de bares con Jessi
Sempre nos quedarán as terrazas! Xa sei que aquí chove... Xa sei que non se poden -nin nos deixan- facer plans a longo prazo… Pero sempre nos quedarán as terrazas! Si. En Santiago e na redonda, tamén. Que llo pregunten aos fumadores, cando prohibiron fumar dentro… ;)
A terraza do Momo ten unhas marabillosas vistas ao parque de Belvís. Foto: Iván Barreiro
| 10 | Pincha |
24
E
imos falar de terrazas cun encanto particular. Hai para escoller e, en Santiago, coñecemos unhas cantas. Por exemplo, quen non gozou algunha vez do marabilloso xardín do Hotel Costa Vella? Despois dun tempo pechados para mellorar a accesibilidade da entrada, este espazo máxico na rúa da Porta da Pena loce esplendoroso neste tempo de verán. Desde primeira hora do día para almorzar ata como opción de despedida da tarde, tomar algo neste lugar do casco histórico sempre é un acerto.