Núm. 2
Revista Maxín
29/03/2016
EMPATÍA
Debuxo realizado por unha nena, val de Haddah (Iemen), maio de 2015 ¡Qué ben, que bomba ven co seu rebombio! A bomba, ¡bong!, a bomba, bon amigo. A bomba con aramios, con formigas, con fornos pra asar meniños loiros. A bomba ten lombrices, bombardinos, vermes de luz, bombillas fluorescentes, peixes de chumbo, vómitos, anémonas, esterco de cobalto hidroxenado, martelos, ferraduras, matarratos, A bomba, bong. A bomba, bon amigo Con átomos que estoupan en cadeia e creban as cadeias que nos atan: Os outos edificios Os outos funcionarios Os outos financeiros Os outos ideais ¡Todo será borralla radioaitiva!
Os estúpidos pais, as prostitutas, as grandes damas de beneficencia, magnates e mangantes, grandes cruces, altezas, excelencias, eminencias, cabaleiros cubertos, descubertos, nada serán meu ben,si a bomba ven, nada o amor, e nada a morte morta con bendiciós e plenas indulxencias ¡Qué ben, que a bomba ven! Nun instantiño a amable primavera faise cinza de vagos isotopos placentarios, de letales surrisas derretidas baixo un arco de átomos triunfales. A bomba, ¡bong! A bomba co seu bombo de setas e volutas abombadas axiña ven, vela ahí ven, bon amigo.
¡Estános ben! ¡Está ben! ¡Está bon! As estúpidas nais que paren fillos ¡¡¡¡¡BOOOONG!!!! polvo serán, mais polvo namorado Poema Nuclear, por Celso Emilio Ferreiro, O soño sulagado, 1954 …E a bomba segue vindo, é a bomba boomerang.
ÍNDICE Revivir
3
Ora
4
“Voo ó raso sobre o mar…”
5
Ser humano
6
Vapor
6
“Não quero que sejas…”
7
Um pouquinho de fé…
8
Pantasmas dos emigrados
9
A Celso Emilio Ferreiro
10
Oda á apoloxía
11
Recompilación de casos de represión
12
Entrevista a María Lluch
20
Entrevista a Ibai
22
Entrevista a Ruymán
25
Entrevista a Causa Galiza
32
Iemen: un ano de invasión militar saudita
35
A lóxica dominante difundida polos mass media
40
Merca barato… pero merca
42
Almanaque de actividades
44
2
Revivir Marzo. Luz de vida. Cansazo da penumbra. Alas que veñen de voar coas facianas enxoitas. Que non vos oian chorar! Miña nena revivíu. Os seus ollos abertos deixan ver o solpor. Unha brisa de risa que sen presa présa vai baixando o empedrado daquela miña rúa dorida. Aí estás saudade, aquel seu cravo, inalienábel ardor que no peito afonda. Non sufras miña rula, loitaremos por ti, aqueles náufragos da vida sen te deixar olvidar. Ére-la nosa lenda, o noso símbolo, o meu amor, Aquela sua luz de vida de Marzo. Santiago Argüeso Galván
3
I
II
A miña soidade nada
Racha a tea da vela
nada
e ninguén vela
enriba, enriba abondo,
por ela
entre frío e la.
vela
Embaixo en baixo afógome
entre raios tronzados
fondo.
eslamiados de anguria
Cantaruxa Deus partituras
enxoitos de dor
bélicas, hostís, tempestuosas:
chuvia de estrelas de sal
poemas1.
que entran e saen
Morcego diúrno en póla. É diabro,
espalladas
que repousa, en ombreiro de demo.
ao ceo,
Abride o pano vermello
agora no cabelo,
que quero acadar
cristalizadas ou disoltas
terra ou teito
ora polas olas
outeiros no mar.
ora polo sol
III ora. 1
por ti máis eu, todos nós,
polos que erguen as espadas contra o xugo das Españas e vocean sen temor: estas rúas nosas son, núas rosas nas entrañas que fondas espiñas cravan, iso; iso sodes vós.
Abraham Castro García
4
María Bañón Goiriz
Voo ó raso sobre o mar ata a última cidade, que no ar non hai sinal de ningunha tempestade.
5
Ser humano – Vivimos nun mundo tan masculino, que ao pensar no ser humano vénnos á mente a imaxe dun home – díxome ela. E sen responderlle, mireina, e dixen interiormente: “A partir de agora, cando pense no ser humano, proxectaráse na miña cabeza a túa imaxe”.
por Luís Pirucha
Vapor O meu corpo foi un arma de amenización sexual, foi a seducción dun cacho de carne mustio ao que a vida presionaba demasiado. Foi a sensación marchita dun corazón que estaba canso de metáforas. Foi, todo o que o masoquismo o impulsaba a ser. Foi a cegación cara a modelaxe dunha figura cegamente fermosa. Foi a cima dunha montaña inalcanzable. Foi, pero non quere definir o que é. Non quere e non está disposto a indagar unha vez máis nunha exploración que sería equivalente a atoparse de novo. Non quere. Non está preparado. E asumilo sería un golpe demasiado cansino e repetitivo.
por Eloi Garrido
6
Não quero que sejas colonia, do teu corpo. Nação dócil e submissa, impasível ante o teu expolio. Ente definido que não tem a vontade de goçar da autonomía que ficou abstracta na historia. Não quero que sejas imperio, do meu corpo.
Eloi Garrido
7
Um pouquinho de fé… Tinha’o mal um remedio, e’o remedio uma cura, que cura o incuravel, que predican os curas. O remedio curou o mal, e com este a cura, mais o cura contente, nom limpou a supura. E anos depois, inflamouse a supura, que’o cura nom curou. Que’os pobres aturan. A fé era’o remedio, o mal a liberdade. Que adivinhe quem poida, Cal é a verdade. Enzo
Pedro
8
Pantasmas dos emigrados Engaioloume un ferreiro desta terra onde camiño, que percorro paseniño por non trocar o cheiro autóctono dos carreiros. Ouzo e ulo mar salgado polas mañás nos airados, como quen escoita berros de Galiza no desterro: pantasmas dos emigrados. Abraham Castro García
Pedro
9
A Celso Emilio Ferreiro Tralo eclipse (tan longo que foi noite), chegou a luz cal mísil batendo na area. Estoupando en cor, letras e melodía. A noite trocouse en lene suspiro de esperanzas e saber. Rimas, estrofas e versos conxugados na voz dos esquecidos. Ti que cantas á noite, á liberdade e ás pombas de luz enferrolladas. Grazas. Hadrián Iglesias Abuín
Fferreiro
Longa noite de pedra
10
Oda á apoloxía Soa o himno do discurso dominante,
Eu poño armas nas mans de cativos
esta vaise e aquela vaise,
cando a Garda Civil visita o eido do ensino,
e todas, todas se van.
e ti serás o terrorismo.
Soa o himno do discurso dominante,
En calquera medio, calquera individuo,
que leva a mordaza por bandeira,
poderá para a esquerda pedir tiros,
que leva esposas por pulseiras.
para as mulleres agresións e machismo,
Soa, e lanza verbas ó aire, que coma coitelos afiados, similares a miles de mísiles, apuntan contra o vento da liberdade. Terrorista. Terrorista todo aquilo, que se opoña ó noso xenocidio, terrorista ti, que denuncias que te reprimimos. Eu no país iemení, no libio, no sirio, armo xihadistas e asasino, e ti serás o terrorismo.
non se indagará o nazismo, pero a ti perseguirante porque ti es o terrorismo. Un novo día, unha nova sentenza. O bolígrafo a sangue fresco aínda cheira. Non máis silencios, non máis cadeas, non máis agachar a cabeza, nunca máis obreiras coa ideoloxía dominante, nunca máis consentimento e permisibilidade. Enaltecemento do puño, símbolo da rebelión, apoloxía da liberdade, para a escrava o seu temor.
No meu país financio o franquismo, creo os GAL, desafiuzo e privatizo, e ti serás o terrorismo.
Fran PF
11
Recompilación de casos de represión en 2016 recollidos a 1 de marzo Ante o aumento recente de casos de represión ou novas relacionadas con represión e a impasibilidade social, optei por espallar estes casos no que levamos de ano recompilándoos a 1 de marzo de 2016. Represión ideolóxica 04/01: A APAVT (Asociación Plataforma de Apoio ás Vítimas do Terrorismo) pide á Audiencia Nacional prohibir unha manifestación en favor de presas vascas o 9 de xaneiro en Bilbao na que se reclamou a liberdade de presas gravemente enfermas e a fin da política de dispersión, mais para a plataforma neste tipo de actos enaltécese a totalidade de presas de ETA e humíllase ás vítimas. Á manifestación acoden unhas 63.000 persoas. 05/01: A Delegación do Goberno impón unha sanción á plataforma Queremos Galego acusándoa de incidentes e desperfectos na manifestación do Día das Letras Galegas de 2013. 12/01: Xulgan a Ibai por pedir un tiro na noca á infanta por Twitter, enmarcándose a detención nas Operacións Araña. A Audiencia Nacional, tras unha esaxerada persecución en prensa con intención de relacionalo co terrorismo, condénao a 1 ano de prisión e 7 anos de inhabilitación absoluta por ese chío, agora que recentemente rematou os seus estudos. Namentres, ó concelleiro do PP que pediu por Facebook coas mesmas palabras un tiro na noca para Pablo Iglesias pídeselle unicamente pedir perdón pola mala expresión. 14/01: A Audiencia Nacional condena a penas de entre 2 anos e 1 ano e 6 meses ós 35 militantes independentistas xulgados polo sumario 04/08. A Fiscalía solicitaba 10 anos de prisión. Na redada de Segura da que deriva o macroxuízo foran detidos 22 militantes independentistas, moitos deles líderes de Batasuna. 27/01: 9 detencións e 14 persoas encausadas nunha operación contra internacionalistas. Tres condenados a prisión, dos que “só” o líder de RC entrou, por colaborar co PKK na loita contra ISIS. Namentres, o goberno español vende máis armas no primeiro semestre de 2015 que en ningún ano anterior a Arabia Saudita que arma a ISIS. Faise evidente que é terrorismo e que non para o Estado español. De feito, o Supremo absolveu a un grupo nazi de Valencia, Pánzer, que ameazaba con “cazar moros” e ía armado con lanzagranadas C-90, revólveres, unha pistola Walter, escopetas, rifles, carabinas, armas curtas… 28/01: Covite solicita que a Fiscalía da Audiencia Nacional investigue o ongi etorri (benvida) a Ekaitz de Ibero en Donostia por posible enaltecemento tras pasar 2 anos e medio en prisión por queimar un autobús. 29/01: O PP esixe que se cancele o concerto de Los Chikos del Maíz en Getafe. 01/02: 2 anos de prisión para María Lluch por enaltecemento do terrorismo en chíos que ela cualifica de humor negro, parodiando precisamente a vinculación de ETA á esquerda, unhas 12
bromas que, claro, se lle fan complicadas de captar á Audiencia Nacional. María Lluch é coñecida por dirixir varios videoclips de Día Sexto e os de Sons of Aguirre. 03/02: Absoltos os 5 de Askapena tras 6 anos de xuízo político da Audiencia Nacional, que asumiu que non formaban parte de ETA. Durante eses anos enfrontáronse a numerosas irregularidades. Policías non compareceron por estar enfermos, outros non lembraban se estaban no dispositivo, se asinaran a acta, se vixiaran o acto no que participou Vázquez, se lle incautaran a Vázquez unha carta que poñía “Gora ETA”,… Varios axentes non lembran que se incautou na casa de Basañez nin se había simboloxía de ETA, a policía non lembra ter investigado unha reunión en casa de Rubén Sánchez nin a de Askapena en Gasteiz… Finalmente os 5 membros acusados de ser da ETA acabaron sendo absoltos por ser “unha organización de solidariedade”, tras ser arrestados en 2010, vinculados pola Policía co “aparato internacional de ETA”, encarcerados e dispersados. 03/02: Borja C. é condenado a un ano e 3 meses de cárcere por enaltecemento do terrorismo, é dicir, por difundir en RRSS mensaxes, fotos e textos con intención de ensalzar ós membros de ETA e humillar ás vítimas. 05/02: Deteñen a monicrequeiros da Compañía Títeres Desde Abajo mentres representaban a obra La Bruja y Don Cristóbal no Entroido de Madrid, que xa fora representada en Granada, onde ten a alcaldía o PP. A obra está inspirada en El Retablillo de Don Cristóbal de Federico García Lorca e nela os monicreques danse os habituais golpes deste tipo de números. Aprovéitase esta obra, dirixida por dous anarquistas, para denunciar a represión da operación Piñata, e faise de xeito que unha personaxe malvada coloca un cartel coas palabras “Gora AlkaETA” á personaxe boa inconsciente tras recibir unha malleira, para sacarlle unha foto xunto co cartel e denunciala coma se fose terrorista. Os medios converteron isto nun intento por facer ós nenos alí presentes etarras por parte do equipo de Manuela Carmena, que rapidamente se encargou de condenar a obra e anunciar medidas legais contra os monicrequeiros para evitar responsabilidades. Non era unha obra dirixida a un público infantil, pese a que Ahora Madrid se equivocou na publicación do programa, se ben no Facebook do concello e outros medios aclarou que estaba dirixida a un público adulto con antelación. Os monicrequeiros foron levados ó calabozo e a preventiva a pesar do estado de saúde de Alfonso, que sofre un grao de discapacidade global do 74% e un grado de minusvalía do 75%, posto que padece unha importante escoliose, presenta problemas respiratorios por ter un pulmón reducido, presenta mobilidade reducida nos brazos e, en caso de alporizarse ou exposición á calor ou ó frío, sofre hemorraxias, supoñendo a súa estancia en prisión, segundo a Consellería de Igualdade e Benestar Social da Xunta de Andalucía, un risco “excesivo” e “inaceptable” para o seu estado de saúde. Pero é que ademais, tal e como se lle deu razón ós avogados da defensa, ó ser os materiais da obra incautados non existe posibilidade de reiteración do delito. Pídenlles 4 anos de prisión. No auto do xuíz, Ismael Moreno, recóllese como delito de enaltecemento do terrorismo a aparición do libro Contra la democracia na obra, libro incautado na Operación Piñata, considerado terrorismo por ser o ideario dos GAC (Grupos Anarquistas Coordinados) que máis adiante se explica de que modo se consideran terroristas, independentemente do seu contido, exento de ningún tipo de incitación á violencia que, ó contrario, denuncia a violencia do sistema capitalista actual e explica o anarquismo como alternativa; un libro que, como lector, recomendo. O máis curioso é que este mesmo xuíz, Ismael Moreno, garda unha 13
forte vinculación coa actividade dos GAL na súa época como membro da Policía Nacional. Supoño que se seguimos os seus criterios, calquera obra na que apareza Franco ou Hitler de por medio pode ser considerada apoloxía e debe prohibirse, por exemplo. De feito, debuxos animados como Bola de Dragón son ben máis violentos e xa poderían chegar a considerarse terrorismo. Pero o caso dos monicrequeiros non queda aí e chega ós niveis máis insospeitados de absurdo. No Entroido de Ourense, catro axentes da Policía Nacional identificaron a un rapaz disfrazado de monicrequeiro que portaba un cartel de “Gora Alka-ETA”, así como ós seus amigos, e en Xixón ocorreu o mesmo cun rapaz que portaba unha careta e unha pancarta de “Gora la cuchufl-ETA”. Ademais en A Coruña abriuse unha investigación para as pintadas de apoio ós monicrequeiros na rúa Real e na praza Pontevedra por considerarse de apoio a ETA. Nas concentracións pola liberdade dos monicrequeiros, a policía tamén se encargou de identificar ós asistentes, tanto en Madrid como en Palma. 06/02: Covite denuncia ante a Fiscalía a celebración de 2 ongi etorri a Aingeru Cardaño e M. A. Askasibar, tras saír de prisión. 10/02: Xuízo contra A. F. G. na Audiencia Nacional. O fiscal solicita 2 anos de cárcere e 10 de inhabilitación por enaltecemento. Acúsano de usar a súa conta de Twitter con intención de gabanza dos delitos cometidos por ETA e eloxio ós seus membros, fundamentándose en mensaxes como Euskal Presoak Euskal Herrira (presas vascas ó País Vasco), Ongi Etorri ou Amnistia. 10/02: A Audiencia Nacional dita a apertura de xuízo oral contra o líder de Def con Dos, César Strawberry, e a Fiscalía pide 20 meses de cárcere, 8 anos de inhabilitación e 2 de liberdade vixiada por enaltecemento e humillación ás vítimas, acusado de seis chíos e un rechouchío. Entre eles, chistes de Carrero Blanco. C’s pide días despois cancelar un concerto de Def con Dos en Valladolid. 10/02: A Audiencia Nacional suspende Causa Galiza para a “protección de futuras vítimas”, grupo político independentista contra o que se executou unha operación policial, a Operación Jaro, a finais de outubro, tras ser anulada o 29 de xaneiro a previa suspensión de 2 anos a Causa Galiza do xuíz Velasco. Acusóuselles de ser o “brazo político de Resistência Galega” por participar da homenaxe do Día da Galiza Combatente adicado a dúas persoas que atentaron contra o narcotráfico nunha discoteca resultando mortas, xunto con outra persoa inocente máis, cando o PP estivo a piques de converter a Galiza na nova Sicilia. Tan só entre 2001 e 2003 entraron por Galiza 150 toneladas de cocaína, o 85% do consumido en toda Europa. Por suposto, sen complicidade policial e gobernamental non sería posible. Non defendo o atentado pero si a homenaxe. Segundo a súa vara de medir, homenaxear a estas persoas é terrorismo, mais homenaxear a golpistas ou a Franco saúde democrática. Xa non falemos do democrática que é a creación dun Estado mafioso paralelo. Causa Galiza é acusada de terrorismo sen ter activado endexamais un explosivo. Ademais 9 dos membros de Causa Galiza seguen imputados cos seus respectivos procesos xudiciais. 12/02: A Policía investiga a Ayax e Prok por (dubidosas) inxurias á Policía nun videoclip, Polizzia, de 2014, e por amosar o rostro de axentes policiais, a pesar de que incluír isto como 14
delito implique a aplicación da nova Lei de Seguridade Cidadá, coñecida como Lei Mordaza (en vigor desde o 1 de xullo de 2015) con efectos retroactivos (o vídeo é subido en 2014). Doutra banda, a autoría da letra, a voz e a maquetación do vídeo é exclusiva de Ayax, así que carece de sentido que a policía involucre a Prok. 15/02: Tres estudantes enfróntanse a 5 meses de cárcere por un escrache contra a rehabilitación dun profesor suspendido por homofobia. Os estudantes chámanse Antía, Mario e Atanes. Estes dous últimos terían que entrar en prisión por antecedentes penais, sen existir o límite dos 2 anos de cárcere de entrar en prisión, posto que xa foran condenados a 15 meses de prisión, xunto con Aaron, por participar nun escrache a Feijóo. Tal e como indica El País, os estudantes responderon ós empurróns e golpes de cinco policías vestidos de paisano que en ningún momento se identificaron, o que fixo que, intencionadamente, os estudantes cresen que se trataba de xente común con intención de golpeala e eles defendéronse en vez de deixarse agredir. Aaron fora detido naquela ocasión 2 semanas despois dos acontecementos na facultade e, segundo di, xa o estaba vixiando a policía á porta da casa. A policía pedira 3 anos de cárcere para os estudantes, que todo o que puideron facer foi recoñecer falsamente culpabilidade para chegar a un acordo. 16/02: Ruymán é xulgado acusado de agresións á Garda Civil tras ser torturado pola mesma ata o punto de quedar expectorando sangue durante varios días. O xuízo toma un xiro inesperado e Ruymán pasa de acusado a acusador e non entra en prisión preventiva. Ruymán pertence á FAGC e a tortura da Garda Civil correspóndese a un método represivo contra a actividade que a Federación Anarquista de Gran Canaria realiza alí, posto que aproveitou a loita contra os desafiuzamentos, especialmente presente por sufrirse nas Canarias máis a burbulla do inmoble ó ser un lugar turístico, para a creación dunha comunidade que funciona dun xeito similar ó anarquismo: a Comunidad La Esperanza, que alberga a máis de 200 persoas nun conxunto de inmobles que estaba abandonado, ocupándoo en 2013 coas portas abertas e a chave na man. Ruymán foi un dos impulsores desta comunidade. 16/02: Xuízo contra Aritz Egurrola na Audiencia Nacional, condenado a un ano de cárcere por eloxiar a ETA e ós seus membros en Facebook con fotos de presos e mensaxes como Herria aurrera (expresión que reforza o sentimento de nación) ou Borroka da bide bakarra (a loita é o único camiño). 17/02: O Tribunal Supremo confirma a condena de 1 ano de prisión para Julen Ibarrola, que fixo unha pintada con rotulador a favor de ETA en Lesaka. Ademais do delito de enaltecemento do terrorismo, alude a outro por unha falta de danos contra o patrimonio. 22/02: O Goberno acode á Fiscalía para evitar as homenaxes a Arnaldo Otegi, que sae o 1 de marzo. Xa o 07/02 se prohibira a visita de Angela Davis a Arnaldo Otegi. Ademais, a Audiencia Nacional impediu en xaneiro a Otegi ocupar cargos públicos ata 2021 aínda que non foi adiante por non especificar cales, co que Otegi poderá tal e como pretendía, presentarse a eleccións. 23/02: Raúl Capín visto para sentenza. Xulgado por exercer como reporteiro, acusado de atentado á autoridade sen máis proba cá palabra da policía.
15
25/02: O PP intenta vetar un concerto de Fermín Muguruza no festival Cultura Inquieta de Xetafe (Madrid) por humillar ás vítimas de ETA. 25/02: A Audiencia Nacional condena a Aitor Cuervo a un ano e medio de prisión por sentir publicamente indiferenza pola morte de Miguel Ángel Blanco. Ten antecedentes penais pero Aitor Cuervo non cede á chantaxe da Audiencia Nacional de recoñecer un erro que non cometeu e coa cabeza alta defende que sente indiferenza por Miguel Ángel Blanco. Detido de xeito brusco e procurando desmoralizalo en comisaría no marco das Operacións Araña, é acusado de chíos como “Por cada desahucio una bomba // segur que tomba, tomba, tomba…”, “La idea de la cárcel no me asusta // si se trata de una batalla justa” e “No me da pena lo de Miguel Ángel Blanco, // me da pena la familia desahuciada por el banco”. Os 3 chíos correspóndense á súa obra como poeta, entre a que outros poemas amosan solidariedade coas vítimas do terrorismo europeo en Iraq, Siria ou Iemen; esas polas que si é legal sentir indiferenza. Tras o xuízo, Aitor Cuervo foi notificado de que prescribira o seu delito anterior, así que non entrará a prisión. 25/02: Abel Azcona, que coñece a súa imputación por un chío do Tribunal de Navarra, declara ante a Audiencia Nacional por unha obra artística de 242 hostias consagradas que formaban a palabra “pederastia”, obra que foi vendida por 285.000€, doados integramente a dúas ONG. 25/02: Xuízo contra Begoña Rodríguez na Audiencia Nacional. Condenada a 1 ano de cárcere e 7 de inhabilitación por enaltecemento. Entre os motivos inclúense comentarios de apoio a Pablo Hasel (enaltecemento do enaltecemento?). 25/02: Xuízo contra Félix Lerchundi na Audiencia Nacional. Condenado a 1 ano de cárcere e 7 de inhabilitación por enaltecemento. Condenado por publicar frases como “A loita é o único camiño”, “Adiante coa loita” e un vídeo da kale borroka. 26/02: O xuíz Andreu da Audiencia Nacional rexeita a petición do Ministerio de Interior de investigar a colecta de Sare (68.784,87€) na marcha do 9 de xaneiro. A Policía presentou un escrito ca fin de coñecer o titulares e movementos das contas nas que ingresaron os fondos. Para o xuíz a posibilidade de que os fondos puidesen ser destinados a “fins ilícitos” non é máis que unha hipótese que carece de sustento. 27/02: Nahuel é trasladado a réxime FIES de primeiro grao (máxima seguridade), que se aplica ós maiores terroristas. Anteriormente, en prisión preventiva en FIES, a espera de xuízo, debido a que a Xustiza o relaciona coa queima duns caixeiros de dous bancos en Madrid xunto con 5 anarquistas máis (4 quedaron en liberdade e 1 pasou por preventiva). Nin sequera é acusado de ningún crime pero atópase en réxime FIES de primeiro grao. Por poñelo un pouco en contexto, o FIES implica entre outras cousas cambio constante de centro penal, imposibilidade de compartir cela con outros presos, prohibición de participar nalgún tipo de traballo, taller ou curso, limitación de dous libros e unha ou dúas prendas de vestir, e nalgúns casos deben alimentarse dentro da cela, carente de mobles e espellos. O FIES de máxima seguridade é peor e engade cambios periódicos de cela e inspeccións oculares periódicas e cada menos dunha hora polas noites. A nai de Xosé Tarrío, que pasou por iso, conta que cando o seu fillo volveu a casa cando durmía en canto oía andar á súa nai se poñía en pé firme e que durmía continuamente cun ollo aberto, o cal a impresionou moito e é moi significativo da tortura 16
vivida nese réxime carcerario. Nahuel pertence a Straight Edge Madrid, que conforma o grupo musical xDsDx (Diversión sin Drogas), e é un anarquista e vegano activo na loita contra as drogas. 29/02: Covite denuncia ante a Audiencia Nacional a Bildu por empregar a rapaces para escribir cartas de apoio a presos terroristas. 03/03: Héctor Barandika enfróntase a 11 meses de prisión por participar en protestas polo xuízo ós 28 acusados de ser de Segi no que os acusados declararon que sufriron golpes, torturas e ameazas policiais para conseguir declaracións, dos que foron condenados a prisión 7, tras o que se fixo un muro popular para protexelos no que a Ertzaintza reprimiu cunha brutalidade desmesurada. Unha vez condenados e tras 6 meses en prisión, o Supremo anula 5 condenas e rebaixa outras dúas. 03/03: Xabier, detido no marco da Operación Araña I, enfróntase a 2 anos de cárcere por pedir o acercamento de presos independentistas por redes sociais. 08/03, 09/03, 10/03: Mónica Caballero e Francisco Solar enfróntanse a 44 anos de cárcere, acusados dos atentados sen mortos e nos que se avisou previamente para desaloxar a zona da Almudena e a Basílica del Pilar. Porén, a súa acusación é dubidosa, especialmente porque é chocante o encontro de versións que houbo no referido á súa identificación, posto que nun principio foran gravados coas cámaras, pero logo se dixo que non había cámaras pero finalmente que si, só que xusto ese día non estaban en funcionamento, pero outras circundantes si funcionaban. A importancia deste xuízo radica no seu valor estratéxico, posto que pode ser usado contra a coordinadora GAC (Grupos Anarquistas Coordinados), que é unha plataforma horizontal que integra colectivos anarquistas que actúan por independente, dos cales algúns membros están á espera de xuízo. É o caso das detidas nas operacións Ice (como é o caso de Nahuel), Piñata, Pandora I, Pandora II, e o caso que nos ocupa: a Operación Columna. 10/03: Patricia enfróntase a 3 anos de cárcere e 8.900€ de multa por unha sentada pacífica nun desafiuzamento en 2011. É acusada de atentado á autoridade, cando nin testemuñas nin prensa puideron captar nada e a policía non se presenta con máis proba cá súa palabra. Patricia foi detida horas despois na súa casa. A túa palabra contra a miña: é relativamente sinxelo demostrar que algo ocorreu, pero non que algo non ocorreu e menos 5 anos despois. Represión a políticas Outra forma de represión é a represión a cargos públicos políticos, que ten máis ben como dedo acusador ó mediático, que sinala canto de esquerdas tes que ser para acadar o límite do terrorismo. 14/01: Ana Fernández, concelleira de IU en Xerez, declara por un presunto delito de inxurias contra o escritor franquista José María Pemán. As inxurias consistían en cualificar a Pemán de misóxino, fascista e asasino nun pleno argumentadamente. A demanda foi interposta polos fillos de Pemán e arquivada por “falta de lexitimación activa dos demandantes”.
17
25/01: Marisol Moreno, edil de Guanyar Alacant, é condenada pola Audiencia Nacional a pagar unha multa de 6.000€ por inxurias ó rei. A edil referírase ó rei como “ese hijo de puta” tras matar a un elefante, “aunque claro, que se puede esperar de un tío que disparó a su propio hermano y lo mató”. E noutro momento referírase á familia real como “familia de vagos, estafadores, y asesinos”. Segundo o fiscal, a gran cantidade de epítetos da acusada desbordou os límites da liberdade de expresión, mentres Jiménez Losantos afirma no seu programa de radio “veo a los de Podemos y si llevo arma disparo” con total impunidade. 17/02: Hasier Arraiz, presidente de Sortu, declara acusado de ameazas á Garda Civil polas súas declaracións tras a Operación Mate, sucesora da Operación Jaque do ano anterior. Acúsano de ameazas por dicir que era hora de dar jaque mate á Garda Civil, facendo o xogo de palabras. 18/02: Rita Maestre declara no seu proceso xudicial no que se enfronta a un ano de prisión. Un ano de prisión porque ás cristiás lles ofende ver un corpo de muller espido. Un ano de cárcere por protestar cando non se estaba realizando ningún acto relixioso na capela cristiá da universidade pública que non contén ademais ningún outro templo relixioso. Algo que por certo ocorreu hai anos, e non agora. Había na capela 2 parroquianos. 22/02: A Fiscalía pide que se arquive por segunda vez o xuízo a Zapata. Zapata pasou por un proceso xudicial por chíos citados hai anos nos que fala sobre os límites do humor. Isto saíu á luz xusto tras gañar Ahora Madrid. A propia Irene Villa foi a declarar que non se sentía ofendida. Arquivada a causa, Pedraz reabre o xuízo por orde dos superiores da Sección Segunda da Sala do Pena, que está composta por 2 xuíces apartados da Gürtel por vinculación co PP. 24/02: Poderiamos falar de represión neste caso mediática para o caso de Amparo Bella, aínda que de menor importancia ó non pasar por ningún proceso xudicial, pero con maior repercusión no que a efectos ideolóxicos se refire. Gustavo Alcalde, delegado do goberno de Aragón, declarou daquela en rolda de prensa que a muller recentemente asasinada debería haber denunciado, culpándoa. En Cortes varios partidos piden a súa dimisión, e ó mesmo tempo nas Cortes comparece a Directora do Instituto da Muller de Aragón e trátase a problemática. Bella recibe esta información e intervén comentando que botar a culpa á muller asasinada é coma se lla botan a Miguel Ángel Blanco por non mirar para atrás. O PP reacciona cunha empatía por Miguel Ángel Blanco finxida pedíndolle que retire as súas palabras, e advertindo que no caso contrario se retiran como grupo, e digo finxida porque o PP utilizaba, segundo un informe elaborado pola UDEF, fundacións como a de Miguel Ángel Blanco para inxectar cartos á Gürtel, sendo empregadas para pagar actos políticos, electorais e congresos rexionais do PP, pagando ata 600.000€ en 5 anos a estas fundacións con facturas falsas sen ningún tipo de xustificación. Amparo Bella responde que para nada pretendía quitar importancia a Miguel Ángel Blanco, que ela de feito acudira ás manifestacións pola mencionada vítima de ETA tras o atentado (concentracións ás que dubido que fose quen lle criticaba falta de solidariedade). A continuación, o grupo do PP abandona a sesión, os medios recortan a intervención e o contexto de Amparo Bella e a noticia é que Amparo Bella culpa a Miguel Ángel Blanco do seu atentado, e non é noticia que Gustavo Alcalde si que o fai coa muller asasinada nin a petición de dimisión: ó contrario, pídese a dimisión de Amparo Bella, que precisamente compara para que se entenda o esaxerado que é dicir algo así da muller 18
asasinada, é dicir, compara para indicar precisamente que culpar a Miguel Ángel Blanco do seu asasinato sería unha barbaridade do mesmo calibre. Represión de clase Outra forma de represión é a debida á clase social, e non me refiro á relación entre delincuencia (entendido como o roubo ilegal – non procedente da plusvalía e demais formas de roubo da forza de traballo –, violencia non procedente dos mecanismos estatais, etc.), senón á dobre vara de medir que baralla a posibilidade de aplicación da doutrina Botín á infanta, namentres se condena á pobre por roubar para comer. Nesta área non me parei a investigar moito, pero atopei dous casos representativos. 18/01: Esther Gabarre é condenada a 4 meses de prisión por roubar roupa para vender e así mercar algo pola festividade dos Reis Magos ás súas fillas. A presión social logrou suspender a entrada a prisión de Esther. Despois disto Esther foi xulgada por outro roubo penado con outros 4 meses, en El Corte Inglés. 13/02: Alaya condena a 15 meses de prisión a un home que roubou pizzas nun convento porque “tiña fame”, un home con problemas de alteración psíquica que foi condenado a maiores a 15 meses de internamento. Conclusión Dá rabia ver como xente que leva anos de esforzo e de loita, co que iso supón, se vai soa ou con escasos apoios a prisión por loitar por un mundo máis xusto, anos de esforzo entregados á sociedade sen ningún tipo de agradecemento, e esa xente vaise sinalada polo dedo social como terrorista, sen resposta social. Son moitos os casos de represión á loita obreira coartándoa ata da liberdade de expresarse publicamente, mentres á dereita se lle concede a liberdade que requira para enaltecer o fascismo e ameazar á esquerda, porque claro, perseguila a ela supoñería enfrontala ó poder. As operacións policiais van dirixidas exclusivamente ó bando das concienciadas, e enfrontarse ó poder implica moitas posibilidades de enfrontamento a demandas e procesos xudiciais. Fai falta empatía e solidariedade. Só responder á represión pode frear esta práctica. Fran PF coa colaboración de Sara GR
19
Entrevista a María Lluch Pregunta- María, es detida no marco da Operación Araña. Por que delitos es imputada? Se non lembro mal, cheguei a ler en grandes medios que colgaras carteis a favor de ETA na facultade. Resposta- Acúsaseme de enaltecemento do terrorismo e humillación ás vítimas, e non colguei nada en ningún sitio. P- Fixeches humor negro, e parece que a Audiencia non o pilla moi ben. Persoalmente tampouco son do meu agrado algúns chíos, pero condenalos é de tolos. Como cres que é posible que o espectador medio considere que debes ser condenada a prisión, é dicir, que supoñas unha ameaza para el por escribir chíos? R- Non sei se o espectador medio considera que debo ser condenada a prisión, só a Audiencia Nacional decidiu condenarme a dous anos de pena privativa de liberdade. P- Pero os medios parecen condenarte, violando a túa privacidade dando nome e apelidos, antes do xuízo. Dan a versión do dedo acusador e agás algúns alternativos non che permiten dar a túa versión. Como percibes o tratamento mediático? Sentes que existe esa procura por situar á persoa lectora contra ti? R- Creo que existe un modelo de prensa cada vez máis semellante ó fast food. Prensa rápida, pouco contrastada e de “copia e pega” en todos os medios. A maior parte dos medios que trataron o meu tema fixérono desde o punto de vista das 10 ou 15 liñas que escribe unha axencia de prensa e por iso todos os medios dixeron exactamente o mesmo e, por suposto, creo que existe unha presión mediática para poñer ás masas en contra, neste caso, de min. De todas esas noticias esaxeradas derivan despois as ameazas por redes sociais. P- Que repercusións ideolóxicas cres que poden resultar disto? Difundín por redes o teu caso e efectivamente a resposta habitual era “que se foda” ou “merecido o ten”, ante o que eu lles preguntaba se realmente se sentían máis ameazados polo que ti puideses chiar ou pola supresión de convenios laborais, por poñer un exemplo. Parece que non se procura que alguén corrixa a súa actitude para mellorar a convivencia social, senón que se procura a condena máis grande posible como vinganza e xenreira. R- Si, a maioría das veces todo eran insultos e demais, pero eu creo que a xente, ó igual que ó mellor me pasou a min, non pensa ben as cousas que di polas redes sociais. Ás veces falamos moi á lixeira. P- Consideras que pode ter algún tipo de efecto real o encarceramento? Pode alguén cambiar a súa ideoloxía, por exemplo deixar de apoiar a loita armada en caso de apoiala, por pasar por prisión? Que sentido ten a cárcere se non é o correctivo? R- Supoño que si, pero tamén podería cambiar o seu comportamento doutros moitos xeitos. P- Aitor Cuervo é poeta, Ibai ten publicadas creacións artísticas en Internet, Abel Azcona está sendo xulgado por unha obra artística súa, ti dirixiches varios videoclips de Día Sexto e Sons of Aguirre con gran éxito nas redes... Ademais tes as túas propias obras artísticas fotográficas. 20
Pode chocas un pouco co clásico perfil de terrorista. É casualidade ou cres que podería existir unha vinculación entre a creatividade e a arte coa represión? R- Ó principio si que o cheguei a pensar, xa que moitos dos detidos realizabamos actividades artísticas pero ó final tamén penso que, polo menos eu, non teño moitos seguidores así que a idea de que poida difundir máis unha que outra persoa calquera é absurda. P- Apoias realmente a ETA? R- Non, a xente ten a manía de ter moi rápido a palabra ETA na boca. Que a min me fagan graza os chistes de humor negro e que dentro deles se atopen algúns sobre vítimas de ETA non ten nada que ver para que eu apoie á organización terrorista. P- Pois os medios acusáronte de apoiala. Que estratexia pode haber detrás? R- Ós medios interésalles a carnaza, non a obxectividade. En canto á estratexia non creo que sexa vincular a nosa ideoloxía co terrorismo porque é algo que socialmente xa está aceptado, igual que “os xitanos son malos e os moros xihadistas”. É unha faena que xa teñen feita. P- Independentemente de que non pretendas enaltecer a ETA e de que condenes as súas accións, consideras que se hai liberdade para enaltecer o nacionalsocialismo ou a Franco debería haber liberdade para enaltecer a ETA? R- Creo que sempre debe existir a liberdade de expresión, dunha banda e da outra. No meu caso, non tiña antecedentes, non teño armas na miña casa, non milito en ningures, non hai indicios de que pertenza a un grupo armado... É absurdo que me queiran condenar por escribir chíos. Fran PF
21
Entrevista a Ibai Pregunta- Xúlgante por uns chíos. Cal foi a condena? Resposta- Un ano no cárcere e outros sete de inhabilitación. Como non teño antecedentes, se non cometo outro delito, o ano de cárcere queda en suspensión. P- Como é posible? Tanta difusión tivo? Nas redes sociais abundan mensaxes violentos, especialmente da dereita, que hai dúas semanas pedía a morte de Otegi. Inclusive cando chega a xuízo, como o edil de Valladolid que pediu un tiro na caluga para Pablo Iglesias en Facebook coas mesmas palabras que ti empregaches para a Infanta, é absolta a cambio dunha retracción nas súas palabras. R- Os exemplos que citas con bos, e hai moitos, moitos máis, e ben claros, con nome e apelidos. Eu mesmo denunciei formalmente á Garda Civil dous casos de tuiteiros de dereitas que falaban de poñer bombas en colexios electorais de Cataluña e tal. Non o fixen para que os detivesen, era un experimento para confirmar que só nos deteñen aos de esquerdas, e vaia se funcionou. Hai un descaro incríbel do que non pensaba que serían capaces. En marzo de 2015 produciuse un accidente de avión do que se falou moito, tamén houbo moitos chíos de “ben, se ían cataláns nese avión, paréceme ben que morresen.” O Ministro de Interior saíu na televisión asegurando que ía deter aos tuiteiros responsábeis; ao final, de todos eles só se detivo a un, precisamente ao que levaba unha conta de humor negro que era o único que realmente non se alegraba da morte dos cataláns. Os que de verdade se alegraban, impunes. Tamén se detivo hai pouco a un tal Beren por facer chistes machistas. É dicir, se facemos balance, atopámonos con que, entre as persoas detidas por chiar, hai unhas 50 persoas por ser de esquerdas e outras dúas por facer humor negro ou machista. Sabemos que se se detén a alguén, aínda que non sexa por ser de esquerdas, de cidadáns cataláns ou de Willy Toledo implica unha impunidade garantida, así que non hai nada que temer. P- Engado isto a modo de reflexión persoal, isto funciona dunha banda como método represivo para silenciar á esquerda e, doutra, unha base para a alienación é que a escrava se crea libre. Se coartamos a liberdade de expresión da dereita deseguido se verá ó Estado como un mecanismo opresor do sistema, por iso o Estado non pode permitirse aplicar a mesma dobre vara para medir. R- Efectivamente. Porén, existe un alto número de persoas relativamente despolitizado; non nun sentido literal, claro, porque todas as ideas sociais son tamén política e témolas case dende que nacemos, pero si nun sentido de non saber que partido, que clase de políticos, que clase de sistema, son mellores. Nese sentido, o Estado non o está facendo tan ben, porque se está a quitar a máscara diante de moita xente, e iso fai que vaia tirando para a esquerda e algúns se vaian radicalizando. O mesmo coa impunidade na corrupción, coa cada vez maior violencia da unidade de intervención policial nas manifestacións, etc. Supoño que se debe a que, a raíz da crise, estamos nunha época delicada e perigosa para todo o mundo.
22
P- Exposnos unha vara de medir na que unha xente ten moita máis liberdade para falar de violencia armada ca outra. Cal é a túa posición? Debe condenarse aos dous por igual ou forma parte da liberdade de expresión para os dous casos por igual? Que papel desenvolve o Estado de benestar e o “pacto social”? Puidermos pensar que o goberno de España non usa as armas, especialmente noutros países... R- Creo que ambas forman parte da liberdade de expresión e non debería ser delito. Iso si, e aquí pecando de moita subxectividade, creo que nunha sociedade un pouco máis normal a presión social marxinaría e apachocaría bastante á dereita. Por moi obxectivo que me poña, non podo entender que pedir un tiro na caluga a un político que estivo gobernando e roubou millóns de onde máis se necesitaba (Sanidade, axudas sociais, etc) sexa o mesmo que pedir un tiro na caluga para un político que aínda non tocou o poder pero que ten colegas en Venezuela. É que me parecen casos radicalmente distintos, e iso sen entrar na cantidade de cidadáns que se pide matar dende a dereita (cataláns, xente que non pensa como eles...) mentres dende a esquerda creo que ningún dxs detidxs pedimos a morte de xente que non pense coma nós nin nada polo estilo, só de altos cargos políticos e empresariais. Non pola súa ideoloxía, se non polas súas accións. En canto ao pacto social, ben, está aí en certa forma abstracta, e teño que agradecerllo: de non existir, o tiro pegaríanmo a min na comisaria, non? Mais este pacto social é moito máis feble do que a xente pretende crer, na miña opinión. É unha cuestión de sutileza, cousa que entendo en parte polos medios de comunicación ao servicio do poder e en parte por pura lóxica. É dicir, o Goberno asasina. As cifras de xente morta por pobreza enerxética porque lles negan a electricidade, por hepatite porque lles negan os medicamentos, por suicidios debido aos desafiuzamentos e a pobreza, polos recortes de Sanidade... son arrepiantes. O Goberno está asasinando constantemente, e nin sequera quero dar a cifra que calculei hai uns meses porque aprendín que é tan horriblemente alta que o único que consegue é resultar incríbel e que a xente rexeite o discurso ao momento. Pero eu entendo que para calquera persoa é moito máis abraiante un disparo ou unha bomba que a morte en cama por hepatite, non? O primeiro é espectacular, hai moita acción, moito sangue, o segundo é máis unha cuestión familiar que se dá no ámbito privado, é imposíbel que chame tanto a atención. E non sei se antes ou despois ou en ambos sitios, está a lei. A lei, por suposto, prohibe pegarlle un tiro a alguén (e como estamos vendo, agora tamén o simple feito de desexalo), mais non prohibe moitos outros mecanismos de asasinato. Un presidente co Congreso do seu lado podería ordenar tranquilamente recortes de Sanidade mentres sostén un informe na man que lle advirte de que eses recortes en Sanidade provocarían varias mortes ao mes. E sería perfectamente legal. A xente con poder xoga con vidas, pero non se lles pide a menor responsabilidade logo... e iso que ata lles dan un soldo ben alto pola suposta responsabilidade que implica o seu cargo. P- Defines ó Estado de benestar como responsábel de gran número de mortes. Efectivamente cando desafiuzan, cando privatizan a Sanidade ou elevan o prezo da luz ou do gas, falar de paz social e ver ao Estado como protector do cidadán sería obviar a loita de clases. Ves a esta violencia, esencia sistemática, como desencadeante da violencia social?
23
R- Si, claro. A resposta á pregunta é que si, sen ningunha dúbida, pero antes matizaría que o Estado tamén exerce unha función de protección ao cidadán. O que pasa é que o Estado é unha entidade moi abstracta, composta por moitos individuos. De entre todos eses compoñentes, pois haberá algúns despiadados, outros máis simpáticos e outros despiadados pero covardes que ceden ante os reclamos da xente para evitar unha revolución na que rematen decapitados. De feito, por ese motivo habería que matizar iso de que o Estado é responsábel dun gran número de mortes. Por exemplo, o Estado pode recortar en Sanidade e provocar mortes, pero tamén é o que está ofrecendo Sanidade ata agora; así que igual sería máis preciso sinalar directamente aos responsábeis dos recortes. P- Isto clasificariámolo como violencia estrutural ou económica. Consideras que o sistema é violento dalgún outro modo? Dígoo pensando, por exemplo, na competitividade xerada, o odio de quen vive na marxinalidade, a violencia mediática que xustifica intervencións militares, ou na Garda Civil poñendo armas nas mans das estudantes dando charlas nos colexios, a mesma Garda Civil que se encarga das Operacións Araña na que acusa a chíos de enaltecer o terrorismo. R- Todos os exemplos que pos son bos, si. E pódense sumar máis, claro; os relativos ao franquismo, por exemplo. España ten ese problema, que ademais de ser un país capitalista, con todo o que isto conleva, ten aínda demasiadas reminiscencias fascistas. De feito, é case como se quixese coller a propósito o peor do capitalismo e o peor do fascismo e mesturalo. E é unha sorte que non poidan facelo en grado moi alto porque, como dicía antes, teman unha revolución ou algún tipo de represalias por parte da xente de a pé. Fran PF coa colaboración de María Bañón Goiriz
24
Entrevista a Ruymán Pregunta- Fálanos un pouco da túa traxectoria como activista. Resposta- Desde a adolescencia estiven implicado na militancia e sempre desde a barricada anarquista. Desde o primeiro grupo de afinidade alá polos 14 anos ata a militancia sindical a principios do 2000. Impliqueime na loita social en distintas frontes, desde as reivindicacións da poboación migrante (tema prioritario nas illas) ata as mobilizacións contra a guerra de Iraq. Participei activamente no 15M e estiven nun dos colectivos que fundou a FAGC. Actualmente implícome, desde esta mesma federación, no tema da vivenda fai 5 anos. P- Que actividades realiza a FAGC no tema da vivenda? R- A FAGC desenvolve no tema da vivenda unha actividade integral. En primeiro lugar abriu o abanico das plataformas tradicionais: non só se encarga de asuntos de hipotecas, senón que aborda a situación dos inquilinos e dos indixentes. Os máis afectados no tema da vivenda e, paradoxalmente, os máis esquecidos. Participamos en parar desafiuzamentos, pero non só contemplamos a asesoría legal, a negociación, e os piquetes anti desafiuzamentos convencionais. Usamos o que eu chamo: métodos mecánicos (apuntalar portas, cravalas ó marco, usar cuñas, inutilizar escaleiras, levantar barricadas), que permiten que grupos pouco numerosos poidan facer fronte a un desafiuzamento. Ademais, por se o desafiuzamento non puidese deterse (aínda non nos pasou) ou os afectados non contemplaran a vía da resistencia, tamén traballamos no “plan B” (ocupación e realoxo). Con este procedemento expropiamos centenares de inmobles realoxando a máis dun millar de persoas. Actualmente puxemos en funcionamento a Oficina de Expropiación Popular para dotar a este traballo dunha estratexia revolucionaria de socialización veciñal de recursos. Iniciamos a ocupación máis grande do Estado (a comunidade “La Esperanza”), unha Folga de Alugueres inédita no Estado no século XXI (táctica que queremos seguir aplicando) e implicámonos en xeral en calquera abuso habitacional (como o intento de desaloxo de 80 familias por parte do Concello no municipio de Santa Lucía de Tirajana). P- Como funciona a comunidade La Esperanza? R- O seu modelo era asembleario, autoxestionario, horizontal, autónomo e acéfalo. Todos os asuntos que afectaban ó común resolvíanse en asemblea. Esta designaba á súa vez comisións para afrontar o traballo (Realoxo, Mantemento, Talleres, Solidariedade, Horto, Tesouraría). Os veciños que podían pagaban 25 euros mensuais para costear as cubas de auga, os que non tiñan recursos aportaban o que podían ou traballo. A idea era aportar segundo as posibilidades e recibir segundo as necesidades. Os problemas veciñais debían resolverse de forma directa, entre os interesados, e de non ser posible acababan levándose á asemblea. Esa era a teoría, que levada á práctica demostrou que o modelo libertario (lonxe de utopías) era, a niveis de xestión e economía, funcional e moi práctico. Porén, só significaba mellorar a vida material da xente; o proceso individual de desenvolvemento é máis complexo e non se soluciona con pan e teito. Foi unha experiencia, aínda inconclusa, das que marcan unha vida. Vivín alí 2 anos. Actualmente desvinculámonos para deixar que os veciños exploren sen influenzas externas os
25
seus propios camiños. Algún compañeiro da FAGC segue vivindo na comunidade e colabora a título individual. P- A comunidade La Esperanza funciona dun modo que podemos denominar xa anarquista. Como responde a xente a isto desde un punto de vista ideolóxico? Un prexuízo falso é que o anarquismo non é posible de levarse a cabo. Apréndese teoría da praxe? Conseguiuse que xente que ía ser desafiuzada polo banco se conciencie e tome posicións activamente contra o capitalismo? R- A anarquía si pode levarse a cabo, pero para isto fai falta que se cumpra unha premisa básica: que quen a leve a cabo sexan os non anarquistas (e moitas veces non teñen necesidade sequera de darlle ese nome). A anarquía lévase á práctica cando se libera dos dominios dos anarquistas, cando estes lle soltan correa e a deixan correr libre pola rúa. A xente non asume nin o bonito, nin o fermoso, nin o romántico, e ás veces nin sequera o correcto; asumen o práctico e eficiente. A forma de levar a anarquía á xente é necesariamente práctica. De discursos e panfletos ninguén aprende nada; só a propaganda polo feito mete prácticas anarquistas na cabeza da xente. Ideoloxicamente para moitos é un choque chegar a un enclave onde xa non hai que competir, senón colaborar; onde fai falta a opinión de todos para tomar unha medida ou chegar a un acordo; onde non se potencia o racismo, o machismo ou o maltrato animal; onde para resolver un conflito non se delega en denuncias, xuíces ou policía, senón onde as dúas partes en conflito deben abordalo e preferiblemente sen intermediarios e só en casos extremos con colaboración colectiva; onde non prima o diñeiro ou a ganancia senón o actuar con altruísmo. Pero con iso e todo (e non o digo por La Esperanza senón por outras experiencias comunitarias que vivín nestes anos de loita pola vivenda), non hai que ser inxenuo: a anarquía rodeada de capitalismo é un proxecto bonito, pero se non se irradia cara fóra e medra ten a mesma duración que un espellismo. Doutra banda, a xente pode vivir de forma libertaria, incluso comportarse así levada pola inercia inicial, polo entusiasmo dos primeiros meses, pero seguir pensando de forma capitalista. Moitos poden aproveitar un modelo que dá todo e esixe moi pouco (esforzo e compromiso ó sumo) para medrar e para explotar a solidariedade allea. Unha forma de vida que tende á gratuidade, garantindo teito, subministros básicos e alimentos, pode servir, senón se produciu simultaneamente un cambio persoal, para que alguén que cuns ingresos mínimos era un paria na sociedade capitalista, poida acumular e ir facéndose cun capital nun enclave libertario. Ó final a anarquía, se se mantén afastada do conflito e só tende á estabilidade, pode servir para que unha persoa atesoure uns recursos que lle permitan volver ó seu tren de vida capitalista e consumista e ata que incluso se lle posibilite explotar ós que non iniciaron este proceso porque non puideron ou quixeron. Esa é unha gran lección de futuro. P- Falas de que para conseguir que trunfe hai que expandir estas prácticas. Que liñas estades seguindo para conseguilo, ou por onde cres que se podería tirar? R- Descubrimos que sen xerar un conflito aberto coas institucións e o sistema capitalista, a estabilidade mata calquera proxecto por resolutivo que pareza. A nosa idea é arrebatarlle estes inmobles ás entidades bancarias e á administración como un acto de expropiación colectiva, como unha forma de quitarlles recursos públicos e comezar a xestionalos nós, os veciños. Ata que cheguemos a xestionar os recursos (vivenda, subministro acuífero e eléctrico, 26
terras cultivables), de barrios ou pobos enteiros. Parece un acto de guerra, pero non son máis cós cementos dunha revolución baseada na autoxestión de recursos públicos que debemos comezar a controlar de forma directa. P- A comunidade La Esperanza, e se tes outro punto de vista corríxeme, soubo aproveitar unha demanda obreira que cómpre cubrir como é a loita contra os desafiuzamentos, para transformar a sociedade e ir alén facendo unha pequena fronte ó capitalismo. Á luz destes resultados, que opinión che merece a forma na que se organiza frecuentemente a loita contra os desafiuzamentos (como o caso da PAH)? R- Non teño moitos datos de como funciona a PAH no resto do Estado porque só coñezo en profundidade a da illa, pero si que podo falarche dalgunhas apreciacións persoais. Paréceme que é unha sorte que se manteña a autonomía en cada localidade, o cal permitiu que moitas PAH’s e as súas Obras Sociais desenvolvan unha actividade meritoria recuperando inmobles e desenvolvendo unha práctica moitas veces trufada de tics libertarios (non en vano moitos libertarios participan nesas plataformas). Recoñecendo iso, tamén debo sinalar outras cousas. Paréceme que en moitas partes se estableceu como un intento de recuperar o estatus das chamadas “clases medias”, as vítimas da “pobreza sobrevida” (usando a xerga de Podemos), ignorando completamente ás persoas que xa vivían en precario antes da crise e que en toda a súa vida non coñeceron nada máis que pobreza. Implícanse coa xente que perdeu poder adquisitivo, pero non detecto a mesma implicación cos que levan décadas sen teito ou nin sequera son capaces de pagar os alugueres máis baixos. A súa batería de medidas tende a iso. O seu ILP e a Dación en Pago van nesa dirección. Unha preocupación desmedida porque os hipotecados se liberen das súas débedas aínda que iso supoña perder voluntariamente as súas vivendas: iso é só unha opción para quen non ten a casa que entrega como única saída habitacional; para o resto, durmir no banco dun parque pero sentíndose libre de débedas non parece unha opción. Esa mentalidade descoñece a realidade dos barrios, onde a maioría da poboación vive sobre endebedada, incluída nas listaxes de morosos e leva anos sobrevivindo da economía en B e sen interese nin esperanzas de acceder ó crédito. Persoas que morren con débedas que saben que non van poder ou querer pagar porque levan décadas na insolvencia, en barrios onde o 70% dos veciños está en paro (como pasa en moitos sitios de Gran Canaria) e que precisan outras alternativas que non pasan por volvelos integrar a unha legalidade que xa os estafou e que só lles pode ofrecer perder o pouco que teñen. Pasa por unha organización popular que tenda a recuperar recursos á marxe de tratar de saldar débedas que só poden pagarse a costa dunha indixencia integral. Reivindicar unha amnistía hipotecaria ou arrendataria (como os ricos se deron unha fiscal) sería máis interesante que calquera medida que tenda a deixar á xente sen fogar pero fiduciariamente saneados. A miopía de non ver más alá do aluguer social, sen ver as súas contraprestacións, parte da mesma mentalidade. A FAGC redactou documentos nesa liña cando llo reclamaron os veciños, pero non foi nunca parte da súa estratexia ideal nin obxectivos finais. Cando reclamamos un aluguer social ó 30% dos ingresos debemos meter nos nosos cálculos ás persoas con ingresos 0. Ademais os alugueres sociais aproxímanse por sistema (ó menos no arquipélago) ós 350 euros. O prezo dun aluguer convencional practicamente. A xente celebra o aluguer social como unha vitoria e non se decata das consecuencias. O concello adoita dar unha axuda a ese aluguer social de 300 euros, permitindo ó inquilino pagar só 50 euros mensuais (sen a auga e luz incluída). Isto é asumible namentres dura a axuda ó aluguer, pero cando a axuda remata ós meses as familias atópanse 27
cun aluguer de 350 euros que son incapaces de pagar, sendo expulsadas das súas casas ó primeiro mes de impago. Non en vano ninguén desafiuza máis na illa que os xestores privados do parque de vivenda pública. Unha alta porcentaxe dos casos de desafiuzamentos que atendemos son desafiuzados por impago de aluguer social. Iso en canto a diferenzas tácticas. A outros niveis, a instrumentalización política que se fixo en moitos sitios das plataformas, ben utilizándoas como trampolín político (como o caso de Barcelona ou das illas), ben usándoas como marcas brancas de partidos políticos (de IU a Podemos, ou aquí Nueva Canarias) é outro elemento a considerar. Cando existe un problema social urxente como é o tema da vivenda, un tema no que alternativas radicais como o anarquismo estiveron implicadas desde sempre (aínda que facendo autocrítica, cada vez máis nos últimos anos con aspiración autocomplacente e sen desenvolver unha actividade que revertera na xente de a pé), e xorde unha organización que onde hai un barril de pólvora social a punto de estalar pon toallas húmidas e arrefría os folgos, redirixindo a actividade combativa cara o camiño da concertación e a resolución legalista, faise difícil non atopar analoxías coa institucionalización dos movementos sociais. Conste que digo todo isto co máximo respecto ós activistas individuais e á súa labor para loitar contra os abusos financeiros, pero tamén coa máxima desconfianza cara as organizacións que se xuntan cos partidos e se deixan arrastrar pola política parlamentaria. P- É notorio que tamén estades conseguindo levar á práctica experiencias anarquistas dun modo non armado. Cres que é posible levar a cabo o anarquismo a gran escala sen recorrer á loita armada, ou que incluso é daniña? Non houbo represión policial ó propio funcionamento da comuna, independentemente do teu caso? [Entrevista realizada dous días antes da orde de desaloxo á comunidade La Esperanza] R- Fáiseme difícil falar de violencia cando vexo desafiuzamentos a golpes de ariete e porrazos, suicidios por desesperación, nenos caquéticos con enfermidades do s. XIX, cando condenan á xente a 40 anos de cárcere sen pestanear ou cando a min mesmo me estrangularon e golpearon na comisaría. A xente sinala ó que tira unha pedra e mira con tranquilidade a persoas que pasean polas nosas rúas con pistolas e porras ó cinto. Cando as persoas insensibles ante tanta forza bruta e sangue derramada me falan de violencia non podo evitar un sorriso irónico. A loita armada? As miñas armas son os trades, as cizallas, as pancas, os puntais. Ferramentas de obreiro. Só oio o da loita armada nos balbordos cibernéticos; vela véxoa todos os días pola tele en Siria, Iraq, ou onde o primeiro mundo decida agora ir a aliviar o ventre. Dicía Louise Michel “a revolución farase cando queira o pobo e non cando lle conveña á policía”. Subscríbome ás súas palabras. Nin condeno a desesperación e a rabia confundindo a pedra co mísil, nin tampouco vexo nada práctico en caer na demonización fácil ou no martiroloxio voluntario do que ten présa por afogarse no seu propio sangue. Nunca me gustou a violencia e menos aínda a súa mitificación; pero iso paréceme precisamente un motivo para enfrontarse ó Estado e ós seus lacaios armados e non un para condenar ós que acaban sendo vítimas da súa propia angustia. Sobre a represión á comunidade, si. Denunciaron a varios veciños e varias denuncias falsas saldáronse con multas por vía administrativa (a Garda Civil interveu na comunidade para identificar a varios veciños, entre eles a min, a xente afeoulles a entrada e eles inventaron que 28
case os linchan). Pero a súa mentalidade xerárquica non lles permite concibir unha estrutura sen líder, así que case toda a súa represión se centrou en que acabo saíndo nos medios cumprindo o encomendado polos propios veciños: un servidor. P- Dis que a policía te tortura. Fálanos diso. Como é que te deteñen, en que situación e con que pretexto? Que ocorre despois da detención? R- Detéñenme coa escusa de identificarme, pero a súa verdadeira intención era intimidarme para que abandonase a loita social. Atopábame nunha parada de autobús a carón da comunidade para ir traballar cando un coche común se detén diante miña. Del baixan dúas persoas que afirman ser gardas civís e pídenme o DNI. Aducen que a miña cara non se corresponde coa foto do documento (unha estupidez) e empúrranme a dentro do coche. Un auténtico secuestro. Lévanme ó cuartel onde comezan os insultos e as descualificacións (o máis significativo que estaba “enchendo o municipio de xentuza”). Ó ver que non me afectan as súas tácticas e que respondo a ese tipo de exabruptos dicindo que xentuza son os poderosos ós que eles defenden, empezan os golpes e as estrangulacións. Verme escupindo sangue e oírme pedir o habeas corpus foi o único que os fixo desistir. Estou convencido de que foi a necesidade de xustificar a miña detención e as miñas lesións o que os motivou a denunciarme por atentado á autoridade (un delito posterior á miña detención). Aínda que nun primeiro momento o xuíz instrutor considerou que debía tramitarse como unha falta de desobediencia e non como un delito de atentado, a Garda Civil recorreu obsesionada con que me caesen penas de cárcere. Por iso actualmente me atopo á espera de varias resolucións xudiciais e exposto a unha petición por parte da acusación particular (a propia Garda Civil) de varios anos de cárcere polo citado delito de atentado á autoridade. O único positivo é que os tribunais acusaron de oficio ó garda civil que me torturou atendendo ó declarado por min. Non teño moita confianza nisto, e creo que non terá moito recorrido a imputación de oficio, pero agardo que ó menos se lles quiten as gañas de seguir recorrendo e eu poida ter algo máis de marxe para seguir traballando. P- Estás lonxe de ser o único caso de tortura policial. Percibiches na túa experiencia de abuso policial que se trata de algo xeral? Ou, dito outramente, percibiches complicidade da Garda Civil como tal? R- Por suposto. Falamos de corpos militarizados, castrenses, cunha estrutura que, aínda que non se trate dun corpo especificamente militar como a Garda Civil, se basea principalmente na xerarquía, o mando único, a uniformidade de conduta, a obediencia e a falta de criterio persoal. Ningunha atrocidade se comete sen consentimento dun mando superior, sen a súa permisividade ou sen a complicidade da estrutura e o corpo enteiro. Si, en todos eses organismos, por moito espírito corporativo que haxa, é posible que poida haber cabida para a individualidade; pero se a hai será para distanciarse da maioría e non seguir a súa liña brutal nin reproducir o que gregariamente se establece como norma (e se hai consecuencia debería abandonarse o corpo, porque sempre está a opción de mendigar, roubar ou estudar antes de exercer de policía). É xente armada e basean o seu poder en infundir medo á poboación, e á súa vez obedecen porque experimentan o mesmo medo cara os seus superiores. A súa misión, para ser bos policías, é non pensar por si mesmos, no cuestionar e non discutir ordes. Calquera 29
carácter de sadismo, falta de empatía, carencia de escrúpulos, será benvido porque é imprescindible para realizar o seu traballo. Que clase de persoa é a que arroxa da súa casa a un bebé en brazos da súa nai? Xustamente a que acabo de describir, persoas sen problemas de conciencia ante o cumprimento dunha orde. Gozar do seu traballo é só un plus de efectividade. O que dicía Hugo Bäll dos soldados é aplicable ós policías: “un soldado que comeza a pensar case deixou de selo”. En base ó dito, é máis que improbable que un ataque represivo contra un anarquista concreto sexa un rapto de exceso de celo individual e non o acatamento dunha orde ben definida, medida por organismos que transcenden dos simples axentes. P- A loita é dura e desgasta moito, tanto en tempo como en esforzo. Como se sinte alguén que leva loitando anos por construír un mundo de convivencia e xusto é torturado pola policía, e aínda por riba se lle piden anos de cárcere, sinalado a cotío, se ben hai xente que amosa solidariedade, polo dedo social e os medios como terroristas e un perigo para a sociedade? R- Mentiría se non dixera que mordín o barro, que estiven esgotado física e emocionalmente. Foron anos moi duros e non esaxero se digo que ás veces cría que non ía saír enteiro. A xente que me coñece e me quere sabe do que falo. Foron anos nos que estiven militando 24 horas ó día, porque vivía no mesmo sitio onde desenvolvía a miña actividade social. Ás veces pensei que non o conseguiría. Pero todo o vivido, incluso o máis duro, as decepcións, as delacións da mesma xente ós que un axudara, as espantadas ante a represión de moitos compañeiros e cousas similares, serviron para medir a miña capacidade, os límites das miñas propias forzas e tamén os dos meus referentes teóricos, os das miñas propias ideas. A anarquía non é un xogo, é unha dura aprendizaxe que esixe unha gran capacidade de resiliencia e que desgraciadamente se constrúe con moitas derrotas persoais e, se hai sorte, con algunha vitoria colectiva. Agora teño a idea de que hai que ser como o metal e temperarse cos golpes. É como atravesar un río e decatarse a metade do camiño de que non se fai pé de que hai moita corrente. Seguir nadando é perigoso, pero xa estás demasiado afastado da beira da que saíches como para volver atrás. Lembro moito unha anécdota de Durruti que representa o meu actual estado de ánimo. Despois de librar da pena de morte en Francia por intentar atentar contra Afonso XIII preguntáronlle os xornalistas, cando aínda non estaba en prisión que que faría ó recobrar a liberdade e el dixo: “seguir onde o deixei”. Pois niso estamos. Pase o que pase, máis tarde ou máis cedo, seguirei onde o deixei. P- E, sobre isto, hai xente que está sendo condenada tras anos loitando e se vai soa ó cárcere. Existe unha falta importante de empatía, ¿qué importancia cres que ten a solidariedade? R- Creo que debemos derribar as todas as capeliñas que dividen e subdividen ó movemento, non en tendencias, ou correntes de pensamento, o cal é san, senón en verdadeiros mosteiros de clausura dos que só se sae excomulgado e non se pode entrar sen permisos dos pais e nais superioras. Hai liñas vermellas que nos deberían de obrigar a ignorar todas e cada unha das nosas cuítas e diferenzas e nos deberían de forzar a facer unha fronte común: a principal é a represión. Cando un compañeiro cae a xente debería esquecer se pertence a tal grupo, se non é da miña corda, se me criticou naquel artigo, e poñer cuestións superiores, como a liberdade allea e o apoio mutuo, en primeira orde. Non pode ser que unha persoa omnívora ou partidaria de experimentar con drogas non apoie a un activista vegano e militante anti drogas 30
porque as súas ideas non concorden. Non expido carnés para saber se esa insolidariedade é ou non compatible coas “sagradas esencias anarquistas”, pero si podo opinar que quen iso fai é un ruín, desprezable e miserable, e non é máis compañeiro meu que a persoa que con ideas autoritarias ó menos difunde a causa do represaliado e se solidariza con el. Vin como pode apoiarse mediaticamente a compañeiros de reivindicación cómoda e agradable, implicándose ó 100% na súa posta en liberdade, e como compañeiros que se expoñen a 40 anos de prisión son case defendidos co nariz tapado, de puntillas, porque a súa retórica puido resultar inadecuada ou porque puideron opinar sobre cuestións represivas de forma desafortunada. Sinceramente danme igual as escusas que se esgriman para non apoiar a alguén. Creo que é imposible pedir a empatía da sociedade se antes non somos capaces de empatizar nós mesmos cos nosos propios compañeiros. Nese sentido creo que na represión todas deberiamos asumir esta máxima de Albert Libertad: “todas as leis son malvadas, todos os xuízos son inicuos, todos os xuíces son malos, todos os condenados son inocentes”. Fran PF
31
Entrevista a Causa Galiza Pregunta- Num primeiro momento, como vos sentistes ao recibir a notícia do sucedido? Joám Peres: [Ri] Fumos “protagonistas” em primeira pessoa, assim que já te imaginas como a recebemos. As abordagens fôrom diversas: nalguns casos, tiravam a porta da casa abaixo e entravam a ponta de metralheta, encarapuçados, gritando, com passamontanhas e pistolas, sementando o pánico na vizinhança, etc.; noutros, a detençom foi menos espetacular e produziu-se saindo das casas de caminho para o trabalho. A sensaçom nos primeiros momentos é impactante, porque te olhas atirado no chao, apontado, com a casa ocupada, e sabes como atua esta gente. Salva Gomes: Os que sim dérom a “notícia” fôrom os meios “oficiais”, que foram convocados pola Guardia Civil, estavam aguardando na rua e repetírom a versom que a Guardia Civil enviou a todas as redaçons. Nestes casos, que o regime risca de “terrorismo”, as informaçons supeditam-se às ordens do Ministerio de Interior e agem como umha extensom do operativo policial. As declaraçons do Delegado del Gobierno, Santiago Villanueva, também fôrom nesta direçom: saltar por cima da presunçom de inocência e repetir a nota policial. P- Através da "Lei Mordaza", o capitalismo no Estado Espanhol está a reprimir duma forma muito máis agressiva. Pensades que a ilegalizaçom de Causa Galiza joga um papel estratégico para frear o independentismo galego? J. P.: Segundo o que já é umha constante, pretendem criminalizar umha opçom política estratégica para este país como é o independentismo, abortar processos de auto-organizaçom neste sentido e condenar-nos a um mapa político de opçons institucionalistas como o que conhecemos. O Estado quere acoutar o independentismo num bucle eterno entre repressom e resposta à repressom porque nesse círculo vicioso estám cómodos. Neste sentido, nós pensamos que, à vista da evoluiçom dos conflitos catalám e basco, à vista do esgotamento da via estatutária, o Estado profundo decidiu que na Galiza o “problema” nem sequer se chegue a formular abertamente e opta por este tipo de estratégias. S. G.: Eu penso que a operaçom, para além dos parámetros específicos de repressom contra o Independentismo Galego, que é onde a devemos enquadrar, envia também umha mensagem face os movimentos populares. Como dizendo, “isto é o que lhe esperar a quem se mova, ou se organice, ou denuncie”. Dalgum modo, utilizam o nosso caso como um laboratório repressivo, mas a resposta tem que ser, como dizia alguém, “nem um passo atrás”. P- Em distintos meios de comunicaçom ao serviço do capital, tomáron-se a molestia de recalcar uma suposta vinculaçom de Causa Galiza a Resistência Galega, assim como o antigo papel jogado pelo EGPGC; quando realmente não existe nengúm tipo de vinculaçom terrorista ao partido. Estamos ante uma situaçom na que "todo es terrorismo"? Como credes que poderia afectar isto às loitas presentes e/ou futuras? S. G.: O Todo es ETA foi aplicado em Euskal Herria para iniciar a caça às bruxas contra a dissidência independentista basca, com detençom de jornalistas, militantes políticas, sindicalistas, ilegalizaçons, tortura, etc. Agora é importado para a Galiza, com um formato forçosamente a pequena escala, mas com idênticos objetivos. Pretendem reduzir a posiçom 32
independentista a um tema de ordem pública que se aborda exclusivamente com polícia, julgados e cárcere impedindo que o Independentismo espalhe a sua mensagem de que a rutura com Espanha é a única alternativa real de futuro para este país e dificultando o seu fortalecimento. P- No informe da Guardia Civil, fála-se da organizaçom do do Día da Galiza Combatente do 2014 e dos preparativos da do 2015 como "un hecho delictivo". Realmente chegou a realizar-se um feito delictivo nas sucessivas datas? Por que credes que criminaliçarom o acto político feito neses días? J. P.: A Guardia Civil tivo que apresentar na Audiencia Nacional um mínimo argumentário formal para facilitar que o juíz Eloy Velasco, que é quem estava de guarda naquela altura, desse luz verde à operaçom. Escolhérom este como podiam ter argalhado outro qualquer. O fundamento é nulo, mas aqui de que estamos a falar é de repressom política pura e dura, e os tenicismos e as garantias legais som intrascendentes. De existir algum fundamento, como se explica que aguardassem quase dous anos para atuar? É umha questom 100% política e tratam de eliminar manu militari qualquer independentismo organizado neste país. S. G.: Acho que a intençom vai para além da criminalizaçom dum ato concreto: trata-se de criminalizar umha posiçom político-ideológica e enviar umha mensagem clara: quem se organizar para trabalhar pola independência pode colocar-te no alvo da repressom. Sabem, como indicava umha análise recente, que quase 40% da mocidade deste país é favorável ao exercício do direito de autodeterminaçom e adoptam medidas “preventivas”. Falavam, por exemplo, para que te fagas umha ideia do surrealista do processo, de evitar “futuras vítimas” com a ilegalizaçom de Causa Galiza. P- As pessoas integrantes de CG tedes prohibida a reunião, organizaçom e convocatoria de actividades políticas. Como afectará isto ao voso futuro como activistas? S. G.: Muitas de nós levamos tempo nisto. Conhecemos algumhas das caras da repressom, porque a padecemos diretamente, ou a sofremos na pessoa de outros e outras companheiras. Queremos dizer com isto que, embora é inegável que a repressom é um problema, e especialmente processos como o atual, que podem implicar prisom, o nosso compromisso com este país e com a luita independentistas estám intatos e seguiremos a trabalhar polos nossos objetivos políticos. J. P.: É claro que, quando a repressom arrecia, as conviçons e compromissos individuais se submetem a um test de resistência. A nossa experiência é que este tipo de processos, embora tenhem aspetos negativos evidentes, afinal conseguem afortalar ainda mais essas conviçons e compromissos, reforçar a coesom e sempre consolidam a meio prazo a legitimidade independentista. P- Após a sentência, distintos partidos políticos e organizaçons mostrarom o seu apoio a CG, chegando incluso a manifestar-se o passado 24 de janeiro em Compostela. Em geral, como foi a resposta solidaria por parte da povoaçom? S. G.: A resposta solidária foi impresionante. É, para nós, a prova mais evidente de que a montagem policial e mediática tivo umha reduzida credibilidade na sociedade galega. Aliás, serviu para abrir os olhos a muita gente a respeito de onde estamos paradas. Isto, em si
33
próprio, já é um facto positivo porque delata o nível de deslegitimaçom e falta de credibilidade em que se encontra este regime. J. P.: Quando as detençons, tivemos a reaçom de muita gente a título particular, e de Ceivar, estando a pé de obra nos momentos mais complicados, fazendo frente a este tipo de atuaçons. Aliás, as declaraçons públicas e privadas de todo o tipo de agentes e a importante mobilizaçom nacional de 24 de janeiro, que reuniu por volta de mil pessoas e quase 70 partidos, sindicatos, associaçons e coletivos de todo o tipo. Botamos em falta a adesom do BNG como organizaçom, mas a sua mlitáncia de base tivo umha digna e mais do que notória presença e sentimos o seu apoio e o seu calor. P- Tedes esperanças em que se chegue a retirar a ilegalizaçom de dous anos do partido? S. G.: Somos absolutamente céticos e céticas a respeito da Justiça espanhola em geral e da Audiencia Nacional em particular. Esta última é um tribunal político de exceçom que se constituiu no mesmo dia em que disolvérom o TOP do franquismo. J. P.: A “suspensom de atividades”, que é como denominam tenicamente esta ilegalizaçom de facto, foi reduzida de 2 anos a 1 prorrogável após a atuaçom da defesa. Como dizia Salva, nós nom temos confiança na Justiça espanhola, mas vamos recorrer por via legal até o Tribunal Europeu de Direitos Humanos, se figer falta, para denunciar esta vulneraçom de liberdades políticas e para recuperar o estátus legal de organizaçom independentista que desde 2007 atua à luz do dia para socializar a ideia básica que ao nosso povo necessita avançar face umha rutura definitiva com Espanha. P- Para rematar: que mensagem lhe transmitiriades às obreiras e/ou estudantes que tenhem medo de realiçar alguma actividade política ou, mesmamente, dar a conhecer a súa opiniom respecto a um tema através das redes sociais? J. P.: O medo é umha reaçom humana lógica perante perigos reais ou imaginados e umha certa garantia de segurança. O problema é quando se torna paralisante e acovarda, atomiza e retrai as pessoas da açom social e política. Temos às costas 40 anos de Ditadura para sabermos bem aonde leva o medo. Agora, este regime pós franquista trata de manter a estabilidade e desativar a contestaçom recorrendo ao medo. A única resposta possível é saber que há repressom porque a gente luita, continuar cada quem nas atividades e posiçons com que estaja comprometido e, por último, organizarmo-nos para enfrentar coletivamente a repressom, a nível económico, de denúncia, de mobilizaçom, etc. Quanto mais se retroceda frente à repressom, mais dura e extensa será esta. O único que pode paralisar ou ralentizar os planos da repressom social e política é que encontre à sua frente firmeza, coesom e resposta coletiva e um povo que nom está disposta a renunciar aos seus direitos e os seus objetivos. A melhor resposta à repressom é afortalar a auto-organizaçom e a iniciativa populares a todos os níveis. Eloi Garrido
34
Iemen: un ano de invasión militar saudita O 26 de marzo fai un ano desde que Arabia Saudita comezou a súa ofensiva en Iemen, o gran esquecido. Tras 1 ano de bombardeo a principal fonte de información de moita xente foron as redes sociais debido ó tremendo silencio mediático. Por iso cómpre facer especial mención e, un ano despois, seguir explicando o descoñecido conflito. Para entendelo precisamos remontarnos a hai 7 anos, en Siria. En 2009 Siria negouse a asinar un proxecto de oleoduto para o transporte de petróleo saudita ata Turquía. A situación é estratéxica desde varios puntos de vista: dunha banda para o transporte de petróleo entre Arabia Saudita, Israel e Turquía, doutra para a saída de petróleo procedente ben das petromonarquías ou ben de países aliados de Irán ó Mediterráneo e de aí a Europa, posuíndo o principal porto ruso fóra das súas fronteiras, e por último é interesante no sentido de que Siria posúe unha reserva de 2.500 millóns de petróleo no seu terreo. A explotación deste petróleo está reservada ás empresas estatais, se ben é certo que ISIS tomou en setembro de 2015 a posesión de todos os pozos petroleiros de Siria (para o que precisan refinerías e tanques de petróleo, ademais de armamento). Este petróleo é vendido a Estados Unidos e á Unión Europea, tal e como recoñeceu o embaixador da UE en Irak. Siria, no canto de aliñarse con Arabia Saudita e Turquía para a construción dun oleoduto, acordou en 2011 con China, India, Paquistán, Irán, Iraq e Líbano a construción dun gasoduto que abriría ó Mediterráneo a través de Siria (Ruta da Seda), facéndolle unha seria competencia ó petróleo da coalición encabezada por Arabia Saudita, na que se inclúen Xordania, Omán, os Emiratos Árabes Unidos, Qatar, Kuwait, Bahrein e forman parte tamén deste mercado Israel e Turquía, baixo o paraugas da Unión Europea, Estados Unidos e a OTAN.
Foi neste contexto no que Estados Unidos, as potencias europeas e países como Arabia Saudita, Qatar e Kuwait puxeron en marcha un plan para derrocar ós principais países competidores, mediante o investimento por parte da CIA de millóns de dólares, segundo o sobriño de J. F. Kennedy, en medios para manipular sobre figuras como a de Al Assad ou a de Gadafi, acusando precisamente ós que maior poder e liberdade cederon ó pobo de ditadores. Así, xurdiu a Primavera Árabe, que os medios tildaban de movemento rebelde pola liberdade a pesar dos seus fundamentos ideolóxicos xihadistas. Ademais tamén é frecuente a penetración de capital principalmente qatarí nos distintos medios de información, coma no caso recente de PRISA, no que un sultán de Qatar mercou o 10% das accións. 35
Oriente Medio é un tema extenso de tratar ó que pretendo adicar varios artigos para poder afondar nel e dalo a coñecer. Neste artigo interésame centrarme en Iemen, así que vou obviar a historia de países como Libia e Siria. Ante a negativa de Al Assad a ceder ante a presión dos aliados de Arabia Saudita e a súa persistencia como Xefe de Estado, Arabia Saudita só ten a posibilidade de seguir exportando o petróleo pola Ruta das Especias, a través do Mar Vermello, para o que pasa polas augas de Iemen necesariamente, que ten o poder de permitir ou impedir pasar os buques petroleiros sauditas. O estreito de Bab el-Mandeb, que enlaza o Mar Vermello ó norte co golfo de Adén ó sur, ten un ancho inferior ós 30 kms e por el pasaban en 2010 un 2,7 millóns de barrís diarios, e en 2014 o número incrementouse ata acadar os 4,7. Tratándose polo tanto dun punto estratéxico a Arabia Saudita convenlle que o poder de Iemen sexa afín.
Porén, a modo de dano colateral da Primavera Árabe, en Iemen tamén prendeu a mecha, e iniciouse unha revolta civil armada contra o naquel momento presidente Ali Abdulá Saleh, que intelixentemente soubo deixar como sucesor ó anteriormente vicepresidente iemení Abdarabu Mansur Hadi, coa intención de atenter as demandas civís, ás que non consegue convencer e continuaron a loita chegando a expulsar a Al Hadi da capital Sanaa a Adén o 9 de marzo de 2015. É nese momento no que Al Hadi pide axuda a Arabia Saudita para manterse no poder e conter as revoltas de maioría houtí, que teñen controladas as principais cidades: Sanaa, Sadaa (próxima a Arabia Saudita) e Taiz (parcialmente tomada), ademais de toda a zona de Iemen que limita co Mar Vermello. España está tamén colaborando con Arabia Saudita, que arma ó Estado Islámico e demais grupos xihadistas en países como Siria, e é a principal responsable da masacre en Iemen. A finais de xaneiro España, por medio da empresa estatal Navantia, construíu cinco fragatas para permitir a Arabia Saudita exercer un bloqueo naval sobre portos iemenís. Pero lonxe está ese de ser o único servizo prestado por España. Non vou alongarme sobre este punto, pero abonda con dar dous datos: o primeiro é que en 2013 Arabia Saudita se converteu no principal comprador de armas españolas, e o segundo que tan só no primeiro semestre de 2015 se acadou o máximo histórico de ventas, vendéndose máis ca en ningún ano enteiro. Vendéronse avións a Riad por 447,6 millóns de euros. 36
Blackwater, responsable dos asasinatos a inocentes en Nisour (2007), actual Academi, tamén está enviando mercenarios de todo o mundo a combater en Iemen. Morreron en combate mercenarios de Estados Unidos, Reino Unido, Francia, Australia, Israel, Arxentina, México, Colombia, Italia, Sudáfrica e Ruanda, entre outros. Tamén está combatendo en Iemen Al Qaeda, aliada de Arabia Saudita, contra as milicias iemenís. Pero se algún bando provocou estragos en Iemen é a coalición liderada por Arabia Saudita. Unhas 9.000 persoas (segundo La Sexta) foron asasinadas en Iemen este ano, polos bombardeos sauditas, e máis de 28.000 persoas resultaron feridas, resultando máis de 2,5 millóns de persoas desprazadas internas (segundo a ONU). Hai dous meses, segundo Logal Center for Right & Development, 8.143 persoas morreran a consecuencia da guerra (2.000 nenas). Aggression on Yemen calcula 27.029 mortes totais a consecuencia directa da guerra. A poboación de Iemen é duns 26 millóns de persoas segundo IndexMundi (non existen datos de 2016). Deses 26 millóns, segundo Intermon Oxfam 19,3 millóns carecen de acceso a auga potable ou sistema sanitario, 14,4 millóns de persoas non ten comida abondo para comer e 7,6 millóns teñen desnutrición severa, 14,1 millón de persoas carecen de coidados sanitarios e 21,2 millóns de persoas precisan axuda humanitaria urxente.
Porén, Arabia Saudita, que preside desde despois de comezar os bombardeos o Comité de Dereitos Humanos da ONU mentres bate o seu propio récord de execucións a aquelas que predican a liberdade, que accións está tomando nesta situación? Arabia Saudita está bombardeando os mercados e depósitos de comida, e lanza mísiles a camións que transportan axuda humanitaria ou comida ás principais cidades de Iemen. Máis de 450 hospitais pecharan xa en xaneiro por falta de recursos ou por bloqueo, e máis de 64 hospitais foron bombardeados nos primeiros 10 meses de guerra, algúns infantís e en funcionamento como o Hospital Infantil Sabeen. Arabia Saudita destruíu nese tempo 810 escolas e centros educativos (segundo Aggression on Yemen) e paralizou 3.759, incluso con alumnas dentro aproveitando a época de exames, e deixou a centos de miles de estudantes sen acceso á educación. O acceso á auga potable pode significar 9 horas de camiño, e mentres Arabia Saudita destrúe plantas desalinizadoras. Chegou a usar bombas de acio e bombas de fósforo en Iemen, bombas de uso prohibido, algo que chegou a denunciar a propia Human Right Watch. Máis de 70.000 fogares foron destruídos e suman 350.000 xunto cos danados. Ata 389 mercados resultaron danados e 603 industrias alimentarias, así como 530 pontes e vías e 463 camión de mercadorías.
37
Doutra banda, e de xeito secundario, sen antepoñer isto ás vidas humanas, tamén se perde un gran patrimonio artístico e cultural. Sanaa é unha cidade declarada Patrimonio da Humanidade de máis de 3.000 anos de antigüidade que foi destruída en 6 meses.
38
Os destrozos da guerra son tremendos e o impacto é brutal. O que se vive alí é durísimo. Tras o bombardeo nais e pais desesperadas procuran entre os escombros os corpos destripados e co cranio aberto das súas fillas, ou talvez as fillas teñan a sorte de quedar vivas, incluso sen marcas de por vida, pero orfas. Hai vídeos realmente duros, vídeos de nenas desnutridas ou dun cativo preguntando se vai morrer ou se xa morreu. A Coalición, liderada por Arabia Saudita, as potencias europeas e Estados Unidos son responsables, baixo a responsabilidade activa dos medios, do que está ocorrendo en Iemen. E o noso silencio tamén é cómplice. Debemos difundir e debemos actuar: cómpre solidariedade. Isto é o capitalismo, que se impón á forza os seus asasinatos a base de asasinatos, amparado polos poderes internacionais e impón o silencio.
Debuxo realizado por unha nena, val de Haddah (Iemen), maio de 2015
Fran PF
39
A lóxica dominante difundida polos mass media e a súa importancia na defensa do statu quo Resulta imposíbel actualmente comprender o sistema capitalista e os seus mecanismos de consolidación sen analizar o papel que xogan na súa defensa os medios de comunicación maioritarios, que cumpren unha función vital: fomentar un pensamento único afín a orde estabelecida ou, polo menos, unha aparente variedade de opinións non discordantes dos principios capitalistas básicos. Dada a tremenda influencia dos mass media na sociedade actual, informada moi maioritariamente a través da televisión, esta é sen dúbida unha das principais armas do sistema. Alén das manifestacións ideolóxicas explícitas, cabe destacar pola súa importancia estratéxica a capacidade que posúen de influír no subconsciente dos espectadores. Nada é inocente no tratamento da información que levan a cabo estes medios: unha relación determinada entre un titular e unhas imaxes e a orde arbitraria das noticias dun telexornal, por exemplo, poden crear asociacións inconscientes de ideas moi difíciles de desterrar da mente dunha persoa que se informe unicamente mediante estes canais, sabedores da tremenda dificultade de combater asociacións irracionais e prexuízos, algo que esixe unha gran dose de vontade por parte do individuo. Estes vínculos ideolóxicos inconscientes levan implícita unha mentalidade particular que é moitas veces asumida como propia tamén dunha maneira irreflexiva. Un exemplo desta acción dos medios destinada á homoxeneización do pensamento é a atribución de connotacións específicas a un concepto subxectivo e abstracto. Isto pódese ver, sobre todo nestes tempos de incerteza política, cando se apela á sensatez ou ao sentido común para xustificar unha determinada maneira de actuar ou opinión particular. Pretender argüír, como fan bastantes políticos, persoeiros públicos e xornalistas, que os plantexamentos propios son os únicos coherentes co sentido común para tratar de xustificalos é un completo absurdo dada a diversidade de pareceres á hora de sinalar que é actuar conforme ao sentido común ou posuír tal virtude. Probabelmente, moitos deles cando o fan son perfectamente conscientes disto. Se continúan invocando, entón, o sentido común e a sensatez para defender as súas posturas políticas é simplemente porque lles resulta efectivo debido ao significado particular destes termos que se fomenta entre a sociedade e asume gran parte desta. Ademais, así evitan a necesidade de manter calquera debate político ou intelectual. Abonda con sinalar que as ideas discordantes das propias son insensatas por un ou outro motivo para convencer á xente que comparte o mesmo criterio de sensatez. A ollos desas persoas, non se precisa intentar rebatelas xa que nin sequera entran dentro do terreo da lóxica. Naturalmente, a lóxica que se propaga desde os mass media é a lóxica do sistema e nela, como é evidente, non teñen cabida os idearios anticapitalistas. A maquinaria mediática encárgase de coidar escrupulosamente as súas actividades informativas para producir o efecto social desexado e fomentar a corrente de opinión que lles interesa. Un exemplo témolo no tratamento que se lle dá nos principais medios españois a un partido que, malia participar no xogo do sistema, non é do agrado de quen posúen o control destes: a CUP. Cando se fala da 40
formación política catalá nunca faltan adxectivos coma radical, anticapitalista ou antisistema, xa que calquera destes termos contradí as normas más básicas do particular sentido común difundido polos medios e xera rexeitamento no espectador, que pasa a ter unha concepción negativa desta organización antes xa de coñecer o contido da noticia. Isto ten que ver ademais coa exaltación desmedida da moderación e o analfabetismo político, principios tamén moi inculcados en moita xente, algo incomprensíbel sen entender primeiro a acción dos mass media neste sentido. Foméntase a falta de conciencia política por un motivo moi obvio: alguén a quen non lle interesen as cuestións políticas e non teña coñecemento destas non representa ningunha ameaza para a clase dominante e, ademais, é moito máis doado de manipular. Pero como a maioría da xente sinte algún interese, en maior ou menor grao, pola política dado que ten unha importancia decisiva na súa vida e no seu día a día, aliméntase tamén o ideal do moderantismo e a preferencia polas posicións próximas ao denominado centro político, que no fondo non é máis ca un nome baleiro para facer referencia á indefinición ideolóxica ou encubrir ideas dereitistas. Se o individuo se interesa pola política, preténdese que polo menos defenda ideas afíns ao sistema actual e non posúa unha ideoloxía política claramente definida nin concreta, a non ser que ese ideario defenda abertamente o statu quo, claro. O incómodo para os poderes dominantes é que se defendan e difundan ideoloxías críticas co sistema, por iso se encargan de estender constantemente unha visión negativa destas fundamentada en que non se axustan ao sensato, ao lóxico nin ao sentido común e se afastan da moderación. Póndolles etiquetas con connotacións negativas tan amplas e manipulábeis coma radical ou extremista, xa se consegue xerar un alto grao de rexeitamento social. O grande éxito do sistema capitalista e do seu aparato propagandístico radica precisamente en cousas coma estas, en crear, moitas veces de maneira inconsciente, en individuos susceptíbeis de oporse a el dada a súa situación social un pensamento afín aos seus principios e á súa lóxica e facer crer á poboación que outra organización económica, política e social non é posíbel. Este proceder é moito máis efectivo que o exercicio da represión porque é invisíbel e quen o sofre nin sequera o percibe. Os mass media constitúen unha arma fundamental e tremendamente poderosa na defensa do capitalismo sen a que é imposíbel comprender a dominación que exerce este sistema actualmente. O futuro das alternativas a esta realidade dependerá en gran medida da capacidade que teña a esquerda anticapitalista de visibilizar e difundir as súas proclamas. Este é o gran reto que hai por diante e a difícil tarefa que teñen por levar a cabo as forzas antisistema: conseguir contrarrestar realmente o discurso dominante dos medios de comunicación masiva. Non se deberían menosprezar as posibilidades que ofrecen para a difusión e a comunicación as novas tecnoloxías. Aproveitadas adecuadamente, poden chegar a representar unha canle de contrainformación decisiva e unha ferramenta vital na loita contra o monopolio comunicativo imperante, moito máis do que o son actualmente. Na chamada era da comunicación, cun abano de posibilidades informativas antes inimaxinábel, é esencial loitar por construír espazos alternativos coma este que poidan aportar o seu gran de area. Non se producirán cambios significativos no modelo de organización sociopolítica e económica sen un cambio radical das mentalidades, e para iso é imprescindíbel conseguir comunicar e conectar coa sociedade. Óscar López 41
Merca barato… pero merca O principio de racionalidade estabelece que os axentes relevantes para entender unha certa situación social actúan de maneira adecuada ou apropiada, tomando a mellor decisión dun conxunto de decisións posíbeis (Hayek, Popper). Os economistas, no seu modelo de competencia perfecta (modelo que non existe máis que nos seus manuais) teñen dous dogmas de fe: que as persoas humanas tomamos decisións racionais e que a man invisíbel do mercado corrixe os desequilibrios. Observemos o noso comportamento nun hipermercado e comprobaremos que non somos máis que mercadorías que mercan mercadorías. Cando actuamos como compradores non o facemos sempre dunha maneira racional (a pesar do que predican, insistentemente, os economistas). Comprar de maneira racional implicaría avaliar cales son as nosas necesidades, acudir a un lugar que nolas proporcione e, unha vez nese lugar, adquirir aqueles produtos que decidimos previamente que necesitabamos. Ademais teriamos que avaliar o custo do desprazamento, máis o tempo necesario de todo o proceso, máis o custo persoal en tensión nerviosa e decidir, en función do resultado desa ecuación, se é máis beneficioso acudir a un hipermercado ou a unha tenda de barrio, aínda que nominalmente os prezos desta sexan algo máis caros. Con todo case nunca actuamos desa maneira. Antes de saír facemos unha avaliación superficial, de cando en vez levamos lista da compra e, se a levamos, dificilmente cinguímonos a ela. Unha vez instalados na superficie comercial percorremos os corredores, dispostos de forma que nos veremos obrigados a circular primeiro por produtos de luxo ou que non son de primeira necesidade (polo si ou polo non tomamos a decisión racional de levar un orzamento limitado, algo que eliminou de raíz a existencia de cartóns de crédito) e alongaremos a man cara a aqueles produtos que nos chaman a atención, pasando no bico dos pés polos produtos de primeira necesidade porque non son atractivos (arroz, fariña, sal, pan, etc.) e dos que miramos o prezo ata o derradeiro céntimo. A decisión racional sería, cinguíndonos á lista, adquirir aqueles produtos que nos ofrecesen a mellor relación calidade/prezo. Con todo mercamos o arroz de cincuenta céntimos, aínda que o gran estea roto, e unha película en DVD de vinte euros, que veremos só unha vez e almacenaremos despois nun caixón ou un andel. Cremos ser unha sociedade adulta que coñece o mundo de mercadotecnia no que vivimos. Coñecemos, polo menos en parte, as tácticas das superficies comerciais para facernos mercar máis: disposición dos produtos a diferentes alturas, música e temperatura ambiente, perfumes, ofertas por megafonía, grandes carteis anunciando aqueles produtos dos que se queren desfacer rápido e práctica ocultación daqueles que non interesa ou non urxe tanto vender pola razón que sexa. E, a pesar de sabelo, caemos unha e outra vez na atracción fatal saturada de cores desde o mesmo intre en que decidimos acudir a unha gran superficie en lugar de pasar pola peixaría, o forno de pan, a carnicería e a froitería; feito que, aínda sendo un pouco máis incómodo que telo todo a man, significaríanos un aforro importante, ao evitarnos a tentación de levar á casa produtos que non necesitamos. 42
No caso de querer un DVD concreto porque nos apaixona o cinema ou porque se trata dunha película que consideramos debe formar parte da nosa filmoteca privada, podemos dedicar unha mañá de sábado a ese fin, como algo lúdico e consciente, un premio a nós mesmas, e acudir a un lugar especializado nese tipo de produtos; pasear, remexer nos andeis as películas dispoñibles e volver á casa coa que escollemos para visualizala despois de comer (é só un exemplo). Esa sería unha forma de comprar racional, ademais de pracenteira. Os hipermercados producen tensións, mal humor e pelexas conxugais. Os meniños acaban nerviosos, sobreexcitados e frustrados porque non entenden que non poden levar todo aquelo que lles chama a atención (do que hai unha absoluta fartura) e chorando porque, indefectiblemente, cae a rifa duns pais ao bordo dun ataque de nervios. Ataque que se converte en ansiedade cando pasan por caixa e comproban que o carro da compra sobe a douscentos euros. «Pero se non merquei case nada! Case nada do que necesitabas e que che foi esquecendo polo camiño». Sometémonos de maneira fanática á tiranía dos escaparates, esaxerando a importancia da elección persoal (racional) e obviamos ou ignoramos a súa relación coas desigualdades de clase. Tentamos modelar as nosas vidas a imaxe e semellanza das das elites e desprezamos a quen vemos por baixo do noso nivel. O consumismo non é unha necesidade compulsiva de adquirir cousas, de satisfacer os nosos desexos mediante a súa adquisición ou de facer ostentación de cachifallos, senón unha forma de estar no mundo. Somos consumistas porque só somos capaces de interpretarnos a través dalgún dos aspectos da compra e a venda. O mercado infiltrouse nas nosas veas e as nosas mentes e só somos capaces de comprender a vida social en función da capacidade de compra. O consumismo é unha forma de interiorización da desigualdade nun dobre sentido: asumimos esa desigualdade como parte da nosa forma de ser como sociedade e ao mesmo tempo agachamos a existencia da desigualdade mesma (César Rendueles, Sociofobia, Capitán Swing Libros – Madrid). Ao principio definimos como “mercadorías que mercan mercadorías”. No noso rol de forza de traballo somos comprados, refugados e mesmo vendidos por compradores de mercadoría de traballo. E da mesma maneira que como compradores buscamos a oferta, o produto máis barato (aínda que non sexa, necesariamente, o mellor nin o máis eficiente), os compradores de man de obra actúan igual. É dicir, non necesariamente de forma racional (a pesar do que digan, insisto, os economistas, incluídos moitos dos chamados heterodoxos). «Botei ao cincuentón aquel que era enxeñeiro e, co seu soldo, contratei a catro estudantes en prácticas e aínda me sobra a metade» E a experiencia? O valor engadido que achegaban os seus coñecementos? Dá igual. O mantra é “compra barato”. E nós, persoas necesitadas de vender a nosa forza de traballo para sobrevivir, somos esa mercadoría que se expón nos andeis do hipermercado de traballo e á que hai que mercar ao prezo máis barato posible. Amador Castro Moure
43
Almanaque de actividades 27/03, A Coruña: Xantar comunal en A Comuna (R/ Verea do Polvorín, 35) ás 14h. 29/03, A Coruña: Asemblea aberta de traballo de Stop Desafiuzamentos A Coruña en A Comuna ás 19,30h. 30/03, A Coruña: Asemblea aberta do 15M de Monte Alto (como cada mércores en A Comuna ás 20h). 31/03, A Coruña: Presentación da Revista Maxín ás 19h, proxección de La noche de los lápices ás 20h e ceador no Ateneo Libertario Xosé Tarrío (R/ La Paz, 16). 31/03, A Coruña: Charla Activismo en saúde mental: pequeno mapa de tolemias disidentes a cargo de Radio Prometea. En A Comuna ás 20,30h. 01/04, 02/04 e 03/04, Santiago de Compostela: Xornadas Xogaches algunha vez a ser corpo? organizadas por Lésbicas Creando que desempeñará as súas actividades no CSOA Escárnio e Maldizer (R/ Algalia de riba, 11), na Libraría Lila (R/ Travesa, 7), no Burgo das Nacións e no Parque do Auditorio.
07/04, A Coruña: Asemblea e charla-debate sobre Ingobernabilidade e modelos de goberno: a república española, a república galega e o anarquismo. No Campo de Marte ás 19,30h. 08/04, A Guarda: Apressentaçom do Documentário Fíos fóra no CS Fuscalho (R/ Colón, 2). 13/04 e 14/04: Folga educativa xeral estatal pola derrogación da LOMCE e o 3+2 convocada polo Sindicato de Estudiantes. 15/04, A Guarda: Apressentaçom do livro Todos con Vigo: mobilización obreira e folga xeral (1962-1972) no CS Fuscalho. 22/04 e 23/04, Santiago de Compostela: actividades do 2º aniversario do CSOA Escárnio e Maldizer. 44