de Gastronomía & Cultura Revista de Revista Gastronomía & Cultura Nº 9 | setembro-outubro 2018
Revista de Gastronomía & Cultura
Amor por Xapón A gastronomía e a cultura nipona arrasan en Compostela
Revista de Gastronomía & Cultura
Entrevistas ao cineasta Dani de la Torre e a Xocas, xerente do Auditorio de Galicia
Antía Moure Instalación
GALICIA UNIVERSAL A ARTE GALEGA NAS COLECCIÓNS ABANCA E AFUNDACIÓN ORGANIZA:
FONDO GAIÁS DA EMPRESA GALEGA:
Exposición Museo Centro Gaiás Santiago de Compostela 16 mar—14 out 2018 Entrada de balde cidadedacultura.gal
Gastronomía & Cultura
EDITORIAL
ÍNDICE
Novo curso
C
hega setembro e con el arrancamos un novo curso gastronómico e cultural. Quédannos por diante dous meses cunha axenda que inclúe o WOS Festival, o Curtocircuíto, o Galicreques… E tamén estreas de cine como a última película de Dani de la Torre, director ao que entrevistamos nesta #pincha9. As políticas culturais do Concello son tamén as protagonistas da nosa conversa co xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López ‘Xocas’, despois do primeiro ano no cargo do que fora batería de The Homens.
reportaxe Por Rebeca Munín
entrevista
4 Namorados de Xapón 10 Xaquín López ‘Xocas’,
Crusat & Costas d e cine
14
#apapa r musicando
Compostela, como cidade cosmopolita que é, acolle moitas correntes culturais, como a portuguesa pola que aposta o grupo de música Os Meninos ou a xaponesa, da que vos ofrecemos unha ampla reportaxe tanto desde o punto de vista gastronómico como cultural. A sección de viños que escriben José Crusat e Lorena Costas, o artigo sobre Santi Molezún de César Varela e o #apapar de @JuanEAT_o - desta vez no restaurante O Muiñeiro - completan as próximas páxinas da nosa revista.
Os Mecos Hollejos
16 Dani de la Torre estrea
666 rpm
xerente do Auditorio de Galicia
‘La Sombra de la Ley’
19 Santi Molezún 20 Restaurante O Muiñeiro 24 Os Meninos 28 Axenda Compostelá 32 Directorios 35 Paga a pena
Eu escribo estas liñas poucos días antes de tomar un descanso ‘forzado’. Resta xa moi pouco para que naza o meu segundo fillo e toca centrarse nel nos seguintes meses. Pero tranquilos! Pincha queda en boas mans. Tanto a páxina web como a revista en papel seguirán publicándose grazas ao traballo do resto do equipo e colaboradores. Que sorte telos ao meu lado e que grandes profesionais que son! Grazas polo voso esforzo! Todos xuntos #somospincha Anímaste a selo ti tamén? Edita: Rebeca Munín | Directora ola@revistapincha.gal redaccion@revistapincha.gal Deseño e maquetación: Alberto Seoane RSM Comunicación | rsmcomunicacion.com
Publicidade: Jéssica Pintor e Ruth Ríos publicidade@revistapincha.gal Fotografía: Iván Barreiro | ivanbarreiro.com Colaboran neste número: Jéssica Pintor, José Crusat, Lorena Costas, Ruth Ríos, César Varela, @JuanEAT_o e Vicky Morales.
Foto de portada: Iván Barreiro Imprime: COGRAF Depósito Legal: C 607-2017
www.re vista p in ch a .g a l Búscanos en Facebook, Twitter, Instagram e YouTube como Revista Pincha
Prohibida a reprodución total ou parcial de calquera contido ou fotografía sen previa autorización. Os textos redactados polos colaboradores son responsabilidade do propio autor. O contido da publicidade é de exclusiva responsabilidade do anunciante.
3|
Pincha | Revista 9
reportaxe Detalles da mesa xaponesa, que é esteticamente unha marabilla. Foto: Iván Barreiro.
Do sushi ao ori
Un chisquiño do Xapón en S Esta lectura deixaralles un lixeiro sabor a atún, arroz, algas e soia... Mesmo a sake! A min pasoume co meu primeiro libro dunha autora xaponesa: ‘El cielo es azul, la tierra blanca’, que por certo transcorre nunha taberna, como esta historia...
|4
GastronomĂa & Cultura
Por JĂŠssica Pintor
igami
Santiago!
5|
Pincha | Revista 9
reportaxe Aínda que aquí é moi popular, o sushi non é o que máis comen os xaponeses. Foto: Iván Barreiro.
|6
P
Lecturas xaponesas
ara viaxar ao Xapón deberíamos como mínimo coñecer algún escritor, ver algunha peli de debuxos desas tan fantásticas e preciosas! (Como ‘El mundo de Chihiro’, coa que chorei de 'bonitírma' que é!) Probar a comer con palillos (sigo sen dominalos) e coller comida no Kayuen, en Montero Ríos. Malia que hai moitos sitios onde probar sushi en Santiago (occidentalizado, non o dubidedes!), ningún máis está feito por mans xaponesas!
Yuko é moi tímida e fala pouco español, o xustiño. É sincera e moi agradecida, reservada e parca en palabras. Logo de facerlle unha pequena entrevista (porque a súa comida probeina antes de todo, faltaba máis!), recordei a miña primeira lectura do país nipón. Porque como di a miña asesora en lecturas proveitosas, Patricia da Libraría de Mulleres Lila de Lilith, “en Occidente estamos moi acostumados a acción, a rapidez, ás presas, á execución... E para gozar do mundo Oriental e dos seus autores, debemos míralo dende outra perspectiva máis Yuko Kayumi chegou a nosa cidade de casualidade, bussosegada e pausada, con calma”. Na súa libraría, como cando un niño onde acougar, logo de vivir en Madrid, onde en A Reixa Tenda, podedes atopar distintos autores e se dedicaba a súa verdadeira profeautoras nipóns. Entre as suxestións sión, a pintura, e de comprobar que as de Patricia non poden faltar Murakasúas alerxias e o traballo do seu mami, que ademais ten varios títulos trarido non se ían levar moi ben. Así que ducidos ao galego, tamén Kaori Ekuni, despois de moito viaxar polo mundo Kawakami (autora do libro que A Sociedade Galega Hiromi e de caer enferma en África, aparevos dixen arriba) e non esquezades os ceu en Compostela e decidiu abrir un libros ilustrados, que son máxicos como de Estudos pequeno local, estreito e longo, cheo as caricaturas! Ou os de poemas breves, Nipóns e a Casade cor e de abanicos con debuxos de coñecidos como haikus e que se basean tigres e geishas! Entre a desorde de linas emocións derivadas de contemplar Galicia Xapón bros, palillos de madeira con distintos a natureza. organizan moitas decorados, libretas con personaxes de cómics, papel de cores para facer fiPor certo, hai outros moitos sitios en actividades guriñas de origami e calcomanías con Santiago onde comer sushi, dende o formas de peixes e de sushi, traídas culturais xaponesas Santiago Kyoto, pasando polo Toyama, directamente do Xapón... Atopamos a A Casa da Viña, o Casino, Casa Marcena nosa cidade Yuko coas mans na masa... ou no arroz! lo, pero non esquezades pasar -teño Viaxa dúas veces ao ano a súa terra, a que insistir- polo Kayuen, da nosa amiun pequeno pobo chamado Shigaraga Yuko! Aínda que me queda probar o ki, onde visita a súa nai e de paso trae que fai Megumi Shiozawa, a presidenta -para deleitarnos- moitos produtos e sobre todo salsas. da Casa Galicia-Xapón, a primeira xaponesa que tivo Gústalle a comida galega, aínda que non come carne e di un restaurante nesta cidade (no ano 2000) e unha gran que aderezamos pouco! (Rimos). amante do bo comer. De feito, para cando acabedes de No frigorífico do Kayuen hai ensalada de algas, distintos tipos de sushi, as boliñas de arroz que comía Shin-Chan (que ilusión me fixo! Chámanse onigiri), de salmón, atún, polo ou de cirolas (aínda que esas son bastante fortes e non chas recomenda se es principiante). Tamén hai futomaki, makis, washoku, yakisoba, gyoza, etc. Cada paquetiño de comida leva a súa salsa, é todo fresco e recoméndache que o comas no día! Enviciada me ten! Delicioso todo.
ler, agardo estar con ela probando os pratos dun coreano! (Chisco e río). Megumi cóntame que o sushi non é o que máis comen os xaponeses. Aínda que agora sexa tan comercial e que o podamos atopar case en calquera parte, na súa casa cando era pequena, súa nai rara vez o facía, aínda sendo cociñeira (tres ou catro veces en toda a súa vida), porque é algo caro e propio máis ben das celebracións. 7|
Pincha | Revista 96
reportaxe
En Galicia calcúlase que viven uns 50 xaponeses, 14 deles en Santiago. Foto: Iván Barreiro.
Megumi aprecia moito a materia prima de Galicia e cre que temos moito respecto polo produto, “por iso é probable que aos xaponeses lles guste a cociña tradicional galega, por respectar os sabores, e porque tanto eles coma nós, comemos de to-do! Cousas para outros moi raras ou pouco agradables, como o pulpo!”. Afirma que “canto máis sinxelo é un prato, máis difícil é de facer ben, como a cociña con produtos crús”. Por iso fala da dificultade de facer e de comer un bo sushi (ou de beber un bo sake) e de aí que lles estrañe a popularidade que ten por aquí.
viven 14. Megumi é unha deles. Veu a estudar e foi o amor a que envolveu para quedar. E non só pola comida! (Chisco, chisco e morro coa risa) Na casa Galicia-Xapón asesora aos turistas que veñen a Galicia e aos que queren ir ao Xapón. Así mesmo organiza diversas actividades ao longo do ano, relacionadas coa cultura asiática, as artes, a música, o vestiario, a comida e o turismo. Sabiades que en Compostela hai máis de 300 alumnos estudando xaponés? E que ademais de Barcelona, Madrid e Granada, en Compostela tamén se fai o exame oficial de xaponés, o Noken?
Os alimentos básicos para os xaponeses, case sempre aderezados con sake azucarado (salsa Teriyaki) e salsa de soia, son os guisos con algas, a tempura, o polo á prancha, o sashimi, o ramen, as empanadillas gyoza (que son chinas tamén), os fideos, a sopa de miso, o arroz e as ensaladas e os vexetais, como o repolo.
Unir Galicia e Xapón
A comunidade xaponesa en Galicia ascende a unhas 50 persoas máis ou menos, (aínda que a embaixada di 80), pero coñécense todos, por iso di que son menos, en Santiago
|8
Pero ademais da Casa Xapón, na Sociedade Galega de Estudos Nipóns da Universidade de Santiago tamén traballan para promover o coñecemento entre a cultura dese país e a nosa. Comezaron a traballar o ano pasado e investigan sobre filosofías orientais e fan divulgación a través de congresos e outros eventos que traen ata Santiago a importantes expertos internacionais. Organizan obradoiros de caligrafía, sesións de cine sobre a mitoloxía xaponesa, entre outras.
Gastronomía & Cultura
En Santiago hai máis de 300 persoas estudando xaponés que poden facer o exame oficial, o Noken
Marcelino Agís, presidente da Sociedade e catedrático de Filosofía, e Alba Iglesias, vicepresidenta da mesma, contan con entusiasmo e paixón o que fan. Din que "a lingua é a chave de entrada ao país, para ler os anuncios, para ter unha información mínima. Se non sabes o seu idioma é un mundo totalmente descoñecido, es como un extraterrestre alí! Aprender a ler a súa caligrafía sirve para entender os seus conceptos, a súa psicoloxía, a súa mentalidade, que difire bastante da nosa, a súa forma de ver o mundo e o por que!"... Ambos os dous estudan xaponés e amosan moito respecto pola súa organización e pola súa gastronomía, como non! "A mesa xaponesa é esteticamente unha marabilla. É unha festa para os sentidos! Todo... as cores, os aromas. Moitas cuncas, os palillos. Unha gran cantidade de pequenas cousas. Normalmente comen pequenas porcións de moitos alimentos. Cando preparan a mesa, para cada comida escollen un prato dunha cor determinada, para resaltar o que leven dentro. Coidan cada detalle... É moi atractivo para nós, ademais, que teñan o mar tan presente: o peixe, o marisco, as algas. Aínda que un dos grandes misterios gastronómicos é que tendo o arroz como
prato básico, nunca mesturan todo nunha paella!” (A gargallada limpa!) Outra das cousas que máis atraen do Xapón e sorprenden, en Santiago tamén, son as súas tradicións, que os xaponeses conservan aínda vivindo fóra. Por iso, antes de saír do Kayuen, relambendo no atún e co olor a xenxibre no nariz, inclinei a cabeza, coa palma da man pegada ao meu ‘muñón’ dereito, preto do peito, pechei os ollos e cun sorriso e entre murmurios, puxen fin ao día, do mesmo xeito que facía Yuko cara nós: Arigatou gozaimasu! (Moitas gracias!) E bo proveito a todos. (Á miña prima maior Paty, por facerme sushi e dedicarme haikus de bolboretas!) Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
981 558 592 Rúa Ameas, 9
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
9|
Pincha | Revista 9
entrevista
O BRAZO EXECUTOR DA PROGRAMACIÓN CULTURAL COMPOSTELÁ O cargo de Xocas no Auditorio de Galicia vai moito máis aló de dirixir este organismo. Aparte do espazo físico, é un ente autónomo dependente da Administración Local de Santiago que ten a encomenda de xestión da actividade cultural que fai a Concellaría de Acción Cultural. “Realmente nós somos o brazo executor das grandes liñas de programación”, explica o xerente. Iso inclúe a xestión dos grandes festivais de cinema como Cineuropa, que se celebra no mes de novembro, e que “consomen sobre o cincuenta por cento do orzamento que temos no Auditorio para actividades”, apunta Xaquín. Os espectáculos de abono, os concertos en familia, os concertos didácticos en colaboración cos centros educativos e un calendario de exposicións centran a programación estable da entidade. É tamén a sede permanente da Real Filharmonía de Galicia, organiza o Premio Auditorio de Galicia para novos artistas e aluga as súas salas para acoller multitude de actividades culturais. O edificio do Auditorio – obra dos arquitectos Julio Cano Lasso e Diego Cano Pintos - cumprirá 30 anos no 2019. Aínda que todavía non está definido como, haberá algunha actividade para celebralo. | 10
Gastronomía & Cultura
Por Rebeca Munín
Xaquín López ‘Xocas’, xerente do Auditorio de Galicia: “Poucas cidades hai coa diversidade cultural que temos en Santiago”
Xocas, na cafetería do Auditorio que leva funcionando desde novembro do 2017. Foto: Iván Barreiro.
11 |
Pincha | Revista 9
entrevista
L
eva un ano á fronte do Auditorio de Galicia e, por tanto, ocupándose tamén de gran parte da programación cultural que se organiza na cidade. Xaquín López ‘Xocas’ non é alleo ao sector. Aínda que non lle gusta definirse como músico, foi batería dunha das bandas compostelás máis aplaudidas de mediados dos 2000, The Homens. Como xestor, ten unha longa traxectoria na dirección de proxectos culturais en lugares como o Teatro Jofre de Ferrol. Agora que estamos arrancando co ‘novo curso’, falamos con el do momento que atravesa Compostela a nivel cultural. Facémolo no Lasso, a cafetería e restaurante que recuperou o ente o pasado novembro despois de tres anos de baleiro. Que balance fas deste primeiro ano como xerente do Auditorio? O balance é positivo pero cauto. Queda moito por facer. Dentro do aspecto positivo, destaco o poderme incorporar a un grande equipo de mulleres profesionais que traballan no Auditorio. Estou aprendendo moito delas. A primeira fase foi de análise e diagnose e agora estamos intentando poñer en funcionamento as conclusións pouco a pouco. Que acontece? Que nas Administracións Públicas e nas entidades culturais rexidas a través do funcionamento administrativo público os cambios son moi lentos. E ademais iso vese acrecentado cun recorte orzamentario que é xeral para a cultura.
plans estratéxicos… Digamos que o modelo de políticas culturais que se implantou, e ademais coa crise que houbo, necesita dunha reflexión profunda e consensuada. Outro dos obxectivos foi o de non apostar por grandes nomes, senón tratar de achegar máis a cultura a toda a xente. Sen embargo, moitos cidadáns botan de menos máis deses grandes nomes. Un exemplo, foi o éxito do festival O Son do Camiño. É que o investimento que fai a Xunta de Galicia para o festival de O Son do Camiño é maior que o orzamento anual que temos nós. Ou sexa, non temos a capacidade financieira para desenvolver programacións de certos artistas que teñen un caché demasiado elevado. Iso é unha realidade. Outra cuestión é que tipo de programación se debe formular desde unha institución pública. Debe unha institución pública entrar a competir
“Temos un portal novo para a venda de entradas que virá asociado cun cambio na estratexia de comunicación”
Na túa presentación como xerente, falaches de establecer pontes de diálogo con outros axentes culturais, tanto públicos como privados. De feito, o Auditorio xa acolleu varios ‘Encontros Abertos co Sector Cultural’. De que serviron estas reunións? O noso diálogo co sector é constante. Pero non temos unha capacidade lexislativa como para poder organizalo no seu conxunto. Iso non quita que nós temos unha responsabilidade como capital do país, como unha cidade eminentemente cultural, e que poidamos entón orientar conxuntamente co sector algúns tipos de accións que poidamos facer. Todo este tipo de encontros favorecen a iso pero tamén é certo que nun futuro temos que tender a máis. No sentido de construción de ferramentas de planificación da acción cultural conxunta,
| 12
O xerente recorda que o edificio do Auditorio cumpre 30 anos en 2019. Foto: Iván Barreiro.
con outros axentes privados que poidan desenvolver esas programacións autónomamente? Que sentido ten que ter a programación? Ten que ser dirixida a ampliar o capital cultural dos cidadáns? Ou ten que buscar encher escenarios? Sempre nos movemos nesa balanza. Eu penso que non debemos perder a perspectiva de servizo público e tampouco debemos caer en programacións que poidan ser demasiado elitistas. Estamos rematando o verán, iniciamos ‘novo curso’ cultural. Que nos agarda? Hai algunha sorpresa na programación? As liñas de programación que están moi asentadas hainas que manter, evidentemente. Abrir novas liñas supón, por cuestións orzamentarias, deixar de facer parte desas cuestións asentadas. Outra cousa é que se lle dea outra orientación ou dentro dos grandes programas se intenten facer pequenas incursións. Programas novos é moi difícil que aparezan. Si que temos pensadas cousas para o futuro porque a diagnose que fixemos indicou esa necesidade. E tamén é verdade que este primeiro ano supuxo un grande esforzo de modernización e de reorientación da estrutura interna. Temos un portal novo para a venda de entradas que virá asociado cun cambio na estratexia de comunicación, na que primaremos a comunicación directa cos públicos. A túa faceta como músico de que maneira axuda nun cargo como o de xerente do Auditorio? É que eu realmente non son músico (Sorrí). O meu paso pola música foi máis como unha actividade de lecer, algo que facía porque me gustaba, e co que tivemos a sorte de ter certa repercusión. Pero como outros que xogaban unha pachanga ao fútbol, nós tocabamos. Non tiñamos unha vontade profesional. Aínda que si que estar aí permite que coñezas a moita xente do sector, que teñas certa sensibilidade… e iso é importante pero tampouco penso que tanto para exercer un posto como o meu. Pero é certo que The Homens podería facer un novo concerto ou publicar un novo disco? (Sorrí) Nunca se sabe.
“Non debemos perder a perspectiva de servizo público nin caer en programacións demasiado elitistas”
Botas de menos esa época? Si, claro que a boto, pero hai que mirar cara o futuro. Agora non o fago porque non teño tempo. Pero as portas sempre están abertas. Falando de músicos, entre os artistas composteláns hai moita preocupación pola nova Lei de Espectáculos de Galicia e se van poder seguir actuando en directo nos locais da cidade… Que exista unha lei véxoo como positivo pero as leis se teñen que adaptar ás realidades existentes. Sobre todo na actualización do catálogo daquelas actividades que se poden realizar dentro dos espazos. Por unha cuestión cultural e de riqueza e atractivo económico e turístico, as actuacións en directo son unha potencia. Son imprescindibles na vida dunha cidade como Compostela. Porque a día de hoxe, como definirías a Santiago desde o punto de vista cultural? É complicado. A xente da miña xeración tende a pensar que a cidade está nun declive cultural. Por exemplo, se ves as grandes programacións que houbo nos anos 93 (Ano Santo), 2000 (cando Compostela foi Capital Cultural Europea)… Pero por outra banda, se polo volume de habitantes con outras cidades similares do Estado comparas a diversidade cultural que temos… poucas hai como Santiago. Tendemos a ter sempre unha visión demasiado pesimista. Pero mira a programación que hai nunha fin de semana. Hai un grande abano de posibilidades. E ademais ninguén pode dicir que non poida ir ao 80 por cento dos espectáculos. É moi accesible. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha | Revista 9
Crusat & Costas Por Lorena Costas Por Jose Crusat
Crusat e Costas en Vide, Vide! Foto: Iván Barreiro
LORENA COSTAS
Os Mecos 2016 Hollejos de José Luis Aristegui: A perfección do imperfecto
O
s que nos ledes dende hai un tempo (tedes mérito, así que, moitas grazas!) sabedes que xa temos falado deste produtor da Rúa (Valdeorras) anos atrás. Non obstante, convén sempre refrescar a memoria e, sobre todo, volver a poñer na primeira liña a alguén que, para min, representa moito do que me gusta no bo facer vinícola. Primeiro por honestidade e valentía, e segundo por atrevemento, paixón e autenticidade; aínda que as súas elaboracións podan ser moi distintas entre si, por ser un elaborador inquedo e apaixonado, a súa liña de traballo sempre se mantén: respecto pola viña, observación minuciosa, mínima intervención. Feito este obrigado recordatorio da figura de Aristegui, tócanos falar neta ocasión do seu ‘Os Mecos 2016 – Hollejos’. Godello 100% procedente dunha parcela pizarrosa, fóra de D.O. pola súa elaboración, non pode ser máis imperfectamente perfecto. Un viño co que Aristegui pretende representar o xeito de facer o viño como se facía antes en Valdeorras; sen medos, sen complicacións, con arestas e moita personalidade. | 14
FICHA TÉCNICA: Adega: José Luis Aristegui Sen D.O. Variedades: Godello Grao: 13º Ano: 2016 Prezo: En torno aos 18 € Onde mercalo? Vide, Vide! (Rúa da Fonte de Santo Antonio, 10)
Gastronomía & Cultura
Da elaboración deste viño, que fermenta coas súas peles, falaravos Crusat, que destas cousas entende un chisco, pero por adiantar un pouco, direivos que se trata dun viño branco feito ao xeito dun viño tinto, e que desde que sae da viña ata que pasa á botella, pasa por aceiro inoxidable e despois por cerámica. Como resultado das inquedanzas de Aristegui sae este ‘Os Mecos’, irreverente, independente, libre coma un neno, moi afastado da tipicidade da Godello exuberante e comercial: cor dourada tirando a alaranxada, aromas a mazá primeiro reineta, despois vermella, froita confeitada. En boca é un viño persistente, envolvente, seco e tánico. Unha acidez que se afasta do principio da boca para quedarse ben atrás, facendo salivar, invitando a seguir bebendo. Coma sempre, xa sabedes, o tempo voa, e as botellas tamén, así que ide apurando a mercar unha e acompañádea neste verán cunha boa empanada de xureliños!
CAIXA AT L Á N T I C A “O océano Atlántico baña as costas galegas. O mar, o vento, a luz do Atlántico penetran na terra, nas árbores, en nós. Fánnos tal e como somos, moldéannos, fórmannos, imprimen o noso carácter. O noso mar inunda recunchos esquecidos e ocultos. As vides, as uvas que medran neses lugares adquiren toda a intensidade e personal idade propias dunha terra única. É desa forza e vitalidade atlánticas de onde nacen os nosos viños.”
JOSE CRUSAT
Os Mecos Hollejos 2016. Un abrigo de pelexos
X
a vimos hai un tempo outra elaboración de Jose Luis Aristegui da A Rua. Daquela tratábase dun viño amparado pola denominación de orixe de Valdeorras, un viño grandioso cunha liña mais convencional. Neste caso imos tratar dun viño que se atopa fora da D.O., de maior liberdade, na que este inquedo elaborador da renda solta as súas gañas de probar, de experimentar e recuperar elaboración antergas, xa case que esquecidas por mor da enoloxía máis de laboratorio limpa e impoluta. Este Os Mecos engádese na liña experimental e de elaboración libertarias de Jose Luis, na que tamén se pode atopar un viño tinto. Neste caso trátase dun viño elaborado coa uva Godello, pero como grande diferenza, o mosto macérase cos pelexos da uva, coma se fose un tinto. A elaboración coas peles da uva confire os viños cor por infusión, coma se fixeramos un té. Ademais aporta estrutura e taninos que fan que o viño teña máis corpo. O tempo de maceración-infusionado é xa cousa do elaborador, neste caso 20 días, se ben en futuras anadas que viran a cousa variou, na constante busca que o elaborador inquedo mantén. Despois da maceración que ten lugar durante a propia fermentación, o viño e prensado e o mosto pasa a criarse en recipientes de cerámica. A cerámica apórtalle maior microoxixenación que fai que o viño evolucione, preserve e incremente a intensidade da cor e suavice a astrinxencia. Na fase visual da cata o viño presenta unha limpa cor amarelo palliza intensa, propia do aporte das peles das uvas. No nariz é complexo, maza madura, notas cítricas a laranxa, pexegos pasificados, e notas terrosas. Na boca nótase esa gozosa complexidade novamente, acidez media compensada perfectamente cos taninos suaves. Lixeira adstrinxencia, sequidade, quentura agarimosa. Para acompañar o viño propoño unha comida con certa contundencia, que o viño ben pode con ela, e por iso poderiamos acompañalo con arroz con lumbrigante, o que poda que escolla produto local, e os que non chegamos a elo conformarémonos cun bichiño do Canada. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
TODOS OS VIÑOS QUE NON IMAXINAS
Segue as historias de José Crusat @choumimx no seu blog Del Comercio y del Bebercio |
http://delcomercioydelbebercio.blogspot.com
Segue as historias de Lorena Costas @lorena_costas no seu blog Bake my Day |
http://lorena-bakemyday.blogspot.com
Rúa da Fonte de Santo Antonio 10
15 |
Pincha | Revista 9
d e cine
Dani de la Torre, o galego A súa última película, ‘La Sombra de la Ley’, estrearase o 11 de outubro O próximo 11 de outubro o director galego Dani de la Torre estrea ‘La Sombra de la Ley’, unha película sobre gangsters atípica dentro do cinema español, precisamente pola propia temática. Ambientada na Barcelona dos anos 20, con todo foi rodada en varias cidades galegas polas similitudes que moitas localizacións gardan con aquela época, coma se quedaran cravadas no tempo. A película está protagonizada por Luis Tosar e conta cun considerable despregamento de medios, grazas en parte a que Dani de la Torre é un director que xa demostrou á industria a súa capacidade para chegar a todo tipo de público, como xa aconteceu en éxitos como ‘El desconocido’.
Falamos con el para que nos conte máis sobre este novo proxecto e a súa experiencia como galego na escena cinematográfica nacional. De que trata ‘La Sombra de la Ley’? É unha película de gangsters ambientada na Barcelona dos anos 20, unha época convulsa na que había moitas folgas e manifestacións porque viñamos da Primeira Guerra Mundial, da que se beneficiaron moitas empresas da cidade. Había unha etapa dourada a nivel económico que caeu coa finalización da guerra. Os pistoleiros da patronal e os dos anarquistas tomábanse a xustiza cada un pola súa conta. Había ata 30 mortos
Dani de la Torre (no centro) xunto aos protagonistas de ‘La Sombra de la Ley’, Michelle Jenner e Luis Tosar. Foto: Lucía Faraig
| 16
Gastronomía & Cultura
mainstream ao día. Foi o inicio da sociedade moderna, o xerme de moitos problemas sociais que aínda temos na actualidade. Nós contamos a historia dun policía que investiga o ataque a un tren e a partir de aí mergúllase no ambiente da Barcelona dos anos 20. Pero rodaches en varias cidades galegas, entre elas Santiago… Rodamos en Santiago, Pontevedra, Lugo, Monforte, Ferrol… Foi unha road movie por Galicia porque temos lugares únicos que aínda non foron tocados e permanecen como nos anos 20.
Por Ruth Ríos
De novo, repites cun dos nosos mellores actores, Luis Tosar. Como é traballar con el? É marabilloso en todos os sentidos, atento, xeneroso. Levo dúas películas con el e faría con Luis todas as películas que me quedan por facer. Ten unha mirada especial e un gran compromiso social, con Galicia e cos galegos. Ademais, se non fora por el, quizais non fixese nunca ‘El desconocido’. A súa mirada posta e Galicia é fundamental para que todos nos apoiemos. ‘El desconocido’ foi a túa estrea no mundo das longas. Desembarcaches a nivel nacional con 8 nomeamentos aos Goya, entre eles Mellor Director Novel. Como lembras ese momento? Os premios son preciosos porque confirman que dalgunha maneira tes algo que dicir, o teu lugar. É marabilloso recibir o agarimo dos premios e do público que foi á sala. Foi moi emocionante para min e estou moi agradecido. Unha experiencia moi bonita.
“En Galicia hai moitas directoras e directores cunha mirada diferente”
Costa Vella
Hotel Terraza
costavella.com 981 569 530 Porta da Pena, 17
Santiago
17 |
Pincha | Revista 9
d e cine “A película está ambientada na Barcelona dos anos 20, o xerme de moitos problemas sociais que aínda temos na actualidade”
Unha das escenas de ‘La Sombra de la Ley’ rodadas en Compostela.
Como ves o panorama audiovisual en Galicia? Véxoo cunha gran riqueza. É moi bonito que haxa propostas de todo tipo con diferentes estilos. Hai moitas directoras e directores cunha mirada diferente. Din que estamos nun momento doce para o cinema galego, cunha nova xeración de directores novos que están a triunfar con películas de autor en festivais internacionais. Como ves este fenómeno? Paréceme marabilloso que haxa directores como Oliver Laxe (entrevistado por Pincha no número de marzo de 2018), directores con proxección internacional, películas que non quedan nun caixón senón que viaxan, que emocionan a públicos de países diferentes. É estupendo que haxa diferentes tipos de estilos: o meu é máis mainstream, é un estilo que non hai en Galicia, é moi difícil de facer porque o fan moi poucos, xa que encher unha sala é moi complicado. Agora mesmo hai unha gran riqueza en Galicia, sinal de que estamos a facer as cousas moi ben. Cal é a maior dificultade que ves á hora de abordar unha produción en Galicia? Depende do que queiras facer. Por exemplo, se queres facer unha película de acción en Galicia é complicado porque estas requiren de moito orzamento, facelas nun idioma determinado polo tema de distribución e comercial… De todos os xeitos, os problemas do cinema galego son os mesmos que os de
calquera outro cinema (orzamentos escasos, poucas axudas). Afortunadamente, hoxe en día se queres contar unha historia, pódelo facer grazas a que os novos medios de produción son alcanzables. Podes contar unha historia cun iPhone. Primeiro tes que saber o que queres contar e despois buscar os medios. Tes que buscar o teu lugar. Cres que a coprodución é a solución? Claro, o non pecharte, o poder buscar apoio doutras comunidades autónomas ou países. A cuestión é ser consecuente cos medios que tes. Se fas cinema indie e de autor, tes distribuidoras pequenas e os teus propios circuítos comerciais. O bo é que convivan todo tipo de estilos e que haxa sensibilidades para protexer esas obras e tamén as máis comerciais. Que consello lle darías aos directores galegos que están a comezar a súa carreira? Que se animen máis mulleres, necesitamos máis miradas femininas. E a todos, tanto homes como mulleres, que loiten, que non se deixen engurrar.
Na actualidade Dani da Torre vive en Madrid, onde ten varios proxectos. A súa maior ilusión é poder “vivir de dirixir” e parece que de momento o seu soño está a cumprirse. Polo pronto, o 11 de outubro temos unha cita con el en ‘La Sombra de la Ley’. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Podes ler as entrevistas completas sobre Cinema Galego en
| 18
REVISTAPINCHA.GAL
Gastronomía & Cultura
666 rpm Por César Varela
Santi M olez ú n U n xenio do pu n k e le ct r óni co
C
ada día que pasa creo máis no dito de que ‘Os vellos punks nunca morren’. Ou eran os vellos rockeiros? Para o caso é o mesmo, e se non existía, pois acabo de inventarmo, que non todo vai ser descubrir a pólvora. Recopilando datos para o libro que levo tempo elaborando, aí atrás empecei a falar con Santi Molezún, quizais para moitos descoñecido pola súa faceta musical e máis coñecido polo que é o seu oficio desde hai 40 anos: a videncia. Si, é certo! Santi leva toda a vida traballando como vidente, e durante anos puidestes velo en diferentes canles de Tv presentando diversos programas ou quizais moitos de vós asististes á súa consulta presencial ou telefónica. Pero Santi nos 80’s xa tiña a súa banda de Punk na cidade de Santiago de Compostela. Agora está moi de moda o Pan da Moa, pero daquela levábase maís o Punk The Broa. Ese era o nome da formación da que formaba parte o noso personaxe de hoxe, na que tocaba o baixo, aquel baixo negro que era case máis grande ca el e que ensaiaba nos Salesianos. Nunca chegaron a ser moi coñecidos, a verdade, pero a esencia punk daquela época mantense viva. Máis tarde, xa nos 90’s - 2000 chegaron as Queenpostelas, un dos primeiros grupos da escena Glam de Galicia, de dragformistas (Drag Queen) no que el se convertía en Elvira La Galáctica. Estas si chegaron a ter máis éxito, xa que desfilaron por diferentes programas de Tv, chegaron a petar a Praza da Quintana e ata tiñan gardacostas. Despois de toda a loucura televisiva vivida durante tantos anos por Santi Molezún, que hoxe en día é unha marca rexistrada, decide abandonar os platós e hai un par de anos empezou a compoñer música de novo. O certo é que nunca antes o fixera, xa que como ben sabedes, o Punk é o Punk e punkto e aparte.
Un día levantouse da cama, e sen ter nin idea de compoñer, empezou a experimentar cun coñecido programa que se utiliza para crear música. El sempre desfrutou desta arte e agora mesmo dálle vida. En menos dun ano xa tiña unha chea de cancións compostas e pouco a pouco foinas editando en forma de EP´s, Maxis e apostas longas. Todas elas están dispoñibles nas máis coñecidas plataformas musicais (Spotify, iTunes, SoundCloud, Bandcamp...). De momento non se van poder palpar en estado sólido, pero todo chegará, ou non. A verdade é que é todo un logro, para como ben vos digo, non ter nin idea de compoñer, xa que os seus temas están estupendamente elaborados e a súa creatividade e coñecemento musical é tan amplo que nas súas cancións podes escoitar desde música clásica, flamenco, tangos, ritmos tribais, arábicos, rap e ata incluso rock and roll, todo entaboado baixo unha base de música electrónica. Pero non podería clasificar a súa música como tal, aínda que así sexa, xa que, se te atreves a escoitalo, que deberías!, levarate de paseo por tantos e diferentes terreos, que nun momento da viaxe non vas saber onde te atopas realmente. Así é a súa música, un tanto indescritible, pero desde logo, se te deixas levar por ela, estou seguro que a desfrutarás tanto ou máis como sei que o fai el á hora de compoñela. Realmente el tampouco se atreve a etiquetala e eu tamén fuxo moito de etiquetas. Compón música que se identifica con estados de ánimo, experiencias vividas, sentimentos e un tanto de loucura mental. Todos os temas teñen un sentido para el e trátase de que tamén o teñan para ti, se sabes captala. Nestes momentos atópase tamén traballando por primeira vez como produtor, cun novo descubrimento que moi pronto dará moito que falar: Álvaro Snake.
Foto: Álvaro Snake
Ademais, está en fase de elaboración do que será o seu novo traballo, que levará por título ‘Intimity Is Dead, secuencias íntimas e segundos íntimos’, que verá a luz nun EP que se publicará o vindeiro ano 2019 e no que Santi comporá tódolos temas utilizando as súas mans e afastándose dos Loops. Evidentemente, eu non adiviño o futuro, pero estou seguro de que nos sorprenderá... Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
19 |
Pincha | Revista 9
#apapa r
‘CHULETO’N’ DE VACA VELLA a’ PEDRA NO ~ RESTAURANTE O MUINEIRO O Muiñeiro é deses locais clásicos do barrio de San Lázaro que se adaptaron perfectamente ao paso do tempo despois de que xente nova tomara as rendas do negocio. Foi no 2011 cando reabriu as súas portas mantendo a calidade da súa cociña pero cunha imaxe renovada, máis moderna e dinámica. Os pratos de carne son a estrela deste establecemento. Así púidoo comprobar @JuanEAT_o na súa visita, na que lle serviron unha fantástica costeleta grande de vaca vella á pedra. En O Muiñeiro apostan por produtos galegos de calidade, respectando o seu sabor e propiedades pero dándolle sempre unha pequena volta coa que sorprender ao consumidor. Na súa carta atopamos tamén algo de peixe, ensaladas, revoltos, queixos… e unha grande variedade de viños. Tamén teñen menú do día e diferentes recomendacións segundo o que lles ofreza o mercado na xornada vixente. Abertos desde ás 10:30 horas da mañá, ao Muiñeiro podes ir comer ou cear. E tamén a probar a súa gama media alta de conservas fóra do horario de cociña, entre as 16:30 e as 20:00 horas. É dicir, podes ter un día completo para gozar do bo facer destes hostaleiros composteláns.
| 20
Foto: Iván Barreiro
Datos Lugar: Restaurante O Muiñeiro Rúa da Muíña, 2 Santiago Prato: ‘Chuletón’ de vaca vella á pedra Prezo: 35 € / kg Valoración:
Gastronomía & Cultura
Por @JuanEAT_o
N
on. Non é un episodio de Crónicas Carnívoras aínda que se asemelle. No famoso programa de televisión o presentador é capaz de enfrontarse a cantidades inxentes de comida como fixen eu coa impresionante costeleta grande de vaca vella á pedra que me serviron no restaurante O Muiñeiro, no barrio de San Lázaro. Foi unha guerra entre o ‘chuletón’ – con tamaño para dúas persoas – e máis eu. Quen gañou? @JuanEAT_o, sen dúbida ningunha! (hahaha). A carne preséntase na mesa sobre a pedra quente, o que permite ao comensal xogar co punto no que queres comela. Gustoume moito este detalle porque podes gozar de diferentes xeitos dun mesmo produto. Con este prato, non importa se prefires a carne ao punto ou moi ben feita. Todo o mundo pode saír contento! Destacaría ademais que se trata de carne de vaca vella galega e, por tanto, o seu sabor é moi intenso. Sen embargo, eu que son moi fan das salsas, non me importaría telo tomado tamén con algunha para acompañar. Anímovos a ir probalo e deixarvos aconsellar sobre o viño para maridar. Neste local teñen unha moi boa viñoteca e un persoal moi amable disposto a facervos a recomendación máis axeitada. Por último, recordarvos que este prato tal e como o vedes na fotografía do meu compañeiro Iván Barreiro é para dúas persoas! O que pasa é que eu son un namorado da Pincha boa carne e unha ocasión así para papar non a podía deixar escapar! Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
@JuanEAT_o gañou a batalla ao ‘chuletón’ para dous de O Muiñeiro. Foto: Iván Barreiro
21 |
Pincha | Revista 9
#apapa r
Rubén González, Restaurante O Muiñeiro “O que mantemos sempre é o mimo co que tratamos á carne”
T
écnico de son de profesión pero namorado da hostalaría, Rubén González tomou as rendas de O Muiñeiro fai sete anos disposto a facer del todo un templo da boa carne galega. Situado nun dos barrios con máis tradición gastronómica da cidade, San Lázaro, o empresario acaba de poñer en marcha un novo restaurante, desta vez no Ensanche, Centralia, situado en Fernando III O Santo, 18. Como acaba un técnico de son como empresario hostaleiro?
Empecei na hostalaría con 17 anos na rúa do Franco. Logo estudiei na Escola de Imaxe e Sonido de Coruña e desvinculeime uns anos do sector para traballar de técnico de son. Pero seguía en contacto coa hostalaría porque facía extras. Despois apareceume a ocasión de coller O Muiñeiro e fíxeno. Pero seguro que o de hostaleiro é un traballo moito máis duro que o de técnico de son, sobre todo polas horas que se botan…
Si, pero engancha! A min gústame moito o mundo audivisual, sempre me gustou, pero se che gusta a hostalaría… engancha moito!
Por Rebeca Munín
rúa da Muíña. Eu levo aquí sete anos. Desde 2011. Chegamos case por casualidade. Collimos o proxecto e desde entón foi cambiando. Fixemos unha pequena reforma hai uns cinco anos porque o local estaba un pouco desactualizado. Tiña as mesas moi grandes, máis tipo mesón. E nós démoslle un cambio de aires. O que mantivemos desde o principio foi o mimo co que tratamos sempre á carne. É o noso prato estrela. A min encántame, non só comela, senón que moitas veces vou visitar granxas, matadoiros, cámaras frigoríficas… É algo que me gusta e desfruto. No voso comedor destaca a parede chea de viños con dedicatorias dos clientes…
Si, todo comezou de casualidade, por uns clientes que cando remataron a botella escribiron nela e asinaron para darnos as grazas. Puxémola na parede e a xente empezou a facer o mesmo. Foi iniciativa deles, nós non o pretendíamos (sorrí). Temos viños clásicos e algunhas recomendacións diferentes. Gústanos que os clientes pregunten: “que viño me podes poñer hoxe?”. A da hostelería é unha carreira de fondo, son anos e anos… No noso caso, aínda que nos falta moito por percorrer, xa logramos ter esa clientela que confía en nós. E iso é moi gratificante. Pincha
“Xa logramos ter esa clientela que confía en nós e iso é moi gratificante”
Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Como ves ao sector en Santiago?
Eu creo que hai un nivel bastante bo. Só hai que saír fóra e ver o que hai noutros lugares. Creo que cada vez se está profesionalizando máis. Hai máis formación. Eu mesmo que non estudiei nada relacionado coa hostalaría, si que me preocupo agora de ir facendo cursos, mellorar… Cóntanos, cal é a historia do restaurante O Muiñeiro?
O local leva moito tempo aberto, uns vinte anos. O Muiñeiro é o nome que xa tiña. Non sabemos moi ben de onde ben. Creo que non ten máis motivo que o feito de que esta é a | 22
Rubén González, en O Muiñeiro. Foto: Iván Barreiro
Pincha | Revista 9
musicando Por JĂŠssica Pintor
| 24
Gastronomía & Cultura
Ensaiando con
Os Meninos Música portuguesa feita por tres galegos que acariñan as almas
O noso fotógrafo, Iván Barreiro, Magdalena Gamallo e Roberto Marqués forman Os Meninos. Foto: Iván Barreiro-Inferninho.
25 |
Pincha | Revista 9
musicando Nunca tivera a oportunidade de escoitar a un grupo ensaiar. Cando cheguei a escola da parroquia de Santa Xusta, no concello de Moraña, estaban preparando a cámara. Iván Barreiro (a quen xa coñecedes ou polo menos ao seu traballo detrás da cámara) ‘refunfuña’, porque non lle gustan as fotos Saír nelas, quero dicir!! (Risas e chisco, chisco!) Está coordinando a estampa. Aínda non teñen disco, pero esta ben podería ser a imaxe de portada dun primeiro CD de Os Meninos! Magdalena Gamallo, a voz, xunto con Iván Barreiro e Roberto Marqués, que dan os vida ás cordas das guitarras, cóntanme, sentados nunha sala con pupitres e pizarra, como empezou este proxecto en 2016. Ao fondo hai un mapa de España, moi vello deses nos que miña nai aprendía os ríos e montañas. Son bos ata para escoller o sitio onde falar, onde ensaiar! Cantan en portugués, “porque por aquí ninguén -ou case- o fai, é raro!. Non só é fado, facemos música en portugués, diversos estilos, facemos jazz, reggae, pero sen envolturas”. Magdalena puxo, fai dous anos, un anuncio en Internet. Buscaba formar un grupo. Ía a clases de canto, daquela, e estudaba portugués. Era a primeira vez que poñía un anuncio e apareceu Rubén, para o que tamén foi a primeira vez en contestar un anuncio na rede! El viña de tocar noutras bandas (nalgunhas ségueo
“Deberíamos traballar na conciencia do público de ver directos, de apreciar a cultura e a música, de vivila!” facendo), máis ben rock, blues... “Tivemos outro guitarrista máis ao principio e despois chegou Iván”. Cada un aporta un toque a este trío de tres (chisco, chisco!). O noso Iván dálle o toque flamenco, por exemplo. Ademais compoñen os seus temas. Magdalena é autora do cen por cen de todas as letras propias de Os Meninos, tamén fan versións, e a Iván e Rubén tócalles harmonizar, fan os acordes, moitas veces as melodías van xurdindo de | 26
A entrevista con Os Meninos realizouse na escola da p de Santa Xusta, en Moraña. Foto: Iván Barreiro-Inferninh
entre as tres cacholiñas! Xa actuaron para algún concello, en auditorios, e en salas ou bares, como na taberna a Arca de Noe, en Vilar de Santos. Costoulles, pero tamén recordaron a súa primeira actuación e aqueles nervios, en La Pecera, en Vigo, e a boa resposta do público! Nos primeiros momentos, e aínda agora, segue habendo nervios, especialmente ao redor de como responderá a xente. Tanto Iván como Roberto xa tocaron e tocan con outros grupos, pero aínda teñen ese particular medo, como lle pasa a Magdalena, á reacción dos que non coñecen este tipo de música. “Case sempre sorprendes á xente. O público cando lle falas de fado ou de música en portugués, como lle pasa ás veces ao flamenco, imaxina un ‘tostón’ quizais e despois funciona e funciona moi ben! Porque é música que chega a todo o mundo. Ao principio suxírelles algo aburrido, tal vez, música de estar sentado... Certamente non é música de festival, pero é música para gozar, mesmo para bailar, non só é música tranquila. A cuestión é primeiro escoitalo en directo! Unha rapaza cunha voz incrible, que sube a un escenario acompañada tan só de dúas guitarras
parroquia ho..
e os seus guitarristas. Facemos música para escoitar, para emocionarse, aparte da lingua, as cancións son bonitas e chegan, iso é o que á que xente lle gusta, que lle emocione, gozar coa música, que che entre algo no estómago! A xente valora esa simplicidade de escoitar unha presencia vogal e as cordas das guitarras. Sen aparatos, nin luz. Non hai distorsións”. Porque o seu é música pura, un traballo moi limpo e transparente. ”Calquera erro detéctase rapidamente, se a cagas, nótase!”, gargalladas estrepitosas de todos, fan eco no local. Música de calidade Antes do verán do ano que vén contan con ter o seu primeiro disco. Iván é o que da calma á banda, Magdalena e Rubén están algo máis ansiosos, cada un deles é diferente, pero compleméntanse moi ben. Son amigos, nótase ata cando se miran, mentres ensaian e tocan, créase unha atmosfera moi particular. Xa imaxino un concerto. Ten que haber moito silencio, aquí ata unha folla caendo pode interromper esta intimidade...
Recoñecen que desenvolverse en calquera ámbito artístico é complicado. Combinan outras facetas laborais co proxecto musical de Os Meninos. “Todo o mundo pasou polos bares, todo o mundo sabe que hoxe prima ser coñecido e non facer música de calidade, que isto está mal pagado. Que, ás veces, facelo require correr un risco e que hai cousas incompatibles”. Intentan explicarme que o traballo dun grupo musical “ten unha parte instrumentista, unha vogal, cada un ten que ir as súas clases, dedicarlle horas ao estudo da música, dedicarlle horas ao grupo, necesitamos tempo para o arranxo de temas, hai que tocar”... Doume conta que ao mellor, banalizamos un pouco o traballo dos artistas musicais... Falamos de que o ritmo acelerado da televisión e da Internet e das novas tecnoloxías, obriga ás bandas máis pequenas a apurar, coma o resto! “Non queremos tocar música que non nos guste, non queremos facer música a toda costa. Hai un proceso que hai que respectar. Evidentemente, nós non podemos pecharnos un ano a compoñer e arranxar temas... Pero tamén hai falta de cultura musical. Deberíamos traballar na conciencia do público de ver directos, de apreciar a cultura e a música, de vivila!”. E vivila máis aló da caixa tonta... Elemental meus queridos Watson, elemental! O son inunda un salón máis grande do colexio de Santa Xusta no que nos atopamos e que foi reconvertido en Centro de Investigación e Divulgación do Patrimonio Cultural de Moraña. Entre restos de xiz, mapas e fotos antigas, Os Meninos tocan unha versión de ‘Vamos esta noite’, un tema case techno dun grupo chamado Clã. De repente, Magdalena sube a voz, ata o teito, e enche todo espazo! Letra e música rebotan contra a parede e estoupan en todo o local, das paredes aos poros da miña pel! Teño os pelos de punta, noto como abro moitísimo os ollos, como se así puidera absorber máis deste intanxible, deste sentimento, como se puidera tragar as notas e sentilas na gorxa... Eles continúan, concentrados, míranse, son cómplices, respírase esa aura íntima da que vos falei hai un intre, non é só un ensaio, son caricias, é música da que toca por dentro e estanme agarimando con ela! Gracias a todos os músicos do mundo por facernos recordar o que é sentir e palpitar ao compás dunha guitarra e máis en tempos insípidos, convulsos e de artificios. Longa vida musical a Os Meninos e aos seus sons portugueses! Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
27 |
Pincha | Revista 91
axend a proxecto do Xiao Berlai (Fía na Roca), que uniu o seu talento musical á creatividade do ilustrador Gerardo Torterolo
FESTIVAL HERDANZA DO 3 AO 8 DE SETEMBRO |
A terceira edición deste festival que achega a danza contemporánea ás rúas e claustros composteláns inclúe tamén conversas, proxeccións e obradoiros. Programa completo en revistapincha.gal
TRIBUTO A COLDPLAY SALA CAPITOL
SANTANA1000000, EN DIRECTO
16 DE SETEMBRO ÁS 19:15 HORAS | PREZO: 18€ (14€ ANTICIPADA)
A banda barcelonesa Coldday leva aos escenarios toda a maxia da música de Coldplay. Durante dúas horas recréase a atmosfera, emoción e enerxía dun auténtico
SALA MALATESTA
7 DE SETEMBRO ÁS 22:00 HORAS | PREZO: 6 € (3€ ANTICIPADA)
Logo de explotar coa súa música en México, o alcumado neno guapo regresa a España con máis música e forza que nunca nun concerto cun Line Up de luxo que combinará Reggaton, Trap e música Techno.
REPRESENTACIÓN DE ‘COMMEDIA, UN XOGUETE PARA GOLDINI’ DO 5 AO 8 DE SETEMBRO |
(HORARIO POR CONFIRMAR)
CONCERTO DE BALDO MARTÍNEZ TRÍO 6 DE SETEMBRO ÁS 21:00H
CASA DAS CRECHAS
DESFILE DE ENTROIDOS TRADICIONAIS DE GALICIA
XIX CICLO DE LIED DO 17 AO 25 DE SETEMBRO (DATAS APROXIMADAS)
Ciclo de recitais que se celebra entre setembro e outubro organizado polo Concello en coordinación coa Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela e reúne na cidade aos mellores cantantes de lied xunto ao pianista e mentor do evento, Roger Vignoles. Máis info proximamente en revistapincha.gal
CONCERTO DE HANDLE WITH SWING 18 DE SETEMBRO ÁS 21:30H
BORRIQUITA DE BELEM
8 DE SETEMBRO ÁS 12:45 HORAS
Máis de 400 representantes dos entroidos declarados Festa de Interese Turístico participarán neste vistoso desfile polas rúas da Zona Vella compostelá.
CONCERTO DE JUYMA ESTÉVEZ 20 DE SETEMBRO ÁS 21:00H
CASA DAS CRECHAS
CONCERTO DE EJAZZ CASA DAS CRECHAS
DA PRAZA DO TOURAL Á CASA DA TROYA
13 DE SETEMBRO ÁS 21:00H
7 DE SETEMBRO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: 5 €
| 28 2
O CGAC, a Cidade da Cultura, o Teatro Principal, a Fundación Eugenio Granell, a Igrexa da Universidade, o Salón Teatro, o Mercado de Abastos, a sede da Fundación SGAE, a Sala Capitol e a Sala Malatesta serán os dez escenarios deste festival indoor de vocación transdisciplinar e proxección europea que celebra o seu quinto ano na capital galega. Entre os artistas confirmados están Laurel Halo, Spectrum, Oddisee, Nadah El Shazly, Sumrrá & Laura Iturralde, Abul Mogard, Ron Morelli y Abu Sou.
SAÍDA DO OBRADOIRO
VENRES TROIANO
Visita teatralizada pola Zona Vella compostelá e o Museo Casa de la Troya. Casimiro Barcala, o estudante da novela de Pérez Lugín, achegará aos participantes dun xeito divertido os feitos históricos relativos ao tempo no que transcorre a obra.
WOS FESTIVAL X SON ESTRELLA GALICIA DO 12 AO 16 DE SETEMBRO | PREZO: DESDE 15€
TEATRO PRINCIPAL Arlecchino encontra unha carta de amor no mandil da súa muller e, erradamente, pois a carta non era para ela, pensa que ela o engana. Desesperado, quere matarse. Pero deteno unha misteriosa voz. Unha obra de Cándido Pazó na que actúan Victor Mosqueira, Marcos Orsi, Avelino González, Nuria Sanz, César Goldi e Sergio Zearreta.
directo dos británicos.
CONCERTO DE BERLAI BORRIQUITA DE BELEM 11 DE SETEMBRO ÁS 21:30H
Concerto que axunta música, poesía e banda deseñada. Berlai é o primeiro
Esta proposta musical atractiva, arriscada e orixinal ofrece un repertorio de sorpendentes versións “a capella” que farán ao público viaxar a diferentes épocas e lugares. En definitiva, catro voces, catro personalidades, catro estilos que se funden nun só, harmonizados a ritmo de jazz, de soul, de bossa nova e de funk.
THE GODFATHERS + CLANGOR DJ SET SALA CAPITOL
21 DE SETEMBRO ÁS 21:30 HORAS | PREZO: DESDE 20€
Clangor volve unha noite máis a Santiago e este ano inclúe un concerto completo da banda londinense The Godfathers.
Gastronomía & Cultura
FIN DO VERÁN NA CIDADE DA CULTURA
must
SETEMBRO E OUTUBRO CHEGAN CARGADOS DE ACTIVIDADES NA CIDADE DA CULTURA DE GALICIA. CONSULTA AQUÍ TODAS AS POSIBILIDADES DAS QUE GOZARÁS ACHEGÁNDOTE AO MONTE GAIÁS!
EXPOSICIÓNS Exposición ‘Galicia universal. A arte galega nas coleccións de ABANCA e Afundación’ Museo Centro Gaiás
Ata o 14 de outubro de martes a domingo de 10:00 a 20:00 horas Prezo: De balde Última oportunidade para mergullarse nesta mostra, que recolle obras da arte galega dos últimos 150 anos.
As Nocturnas 2018 co DJ Álex Nite Museo Centro Gaiás
7 e 14 de setembro ás 21:00 horas Prezo: 5 € Vivir unhas noites de venres diferentes e no Museo Gaiás. Sesión DJ, aperitivo e viño para gozar dunha experiencia distinta con visitas comentadas a Galicia Universal. A arte galega nas coleccións ABANCA e Afundación.
ReB/Veladas na paisaxe 2018 Zonas verdes do Gaiás
Ata o 21 de outubro. Visitas comentadas os venres ás 20:00 horas Prezo: De balde
Ciclo de intervencións artísticas nos espazos verdes do Gaiás (Bosque de Galicia e Parque do Lago), que nace coa pegada de perspectiva de xénero, ampla e rachando co excluínte, como sinal de identidade.
AAMA. Arquivo Aberto da Memoria Arquitectónica Torres Hejduk
Ata o 25 de novembro de 10:00 a 20:00 horas Prezo: De balde Intervención artística de Francisco Ramallo que converte as Torres Hejduk nun arquivo sonoro para rescatar do esquecemento a arquitectura galega desaparecida.
MÚSICA XV Romaría Coral Galega Praza Central (Museo Centro Gaiás no caso de choiva)
16 de setembro ás 19:00 horas
Concerto: Todas as linguas Son Elas Auditorio Xosé Neira Vilas
22 de setembro ás 18:00 horas Prezo: De balde
ACTIVIDADES Visitas astronómicas 8 e 15 de setembro ás 22:00 horas Prezo: De balde, previo rexistro Últimas sesións do verán para descubrir a maxia das estrelas e as noites de Compostela na Cidade da Cultura.
6 e 13 de setembro ás 22:00 horas Prezo: De balde, previa inscrición Últimas andainas comentadas deste verán, entre a zona histórica de Compostela e a Cidade da Cultura.
Xincana literaria sobre Otero Pedrayo Biblioteca de Galicia
8 e 29 de setembro ás 12:00 horas
Concerto de Emilio Rúa
Prezo: De balde, previa inscrición
21 de setembro ás 21:00 horas CONSULTA A PROGRAMACIÓN
EN REVISTAPINCHA.GAL
AS NOCTURNAS 2018
Camiño ao Gaiás
Prezo: De balde
Museo Centro Gaiás
EXPOSICIÓN ‘GALICIA UNIVERSAL.
REB/VELADAS NA PAISAXE 2018
AAMA. ARQUIVO ABERTO DA MEMORIA ARQUITECTÓNICA
II Obradoiro de Papiroflexia Biblioteca de Galicia
22 de setembro ás 11:00 horas Prezo: De balde, previa inscrición
CONCERTO DE EMILIO RÚA
29 |
Pincha | Revista& 9Cultura Gastronomía
axend a
axend a CONCERTO DE DOUS 4 DE OUTUBRO ÁS 21:00H
CASA DAS CRECHAS
25 ANOS DE PUNK BAR TOLO IS NOT DEAD
LOS 4 DE CUBA, AO VIVO SALA CAPITOL
23 DE SETEMBRO DESDE ÁS 18:00 HORAS | PREZO: 50€ (45€ ANTICIPADA)
O grupo Los 4 naceu no 2009 na Illa de Cuba e son recoñecidos mundialmente polo seu estilo orixinal e a súa mestura entre o reggaetón e a timba cubana.
I CONCERTO BENÉFICO NORMALIZAUTISMO SALA CAPITOL
26 DE SETEMBRO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: 15€
Artistas como Rosa Cedrón, Virginia Maestro, Siloé, Luís Fercán ou David Prado participan neste concerto benéfico. A recadación irá destinada ao desenvolvemento de campañas informativas e de sensibilización so autismo.
SHOW DO HUMORISTA ‘EL MONAGUILLO’ TEATRO LA SALLE
23 DE SETEMBRO ÁS 19:00 HORAS | PREZO: DESDE 15€
‘Solo lo veo yo’ é un espectáculo realmente divertido cos mellores monólogos de ‘El Monaguillo’, antoloxía das súas graciosas reflexións e ata un paseo pola súa infancia coas películas que máis lle marcaron.
| 30
29 DE SETEMBRO E 27 DE OUTUBRO ÁS 21:30 HORAS | PREZO: 10€ (8€ ANTICIPADA)
O Bar-Tolo celebra o seu 25 aniversario con diferentes concertos na Sala Malatesta. O 29 de setembro actuarán Malandrómeda, Os Novos, Última Sacudida, Bule e Pablo Electrocute. O 27 de outubro será o turno de Samesugas, Golpe Radikal, Barbitúricos, Martelo e Risi e Robocot .
‘LAS MUCHAS’
LOW PRESENTA O SEU NOVO DISCO
TEATRO PRINCIPAL
SALA CAPITOL
28 DE SETEMBRO (HORARIO POR CONFIRMAR)
Espectáculo de danza contemporánea da compañía de Mariantònia Oliver que fala da fraxilidade, desa que ten que ver coa idade, con corpos que xa non pertencen ao “corpus” do social.
NOITINHA MUSIC CON ESTEBAN & MANUEL HOTEL NH COLLECTION
SALA MALATESTA
26 DE SETEMBRO ÁS 20:00 HORAS | PREZO: DE BALDE
XV CURTOCIRCUÍTO
Esteban & Manuel recuperan o espíritu da verbena a ritmo de cumbia y autotune. Un arrebato latino concentrado no disco ‘La banda sonora de tu día a día’, que presentarán dentro do ciclo noitiNHas MUSIC.
O festival internacional de curtametraxes Curtocircuíto cumpre quince anos ofrecendo unha completa selección de películas a concurso. O programa complétase con master classes, concertos e encontros con cineastas. Toda a info, en revistapincha.gal
DO 29 DE SETEMBRO AO 7 DE OUTUBRO
1 DE OUTUBRO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: 22€ (20€ ANTICIPADA)
O grupo chega a Santiago da man do American Autumn Son Estrella Galicia para presentar o seu último disco, ‘Ones and Sixes’, aclamado con un dos máis impresionantes da súa carreira.
DIEGO OJEDA, EN DIRECTO SALA SÓNAR
5 DE OUTUBRO ÁS 22:30 HORAS | PREZO: 12€ - 14€
Neste concerto o músico cantará as cancións do seu novo disco, ‘Manhattan’, as cancións máis míticas dos seus discos anteriores e lerá algún do seus poemas.
XXIII FESTIVAL GALICREQUES DO 13 AO 21 DE OUTUBRO
O XXIII edición del Festival Internacional Galicreques traerá a Compostela a titiriteiros de varios países que amosarán as súas singulares producións. Espectáculos infantís, representacións ao aire libre, pases en horario nocturno... e tamén mesas redondas, exposicións e obradoiros... todo un mundo arredor dos monicreques. Programación completa en revistapincha.gal
INAUGURACIÓN DA MOSTRA ‘HÍBRIDO’ ZONA C
ANNA CALVI, AO VIVO
Aarón Sanromán presenta un proxecto colaborativo que unifica a paisaxe natural e a dixital para reivindicar a memoria xeográfica. Visitas de martes a sábado de 16:00 a 20:00 h. e domingos de 14:00 a 19:00 h.
SALA CAPITOL
3 DE OUTUBRO ÁS 19:00 HORAS | PREZO: DE BALDE
17 DE OUTUBRO ÁS 21:00 HORAS | PREZO: 20€ (17€ ANTICIPADA)
A cantante británica de culto chegará a Santiago co seu novo álbum, ‘Hunter’, que
3|
Pincha | Revista 1 Gastronomía & Cultura
axend a saíu á venda este agosto tras casi cinco anos de silencio discográfico, amosando a súa enerxía que empurra os límites da súa guitarra e a súa voz aínda máis alá que nos seus traballos anteriores.
Trapo, chega a Santiago para ensinarnos as súas melodías que mesturan distintos estilos musicais, diferenciándoo dos demais cantautores de España.
TRIBALISTAS, EN XIRA MULTIUSOS FONTES DO SAR 26 DE OUTUBRO ÁS 21:00 HORAS | PREZO: DESDE 35€
NOITINHA MUSIC CON MUJERES
Compostela é unha das cidades elixidas por Tribalistas para a súa xira por Europa. O trío formado por Marisa Monte, Arnaldo Antunes e Carlinhos Brown regresa quince anos despois de venderen tres millóns de discos para facer unha xira mundial. Os considerados como un dos maiores fenómenos da música brasileira recente contarán ademais no seu espectáculo cun artista convidado.
HOTEL NH COLLECTION
19 DE OUTUBRO ÁS 20:00 HORAS | PREZO: DE BALDE
Mujeres é un trío catalán que leva 10 anos tocando por todos os recunchos do mundo, e que acaban de sacar o seu cuarto álbum, ‘Un Sentimento Importante’, que presentarán dentro do ciclo noitiNHas MUSIC.
‘20 AÑOS TOUR’ DE JARABE DE PALO SALA CAPITOL
28 DE OUTUBRO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: DESDE 30€
Jarabe de Palo cumpriu 20 anos e celébrano como mellor saben, no escenario. Este outono comezan unha xira de salas e teatros, coa banda ao completo, interpretando as cancións máis populares do seu repertorio e que chegará a Santiago o 28 de outubro.
FIN DE XIRA DE THE LIMBOOS SALA CAPITOL
26 DE OUTUBRO ÁS 21:30 HORAS | PREZO: DESDE 12€
A banda no só despedirá a xira de Limbootica, o seu segundo álbum, en Galicia, tamén será o preámbulo ao terceiro disco do grupo e unha noite que promete ser inesquecible.
Dentro da súa xira internacional, a agrupación de folclore máis importante de Latinoamerica, chega a Europa e, en concreto, a Santiago para facernos gozar coa potencia das súas voces, a calidade das súas letras e a forza do seu directo.
AUDITORIO ABANCA
Obra que transcorre entre o amor e a maxia, amosando a eterna loita do ben e do mal. Os protagonistas son o príncipe Sigfrido, namorado de Odette, moza convertida en cisne polo feitizo do malvado Von Rothbart e Odile, o cisne negro e filla do bruxo.
|4
SALA CAPITOL
30 DE OUTUBRO ÁS 21:15 HORAS | PREZO: 25€ ANTICIPADA
‘EL LAGO DE LOS CISNES’ CO BALLET NACIONAL RUSO 26 DE OUTUBRO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: DESDE 23€
FOLCLORE ARXENTINO CON ‘LOS NOCHEROS’
EL KANKA, EN CONCERTO SALA CAPITOL
27 DE OUTUBRO ÁS 21:30 HORAS | PREZO: 20,70€ ANTICIPADA
O músico e compositor nado en Málaga, excompoñente de Doctor Desastre e T de
Se programas algún evento gastronómico ou cultural en Santiago ou comarca que quixeras que apareza na nosa axenda, escribe a:
redaccion@revistapincha.gal Axenda suxeita a posibles modificacións. Consulta novidades en
revistapincha.gal
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
31 |
Pincha | Revista 9
directo rio Bares/Cafeterías Restaurantes Outros
Caldeirería 49 baixo Santiago de Compostela De L a Me e D de 8:00 a 23:00 X a S de 8:00 a 1:00
Casas Reais 25 Santiago de Compostela
Rúa da Caldeirería, 42 Santiago de Compostela
L e M: 12:00 a 00:30 Me e X: 12:00 a 1:30 V e S: 12:00 a 02:30 Domingos Pechado
L a S de 7:30 a 23:00 (V e S a 1:00) D de 9:30 a 22:00
T. 981 556 344 - quedamosenlaflor.com
@Cafe_Serendipia
Rúa Nova 36 Santiago de Compostela
Rúa de San Pedro 16 Santiago de Compostela De L a S de 14:00 a 16:00 e de 20:30 a 00:00
T. 981 566 980
T. 981 577 633 - www.dezaseis.com
Avda. da Liberdade 11 Santiago de Compostela
Rúa do Franco 41 Santiago de Compostela
Cantón de San Bieito 5 Santiago de Compostela
De L a V de 9:00 a 00:30 S de 10:30 a 00:30 e D de 10:30 a 16:30
L a D de 13:00 a 16:00 e de 20:00 a 23:30. Xoves Pechado
Todos os días de 10:00 a 00:00
T. 981 813 520 - www.bodeguilladesanroque.com
T. 881 031 025 - www.acdcrestaurant.com
T. 981 571 204
T. 628 177 128 www.vinotecacasapepe.com
J.A.Brenlla R E S TA U R A N T E O F E R RO
Rúa de Sempre en Galiza 1 Santiago de Compostela T. 981 592 399 restauranteferro@gmail.com www.restauranteferro.com
| 32
Rúa da Muiña 2 Baixo Santiago de Compostela De luns a venres de 9:30 a 00:00 Sábados e Do. de 11:30 a 00:00 T. 981 577 742 info@omuineirorestaurante.com
Rúa do Vilar, 25 Santiago de Compostela
Gastronomía & Cultura
Avda. Benito Vigo 70 A Estrada M a X de 9:30 a 00:00 V e S de 9:30 a 1:30 D de 9:30 a 00:00 T. 981 571 226 - argentinosburguer.com
Rúa da Raiña 4 Santiago de Compostela
Vía Galileo s/n [Pol. do Tambre] Santiago de Compostela
De 10:00 a 16:30 e de 19:00 a 1:00
L a V: 06:00 a 00:00 Sáb., Dom. e festivos: 06:00 a 15:00
T. 981 572 257 www.restaurantesanjaime.com
T. 981 561 933 cafeteriapoligono@gmail.com
Rúa Cardeal Payá 8 Santiago de Compostela
vinotapeta@gmail.com Virxe da Cerca 7 - Baixo Santiago de Compostela
Rúa de San Pedro 120 Santiago de Compostela T. 981 589 600 www.amaceta.com
De L a D de 9:00 a 00:00
De Me a S de 13:00 a 16:00 e de 20:30 a 23:30 Ma e D só mediodía T. 981 562 314 - www.restauranteatafona.es
ALBERGUE HOSTEL
CASTRO Preguntoiro 35 Santiago de Compostela www.riquela.com
Rúa Mazarelos 4-5 Santiago de Compostela
Av. Ourense, 24 Palas de Rei
Jueves, viernes y sábados: 22:00 a 05:30
Luns a Domingo de 12:00 a 23:00
T. 696484123 - sonarcompostela.com
T. 982 380 321 - alberguecastro.com
Rúa Fonte de Santo Antonio 10-Baixo Santiago de Compostela
Rúa do Cubelo 27 Santiago de Compostela
T. 981 582 911 - info@videvide.net
T. 981 552 352 - pandamoa.com obradoiro@pandamoa.com
Grupo
Crta. N-550, s/n Pazos · Padrón T. 981 811 312 - www.hscala.com facebook.com/hotel.scala
F: VIDE, VIDE T: @vide_vide
33 |
Pincha | Revista 9
directo rio tenda s
Rúa Travesa 7 Santiago de Compostela
T. 981 571 469 liladelilith@gmail.com Despois de papar, a estas tendas terás que ir mercar
De L a V de 10:30 13:30 e de 17:30 a 20:30 S de 10:30 a 14:00
Rúa do Hórreo 46 Santiago de Compostela De L a S de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:30
Camisetas gourmet, enfornadas en Melide!
T. 678 430 636 missrock@missrock.es missrock.es
Avda. Peregrina 1 baixo 981 939 352 - Bertamiráns Rúa de Galicia 18 981 873 907 - Ribeira Rúa de Galicia 5 981 825 630 - Noia
www.silvaldehogar.com
Rúa das Rodas 13 Santiago de Compostela www.oscatrogatos.com
Asesoría Laboral, Fiscal, Jurídica y Contable Javier Alvarellos Luisa Pazos - Pablo Vizoso t. 981 570 393 – 608 883 589
Únete a nós!!! publicidade@revistapincha.gal Revista de Gastronomía & Cultura
| 34
#somospincha
paga a pena Por Vicky Morales
Probar...
Ensalada de Pasta Rechea e Hortalizas:
Desta vez propoño un prato moi fácil e rápido de preparar, un prato único con moito sabor e moi saudable. As hortalizas achegan á pasta un toque lixeiro e compleméntana en nutrientes, as especias achegan sabor e frescor ao prato. Se o probas, asegúroche que repetirás. Ingredientes (para 4 persoas): 300 gr. de pasta rechea de queixos (fresca refrixerada) 2 cabaciñas pequenas 250 gr. de tomatiños cherry Zume de medio limón ½ culler de tomiño picado Sal Pementa recén moída Aceite de oliva virxe Alfábega fresca Olivas negras en toros
Preparación: ✓✓ Corta as cabaciñas con axuda dunha mandolina e ponas a macerar co zume de limón, o tomiño, un pouco de pementa, sal e aceite. ✓✓ Corta os tomatiños á metade e sazona cun pouco de sal pementa e aceite, reserva. ✓✓ Mentres tanto, coce a pasta, como é refrixerada estará lista en 3 ou 4 minutos, arrefríaa completamente ou deixa amornada se che apetece. ✓✓ Nunha cunca, verte a pasta, os toros de cabaciña co seu mollo, os tomatiños, as olivas, a albáfega e mestura ben. Remove con coidado, proba de sal para rectificar se é necesario e sirve.
...segue as propostas de Vicky en talle rd eazuca r.e s
COÑECER....
ler...
PROBAr...
o erotismo nas bibliotecas do MPG
‘Palabra de Bruxa’, de Andrea Barreira
os cócteles de Amazonia Tropical-Bar
A Biblioteca do Museo do Pobo Galego amosa ata o 14 de outubro unha exposición sobre o erotismo. A mostra está concebida en dúas seccións, a primeira, unha breve introdución lúdica onde se pode ollar por un burato, xogar con imaxes animadas ou facer un percorrido pola nosa cultura popular; e unha segunda parte coa exposición bibliográfica propiamente dita con autores como Safo, Bocaccio, Sade, Méndez Ferrín, Miller…
Publicada por Galaxia, en principio está orientada a público xuvenil, mais é perfecto tamén para público adulto. Trasládanos aos terribles tempos da inquisición situando o foco en Berenice, unha muller brava, sabia e libre. Xuízos, represión e odio, más tamén moita sororidade e moito amor, amor do saudable, pola natureza, pola vida, polas amigas, pol@s amantes. Que vivan os aquelarres! Á venda na Libraría de Mulleres Lila de Lilith, na rúa Travesa.
Unha nova proposta en Compostela, dos mesmos donos que o restaurante TS A Casa na rúa de San Pedro, pero desta vez especializados na noite. O Amazonia Tropical-Bar, na Algalia de Arriba, aporta un aire fresco, divertido, alegre e moi libre para a movida santiaguesa. Ademais dunha decoración que de seguro vos sorprende, non podedes perdervos os seus cócteles! Marabilla para todos os sentidos!
35 |
www.revivesantiago.gal
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
Unha maneira de facer Europa