Revista Pincha Santiago xuño 2023

Page 15

Lévame contigo

Revista de Gastronomía & Cultura SANTIAGO | xuño 2023

o camiño de volta ao natural

Un vermú feito en familia, comprometido con Galicia e elaborado co agarimo dunha produción limitada vermú

GAÑAR VIDA

Di Silvia Castiñeiras sobre a bailadora Iria Portos na reportaxe coa que abrimos este número: “A súa profesión é outra, coa que se gaña a vida, pero a súa paixón é esta, coa que gaña vida”. Que importante é isto! E cantas das persoas que entrevistamos, sobre todo no ámbito cultural, non poden dedicarse exclusivamente ao que lles apaixona, mais non por iso renuncian aos seus soños.

Eu mesma realizo outros traballos relacionados coa comunicación, ademais de dirixir Pincha. Agora si, o que sempre digo é que non hai proxecto que me dea máis alegrías que esta revista. Podo dicir con moito orgullo que levamos xa seis anos con ela. Sacala adiante non é fácil. Cada número ten moito traballo detrás. E é grazas a esforzo de moita xente, os nosos colaboradores e colaboradoras; ao apoio dos anunciantes, tanto privados como institucionais; e a ti e a cada unha das persoas que nos len, que esta aventura pode continuar.

Gústame pensar que desde este pequeno proxecto xornalístico axudamos un pouquechiño a dar a coñecer eses moitos soños da veciñanza compostelá –e desde este ano tamén da Coruña– que se dedica á hostalaría, ás artes escénicas, á música, á artesanía... Poñendo tamén o noso gran de area no achegamento á nosa lingua entre un público que non sempre a utiliza.

Graciñas! Hoxe, e espero que por longo tempo, #somospincha

10

14

17

18

20

Edita:

Rebeca Munín | Directora ola@revistapincha.gal

Deseño e maquetación:

Alberto Seoane

Publicidade e Redacción: publicidade@revistapincha.gal redaccion@revistapincha.gal

Fotografía:

Iván Barreiro | ivanbarreiro.com

Colaboran neste número: Silvia Castiñeiras, Jéssica Pintor, Ruth Ríos, César Varela, Inés Silvalde, @JuanEAT_o, José Crusat e Lorena Costas.

Imprime:

PARSÁN GRÁFICA SL

Depósito Legal:

C 607-2017

www.revistapincha.gal

Búscanos en Facebook, Twitter, Instagram e YouTube como Revista Pincha

Prohibida a reprodución total ou parcial de calquera contido ou fotografía sen previa autorización.

Os textos redactados polos colaboradores son responsabilidade do propio autor.

O contido da publicidade é de exclusiva responsabilidade do anunciante.

BAVF
ÍNDICE
reportaxe | Amor ao tradicional
04
de bares | Os preparados conquistan a hostalaría compostelá
de libros | O impacto da IA na escrita
Varullo
666rpm | Nicho
Oído, artesanía! | Obradoiro Gorín
a gorida do artista | Beatriz Suárez Saa
#apapar | O Testo 26 crusat & costas | Toxal 2021 28 axenda 32 guía de ocio
ultramarinos | Pincha fai 6 anos ONDE ATOPAR PINCHA 
22
38
Finalistas dos Premios da Crítica de Galicia 2022 na categoría de cultura gastronómica. Por Rebeca Munín
| 4 | Pincha Santiago | xuño 2023 reportaxe
Gustavo Couto e Cristina Cotilla, no local de Ultreia en Santiago. Foto: Iván Barreiro

AMOR AO TRADICIONAL

Avida pasa e as circunstancias cambian, pero cando o sentimento e a paixón permanecen, cando unha persoa cre tan firmemente en algo que está facendo, nunca deixa de esforzarse por conservalo. Grazas a iso, á dedicación persoal de moita xente con diferentes motivacións, tamén é polo que se conserva a nosa cultura, neste caso a nosa danza e música tradicional.

Iria Portos ten 23 anos e é bailadora dende os catro. Non concibe a vida sen o seu mundo do ‘tradi’, como ela lle chama. Non coñece nin imaxina outra existencia que non sexan os días nos que foi medrando entre o colexio, o instituto, a universidade, o mundo laboral ou outras afeccións… mentres levaba ao seu compás os ensaios, as clases, as actuacións ou as foliadas. A súa profesión é outra, coa que se gaña a vida, pero a súa paixón é esta, coa que gaña vida.

Esta é a súa historia, pero podería ser a de calquera desas moitas persoas que viven e lle dan vida ao baile e a música tradicional facendo que traspase todas as liñas do tempo. Profundar, aprender, experimentar, traer ao presente e aportar para o futuro é unha diversión, un sentimento, un camiño, unha forma de ser e unha responsabilidade á vez. En Santiago vimos da Ascensión e pronto estamos xa no Apóstolo. Máis alá dos concertos ou as atraccións, a programación protagonizada polos grupos profesionais de baile e música tradicional da cidade e as súas escolas debe ser unha das claves das festas.

Pincha Santiago | xuño 2023 | 5 |
Por Silvia Castiñeiras

Iria Portos, bailadora

“Para min o tradi é vida, a miña vida enteira”. A vida adulta deixa moitas afeccións e moitas paixóns da infancia e a adolescencia atrás, ás veces porque xa non son compatibles coas rutinas, outras porque atopas outros intereses. Non é o caso de Iria Portos, que pasados os vinte continúa nun dos grupos composteláns de referencia no tradicional, Ultreia, e en Armadanzas de Laraño, a agrupación da súa parroquia onde comezou todo. Cambiar ese mundo por outro creo que sería para ela como abandonar a súa casa de sempre, o seu lugar seguro, ou algo así como cando te espertan dun soño dos bonitos.

“O certo é que cada vez é máis difícil compaxinar todo, o traballo (é enfermeira), a continuación de estudos, os ensaios, as clases, as actuacións… e un pouco que queiras facer outras cousas. O primeiro que pensa a xente é o típico, que o traballo non o vas deixar, entón dinche iso de que terás que deixar de bailar ou de tocar”. Pero Iria ten a resposta moi clara: “Se eu deixo de bailar ou tocar caio en depresión, case prefiro estar abafada. E é que o baile desestrésame do resto das cousas, eu son feliz mentres bailo”.

Non concibe a vida sen o tradicional e eu creo que tampouco a concibo sen que ela diga aquilo de “marcho para un serán” (a calquera curruncho de Galicia). Di que moitos compañeiros abandonaron polo camiño. Tal é que agora está bailando con xente á que ela mesma lle deu clase antes. “Aínda vou ser a mítica carca que ves enriba do escenario. Non sei, todos de 18 e eu aí no medio con 40, esa vou ser eu” (a indirecta carca aos 40 voullo perdoar, divina xuventude).

Armadanzas de Laraño e Ultreia. Toda unha vida bailando, tocando e cantando

“Teño 23 anos e non recordo unha vida sen bailar, tocar e cantar”, destaca Iria. E eu, que lle levo uns cantos anos e a coñezo dende que naceu, xa case non recordo tampouco a súa vida sen vela de aquí para alá coas trenzas, as saias... de actuación en actuación. E como se construíu esa vida?

Bailando… “Empecei no baile de casualidade, no Centro Sociocultural de Laraño, porque empezaba unha amiga miña cando tiñamos 4 anos e quería que fora con ela. Eu que son moi ghiadiña alá fun e dende aquela estou en Armadanzas. Entón, Gus, que

| 6 | Pincha Santiago | xuño 2023
I Iria Portos asegura que para ela “o tradi é vida, a miña vida enteira”. Foto: Iván Barreiro

era o meu profesor e tamén daba clases en Ultreia en Santiago, comentoume de ir alí e fíxenlle caso”.

Así comezou o seu percorrido ata o grupo titular de Ultreia, como “cando chegas a un traballo e vas ascendendo, pois igual. Tamén vai implícito coa idade”, explica. Tiña 13 anos cando debutou co que entón eran para ela os ‘maiores’. “Entrei directamente no grupo titular de Ultreia facendo unha substitución nas Xornadas de Baile Tradicional do Apóstolo, que é o gran evento para os grupos tradicionais principais da cidade, e aí sigo”. Esa data na que suben ao escenario da Quintana aínda segue a ser todo un acontecemento e os veráns xiran ao redor desta actuación, pero aquela primeira vez non se esquece nunca. “Recordo que me quedaba grande a roupa, non enchía nin a camisa. Ía toda con recheos porque era tan pequena comparada co resto da xente… Eu era fisicamente moi miúda e o resto tiña máis anos e máis corpo ca min”.

Tocando… “Cando me iniciei no baile en Laraño tamén comecei a tocar a pandeireta nun grupo que formamos alí, Riscadeira, no que me acompañaban miña nai e miña prima” (aquí unha servidora que fixo o que puido cando unha cativa pisaba tan forte).

De aí xa só quedaba un paso para que a ‘muller orquestra’, como eu lle chamo, se apuntara a todo en Ultreia e acabara dominando a gaita, a percusión e ata o acordeón. Repasando esa traxectoria Iria recoñece que “ás veces non sei nin como foron as cousas. Acórdome unha vez que saía de gaita e estaba Emilio Lois (gaiteiro) e díxome veña toma o bombo e a maza e dálle aí a ver que fas…”. E o que fixo foi aprender. “Con Gus aprendín a tocar a pandeira, pandeiro, cunchas, culleres, lata, botella, tixolas, sacho…”. Actualmente forma parte das pandeireteiras de Ultreia.

Cantando… “O de cantar foi paralelo co de tocar nas pandeireteiras. Tiven que ir mellorando co tempo e perdendo o medo, aínda que como empecei de pequena tampouco sentes esa vergoña que quizais lle dá a unha persoa que empeza de maior e de repente se ve sacando coplas ante o público”, puntualiza Iria.

Axudando ás novas xeracións

As novas xeracións non teñen idade, nunca é tarde para comezar no folclore. Aínda que a Iria o que máis lle gusta é bailar e tocar, tamén está a vivir a experiencia dende o outro lado, ensinando.

Pincha Santiago | xuño 2023 | 7 |

Tratar de transmitir o que sabes e o que sentes e conectar ás persoas que acaban de empezar con ese mundo do tradicional ten o seu aquel.

“As primeiras clases que din cando tiña 16 anos máis ou menos foron en Laraño e alí sigo coa pequechada”. Con Gustavo, o seu profe, continuou mergullándose nesta faceta acompañándoo ás clases que el daba. “Foi así, case sen darme conta, cando me vin ensinando e acabei facéndome cargo con Cris (tamén de Ultreia) dun grupo de pequenos”. A isto súmaselle que dá clases de pandeireta na AC San Campio de Sarandón e guía no baile a un grupo de adultos en Ultreia.

“Aos pequenos cóllelos e edúcalos no baile á túa maneira e xa te entenden sempre, pero aos adultos dislle algo e sobre iso necesitan saber mil matices e aclaracións, son algo máis complicados”.

E fai bromas con que “os maiores igual me ven a min moi pequena, pero teño moito xenio, se os teño que poñer a picar contra a parede non hai problema” (risas). E é que todo esixe unha disciplina.

Confesa que vai máis nerviosa ás actuacións dos alumnos que ás súas propias. Aínda recorda as que liaban ela e o seu grupo de pequenos… “Temos feito cada unha que eu non quixera estar na pel do profesor, como cando nos inventamos un baile enteiro en plena actuación. Non fixemos nada do que estaba preparado e aínda hoxe nos seguimos acordando daquel día”.

Un sentimento case inexplicable

Ela non cambiaría a vida no tradicional por nada. “É incrible que nós esteamos bailando o que bailaban os antepasados, conservando iso e que gocemos, que siga habendo foliadas, que a xente se apunte a bailar e tocar. Que che encante bailar nun serán e pensar que iso o facían noutros tempos cando acababan de traballar… é que é un sentimento case inexplicable” reflexiona ela. E engado eu que, ademais de inexplicable, é contaxioso. Para mostra disto ben o deixa caer Iria. “Case podo dicir que saquei á miña familia do fútbol para seguirme no baile. Entre pais, primos e tíos ninguén se dedica ao tradicional e de repente aparecín eu con isto onde o sagrado era o fútbol. Conseguín que comezaran a vir a verme ás actuacións. Reeduqueinos un pouco no tradicional”.

E aínda que parece algo inexplicable, trata de explicar. “A tradición que temos en Galicia para min é incomparable á doutros lugares. Cando falo con xente de fóra penso que a nosa tradición é algo que impresiona, creo que a vivimos dunha maneira moi particular, diferente a outros lugares coa súa cultura tradicional. É algo moi noso que non sei se o resto do mundo o pode entender”. Afírmao quen dende pequena xa “ía aos seráns e gozaba, e aínda me pasa hoxe que me teñen que dicir … nena hai que marchar que a xente está recollendo…”

Cando os amigos do instituto saían da clase e quedaban para facer algo ou ir de bares, recorda ela que “tiña non sei cantas clases e actuacións as fins de semana ou ía ás foliadas e eles alucinaban. E eu, aínda que tamén saio polas noites da maneira que a xente entende como normal, digo rotundamente que prefiro oitenta mil veces máis ir a unha foliada que saír ás discotecas”. Ademais, di, “o baile deume todo, algunhas das persoas máis importantes da miña vida”. Que máis se pode dicir.

Gustavo Couto, profesor de tradicional

Gustavo Couto é o profesor de baile e música ao que tantas veces fai referencia Iria. Non é de estrañar, el foi esa persoa guía que fixo medrar o gusto polo tradicional e quen abriu novas portas e mostrou os distintos camiños. A min sempre me recordan a esas bandas de música que fan horas na furgo de actuación en actuación, así os imaxino cando os vexo marchar no coche cara calquera foliada.

Tras vinte anos dedicándose a dar clase como profesión (agora mesmo ensina en Ultreia, en Armandanzas de Laraño e varios grupos máis) asegura que como mestre sempre é un orgullo ver como nenas e nenos que se iniciaron con el no baile tradicional seguen hoxe en día entregados neste mundo. “Debería ser a finalidade de todo mestre, procurar que continúen bailando ata que o corpo lles aguante, ou esa é a miña idea fundamental. Eu quero que me superen e o certo que moitos xa me superan en

| 8 | Pincha Santiago | xuño 2023
Silvia Castiñeiras e a súa prima, Iria Portos, hai uns aniños.

talento e habilidade. O meu obxectivo é que canto antes me pasen por enriba mellor, que sexan bos e continúen todo o que poidan”. E é que á marxe da situación de cadaquén, no fondo o mestre sempre ten unha responsabilidade no apego que un lle colla ao tradicional, e máis na infancia. Para Gustavo a clave está en “abrirlle as portas para que saiban o que fai outra xente, mostrarlle todos os camiños e oportunidades, non apostar só polo que ti lle poidas inculcar senón aportarlle máis”.

O modo de formar aos grupos foi cambiando ao longo dos anos, di Gustavo, porque a sociedade tamén cambiou. “O xeito no que a rapazada vén ao baile cambiou. Antes ían a coñecer xente, formar parte dun grupo, botaban máis tempo xuntos despois das clases… pero agora non necesitan iso para socializar porque xa están os teléfonos móbiles ou as redes sociais para estar en contacto continuamente”, reflexiona. Iso si, a cantidade de oferta de ocio ou as horas que se pasa a xuventude enganchada a internet, por sorte, ou polo menos no caso de Gustavo, non fixo que minguara o interese no tradicional. “Eu baseándome na miña experiencia non me podo queixar porque sigo tendo canteira, aínda que ogallá houbera máis, iso sempre. É certo que nos últimos tempos, e máis coa pandemia, se desfixeron grupos e asociacións, pero no que a min respecta todo vai bastante ben”.

Proxecto ‘Et suseia’. O protagonismo da muller

Et Suseia é todo un exemplo de ata onde pode chegar a exploración de novos camiños e a unión de talentos de persoas que levan xuntas no baile e na música dende sempre. É o caso de Gustavo, Iria e Cristina Cotilla, que estrearon o pasado mes de abril no Teatro Principal o espectáculo ‘O que non se ve’, unha mestura de danza tradicional e contemporánea. O proxecto é froito da colaboración co Ballet de Galicia, de Marín, coa implicación de Diego Landín e Erick Pegueros, autores con Gustavo das coreografías.

“Creo que quedou algo moi redondo e o que quixemos mostrar funcionou á perfección. Sinto orgullo porque defender un espectáculo dunha hora con só catro persoas en escena é complicado e ver como dúas rapazas que se formaron comigo dende pequenas foron capaces de facer o que fixeron, unha no baile (Iria) e outra na parte musical (Cristina), é para estar contento”, declara Gustavo.

A cuarta persoa do grupo na parte de danza contemporánea é Iria Calvar, de Marín, que conforma o corpo de baile con Iria Portos. Gustavo e Cristina poñen a parte instrumental a un espectáculo que pon en valor á muller. “Quixemos expresar o que sucede na vida en xeral, onde a muller é todo. Nisto tamén, son elas as que tiran do baile e levan o peso, nos meus grupos vese como elas

tamén sacan os puntos. O típico era que as mulleres cantaran e os homes bailaran e neste caso démoslle a volta, dúas mulleres bailando soas, un home tocando e cantando e incluso unha muller (Cristina) na batería”. Pois iso, o que non se ve… ou non se vía antes.

Na batería está Cristina e coincide con Gustavo niso de que o espectáculo “vai un pouco ao revés, cambiando roles”, o que o fai, di, “moi interesante”. Ela tamén comezou no baile, aínda que nun momento, “non sei ben cando, foi algo máis ben inconsciente”, asegura, se decantou pola parte musical. “Estoume formando en Musicoloxía e encántame ler partituras e estudar de onde vén tal xénero musical. A día de hoxe toco todos os instrumentos de percusión de man que hai e estudo percusión clásica no Conservatorio”. Esta é a historia de Iria e da súa xente de Armadanzas e Ultreia pero podería ser a historia de tantas outras persoas, que como ela, e como eles, atoparon no baile e na música tradicional galega un modo de vida. E grazas a toda esta xentiña e a que virá este modo de vida tan importante para a nosa cultura permanece ao longo do tempo. Pincha

As nosas bodegas R aúl P é R ez Bodegas y Viñedos
BODEGAS Y VIÑEDOS 654 053 818 Pincha Santiago | xuño 2023 | 9 |
Scintilla
Revista de Gastronomía & Cultura Pincha Pincha
“É incrible que nós esteamos bailando o que bailaban os antepasados, conservando iso e que gocemos, que siga habendo foliadas, que a xente se apunte a bailar e tocar”
#debares
| 10 | Pincha Santiago | xuño 2023
I Natalia Devesa, de A Carrilana, amosando unha das súas creacións. Foto: Iván Barreiro

Os preparados conquistan terreo nas cartas e establecementos picheleiros

Os preparados, combinados, cócteles e as bebidas especiais conquistan cada vez máis terreo nas barras, nas cartas, nos establecementos e nos pedidos dos picheleiros. Cada vez máis bares e restaurantes súmanse a esta oferta heteroxénea que enumera bebidas de todas as cores e sabores, con e sen alcol! Cada vez máis hostaleiros atrévense a probar cos seus propios xaropes e mesturas. Tamén aumentan os cócteles de autor de lado dunha oferta gastronómica de calidade. Porque na variedade está o gusto e porque somos moi de experimentar! Facendo e probando!

Contamos con máis dun local en Santiago que engadiu esta oferta entre os seus servizos, ultimamente, e que vai conquistando padais, novos adeptos, vellos clientes e non só aos de aquí, tamén aos que veñen á festa! Como por exemplo, A Carrilana -na rúa de San Paio de Antealtares, 16-, que mesmo cambia o nome a “casa de bebidas”. Se lle preguntades a Natalia Devesa por esta nova aposta será como se vos falara de empezar de cero. Afronta con tanta emoción e ilusión esta nova etapa, que mesmo parece que nunca abrira o bar. Vai e vén á Coruña namentres prepara brunchs, estuda como facervos un combinado orixinal, proba outro ou busca algo con que sorprendernos máis aínda! Impresiona escoitar esa ilusión e esas

gañas que rebordan como se da escuma dun combinado se tratara! (Chisco, chisco). Di que tardou en meterse neste mundiño, pero semella que é o momento xusto e vaille o corazón case máis rápido que a cabeza!

“Moito discorro e moito me aburro!!!”, di Natalia entre risas. “A Carrilana xa era un local dirixido ás copas, de noite. Nós collémolo e redirixímolo cara os brunchs, co noso punto de tolemia, cremos no concepto e traballando moito, pouco a pouco conseguímolo! Neste punto, aínda estando co brunch a tope, apetecíanos un cambio. Porque os cambios están dentro dunha evolución. Levo dous anos formándome no apartado de coctelería, estudando a parte de bebidas e xa estamos preparados para plasmalo nunha carta con opcións con e sen alcol! Esta parte é moito máis compatible coa tarde noite, que pola mañá, o cal non quere dicir que deixe de haber comida! Haberá dúas cartas diferenciadas, unha de merendas, semellante á de brunchs, con iogures, froitas, sándwichs, tostas e ensaladas. E outra de 8-11:00 horas máis lixeira cos bowls. Teremos cafés especiais, zumes distintos, recén elaborados con froita fresca, coctelería cos xaropes feitos por nós, queremos que sexa o noso sinal de identidade. Non hai nada artificial, serán todo produtos naturais”. “Temos un “mojito” de kiwi sen alcol, leva puré de kiwi, que facemos ao momento cun xarope de azucre feito tamén por nós e rematado con ginger ale; piña colada

Por Jéssica Pintor
Pincha Santiago | xuño 2023 | 11 |
A Carrilana empeza unha nova etapa como casa de bebidas

con piña natural, feita ao momento; todos os días zume do día de tres froitas, preparado antes de sorbelo. Traballaremos a coctelería que nos encanta, salvo un ou dous que meteremos de autor e iremos introducindo máis. No “Penicilin” facemos o xarope de mel e xenxibre; no “Bramble” utilizamos mora fresca; preparamos o xarope de chile para un “Spicy Maragarita”; un “Paloma” con zume de sandía natural... Isto vaille aportar calidade aos cócteles e incrementa o seu sabor! Apostamos por esta liña”. “Se collín un bar é porque me gusta traballar nel! Quero coñecer ao cliente que teño e agora pois estou formándome nesta nova carreira e especializándome, porque vaime permitir que A Carrilana sexa dinámico todo o tempo. Apetéceme moitísimo ver a reacción da xente. Teño moita ilusión de demostrar que isto está máis ‘guay’ aínda que o anterior!! Temos que estar á altura”. Como vedes, Natalia de A Carrilana é todo emoción diante deste nova conquista de

sabores e mesturas que van dentro dunha copa e que son a ledicia dos padais e bandullos picheleiros!

Tamén en restaurantes

Pero non é o único local. Tamén nos restaurantes apostan por ofrecer unha carta de bebidas ben chusquiña. Falamos con Sergio Delpont, de O Sendeiro – na rúa do Olvido, 22. Inauguraron, hai nadiña, un apartado de coctelería –de venres a domingo, aínda que no verán funcionará desde os mércores- para gozar na súa terraza, tan agustiño. E vai creando afección entre os habituais. A resposta esta sendo fabulosa!

“Para desenvolver a parte da sala, evidentemente, fan falta viños, coctelería, café e atención excepcional. Fixemos os primeiros piniños, antes da pandemia. E retomamos o asunto en agosto do ano pasado. Quedamos segundos no concurso Santiago(é)Cóctel. É o máis importante é que ten aceptación da xente, non é que respondan ben: responden moi, moi ben!! As

I Samuel, do restaurante O Sendeiro, preparando un “Old fashioned”. Foto: Iván Barreiro
| 12 | Pincha Santiago | xuño 2023
Os cócteles de O Sendeiro están converténdose nun reclamo nas fins de semana

fins de semana estase convertendo nun reclamo. Estamos decididos a apostar cada vez máis por esta pata!”. “Agora mesmo, en O Sendeiro, non temos unha carta maridaxe coa comida, non estamos nese punto. Estamos desenvolvendo unha carta de cócteles propios, con 4-5 opcións diferentes cada día. Algunhas bebidas vanse consolidando. Feitos con produtos de tempada, cun toque persoal, especial, feito por nós, que vaia en sintonía co que facemos na cociña: facer os nosos caldos e tamén os xaropes. Imos paso a paso. Hai que dedicarlle tempo. Non podemos ir tan rápido como nos vai a cabeza!! Porque fai falta persoal, hai que formarse... Hai pandemias... Pasan cousiñas”. (Rimos!)

Sergio ri porque recoñece que ese caos (da propia vida) dáche un punto de adrenalina e está moi emocionado con esta aposta. Di que son principiantes, pero que é importante facer pouco, pero moi riquísmo!! Intentando adaptarse á multitude de xente diversa que visita O Sendeiro.

Porque os rumbos poden ir cambiando, en función tamén do que nos apeteza beber e comer. (Chisco, chisco).

Samuel, que é o artífice detrás dos preparados, conta que primeiro foron introducindo variacións de receitas clásicas, matices un pouco distintos, e que fai nadiña comezaron a facer as súas propias receitas, cos seus propios xaropes, mesturas de zumes, purés... “Para darlle o punto diferente e persoal”.

O Sendeiro está en proceso de crear a carta de bebidas e van ofrecendo varias opcións distintas. Cada dous días cambian a oferta. Samuel pide un pouquiño de información ao cliente, para saber por onde tirar, fíanse del, do que lles explica e pregunta... E con esas cartas, xoga!! “Pero déixanse guiar”, sinala entre gargalladas. Non ten unha variña máxica, pero ten un aparello que lle permite afumar os cócteles e traballar con diferentes esencias. Como por exemplo para o “Old fashioned”, un clásico ao que lle engade fume de romeiro. E vai servido nunha cristalería especial, como nunha especie de lámpada de Aladiño! Tamén fan “Limoncello”, con limoada de olivas, unha elaboración que tarda tres semanas en facerse, co cal saen unidades limitadas... “Pois para saír do típico!”. Tamén fan “Gin fizz” de lavanda e flor de cereixo cun toque de lima, que recomendan cunha sobremesa de chocolate, se vos atrevedes!

I Outra das riquísimas propostas de cócteles de O Sendeiro. Foto: Iván Barreiro
Pincha Santiago | xuño 2023 | 13 |
I Este marabilloso cóctel podemos tomalo en A Carrilana. Foto: Iván Barreiro
#delibros | 14 | Pincha Santiago | xuño 2023

O impacto da IA na escrita

Dende principios deste 2023 hai un tema recorrente en toda clase de conversas de diferentes eidos: A Intelixencia Artificial. E dentro deste tema que ata hai pouco parecía pura ciencia ficción, moitos profesionais andan preocupados polo impacto sobre os seus propios empregos: Que pasará co xornalismo? Os redactores serán substituídos por máquinas que compoñan textos intelixibles e correctos a nivel técnico? E onde queda a veracidade dos contidos, seguindo esa máxima que nos ensinaban na facultade sobre que “algo pode ser verosímil, pero non veraz”. Por non falar do incremento da polarización e do reforzo do illamento informativo dos individuos, vivindo na súa propia burbulla creada e mantida polas redes sociais. No caso da escrita, quixemos preguntar a tres representantes do sector acerca de como ven eles e elas o posible impacto da Intelixencia Artificial na produción literaria, tendo en conta fenómenos que xa vimos observando dende hai anos como o vertixinoso aumento de novelas publicadas, coa consecuente voracidade do mercado, que fai que aos quince días unha obra xa sexa vella. Preguntamos ao respecto a Susana Pedreira, xornalista e comisaria do Premio Torrente Ballester de narrativa da Deputación da Coruña; Javier Peña, escritor e director da Residencia Literaria da Cidade da Cultura de Galicia; e Quique Alvarellos, editor e presidente da Asociación Galega de Editoras.

Aumento das publicacións

Indagamos primeiramente sobre aumento exponencial de novelas publicadas nos últimos anos. Susana Pedreira responde desde unha dobre vertente: como lectora e como comisaria do Premio Torrente Ballester, que este ano chega a súa XXXV Edición: “Como lectora si creo que ás veces se publica demasiado e eu mesma síntome sobrepasada”. Recoñece que ás veces parece que non dá tempo a ler todo o que se publica e que ten a sensación de estarse a perder lecturas boas por falta

de tempo. Sen embargo, dende o prisma dos premios literarios -os cales gozan dun gran número de participantes- a xornalista cre que “son unha boa ferramenta para promocionar nova canteira, novos talentos e novas voces. Recordemos casos como o de Manuel Rivas ou Ignacio Martinez de Pisón”. Isto, a pesares de que na pasada edición de 2022 o Premio Torrente Ballester quedara deserto na súa modalidade en castelán, ao igual que o Premio Herralde de Novela 2022 organizado por Anagrama. Susana comenta “non é unha mala nova que un premio quede deserto, de feito o prestixia”. Sobre a posible explosión da Intelixencia Artificial no mundo da literatura, Pedreira cre que “non vai ter un impacto significativo” porque “combinar ingredientes non é literatura”. “A literatura antes é vivencia e imaxinación por parte do escritor e de momento a IA non poderá sentir”.

Nunha liña semellante fala Quique Alvarellos, responsable da Editorial Alvarellos e actual presidente desde 2020 da Asociación Galega de Editoras, o colectivo que agrupa ao 90% da produción editorial de Galicia. Si recoñece que “as novelas malas xa as pode escribir unha máquina”. Pero ao mesmo tempo “reafírmase a calidade da escrita persoal”. O estilo de cada autor é “froito das súas propias experiencias”, as cales resultan íntimas e inimitables. Pon o exemplo de como, xogando co seu fillo, pedíronlle a Chat GPT que “escribira un verso ao estilo de Lorca”. O resultado foi unha mestura dos temas principais tratados polo xenio granadino, pero sen ningún sentido, conta con humor Alvarellos. Ao editor principalmente preocúpalle o futuro da propiedade intelectual que si cre ameazado pola intrusión da Intelixencia Artificial, xa que moitas veces non menciona a autoría dos textos.

Falta de cultura lectora

Para Alvarellos, o verdadeiro obxectivo é conquistar novos lectores para a literatura en galego. Aínda que

Por Ruth Ríos
“As novelas malas xa as pode escribir unha máquina”
Pincha Santiago | xuño 2023 | 15 |

existe un “ansia creadora” reflectida en premios nacionais, amosando que “temos unha cultura escrita moi rica”, “o noso mercado é pequeno e en xeral lemos pouco”. A pesares de que desde a pandemia o índice lector subiu, un 40% de persoas non len, sendo Galicia unha das comunidades autónomas onde menos se le. “A lingua está perdendo falantes e hai poucos lectores de libros en galego”.

O escritor Javier Peña incide no tema desa falta de hábito lector, que logo se traslada á escrita. “A xente escribe, pero non le”, o cal ten consecuencias no resultado final. Para o autor de ‘Infelices’ e ‘Agnes’, xornalista de profesión e antigo redactor de discursos políticos, hai que ter unha “bagaxe lectora e vital” para lanzarse á escrita. Esta falta de cultura lectora nótase na construción narrativa, no trato dos personaxes ou nos diálogos.

O problema é que se “le de forma superficial e, de feito, as novelas son cada vez máis curtas, fragmentarias e explicativas”.

A “saturación do mercado” provoca que un libro “pase de moda as 15 días” e que cada vez haxa que facer

“maior esforzo para manterse”. Recorda ademais que “para que saia un best seller, ten que haber 100.000 fracasos”.

En canto ao impacto da Intelixencia Artificial, cre que traerá unha “autorregulación” do mercado e que é difícil que a tecnoloxía “escriba ‘Los Detectives Salvajes’”, por exemplo, á parte de non ser capaz de captar sutilezas como “a ironía”. Para Javier Peña o maior perigo “é que non sexamos capaces de distinguir entre unha obra humana ou de IA”.

Papel das mulleres na escrita

Neste novo escenario literario, quixemos preguntar sobre o papel das mulleres. Susana Pedreira cre que a situación para as escritoras mellorou xa que “moitas editoras están publicando a máis autoras actuais e ademais estanse recuperando a outras”. Nos xurados dos premios hai cada vez mais representantes femininas e, no caso do Torrente Ballester, existe paridade tanto na Comisión Lectora como no Xurado.

Pola súa banda, Quique Alvarellos afirma que “a escrita ten uns cementos sólidos grazas ás escritoras, o cal se reflicte nos premios. Así mesmo, hai máis lectoras que lectores”. Polo menos, unha noticia positiva neste escenario dixital incerto. Pincha

Revista de Gastronomía & Cultura Pincha Pincha
A xornalista Susana Pedreira. O escritor Javier Peña. Foto: Iván Barreiro O editor Quique Alvarellos. Foto: Iván Barreiro
| 16 | Pincha Santiago | xuño 2023
“A literatura antes é vivencia e imaxinación por parte do escritor e de momento a IA non poderá sentir”

Corría o ano 1991 na cidade de Santiago de Compostela. Eu estudaba aquilo que lle chamaban E.X.B. no Colexio La Salle. Estudar, o que era estudar, a verdade, non estudaba un carallo. Tiven que repetir tres cursos para poder quitar o Graduado Escolar. Con 17 anos empecei a facer o meu primeiro programa de radio en Radio Medellín (Seminario Maior - San Martiño Pinario) latando a clase os venres pola tarde. Comecei pinchando e falando de clásicos do Rock & Roll, pero unha mañá escapei do colexio (algo que estaba totalmente prohibido estudando E.X.B.) e fun dar unha volta polas rúas de Compostela. Metinme en El Pilar Grandes Almacenes a remexer na colección de casetes e despois de pasar un bo anaco e dar varios voltas polo establecemento, continuei o meu camiño sen rumbo rúa abaixo. Aos poucos metros atopei unha tenda que, a verdade non lembro o seu nome. No escaparate exhibían secadores de pelo, aparatos de radio, televisións e demais familia electrodoméstica. Botei un ollo e decidinme a entrar. Á esquerda atopei unha pequena sección na que vendían discos de vinilo e despois de darlle un repasiño, caeu nas miñas mans un que me chamou realmente a atención. Era algo infrecuente. Un disco con portada de cartón un tanto grosa de cor marrón clariño, como as caixas de cartón onde che meten as pizzas ou dun paquete de correos. Abrino e contiña unha folla interior (un folio en branco e negro) na que un tal Rudolph Abel (Director Xeral de Spectra), que ademais mostraba o seu careto no panfleto, falaba dun xeito un tanto estraño. Despois de darlle varias voltas e convencerme o produto, quíxeno mercar, pero non tiña pasta e pouco a pouco fun xuntando o que os meus pais me daban para pillarme un bocadillo no recreo e aforrar os cartos dos billetes para baixar de San Lázaro a San Roque no bus 6. Ao final logrei xuntar os cartos. Coido que custaba mil duascentas pesetas, máis ou menos, e pillei o disco. Cando cheguei a casa, metín o artefacto no meu primeiro reprodutor de vinilo marca Schneider, que me mercara Miña Nai en El Círculo de Lectores e de súpeto dixen: “Pero isto que carallo é?”. Era un mini-lp con 7 cortes, que minutos máis tarde e despois de darlle varias voltas e ir cambiando de canción, decateime que non soaba a 33 rpm, senón a 45 e

entón, así de súpeto, todo cambiou. Soaba a unha mestura entre rock e punk (poderíase chamar Post Punk) con textos en castelán e un en galego, con certo aire poético ‘rarote’. Algo que me entrou á primeira de cambio. E entón dixen: “Isto é o que quero que soe en A Parte de Atrásh, o meu programa de radio”. E así foi! A partir de aí, a miña perspectiva de ver a música mudou ao 100%. Empecei a programar discos de bandas desta estirpe e maquetas de grupos da cidade, que pouco a pouco fun coñecendo nos emblemáticos tugurios da cidade que ofrecían música en directo naqueles anos. Pouco máis tarde puiden ver en directo a Nicho Varullo e aquilo foi sinxelamente emocionante e espectacular.

Eles xa se formaran no 1988 en ensaiaban nun local que había en San Paio de Antealtares, no que non se podía sentar un. Tiñan que estar de pé en todo momento e decidiron chamarlle O Nicho. Así que, ante a situación e o barullo que facían, bautizaron ao grupo co nome de Nicho Varullo. Non me vou poñer agora a contarvos como foron os comezos con detemento, xa que me ocuparía varias follas e largaríanme da Pincha, pero co tempo a banda quedaría deste xeito: Pepe Sendón (batería), Fran Pérez (baixo), Antonio Pérez (guitarra) e Carlos Santiago (voz). Gravaron 2 discos como banda de rock, o primeiro o da Caixa de Cartón e o segundo, que nunca veu a luz (De momento! Non podo dar máis datos!), á parte de bandas sonoras para obras teatrais. A banda durou ata o 1996 e deixouse caer por toda a xeografía galega, soaron polo territorio estatal (sobre todo na Cidade Condal) e máis que nada tocaron en Santiago, nas Festas Universitarias das Facultades de Bioloxía, Matemáticas, Químicas, Filosofía… O seu derradeiro bolo foi na Sala Nasa.

O famoso disco de cartão aínda se pode atopar nalgunha tenda de discos de segunda man e na internet (YouTube). Máis info no que será o meu primeiro libro “30 Anos Traficando Cultura Subterránea”, que verá a luz algún día, pero por se acaso a palmo antes, aquí queda unha pequena mostra.

Moitas grazas pola vosa atención! Favores anticipan gracias…

plástico elástico plástico elástico Por César Varela 666 rpm plasticoelastico.cat
URBI ET ORBI
Foto: Xoán
Pincha Santiago | xuño 2023 | 17 |
Soler NICHO VARULLO

Fran Gorín, de Obradoiro Gorín: “A nosa base é a tradición

Fran Gorín pertence a unha familia de tradición oleira. Xa seu avó traballaba neste oficio no seu Buño natal. No seu obradoiro deseña e crea pezas que respectan a tradición, pero tamén introduce innovacións que teñen chamado a atención de moitos locais de hostalaría e de xigantes como Zara.

Como te iniciaches na artesanía?

Meu avó e meu pai eran oleiros os dous e eu seguín os seus pasos. Aprendín co meu pai e desde que rematei a Secundaria, empecei a traballar con el. Cando fixen 21 anos el enfermou e ao pouco, morreu. Entón collín unha depresión e deixeino. Estiven case 15 anos sen dedicarme a isto. No 2018, a miña compañeira, que sabía que me gustaba moito, animoume para retomar o oficio e aquí sigo.

Que tipo de pezas elaboras e con que técnicas?

A base do Obradoiro Gorín é a tradición de Buño. Empregamos o barro que se extrae no Coto dos Barreiros. Pero cos anos e coa

demanda do mercado, fomos evolucionando, respectando esas ensinanzas que recibín do meu pai, pero empregando novas formas, materiais... Facemos, por exemplo, pezas de gres, que son máis resistentes e dan máis xogo cos esmaltes. E cando a clientela o demanda seguimos elaborando como antigamente, con coccións a baixa temperatura.

En setembro de 2022 creaches, xunto con Alfarería Rulo, unha colección de accesorios de baño para Zona Home. Que tal a experiencia?

O contacto con eles foi a través da Mostra de Olería que facemos en Buño todos os anos. Sendo unha multinacional, sempre vas con certo medo, pero a experiencia foi moi boa. Deixáronme traballar libremente dentro do deseño que acordamos. A colección respecta moito a tradición de Buño, empregando barro bizcochado, cuns trazos simples de liñas brancas, como as que se empregaban antes para decorar.

Oído, artesanía! | 18 | Pincha Santiago | xuño 2023
Foto cortesía da Fundación Pública Artesanía de Galicia.

Que relación tes co mundo da restauración?

Actualmente colaboro con locais de aquí da zona de Bergantiños, algo na Coruña, en Pontevedra en distintos furanchos... Teño varios deseños e tamén traballo baixo demanda. Podo dicir que son deseños personalizados, á carta. Sempre, claro, vendo o que se pode ou non se pode facer e dando consellos. Emprego barro de Buño, pero a alta temperatura, porque é máis resistente e menos poroso, máis axeitado para empregar nun restaurante

Que supón para ti contar coa marca Artesanía de Galicia?

Nós temos a marca Olería de Buño, que está moi ben vista, pero Artesanía de Galicia dálle un pouco máis de valor ao que facemos. É unha marca moi coñecida tanto a nivel estatal como europeo; e iso dá garantía de que realmente son produtos feitos a man, elaborados a pequena escala... Cada peza supón moitísimo máis traballo do que a xente se imaxina. Non é como o pan, facelo e levalo ao forno. En olaría as pezas teñen que secar, retocalas, esmaltalas... Antes de chegar ás túas mans, pasa polas mans do artesán ao mellor cinco, seis, sete ou ata oito veces.

Onde podemos mercar as túas pezas? Fago venda directa no meu obradoiro na rúa Santa Catalina, 72 (Buño). Tamén na web obradoirogorin.com e nas redes sociais Facebook e Instagram como @obradoirogorin

Por Rebeca Munín
Pincha Revista de Gastronomía Cultura Pincha Pincha
tradición de Buño, pero tamén empregamos novas formas e materiais”
Pincha Santiago | xuño 2023 | 19 |
“Para os restaurantes optamos por barro de Buño a alta temperatura porque é máis resistente e menos poroso”

Beatriz Suárez Saa

Entramos nun pequeno espazo moi luminoso. Atraídos polo aroma do café, animámonos a falar con Beatriz Suárez Saa, artista compostelá que deixou o espazo na súa cidade natal para instalarse nun novo estudio en Bertamiráns. Alí traballa en profundidade na escritura e reflexión da súa tese doutoral.

No fronte, observamos unha parede que soporta un gran retrato. Escusa perfecta para falar do seu traballo como artista plástica ao longo dos anos.

Todo comeza cando só era unha cativa que sentía paixón por debuxar o seu entorno. Unha forma de expresión constante que dirixirá a súa formación académica nos ámbitos das Belas artes, da museoloxía e da didáctica. Expresión na que impera o retrato feminino como fío condutor dun tema recorrente na súa creación como artista: a construción da identidade.

Nas primeiras pezas, indaga a partir do autorretrato, na herdanza xeracional entre a súa avoa, a súa nai e ela mesma. Amósanos pezas pictóricas de gran tamaño, esculturas e instalacións nas que a pintura será o denominador común, sempre presente e imprescindible. O branco, o negro e o vermello é a gama cromática predominante.

Como se dun veo se tratase, comeza a introducir nesta época a linguaxe escrita como forma de expresión plástica dentro das súas composicións. Unha forma de fundir dous aspectos que a definen: a imaxe e o literario. Textos inspirados na verdadeira idiosincrasia das persoas, oculta tras a carne. Unha forma de retratar de dentro para fóra en forma de letra, palabra ou frase.

As incógnitas no proceso de auto coñecemento acadan a cúspide da desasosego se falamos de alzheimer. Esta doenza tocou de preto nunha das mulleres da súa vida, a súa avoa. Ábrese para Beatriz, unha fenda de estudio, traballo e creación.

Empregando técnicas propias da arte-terapia, inicia un proceso de investigación con tres doentes de alzheimer, xunto cos familiares e coidadores. A música, a imaxe de época o recoñecemento de obxectos familiares para eles, serán algúns dos elementos que a artista emprega para elaborar e perfilar os aspectos comúns máis significativos nun estado moderado-avanzado da enfermidade.

Un traballo que se verá exposto nunha mostra na igrexa da universidade, titulada ‘Rostros de ausencia’ cuxo comisario foi Alberto Cartón. É significativo a elección do espazo: por un lado a USC, contexto apropiado para albergar un proxecto baseado nunha investigación; e por outro, a igrexa, arrastrada a descontextualizar o seu uso orixinal para albergar unha exposición con unha forte carga perceptiva.

a gorida do artista
| 20 | Pincha Santiago | xuño 2023
“A pintura é unha disciplina esencial en calquera das miñas obras”
Por Inés Silvalde

Ao inicio da exposición, unha reflexión moi significativa: “Mentres haxa unha persoa que recorde, o camiño e a identidade sempre están por facer”.

Como resultado, a artista reconstrúe unha pequena parte das identidades dos doentes, facendo fincapé na perda da linguaxe como elemento fundamental da comunicación representando aos modelos como contedores de baleiro.

Falando sobre esta exposición, alén da grande acollida polo ámbito da crítica artística, Bea explica que tivo un gran recoñecemento por parte de aqueles que conviven de forma persoal ou profesional coas persoas que padecen esta doenza. Á expresión plástica engádese a carga poética coa que expresa a desconexión cognitiva dos que a padecen. Pezas con carga emocional e dunha gran calidade técnica e expresiva dotada dunha gran delicadeza e empatía.

Despedímonos de Bea, pero antes preguntamos sobre futuros proxectos. A palabra imprevisible é a que define un pouco a liña do horizonte, pero non sen ilusión por novas exposicións e colaboracións e quen sabe… unha nova gorida Pincha

Revista de Gastronomía & Cultura Pincha Revista de Gastronomía & Cultura Pincha San Clemente, 2 981 556 179
Novos Pratos
Burger “Don Pepe” Churrasco de Angus
Cachopo
con grelos e queixo afumado
Pincha Santiago | xuño 2023 | 21 |
Cachopo de queixo de cabra e cebola caramelizada

ESTREANDO O TESTO

As tapas e as racións de bar son o principal reclamo de O Testo, o novo local dirixido polo recoñecido cociñeiro Jorge Gago, que conta tamén en Compostela co restaurante A Maceta, na rúa de San Pedro.

O Testo, situado na Zona Vella moi pretiño da Catedral e do Mercado de Abastos, naceu do amor pola tradición, polas xuntanzas, polos bares e tamén para renderlle unha merecida homenaxe a todas as comidas de bar. Conservando o estilo tradicional e sen perder de vista o presente, alí pódense degustar diferentes tapas e racións nas que o produto de mercado é o protagonista.

O seu horario é de martes a sábado, de 12.00 a 17.00 e de 19.30 a 00.00 horas.

Na súa visita, @JuanEAT_o probou algunhas das 32 elaboracións que forman actualmente parte da súa carta. Nela atopamos case unha vintena de propostas para picar; outros tantos ‘Platos e Platillos’ (máis contundentes), así como catro sobremesas. E puido facelo ademais antes que ninguén! O noso colaborador achegouse ao local para testar as creacións de Jorge Gago un día antes da súa apertura o pasado 16 de maio. É o noso comechón un afortunado?

Xa o sabedes, por suposto que o é!

Foto: Iván Barreiro
#apapar | 22 | Pincha Santiago | xuño 2023

As primeiras liñas da miña crítica sobre O Testo quero dedicarllas a Jorge Gago, xerente e chef deste novo bar que recupera o que xa fora un local de hostalaría na Zona Vella compostelá, por ter o privilexio de ser o seu primeiro comensal. Moitas grazas! Desfrutei coma un neno!

O primeiro que chama a atención de O Testo é a súa coidada decoración, aproveitando os espazos para crear ambientes diferentes e onde, ademais de comer moi ben, poderedes coñecer nova xente ;)

Pero imos ao lío e falemos do que máis vos importa: a papatoria. Este non vai ser un #apapar convencional porque non probei un prato, senón seis! Por que? Porque o concepto que defenden en O Testo é de bocados e tapas, coma nun bar -ou como indican na súa imaxe unha “barra

de mercado”. A idea é que aparezas por alí para tomar un vermú, unha caña ou un viño e o acompañes con algo de picar. Agora si, se es dos que xa coñece o restaurante A Maceta -o primeiro dos proxectos de Gago-, recoñecerás aquí o seu xeito de cociñar, cunhas presentacións coidadas, sabores intensos e unha gran calidade nos produtos escollidos. Eu tiven a fortuna de probar croquetas de xamón de landra (que non deu tempo a que saíran na foto, así que xa entenderedes como estaban hahaha); bocareos ao vinagre do Ribeiro; ensalada rusa (coma as de antes, cunha excelente textura!), Gilda de bocareo; torresmos; anchoa, brioche, queixo e tomate; e unhas escupiñas frescas moi ricas. Ademais, puiden maridalo cun Meco, un viño Ribeira Sacra fresco e con moi bo sabor.

En conclusión, Jorge, faime oco que seguro que volvo!

Datos

Jorge Gago ofrecéndolle a @JuanEAT_o un dos pratos de O Testo. Foto: Iván Barreiro
Valoración:  P o r @JuanEAT_o @JuanEAT_o Lugar: Rúa de Abril Ares, 4 Santiago de Compostela Pratos: ‘Boqueróns’ [bocareo] ao vinagre do Ribeiro 3,50 € Escupiñas [fóra de carta] ‘Ensaladilla’ [ensalada rusa] 5,50 € ‘Gilda’ de peixe do día 4 € ‘Torreznos’ [torresmo] 5 € Anchoa, brioche, queixo e tomate 3,50 € Pincha Santiago | xuño 2023 | 23 |
Jorge Gago, en O Testo.
| 24 | Pincha Santiago | xuño 2023
Foto: Iván Barreiro

Sete anos despois de poñer en marcha o restaurante A Maceta, Jorge Gago lánzase de novo á aventura cun local na Zona Vella compostelá. Un bar, O Testo, no que nos presenta unha oferta gastronómica máis informal, pero mantendo a calidade, o coidado e a orixinalidade ás que xa nos ten afeitas e afeitos.

O Testo defínese como unha barra de mercado. Por que?

Porque nos nutrimos do mercado. Apostamos polas tapas das de antes, que xa non se ven tanto, como a ‘ensaladilla’, os ‘boqueróns’... pero coa vista no presente.

Para o deseño do local queriamos zonas diferentes, altas, baixas, temos unha dobre barra... que é moi boa idea porque é coma se estiveras precisamente nun mercado.

Por que agora e por que nesta situación?

Levamos anos dándolle voltas a este proxecto. Eu sempre quixen ter un bar, un local que sirva de punto de reunión, máis distendido que un restaurante. Que non haxa prexuízos á hora de tomar unha caña, dúas cousas e marchar... Nun restaurante estás un pouco máis exposto a pedir cantidades. Aquí podes pedir por unidade se o desexas. Ese é o formato.

Por outro lado, tiña moi claro que sería na Zona Vella e preto da Catedral ou do Mercado de Abastos. Durante anos mirei moitos espazos e ao final atopei este que está a cabalo entre os dous, a cen metros da Praza e outros cen, da Catedral. É perfecto!

En que se parece e en que se diferencia de A Maceta?

Conceptualmente son moi diferentes. A Maceta é un restaurante ao uso e O Testo é un bar, non se aceptan reservas... Queremos que a xente se acostume a comer nos ocos, ao lado doutra persoa que non coñeza.

Nas cartas, aínda que compartirmos produtos, aquí en O Testo as elaboracións podería dicirse que son máis de taberna, pero un pouco actualizadas. En canto ás semellanzas, se alguén entra en O Testo e non sabe que somos os mesmos propietarios que en A Maceta, daríase de conta de que algo temos que ver polo gusto na decoración, de coidar os detalles, etc. Temos un bar e temos un restaurante. Un é de máis rapidez e o outro, de tomalo con máis calma.

E ti como vas combinar os dous proxectos?

Afortunadamente teño dous moi bos equipos. Na Maceta tanto o encargado de sala como o xefe de cociña, que levan sete anos comigo, defenden o local ás veces case mellor ca min. Así que eu arrancarei O Testo os primeiros días e despois estarei un servizo no bar e outro, no restaurante.

No Testo teño como socia á miña parella, Yoli Franco, que leva a parte administrativa. Así eu podo dedicar máis tempo a crear e cociñar. E tamén están en cociña, Iván Picos e Katia Baluja; e en sala, Alexis Cortés, Eladio Cao e Nuria Fernández (e tamén virá Martín, máis adiante). Se queremos dar un servizo bo e rápido, precisamos moito persoal.

En que momento ves á hostalaría compostelá e que pedirías ao goberno que se forme tralas eleccións municipais?

Estamos nun bo momento. Están abrindo moitos proxectos novos, de grandes profesionais, e iso demostra que a clientela demanda calidade. En canto ao goberno local, vexo que hai cousas nas que podemos estar máis ou menos de acordo, pero en liñas xerais, hai bastante apoio á hostalaría. O que si que cambiaría é o de sistema de recollida do lixo na Zona Vella. Habería que mirar unha fórmula que sexa bo para o Concello e para os hostaleiros tamén.

Por Rebeca Munín
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura Pincha Revista de Gastronomía Cultura Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Jorge Gago
“O Testo é como os bares de antes, pero coa vista no presente”
Pincha Santiago | xuño 2023 | 25 |
“Queremos que a xente se acostume a comer nos ocos do local, ao lado doutra persoa que non coñeza”

Toxal 2021

FICHA DO VIÑO:

Adegueiro:

Amando González Viana

D.O.: Ribeiro

Variedades:

Treixadura e algo de Albariño

Grao: 12º

Colleita: 2021

Prezo: En torno aos 22€

crusat & costas
Viñoteca do Mercado. Foto: Iván Barreiro
| 26 | Pincha Santiago | xuño 2023

Ében coñecido polos nosos lectores que gustamos de presentarvos novos ou pequenos proxectos menos coñecidos para o público en xeral. Persoalmente atopo moi enriquecedor poder chegar a estas persoas que comezan un soño coas ideas tan claras e con tanta paixón e humildade. É o caso de Amando González Viana, ao que cheguei a través de Viños Vivos. Amando é un rapaz que, tras unha serie de avatares vitais, decide volver ás orixes familiares no Ribeiro, en concreto a Roucos, unha aldea do concello de Cenlle. Pode parecer un comezo moi romántico, pero o certo é que non foi sinxelo. De nai madrileña e pai galego, seus pais viaxaron por España debido aos seus traballos, de modo que Amando naceu, un pouco de casualidade, en Valencia. Logo marcharon a Barcelona e alí pasaron bastante tempo antes de partir cara Mallorca. Xa alí, seus pais volven a mudarse, esta vez a Pamplona, aínda que el non os acompañou nun principio. Mais, tras un grave accidente de coche, algo cambia na vida de Amando, como sucede acotío cando algo serio sacude as nosas vidas. Así, decide poñerlle outro rumbo ao seu futuro e vai a Pamplona a comezar estudios forestais, posto que a natureza lle aportaba moitas cousas. Pasou un verán na Galiza limpando fincas e tras acabar os estudos e aforrar uns cartos, volve á aldea para, en principio, comezar un proxecto de cría de porco celta mercando para iso as fincas familiares. Pero a familia non quixo vender daquela e os aforros acabábanse, así que tocaba decidir que facer. Pola zona non había moito onde elixir: ou hostalaría ou viñas. Amando non gustaba moito das viñas, incluso se dicía a si mesmo que na vida pisaría unha viña (calquera o diría hoxe!), pero comezou a traballar en Leive, sen coñecemento vitivinícola naquel momento. Aprendeu moito e aquilo acabou gustándolle, así que marchou a Viña Mein con Comando G e seguiu aprendendo deles. Durante anos levou con estes últimos un proxecto tamén no Ribeiro, fixo vendimas con eles en Ávila e tamén con Dominio do Bibei no Ribeiro, e deste xeito comprobou que podía darlle vida á súa aldea a través da recuperación do viñedo e do traballo honesto nas terras. As viñas son alugadas nun inicio, e de aí sae Toxal 2021

No ano 2018 independízase por completo e monta a súa adega e, por fin, fai dous anos, a familia decide vender as súas fincas, que merca Amando para recuperalas de cero, posto que eran fincas de castiñeiros na súa maioría. Aquí é onde Amando ten posta a mirada para plantar variedades como albariño, caíño branco, etc., que lle aportarán a estrutura e lonxevidade que busca: que toda a personalidade do viño proceda do traballo na viña e das variedades, e que a intervención na adega sexa a mínima posible, aínda que lle gustaría empregar tamén outros materiais para a elaboración do viño, coma ‘foudres’ ou ‘damajuanas’.

Pregunteille cal era o seu obxectivo con este proxecto e a resposta é tan sinxela e tan indiscutible, que non quero engadir nada máis: “vivir de este proxecto e ser feliz, e con iso vale”. E a nós tamén nos vale, vaia que si.

Oproxecto de Amando González Viana nace do corazón dun rapaz novo pero que ten as ideas ben claras e que busca poder emprender dende o rural dos seus familiares. Emprende pouco a pouco, cos pés na terra pero coas ideas ben claras dende o comezo, cun rumbo marcado e aprendido do traballo na viña e na adega.

Inicia o seu proxecto alugando uns viñedos, e traballando coas videiras que alí se atopan, treixadura e albariño. Xa co proxecto iniciado, o tempo dálle a oportunidade de mercar as fincas dos familiares e iniciar outra liña de cara o futuro, plantando mais albariño e caíño branco xa que son castes que poden aportar acidez de xeito natural. As fincas da familia foron en tempos viñedos pero que foron abandonados e que están a ser recuperados para ser o futuro do proxecto do Amando.

A decisión de castes é tal porque na parte liquida o concepto fundamental é a elaboración de viños con estrutura e equilibrados pero con capacidades de garda e melloría co tempo. Para elo é fundamental a acidez no viño, e a columna sobre a que se vertebra un viño con vocación de durar no tempo. Tamén o elaborador ten claro que o viño ten que partir do viñedo, polo que a estrutura tamén se consegue a partir do control da produción, desbotando a cantidade en prol da calidade. Para elo tira o chan parte da colleita quedando con producións de 5000 quilos por hectárea, cando sería facilmente posible chegar os 8000 quilos.

Amais das castes, e tendo en conta que neste Toxal soamente temos treixadura e un pouco de albariño, unha vendima de cedo é importante para conquistar a acidez desexada. Mais sequera tendo en conta que este viño fai unha fermentación maloláctica. O viño fermenta en depósitos de aceiro inoxidable e despois pasa uns meses en barricas de madeira. O tempo é variable e depende de canto marquen estas madeiras, xa que se busca que non sexan invasivas no produto final. Posteriormente ao embotellado, o viño repousa catro ou cinco meses na garrafa antes de saír o mercado.

Trátase dun viño limpo, de cor amarelo pallizo, con destelos dourados. No nariz é un viño de aromas sutís, delicado pero ao mesmo tempo con complexidade, no que se aprecian a mestura das dúas castes coas que se elabora, floral, un pouco de mazá, calidades propias da albariño, pero tamén melón maduro, plátano achegados pola banda da treixadura. Na boca presenta acidez equilibrada, graxa, barrica ben integrada que non satura para nada, notas de flores, mazá novamente rematando con froita madura de final amargo.

Como propostas de maridaxe vou cun sanmartiño grellado á brasa que lle aporta ese toquiño de fume. E pola outra banda, máis exótica, a proposta é dun prago (agora é medianamente doado de atopar no supermercado ou na praza) en papillota con especias asiáticas (cebola vermella, allo, xenxibre, ‘guindilla’, herba limón, lascas de lima, e coentro ou menta).

Por Jose Crusat Por Lorena Costas
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura Pincha Revista de Gastronomía & Cultura Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Onde habita o corazón
Pincha Santiago | xuño 2023 | 27 |
Un grande comezo para un viño en crecemento

BOB WAYNE & THE OUTLAW CARNIES, EN DIRECTO

SALA RIQUELA

1 DE XUÑO ÁS 21.00 H | PREZO: 12€

Bob Wayne fai música country crúa, profunda e pura, que camiña na delgada liña entre a comedia e as escuras verdades, sen tratar nunca de aparentar algo que non é, conseguindo consecuentemente ser xenuíno e sen artificialidade ningunha. O seu estilo vocal natural ten puntos en común co gran Johnny Cash e a súa forma de compoñer foi comparada coa de todo un Kris Kristofferson.

MARKER FAIRE GALICIA 2023

CIDADE DA CULTURA

DO 1 AO 4 DE XUÑO

Un evento híbrido que favorece a innovación tanto a nivel social, como educativo ou profesional. As xornadas dos últimos dous días estarán dirixidas a todos os públicos, ademais de poder interactuar cos mellores proxectos do ecosistema maker a nivel internacional, terán lugar numerosas charlas e obradoiros.

LOS DELTONOS, EN DIRECTO

SALA CAPITOL

2 DE XUÑO ÁS 20.30 H | PREZO: 15€ ‘Mueve’’, a nova colección de cancións de Los Deltonos, tráenos a unha banda perfectamente engraxada, soando marabillosamente contundente e o que é mellor, tremendamente inspirada. Se no seu anterior longo parecían urxentes, agrestes e directos á xugular, nesta ocasión preséntannos un repertorio máis equilibrado e rico en matices.

EXPOSICIÓN ‘ALMUDENA FERNÁNDEZ FARIÑA. PICHANDO CHARCOS’

DESDE O 2 DE XUÑO

A exposición ofrece un percorrido polo traballo de Almudena Fernández Fariña ao longo de trinta anos de carreira, resituando a súa traxectoria e desvelando a unha artista inédita cuxa versatilidade queda patente nunha serie de procesos paralelos que inclúen prácticas fotográficas, bordados, pezas cerámicas ou libros obxecto. Comisiariada por Susana Cendán.

DE VACAS, EN ‘REBOVINA DIVAS LIVE’

SALA CAPITOL

1 DE XUÑO ÁS 20.30 H |

PREZO: 12-15€

De vacas teñen novo espectáculo ‘Rebovina Divas Live’. Visten a escena e desempolvan as súas mellores galas para a ocasión, rebobinando na memoria do tempo. É unha homenaxe a elas, ás mestras, ás divas do pop, Whitney, Celine, Mónica, Beyoncé… mulleres que acompañaron coas súas cancións tanto momentos felices. Apostan por unha iluminación que non ten nada que envexarlle a Vigo, por un vestiario xenial e feito a medida que potencia a teatralidade, ademáis de servirse de novos elementos escenográficos.

XORNADAS DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA

DO 1 AO 27 DE XUÑO

As Xornadas de Música Contemporánea teñen o obxectivo de promover e difundir as últimas tendencias e a innovación da música contemporánea, poñéndoa en valor ao carón dos xa considerados clásicos do século XX. Nesta edición, que leva por lema ‘A voz a escena’, desenvolveranse concertos e charlas no Auditorio de Galicia, Praza das Praterías, parque de Bonaval, CGAC e Teatro Principal. Participarán, entre outros artistas, Lúa Mosquetera e Javier Otero, Trío Preseli, Pulso Ensemble, etc.

Consulta o programa completo en compostelacultura.gal

SERÁNS EN FEIXÓO PRAZA DE FEIXÓO

ATA O 30 DE XUÑO ÁS 21.00 H

O Festival Seráns en Feixoo é unha oportunidade única para celebrar a música e a cultura locais.

Programa:

- Venres 2: Alfonso Medela Trío (Jazz)

- Sábado 3: V Aniversario Nora Tatoo con Monoulious DOP Dj Set (13h-17h)

- Mércores 7: Andhrea & The Black Cats (Blues)

- Mércores 14: Combos Escola Estudio e Conservatorio Mayeusis de Vigo (Jazz)

- Sábado 17: The Swing Flamingos (Swing)

- Mércores 21: Fin de cursoEscola Estudio (Jazz)

- Xoves 22: Fin de curso - Escola Berenguela (Clásica)

- Venres 23: Noite Meiga

- Mércores 28: Maricarme (Folk)

- Venres 30: Black & Blue (Punkfolk americano)

VISITAS TEATRALIZADAS PADRÓN

XUÑO E XULLO

O Concello de Padrón, a través da Concellaría de Turismo, volve a poñer en marcha as visitas teatralizadas. Estas terán por finalidade, dunha banda, poñer en valor a tradición xacobea da vila da man do Chronicón iriense e A Traslatio (ambas as dúas visitas teatrais a cargo do actor e guía Suso Martínez). E, doutra banda, resaltar dúas das figuras literarias máis sobranceiras das letras padronesas e da literatura galega co Camiño branco de Rosalía e Macías e Elvira. Tres camiños, tres destinos, ambas a cargo da compañía teatral Os Quinquilláns.

As visitas serán gratuítas, pero para participar será preciso inscribirse previamente na Oficina de Turismo: www.padronturismo.gal/inscricions

CGAC
| 2 axenda Axenda suxeita a posibles modificacións. Consulta novidades en revistapincha.gal/axenda-gastrocultural | 28 | Pincha Santiago | xuño 2023

creación contemporánea, celebrarase en Santiago os días 9 e 10 de xuño. Programa:

- Caldo presenta ‘Lugar A Ponte’. Venres 9 ás 20.30 h no Teatro Principal. 10 €

- Actuación do dúo L-R. Sábado 10 ás 13.30 h na Fundación SGAE. De balde.

- Actuación do grupo Maestro Espada. Sábado 10 ás 20.30 h na Fundación SGAE. 10 €

CONCERTO DE MANEIRO

SALA CAPITOL

4 DE XUÑO ÁS 20.00 H | PREZO: 18€

Despois da paralización da última xira do grupo «Heredeiros da Crus» , do que Javi Maneiro é o seu vocalista dende os inicios, e xa totalmente recuperado, «Maneiro» lanza un novo álbum cheo de enerxía, a mesma enerxía que motivou a súa recuperación. Un álbum que recolle a experiencia desde ese día ata hoxe.

AGNOSTIC FRONT, AO VIVO

SALA MALATESTA

6 DE XUÑO ÁS 21.30 H | PREZO: 25€

O grupo americano de hardcore, os lexendarios Agnostic Front, pisarán Galicia coa súa xira do corenta aniversario do seu primeiro EP. Actuarán como teloneiros os grupos Fractura e Harry May.

MÉRCORES DE VARANDA

SALÓN TEATRO

7, 14, 21 E 28 DE XUÑO ÁS 21.00 H

Actuacións cara a rúa Nova desde o balcón do Salón Teatro, que se organizan en colaboración coa Aceleradora de Proxectos Musicais Sonemerxente da Fundación Paideia e a Xunta de Galicia.

- 7 de xuño: Adrian Timms. Mestizaxe cultural entre o indie-pop británico e texturas da música tradicional galega.

- 14 de xuño: hydn. Unha especie de dark pop electrónico con influencias do dark RnB.

- 21 de xuño: Helena Egea. Cantante e compositora multiinstrumentista (violín, piano, guitarra) que bebe dos estilos do soul, jazz, rock e o blues.

- 28 de xuño: Law. Artista galega multidisciplinar cuxas composicións combinan as influencias do R&B, o hip hop, o soul, o funk e mesmo melodías con reminiscencias nipoas.

COMPOSTELA DIVERSA 2023

DO 12 DE XUÑO AO 2 DE XULLO

Con motivo da celebración o 28 de xuño do Día Internacional do Orgullo LGTBI, Compostela Diversa recolle unha serie de accións para facer de Santiago un referente como cidade de acollida, apostando por accións globais e inclusivas que axuden a avanzar na consecución dos dereitos, a visibilidade e a normalización da vida de todo o colectivo. Un cento de establecementos comerciais e hostaleiros da cidade súmanse cada ano á iniciativa empregando mandís carteis, postais, pousavasos, manteis invididuais e banderíns LGTBI.

MARÉ PRESENTA MARO

SALÓN TEATRO

5 DE XUÑO ÁS 21.00 H | PREZO: 15€

Concerto-presentación da edición 2023 do festival MARÉ Músicas e Artes Atlánticas.

Tras o recente lanzamento de «hortelã», MARO deu vida a unha versión íntima e despoxada das súas cancións máis recentes, nunha liña de folk acústico. En formato trío, cos guitarristas cataláns Darío Barroso & Pau Figueres, chega a Compostela na súa xira de presentación española.

FESTIVAL PLATAFORMA

DO 7 AO 15 DE XUÑO

O Festival Plataforma ofrecerá entre o 7 e o 15 de xuño, un amplo abanico propostas multidisciplinares entre as que destacan Olga Mesa, Cristina Balboa, Catarina Silva, Marc Vives, Mery Pais, Hugo Torres, Verónica Ruth Frías, Olga Cameselle e Alfredo Rodríguez, Federico Vladimir e Pablo Lilienfeld. O xoves 8 de xuño, Antón Reixa abrirá a cuarta edición de Plataforma cunha performance en colaboración coa Banda Municipal de Música de Santiago.

Consulta o programa completo en revistapincha.gal/axenda-gastrocultural

O QUE NON SE ESCRIBE

TEATRO PRINCIPAL E FUNDACIÓN

SGAE

9 E 10 DE XUÑO | PREZO: 0 E 10€

A terceira edición de ‘O que non se escribe’, festival que se articula en torno ao patrimonio sonoro e á

CONCERTO DE CUARTETO DE NOS

SALA CAPITOL

14 DE XUÑO ÁS 21.00 H |

PREZO: DESDE 26 €

A banda uruguaia Cuarteto de Nos volve a España para celebrar en vivo as cancións do seu máis recente disco ‘Lámaina Once’, ademais de dar un clásico percorrido dos hits dos seus últimos discos no seu Tour Europa 2023.

3 | Pincha Santiago | xuño 2023 | 29 |

CONCERTO

EXTRAORDINA RIO DE BALDUR BRÖNNIMANN

AUDITORIO DE GALICIA

15 DE XUÑO ÁS 20.00 H | PREZO: 5€

Baldur Brönnimann ofrecerá un concerto extraordinario no que explicará as claves da temporada; será esta a súa primeira cita como director titular e artístico da Real Filharmonía de Galicia. Despois do concerto e da man de Galicia Calidade, ofrecerase un viño.

cuxo eixo é un son fiestero e verbenero. Nesta ocasión tan especial que servirá de punto de partida dunha xira doce anos despois, contarán con TanDuB, descendentes directos da banda, como acompañantes no escenario.

SAN XOÁN

23 E 24 DE XUÑO

edición. O evento ten como obxectivo promover o rock galego e de impulsar a grupos emerxentes da contorna de Ames. Nesta ocasión actuarán os grupos A banda da loba, Eladio y los seres queridos, Fillas de Cassandra e Las ninyas del corro.

FESTIVAL ACENTO

TERRAZA DA SGAE - PARQUE VISTA

ALEGRE

21 DE XUÑO ÁS 19.30 H | PREZO: GRATUÍTO!

A Fundación SGAE organiza este evento o 21 de xuño, con acceso libre, para conmemorar o Día Europeo da Música. A creación musical en Galicia vive un momento de auxe nos diversos estilos, e esta programación trata de ofrecer unha representación da escena actual. Acento integra o novo pop de Blanco Palamera, a proposta delicada e poliédrica de Néboa e dous valores emerxentes: Rhome e Marián, que traballaron con Iván Ferreiro na recente edición dos Laboratorios de Creación da Fundación SGAE en Galicia.

O SON DO CAMIÑO

MONTE DO GOZO

DO 15 AO 17 DE XUÑO

O cartel deste ano do Festival O Son do Camiño está encabezado por Bizarrap, Leiva, Maluma, The Kooks, Aitana, Duki ou Vetusta Morla. En total máis de 40 artistas de talla internacional que en moitos casos visitarán Galicia por primeira vez.

ELISA E MARCELA

TEATRO PRINCIPAL

21 DE XUÑO ÁS 20.30 H | PREZO: 12€

LAMATUMBÁ, EN DIRECTO

SALA CAPITOL

17 DE XUÑO ÁS 20.30 H | PREZO: 15€

Lamatumbá é un grupo musical galego nado en marzo de 1998 que combina multitude de estilos,

Ano 1901, A Coruña. Dúas mulleres casan na Igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home. Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e información manipuladas.

As cómicas de A Panadaría presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real. Unha comedia musical onde o verídico parece invento. Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo.

Na noite do 23 ao 24 de xuño Compostela énchese de cacharelas para celebrar a tradición de San Xoán. Tampouco falta a boa música, as sardiñas e outro tipo de actividades lúdicas e culturais que organizan desde Turismo de Santiago. Consulta todo a información proximamente na nosa web revistapincha.gal

FESTIVAL ATLÁNTICA DE NARRACIÓN ORAL

TEATRO PRINCIPAL

1984. UNHA XENEALOXÍA FEMINISTA DA ARTE URBANA GALEGA

AUDITORIO DE GALICIA

DESDE O 28 DE XUÑO

Comisariado por Amabel González Troncoso e Clara Rodríguez Cordeiro, este proxecto é froito dunha inxente labor de investigación en clave de xénero sobre o graffiti e o muralismo contemporáno. A partir da numerosa documentación achegada por artistas e coleccionistas de toda Galicia, constrúese unha persoal xeanoloxía de arte urbana desde unha revisión feminista do movemento, na procura de deconstruir a tan extendida idea da suposta ausencia de mulleres que pintan na rúa.

DO 1 AO 9 DE XULLO

Contadores e contadoras de Galicia pero tamén doutras moitas partes do mundo participarán na 11ª edición deste festival que naceu en Santiago no 2013, medrando despois ata outras moitas localidades da nosa terra.

Consulta o programa completo proximamente en revistapincha.gal/axenda-gastrocultural

THE ORIGINAL WAILERS, EN CONCERTO

SALA CAPITOL

2 DE XULLO ÁS 20.30 H |

PREZO: DESDE 20€

XII MILLAROCK

ANFITEATRO DO MILLADOIRO (AMES)

30 DE XUÑO ÁS 21.00 H |

PREZO: DE BALDE!

A localidade do Milladoiro acollerá un ano máis o festival Millarock, que chega á súa duodécima

O veterano Albert Anderson, máis coñecido como Al Anderson, formou parte dos Wailers de Bob Marley entre 1975 e 1980, a época de máximo esplendor da estrañada lenda da música xamaicana. A súa guitarra foi esencial en discos tan lendarios como Natty Dread (1974). Por iso decidiu formar The Original Wailers moitos anos despois. Pero ademais loce fitos como as súas colaboracións nalgúns dos mellores discos de Ben Harper ou Lauryn Hill.

Consulta novidades en revistapincha.gal/axenda-gastrocultural

| 4 axenda Axenda suxeita a posibles modificacións.
| 30 | Pincha Santiago | xuño 2023

CORAZÓN DA ARTESANÍA OS PENDELLOS, AGOLADA (PONTEVEDRA)

7, 8 E 9 DE XULLO DE 11.00 A 14.30 E DE 16.00 A 21.00 H

O X Encontro da Artesanía Tradicional e Popular, que organiza a Fundación Artesanía de Galicia, da Xunta de Galicia, celebrarase do 7 ao 9 de xullo no recinto do antigo mercado dos Pendellos, en Agolada (Pontevedra). O programa de actividades incluirá artesanía en vivo, venda de produtos de artesanía de Galicia; showcookings, degustacións e venda de produtos gastronómicos, así como obradoiros tanto para profesionais como para familias; e tamén actuacións de baile e música.

O Corazón da Artesanía é un evento integral destinado a divulgar os oficios artesanais, a impulsar a comercialización do produto artesán galego e doutros produtos gourmet de calidade, así como a buscar sinerxías entre a artesanía e outros sectores como a gastronomía –a través do seu proxecto Artesanía no Prato, iniciado na segunda edición deste encontro – a arquitectura, a moda ou o deseño. Nestes anos, o Corazón da Artesanía converteuse xa nunha cita ineludible no calendario de eventos de interese artesanal de Galicia á que acoden perfís profesionais nacionais e internacionais vinculados ao deseño e á artesanía, co obxectivo de abrir novas oportunidades de negocio entre os artesáns galegos.

Recoñecido como o gran evento de referencia na promoción dos nosos oficios artesanais -resultou finalista nos Premios Nacionais de Artesanía 2022, na categoría Premio Promociona para Entidades Públicas-, a súa orixinalidade e posta en escena permite que este encontro reinicie a súa consolidación como motor da dinamización socioeconómica, a conservación da tradición, a difusión da cultura e a promoción turística de Galicia.

FESTAS DO APÓSTOLO

SEGUNDA QUINCENA DE XULLO

As celebracións dedicadas ao Apóstolo teñen unha duración aproximada de quince días. Nestas festas conviven a solemnidade relixiosa e oficial, o sabor popular, e a animación, que converten a toda a cidade nun gran festival. O 24 e o 25 de xullo son os días grandes. A noite do 24 hai un impresionante espectáculo de fogos artificiais que se pode ver desde distintos puntos da cidade. Durante esta quincena as actividades culturais destacan pola súa calidade e diversidade. A música de todos os estilos, a danza e o teatro, os pasarrúas, as verbenas... invaden Compostela.

Consulta o programa completo proximamente na nosa páxina web revistapincha.gal

CONCERTO DE CARLOS RIVERA

MULTIUSOS DE SAR

27 DE XULLO ÁS 21.00 H |

PREZO: DESDE 35€

Carlos Rivera regresa a España coa súa nova xira ‘Un xiro a todas partes’. A gran enerxía do ídolo mexicano, a súa voz e éxitos como: ‘Que lo nuestro se quede nuestro’, ‘¿Cómo pagarte?’, ‘Me muero’, ou ‘Digan lo que digan’ son algúns dos compoñentes deste novo tour cheo de emocións e sorpresas.

VOCES OLVIDADAS. LAS MUJERES DEL HOSPITAL DE CONXO CIDADE DA CULTURA

ATA O 30 DE SETEMBRO

A exposición pretende dar a coñecer a riqueza do fondo do propio Hospital Psiquiátrico de Conxo. En total foron seleccionadas 57 pezas entre documentos, fotografías e obxectos, distribuídos en seis vitrinas onde destacan os expedientes de ingreso, as historias clínicas e os diagnósticos das pacientes (moitas veces tan impactantes como “loucura xenital”, “loucura histérica” ou “psicose melancólica”).

FESTIGAL

24

E 25 DE XULLO

O Festigal converteuse nunha gran feira da cultura galega, de entrada libre, que dá a coñecer novas expresións artísticas e creativas para construír conciencia de país. Unha feira de asociacións, postos de artesanía, zona de acampada, oferta gastronómica, librarías, galería das ideas e obradoiros infantís completan a ampla programación que atrae milleiros de persoas a este grande evento. O xurado do VII concurso Novos Valores 2023 escolleu como banda gañadora ao grupo de indie pop coruñés, Leria. As súas integrantes, Mayra, Helena, Andrea e Itziar, serán as encargadas de abrir o Festigal o 24 de xullo. O resto do programa, proximamente en revistapincha.gal

MIRAR A CIDADE. UNHA VISIÓN POLIÉDRICA

CASA DO CABIDO

ATA O 14 DE AGOSTO

Exposición de fotografías de Fuco Reyes. A mostra, que inclúe 50 fotografías de diversos recunchos da cidade, é unha visión persoal de Santiago desde a mirada do autor. “Construímos unha cidade invisible, un imaxinario persoal e singular de Compostela. Unha visión poliédrica e atemporal de espazos urbanos que xeran procesos de pensamento que nos converten en espectadores e actores únicos”, indica Fuco Reyes.

Se programas algún evento gastronómico ou cultural en Santiago ou A Coruña ou comarca que quixeras que apareza na nosa axenda, escribe a:

redaccion@revistapincha.gal

Axenda suxeita a posibles modificacións. Consulta novidades en revistapincha.gal/ axenda-gastrocultural

axenda
5 |

Rúa de San Paio de Antealtares, 16 Santiago de Compostela

De mércores a sábado de 16:00 a 02:30 Domingo de 16:00 a 01:00

T. 669 852 768 acarrilana.com

Rúa de San Lázaro, 54 Santiago de Compostela

T. 981 586 459 - acasadavina.gal acasadavina@gmail.com

FB: casadavina IG: a_casadavina

Santiago de Compostela

T. 981 556 179 alareirasantiago.es FB e IG @alareira_santiago

Tamén take away

Rúa de San Pedro, 120 Santiago de Compostela

De 13:00 a 15:45 e de 20:00 a 22:30 Pechado Luns e Martes

T. 981 589 600 - amaceta.com

COMIDA PARA RECOLLER

Avda. Benito Vigo, 70 - A Estrada

De 13:00 a 17:00 e de 20:00 a 00:00 Luns e martes pechado

T. 986 571 226 - argentinosburguer.com

Avenida de Ferrol, 9 Santiago de Compostela

L a S de 13:30 a 15:30

e de 20:00 a 23:30

artesanagastrobar.com

COMO NA TÚA CASA

Avda. da Liberdade, 11 Santiago de Compostela

T. 981 813 520 - labodeguilla.gal

San Clemente, 6 - Baixo Dta. Santiago de Compostela

Luns a mércores de 08:00 a 17:00

Xoves de 8:00 a 0:00

Venres e sábado de 08:00 a 01:00

Domingo de 08:00 a 00:00

T. 981 024 634 - cafelamorena.com

IG: @cafelamorenasantiago

Alejandro Pérez Lugín, 11 Santiago de Compostela

Xuño: de Me a S de 12:00 a 16:30 e 19:30 a 23:30 - D de 12:00 a 16:30

Xullo: de L a V de 12:00 a 16:30 e de 19:30 a 23:30 - S e D pechado

T. 881 944 686 - @flamingocompostela

Rúa das Galeras, 28 Santiago de Compostela

T. 652 332 410 abrasador.com

PEDIDOS NA WEB E POR TELÉFONO

Rúa Nova, 46 Santiago de Compostela

T.981 583 981 - latitacompostela.com info@latitacompostela.com

FB e IG @latitacompostela

Luns a Venres de 9:00 a 17:00

Sábados de 12:00 a 18:00 e tamén nas actuacións dende unha hora antes

T. 981 573 807 cafeterialasso.gal facebook.com/cafeterialasso

hostalaría | 32 | Pincha Santiago | xuño 2023

mamá peixe

taberna mariñeira

Rúa da Algalia de Arriba 45 Santiago de Compostela

De 13:30 a 15:30 e de 20:30 a 22:30 Me e D só mediodía. Luns pechado

T. 981 070 526 - mamapeixe.webnode.es

– EST 2005 –

milongasparrillada.com FB e IG @milongasparrillada

Avda. Raxoi, 19 - Baixo Santiago de Compostela

SERVIZO A DOMICILIO E PARA LEVAR

Rosalía de Castro, 23 Santiago de Compostela

T. 981 590 538 oreidobocadillo.com

Rúa de San Pedro, 16 Santiago de Compostela

De L a S de 13:30 a 15:45 e de 20:30 a 23:15

T. 981 577 633 - dezaseis.com

RESERVAS NA WEB EN TEMPO REAL

Santiago de Compostela

981 587 196 info@osendeiro.com osendeiro.com

A ALMA DE GALICIA Vía Galileo s/n [Pol. do Tambre] Santiago de Compostela

Rúa das Casas Reais, 21 Santiago de Compostela

T. 981 115 092 reservas@grupoorixe.com orixegastronomiagalega.com

L a V: 06:00 a 22:00

S: 06:00 a 14:00 - D: 08:30 a 14:00

T. 981 561 933 cafeteriapoligono@gmail.com

Cafés de espacialidade torrados en Santiago coffeemori.com

Rúa Nova, 32 Santiago de Compostela

Rúa de Sempre en Galiza, 1 Santiago de Compostela

De 11:00 a 23:30 - Sábados pechado

T. 981 592 399 restauranteferro@gmail.com restauranteferro.com

Rúa de Abril Ares, 4 Santiago de Compostela info@otestobar.com otestobar.com

De martes a sábado de 12:00 a 17:00 e de 19:30 a 00:00

Rúa Nova de Abaixo, 36 Santiago de Compostela

T. 981 591 947 raicesgalegas.gal

> Consulta novidades nas páxinas webs e redes sociais de cada local, así como na Guía de Ocio e Compras de revistapincha.gal Pincha Santiago | xuño 2023 | 33 |

Rúa da Raíña, 4 - Santiago

De 11:00 a 15:30 e de 19:15 a 23:00 Preguntoiro, 35 Santiago de Compostela riquela.com

T. 981 572 257 restaurantesanjaime.com info@restaurantesanjaime.com instagram.com/restaurante_san_jaime

Rúa Mazarelos, 4-5 Santiago de Compostela

T. 696 484 123 sonarcompostela.com

Consulta novidades nas páxinas webs e redes sociais de cada local, así como na Guía de Ocio e Compras de revistapincha.gal

outros negocios

Rúa Travesa, 7 Santiago de Compostela

Asesoría Laboral, Fiscal, Jurídica y Contable

Javier Alvarellos

Mª del Mar Rodríguez - Pablo Vizoso

t. 981 570 393 – 608 883 589

T. 981 571 469 liladelilith@gmail.com

L a V de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 S de 10:30 a 14:00

Área Central, local 25K1 1ª planta Santiago de Compostela

981 587 090 - IG. @maria_solla de 10:00 a 18:00 9:30 a 15:00. Ma pechado

NOVO SERVIZO ONLINE pandamoa.com/tenda

Rúa do Cubelo, 27 Santiago de Compostela

Re-compramos e Re-vendemos libros

Santiago de Chile, 2 Santiago de Compostela

Únete a nós!!! | 34 | Pincha Santiago | xuño 2023

T. 881 998 420 facebook.com/rereadsantiago instagram.com/rereadsantiago twitter.com/RereadSantiago1

T. 682 410 689 - info@seispes.com

www.seispes.com

Í
LIBRAR
A LOWCOST
T. 981 552 352 hostalaría
publicidade@revistapincha.gal

ESTAMOS DE ANIVERSARIO!

PINCHA FAI SEIS ANOS INFORMANDO EN GALEGO SOBRE GASTRONOMÍA E CULTURA

Seis anos pasaron desde aquela primeira Pincha que se publicou en maio do 2017 en Compostela. Máis dunha trintena de números en Santiago despois e con xa catro edicións da revista na Coruña, facemos na nosa páxina web un resumo deste tempo para que nos coñezas un pouquechiño máis!

Graciñas ao #equipazopincha, aos anunciantes sen os que sería imposible imprimir unha revista coma esta, as e os protagonistas das nosas páxinas e, por suposto, aos lectores e lectoras.

#somospincha

FALTRUKEIRAS, A TRADICIÓN GALEGA NO REINO UNIDO

Onoso baile e música tradicional non ten fronteiras. Ben sabemos que en lugares históricos da emigración, como América Latina, se seguiu conservando esta cultura a través dos seus centros galegos, pero imos a outro punto xeográfico. Que unha palabra tan da terra como é faltriqueira teña que ver co Reino Unido parece complicado, pero así o argallou un grupo de persoas apaixonadas pola tradición galega. FaltrUKeiras (UK-United Kingdom) é unha agrupación creada tan só hai un ano por descendentes de galegos, persoas que se trasladaron a vivir a Londres e incluso por algún membro que non ten nada que ver pero que igualmente abraza a nosa cultura.

Le a entrevista completa en revistapincha.gal>

O LIBRO DE LILA DE LILITH

O cento voando

Andrea Nunes e Ánxela lema (coords.) Xerais, 2023

Amores, alianzas e non-monogamias. Libro colectivo onde habitan moitas vidas, moitos estilos e moitas relacións. Todas dentro do bo querer.

O título nace dun poema de Andrea Nunes: Non todas preferimos/o paxaro na man/ a outras dános/ polo cento voando.

Á venda na Libraría Lila de Lilith, na Rúa Travesa, 7.

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.