13 minute read

axenda

FESTIVAL DE ARTES PERMORMATIVAS PLATAFORMA AUDITORIO DE GALICIA

ATA O 5 DE XUÑO | PREZO: DE BALDE Entre o 26 de maio e o 5 de xuño de 2021 celébrase a segunda edición do festival de artes performativas Plataforma, un proxecto que baixo o fío da performatividade quere tender pontes entre as artes visuais e as artes vivas, a música, as artes escénicas, a arquitectura e o deseño. Cunha importante representación feminina e unha decidida aposta polo talento galego (máis do 70% dos artistas programados), Plataforma reúne performances, concertos, danza, poesía, deseño e arte contemporánea en exposicións, accións e conversacións capaces de unir a creadores galegos con valores de recoñecemento internacional. Este é o caso de La Ribot, Premio Nacional de Danza e recentemente galardoada co León de Ouro da Bienal de Danza de Venecia, que virá para realizar unha conversa. Consulta en revistapincha.gal o programa completo.

Advertisement

8M - DÍA DAS MULLERES: MOSTRA DE CARTEIS MUSEO DO POBO GALEGO

ATA O 6 DE XUÑO O Museo do Pobo Galego presenta unha colección de corenta carteis que se acompañan de outros folletos, pegatinas e outros materiais que fan referencia ao 8 de marzo, desde os anos 80 ata ben entrado o século XXI. Rocío González e Evaristo Calvo, dirixidos por Marcos PTT Carballido. ‘Estrela do día’ virá alumar os nosos corazóns con toda a divina parafernalia do teatro: a música e a comedia, a sorpresa e a cor, a emoción e a fortaleza. En defi nitiva, a invención dun novo mundo diante dos nosos ollos. Unha visión actualizada dos milagres de Santa María aplicados aos problemas actuais.

Horario: Luns a sábado, de 11.00 a 18.00; horas domingo, de 11.00 a 14.00 horas. Haberá visitas guiadas, previa solicitude, os mércores e xoves ás 12.30 horas e os xoves ás 17.00 horas.

MAKER FAIRE GALICIA MUSEO CENTRO GAIÁS

DO 2 AO 6 DE XUÑO O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura volve transformarse en xuño no espazo virtual que acollerá a Maker Faire Galicia, que na súa sétima edición repite cun novo formato totalmente en liña. O encontro volverá ser un grande escaparate para a creatividade e o enxeño, pensado para todos os públicos, onde argalleiros e argalleiras de todo o planeta poderán compartir coñecemento conectándose e interactuando de maneira dixital.

PRIMA 21

3, 4 E 5 DE XUÑO Segunda edición da festa do comercio local organizada polo Concello de Santiago. Os comercios sairán á rúa e para festexalo celebraranse concertos, teatro, música e cabaré de circo. Haberá actividades en Praterías, Ensanche, As Fontiñas, San Pedro, Praza Roxa e Conxo. Consulta en revistapincha.gal o programa completo.

ESTRELA DO DÍA TEATRO PRINCIPAL

3 E 4 DE XUÑO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: 12 € Novo espectáculo da compañía Producións Teatrais Excéntricas con Patricia Vázquez, Víctor Mosqueira, ORTIGA & GRANDE AMORE: ‘LOS RASTREADORES’ AUDITORIO DE GALICIA

4 DE XUÑO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: 12 € Poucos grupos teñen menos que ver entre si, no apartado musical, que Ortiga e Grande Amore. E poucos grupos comparten entre si unha visión tan estreita das cousas que lle gustan da música como Ortiga e Grande Amore. É algo difícil de explicar pero, cando pasa, nótase perfectamente. E en ‘Los Rastreadores’ nótase, porque ‘Los Rastreadores’ son froito da unión dun tipo das Fontiñas que fl ipaba con MC Pikachu e Estopa, e outro de Frexulfe que está sempre con Suicide e Extremoduro metidos na cabeza: é todo o pop e todo o punk que podería ser.

GUERRA FRÍA, DE JORGE AGRA OS CATRO GATOS

DO 5 DE XUÑO AO 3 DE XULLO A Guerra Fría foi un enfrentamento político, económico, social, ideolóxico, militar e informativo iniciado tras fi nalizar a Segunda Guerra Mundial entre o bloque Occidental (occidentalcapitalista) liderado polos Estados Unidos, o bloque do Este (orientalcomunista) liderado pola Unión Soviética. Nesta exposición, Jorge Agra utiliza as imaxes do fotoxornalismo que cubriu este confl ito entre os anos 1945 (fi n da guerra) ao 1989 (caída do Muro de Berlín), como base para facer una interpretación persoal destes iconos da historia.

FATOUMATA DIAWARA: ‘FENFO’ AUDITORIO DE GALICIA

10 DE XUÑO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: 14 € Fatoumata Diawara presenta o seu novo disco, ‘Fenfo’, cuxo signifi cado aproximado viría a ser “algo que dicir”. O álbum, continuación de ‘Fatou’, o seu aclamado disco de debut, foi gravado en Mali, Burkina Faso, Barcelona e París. Considerada como unha das máis vitais adaís da música africana moderna, Fatoumata Diawara leva a súa arte a novas e excitantes alturas neste seu novo traballo. Claramente experimental, aínda que respectuoso coas súas raíces, ‘Fenfo’ é un disco que a defi ne como a voz das mozas africanas, orgullosa da súa herdanza, pero cunha visión que mira decididamente ao futuro cunha mensaxe universal.

‘VIAXE Á LÚA’: LORCA POR VOADORA TEATRO PRINCIPAL

12 DE XUÑO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: 12 € Novo espectáculo de VOADORA nacido no PROXECTO IT Teatre, froito da coprodución entre Teatre Lliure e Institut del Teatre de la Diputació de Barcelona. O elenco artístico está formado por Laia Alberch, Marc Domingo, Rut Girona, Cristina Martínez, Clara Mingueza, Mariona Rodríguez, Gal·la Sabaté e Paula Sunyer. ‘Viaje a la Luna’ é o único guión de cinema de Lorca. Federico escribe este texto durante a súa estancia en Nova York en 1929 como contestación a Buñuel e Dalí tras visionar Un chien andalou.

CARLES FONTSERÈ E CAMILO JOSÉ CELA. NUEVA YORK AMARGA CGAC

DESDE O 3 DE XUÑO | PREZO: DE BALDE O CGAC adquiriu en 2016 o arquivo fotográfi co de Camilo José Cela, que ata ese momento estaba depositado na Fundación Camilo José Cela en Iria Flavia, en Padrón. Este arquivo está composto por tres conxuntos de fotografías e negativos, entre elas, as fotografías de Carles Fontseré realizadas a fi nais da década dos sesenta e durante os primeiros anos setenta en Nova York para que Cela escribise un libro dedicado a esta cidade norteamericana e titulado Nueva York amarga. O libro non chegou a publicarse xa que o autor apenas escribiu cinco capítulos cuxos textos manuscritos se conservan no arquivo da Fundación Camilo José Cela en Padrón.

FESTIVAL ALGUÉN QUE RESPIRA! TEATRO PRINCIPAL

21 DE XUÑO O festival de poesía de Compostela ‘Alguén que respira’ readaptou o seu calendario ás circuntancias da pandemia estendéndose ao longo do 2021 en catro xornadas que se celebrarán cada día 21 de solsticio e equinoccio. Despois da súa inauguración o pasado 21 de marzo, o festival continúa o 21 de xuño (solsticio de verán). Volverá o 21 de setembro (a unas horas do equinoccio de outono) e o 21 de decembro (solsticio de inverno). En cada xornada haberá eixes temáticos que articularán os ciclos de recitais e propostas inesperadas. C.Tangana, amosará o 14 de xullo neste mesmo espazo as razóns polas que se convertiu nun imparable fenómeno viral no último ano. Xunto a ela, Lydia del Olmo Álvarez será a chef que acompañará nesta nova data para amosar a identidade do seu restaurante Ceibe, en Ourense, no que rememora as antigas casas galegas representando un día de festa, onde todo sucedía arredor da cociña. E para pechar o suxestivo menú do día o mércores 14 de xullo haberá sesión DJ de Isaac Peces.

A semana anterior ao evento poderedes reservar, seguindo as instrucións que trasladarán nas RRSS do ciclo, as entradas de balde.

SOLOVKI, DE JUAN MANUEL CASTRO PRIETO E RAFAEL TRAPIELLO AUDITORIO DE GALICIA

ATA O 27 DE XUÑO | PREZO: GRATUÍTO Solovki é como se coñecen comunmente en Rusia as illas do arquipélago Solovetsky, na metade do mar Branco. Na zona máis protexida da illa principal, á beira dun porto natural, atópase o complexo ortodoxo do mosteiro Solovetsky, patrimonio da humanidade. Pero Solovki, ademais, foi prisión soviética. Hoxe en día, todo o mundo, habitantes, monxes e autoridades, tratan de enterrar este tráxico pasado. No entanto, os lugares teñen memoria e esa memoria queda impresa nas vidas das persoas que os habitan. Juan Manuel Castro Prieto e Rafael Trapiello quixeron explorar visualmente nesta exposición ese territorio para buscar a relación entre inferno e paraíso que o defi ne.

NOITINHAS’21 MELODÍAS E PETISCOS HOTEL NH COLLECTION SANTIAGO

30 DE XUÑO E 14 DE XULLO ÁS 19:30 HORAS | PREZO: DE BALDE O tesouro sevillano recén descuberto Tinatha, o magnético Moreno Moreno DJ e o talentosísimo chef ponferradino Samuel Naveira serán os artistazos da segunda velada desta edición do noitiNHas’21 que terá lugar na terraza do hotel NH Collection, en Santiago, o 30 de xuño. Paula Cendejas presentando seu novo traballo tras ser apadrinada por artistas como Alizzz e FESTAS DO APÓSTOLO 2021

SEGUNDA QUINCENA DE XULLO Música de todos os estilos, a danza e o teatro, os pasarrúas, as verbenas... invaden Compostela durante a segunda quincena de xullo para celebrar as Festas do Apóstolo. O espectáculo de fogos artifi ciais da noite do 24 de xullo volverán a lanzarse desde varios puntos da cidade, repetindo a experiencia do 2020 cando, por primeira vez na súa historia, non se celebrou na Praza do Obradoiro.

Consulta proximamente en revistapincha.gal o programa cultural completo das festas grandes de Compostela.

OS BRANCOS SEGREDOS DO SEU VENTRE MUSEO CENTRO GAIÁS

ATA O 5 DE SETEMBRO | PREZO: GRATUÍTO Exposición que amosa unha escolma de 53 de obras procedentes da Fundación Rac realizada por Bea Espejo, e supón exhibir por vez primeira en Galicia, fóra da súa sede en Pontevedra, unha selección desta colección, unha das máis importantes en Galicia de arte contemporánea. Deste xeito, na mostra exhíbense obras de recoñecidos artistas internacionais da arte contemporánea, como son Tracey Moffatt, Juliâo Sarmento, John Baldessari, Joseph Beuys, Tacita Dean, Roman Signer, Sofía Táboas ou Ernesto Neto. Nesta escolma non faltan artistas españois con repercusión internacional, como Ignasi Aballí —autor do proxecto que representará a España na vindeira Bienal de Venecia — Carmen Calvo, Eulalia Valldosera ou Pepe Espaliú. En canto a presenza de galegos, é importante na colección de Carlos Rosón a incorporación de obras de Diego Santomé, presente no Museo Gaiás xunto a pezas de Rosendo Cid, Marcos Covelo, Sara Coleman e da recoñecida Ángela de la Cruz, Premio Nacional de Artes Plásticas e candidata aos Turner, os premios de arte máis coñecidos e prestixiosos do Reino Unido que outorga anualmente a Tate de Londres .

Se programas algún evento gastronómico ou cultural en Santiago ou comarca que quixeras que apareza na nosa axenda, escribe a:

redaccion@revistapincha.gal

must

‘Xela Arias. A Poesía do Retrato’

na nova Zona C

Aexposición recompila unha colección de poemas de Xela Arias, a quinta muller homenaxeada nos máis de 50 anos de celebración das Letras Galegas, xunto aos retratos realizados polo fotógrafo Xulio Gil nos anos 80 e 90 cando ambos os dous eran parella. Xulio foi Premio da Crítica de Galicia das Artes Plásticas 2013 e autor das imaxes máis emblemáticas de Xela. Corenta retratos en branco e negro que foron seleccionados por Xosé Enrique Acuña entre as máis de 400 fotografías de Xela Arias, que forman parte do arquivo persoal do fotógrafo, hoxe doado ao fillo de ambos os dous, Darío Gil Arias.

Punto de encontro cultural

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López, inaguraron hai unhas semanas o novo espazo da concellaría: a Zona C. Punto de Información Cultural. Está situado no Preguntoiro, 1, na praza de Cervantes, no que era a antiga Casa do Concello. “É un espazo que servirá como punto de encontro cultural, no que planificaremos actividades tanto no seu interior, como aproveitando a baranda exterior, ou mesmo a praza, relacionadas coa programación da concellaría e tamén de apoio a outras iniciativas que irán xurdindo do tecido cultural da cidade”, explicaron. Compostela Cultura, marca que aglutina todas as actividades organizadas polo Auditorio de Galicia, sede da concellaría de Acción Cultural, ten neste edificio o seu espazo de información ao público e central de venda de entradas para todos os eventos que organiza. Así, aquí poden mercarse entradas tanto para o Auditorio de Galicia, como para o Teatro Principal ou outros espazos da cidade, nos que puntualmente a concellaría organice algunha actividade.

Ademais, recupérase a Zona C, un espazo de intervencións artísticas que estivo aberto do 2017 ao 2019 en San Domingos de Bonaval, e que tivo que pecharse por mor da reforma integral do Museo do Pobo Galego. Agora, estará neste edificio que se recupera para o espazo cultural e que acollerá esas intervencións ademais de actividades variadas dos diferentes festivais de Compostela Cultura e outra programación da concellaría – como os festivais Curtocircuíto ou Cineuropa.

ONDE?

Zona C. Punto de información cultural.

CANDO? Ata o 25 de xullo

De martes a sábado, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas Domingo de 11:00 a 14:00 horas

ENTRADAS

Entrada de balde

Catro anos de Revista Pincha

Catro anos nova incorporación ao levamos uso do galego... xa facendo a Revista No camiño tivemos a sorte de Pincha! Foi en atoparnos a moitas persoas cheas maio de 2017 de talento, xa sexa enriba cando arrincamos cando arrincamos dun escenario ou dentro con esta aventura e con esta aventura e da cociña. Algunhas delas desde entón téñenmos desde entón téñenmos tiveron a ben enviarnos pasado moitas unha felicitación que cousas: 23 números cousas: 23 números podedes ver na nosa editados (cunha editados (cunha canle de YouTube e pandemia polo na nosas contas en medio que Instagram, Facebook nos obrigou a e Twitter. As redes sociais realizar un parón realizar un parón foron tamén o soporte no de catro meses); centos de catro meses); centos que para festexar este cuarto de entrevistas, reportaxes e de entrevistas, reportaxes e aniversario regalamos, a través dun artigos publicados tanto no papel sorteo, un agasallo moi gastrocultural: a última novela coma na páxina web revistapincha.gal; a nosa de Arantza Portabales e unha empanada de Pan da incursión no mundo da radio no programa Moa. Gente Viajera de Galicia en Onda Cero; o Grazas! Só podemos dicir iso. Premio Manuel Beiras como empresa de E seguimos. #somospincha

nova incorporación ao uso do galego...

No camiño tivemos a sorte de atoparnos a moitas persoas cheas de talento, xa sexa enriba dun escenario ou dentro da cociña. Algunhas delas tiveron a ben enviarnos unha felicitación que e Twitter. As redes sociais foron tamén o soporte no que para festexar este cuarto aniversario regalamos, a través dun

O LIBRO DE LILA DE LILITH

Terceiro acto

‘Terceiro acto, dirección e dramaturxia de Andrea Jiménez e Noemí Rodríguez’, publicado por Edicións Positivas. Cinco actrices e actores veteran@s e ben recoñecid@s péchanse no Salón Teatro para protestar polo paternalismo cara elas e aproveitan para deixar saír todo que levan dentro, nunha sorte de catarse. Memorias e desexos. Un poema escénico con moito humor. ■

Á venda na Libraría Lila de Lilith, na Rúa Travesa, 7.

This article is from: