Revista Pincha A Coruña marzo 2023

Page 14

Lévame contigo

8M – Coruñesas na gastronomía e a cultura

Coa chef Iria Espinosa e a actriz Luisa Merelas

Saímos de viños por Millo e Jaleo e poñemos cara aos ‘foodies’ da cidade

A CORUÑA | marzo 2023
Revista de Gastronomía & Cultura

ALTO E CLARO

En cantos restaurantes segue estando o cambiador dos bebes só nos baños femininos? Cantas veces pides a conta e se hai un home na mesa danlla a el? Ou a bebida con alcohol que era para ti, muller, acaba nas mans do teu acompañante masculino? Cantos grupos coñeces formados só por músicas? Quen protagoniza a maior parte das películas ou series de televisión? Quen as dirixe ou as escribe? O machismo segue tan presente na nosa sociedade que o tema daríanos para escribir varias reportaxes nos ámbitos gastronómico e cultural.

Nesta ocasión decantámonos por escoitar as historias de dúas coruñesas. Por un lado, entrevistamos á chef Iria Espinosa, copropietaria do único restaurante da cidade con Estrela Michelin, Árbore da Veira, que nos explica o complicado que é para unha muller chegar a un posto de alta cociña. Por outro, falamos coa actriz Luisa Merelas, que por primeira vez conta publicamente a violación que sufriu sendo moi nova. Faino porque é consciente da importancia de non calarse. De contar o vivido para axudar a que non pase máis. Porque como ela mesmo di, o máis importante é a educación. Que todos entendamos que o feminismo é o único camiño. Grazas pola túa valentía, Luisa!

Nesta Pincha ofrecémosvos ademais outros moitos contidos. Saímos de viños con Juan Pérez, de Jaleo, e Moncho Méndez, de Millo. Poñemos cara a algúns dos perfís ‘foodies’ da Coruña en Instagram. Coñecemos un dos proxectos gastronómicos con presenza nesta cidade e en Madrid. E entrevistamos ao grupo Moura, á gañadora dos Premios Artesanía de Galicia 2022 e ao propietario da libraría Re-Read na Coruñaque é o noso colaborador Javier Pereira.

Como vedes, temos moito para vós. Desta vez non haberá queixa! ;)

reportaxe

| En tempos de alzar a voz

10 de bares | Un viño, por favor!

14 somos Coruña | Moura

16 entrevista | Premios Artesanía de Galicia 2022

20 reportaxe | A Coruña ‘foodie’

24 de libros | Libraría Re-Read

26 A6 | Le Tavernier

28 axenda

32 directorios

34 ultramarinos | #pinchanaradio

Edita:

Rebeca Munín | Directora ola@revistapincha.gal coruna@revistapincha.gal

Deseño e maquetación: Alberto Seoane

Publicidade e Redacción: publicidade@revistapincha.gal redaccion@revistapincha.gal

Fotografía:

Iván Barreiro | ivanbarreiro.com

Colaboran neste número: Carlos Palomar, Patricia Dopazo, Javier Pereira Gasamáns, Silvia Castiñeiras, Ruth Ríos e Ana Romero

Imprime:

LUGAMI Artes gráficas SL Depósito Legal:

C 607-2017

www.revistapincha.gal

Búscanos en Facebook, Twitter, Instagram e YouTube como Revista Pincha

Prohibida a reprodución total ou parcial de calquera contido ou fotografía sen previa autorización.

Os textos redactados polos colaboradores son responsabilidade do propio autor.

O contido da publicidade é de exclusiva responsabilidade do anunciante.

BAVF
04
ÍNDICE
ATOPAR PINCHA 
ONDE
Finalistas dos Premios da Crítica de Galicia 2022 na categoría de cultura gastronómica
Por Rebeca Munín
reportaxe | 4 | Pincha A Coruña | marzo 2023

Iria Espinosa e Luisa Merelas, no restaurante da primeira, Árbore da Veira.

EN TEMPOS DE ALZAR A VOZ

Apiques de chegar o Día Internacional da Muller, que se conmemora cada 8 de marzo, quixemos falar con dúas profesionais das dúas temáticas que sempre tratamos en Pincha, a gastronomía e a cultura, de como evolucionou o papel das mulleres nestes dous sectores. Para iso, convidamos á actriz Luisa Merelas, coñecida polos seus traballos en teatro, cine e televisión, a visitar o único restaurante que conta actualmente cunha Estrela Michelín na cidade herculina, Árbore da Veira; que rexenta, xunto co seu socio Luis Veira, a chef Iria Espinosa.

As dúas naceron na Coruña, aínda que épocas moi diferentes. A Luisa, con case 65 anos, tocoulle vivir nun país con moitas menos liberdades para as mulleres. A realidade de Iria, con 36, foi ben diferente, pero aínda así non exenta do machismo e o patriarcado que segue sendo unha eiva na nosa sociedade.

O ano pasado, o Centro Municipal de Información á Muller (CIM) da cidade atendeu a 863 usuarias sobre distintos aspectos relacionados coa violencia de xénero. “Trátase dunha cifra que se mantén estable nos últimos anos e iso obríganos a non baixar a garda”, explica a concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación, Yoya Neira. “Que non haxa un aumento acusado de mulleres que veñen en busca de información non quere dicir que sexa menos preocupante. O problema segue aí e é terrible”, subliña.

Unha das solucións pasa precisamente por alzar a voz, por denunciar o que pasa, por educar en igualdade... Desde o Concello destacan tamén que no 2022 realizáronse un total de 283 actividades para colectivos de todas as idades e en distintos sitios (na rúa, nos colexios, en eventos, na Universidade) polos que pasaron 13.441 persoas. Tanto o incremento de actividades como de participantes creceu máis dun 300% con respecto a 2021, ano no que houbo 70 actividades e 3284 participantes. Sigamos nese camiño. Non calemos. Estamos a tempo.

Foto: Iván Barreiro
Por Rebeca Munín
Pincha A Coruña | marzo 2023 | 5 |
| 6 | Pincha A Coruña | marzo 2023
I Luisa Merelas leva máis de 50 anos facendo teatro, cine e televisión. Foto: Iván Barreiro

Luisa Merelas:

ALuisa Merelas (A Coruña, 1958) estamos moi afeitos a vela en papeis de “mala”. Como esa Dona Carme da televisiva ‘Matalobos’ ou o seu máis recente éxito no teatro, ‘Bernarda’, da compañía Malasombra. “A min custábame ás veces traballo dicir aquelas frases que tiña que dicir na serie! (risos) Tiña que atoparlle xustificación dentro da maldade. Eu non creo que ninguén sexa moi bo, moi bo na súa vida ou moi malo, moi malo. Todos temos matices na nosa personalidade. E os personaxes tamén”, explica.

Que a encadren nese tipo de papeis non lle preocupa: “A min o que me importaba máis era ter emprego, poder pagar as facturas. Na pandemia pasei un ano sen traballar e decidín xubilarme anticipadamente. Agora intento coñecer outras cousas, ser feliz, gústame moito a natureza, teño unha horta na que paso moitos momentos, cultivo tomates, leitugas, remolachas... É marabilloso! E só acepto traballos se me gustan e me compensan economicamente”.

Porque tal e como recoñece Luisa a súa profesión é moi inestable, e moito máis se es muller. “Sempre houbo máis papeis para actores que para actrices. Nas series, nas películas... Hai unha maior porcentaxe de homes que de mulleres. Por que? Porque as historias están escritas a maior parte por eles”.

O seu amor pola actuación comezou sendo unha nena. Tivo a sorte de contar como profesor no seu colexio co recoñecido dramaturgo Manuel Lourenzo. E con 15 anos entrou na súa compañía ‘Teatro independente’. Grazas a el tamén puido examinarse en Barcelona e licenciarse en Arte Dramático. Pero como levaba a súa familia que se dedicara naquel momento ao mundo do espectáculo? “Era unha época de espertar como sociedade. Na miña casa sentín ese apoio porque coñecían ao meu mestre. Non foi como un pai, pero si que sentín o seu respecto. Había esa confianza”, relata.

Comezou nos 70 unha extensa carreira en montaxes teatrais que continúa ata hoxe en día. Coa chegada da TVG, a mediados dos 80, fixo tamén moita dobraxe. E desde os 90 leva participado en decenas de series de televisión e películas. Unha das últimas, un pequeno papel

na premiada ‘As Bestas’, de Rodrigo Sorogoyen. Máis de 50 anos subida aos escenarios que dan para vivir moitos momentos sexistas. “Recordo situacións de ser eles os directores e tratarme coma se fora unha nena. Houbo, por exemplo, unha vez no teatro, nunha obra na que eu era a protagonista, e fixéronse os programas de man co meu apelido mal escrito. O director dixo: “Bueno, pero non pasa nada, non che importa, verdade, Luisa?”. Eu non fun capaz de defenderme. Unha compañeira miña do elenco, Mónica García, foi a que dixo que había que cambialo. Non sei se iso foi un acto machista, pero se fora un home protagonista ao mellor non pasaba. Eu sinto que teño moito que aprender, aínda aos meus anos, teño que saír cara arriba. Teño que conseguir empoderarme”.

Luisa destaca que grazas aos movementos feministas as cousas están a cambiar, que é moi importante que as mulleres alcemos a voz. E iso mesmo fai ela contando por primeira vez publicamente o que viviu sendo moi nova: “De nena sufrín abuso sexual e con 18 anos, unha violación. Pero non se me ocorreu denuncialo. Naquela época non se facía. Sentíame incluso culpable por confiar naquela persoa. Por irme con alguén que pensei que era amigo das miñas amigas. E non reaccionei. E mira que vexo ao violador de cando en vez e danme ganas aínda hoxe en día de plantarme diante del e...”. Luisa non continúa. Xa é un paso moi grande simplemente verbalizalo. Ao pouco, fai outra importante reflexión: “Eu tiven o meu primeiro fillo aos 21 anos e non tiña claro que o quería ter. Pero como lle ía dicir iso á miña nai! Deixeime levar, non fun capaz de reaccionar. É o machismo que te paraliza. Eu estaba paralizada. Hoxe é moi importante que poidamos ser donas do noso corpo. O machismo está na sociedade, en todas partes. Agora que vou facer 65 anos no mes de abril, con esta perspectiva do tempo, é cando máis o vexo. Aínda hai moito que cambiar, seguen morrendo mulleres a mans dos homes, hai que educar aos fillos desde moi cedo... Como di a escritora Inma López Silva: hai que liberar aos homes do peso do machismo. Será bo para nós e eles tamén se van sentir liberados”.

“Sempre houbo máis papeis para actores que para actrices porque as historias están escritas a maior parte por eles”
Pincha A Coruña | marzo 2023 | 7 |
“Sufrín unha violación e non o denunciei. Naquela época non se facía”
| 8 | Pincha A Coruña | marzo 2023
I Iria Espinosa é copropietaria do restaurante Árbore da Veira, cunha Estrela Michelin. Foto: Iván Barreiro

Iria Espinosa:

Segundo datos da asociación Hostalaría España a hostalaría é o único sector entre os grandes da nosa economía no que hai máis mulleres que homes (un 53,1% no 2021). Ademais, o 85% da comida é cociñada por mulleres, mais só un 40% dos establecementos están dirixidos por elas. E a porcentaxe é moito menor se falamos de alta cociña. Só o 10% dos restaurantes distinguidos con algún recoñecemento están liderados por unha chef. Por poñer algúns exemplos na nosa terra: o Grupo Nove conta con máis dunha vintena de cociñeiros galegos pero só dúas son mulleres, Beatriz Sotelo e Lucía Freitas; e no colectivo Coruña Cociña, con 21 membros, atopamos só a Alma García e Ángeles Marzoa. Iria Espinosa (A Coruña, 1986), copropietaria de Árbore da Veira, atribúe esta situación ás dificultades de conciliación que supón un traballo coma o seu. “Eu tíveno fácil porque no meu sector nunca vivín ese machismo de que os homes estiveran por riba. Todos os homes cos que traballei sempre me trataron como unha persoa máis. Pero para chegar a ser xefe de cociña nun restaurante require moita dedicación. As corenta horas é como debería ser pero todos somos conscientes de que non é real. Ao mellor non estás máis tempo na cociña, pero si que estás no ordenador, creando… traballando doutra maneira. Eu acabo de ser nai fai un ano e catro meses e doume de conta de que iso con nenos é moi complicado. E para o meu marido, que tamén é cociñeiro, é igual de complicado que para min conciliar”, explica.

Precisamente para ter unha mellor calidade de vida, en Árbore da Veira abren só as noites dos venres e sábados. “Así teño todas as tardes para dedicarme á miña filla. Pero se rematas ás 16.00 h e volves a entrar ás 19.00 h… é imposible! Antes na hostalaría librabas un día e traballabas todos os demais mañá e noites. Agora non. Estamos a novas xeracións para cambialo. O meu socio sempre di que eu lle abrín un pouco a mente porque parece que antes todo se baseaba só en traballar”.

Iria comezou a cociñar coa súa avoa. “Recordo subirme a un banquiño con ela e empezar a mancharme as mans: facer croquetas, albóndegas, a cortar o que me dicía…”,

lembra con nostalxia. Despois estudou un ciclo superior no CIFP Paseo das Pontes. De aí pasou ao mundo do catering xunto a Javier Rodríguez Ponte “Taky” e á cociña do restaurante Alborada. Alí coñeceu ao seu marido, Álvaro, e ao que logo sería seu socio, Luis Veira. E aí, cando só tiña 22 anos, gañaron a primeira Estrela Michelin. A seguinte chegaría no 2013, na primeira etapa de Árbore da Veira na rúa de San Andrés. “Foi emocionante, aínda que o que é verdadeiramente importante é que a xente marche contenta do teu local. Por moitas Estrelas que teñas, quen te premia é o cliente todos os días”, sostén. No 2018 arrincaron cunha nova aventura. “Tivemos a oportunidade de coller este local no Monte de San Pedro e non o dubidamos. Aquí temos o restaurante onde damos de comer a unhas 30 persoas e tamén un salón para eventos. Ademais na pandemia montamos a taberna Cinco Mares e o mellor é que temos aquí todo xunto e sempre estamos ou Luis ou eu para atendelos”, explica.

En Árbore da Veira impresionan as vistas do Atlántico, coa Torre de Hércules presidindo a paisaxe. “O que vemos pola ventá todos os días cando chegamos é o mar. Sería absurdo ofrecer outra cousa que non viñese de alí. Entón a nosa é unha cociña baseada no peixe e nos mariscos. E tamén nos recordos. En pratos que nós coñecemos aos que damos unha volta. Por exemplo, o guiso de choupas que facía miña avoa, un guiso mariñeiro que se fai moito na Coruña. E logo é verdade que tratamos de estar ao día nas técnicas novas que poden saír. Nunca deixamos de aprender”, sinala Iria.

E desde este lugar da cidade, case poderiamos dicir máxico, agardan deixar dentro de pouco de ser o único restaurante coruñés con Estrela Michelin: “Temos un nivel gastronómico moi bo. Moita xente nova que está montando os seus locais, a pesar do difícil que é emprender e de como están os gastos de todo. Sería moi bo para Coruña, como turismo gastronómico, que houbera máis Estrelas; porque ademais témolo todo: o mellor produto, o espazo, etc.”. Benvidas, se chegan!

Pincha A Coruña | xaneiro 2023 | 9 |
“Por moitas Estrelas que teñas, quen te premia é o cliente todos os días”
“Chegar a ser xefa de cociña require moita dedicación e a conciliación é moi difícil”

Juan Pérez:

#debares
I Juan amosando algunhas das máis de 400 referencias que teñen na viñoteca Jaleo. Foto: Iván Barreiro
| 10 | Pincha A Coruña | marzo 2023
“En Jaleo contamos con aproximadamente 450 referencias e tentamos poñer en valor e peso o viño galego”

Un viño, por favor!

Galicia é todo un mundo en canto a viños, xa que entre as súas cinco DO concentradas entre A Coruña, Pontevedra e Ourense, cultívanse o 60% das variedades autóctonas de España. Rías Baixas, Ribeiro, Valdeorras, Ribeira Sacra e Monterrei. Albariño, Godello, Treixadura, Loureira, Mencía, Sousón, Espadeiro… Unha ampla e atractiva oferta vitivinícola recoñecida a nivel mundial. Un traballo, dedicación, esforzo, tradición, historia con recoñecementos, premios, puntuacións en listas de prestixio do sector. Viños cunha personalidade única que representan un territorio e un saber facer.

É un tema moi amplo que me daría para varios artigos. Para comezar falareivos do servizo de viños. «Cociñar é amar, servir é coidar», Josep Roca

A palabra coidado recae na responsabilidade do servizo de sala e isto implica aspectos como a comunicación, o trato, a escoita, a atención, o respecto, a empatía, a profesionalidade, etc.

Será positiva se se coidan e negativa, se se descoidan. Pero... que caracteriza a un bo servizo? Quen é o responsable de servir o viño? A Coruña ten un bo servizo en viño, oferta, variedade e profesionalidade neste sector?

Nalgunha ocasión atopeime en lugares que dan unha resposta breve, clásica e básica á miña petición de copa de viño: “Temos Rioja, Ribera del Duero, Mencía e Albariño...”.

É unha mágoa cando isto ocorre, pero marabilloso cando descobres lugares que ofrecen unha coidada carta de viños e consellos para gozar, aprender, sorprender. É tan gratificante que nace unha bonita relación, un apego ou cariño e a necesidade de ir máis veces a seguir recollendo o que recibes. Calma a túa curiosidade, consegues unha guía, un sitio que che ofrece o que buscas. Dar e recibir.

Nesta ocasión imos de viños na Coruña con dous grandes profesionais deste sector: Juan, da Vinoteca Jaleo (rúa Galera, 43), e Moncho, Premio Cociñeiro Galego 2022, de Millo (rúa Cordelería, 7).

Quen é Moncho?

M.: Son Moncho Méndez de Millo. Son cociñeiro e traballei moitos anos no estranxeiro en cidades como Londres, Barcelona... Millo é un proxecto pequeno, dinámico e un verdadeiro reflexo meu.

Ao regresar a Galicia, traballando en Culuca, medrou a miña curiosidade polo mundo do viño. Comecei a ler, a aprender, e agora xa é unha paixón.

Quen é Juan?

J.: Son Juan Pérez de Jaleo. Comecei a traballar na hostalería aos 19 anos. Os meus comezos foron na Brasa, un moi bo e recoñecido restaurante da rúa de Juan Flórez que hoxe por desgraza xa non existe. Desde aí fun ao Árbore da Veira para traballar con Luís Veira. En Árbore doume conta da importancia do viño na gastronomía e na formación. Comezo a asistir a cursos, ler e estudar o curso superior de sumiller profesional no Instituto Galego do Viño. Despois de rematalo, incorporeime a Jaleo, hai aproximadamente catro anos, e aquí seguimos.

Como xestionades e desenvolvedes a vosa carta de viños? Que representación ten nel o viño galego?

M.: A comida e o viño van da man. Millo é un lugar onde se vende moito viño e a xente vén probalo. Decidín prescindir da carta porque cada semana cambiamos e traemos moito viño, ofrecemos unha oferta bastante ampla. O meu cliente quere probalo e aconséllaselle. É algo que me fai sentir orgulloso. A xente vén descubrilo con curiosidade e preocupación. Cada semana teño un viño diferente sen límites de rexións, DO, uva...

J.: Jaleo ten un menú estruturado en base á nosa cociña. Contamos con aproximadamente 450 referencias e tentamos poñer en valor e peso o viño galego. O 80% da carta está formada por viños galegos, o 10% internacional e o outro 10% nacional. Intentamos tamén dar visibilidade e apoio a novos proxectos.

Á hora de elixir adegas e viños déixome levar polas sensacións que me transmiten e que sexan reflexo do seu territorio ou zona de produción.

Dopazo @gente.que.cuenta
Por Patricia
Pincha A Coruña | marzo 2023 | 11 |
I Ademais de cociñar, Moncho encárgase da oferta de viños no seu local, Millo. Foto: Iván Barreiro
| 12 | Pincha A Coruña | marzo 2023
Moncho Méndez: “A comida e o viño van da man. Cada semana teño en Millo un viño diferente sen límites de rexións, DO, uva...”

Como debe ser unha carta de viños perfecta?

M.: Hai que ter bos viños. Ten que sorprender e, ademais, debe ter alguén que a defenda. Creo que debería xerar preocupación, curiosidade.

J.: É un mundo que non para, que se reinventa constantemente, así que temos que adaptarnos e ir cos cambios. Aparecen novos estilos, correntes, etc. É necesario estar ao día, reflectir estas novas correntes sen perder a propia personalidade e o valor para os que nos rodean. É necesaria a formación para realizar o servizo e outros aspectos relacionados co viño no restaurante? Hai persoal formado e profesional na Coruña?

M.: Creo que é importante a formación, pero tamén a inquietude. Non parar porque sempre hai cousas novas. Hai que saír, coñecer, comer, beber... é unha forma de vida en si mesma. Seguramente hai formación na cidade.

J.: A formación é algo imprescindible. Observo que cada vez son máis as persoas que teñen máis coñecementos. Viaxan máis, descobren máis sobre a gastronomía e o viño grazas a probar cousas, aprender, ler e abrirse ás experiencias. Cal é a vosa opinión persoal do sector coruñés?

M.: Todo se desenvolveu moito na cidade. Paréceme un lugar para gozar en todos os sentidos, incluído o viño. Moitos establecementos de cidades importantes son xestionados por galegos, sen dúbida, é unha zona de referencia.

O perfil do cliente depende da localización. No meu, o que máis o representa é a súa curiosidade. Coñecer o teu perfil de público é esencial e importante para poder acertar co viño e todo o demais.

J.: Jaleo está situado nunha zona de pinchos e tapas, a Galera. Aquí o perfil do cliente é moi diverso. Entra xente con moito coñecemento, xente que está empezando, xente cun perfil clásico...

A Coruña gañou impulso gastronómico. Hai máis ofertas, outros conceptos, xente preparada con estudos e experiencia. Co viño pasa o mesmo, a xente ve a necesidade de prepararse para esta demanda.

EN CURTO

Un referente.

M.: A visita a Iria Otero, Ribeiro.

J.: Juanjo Figueiroa. Coñecelo deume outra perspectiva do que é ser sumiller.

Viño favorito.

M.: Silice, Guimaro. A Ribeira Sacra é a miña DO favorita.

J.: Quinta da Muradela, envellecemento oxidativo 2019.

Viño imprescindible.

M.: Acidez.

J.: Viños de Betanzos.

Último descubrimento.

M.: Gioacchino Rosso, Etna.

J.: Savoy, Francia.

Denominación de orixe.

M.: Ribeira Sacra.

J.: Rías Baixas.

Bodega.

M.: Albamar.

J.: Forjas do Salnés.

Uva.

M.: Albariño.

J.: Albariño.

Viño que me ofrecerías.

M.: Mextura, Ribeiro.

J.: Vimbio

Un local.

M.: Jaleo, A Coruña.

J.: A Curva, Portonovo.

Alquiler de espacios

Eventos privados

Eventos de empresa

Reuniones sala bosque

Cenas Cluedo

Concursos

Rodajes Gastronomía

Cursos y talleres

Idiomas

Arte

Salud y Bienestar

Catas

Música

Tapas-café

Paloma de ensaladilla

Minitortilla

Adriá

Brioches

Bagels

Miniburguers

Tostas XL

Desayunos

Dulces caseros

Un espacio diferente para los que buscan algo diferente web Instagram

Pencilandfork.es pencilandfork_galicia

Pincha A Coruña | marzo 2023 | 13 |

Moura

“Ao mellor é botar por fóra, pero nós queremos facer rock galego, non rock en galego”

A banda Moura publicou o ano pasado ‘Axexan, espreitan’, a continuación do seu primeiro e homónimo disco. A primeira entrega deixounos pampos coa súa mestura de rock progresivo e psicodélico coa música tradicional galega, pero con este traballo confírmanse como unha potencia do rock galego. Nos novos temas atopamos unha integración máis ampla e profunda do psicodélico e o tradicional. Un logro que, segundo a banda, é froito de se mergullar máis fondo na investigación das formas da música tradicional galega. Os singles “O baile do dentón” e o “Romance de Andrés d´Orois” son o mellor exemplo do que estamos a dicir. Falamos con Diego Veiga, un dos compositores, guitarra e vocalista de Moura. Meigas dentro!

somos coruña | 14 | Pincha A Coruña | marzo 2023

Moura nace xa cun concepto de banda que quere mesturar psicodelia e tradición?

Empezamos a montar algo con certo pouso progresivo e psicodélico, pero no 2015 recibimos o encargo de facer unha versión de Zeca Afonso (‘Ronda das Mafarricas’) para un documental. Nese momento vimos que ao incorporar o tradicional, a cousa comeza a funcionar. Logo tamén axudou moito que eu retomei conexións coa miña infancia no rural, e a miña querenza pola etnografía; algo que me inculcou meu pai. A partir de aí ímonos metendo no tradicional, sobre todo porque nos resulta novidoso e porque ten máis posibilidades. Nese momento decidimos que non imos facer rock en galego, senón rock galego, non sei se isto é botar por fóra, pero esta é a idea. Que a nosa tradición se note na forma de cantar, nas melodías das guitarras e na temática.

Vedes que se vos abre un novo horizonte. Como fixades as pautas que poden definir a proposta musical de Moura?

A partir de investigar, de falar con músicos da escena da Cova Céltica, da experiencia da propia Belem (Belem Taxes, tamén vocalista de Moura) que vén do “tradi”. Cada vez que facemos temas é unha aprendizaxe. É unha busca motivadora. Tamén bandas dos setenta como Fairport Convention, Trees ou Pentangle, que colleron os cancioneiros escoceses e irlandeses e os empregaron nos seus temas. Eu fixen o mesmo, collín o cancioneiro de Dorotea e Antón Santo Marina para a facer o segundo disco.

Tedes a influencia dos sesenta e setenta en bandas como Soft Machine ou Pink Floyd. Pero cales son as bandas galegas que serven como guía?

Retomamos a vía dos 70 con Bibiano, NHU, Emilio Cao ou Milladoiro. Todos eles escoitaban Pentangle. Esta visión destas bandas galegas é o pegamento na nosa. Nós non inventamos nada, pero engadimos as nosas propias influencias ás bandas galegas que viñan poñendo en valor o noso, o galego. Nese sentido temos moi presente o traballo que fixeron todos eles. Aplicamos a nosa bagaxe persoal á cultura galega.

Contades coa colaboración de músicos como Antonio Prado e Miguel Vázquez. Era necesarios para poder

chegar ao punto no que o rock dos setenta e o tradicional van da man?

A Irmandade Ártabra é o nome que lle puxen aos músicos que colaboran no disco. Cando te metes a facer algo que non controlas, porque non vimos do tradi, temos que contar con xente que vén dese mundo. Eles implicáronse moito na nosa proposta. Nós ás veces temos ideas un pouco tolas e son eles os que nos axudan a centrarnos un pouco máis. O segundo disco é máis consciente, houbo unha pre produción, pero os colaboradores sempre aportan. Mesmo contamos con etno-musicólogos que nos asesoran. Temos a sorte de poder contar coa xente da Cova Folk e as súas conexións, podemos coñecer todo ese mundo, o mundo do tradicional porque se non, seríamos outro grupo máis de progresivo. Foi moi revelador poder facer un proxecto como Moura, algo que nunca se fixo en galego e ademais empregando arranxos galegos.

Credes que a xente acolleu a vosa proposta ou que lles custa entrar na vosa música?

Nós estamos no underground, o que quere dicir que o noso número de oíntes non é moi grande. Aínda así a xente achégase porque somos diferentes; isto é algo que se nota sobre todo nos directos. Moitas veces subestimamos a capacidade das audiencias para enfrontarse, por exemplo, aos temas longos. Hai que ter en conta que o noso primeiro disco tiña catro temas, co que iso supón de duración das cancións. E logo hai un público anglofalante, co que facemos unha labor de pedagoxía. Eu insisto moito en falarlles de Galicia, de onde vimos, pero esta mensaxe non lles chegaría se non fose porque a música lles resulta atractiva.

Como vedes o futuro de Moura en canto música?

A nosa idea é seguir experimentando. Xa se nota no segundo disco, hai un alalá, unha alborada de sintetizadores, un cantar do liño, hai un romance. Xa sabemos un chisco máis, seguimos aprendendo da xente que sabe. Nós facemos recollidas de recollidas, non é traballo de campo pero é investigación. Non queremos que a xente teña a impresión de que “aí veñen estes que se lles deu polo tradi”. Nós temos moito respecto, estamos metidos de cheo nisto. A nivel creativo, que teño corenta anos e estiven en moitos proxectos, a investigación do tradicional foi un revulsivo. Obríganos a estar aprendendo constantemente. A propia idea da psicodelia é experimentar, neste caso experimentamos co tradicional.

I Moura está formada por Diego Veiga, Hugo Santeiro, Fernando Vilaboy, Luis Casanova, Pedro Aguado e Belém Tajes. Foto: Leo López
Pincha A Coruña | marzo 2023 | 15 |
Por Javier Pereira Gasamáns
entrevista
| 16 | Pincha A Coruña | marzo 2023
Laura Delgado recibindo o Premio Artesanía de Galicia 2022 da man do presidente da Xunta, Alfonso Rueda.

LAURA DELGADO, PREMIO ARTESANÍA DE GALICIA 2022:

“Haberá xente que teña as miñas pezas como adorno, pero a min gústame que se utilicen”

Artesanía de Galicia vén de recoñecer nos seus premios 2022 o traballo e enxeño daquelas persoas que se esforzan pola creación de calidade, partindo dunha paixón á que lle engaden un gran compoñente creativo e tacto na elección de materiais. É o traballo das persoas artesás, esas que lle dan sentido ao noso, ao feito aquí cunha pegada persoal, as que converten unha peza en única e o seu lugar de produción, en excepcional. Laura Degaldo leva co seu taller de cerámica utilitaria en Cambre dende 2015, colaborando con diferentes cociñeiros e cociñeiras galegas de prestixio. É a creadora de ‘O mundo do revés. Coctelería peliqueira’, unha colección de vasos para cóctel que imitan o concepto dos chamados vasos tiki da cultura polinesia, pero desta vez decorados con motivos dos personaxes do entroido tradicional da provincia de Ourense.

Que significa para ti este premio de Artesanía de Galicia? Significa un recoñecemento. Levo 3 ou 4 anos presentándome, xa fora finalista, e que recoñezan o teu traballo é moi gratificante. Por un lado, é un premio ao esforzo porque intento realizar pezas que se saian do que fago habitualmente no taller. Por outro lado, como a peza está ligada igualmente á cerámica utilitaria e á hostalería, ámbito no que me desenvolvo, tamén se premia o traballo en xeral do día a día.

E como chegaches a este vaso tiki á galega?

A idea inicial non era para presentar en ningún sitio. Cando teño algo de tempo trato de pensar nalgunha peza novidosa, como dicía, que se saia do habitual. Comecei a barallar o dos vasos tiki, pero non lle atopaba un significado claro nin entendía moi ben por que se lle poñían unhas máscaras determinadas. Non atopaba moita información, pero investigando descubrín unha historia curiosa de como naceu a coctelería tiki e cheguei ao meu dilema: e eu que lle poño aos vasos?

É dicir, foi un proxecto que se alongou no tempo…

Si, durante un montón de tempo dinlle voltas á historia. Noutro momento atopei un perfil de fotografías de máscaras de tradición animista e aí uníronse as dúas ideas. Despois, aínda estivo o tem-

po de execución porque facer unha peza leva moito. Empecei cun deseño máis redondo que quedaba moi infantil e logo fun chegando a liñas máis xeométricas. Pasaron meses dende que imaxinei a peza na miña cabeza ata o resultado final. Ademais, interviñeron outras persoas do equipo, o cal enriquece esa idea de base. O vaso xa se comercializa? Si, non é exclusivamente para un certame, é para o público. Xa preguntaron por el e mesmo teño lista de agarda, pero iso xa vén sendo habitual (risas).

A que se debe o título ‘O mundo do revés’?

Esa frase atopeina varias veces para referirse ao Entroido en xeral dende as súas orixes, onde non hai normas e todo se permite, sobre todo noutros tempos onde todo estaba moi regulado. Gústame a idea, porque ao final sempre vivimos rodeados de normas.

Hai pezas que parecen intocables, pero o vaso pódese usar non? Si claro, tanto esta peza como todas as que fago son para utilizar. Todo no meu taller é utilitario e emprego materiais e técnicas que así o permitan. Se os pratos ou vasos aguantan o tute dun restaurante teñen que aguantar o da casa. Eu fago pezas para que se usen, haberá xente que as teña como adorno, pero a min gústame que se utilicen. Gustou moito a túa presentación. Que importancia ten o envoltorio?

Creo que é importantísima a presentación. Sempre mola máis que che entreguen unha peza nunha caixa ou bolsa chula que, como antes, en papel de periódico (risas). Para presentar esta peza ocorréronseme moitas ideas, incluso pensei en entregar un libriño ou unha tira de cómic para contar a historia. Pasaron moitas cousas pola miña cabeza, pero resultábanme inviables e quedei con elementos máis prácticos, pero moi bonitos. A bolsa quedou moi ben.

Que supón para ti a marca Artesanía de Galicia?

É un aval sempre. Xa nos inicios é un gran apoio, e xa non digo económico, senón que fan un labor moi importante de márketing externo, con feiras internacionais e eventos nos que mostran o teu traballo e che dan visibilidade. Creo que Artesanía de Galicia é un exemplo de como actuar e, de feito, penso que ten gran relevancia a nivel nacional. Estoulles moi agradecida.

‘O mundo do revés. Coctelería peliqueira’.
Castiñeiras Pincha A Coruña | marzo 2023 | 17 |
Por Silvia

CARMEN RIVEIRO FERREIRO – PREMIO TRAXECTORIA

2022

Toda unha vida dedicada ao compromiso cos valores da artesanía ben merecen este recoñecemento.

Carmen Riveiro (Carreira-Zas, 1949), gañadora do Premio Traxectoria 2022 de Artesanía de Galicia, é un pouco de todo: artesá, divulgadora, formadora e emprendedora. Pero, sobre todo, é unha das persoas que máis contribuíu nas últimas décadas á recuperación e promoción da artesanía do liño en Galicia.

Neste labor de recuperación da tradición vinculada á artesanía téxtil do liño tivo un papel importante a veciñanza de Zas, de onde é Carmen e onde promoveu en 1993 a asociación

Amigos do Liño. Desta primeira iniciativa e froito do seu traballo entusiasta xurdiu posteriormente o obradoiro artesanal Liño de Galicia, que na actualidade xera unha importante actividade económica na zona en todas as accións de produción: tecidos, acabados, confección, complementos ou encaixes. Ademais, continúa con ese cometido divulgativo, organizando desfiles ou distintas iniciativas en centros educativos.

JULIA PÉREZ VILARIÑO – PREMIO BOLSA ELOY GESTO 2022

Julia Vilariño (Pontedeume) é a titular do obradoiro de sombreirería que leva o seu mesmo nome. Ela é a gañadora da Bolsa Eloy Gesto, que lle permitirá ampliar a súa formación artística con tres artesáns de referencia no eido da sombreirería tanto en Galicia como en España e Europa. Con esta axuda, incluída nos Premios Artesanía de Galicia, facilítaselles a persoas como Julia que poidan afondar nas metodoloxías de traballo e nas diferentes técnicas da súa especialidade. Hai un ano que se lanzou co seu proxecto, despois de diversas ocupacións como foi o eido social (estudou Traballo Social na USC). No 2018 coñeceu ao artesán Félix Martín e comezou a formarse nisto de crear sombreiros, tomando a decisión de dar un xiro na súa carreira laboral.

En 2021 lanzou a súa primeira colección, titulada Folklore, con nove pezas que levan cadanseu nome dunha danza do repertorio do grupo de baile tradicional ao que pertenece a creadora. Dúas paixóns unidas.

| 18 | Pincha A Coruña | marzo 2023

SANTIAGO BESTEIRO DESIGN – FINALISTA PREMIO ARTESANÍA DE GALICIA 2022

Un dos tres proxectos finalistas dos Premios Artesanía de Galicia 2022 está asinado por Santiago Besteiro (Monterroso, Lugo). A súa creación titúlase Chantos, un conxunto escultórico realizado con coiro moldeado e ratán (planta que se utiliza na confección de obxectos). O traballo ten moito que ver co entorno natural no que se move o autor e a súa identidade. Baseouse para esta peza nas tradicionais pedras que pechaban os terreos no rural galego.

Partindo desta idea e tomando o coiro como material principal, o autor tentou atopar novas linguaxes expresivas dentro da artesanía contemporánea. O modelado do coiro e a inclusión do ratán na intervención dan lugar a estas dúas esculturas que parecen emerxer da natureza amosando perennidade, unidade e forza.

No proceso, Santiago conta que foi facendo varios bosquexos con diferentes tipoloxías de pedras na busca dunha simplificación das formas que eliminase os ángulos e lle permitisen facer unhas pezas con forma agradable visualmente. O resultado: pezas contemplativas e relaxantes.

RAÍCES NÓMADAS – FINALISTA PREMIOS ARTESANÍA DE GALICIA 2022

Baixo o título Crioulo atopamos un bolso de man realizado con técnicas mixtas que se basean na “soguería criolla” (artesanía en coiro cru orixinaria de Arxentina) e marroquinería europea. É outra das pezas finalistas, desta vez saída do obradoiro Raíces Nómadas con Ezequiel Franchi (Ribadeo, Lugo) á fronte.

A elección dos materiais e as distintas técnicas empregadas teñen unha razón de ser, plasmar unha fusión de culturas. Neste senso, di o autor que a súa obra Crioulo é a síntese da historia tan ligada entre Sudamérica e Galicia, xuntando así técnicas propias dun e doutro lado. Un resumo, afirma Ezequiel, do sentimento que ten como tantas outras persoas, fillas, netas ou bisnetas de migrantes, recollendo sabiduría de ambos mundos. Na composición da peza o coiro cru da asa supón unha representación fiel da cultura gaucha, mentres que a pel de curtido vexetal utilizada para o corpo do bolso é característica de España, cun tacto suave e liso que contrasta co trenzado.

VERÓNICA MOAR – FINALISTA PREMIOS ARTESANÍA DE GALICIA 2022

Con In Itinere (“no camiño”), Verónica Moar (A Coruña) propúxose sacar do seu obradoiro unha peza que rendera homenaxe aos oficios como un dos patrimonios máis importantes da cultura popular galega. O concepto poético desta obra valeulle un lugar destacado nos Premios Artesanía de Galicia 2022.

O proxecto está composto por tres pezas de cerámica, ás que hai que engadir o importante papel da súa presentación. E é que Verónica Moar instalounas sobre dúas estruturas deseñadas a propósito.

Unha das pezas é o canabarro para transportar o viño, realizado con barro de Buño. Outra delas é a cántara, inspirada nos recipientes de gran tamaño que as mulleres asentaban sobre as súas cabezas para levar a auga da fonte, o leite… E atopamos tamén a ámboa, centrada na figura da persoa que se desprazaba de aldea en aldea para ocuparse da vaixela rota, uníndoa con arames a modo de grampas.

Pincha A Coruña | marzo 2023 | 19 |

A CORUÑA ‘FOODIE’

Poñemos cara a @elhambreconlasganasdebeber, @lagula_gourmet e @carlotafarina, tres dos perfís que nos amosan en instagram a oferta gastronómica da cidade

I Un
do
reportaxe
dos pratos
brunch de Yema. Foto: Iván Barreiro
| 20 | Pincha | 26
Pincha A Coruña | marzo 2023

é unha palabra inglesa que describe a aquelas persoas que teñen un interese especial pola comida e a bebida e comparten a través das redes sociais as súas visitas a bares, cafeterías e restaurantes. Pero o termo é máis antigo do que puideras pensar! Foron Paul Levy e Ann Bar os primeiros en utilizalo no seu libro ‘The Official Foodie Handbook’ (Manual oficial para foodies), publicado no 1984.

No amplo universo ‘foodie’ que atopamos en instagram contamos con moitos coruñeses e coruñesas que nos ofrecen un variado contido de fotografías, vídeos, opinións e recomendacións sobre a oferta hostaleira da cidade e os seus arredores. Desde @castigadaconsalir (con preto de 7000 seguidores) ou @coruna_a_bocados (con máis de 7500) ata @lolaframbuesa (con máis de 104 mil). E, ademais, con moi bo rollo entre todos! “Coincidimos en varias comidas e incluso temos quedado nós pola nosa conta”, confesa Claudia Queiruga, de @lagula_gourmet (con máis de 6000 seguidores).

Reunímonos con ela na cafetería sostible que abriu a marca de roupa Vazva no Paseo Marítimo. “Gústanme moito os valores que promoven, con produto caseiro, saudable e cun concepto moi na defensa do medio ambiente”, explica. E, ademais, encántanlle os seus almorzos. Desta vez pide unha tosta de aguacate e un bowl de froitas. “Como moitísimo! A xente asústase cando ve o que tomo. Como por tres persoas. Sempre que vou aos sitios a xente dime: estás pedindo moito, é demasiado... E eu digo: ti tráemo! (risos)”. De aí o nome que elixiu para o seu perfil: “A gula é o meu pecado capital!”.

Tan só cun café con leite confórmase a súa colega foodie Carlota Fariña (@carlotafarina con máis de 10 mil seguidores en instagram), que leva nisto das redes desde o 2014, creando contido gastronómico, de receitas, viaxes e lifestyle. Ela, que estudou xornalismo e se dedica ao márketing, fálanos do concepto dos microinfluencers, que son aqueles usuarios que teñen un alcance máis reducido (normalmente, entre 500 e 10.000 ‘followers’ nos seus perfís), pero que a cambio contan cunha gran credibilidade ao redor dunha temática moi concreta. “Eu non vivo só desta conta, pero si que me propoñen colaboracións que supoñen un extra. É moi variable porque nunca sabes cando te van chamar. E non acepto calquera cousa, se non ten que ver co meu contido ou non me gusta, non o fago”, explica.

Pola súa banda, Claudia meteuse neste mundo sen formación en redes sociais nin en fotografía. “Durante o confinamento empecei a cambiar a miña alimentación e a interesarme pola nutrición. Cando puidemos saír da casa, encantábame probar sitios novos, sacarlle fotos ás comidas... E empecei a saturar un pouco a miña conta persoal. Entón pensei en abrir un perfil só para a comida. Fíxeno como un diario para min porque quería ter todo gardado, ver o que me gustara de cada sitio... En ningún momento pensei que me fora a seguir xente. Pero pasou súper rápido, a verdade”, recorda. Formada en Educación Infantil, foi a raíz deste momento cando comezou a mirar cursos de community manager. E hoxe en día, aínda que traballa nun cole, grazas á @lagula_gourmet xurdíronlle outras oportunidades laborais xestionando as redes sociais dalgúns locais da cidade. Vese entón vivindo só disto algún día? “Non, non me parece algo seguro a longo prazo. Fágoo porque me gusta. Desfruto moitísimo e mentres dure, aproveitareino”.

Por Rebeca Munín Pincha | N 26 | 21 |
‘Foodie’
Pincha A Coruña | marzo 2023
“A oferta hostaleira na cidade mellorou moito, pero falta orixinalidade”

Mantendo o anonimato

Juan é a persoa que está detrás de @elhambreconlasganasdebeber, que conta actualmente con máis de 26,6 mil seguidores en instagram. “Hai uns anos decidín empezar a compartir os locais aos que ía porque me gustaba moito ir de tapas, de vermús, de rutas gastronómicas... A primeira foto é do Nadal do 2015 e foi por ter un rexistro propio. Foise facendo pouco a pouco unha bóla que non esperaba e, por iso, sempre tratei de manter a privacidade, sen mesturalo coa miña vida persoal”, conta mentres probamos en Yema a súa nova proposta de polo ao curry, aguacate e chadney de piña e mostaza, con ovo escalfado sobre pan brioche que incorporaron ao novo menú brunch das fins de semana. “Eu son fan dos ovos, así que con iso xa me gana. Creo que é un prato moi ben equilibrado, que ten un montón de sabores e está moi rico. A min gústame moito Yema porque realmente fai cousas diferentes. Veño ás veces a almorzar ou a tomar algo e sempre comín moi ben”, opina.

O seu traballo nada ten que ver coa hostalaría. O amor pola gastronomía vén polo seu pai. “El viaxou por medio mundo e, cando eu era pequeno, se ía a Holanda, traíame queixos de alá. Se ía a Rusia, traíame cousas de alí... Pasábase a semana fóra e as fins de semana sempre iamos a comer e a cear fóra... E iso fixo espertar a miña curiosidade dentro deste mundo. Tamén é un gran amante do viño. Ademais, a miña avoa por parte de pai era reposteira e cociñaba de xeito espectacular!”, recorda.

Pero en que momento pasou @elhambreconlasganasdebeber a gañar popularidade? “No 2017 estaba facendo un master e vendo o que estaba estudando decidín darlle á conta un toque de profesionalización, sen nunca chegar a profesiona -

lizalo completamente porque se chegase a ser un traballo ao cento por cento, creo que perdería un pouco a esencia. Non me gustaría que iso fose así. E tamén por intentar diferenciar a vida persoal deste hobby, que non se soubera quen está detrás... aínda que agora xa o saben! (risos) Pero intento manter un pouco ese halo de incógnito”.

Neste sector cheo de palabras en inglés hai dous termos que se repiten moito: os ‘haters’ (persoas que insultan ou teñen

Claudia (@lagula_gourmet) e Carlota (@carlotafarina), almorzando en Vazva. Foto: Iván Barreiro I
‘Haters’ e ‘likes’
| 22 | Pincha A Coruña | marzo 2023

comportamentos hostís contra outras nas redes sociais) e os ‘likes’ (número de ‘gústame’ que teñen as publicacións). Pero ningún dos dous preocupan demasiado nin a Juan nin a Claudia. “Non é algo que me obsesione. En canto a audiencia ás veces me sorprende que me sigan, por exemplo, varios chefs con Estrela Michelin de toda España. Iso é o que valoro, non o volume”, sinala o autor de @elhambreconlasganasdebeber

Tampouco ten problema co odio nas redes: “Hai moita xente que me escribe para preguntarme recomendacións. Si que é verdade que cando dis algo que non lle gusta a todo o mundo, hai quen por privado non ten moito filtro. Dáme igual

porque ao final non deixa de ser a miña opinión”, sostén. En @lagula_gourmet tamén recibe moitas preguntas sobre onde comer, pero “por sorte nunca recibín un mal comentario, nada maleducado ou ofensivo”.

E despois de coñecer tantos bares e restaurantes, que opinión teñen do nivel hostaleiro coruñés? Ambos coinciden en que a oferta mellorou moito nos últimos anos. “Unha proba disto é que se saes un venres ou un sábado á noite sen ter reserva previa, non atopas nada. É imposible”, apunta Juan. A parte negativa? A falta de orixinalidade. “Non hai que intentar copiar de fóra. Moitas veces algo que funciona en Madrid ou en Barcelona tratan de traelo aquí e eu creo que en lugar diso, habería que promover o noso porque temos a mellor materia prima e o mellor produto. Hai que sacarlle partido e saber aproveitalo”, destaca Claudia. “Eu boto de menos bos restaurantes especializados en cociña xaponesa, peruana ou mexicana, por exemplo”, engade o seu compañeiro foodie

Para Juan un bo prato ten que ter primeiro unha boa presentación: “O primeiro é como o vemos. E incluso un bo nome, porque se non, non o pides na carta. E despois, para min, sabor e potencia. Eu son moi de mesturas de sabores. Gústame as cousas cun toque de picante, disruptivas, cun toque diferente. Son bastante fan de Millo ou Pracer porque fan pratos que se saen do común”. Claudia, pola súa banda, recoméndanos A Espiga –“que para min é incrible”-, O Lagar da Estrella, o grupo Peculiar, Cantón 23, a Taberna Triay e “para ocasións máis especiais o meu número un é Salitre”.

Abonda con dar unha volta polos seus perfís para comprobar que non menten. Con fotos tan apetitosas só entran ganas de ir canto antes probar a rica oferta gastronómica herculina.

I Juan, de @elhambreconlasganasdebeber
fotografando o prato de Yema. Foto: Iván Barreiro
Pincha A Coruña | marzo 2023 | 23 |

Javier Pereira,libraría Re-Read A Coruña:

Javier Pereira (A Coruña, 1983) é xornalista e mesmo con incursións na hostalaría (“nesta profesión hai que ser todoterreo”). Dentro da súa traxectoria, abriu no 2019 na Rúa de San Andrés 52 a sucursal coruñesa da cadea de librarías de segunda man Re-Read. Javier, amante dos libros e da vida cultural en xeral -por algo tamén é compañeiro de Pincha relatándonos a vida musical herculina no noso Pincha Coruña- cóntanos nesta entrevista que tipo de autores e títulos triunfan neste recuncho para os afeccionados aos libros.

Que foi o que che moveu e crear un Re-Read na Coruña?

Pareceume interesante o investimento e tiña a confianza de que unha libraría dese estilo na Coruña podería funcionar.

Que cres que atrae á xente de Re-Read con respecto a outros modelos de libraría de segunda man?

Polo que comentan os clientes, primeiro parécelles moi ben que as cousas estean ordenadas. Non é una libraría de segunda man tradicional.

Os prezos son accesibles e hai movemento. Aparecen novidades de títulos todos os días porque podemos facer compras e algunhas delas grandes, polo que aparecen novidades de golpe. Isto atrae á clientela.

Onde comprades os libros?

Pois realmente son de particulares, aínda que ás veces chámannos de asociacións de veciños que tiñan biblioteca. Logo hai unha parte que son de mudanzas de xente que

#delibros
“Temos novidades todos os días e iso atrae á clientela”
| 24 | Pincha A Coruña | marzo 2023

marcha a pisos máis pequenos, e tamén defuncións, divorcios... Ademais hai máis conciencia ecolóxica, con non acumular tantas cousas. Xente que pensa que, se non vas volver ler o libro, mellor que teña unha segunda vida. Outra parte dos libros veñen porque os fillos marcharon da casa ou creceron. Venden os libros da súa infancia e adolescencia que xa non van utilizar. En xeral, a xente segue tendo moito reparo en tirar libros.

Que cres que segue atraendo á xente do libro en papel?

O que pasa por unha banda é que á xente o e-book non lle acaba de convencer. A compra de libro electrónico é pouca. Quen o fixo pensa que o que paga polo que recibe é escaso. Hai descoñecemento dos dispositivos que funcionan con tinta electrónica. Por exemplo, a tablet funciona con retroiluminación e iso é malo para á vista. Ademais, a xente é consciente de que é mais cómoda a lectura en papel. Facilítalles a inmersión na historia ou no caso do ensaio ou historia, a reter a información, ademais de que poden traballar sobre o texto. É máis cómodo e útil o papel.

E dentro da libraría, que tipo de de xénero ou título triunfan máis?

Está bastante repartido. Por exemplo, triunfan o ensaio ou filosofía, aínda que a xente pense que non son tan populares, a autoaxuda ou narrativa. Dentro de narrativa: romántica, policíaca, ciencia ficción, fantasía… Clásicos como ‘Madame Bobary’ ou ‘Ana Karenina’, Jane Austen, as irmás Bronte, ‘Odisea’ de Homero... especialmente na xente nova.

Tamén é moi buscado o libro en inglés e títulos en particular como ‘Cien años de soledad’, ‘La historia interminable’, ‘El principito’ o la Biblia, que son libros que non están en todas as casas, ao contrario do que se poida pensar.

Tamén inflúe a actualidade. Por exemplo, cando morreu Almudena Grandes ou no atentado contra Salman Rushdie. Logo hai xente que vén ver se soa a frauta coas novidades, como por exemplo, ‘Mi persona vitamina’ de Marián Rojas.

Que é o que máis che gusta de ter unha libraría?

O que máis me motiva e me gusta é descubrir títulos novos ou autoras como, por exemplo, Elizabeth Gaskell. Son autores que, se non tivera a libraría, non podería descubrir. Nós facemos dous ou tres recollidas grandes de libros -uns 200- á semana, e para min é como o Día de Reis (risos). Tamén me gusta coñecer xente que xa son amizades.

E como ves en xeral a vida cultural na Coruña?

En cuestión musical estamos bastante cubertos. Quizais faga falla unha sala un pouco máis grande como pode ser a Capitol en Santiago e xestores con interese directo na escena musical.

Bótase de menos tamén un espazo para a xente que se dedica ás artes escénicas e para a produción teatral galega. Hai moi boas iniciativas de microteatro como La Tuerka. Creo que o edificio da Fundación Luis Seoane está desaproveitado.

Houbo tamén unha perda coa pandemia de locais culturais autoxestionados de asociacións sen ánimo de lucro.

Por Ruth Ríos
| Javier abriu a súa libraría no 2019. Foto: Iván Barreiro
Pincha A Coruña | marzo 2023 | 25 |
| Re-Read está na rúa de San Andrés, 52. Foto: Iván Barreiro

Aviso:

Presentámosvos Le Tavernier, un local perfecto para unha copa tranquila, na avenida da Mariña, na Coruña, e mais en Madrid, cunha historia detrás que homenaxea aos mariñeiros do mundo e ás cantinas veciñas aos portos.

Cando es hostaleiro, vives en Madrid e tes unha morriña moi forte, que fas? Montar un pequeno porto nunha céntrica azotea da rúa máis famosa da capital.

Antón Sáez, empresario e propietario de Le Tavernier, entre outros locais de hostalería, conta coa súa propia homenaxe ao mundo mariñeiro en Madrid. Un oasis perfecto para tomar a

primeira copa, gozar das vistas e deleitarse, especialmente, coa súa proposta líquida na carta.

O galego tivo claro fai xa sete anos que na Coruña había oco para un local no que a cociña e o chef non foran os protagonistas, senón o barman e a mestura de destilados de tódalas partes do mundo. Cando Antón saía de festa cos seus amigos, vía incómodo ter que falar ao oído do seu acompañante polo elevado ton da música.

Ademais, identificou nun voo que faltaban tabernas nas que desfrutar dos produtos máis premium, procedentes doutros países

“Le Tavernier é un pequeno porto nunha céntrica azotea de Madrid”
A6 — GASTROCULTURA da Coruña a Madrid | 26 | Pincha A Coruña | marzo 2023
Artigo non fácil de ler se tes fame….ou botas de menos a túa casa

e para tódolos gustos. Dende whiskys canadenses, americanos ou xaponeses a tamén rons, tequilas, cafés especiais, cervexas de todo o mundo, coñacs, brandys e todo tipo de licores. Para crear a atmosfera completa deulle vida a un mariñeiro do século XIX, O Capitán Breixo, que despois de viaxar por todo o planeta e visitar as cantinas de cada porto, decídese a levar un pouco de cada un á Coruña e xubilarse alí.

Non se trata dun espazo cheo de áncoras nin nós mariñeiros. Lonxe dos estereotipos, Sáez soubo aportar pequenos toques de personalidade. Detalles mariñeiros que dan sensación de estar con materiais de preto do mar, nobres, naturais, ferros forxados… ademais de moita vexetación, incluso plantas que saen directamente do chan.

E entón, a embarcación do capitán Breixo arribou á cidade sen porto no 2021. Grazas á súa asociación co Hotel Innside by Meliá Madrid Gran Vía, Le Tavernier, o taberneiro en francés, atracou na oitava planta do hotel, dando acubillo a todo tipo de público.

O empresario asegura non segmentar por idades nin tipos de públicos obxectivos, se non máis ben por inquietudes e

inspiracións. Nas súas propias palabras, “cando buscas cubrir inquedanzas e creas un concepto que cubre aspiración, entón aí é cando te abres a un público máis amplo”.

Pais que se atopan con fillos, parellas na primeira cita, compañeiros de traballo para tomar un cóctel tranquilo antes de volver a casa. Todos atopan o olor a mar aínda lonxe da costa atlántica, nun recuncho que serve de porto para todos os amantes do bo beber.

Ollo! A diferencia do seu local irmán na cidade herculina, Le Tavernier Madrid conta con carta para xantar. Unha proposta gastronómica desenfadada, dirixida a compartir con amigos e comer coas mans. Todo isto coas vistas á Gran Vía como colofón.

Pero, cal sería a mellor combinación recomendada polo seu propietario? “Eu téñoo claro, sempre aposto polos cócteles fortes e, como me gusta o picante, encántame o Spicy Mezcal Margarita, con mezcal, lima, Cointreau, agave e ‘jalapeños’, terminando con ‘ají’. Para picar o mellor é compartir con amigos algúns dos nosos clásicos como as croquetas de queixo de tetilla, un bikini de xamón ibérico con queixo curado e trufa de verán ou un ‘carpaccio’ de vaca galega con parmesano e alfábega. Algo imprescindible tamén é o bocadillo de luras, que facemos cunhas luras fritas e crocantes, con pan de cristal e alioli de allo negro. Para min, sen dúbida, é un bocadillo diferente”, e ao mesmo tempo moi madrileño.

Este novo ano preséntase con novidades. Teremos que esperar para saber se ese Capitán Breixo atraca ou non nun novo porto para seguir expandindo a súa paixón polas cantinas do mundo. Polo momento, mentres a morriña dunha servidora chega ata as nubes, xa teño onde ir gozar dun bo Albariño e sentirme sempre como na casa.

Pincha A Coruña | marzo 2023 | 27 |
Por Ana Romero

falecido o pasado 31 de decembro aos 92 anos, foi un dos principais compositores galegos do último século e deixou un enorme catálogo musical no que abordou todos os xéneros. O programa inclúe algunhas das pezas máis estimadas polo propio autor que foi durante 23 anos o director da Banda Municipal de Música da Coruña.

DAVID PUERTO “PIZPIRETO”

AUDITORIO SEDE AFUNDACIÓN A CORUÑA

3 DE MARZO ÁS 18.00 E 20.30 H |

PREZO: DESDE 15 €

Show de comedia alegre orquestrado por David Porto, un cómico que fai das súas reflexións e vivencias un espectáculo de comedia, buscando o lado positivo da vida, se é posible, ou polo menos o lado gracioso. Facendo uso do monólogo clásico (Stand-up), improvisación (crowd work) e comedia musical.

BIOCULTURA A CORUÑA

EXPOCORUÑA

Federico «Hedon» Mondelli (Frozen Crown) e liderado polas cantantes Grace Darkling e Rehn Stillnight ofrecerán este concerto no que tamén actuará Xhamain, grupo de Symphonic Gothic Metal céltico en galego. O seu debut ‘Na Alma’ segue colleitando grandes críticas grazas á súa particular mestura de estilos e instrumentos coroada pola voz de Mariah Fosado.

APUNTAMENTOS PARA UN MAGNICIDIO

FÓRUM METROPOLITANO

10 DE MARZO ÁS 20.30 H |

PREZO: 3 €

UNHA INIMIGA DO POBO

TEATRO ROSALÍA DE CASTRO

3 E 4 DE MARZO ÁS 20.30 H |

PREZO: 6,50 - 14 €

Espectáculo de Talía Teatro dirixido por Tito Asorey. Helena é unha doutora de prestixio internacional que regresa á vila natal para comezar unha nova etapa xunto ao seu compañeiro. Embarazada de cinco meses, afronta o seu novo estado coa ilusión por un novo proxecto profesional co balneario que ela mesma deseñou, e que se presenta como un alternativa turística sostible e saudable.

DO 3 AO 5 DE MARZO | BioCultura, a feira de produtos ecolóxicos e ecoturismo máis grande do estado, reunirá na Coruña a máis de 150 expositores dedicados aos sectores de alimentación bio (con máis de 10.000 referencias), ecoturismo, cosmética ecolóxica, moda sostible, casa sa, benestar, eco-estilo de vida, artesanías e ONG’s. Paralelamente á exposición celebraranse preto de 120 actividades para todos os públicos. Así, entre outras propostas, atopamos showcookings ecogastronómicos; un festival ecolóxico da infancia mamaterra con diferentes obradoiros; un showroom de ecoestética; unha masterclass con Nicolás Olea; o festival de ioga do noroeste; unha xornada de bioconstrución...

Podes consultar datos, horarios, salas e toda a información na páxina web

biocultura.org/acoruna/programacion-actividades

CHRISTIANE. UN BIOMUSICAL CIENTÍFICO

TEATRO ROSALÍA DE CASTRO

8 DE MARZO ÁS 20.30 H | PREZO: 12 €

Belén Pasqualini cóntanos a vida de Christiane Dosne Pasqualini, unha figura fundamental a nivel internacional na investigación da leucemia. Muller, científica, nai, esposa, este espectáculo é unha gran escusa para coñecer a unha muller única.

Asociación Cultural Ditirambo Teatro Coruña presenta este espectáculo dirixido por Lola Roel. En plena campaña electroral, o alcalde Fulgencio Pacheco promete construír mil vivendas sociais nun dos barrios máis deprimidos da cidade. Antes de rematar o primeiro edificio, derrúbase causando a morte de tres obreiros africanos sen papeis. Co fin de ocultar tal fatal accidente, o alcalde decide levantar unha pista de skateboard no lugar onde permanecen sepultados ante a resistencia do xefe de obra négase a que sexan esquecidos e reclama xustiza.

HOMENAXE A ROGELIO GROBA

TEATRO COLÓN

4 DE MARZO ÁS 20:00 H |

PREZO: DE BALDE

O Concello da Coruña renderalle homenaxe á figura de Rogelio Groba cun concerto extraordinario a cargo da Orquestra de Cámara Galega. Groba,

NOCTURNA, AO VIVO

SALA MARDI GRAS

5 DE MARZO ÁS 20.30 H |

PREZO: 15-18 €

Nocturna, a banda italiana de metal sinfónico, o grupo creado polo guitarrista e compositor

IMPRO-TEATRO

GARUFA CLUB

8 E 22 DE MARZO ÁS 21.30 H |

PREZO: 10 €

Tito Rober, Marita Martínez, Oswaldo Digón e Patricia Castrillón protagonizan estas sesións de teatro-impro nas noites coruñesas organizadas polo Garufa Club.

CRISÁLIDA

SALA MARDI GRAS

11 E 12 DE MARZO ÁS 18.00 H |

PREZO: 6 €

Espectáculo número 25 de Caramuxo Teatro, co que a compañía cumpre 20 anos de traxectoria. Con esta comedia dirixida a públicos desde 5 anos, queren poñer en valor a importancia do comercio tradicional nun mundo globalizado, cada vez máis dixitalizado. Facer unha homenaxe a este concepto de comercio que crea convivencia e comunidade.

Crisálida é un espectáculo de máscara con catro actores (Anahí Taraburelli, Juan Rodríguez, Laura Sarasola Pontón e Josito Porto ) e máis de 12 personaxes, dirixido pola prestixiosa directora Olga Margallo.

| 2 Pincha | Revista 1 axenda Axenda suxeita a posibles modificacións. Consulta novidades en revistapincha.gal/axenda-gastrocultural | 28 | Pincha A Coruña | marzo 2023

OHotel Monumento San Francisco, en Santiago de Compostela, acollerá o II Encontro do Viño Galego Revera Vinum os días 27 e 28 de marzo. O evento, que organiza Escenoset e promove a Asociación Hostelería Compostela, conta co patrocinio da Xunta de Galicia e o Concello de Santiago.

Javier Míguez, directivo da asociación de hostalaría, explica que esta segunda edición manterá a esencia da celebrada fai un ano, buscando poñer en valor o potencial do viño galego, reunindo nun mesmo evento todas as DO e IXP da nosa terra.

“É unha magnífica oportunidade para o sector porque nun mesmo espazo imos poder catar máis de 500 viños de Galicia. É unha ocasión única”, asegura.

O obxectivo será repetir ou incluso superar as cifras do 2022, cando visitaron o Revera Vinum preto de 5000 persoas, aínda que o ano pasado o Encontro durou tres días e, desta vez, redúcese a dous. Serán máis de 500 referencias dunhas 200 adegas, entre a área expositiva e o Túnel do Viño (aberto de 11.00 a 20.30 horas), que dará a oportunidade aos visitantes de que se coñezan todas as variedades de uva implantadas en Galicia.

En canto ás actividades previstas, haberá catas históricas, obradoiros, degustacións, mesas de debate e relatorios con sumilleres, enólogos e xornalistas especializados. Tamén se fará entrega da Distinción Revera Vinum, para recoñecer o esforzo dos profesionais para pór en valor os nosos viños. Entre os relatores atopamos a Luis Paadin, Iria Otero, Juan Chamorro, David Rial, Pablo Vidal, Jose Luis Bouzón, Andrea Obenza, David Pascual ou Cecilia Fernández, entre outros.

II ENCONTRO DO VIÑO GALEGO REVERA VINUM 2023

As actividades teñen un custo de entre 35€ e 45€, se ben moitas delas serán gratuítas.

As entradas teñen un prezo de 10€ por día e poderán adquirirse a través da web reveravinum.gal

ONDE?

San Francisco Hotel Monumento: Santiago de Compostela

CANDO?

27 e 28 de marzo

MÁIS INFO reveravinum.gal

must Pincha A Coruña | marzo 2023 | 29 |

entre o amor e o esquecemento. Unha homenaxe a unha muller, a unha nai que dedicou a súa vida para coidar aos demais, a facer as camas, dobrar as sabas, cociñar, fregar, varrer, amar, calar.... É unha reflexión emocional dunha muller ao final dun camiño, un camiño extraordinario, belo e terrible como a vida.

TERCER CUERPO TEATRO ROSALÍA DE CASTRO

10 E 11 DE MARZO ÁS 20.30 H |

PREZO: 10 - 25 €

Unha oficina destartalada, a casa dunha parella, un bar e un consultorio médico. Diferentes sitios que se alternan nun mesmo espazo conxugando a vida de cinco personaxes. Úneos a soidade, a incomprensión e a necesidade de amar. Cinco vidas, cinco desexos de amar, cinco acodes incapaces. Mentres tanto vívese, trabállase, téntase. Con Natalia Verbeke, Carmen Ruiz, Carlos Branco, Nuria Ferreiro e Gerardo Otero.

IV SEMANA DO CINEMA GALEGO

TEATRO COLÓN

DO 14 AO 19 DE MARZO |

PREZO: DE BALDE

PREVIA RESERVA

REMEMBER QUEEN PALACIO DE LA ÓPERA

11 DE MARZO ÁS 20.00 H |

PREZO: DESDE 31 €

O obxectivo deste espectáculo é crear a sensación de estar a ver a Queen en vivo, grazas a que os integrantes do espectáculo ocupan a formación exacta que tiña o grupo inglés sobre o escenario, utilizando dez cambios de vestiario.

Os artistas de Remember Queen coidan o máis mínimo detalle do espectáculo orixinal cunha posta en escena similar á que estes utilizaban na Xira do 86, sendo a última Xira de QUEEN con “Freddie Mercury” en escena.

A cidade herculina recunca de novo como a anfitrioa do mellor do talento audiovisual galego e consolídase como sede desta cita impulsada pola Academia Galega do Audiovisual (AGA), que conta co apoio do Concello da Coruña e da Deputación da Coruña. Durante seis días o Teatro Colón vai volver estender a alfombra vermella para recibir unha coidada programación co máis salientable da produción audiovisual galega do último ano.

MONÓLOGO DE YUNEZ CHAIB

AUDITORIO SEDE AFUNDACIÓN A CORUÑA

18 DE MARZO ÁS 19.00 H |

PREZO: DESDE 14 €

Ao longo da súa traxectoria, Yunez Chaib gravou varios monólogos en Comedy Central, Phi Beta Lambda e Late Motiv. Actualmente compaxina as actuacións en directo con colaboracións na Resistencia (Movistar +).

‘YO FUI A EGB’ COLISEUM

25 DE MARZO ÁS 19.00 H |

PREZO: DESDE 38 €

O Coliseum lembrará os mellores momentos da música dos 80 co show “Yo fui a EGB. La gira!”. O espectáculo ofrecerá un único show en Galicia. Unha viaxe por pequenos e grandes recordos, cos que os asistentes cantarán ao ritmo dos grandes éxitos da época dos 80, nun espectáculo de mais de 5 horas de duración. Actuarán Nacha Pop, Alejo Stivell de Tequila, Orquesta Mondragón, Vicky Larraz cos grandes éxitos de Olé Olé, Modestia Aparte, Javier Andreu (La Frontera), La Guardia, Javier Ojeda (Danza invisible), os mellores tributos (Grease, Queen, Dirty Dancing, Michael Jackson), o Dj do Dream Team e presentará Corbacho.

TODAS LAS CANCIONES DE AMOR

TEATRO ROSALÍA DE CASTRO

17 E 18 DE MARZO ÁS 20.30 H |

PREZO: 9,50 - 21,50 €

Eduard Fernández interpreta unha viaxe emocional entre o drama e a comedia, entre a vida e a morte,

CICLO SEN NUMERAR

FORUM METROPOLITANO

17 E 31 DE MARZO E 28 DE ABRIL

ÁS 21.00 H |

PREZO: 7 E 9 €

Nos dous próximos meses, o ciclo Sen Numerar oferta tres espectáculos:

17 DE MARZO: ‘Ragazzo’, de Barrosanta.

31 DE MARZO: ‘Iphixenia na porta do súper’, de Compañía Humana.

8 DE ABRIL: ‘Relato para un incendio’, de aAntena.

CONCERTO DE SALVADOR SOBRAL

TEATRO COLÓN

24 DE MARZO ÁS 21.00 H |

PREZO: DESDE 23 €

O cantante portugués Salvador Sobral realizará unha escala na Coruña dentro da súa xira de 2023, para presentar o disco ‘bpm’, un orixinal título que recolle as siglas en portugués de “batemento por minuto”, en alusión aos beats ou pulsacións que unha canción ten por minuto. No que constitúe o primeiro traballo discográfico composto integramente polo artista lisboeta xunto co seu inseparable compañeiro Leo Aldrey, inclúense cancións en portugués, castelán e inglés, e conta coas colaboracións do pianista de jazz galego Abe Rábade e da lisboeta Margarida Campelo.

RUFUS WAINWRIGHT, EN DIRECTO

TEATRO COLÓN

14 DE ABRIL ÁS 21.00 H |

PREZO:

ENTRADAS ESGOTADAS!

Xusto antes de cumprir 50 anos, o cantautor canadense estadounidense Rufus Wainwright regresa a España para unha serie limitada de show en formato “só”. Para esta xira, Rufus profundará no seu catálogo e reunirá unha lista única de cancións favoritas dos fanáticos, algunhas versións e talvez un chisco de material novo de álbums aínda sen nome.

Gastronomía & Cultura 3 | | 30 | Pincha A Coruña | marzo 2023

CONCERTO DE LOS

SECRETOS

PALACIO DE LA ÓPERA

15 DE ABRIL ÁS 21.00 H |

PREZO: DESDE 25 €

O grupo liderado por Álvaro Urquijo chega á Coruña cun show emocionante e tremendamente optimista. O concerto ofrecerá un percorrido polos temas máis emblemáticos do grupo como son “Déjame” “Pero a tu lado” ou “La calle del olvido” así como cancións máis recentes que pretenden ser un crisol de emocións no que a xente poida sentirse identificado.

MONÓLOGO DE PATRICIA ESPEJO

AUDITORIO SEDE AFUNDACIÓN A CORUÑA

21 DE ABRIL ÁS 20.00 H |

PREZO: DESDE 15 €

Patricia Espejo, natural, espontánea e especialista en humor absurdo, un tipo de humor que se vale das situacións disparatadas ou incoherentes para xerar a risa no público, a súa comicidade baséase na irracionalidade. É un humor totalmente afastado da realidade pero que á vez nos mergulla no esencial dela, a túa risa será inevitable e a gargallada continúa.

BIONIC

TEATRO ROSALÍA DE CASTRO

28 DE ABRIL ÁS 20.30 H |

PREZO: DESDE 5,60 €

Espectáculo de danza contemporánea a cargo de la compañía Entremans. Bionic é unha peza en formato longo para sala con música en directo, onde tres artistas recrean un universo común. Un encontro próximo onde o biolóxico e o artificial comparten territorio, sen quebrantar a capacidade humana de sentir. O corpo como colector de vivencias, que rexistra e memoriza fragmentos da vida, que desexa preservarse polo inminente paso do tempo. Un corpo que pretende sobrevivir ao desgaste con segundas oportunidades.

PROXECTO VINTE CASA MUSEO PICASSO ATA O 30 DE DECEMBRO |

O Concello da Coruña desenvolve roteiros e visitas teatralizadas para recordar a estadía na nosa cidade de Pablo Ruíz Picasso. A iniciativa, englobada no denominado proxecto VINTE desenvolto pola compañía teatral coruñesa Os Náufragos Teatro, enmarcase dentro da celebración do Ano Picasso.

Para poder participar na visita pola Casa Museo Picasso, pódese facer a inscrición a través do correo osnaufragosteatro@ gmail.com, ou enviando unha mensaxe directa en Instagram a @ osnaufragosteatro.

Se programas algún evento gastronómico ou cultural en Coruña ou comarca que quixeras que apareza na nosa axenda, escribe a:

coruna@revistapincha.gal

‘FLIPAR’, CON JORGE BLASS

TEATRO COLÓN

15 DE ABRIL ÁS 20.00 H E 16 DE ABRIL ÁS

18.00 H |

PREZO: DESDE 18 €

O aclamado mago Jorge Blass chega á Coruña co seu novo show ‘Flipar’. Un show único no que non existe o imposible e onde os nenos descubrirán que os seus pais non o saben todo. Desaparicións, teletransportacións e ilusións que desafían a lóxica deixarán aos asistentes pampos e, sen dúbida, cun gran sorriso.

DEMENTE

TEATRO ROSALÍA DE CASTRO

22 DE ABRIL ÁS 20.30 H |

PREZO: DESDE 7 €

Obra de baile e música tradicional galega para público adulto de 60 minutos de duración, cun elenco artístico de 7 bailadores/as. En ‘Demente’ plásmase unha realidade, un estigma, unhas patoloxías que segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) sufriron, sofren ou sufrirán nalgún momento da súa vida unha de cada catro persoas.

CAMIÑOS DO EXILIO 1939

CASA MUSEO CASARES QUIROGA

ATA O 7 DE MAIO |

O concellaría de Memoria Histórica da Coruña organiza esta exposición de fotografías inéditas de Philippe Gaussot’. Trátase da primeira vez que estas imaxes chegan a Galicia e o Concello contou coa colaboración da asociación francesa 24 août 1944. A colección está formada por tres bloques: A acollida de nenos vascos e cataláns, desde 1937; A Retirada en febreiro de 1939; e Os campos de internamento nas praias do Roselló.

Axenda suxeita a posibles modificacións. Consulta novidades en revistapincha.gal/ axenda-gastrocultural

| 4 Pincha | Revista 1 Axenda suxeita a posibles modificacións. Consulta novidades en revistapincha.gal/axenda-gastrocultural
Pincha A Coruña | marzo 2023 | 31 |

Rúa Santiago, 4 A Coruña

Me a S de 13:30 a 15:30 e de 20:30 a 23:30. Domingo de 13:00 a 15:30

T. 655 412 943 aespiga.com

Rúa Marcial del Adalid, 2 A Coruña

Me a S de 13:30 a 15:45 e 21:00 a 22:45 M e D de 13:30 a 15:45

T. 881 922 847 bidorestaurante.es

Rúa Oliva, 3 - baixo A Coruña

Martes a sábado de 13:15 a 15:30 e de 21:15 a 23:00

T. 881 968 442 - IG:_atipico_restaurante atipico22restaurante@gmail.com

Rúa Orzán, 15 A Coruña

De martes a xoves de 13:00 a 01:00 Venres, sábados e vésperas de 13:00 a 03:00

FB e IG: @barberiabar

T. 881 917 638

Rúa Alfredo Vicenti, 12 A Coruña

Luns a xoves de 08:00 a 23:00 Venres de 08:00 a 01:00 Sábado e domingo de 10:00 a 01:00

T. 881 088 800

Rúa Varela Silvari, 2 - baixo C A Coruña

T. 881 926 220 bordelloparlour.com @bordelloparlour

Luns a xoves de 10:00 a 22:00 h Venres e sábado de 10:00 a 23:00 h

Praza de Ourense, 1 A Coruña info@downexperience.com downexperience.com

Rúa Zalaeta, 12 A Coruña

Martes a domingo de 11:00 a 00:00

T. 673 340 941 - restaurantehunico.com reservas@restaurantehunico.com

Rúa Galera, 43 baixo A Coruña

De mércores a luns de 12:00 a 16:00 e de 19:30 a 00:00

IG: vinoteca_jaleo

T. 881 916 520

– EST 2005 –

milongasparrillada.com

FB e IG @milongasparrillada

ORZÁN

Rúa Cordelería, 7 A Coruña

L-X-V-S de 13:00 a 15:30 e de 20:30 a 23:00. M e D de 13:00 a 15:30

T. 881 883 430 - milloorzan.com reservas@milloorzan.com

Un espacio diferente para los que buscan algo diferente

Rúa Alfredo Vicenti, 29 A Coruña

L de 09:30 a 15:00 e 17:30 a 22:30

M a V de 10:30 a 15:00 e 17:30 a 22:30

S de 12:00 a 15:00

T. 620 071 174 - IG: @pencilandfork_galicia

hostalaría | 32 | Pincha A Coruña | marzo 2023

Rúa Salgado Somoza, 13 Baixo A Coruña

De mércores a sábado de 13:45 a 15:30 e de 20:45 a 23:00. Martes de 20:45 a 23:00

IG: @pracerzalaeta

T. 981 009 750

outros negocios

Rúa Plaza, 14 A Coruña

X a S de 13:00 a 17:00 e 20:00 a 00:30

M e Me de 13:00 a 17:00

D de 11:00 a 17:00

IG: @yeah_yeah_yema

Burguers, xogos de mesa e videoxogos

Rúa Orzan, 129 A Coruña

Martes a domingo a partir das 19:00

IG: @yoloburger.gaming

Asesoría

Laboral, Fiscal, Jurídica y Contable

Javier Alvarellos

Mª del Mar Rodríguez - Pablo Vizoso

t. 981 570 393 – 608 883 589

Avenida Fisterra 127 - baixo Arteixo

L a V de 8:00-15:00 e de 17:00-22:00

S de 11:00-12:00

T. 670 975 337 Cgcfunctionalboxing@gmail.com

LIBRARÍA LOWCOST

Rúa Areal, 1B - local 1 Perillo / Oleiros

L a V de 09:00 a 15:00 e de 17:00 a 19:00. S e D de 09:00 a 15:00

T. 623 432 474 - FB: Parapan pan con amor parapanpan.es - IG: parapanpancon

Rúa San Andrés, 52 - baixo A Coruña

T. 881 990 953 re-read.com

De luns a venres de 09:00 a 14:30 e de 17:00 a 21:00. Sábados de 10:00 a 15:00

IG: frutasrey1987

T: 613 078 782

T. 682 410 689 - info@seispes.com

www.seispes.com

Consulta novidades nas páxinas webs e redes sociais de cada local, así como na Guía de Ocio e Compras de revistapincha.gal

Functional boxing | Brazilian jiu jitsu | kick boxing | yoga
Pincha A Coruña | marzo 2023 | 33 |

SABÍAS QUE PINCHA TAMÉN ESTÁ NA RADIO?

Se ademais de ler a nosa revista en papel e seguirnos nas redes sociais e na web revistapincha.gal tamén queres escoitarnos, podes facelo no programa de radio ‘Gente Viajera de Galicia’ de Onda Cero.

O espazo que presenta a xornalista Susana Pedreira emítese todos os venres de 19.20 a 19.40 horas, con contidos moi interesantes sobre turismo, ocio, cultura, gastronomía... Nós temos a sorte de poder participar unha vez ao mes coa sección #pinchanaradio A nosa directora, Rebeca Munín, explica algunhas das reportaxes que podedes ler no número vixente e fai recomendacións gastronómicas e culturais, tanto da Coruña como de Santiago de Compostela, as dúas cidades nas que editamos a revista.

Se queredes escoitar os programas anteriores, tendes os podcasts pendurados na web ondacero.es

www.revistapincha.gal

Búscanos en Facebook, Twitter, Instagram e YouTube como Revista Pincha

BAVF

QUERES RECIBIR PINCHA NO TEU CORREO ELECTRÓNICO?

Inscríbete no noso boletín informativo para recibir as revista en pdf no teu correo electrónico, así como outras novas sobre gastronomía e cultura que publicamos na nosa web revistapincha.gal

Para empezar a recibir a nosa newsletter só tes que completar o formulario que atoparás na web.

Accede a través deste código QR ☞

| 34 | Pincha A Coruña | marzo 2023

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.