16 minute read

axenda

Advertisement

DIARIO 21 DE VICENTE PREGO OS CATRO GATOS

ATA O 24 DE ABRIL Exposición do pintor Vicente Prego no espazo para a arte Os Catro Gatos. As obras que presenta, realizadas sobre papel ou madeira, son unha selección do traballo deste último ano. Figuración e abstracción, fondos informalistas con recreacións de arquitecturas clásicas ou paisaxes, imaxes reais ou inventadas, como unha exploración a través dun itinerario difuminado polo recordo.

16 ª MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA ETNOGRÁFICO MUSEO DO POBO GALEGO

DO 6 AO 10 DE ABRIL O festival terá unha fórmula mixta na que a sección ofi cial a concurso poderá verse tanto de maneira presencial en diferentes sesións no Teatro Principal, na sala NUMAX e no Museo do Pobo Galego, como en liña. Os fi lmes fóra de concurso e mais os das seccións Trazas e Impropias só se proxectarán en sesións presenciais. Pola contra, as pezas programadas polo festival convidado Family Film Project do Porto serán todas en liña. O festival ten programadas ademais varias actividades paralelas que podes consultar na nosa páxina web revistapincha.gal a exposición tamén presenta obxectos menos habituais: as incrustacións de cores empregadas para decorar o pazo dun faraón, por exemplo, dannos un indicio de como se vivía na corte real.

LAS CRIADAS AUDITORIO DE GALICIA

9 DE ABRIL ÁS 19:30 HORAS | PREZO: 14 € Ana Torrent, Alicia Borrachero e Jorge Calvo protagonizan este espectáculo dirixido por Luis Luque . As irmás Claire e Solange Lemercier son as criadas dunha dama da alta burguesía francesa. Todas as noites inician unha cerimonia perversa, un ritual onde a realidade e a fi cción se mesturan nun xogo mortal de cambio de identidades. A xenreira e a rabia de ser conscientes do seu destino de criadas lévaas a un desenlace fatal.

Fotografia: Ivan Garcia

‘SINTEMPO’ CON SARA CANO TEATRO PRINCIPAL

10 DE ABRIL ÁS 20:00 HORAS | PREZO: 10 € SinTempo, segundo traballo de Sara Cano, é un só de danza no que a coreógrafa busca crear un espazo escénico propio no que poder desenvolver unha danza anacrónica, feita de pasados, presentes e futuros, unha danza sen tempo... simplemente persoal. SinTempo busca poder falar do paso do tempo, do pasado, o presente, o atemporal, o rápido, o lento, o estático, o que permanece e o que se vai e, en defi nitiva, das sensacións e reaccións que todo isto produce na creadora.

FARAÓN. REI DE EXIPTO MUSEO CENTRO GAIÁS - CIDADE DA CULTURA DE GALICIA

ABRIL E MAIO | PREZO: DE BALDE ‘Faraón: Rei de Exipto’ explora o simbolismo e o ideario da monarquía exipcia, á vez que tenta desvelar as historias que se ocultan detrás dos obxectos e das imaxes que deixou como herdanza esta antiga civilización. Xunto a estatuas, belos relevos en pedra de antigos templos e ourivería, SUMRRÁ: ‘7 VISIÓNS’ TEATRO PRINCIPAL

16 DE ABRIL ÁS 19:30 HORAS | PREZO: 12 € Tras 21 anos xuntos e centos de concertos por medio mundo, o trío de jazz galego máis internacional presenta o seu sétimo disco ‘Sumrrá 7 visións’, un novo traballo discográfi co que supón a consolidación dunha forma de entender a música ao vivo única. Neste último álbum, SUMRRÁ fai o exercicio tan inspirador de coller perspectiva, e repensar, a través da música a súa propia existencia.

EL BAR QUE SE TRAGÓ A TODOS LOS ESPAÑOLES AUDITORIO DE GALICIA

16 E 17 DE ABRIL ÁS 19:00 HORAS | PREZO: 14 € ‘El Bar que se tragó a todos los españoles’, do Centro Dramático Nacional dirixido por Alfredo Sanzol. conta a historia de Jorge Arizmendi, un cura navarro que en 1963, con trinta e tres anos, decide cambiar de vida, deixar o sacerdocio, e viaxar a Estados Unidos para aprender inglés e marketing. O lugar no que aterra chámase Orange, no estado de Tejas.

JAZZ OLOT

Divendres 7 de febrer, 22 h, sala El Torín

SUMRRÁ

6 MULLERES

Des de Galícia, Sumrrá és, sens dubte, un dels trios de jazz més interessants de l’escena jazzística de l’Estat, el qual ha construït una de les propostes més sòlides del jazz actual. Una música única, original, creativa i, sobretot, amb molta llibertat d’improvisació. Als seus concerts mostren un so realGRAN GALA DO CIRCO ment propi i característic, ple de força i drama, i acompanyat de grans dosis de tècnica, lirisme, swing i humor. Amb el seu nou i sisè àlbum, 6 Mulleres, Sumrrá rendeix tribut DE COMPOSTELA a sis dones poderoses que van ser, i segueixen essent, font d’inspiració per la lluita per un futur millor per a tota la huma nitat: Frida Kahlo, Rosa Parks, Rosalía de Castro, Qiu Jin, Malala AUDITORIO DE GALICIA UNA APORTACIÓ A LA LLUITA FEMINISTA DES DE LA Yousafzai i Nawal El Saadawi.18 DE ABRIL ÁS 18:30 HORAS | PREZO: 4 € MÚSICA CONTEMPORÀNIA DEL SEGLE XXIA Gran Gala de Circo, que celebra xa a súa terceira edición coordinada por Pista4, contará unha completísima variedade de números das disciplinas máis sorprendentes e arriscadas. Compostela é unha cidade de circo xa que numerosos artistas circenses residen na cidade e queren celebrar o seu día facendo unha mostra do mellor do seu traballo acompañados dos PREU: 10 euros anticipada, 12 euros a taquilla el dia del concert. Per als estudiants de música, 3 euros. mellores números dos colegas do estado.

Manuel Gutiérrez Iglesias: piano Xacobe Martínez Antelo: contrabaix L.A.R. Legido: bateria

ILLAS DESERTAS

A utilidade do inútil

ILLAS DESERTAS TEATRO PRINCIPAL

22 E 23 DE ABRIL ÁS 19:30 HORAS | PREZO: 12 € Illas desertas, de Artesa Cía, nace como resposta á competitividade e produtividade dun mundo que só sabe camiñar nunha única dirección: a de facernos produtivos e produtivas. O espectáculo propón unha travesía cara a nada, ancorada nas narrativas transmedia e na poesía audiovisual, onde o público é parte activa da peza. A través do movemento, das voces en off, da realización de cinema en directo, da interpretación, do son, da poética dos obxectos, da construción de maquetas e do traballo con máscaras xéranse paisaxes escénicas cunha enorme carga poética, salpicados das experiencias e refl exións de dous aventureiros: a aviadora Amelia Earhart e o explorador Ernest Shackleton.

TERCEIRO CTO

dirección e dramaturxia de Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez

O CDG ESTREA "TERCEIRO ACTO"

UNHA REFLEXIÓN SOBRE A ÚLTIMA ETAPA DA VIDA

OCentro Dramático Galego (CDG) estrea a súa nova produción o 15 de abril no Salón Teatro de Compostela. Trátase da obra "Terceiro acto", dirixida por Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, con textos tamén da súa autoría a partir de improvisacións co elenco. O público atopará moitas caras coñecidas nesta peza cómica, á vez que sombría e fermosa, na que actúan artistas cunha dilatada traxectoria como Belén Constenla, Roberto Leal,

Fernando Morán, Mabel Rivera e Eduardo R. Cunha ‘Tatán’.

Na escena, esta troupe de actrices e actores veteranos reúnese clandestinamente pola noite para emprenderen a que quizais sexa a súa última aventura xuntos. Revivirán o que non volverá para entender, para modificar, para se reconciliaren co que xa non está, ao tempo que reflexionan sobre o terceiro acto das súas vidas. Xuntos analizarán o seu legado e proxectaranse tamén no futuro incerto para falar sobre a vellez, a morte, os seus anhelos e desexos para esta nova etapa da vida. "Terceiro acto" é un poema escénico sobre a memoria e os soños, un exorcismo, unha celebración da vida e do teatro.

En canto ao equipo artístico, a escenografía corre a cargo de Marta Pazos, o vestiario de Yaiza Pinillos e a iluminación de Miguel Ruz Velasco. Hugo Torres e Amaya Galeote son os responsables do espazo sonoro e da iluminación, respectivamente. Completan o equipo Laura Míguez na asistencia de dirección, Carmen Triñanes na de escenografía e Xandre Vázquez na de produción.

"Terceiro acto", que conta coa colaboración especial na produción da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, é a segunda estrea das tres planificadas para este ano polo CDG, unidade teatral da Xunta de Galicia. O pasado xaneiro arrancaba a programación propia con "O charco de Ulises", da que está prevista unha xira a finais de ano por distintos escenarios galegos, e en setembro estrearase "Serva me, servabo te".

ONDE?

Salón Teatro de Santiago de Compostela

CANDO? Do 15 de abril ao 16 de maio

Haberá sesións de mércores a domingo

ENTRADAS

10 euros con descontos do 40% para diversos colectivos e os domingos, Día do espectador. Á venda no despacho de billetes dúas horas antes de cada representación. Tamén de xeito anticipado a través de ataquilla.com

GUADI GALEGO: ‘COSTURAS’ AUDITORIO DE GALICIA

23 DE ABRIL ÁS 19:30 HORAS | PREZO: 12 € ‘Costuras’ recompila 10 cancións de Guadi Galego e Carlos Abal que viaxan desde mundos asociados á súa infancia ata o presente máis duro e á vez esperanzador, onde a autora se amosa tal como é. Tres colaboracións compoñen este disco que presentarán en directo no Auditorio de Galicia: dúas poetas, Antía Otero e Marina Oural, e unha cantante, a catalá Paula Grande.

SOGA E CINSA AUDITORIO DE GALICIA

24 DE ABRIL ÁS 19:30 HORAS | PREZO: 12 € ‘Soga e cinsa’, tríptico renacentista para 11 bruxas en 101 minutos, aborda a Caza de bruxas en Europa nos séculos XV, XVI e XVII co obxecto de visibilizar o xenocidio que supuxo e a súa perversa conexión co desenvolvemento do sistema capitalista. Horror, humor, refl exión, plasticidade e emoción son as apócemas principais deste conxuro teatral dirixido por Diana Mera. Unha sucesión de paisaxes inesperadas irrompen na escena para que os corpos expresen a súa danza esquecida, nunha peregrinaxe de sombras espectrais que procura as luces da xustiza e do recoñecemento. estrelas que vexo dende a miña habitación e catro son os recunchos do meu lugar favorito. ‘Catro’ é a experimentación a partir dun número que se repite na nosa vida. Unha experiencia para gozar en familia coa danza como linguaxe, como canle de coñecemento.

DOSIS DE PARAÍSO TEATRO PRINCIPAL

28 DE ABRIL ÁS 20:O0 HORAS | PREZO: 10 € Espectáculo dirixido por Sharon Fridman, con Melania Olcina e Arthur Bernard Bazin (bailaríns) e Ofer Smilansky (música en directo). Elas atopáronse e entregáronse a unha á outra. Descubriron o hábito da turbulencia, a oportunidade do abrazo e o medo á soidade. Manterse no paraíso non foi tarefa fácil, manterse no presente, sen a refracción do pasado nin a proxección do futuro.

BAILAR AGORA TEATRO PRINCIPAL

29 DE ABRIL ÁS 19:30 HORAS | PREZO: 10 € ‘Marta Alonso Tejada (cía trasPediante) co Centro Coreográfi co Galego, AGADIC e a Xunta de Galicia producen ‘Bailar agora’, unha sorte de imperativo cara un posicionamento no presente social e persoal a través da danza. Un impulso por situarnos no tempo actual, no afecto e na emoción que estamos a compartir aquí e agora bailando.

‘CATRO’ DE CARAMUXO TEATRO TEATRO PRINCIPAL

30 DE ABRIL ÁS 17:30 E 18:30 HORAS | PREZO: 4 € ‘Catro’ é a nova proposta de Caramuxo Teatro para primeira infancia. É unha peza visual que xoga coa vida, coas formas, os sons e as texturas, co movemento... Catro lados ten un cadrado, a miña galleta preferida, catro son as UNA NOCHE SIN LUNA AUDITORIO DE GALICIA

30 DE ABRIL ÁS 19:30 HORAS | PREZO: 14 € Sergio Peris-Mencheta dirixe a Juan Diego Botto nesta obra na que nos achegamos aos aspectos menos coñecidos da vida e a obra de Federico García Lorca. A viaxe que expón non é unha viaxe arqueolóxica, senón unha forma de coñecer a través da súa obra a nosa propia realidade. Desta maneira a obra convértese nunha peza viva, atrevida e dinámica na que a palabra de Lorca, a súa vida e o seu mundo serven de espello do noso.

32 M2 TEATRO PRINCIPAL

7 E 8 DE MAIO ÁS 19:30 HORAS | PREZO: 12 € Nuria Gullón e Xurxo Cortázar protagonizan esta obra dirixida por Xavier Castiñeira e Esther F. Carrodeguas. Xan e Mar fi can confi nados no seu pequeno apartamento por mor dun virus. Estantes cheos de comida, cervexa e papel hixiénico. E todo parece un xogo. O caso é que pouco a pouco imos vendo como esta felicidade agocha moita merda debaixo das alfombras. Unha merda que, coma o virus, comeza a expandirse. ‘ESENCIAL’ DE VAIVÉN CIRCO TEATRO PRINCIPAL

9 DE MAIO ÁS 18:30 HORAS | PREZO: 4 € ‘Esencial’ é un espectáculo que fala de transicións. Cinco personaxes que xogan, que soñan, unha viaxe de aventuras que nos levará a lugares recónditos nos que a decisión vital será tomar o camiño máis simple.Este novo espectáculo de Vaivén Circo - Premio Nacional de Circo 2016 - preséntase cunha posta en escena inspirada no ‘Arco da Vella de Waldorf, un xoguete composto por pilares e arcos que propician unha espectacular escenografía.

PRINCIPIANTES ¿DE QUÉ HABLAMOS CUANDO HABLAMOS DE AMOR? AUDITORIO DE GALICIA

14 DE MAIO ÁS 19:30 HORAS | PREZO: 14 € ¿De qué hablamos cuando hablamos de amor?’ é a adaptación teatral dun dos relatos máis coñecidos de Raymond Carver, que foi orixinalmente publicado en 1981. A peza xira precisamente en torno ao tema do amor, a través de catro personaxes que conversan nunha cociña: un matrimonio “veterano” e unha parella de amigos máis novos cuxa relación é máis recente. Javier Gutiérrez, Mónica Regueiro, Daniel Pérez Prada e Vicky Luengo protagonizan esta obra dirixida por Andrés Lima.

BERNARDA TEATRO PRINCIPAL

20 E 21 DE MAIO ÁS 19:30 HORAS | PREZO: 12 € Premio María Casares ao mellor espectáculo 2020, con Luisa Merelas, Celia González e Esther Aja. ‘Bernarda’ é unha historia próxima, comprensible e universal. Todos coñecemos no noso entorno a alguén como Bernarda, e todos temos un pouco de Bernarda no noso interior, porque ese choque xeracional entre pais e fi llos é unha constante universal, e dependendo de que lado esteamos vemos a realidade de forma totalmente diferente. Cando somos fi llos queremos rachar coas normas que nos impoñen, e cando somos pais vémonos na obriga de ser nós os que as impoñamos, polo seu ben, e ese choque entre xeracións que conviven na mesma casa é inevitable.

EM·NA TEATRO PRINCIPAL

22 DE MAIO ÁS 20:00 HORAS | PREZO: 10 € A peza EM·NA, do Colectivo Glovo, baséase na idea da vibración coma elemento manipulador. É unha investigación sobre a “acústica subcutánea” a través da vibración e do silencio resultante no corpo do outro. A relación entre os intérpretes pasa por diferentes estados: comprimindo, estirando, cambiando o ritmo da súa propia vibración, e todo isto partindo da súa fi sicalidade individual. A composición escénica dos corpos mostra os diferentes estados e espazos dunha mesma vibración a través dunha fi sicalidade contemporánea, espida, crúa e cotiá. A forte presenza do mundo e espírito xaponés crea unha estética chea de detalles signifi cativos e contundentes. MELANCOHOLEMIA TEATRO PRINCIPAL

27 DE MAIO ÁS 20:00 HORAS | PREZO: 12 € Sobre un texto propio, Antón Reixa interpreta a un paciente dunha institución mental que recibe aos convidados nunha sesión de “portas abertas”. O texto, en clave satírica e na máis pura tradición do “teatro do absurdo”, glosa o chamado estado de “melancoholemia”, a carencia de forma de ser. As imaxes do vídeo, realizado por Antonio Segade e baseadas no tratamento de diversas obras da historia das artes plásticas, a música de Cachopou e a presenza do actor Pedro Brandariz, conforman a posta en escena dirixida polo dramaturgo vasco Fernando Bernués.

LÍMITES TEATRO PRINCIPAL

28 DE MAIO ÁS 20:00 HORAS | PREZO: 10 € ‘Límites’ é un espectáculo de danza inclusiva no que o protagonista se enfronta ás súas diferentes personalidades que son interpretadas por outros personaxes, cos que interacciona nas diferentes escenas, a fraxilidade, a seguridade, a intuición, a infancia, a dozura, a maternidade. Todo acompañado da música en directo de Laura Lamontagne e Pico Amperio. Este espectáculo está interpretado polo prestixioso bailarín Jesús Pastor como protagonista ao que acompañan Adriana Paulos , Santiago Pérez Carrera , Clara López e o neno Teo Somoza. SI ESTO ES UN HOMBRE TEATRO PRINCIPAL

29 DE MAIO ÁS 19:30 HORAS | PREZO: 12 € En 1944, Primo Levi foi deportado a Auschwitz. Tiña 24 anos. Durante a súa estancia no campo, empezou a escribir ‘Se isto é un home’, o relato dos dez meses que estivo preso. En 2020 (75 anos despois da liberación de Auschwitz), un actor, Carlos Alvarez-Ossorio, entra nun escenario e enfróntase ao reto de revivir a experiencia de Levi, para intentar así comprender (se é que é posible) que foi Auschwitz e que supón para nós, espectadores do Século XXI, que existise ese lugar en plena Europa de mediados do século pasado.

ANA TIJOUX: ‘ANTIFA DANCE’ AUDITORIO DE GALICIA

29 DE MAIO ÁS 19:30 HORAS | PREZO: 14 € Ana Tijoux, iniciada no hip-hop, atravesa as fronteiras do xénero e moitas outras grazas á súa poderosa traxectoria, que a converteu na fi gura chilena de maior relevancia internacional da súa xeración. Ana volta ao rap, á palabra, ao internacionalismo que nos é reclamado pola emerxencia mundial, a ser unha para todas e todas para unha, á loita antifascista que, por moi incrible que pareza, volta a ser necesaria. Este novo disco pretende ser un abrazo honesto para todas as persoas que sofren as inxustizas deste sistema e loitan contra elas. PILAR ALBARRACÍN. ACCIÓNS PEREGRINAS CGAC

ATA O 6 DE XUÑO | PREZO: GRATUÍTO Accións peregrinas é o título da exposición que a artista andaluza Pilar Albarracín (Sevilla, 1968) presenta no CGAC. A mostra reúne algunhas das súas instalacións paradigmáticas xunto a vídeos, fotografías e documentación, que axudan a revelar a condición política e antropolóxica do seu traballo, así como o carácter lúdico e irónico das súas accións. A exposición de carácter introspectivo intégrase dentro da programación da segunda edición de Plataforma. Festival de artes performativas que tamén contará este ano coa presenza da artista coma unha das performers invitadas.

Se programas algún evento gastronómico ou cultural en Santiago ou comarca que quixeras que apareza na nosa axenda, escribe a:

This article is from: