1 minute read

EN TEMPOS DE ALZAR A VOZ

Next Article
ALTO E CLARO

ALTO E CLARO

Apiques de chegar o Día Internacional da Muller, que se conmemora cada 8 de marzo, quixemos falar con dúas profesionais das dúas temáticas que sempre tratamos en Pincha, a gastronomía e a cultura, de como evolucionou o papel das mulleres nestes dous sectores. Para iso, convidamos á actriz Luisa Merelas, coñecida polos seus traballos en teatro, cine e televisión, a visitar o único restaurante que conta actualmente cunha Estrela Michelín na cidade herculina, Árbore da Veira; que rexenta, xunto co seu socio Luis Veira, a chef Iria Espinosa.

As dúas naceron na Coruña, aínda que épocas moi diferentes. A Luisa, con case 65 anos, tocoulle vivir nun país con moitas menos liberdades para as mulleres. A realidade de Iria, con 36, foi ben diferente, pero aínda así non exenta do machismo e o patriarcado que segue sendo unha eiva na nosa sociedade.

Advertisement

O ano pasado, o Centro Municipal de Información á Muller (CIM) da cidade atendeu a 863 usuarias sobre distintos aspectos relacionados coa violencia de xénero. “Trátase dunha cifra que se mantén estable nos últimos anos e iso obríganos a non baixar a garda”, explica a concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación, Yoya Neira. “Que non haxa un aumento acusado de mulleres que veñen en busca de información non quere dicir que sexa menos preocupante. O problema segue aí e é terrible”, subliña.

Unha das solucións pasa precisamente por alzar a voz, por denunciar o que pasa, por educar en igualdade... Desde o Concello destacan tamén que no 2022 realizáronse un total de 283 actividades para colectivos de todas as idades e en distintos sitios (na rúa, nos colexios, en eventos, na Universidade) polos que pasaron 13.441 persoas. Tanto o incremento de actividades como de participantes creceu máis dun 300% con respecto a 2021, ano no que houbo 70 actividades e 3284 participantes. Sigamos nese camiño. Non calemos. Estamos a tempo.

This article is from: