

"La democracia abstracta sólo tiene sentido si al corporizarse no tiene en cuenta los grados de socialización de los medios orgánicos en que han de dl!.sarrollarse sus postulados "34. E~ta

última postura non a matizará ata o trunfo do Fronte Popular en febreiro do 36, e sobre todo, coa victoria no referendo estatutario de xuño; cando as súas excesivas gabanzas ao voto labrego e feminino parecen ter un sentido compensatorio, se ben consideraba que non fora el quen cambiou de opinión, senón que fora a realidade:

"La Galicia campesina ya no es un reducto aislado de la vida civil, almáciga de caciques y caciquillos, conejo de indias ,de los ensayos de una politiquería mísera, incapaz y rapaz. La Galicia aldeana se ha incorporado en este torneo ciudadano a las inquietudes sociales y a las preocupaciones de superación de los modos políticos vigentes hasta ahora "35. Este erro de RBT, moi común naquel momento debido ao inmediatismo con que se abordaba a situación, baséase na incomprensión de que participar nas eleccións serve a medio prazo para xerar conciencia de suxeito político e dá poder aos participantes, algo que ten claro a respecto do pobo galego como tal cando defende a necesidade de que se autodetermine. No caso das mulleres e dos labregos, teme que sirva como coartada para lexitimar o poder, dando a impresión de que estes colectivos deciden libremente seguir dominados, cando o que He interesa a RBT é poñer en 31. RBT. 32. Madrid. 33. 34.

RBT: "Los derechos políticos de la mujer". La Zarpa. Arquivo RBT: "Lecciones y advertencias", El Liberal, 22-12-1933.

RBT: "Sobre el voto de la mujer", El Liberal, 24-12.J933. Madrid. RBT.: "Ajetreo reaccionario", El Liberal, 18-11-1933, Madrid. 35. RBT: "El valor de una victoria (un pueblo que renace)", El Liberal, Madrid. 26-2-1936.

Blanco Torres escribiu para publicacións do republicanismo máis vangardista como as madrileñas Política e Nueva España. Antes fixérao para España. Semanario de la Vida Nacional.

TEME QUE O VOTO DAS MULLERES E DOS LABREGOS SERVA COMO COARTADA PARA LEXITIMAR OS PODERES CACIQUÍS.


social que nunca se aproximó a sus puertas y que por tanto no conoce "38.

evidencia dita dominación, a cal teme que quede oculta baixo uns resultados electorais favorables ao poder económico, ideolóxico e militar. Se estes resultados non son así -como ocorre en febreiro do 1936- a súa postura será evidentemente distinta pois non entran en colisión co fundamental para el que é denunciar a coacción36 •

o Estado e a Sociedade

Desde os tempos en que utilizou o seudónimo de Fray Roblanto, Blanco Torres gustou de colaborar na prensa galega da emigración, por exemplo no Galicia. Semanario de la Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales de la Argentina. Unllllltl"'llUu.nnt"'~__ '_~"""''''f'''''''U'U'H'httuudtflll1nUUU''ulUuumuu-u ..u

GLOSAS DE FRAY ROBLANTO

As dúus cuosas: beterodolÍa e

or1odoliu

Así pois, a democracia para RBT debe basearse nun grao substancial de igualdade social e económica -isto é- na existencia na sociedade dun interese común real e concret037 • En "Patronos y caciques" de El País de Pontevedra, expón as súas ideas a través da análise da lei de Termos Municipais que obrigaba aos empresarios a dar traballo aos que figuran inscritos nos censos obreiros de cada pobo:

"Los patrones, los labradores, los terratenientes, no perdonarán nunca al obrero que ha sacudidQ~ su férula durante dos años y medio de República y se ha afiliado a una organización que lo proteje y defiende. La Ley de Términos municipales... tendía a impedir las represalias del patrono y del cacique contra los obreros que tuvieron la osadía de votar la República, primero, y luego fueron candidatos de un partido. El cacique y el patrono no estaban acostumbrados a ese 'libertinaje '. ¡Pues faltaba más que aquellos pobres seres que no tenían donde caerse muertos se les subiesen a las barbas y dejasen de obedecerlos como hasta entonces les obedecieron!". RBT, crítico cos socialistas ("en sus errores") dálle nisto a razón por canto considera que se non existen garantías para evitar a vinganza dos poderosos, o sufraxio universal é unha pantomima. O Estado Democrático debe resolver, antes de nada, as grandes inxustizas sociais, senón, por outra banda, os pobres, os desposuídos, acharán que non paga a pena apoiar a democracia:

"El campesino no quiere saber nada de política y es inútil -si es lícito- invocarle ideales que sólo pudiera comprender de una manera pragmática, según los tocase palpablemente en el mejoramiento de su vida, en el aligeramiento de sus cargas y ~n la realización de una justicia

PARA RBT o PODER IDEOLÓXICO EXERCIDO POLA IGREXA É OUTRO DOS OBSTÁCULOS PARA O EXERCÍCIO LIBRE DO VOTO.

36. Na modernidade o suxeito pasa a ser o fundamento da verdade, da realidade e da razón (Descartes). Xa non se pode prescindir o suxeito se ben se precisa o obxecto compartido para pasar do suxeito individual ao suxeito colectivo. A coerción -como di Luhmann- é un fracaso do exercicio do poder porque converte en obxecto ao receptor de poder deslexitimando a acción. Quen exercita a coacción faise responsable da elección do coaccionado, pero "esperase que a persoa suxeita ao poder sexa alguén que elixa a súa propia acción e así teña a posibilidade de autodeterminación". Do que se trata é de que pareza que o dominado elixe libremente, porque senón queda en evidencia que elixe quen o domina. Mais unha elección baixo ameaza exculpa de toda responsabilidade ao ameazado, e do que se trata é de imputar ao coaccionado a autoría das súas propias accións. O que resulta xa insostible é imputarlle a súa non acción nun contexto de coacción como mostra de apoio ao portador de poder. 37. Nesto tamén topamos semellanzas con Gramsci que escribía naqueles anos: "non pode existir igualdade política completa e perfecta sen igualdade económica". Op. Cit. Pp. 173. .

En "La República y los obreros"39 arremete contra a clase media, sobre a que debía descansar os cimentos do réxime -idea común a moitos teóricos que como Maurras consideraba que en Suíza era posible esta forma de goberno precisamente pola "mediocridade das fortunas económicas" en dito país. Denuncia a súa incomprensión cara os obreiros, e a alianza coa burguesía, no que el chama a nosa "crónica guerra civil". O tendeiro, non se decata de que "su caja refleja las alternativas del pequeño orbe financiero del labriego, si bien desconoce su esclavitud perenne". Xunto co poder económico, é o poder político outra ameaza para a democrácia. Desde as institucións -usadas de xeito partidista ou patrimonialistapodese condicionar igualmente a vontade popular. Este é o caso da Xustiza:

"La República, por añadidura, ha cometido el disparate de acordar el nombramiento de jueces por elección, amplificando el radio de la instrusión política en las funciones oficiales, poniendo en manos de las rudas pasiones aldeanas, en los bandos políticos, sin conciencia y sin entrañas, una función tan augusta y elevada como la administración de justicia "40, ou os Gobernos Civís, cargo que el tivo que abandonar en Palencia, por non conseguir darlle a orientación ecuánime que debía ter ao seu xuízo:

"Lo que ocurre en Palencia es un resabio del régimen monárquico, agravado por la presión que pretenden hacer sobre la autoridad los que se creen usufructuarios, por falta de educación cívica, del nuevo régimen. Es el resabio de una política funesta que, durante la monarquía consignaba al gobernador fletándolo como un fardo, a la orden del cacique provincial -provincial y provinciano- y así se mantenía aquel régimen de cacicazgos inmundos que eran un estigma para la soberanía popular y para las libertades colectivas."41. Esta crítica do exercicio partidario da administración non é unha defensa da despolitización ou desideoloxización; pois para el, nun sistema democrático, non é concebible unha persoa sen ideas. Critica as "jefaturas políticas" que non se conseguen pola "obra persoal en beneficio público, por una actuación pública elevada y en provecho de los intereses colectivos42" a través do "libro, la Prensa y la Tribuna", senón polo "favor oficial". O concepto de "jefatura política" que manexa RBT non é o de "lider carismático" de Michels, senón mais parecido ao "boss" americano ou empresario político, que analiza Max Weber:

"O 'boss' non ten principios políticos firmes, carece totalmente de conviccións e só pregunta como poden conseguirse votos. Non é raro que sexa un home bastante inculto, pero xeralmente a súa vida privada é correcta e irreprochable. Só na súa ética política se acomoda á moral media da actividade política que en cada momento impera "43. O 'boss' é indispensable nun modelo de spoils system no que os que ocupen o poder se repartan o botín da 38. RBT: "Experiencia de las elecciones", El Liberal, 25-11-1933 Madrid 39. RBT: "La república y los obreros (Aberraciones de la incomprensión)", El Liberal, 26-12-1934 Madrid 40. RBT.: "Lecciones y advertencias", El Liberal, Madrid. 22-12-1933. 41. RBT: "Los gobernadores y al política", El Noroeste, A Coruña. 22-3-1933 42.lbidem. 43. Weber, Max: "El político y el científico". Ed. Altaya. Barcelona. 1998. Pp.143


administración (os despoxos) entre o séquito do candidato victorioso. Como di RBT "¡Cómo puede un gobierno nombrar tantos miles de alcaldes sabiendo a quien nombra! ¿No tendrá que recurrir a los viejos políticos para que les faciliten nombres? Esto es lo que está haciendo "44. A eliminación do "boss" ou "cacique" -en termos de RBT- exixe ir a raíz do spoils system procedendo a unha revolución democrática ("Ahora hay que arrumbar todo lo viejo, inhumar todo lo podrido, injertar nueva savia a lo caduco; construir, en una palabra "45) pois se se deixa intacto o aparato de poder das "jefaturas políticas" o cambio de réxime será puramente formal: "una democracia mitológica que solo existe en el papel constitucional"46. Por último, para RBT o poder ideolóxico exercido pola igrexa é outro dos obstáculos para o exercicio libre do voto. É imprescindible a súa separación do Estado, retirándolle a educación ou calquera outro servicio público que poida administrar ideoloxicamente coa orientación anti-democrática que caracteriza a institución eclesiástica. RBT critica a utilización política da relixión en favor da oligarquía dominante: "el Dios que para si han fabricado las derechas del latifundio y del garrote "47. Como queda dito, o radicalismo de RBT na crítica do sufraxio universal lévao coherentemente a pedir transformacións sociais antes que permitir o voto en condicións de submisión. O seu máis que discutible argumento da restricción provisoria do voto feminino e labrego baséase na súa denuncia das condicións econórrlicas, culturais e organizativas nas que se atopan estes colectivos, e no hipócrita que resulta, ao seu xuízo, o dereito a voto nesas condicións. Aínda que nos escandalicemos hoxe da súa postura, a verdade é que en certo modo non é mais que levar ata as últimas consecuencias a crítica da democracia liberal no marco dunha sociedade desigual. Actualmente convivimos con Mauritania, Estado no que existe a escravitude a pesar de ser abolida por terceira vez en 1980, mais case ninguén se escandaliza pois nos decretos iso xa está resolto, e con iso tranquilizamos as nosas conciencias. Anthony Arblaster afirma: "non existe unha diferencia nítida e clara entre igualdade política e igualdade económica e social. A convicción de que a igualdade política se conseguía instituíndo o sufraxio universal baseábase no presuposto de que os gobernos eran na verdade soberanos sobre a sociedade, e que, en última análise, nada podía impedir un goberno eleito polo pobo de concluír o seu mandato. Este punto de vista socioloxicamente inxenuo xa hai moito tivo que ser abandonado. Ninguén agora cre que os procesos políticos comezan e rematan coas eleccións, ou que os gobernos electos teñen o monopolio do poder político. Por tanto no que toca á democracia, a cuestión ése, fóra dos círculos eleitorais, o poder de influír nas políticas e as prioridades gobernamentais está distribuído uniforme e igualmente por toda a socieddde."48 44. RBT: "Perspectivas políticas en Galicia", Diario Español, Cuba. 5-5-1930 45. RBT: "Hacia una nueva etapa", El Liberal, Madrid. 18-1-1933 46. RBT: "Lecciones y advertencias", El Liberal, Madrid. 22-121933 47. RBT: "Unamuno defiende la religión", El Liberal, Madrid. 19-121934. Out ros lugares: RBT. "Viñetas del Tiempo (Catolicismo Revolucionario)", El Pais, 29-3-1935. Pontevedra:"Aquí se ha identificado hasta la heteronomía a Dios y al César, siempre que la palabra de Dios no descontertase con la palabra del César". RBT. "Hipócritas y farsantes", El Pais, 31-5-1935: "Se separó la Iglesia del Estado, como era natural y lógico, y se puso a buen recaudo a elementos religiosos que se salían de su esfera propia y tradicionalmente venían influyendo en la vida del Estado con actitud dominadora. Pretendían conciliar su servicio a Dios -un Dios extraño y personal, un Dios de ellos, muy distinto al sentimiento, por otra parte rudimentario y supersticioso, que de Dios tiene el pueblo- con su ingerencia en las cosas del Cesar... ". 48. Arblaster, Anthony: "A democracia". Ed. Estampa. Lisboa. 1988.

En conclusión, como tamén afirma Arblaster, a democracia só é posible en base a unha serie de valores compartidos ou como di Habermas "Democracia é a condición de iguais oportunidades para todos na participación nun proceso de lexitimación canalizado a través do medio da opinión pública"49. É neste senso no que RBT cuestiona a democracia onde existe desigualdade, onde non hai valores compartidos, onde non todos teñen acceso a conformar a "opinión pública". Mais RBT non só presenta esta crítica desde o punto de vista vertical (de clase) coincidindo en grande parte co socialismo, senón tamén horizontal (centro periferia, rrlinorías nacionais), e nisto si que se enfronta cos socialistas50 , e mais concretamente co PSOE: "El socialismo se negaría a si mismo, contradiría sus postulados fundamentales si se opusiera a las reivindicaciones de nacionalidades sometidas. Sin libertad no hay pueblos y sin pueblos organizados en régimen de derecho y de libre determinación, no puede haber inteligencia ni asociación de fines internacionles. Sin naciones no hay internaciorialidad"51. A construcción dun Estado Democrático nunha sociedade plurinacional exixe o recoñecemento do dereito de autodeterrrlinación das minorías nacionais. En caso contrario o sufraxio universal sería un fraude porque as minorías sempre perderían cada vez que se debatese sobre cuestión que só lles afectan a eles. Alí onde existe unha comunidade cunhas características socioeconómicas e culturais diferenciadas é preciso establecer un réxime de autogoberno: "Dénle las vuestas que le dén, el problema básico de esta tierra es el de su autodeterminación, el del 49. Habermas, Jürgen: "Identidades nacionales y postnacionales". Ed. Tecnos. Salamanca. 1994. Pp. 82. O subliñado é meu. 50. Non con socialistas como Gramsci, que cuestionan a autoridade dun goberno nos dous planos de desigualdade: "A cuestión da personalidade e liberdade non se presenta en relación co feito da disciplina senón en relación coa orixe do poder que ordena a disciplina. Se este orixeé democrático, é dicir, se a autoridade é unha función técnica especializada e non un arbitrio ou unha imposición extrínseca e exterior, a disciplina é un elemento necesario de orde democrático, de Iibe.rdade. Será unha función técnica especializada cando a autoridade se exerce nun grupo socialmente (ou nacionalmente) homoxéneo; cando a autoridade a exerce un grupo sobre outro, a disciplina será autónoma e libre para o primeiro, pero non para o segundo". Op. Cil. 51. RBT: "Comentario a una acotación", El Pais, Pontevedra. 22-61934. 1lIIIlUlI Il1l1 1lIllnllfuIUUlllllllllll"

"'

I

_

,

,

"

l ..11lIlIIlItIUIIlIIIlIlIlIlIl

GLOSAS DE FRAY ROBt.AI\'TO

LO QUE NOS INTERESA AL LECTOR Y A MI E t t 1'1 l':·." ""111" ~"" ("~r,h(l flo r~ IIIhn~:hle: pprn yo fJtll wr·) 'pl' jlll~ " nll ' .... :·ulft ,'n rl p.'r¡o·-h"fIlll dI" hn~, un I'rdll\'lo n Jlh.lld ,wl,' 1'1 '1111" .. r {Idl!\ rf' .. t', PIII' !'I'~lIIpln. pi Iftpiz rUJo rf,"¡ 1"','11".0['. • \~pl 11 ti ,."., !ltI 1'0" fll',:;:'ulIH ni 1""" prl\ dp;.....¡Il.... 1111\, ~i~II.·.¡I.I:lIt·PI.'. ¡'VI' UlIa 1" ¡l/'" prtti .. ',11 If' : 1'\11"111{' 11ft t4'1I;;ll ílltt'rti ... .ll~tlno ¡'n Ifl"l'llITJI' I'n !I ... pr•• llll'lt'IOllt' .. olki;t1!1I1'lJft· dl"-plH'... la,,

~ 1.:U /11

IHTllll.O f"

t· ... cllj"

" Hfl

\.;

n.'HIlH ,1'uulll

"011 1,\ 1','1'.1

\

l.t;'Sl'Il\)

11·,.lH'lo,

1111

IlIr

1I.1lf1'111 1.1 ,tlt'IIf";';11 1" . . '111"1·... " .. I .titWtt" 'i f' .. 41"1' lo .. h,l~. lIí ...l' .... 1 t"'''''t' ,.¡ I.II·'·.·!I''''", tl "'1 ,.J liftiti""IIo 1l1.1 h~· .. hll llll·'t " tila I al~IJ/l1 "'/-:1, Tn.J.1 t'II(, IIh~ li"J1l~ ,"H1l1l/lt'lafllPfllt, "'in "'lI~l.ldro. :\tJ ¡'1'('O 11"" IIlJ,. ~,. 11 p.lI't¡o 1if' (t ... 1'Í1rd{.d IlItl" ~. Pl'l'fJl'lJl)f' U:Ú'" '¡JJI' ~o d,' '·'"':..... 1'11.. :1 ... ~. "'1 lo h,ln"1. "1JI;·.,,'III'" "'011 ""11 g'11.,to r . . tI lil'ul_ In~ .. ,\ 1111 l~l" 1':ll·1'I"";I. \'11 (·,101h.o, pClrqllt' 1'110 ~ .. I ' pNH edlll )lll))1110. ') pUl {fllt' Iln tll,'bt"811In u ¡da d~" lo t',l:lltlifltl "HIt,·" 11 ('('n"III',l qur lo .. (,Lrrr"l'~ /1'115.111 traltoj.l. IIIh' la'" "IlIh ... j,I¡\w';:t .. "l~ .ab.lI~itlt'lI. qlll~ ·Iu~ lIirjn .. kn JI /· ... ·IIf"la.: dondl" !tpl'pndl'r . Il·t:'· y,,, ... "ldoll'V... lt',lfl p.,.r~ -4 11 h' ... il1ll11t!\lh~"'1l hl \·('''fii.k. dl'l ("lIe.rrH ('''''. C'I \ (·.. IHln d(' b inl("Ji(lt'lk'w: qlh' rlllJlf-1II0"htll1f'1l mt:llll' r ·In.', .. h;u'alo .qllt' d de I I.\'·f"~·n.jot.(jf"j.,. "'ltfU'i-:Jli('ntlf) 1'''1' mOJhtnhh,.~ IIlhIlO,.oll"o••' 1'011"'11111.1111,1· :17.Úo(":lr .lo fin' ir, .. 111:'1 .. 1111"dlt·lt.... 11':1\"1111'0141 t)., Cult,( jo' ,)1' Lt .,hin.l. ~. (rUt' J•.., l'Olll"iluh'¡"_ ~::~:~:.,¡~;ltIlll('lltí'lI !' tlllt' \\.I~JIl ~l .""lrl·l!t·l·U.... la.: nn'lIo .. Ill'olctn.,

1:,'1'0 qt~¡' }h~ 11:,hJ:wff, hit'f1. IIIUlq~UI nlt' qlll'lt:J.IJI f'1I '''1 tlllll'r'J nll':l~ Ittl,dr.t ... 4·0 .... : fU'I'(1 J.~y 111:. .. tfh~ ljl~' JOfl,Q",lIti.l,[t ...

....,.:).' Uohl.Hlto.

AINDA QUE NOS ESCANDALIZEMOS HOXE DA SÚA POSTURA, EN REALIDADE NON É MÁIS QUE LEVAR ATA O FINAL A CRÍTICA DA DEMOCRACIA LIBERAL NUNHA SOCIEDADE DESIGUAL.


1II' , •••• 11111 •••1.1 ••••• 1.1 •••••••••" 1 ' JIIII • i 1.1-.1 .-. e

ACOTACIONBS

de

mujer

Deixou claro nas opinións xornalísticas a súa postura respecto os dereitos da muller e a autodeterminación de Galiza.

gobierno propio, como punto de partida para abordar y resolver todos sus otros problemas o integrarla en la comunidad de pueblos civilizados.; para hacer de un clan, de un grupo étnico de estructura tribal, un pueblo con conciencia,_ una sociedad de hombres libres "52.

PARA RBT O ESTADO DEMOCRÁTICO SÓ É POSIBLE SOBRE A BASE DUNHA SOCIEDADE ASENTADA EN TERMOS DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES.

A cuestión é combater a dictadura do número, recoñecer cando existe un colectivo con intereses e valores compartidos, e tratalo colectivamente. Curiosamente o asunto das minorías foi central no debate democrático desde comezo da era moderna por canto o medo á "tiranía da multitude inmunda" -en palabras de Edmund Burke- foi o condicionante fundamental de calquera proceso de democratización: "Dean todo o poder aos moitos e eles oprimirán aos poucos. Dean todo o poder aos poucos e eles oprimirán aos moitos" afirmou Alexander Hamilton na Convención Federal de 1787. Mais a maior parte dos demócratas de entón referíanse por "poucos" e por "moitos" ás clases sociais, e non as minorías nacionais, pois ata que Marx e Engels mudaron de opinión53 (nos casos de Polonia, Irlanda, e India, fundamentalmente), era común desde a Revolución Francesa de 1789, considerar que a anexión de nacionalidades era democrática se a cambio os membros do pobo anexionado podían desfrutar dos mesmos dereitos individuais que os da potencia anexionante. Era o que se chamaba 'a compensación da democracia' . A 'democracia' así entendida converteuse na grande coartada para a expansión imperialista porque desde o momento en que desaparecen as demarcacións obxectivas (trazos socio-culturais e socio-económicos colectivos empricamente diferenciab~es), e todos son individuos, en onde están os límites da nación? Samuel J. Tilden -reivindicaba no 'Morning News' a conquista do territorio de Oregon "polo dereito do noso destino manifesto para ocupar o continente que nos entregou a Providencia e cumprir co grande experimento da liberdade". Mais os novos socios, a minoría recentemente 52.lbidem. 53. Davis, Horace B.: "Nacionalismo y socialismo". Ed. Península. Barcelona. 1975.

chegada, debe aceptar "democraticamente" o gobemo da maioría, e acatar a decisión maioritaria en canto ao idioma oficial, os costumes, a relixión, a cultura, etc... E se non o fan, sempre queda o recurso "democrático" do linchamento. Esta idea está de fondo en RBT na súa teoría de que o fascismo respondía tamén a unha lectura da democracia, fundando a súa lexitimidade, tamén, na vontade popular ("un pueblo embriagado por la pompa aparatosa de los desfiles militares", "un pueblo apretujado en el indumento elemental que tiene por paradigma el uniforme ", "un pueblo que ha creado con la razón un nuevo Dios y reformado el cosmos de las viejas teogonías"54) o que, conseguintemente, fai necesario revisar precisar máis o concepto de democracia. En "El crimen de un hombre y la demencia de un pueblo ", "El mundo moral en ruinas" e "La neutralidad es la guerra" (El País Pontevedra), referíndose á invasión italiana de Abisinia, dá conta desta perversión da democracia que non recoñece os dereitos colectivos dos pobos á súa soberanía. Se queremos revisar o concepto para evitar estas consecuencias, sería útil remontarse a Rousseau -o pai do pensamento democrático moderno- quen parte do principio das decisións maioritarias, pero a costa de idealizar as condicións en que a maioría representase verdadeiramente a comunidade como un todo e non a penas intereses parciais. A conclusión a este respecto é que a democracia roussoniana só era posible en pequenas sociedades relativamente unificadas, sen excesiva división do trabaUo. Mais el inspirou aos que defendían a primacía da vontade popular ou xeral sobre os intereses parciais ou sectoriais nas sociedades complexas e de grandes dimensións. E fronte a eles reaccionaron os Fundados Americanos como Whigs e Burke cos devanditos argumentos en defensa das minorías. Podemos dicir que coa excepción de burgueses confiantes como James MiU e Edward MiaU, todos consideraban que o sufraxio universal levaría ao dominio político da clase traballadora sobre a burguesía pola súa evidente maioría numérica, e que usarían o poder político para "empobrecer os ricos" como acusaba Macalaulay. Así topámonos cun paradoxo teórico segundo o cal os defensores das minorías (burguesía) fronte ao gobemo das maiorías (proletariado e clases populares), os críticos da idea de interese xeral, e da vontade popular provocan unha reacción intelectual contra a dominación e os privilexios desde o punto de vista progresista que ten como última consecuencia o dominio e o privilexio duns (maiorías nacionais) e sometemento e opresión doutros (minorías nacionais). Cando o Abade Sieyes no seu célebre panfleto de 1789 '¿Que é o Terceiro Estado?' proclamaba que os comúns (coa exclusión explícita de muUeres e vagabundos) son a nación, e sobre eles descansa a soberanía nacional, non só estaba a aefender a supremacía das clases populares sobre os outros dous estados (nobreza e clero) senón estaba a sacralizar o dominio dos mais sobre os menos. De aí arrinca a tradición xacobina contraria ao recoñecemento das minorías. Tradición que continuará ata os grandes partidos socialdemócratas europeos condicionados pola defensa dos dereitos das maiorías á hora de reivindicar o sufraxio universal, a pesar de que logo se comprobou que iso de que o voto da clase trabaUadora ía darUe o poder ao proletariado era unha inxenuidade. Este é o marco do debate entre RBT e os socialistas sobre os dereitos nacionais. Mais non só considera RBT inviable unha democracia que non recoñeza os dereitos colectivos das minorías nacionais; senón que cr~tica ao PSOE por non apreciar o potencial progresista e revolucionaria da defensa deses dereitos nacionais: "No acertaron a disociar el nacionalismo regresivo de las nacion(?s 54. RBT: "El monstruo nazista", El País, Pontevedra. 11-3-1936.


constituídas del nacionalismo liberal de las naciones irredentas"55. Para RBT Cataluña é o maior baluarte que ten a república gracias a que o seu proceso de liberación nacional obriga necesariamente ao pobo catalán a unir a defensa da súa soberanía nacional coa reivindicación do recoñecemento da vontade popular (a democracia)56. En "Las hogueras catalanas" (El País, 1934) arremete contra os que se opoñen a vontade de liberación de Cataluña, e afirma o seu carácter exemplar, que debería servir de guía aos galegos, e ao resto do Estado español: "De Cataluña han venido y esperamos que seguirán viniendo, por fortuna, las pautas de la acción civil". O patriotismo baseado na defensa da soberanía popular é un valor positiv0 57 , pero cando ese patriotismo se basea na negación do progreso popular convértese nun "sentimiento negativo, o fraudulento no sólo estéril, sino además nocivo y peligroso"58. Ese é o patriotismo que hai que combater, que só podemos chamar patriotismo, se nos referimos nós seus termos -e 'tamén nos de Habermas 59- como nacionalismo negativ0 60 . 55. RBT: "Comentario a una acotación", El Pais, 22-6-1934. Pontevedra. 56. RBT: "En torno al día de Galicia", El Pais, 1-8-1934. Pontevedra: "¿ Que hubiera sido de la República sin el baluarte de Cataluña?" 57. "El patriotismo sólo es un valor de primera categoría cuando significa abnegación y sa'crificio, cuando es fecundo, cuando se encauzan las energías de un pueblo hacia una meta superior y se transforman las realidades sociales en un sentido de avance, de mejoramiento en el nivel de vida material y de pOrogreso en el orden moral y espiritual". RBT "El atavismo derechista". El Pais. 21-3-1935. 58.lbidem. 59. Habermas fala de "patoloxía nacional cambiada de signo" ou nacionalismo negativo por canto se produce un desprazamento dos compoñentes esenciais do nacionalismo (soberanía popular dos- cidadáns e poder político da nación soberana sobre si mesma). 60. "La patria les ha servido para fomentar la ignorancia y mantener la miseria en el país; para acaparar su riqueza, de las que fueron siempre parásitos y usufructuar sus privilegios, Han vivido tradicionalmente a costa de la patria...". RBT "La lente del patriotismo", El Pais, Maio de 1935.

En conclusión, para RBT o Estado Democrático só é posible sobre a base da sociedade concreta sobre a que se asenta en termos de igualdade de oportunidades, libre expresión da opinión pública, e valorescompartidos. Non é posible o Estado Democrático en abstracto, é mais, resulta perigoso e mesmo contrario ao desenvolvemento das liberdades democráticas. Toda abstracción se fai a partir da selección duns elementos e a exclusión doutros. Na formación do Estado Democrático a cidadanía política igual para todos só é posible se existe u~ha igualdade social, e a consecución e defensa da igualdade social, para RBT, é condición necesaria para establecer a igualdade política. A igualdade social en termos de clase pasa pola perda de privilexios da burguesíé:l e o asentamento dunha clase media consciente de que os seus aliados naturais son os desposuídos, e na defensa dos seus intereses cara mellorar a súa situación ata equipararse socialmente, vai consubstancialmente unida ao desenrolo da democracia. Pero igualdade social dos individuos en termos de clase non debe ser entendida como homoxeneidade en termos nacionais -como facían os socialistas- senón que o pluralismo nacional e o recoñecemento da soberanía nacional é condición necesaria para unha articulación en termos de igualdade das relacións entre os distintos pobos, como garantía de que os cidadáns das distintas comunidades poden exercer libremente a súa cidadanía.

I.J " flOr Ctlmóó ¡,11

Armas anti-democráticas para defender a democracia Así pois, para RBT a democracia exixe unhas condicións sociais que a fagan verificable. E para conseguir ditas condicións RBT non dubida en apelar a métodos non democráticos (falamos antes da restricción temporal do voto feminino e rural), mais para el non serán anti-democráticos na medida en que

Movéndo'nos pola cultura

Museo de Pontevedra. Sala de miliarios.

La Diputación de Pontevedra desarrolla una importante labor de apoyo a la cultura, dedicando buena parte de sus presupuestos a promover y financiar distintas iniciativas culturales. Exposiciones como la Bienal de

Pontevedra, ce:t;támenes como el de los Nuevos Valores, instituciones como el Museo Provinciat asi como la importantes dotaciones para la restauración de monumentos, premios e bolsas, son un buen ejemplo ello.

i

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA movémonos pola provincia, movémonos por ti

b{IÓ/tld(), •..


"Los puños en alto de las izquierdas extremas no son una bandera de rencor, sino un símbolo de su lealtad y de su firmeza, una señal monitoria de que se precisa estar alerta con el arma al brazo, no para ofender, sino para defenderse, no para perpetuar un estado social de oprobio y de iniquidad, sino para instaurar un régimen social de libertad y de justicia "64.

ANOSATERRA

o xornal madrileño El Liberal foi unha plataforma desde a que Blanco Torres publicitou a súa idea de Galicia entre os lectores españois.

se non se dan esas circunstancias que nos permiten falar dunha democracia auténtica, e os seus fins son claramente democráticos. Isto ten un problema por canto o fascismo xustifícase tamén na incapacidade das masas para gobernarse a si mesmas, e defende igualmente a restricción do sufraxio, ou mais exactamente, a súa definitiva eliminación. Para isto RBT distingue entre democracia e liberalismo. O fascismo pode chegar ao poder a través dun proceso democrático (como ocorreu en Alemaña) e basear o seu poder na vontade popular expresada nas furnas~ -Pero o que nunca poderá o fascismo é dicir que é democrático no sentido liberal por canto conculca as liberdades individuais e colectivas. O fascismo baséase na superioridade dunhas castas ou dunhas nacións sobre outras, mentres o liberalismo -que RBT defende- baséase na igualación de todos os cidadáns. E para conseguir dita igualdade, RBT acepta que se poidan seguir medios politicamente non democráticos pero non aceptará métodos socialmente anti-liberais. Isto é, poden restrinxirse os dereitos políticos, pero non os seus dereitos civís, senón ao contrario. No caso das mulleres queda evidenciada a distinción que fai el entre dereitos políticos e dereitos civís relegando os primeiros á consecución dos segundos:

"somos partidarios de que se le otorguen a la mujer los derechos civiles reconocidos al hombre en nuestras leyes. En ellas ocupa todavía la mujer un lugar de inferioridad como persona jurídica; está relegada -resto atávico a través de los tiempos- a la consideración de hembra de barón o serrallo...." (La Zarpa). O obxectivo da "dictadura Liberal" defendida por RBT, pero tamén por moitos outros republicanos, sería "promover la ascensión del paria a la categoría de ciudadano "61, isto é, eliminar as barreiras sociais, económicas e culturais que impiden a igualdade social como condición previa a igualdade política. Non se trata tanto dun despotismo ilustrado como dunha revolución co fin de capacitar o pobo para exercer a súa soberanía. Non pretende -como queda dito antes- un goberno dos mellores ao xeito aristotélico, senón unha mellora do pobo. Non se imaxina RBT un goberno liberal se non se sostén polo respaldo popular: "... no hay un poder sin un pueblo a la zaga "62, como non se imaxina unha democracia sen cidadáns con cultura democrática, co que el chama "moral cidadá '63. Querer salvar a un pobo en contra da súa vontade, dirá RBT, é -no mellor dos casosfacer o ridículo. Do que se trata é de suscitar a vontade de salvarse a si mesmos. Outra distinción que fai RBT a respecto do fascismo é que non se pode equiparar a violencia dos dominados coa dos dominantes. O recurso a métodos anti-democráticos para liberarse non ten a mesma catadura que o seu uso para oprimir: 4

BLANCO TORRES NON É UN GRANDE ESCRITOR POR SER ASASINADO, SENÓN FOI ASASINADO POR SER UN GRANDE ESCRITOR.

61. RBT: "El liberalismo. La democracia", El Noroeste, A Coruña. 15-3-1933 62.lbidem. 63. RBT: "Los negociantes de la revolución", El País, Pontevedra. 18-12-1934

A "dictadura Liberal" concrétase fundamentalmente non só na "conversión de paria en ciudadano" senón tamén na represión dos inimigos da democracia. Esa represión ten límites nunha dictadura liberal (oposición á censura, á pena de morte, a rebentar mítins, axustes de contas, defensa dos dereitos humanos, etc...), pero debe ser contundente na súa autoridade para desmantelar as bases do poder dos anti-demócratas que herdaron o seu dominio do anterior réxime no que o acumularon fraudulentamente.

"De este escrúpulo democrático se han aprovechado los enemigos de la democracia no sin reirse para sus adentros de la ingenuidad de los gobernantes republicanos "65. Antes de establecer o réxime democrático é preciso depurar os aparatos de poder de anti-demócratas. Nisto RBT coincidía con Castelao cando afirmaba: "O que se fai demócrata cando lle convén, farase feixista cando lle conveña"66. RBT fai continuos chamamentos ao "saneamento republicano", fronte aos "caciques monárquicos agazapados en los primeros dos años de la República, y a los cuales la República además de no exigirles cuentas, permitió que levantaran cabeza"67..

A democracia inexplorada Ao final os inimigos da democracia triunfaron, e a "Guerra Civil", á que RBT dicía que estabamos condenados, púxolle na encrucillada de ter que escoller entre morrer de noxo, ou morrer asasinado. Non había lugar para el no réxime do 18 de xullo. Non tiña acomodo posible. O seu asasinato non é froito do azar, da mala sorteo Non é unha anécdota. É o desenlace máis coherente da súa traxectoria intelectual. RBT non é un grande escritor por ser asasinado, senón foi asasinado por ser un grande escritor. E a súa grandeza non só reside na calidade da súa prosa xornalística, QU na súa poesía, senón no compromiso, na dignidade, na autenticidade. Hoxe, que "sólo pueden vivir los periódicos del capitalismo imponiendo a la opinión el hierro de su vacada, aherrojando definitivamente el espíritu de libertad en la nación "68 -como e1 pronosticaba- e que "el periodista liberal no tenga donde caerse muerto, so pena de que se venda como guiñapo"69. Aínda que o progreso económico e social que se desfruta e mesmo as liberdades individuais e colectivas que conquistamos, son superiores ás dos seus tempos, debemos confesar que botamos en falla, na prensa diaria, un Roberto Blanco Torres. E non é que non haxa xornalistas da súa categoría moral, senón que non teñen cabida no actual panorama mediático. Isto debería facernos reflexionar se realmente a democracia xa existe, como cansan de repetirnos, ou aínda está lonxe a democracia coa que soñara, e pola que morreu, Roberto Blanco Torres.• 64. RBT: "Los puños en alto", El País, Pontevedra. Arquivo RBT. 65. RBT: "Fisiología del caciquismo", El País, Pontevedra. 3-5-1935. 66. Rodríguez Castelao, A. D.: "Prosa do Exilio". Ed. Patronato da Cultura Galega. Montevideo. 1976. pp. 54 67. RBT: "El gran fracaso", El País, 12-4-1935 68. RBT: "Cuatro siglos de Salvamento", El País, Pontevedra. 148-1935. 69. Ibídem.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.