ÍNDICE 1. PREÁMBULO 2. ESTRUTURA DE FUNCIONAMENTO 2.1. Órganos Unipersoais de Goberno 2.2. Órganos Colexiados de Goberno 2.3. Órganos de Coordinación Docente 2.4. Asociación de pais e nais do alumnado 3. ORGANIZACIÓN E UTILIZACIÓN DOS ESPAZOS 3.1. Utilización dentro do horario lectivo 3.2. Utlilización fóra do horario lectivo 3.3. Normas para o uso da Biblioteca 3.5. Normas para o uso da Aula de Informática 3.6. Normas para o uso do comedor 4. RECURSOS HUMANOS 4.1. Profesorado 4.2. Alumnado 4.3. Personal laboral non docente 4.4. Familias 5. FUNCIONAMENTO DOS SERVIZOS EDUCATIVOS 5.1. Servizo de transporte 5.2. Servizo de comedor 6. FUNCIONAMENTO DAS ACTIVIDADES: 6.1.Complementarias 6.2.Extraescolares 7. HORARIO DO CENTRO : ENTRADAS E SAÍDAS 8. ATENCIÓN AO ALUMNADO ENFERMO OU ACCIDENTADO. 9. CONTROL DAS FALTAS DE ASISTENCIA DO ALUMNADO 10.A AVALIACIÓN 11.REGULAMENTO DE CONVIVENCIA 11.1 Normas de convivencia xeral 11.2. Normas de convivencia para educación infantil 11.3. Condutas contrarias ás normas de convivencia 11.4.-Tipificación de condutas: medidas correctoras
1 2 2 4 6 6 7 8 9 10 10 11 13 14 18 23 23 24 24 25 26 26 27 29 30 31 33 35 35 36 37 39
12. ANEXOS
48
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
1. PREÁMBULO Este regulamento, segundo o establecido no Decreto 374/1996 de 17 de outubro (DOG. 21/10/96) polo que se aproba o Regulamento Orgánico das escolas de Educación Infantil e Primaria, é parte integrante do Proxecto Educativo de Centro (PEC), documento base que debe servir de referencia para o desenvolvemento do proceso educativo do CEIP de Chans Bembrive e no que se fixan os obxectivos, prioridades e sinais de identidade O Regulamento de Réxime Interior constitúe o conxunto de normas que permitirán, a través do seu cumprimento, un desenvolvemento armónico de todos os sectores que interveñen na nosa Comunidade escolar.O presente regulamento basease nas seguintes normativas: .- Regulamento Orgánico das Escolas de E. Infantil e dos colexios de E.Primaria. Decreto 347/1196 do 17 de outubro (DOG. 21/10/96) .- Organización e funcionamento das escolas de E. Infantil e dos colexios de E.Primaria. Orde do 22 de Xullo de 1997 (DOG. 2/9/97) .- Dereitos e deberes dos alumnos/as e normas de convivencia nos centros. Real decreto 732/1995 do 5 de maio (B.O.E 2/6/96) .-Lei da Función Pública galega. Lei 4/1988 do 26 maio.D.O.G. 1/6/88 .- Modificación da Lei da Función Pública Galega. Lei 3/1995 do 10 de abril. D.O.G. 20/4/95 .- Lei 13/2007, do 27 de xullo, de modificación da Lei 4/1988, do 26
de maio,da función pública de Galicia. .-Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación LOE (BOE 4/05/2006) .-Decreto 85/2007, do 12 de abril, polo que se crea e se regula o Observatorio Galego da Convivencia Escolar.
.-Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educación primaria.
.- Lei 4/2011, do 30 de xuño de convivencia e participación da Comunidade Educativa
O presente Regulamento de Réxime Interior leva a cabo a concreción dos principios de funcionamento e organización do centro, así como a regulación de relacións entre os distintos membros da comunidade educativa, favorecendo a colaboración entre persoas e institucións, creando un bo clima para o desenvolvemento do proceso de ensino aprendizaxe e estimulando a asunción de valores tales como a solidariedade, a responsabilidade, a tolerancia e o respecto na convivencia. O Regulamento de Réxime Interno do noso centro pretende acadar os seguintes obxectivos: 1. Definir un marco xeral de estruturación e organización do centro coas normas e pautas que faciliten aos diferentes órganos de xestión CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
1
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
e coordinación un eficaz funcionamento. 2. Ser o instrumento que articule a convivencia entre os diferentes elementos que constitúen a comunidade educativa, regulando os seus dereitos e deberes. 3. Ser o medio idóneo para potenciar a educación integral dos alumnos e alumnas no respecto aos dereitos humanos e á convivencia. 4. Ser o fundamento para o desenvolvemento da autonomía e responsabilidade persoal do alumnado, fomentando a formación dun modelo de persoa que asume a súa responsabilidade para con ela mesma e para cos demáis. 5. Ser o instrumento para a participación de todos os elementos da comunidade educativa no funcionamento do centro. 6. O presente Regulamento de Réxime Interior terá sempre como referente o Proxecto Educativo de Centro, sendo os principios e valores que se recollen nel a pauta que caracterizará todas as súas actuacións. Este Regulamento de Réxime Interno estará sempre en concordancia coa lexislación educativa actual ou futura que regule calquera dos aspectos que recolle. O equipo do profesorado do centro debe planificar actividades que aseguren a difusión deste regulamento por parte das familias e do alumnado. 2. ESTRUTURA DE FUNCIONAMENTO: 2.1. ÓRGANOS UNIPERSOAIS DE GOBERNO: Os órganos unipersoais de goberno constitúen o Equipo directivo do centro formado pola Dirección, a Xefatura de Estudos e a Secretaría, coas competencias que establece a lexislación vixente. O Equipo directivo é o órgano de dirección executivo e o responsable directo do Centro. Corresponde ao equipo directivo a execución e o control dos acordos dos órganos colexiados do Centro e a responsabilidade directa do funcionamento do mesmo. Con carácter ordinario antes do 31 de outubro de cada novo curso enviarase unha circular informativa ás familias onde se fará a presentación oficial do curso, informarase do calendario escolar e especificarase o horario en que os membros do equipo directivo están a disposición das familias. O Equipo directivo fomentará a boa relación entre todos os membros da comunidade educativa, contribuirá á dinamización das actividades do centro e traballará de forma coordinada no desempeño das súas funcións – para elo fixará un mínimo de tres horas semanais dedicadas a este fin-. O Equipo directivo traballará para garantir un ambiente educativo de respecto mutuo que faga posible o cumprimento dos
CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
2
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
fins da educación e que permita facer efectivo o dereito e o deber de aproveitar dun xeito óptimo todos os recursos do centro. Coidarase de xeito especial de que as horas de atención ás nais, pais ou titores sexan razoablemente compatibles coas obrigacións laborais e familiares destes. 2.1.1: Dirección: Corresponderá ao director exercer a representación oficial do centro, dirixir e coordinar todas as actividades cara á consecución do proxecto educativo da escola,garantir o cumprimento das leis e demais disposicións vixentes, exercer a xefatura de todo o persoal adscrito ao centro e adoptar as resolucións disciplinarias que correspondan. En materia de convivencia o director poderá delegar noutros membros da comunidade educativa a competencia para a imposición de medidas correctoras ou sancións asi como as medidas incentivadoras, se é o caso, que as preceden. 2.1.2: Xefatura de Estudos: Corresponderá á Xefatura de Estudos elaborar, en colaboración co resto de membros do equipo directivo, os horarios académicos do alumnado e do profesorado, de acordo cos criterios pedagóxicos e organizativos incluídos na programación xeral anual, así como velar polo seu estrito cumplimento ,coordinar a utilización de espazos, medios e materiais didácticos de uso común para o desenvolvemento das actividades de carácter académico . A xefatura de estudos será informada, por parte dos profesores/as das anomalías de puntualidade, faltas de asistencia e de comportamento do alumnado . Así mesmo, informará ós pais e nais das faltas non xustificadas dos seus fillos/as e das condutas contrarias ás normas de convivencia, se a conduta así o require. En materia de convivencia corresponde á Xefatura de Estudos coordinar e dirixir as actuacións dos titores/as neste eido. Tamén lle corresponde e impoñer e garantir o cumprimento, por delegación do director, das medidas de corrección e dirixir o proceso reeducativo que se desenvolvan. 2.1.3: Secretario/a: Corresponde ó secretario/a do centro velar polo mantenemento do material do centro, realizar o inventario do centro (con colaboración do resto do profesorado), informar a toda a comunidade educativa de todo tipo de novidades sobre normativas e asuntos de interese que reciba o centro, ademáis de tódas as funcións relacionadas co réxime asministrativo e económico do centro -custodiar as actas, libros e arquivos do centro docente e expedir, co visto e prace do titular da Dirección, as certificacións que soliciten as autoridades e os interesados e interesadas-. Asemade lle corresponde actuar como secretario/a dos órganos de participación no control e xestión do centro, levantar acta das sesións e dar fe dos acordos adoptados co visto e prace do titular da Dirección
CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
3
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
2.2. ÓRGANOS COLEXIADOS DE GOBERNO Os órganos colexiados de goberno son o Claustro de mestres e mestras e o Consello Escolar que teñen a composición e competencias sinaladas pola lexislación vixente. 2.2.1- O Claustro de Mestres/as: É o órgano colexiado específico de participación dos docentes no Centro, tendo a responsabilidade de planificar, coordinar, decidir e informar sobre todos os aspectos docentes. As súas competencias veñen recollidas no art.º 129 da L.O.E. 2/2006 do 3 de Maio. En materia de convivencia corresponde ao claustro: -Informar das normas de conduta e as actividades incluídas no Plan de Convivencia. -Coñecer a resolución de conflitos disciplinarios e a imposición de sancións. -Velar para que as sancións se ateñan á normativa vixente. -Unificar protocolos de actuación na resolución de conflitos, .-O Director/a da escola é quen convoca e preside as reunións. As convocatorias serán entregadas por escrito a todo o profesorado cunha antelación de, polo menos, 48 horas á súa celebración, debendo figurar, en calquera caso, a orde do día. .-A periodicidade das reunións será, como mínimo, dunha vez ao trimestre e sempre que o convoque o Director ou o solicíte un terzo, polo menos, dos seus membros; será preceptiva, ademais unha sesión de Claustro ao principio de curso e outra ao final deste. A asistencia é obrigatoria para todos os seus membros . Dado que as funcións do Claustro son eminentemente docentes e académicas, nas reunións haberá un apartado referido a rogos e preguntas para que cada mestre/a poida expresar calquera aspecto que considere de interese educativo; neste senso, os mestres/as poderán solicitar ao Director que inclúa na Orde do día algún punto que entendan importante para a organización e funcionamento do Centro. Ao termo de cada reunión levantarase acta desta a cargo do Secretario onde se recollerán os puntos tratados e os acordos 2.2.2 O Consello Escolar: O Consello Escolar é o ógano máximo de toma de decisions da escola. Nel están representados todos os sectores que constitúen a comunidade educativa (agás o alumnado ao tratarse dun CEIP) Corresponde ao Consello escolar a aprobación de directrices nos aspectos non estritamente docentes . En materia de convivencia correspóndelle coñecer a resolución de conflitos disciplinarios, velar polo correcto exercicio dos dereitos e
CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
4
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
cumprimento de deberes dos alumnos/as e velar para que a resolución de conflitos se ateña á normativa vixente. As reunións convocaranse tendo en conta a posibilidade de asistencia de todos os seus membros (a asistencia é obrigatoria). Nas de carácter ordinario, o presidente enviará aos membros do Consello, coa antelación suficiente, a convocatoria e a documentación que vaia ser obxecto de debate e /ou aprobación. A periodicidade destas reunións será como mínimo trimestral e sempre que o convoque o Presidente ou o solicite, polo menos un terzo dos seus membros. Poderán realizarse, ademais, convocatorias extraordinarias cunha antelación mínima de 48 horas, cando a natureza dos asuntos que vaian tratarse así o aconselle. Ao igual que nos Claustros, haberá un apartado referido a rogos e preguntas para que cada asistente poida manifestar aquilo que considere de interese en relación á organización e funcionamento do centro. Así mesmo o Secretario levantará acta de cada sesión No seo do Consello escolar hai as seguintes comisións: a.-Comisión Económica, constituída polo director/a, o secretario, un pai/nai e un mestre/a. Reunirase, con carácter ordinario, dúas veces durante o curso. A súa función principal é o estudo e aprobación do anteproxecto de orzamento anual elaborado polo Secretario do centro Unha vez aprobado o devandito anteproxecto será presentado, xunto cunha memoria xustificativa, ao Consello Escolar, para que proceda ao seu estudo e ratificación. b.-Obsevatorio de Convivencia: encargado de resolver e mediar nos conflitos que poidan xurdir e canalizar as iniciativas de tódolos sectores da comunidade educativa para mellorar a convivencia, o respecto mutuo e a tolerancia. O Observatorio de Convivencia terá tres reunións anuais de carácter ordinario, unha por trimestre e, con carácter extraordinario cantas veces sexa convocado polo director do centro por iniciativa propia ou por proposta de, polo menos, unha terceira parte dos seus membros para resolver ou tratar algún problema concreto de convivencia ou elaborar informes de convivencia.
c. Comisión de Coordinación da Avaliación de Diagnóstico encargada de coordinar o proceso desta avaliación esterna no centro e colaborar coa Administración e cos servizos de inspección educativa naquelos aspectos do proceso para os cales sexa requerida
As competencias e responsabilidades concretas de cada órgano están detalladas na lexislación mencionada no preámbulo deste RRI, e no seu desenvolvemento normativo.
CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
5
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
2.3. ÓRGANOS DE COORDINACIÓN DOCENTE: Os órganos de coordinación docente son: .-Comisión de coordinación pedagóxica .- Equipos de ciclo .- Equipo de Normalización Lingüística .- Equipo de actividades complementarias .-Departamento de Orientación .-Comisión TIC .-Comisión dinamización Biblioteca Os órganos de coordinación docente cumplirán as funcións que a lei determina para as escolas de Educación Infantil e Primaria (Decreto 374/1996, do 17 de outubro, (DOG do 21 de outubro) e Orde do 22 de xullo de 1997, (DOG do 2 de setembro). Cada órgano deberá elaborar ao inicio de curso o seu plan de traballo anual conforme ás directrices do Proxecto Educativo de Centro Cada órgano é responsable do correcto desenvolvemento, control e avaliación do seu plan de traballo anual, así como da revisión deste, se for o caso, e da elaboración da súa memoria final. Todos os órganos de xestión e coordinación, dentro das súas responsabilidades e competencias, deben colaborar no correcto funcionamento do centro en todos os seus aspectos e ámbitos de xestión. Para realizar o seu labor de coordinación estes equipos reuniranse coa periocidade sinalada na Lei 2.4. ASOCIACIÓN DE PAIS/NAIS: Baixo a denominación de "ANPA DO LECER ", existe unha Asociación de nais e pais de alumnos/as deste centro, sen ánimo de lucro , legalmente constituída e inscrita e con domicilio social na escola. Poden pertencer á mesma as persoas maiores de idade que sexan pais e nais ou representantes legais dos alumnos/as matriculados no Centro, que o soliciten expresamente, que acepten o contido nos estatutos da Asociación e estean ao corrente das cotas económicas que se establezan. • Esta asociación poderá: a) Elevar ao Consello Escolar propostas para a elaboración do Proxecto Educativo e da Programación Xeral Anual. b) Informar aos seus representantes no Consello Escolar daqueles aspectos da marcha do centro que consideren oportuno. c) Informar as familias da súa actividade.
CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
6
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
d) Recibir información a través dos seus representantes no Consello escolar sobre os temas tratados nel . e) Formular propostas para a realización de actividades complementarias. f) Fomentar a colaboración entre os pais e os mestres do centro para o bo funcionamento do mesmo. g) Utilizar as instalacións do Centro nos termos que estableza o Consello Escolar. Asemade os seus membros terán o deber de: a) Responsabilizarse da seguridade do Centro durante o tempo que duren as súas actividades fóra do horario escolar b) En caso de producirse danos no material ou nas instalacións do Centro, durante o desenvolvemento das súas actividades, a ANPA responsabilizarase destes, obrigándose a substituílos por outros iguais, reparalos, ou ben sufragar os gastos do seu custo. c) Adquirir o material e mobiliario desenvolvemento das súas actividades
necesarios
para
o
d) Informar aos seus representantes no Consello Escolar das actividades a realizar, co fin de incluílas na Programación Xeral do centro unha vez aprobadas. • Fins de ANPA: a) Asistir aos pais, nais e titores en todo o que atinxe á educación dos seus fillos/as. b) Colaborar coas actividades educativas do centro, desenvolvendo iniciativas artísticas e de formación. c) Promover a participación das familias na xestión do centro e no Consello Escolar. d) Traballar na procura do benestar de todo o alumnado3. ORGANIZACIÓN E UTILIZACIÓN DE ESPAZOS O recinto educativo consta de dous edificios independentes rodeados de ampla zona verde axardinada, aparcamento e unha pista polideportida. Asemade contamos cun pavillón onde se imparte a clase de E. Física para o alumnado de E. Primaria. O pavillón utilízase asemade para celebrar os festivais da escola e para outros actos conxuntos . Os espazos comúns terán unha persoa responsable que será a encargada de: .-Ordenar o material CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
7
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
.-Elaborar un horario, xunto coa xefatura de estudos para optimizar o seu uso. .-Detectar novas necesidades de materiais .-Elaborar o inventario do material que será posto a disposición do secretario do centro para adxuntar o inventario xeral. .-Elaborar unhas normas de uso do espazo e dos materiais. A persoa responsable será nomeada polo Equipo directivo durante dous cursos académicos. 3.1. Utilización dos espazos durante o horario lectivo: A utilización dos espazos dentro polas seguintes normas básicas :
do horario lectivo rexirase
a) Tanto pais/nais e profesores/as, como o persoal que teña trato directo cos alumnos/as, ou acceso ao centro, deberán ter unha conduta correcta que evite os malos exemplos. b) Ningunha persoa allea ao Centro deberá permanecer nel sen permiso do Director/a. c) Non se poderá fumar en ningunha dependencia do centro. d) Non se poderá introducir no centro ningún instrumento susceptible de ser usado como obxecto agresor. e) Os alumnos/as, sen o permiso do mestre/a, non poderán estar en dependencias alleas aos seus lugares habituais de traballo. f) As subidas e baixadas ás aulas deberán realizarse ordenadamente. g) Os alumnos/as que utilicen o servizo de comedor, respectarán ao persoal encargado do seu coidado e manterán un comportamento adecuado en todo momento. h) O mestre/a que se atope en clase ao iniciarse o recreo, comprobará que a luz quede apagada e a porta pechada. i) Os alumnos/as non permanecerán nas aulas e nos corredores durante os recreos, se non están acompañados dun profesor/a. j) Nas horas de recreo, os alumnos/as respectarán os xogos dos demáis e contribuirán a manter limpo o patio k) Nos cambios de clase, os alumnos/as permanecerán en clima de traballo, dentro das súas aulas a espera de que chegue o mestre/a l) Os alumnos/as ao saír das clases, deixarán recollido o seu material, m) A Biblioteca será un espazo integrador de todas as aprendizaxes. Todo o alumnado pode ter acceso ao seu uso e disfrute, incluso na modalidade de préstamo domiciliario sempre e cando se respeten horarios e normas básicas do seu funcionamento. n) En todo o Centro (aulas, corredores, patios, comedor, ximnasio, aula de informática, biblioteca, ..) os alumnos/as manterán un comportamento correcto, respectando o material e mobiliario. o)Os alumnos/as utilizarán únicamente os seus lavabos e farán uso responsable do papel hixiénico , da auga e do xabón p)O alumnado non poderá abandoar o recinto escolar en horario lectivo sen permiso expreso . CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
8
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
O comezo de cada curso, cada ciclo presentará á Comisión de Coordinación Pedagóxica, e a través do coordinador de ciclo, unha proposta das necesidades de uso dos espazos comúns . Analizadas ditas peticións pola Comisión de coordinación pedagóxica e oído o informe da mesma, será o Equipo directivo quen asigne a utilización dos espazos sempre tendo en conta que os criterios que priman para a asignación dos mesmos , solicitados por máis dunha persoa, son os seguintes: . Preferencia das actividades de carácter xeral, fronte ás específicas ou esporádicas. .Preferencia polas actividades que requiran concurrencia de ciclos ou cursos completos, fronte a grupos máis reducidos. Tódas as dependencias de uso común, disporán do correspondente horario de utilización que se elaborará a principio de curso, xunto co horario xeral do centro, en función das necesidades plantexadas polo profesorado do centro O horario de cada unha das dependencias fixarase mensualmente nun lugar visible das devanditas aulas. 3.2. Utilización dos espazos fora do horario lectivo: As instalacións do centro poranse sempre á disposición da Administración para a formación do profesorado, cursos para educación de adultos, etc... Para a utilización das instalacións por parte de Entidades ou persoas alleas á Comunidade Escolar, presentarase unha solicitude á Dirección, que solicitará do Consello Escolar o preceptivo informe para a súa posterior tramitación á Delegación Provincial de Educación, tendo en conta o informe da Inspección Educativa. Para o uso ocasional ou excepcional pode autorizalo o Director/a. Para o uso das instalacións por parte da ANPA, actividades formativas, grupo de mestres/as, etc... requírese a solicitude ao Director/a cunha antelación mínima de tres días, en todos os casos sen alteración das actividades docentes e comprometéndose ao coidado das instalacións En todo caso, sexa a dirección do centro ou o Consello escolar, para aprobar a utilización das dependencias e espazos do centro fóra do horario lectivo o órgano que o autorice deberá ter coñecemento de: _ Tipo de actividade _ Horario, datas..... _ Persoa adulta responsable, que será a única a quen poidan esixirlle responsabilidades a tódolos efectos: sobre persoas, materiais e instalación que queden ó seu cargo. CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
9
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
En ningún caso haberá alumnado nas dependencias do centro sen estar asistido por unha persoa adulta responsable. 3.3. Normas de uso da biblioteca: O Centro ofrece a toda a Comunidade educativa os servizos da súa biblioteca, para o cal, se propuxeron unha serie de normas de funcionamento, que como membros desta comunidade debemos coñecer, consensuar e participar nelas. Haberá unha persoa encargada da dinamización da biblioteca,que realizará as súas función por un período consecutivo de dous anos. Tamén haberá un grupo de apoio que colaborará co mestre/a dinamizador nas actividades de catalogación e animación lectora. A biblioteca ofrece os seus servizos durante toda a xornada escolar. Tamen permanecerá aberta de luns a xoves de 16:00 a 17:30 horas Ao comezo de cada curso, a persoa encargada da biblioteca dará a coñecer as normas básicas e a estrutura de funcionamento da mesma. En liñas xerais terase en conta que: 1. Todos os materiais deberán ser tratados con respecto e coidado. Se un alumno/a perde un libro o deteriora calquer outro material deberá abonar o seu importe 2.Temos que gardar silencio ou falar moi baixiño para non molestar. 3. O préstamo de libros farase manualmente mentres os fondos non estean informatizados mediante o programa MEIGA. 4. Na Biblioteca non se pode comer nin beber 5.- Hai que coidar o mobiliario: mesas, cadeiras, andeis, ordenadores 6.-Temos que usar os marcadores para saber onde están os libros e evitar o desorden nos andeis. 7.-Os libros devoltos colocaranse na cesta de “devolucións”. 8. A principio de cada curso establecerase un horario de uso da biblioteca que se colocará nun lugar visible e tendo en conta as necesidades de cada curso. 3.4 .Normas de utilización da aula de informática: O mestre/a dinamizador das TIC contará cun grupo de apoio formado por mestres/as de todos os ciclos. Será esta comisión a encargada, entre outras funcións, de revisar as normas do uso da aula de informática e velar polo seu cumplimento. Estar normas son: 1. Os alumnos/as non poderán traer xogos das súas casas para utilizar na aula de informática, pois poden conter virus ou tratarse de xogos pouco educativos.
CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
10
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
2. Os alumnos/as non poderán descargar programas de Internet xa que o “pirateo” está prohibido pola Lei. De precisar descargar algún programa para realizar algún traballo específico será o profesor/a o encargado de facelo. 3. Cada grupo de alumnos/as que traballe nun ordenador abrirá unha carpeta co seu nome na que arquivará tódolos seus traballos no cartafol “os meus documentos”. 4. O mestre/a sempre supervisará o labor dos alumnos/as en cada ordenador. Os ordenadores non poden aparecer DESORDENADOS. Antes de finalizar a clase, o mestre/a encargado supervisará os ordenadores para que non aparezan arquivos ou carpetas fóra do seu lugar. 6. Os ordenadores non son un xoguete. En todo momento a tarefa que estean realizando deberá estar controlada polo profesor/a e ter fins educativos. Se o ordenador estase a utilizar con fins lúdicos será sempre supervisado polo mestre/a. 7. Non está permitido poñerlle unha clave de acceso ao ordenador. 8. No taboleiro da aula hai unha base de datos dos CD Roms que hai instalados nos ordenadores . 9. As incidencias técnicas que sucederon durante a sesión quedaran rexistradas no “informe de avarías” que está na porta da aula de informática 10.O videoproxector apagarase despois de ser utilizado 11.Ao remate da clase comproborase que os CD roms que se utilizaron non queden nos ordenadores.Serán colocados na caixa correspondente dentro do armario . Se se utilizaron os auriculares, quedarán colgados no seu lugar . 13.Os usuari@s da aula das últimas sesións da mañá deberán deixar os equipos apagados. Os alumnos/as están obrigados a reparar os danos que causen individual ou colectivamente aos equipos informáticos e ao software ou a facerse cargo do seu custo económico ou reparación. 3.4. Normas do comedor: a) O alumnado do comedor permanecerá, durante o horario do comedor, dentro do recinto escolar. Os colaboradores/as son os encargados da súa atención durante o devandito período. b) Velarase por establecer o aspecto educativo do comedor e desenvolvemento de actividades socializantes. Ademais traballaranse normas e hábitos de hixiene co fin de cubrir obxectivos relativos ao tema.
CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
11
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
c) Os recibos do comedor escolar pasaranse ao cobramento a traves de domiciliación bancaria nos dez primeiros días do mes d) En caso de devolucións reiteradas de recibos do comedor, o Consello Escolar poderá dar de baixa de forma definitiva ao alumno/a no comedor escolar, aínda que se buscarán sempre fórmulas para emendar o problema e evitar a baixa. e) O alumnado de comedor, durante o seu horario, entrará só naquelas dependencias do centro sinaladas polos colaboradores e, co seu permiso e supervisión. f) Co obxectivo de mellorar a convivencia, esixirase respecto entre o alumnado, entre os colaboradores/as , e o persoal do centro en xeral. g) Respectarase o material escolar, deportivo, recreativo, as distintas dependencias, os espazos axardinados, etc. h Os colaboradores/as son os que en todo momento resolverán os problemas e discusións que xurdan. Chegado o caso, se a situación o require, poderán solicitar a intervención da persoa encargada do comedor, e ou do director/a do centro. i) O menú diario será único para todos os alumnos/as. Terase en conta a intolerancia a certos alimentos, naqueles usuarios/as que a xustifiquen, segundo recolle a normativa de Comedores Escolares da Xunta de Galicia j) A persoa encargada do comedor levará un rexistro de convivencia (ver “Rexistro de condutas de comedor” do Anexo do presente Regulamento) onde se recollerán as faltas de disciplina e incidentes que se produzan nesta franxa horaria.Tamén se informará os pais/nais por escrito, cando algún alumno/a teña problemas coa comida. As normas de convivencia básicas que hai que ter en conta para facer uso deste servizo son : 1. Respectar e obedecer aos adultos que organizan o comedor. 2. Tratar o seus compañeiros/as con respecto 3.-Cumprir as normas básicas de educación na mesa. 4. Falar en voz baixa e non berrar Todo alumno/a que non cumpla estas normas pode ser privado do dereito deste servizo
CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
12
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
4. RECURSOS HUMANOS A actividade educativa que se desenvolva no centro estará sempre suxeita ás normas legais que ao respecto se encontren en vigor, incluíndo as ordes de inicio de curso que publique a Administración educativa. Os órganos colexiados e unipersoais de goberno do centro garantirán, nos seus respectivos ámbitos de competencia, o efectivo exercicio de dereitos e deberes dos alumnos/ás e velarán polo cumprimento das Normas de conduta. A tal fin, adoptarán as medidas preventivas necesarias que faciliten a comunicación constante do profesorado coas familias dos alumnos/ás e que favorezan a asunción das normas de convivencia por parte de todos os sectores da Comunidade Educativa. Os órganos de goberno e de coordinación, os equipos educativos e os titores/as fomentarán a aprendizaxe e a práctica de condutas de responsabilidade e de respecto, e de esixencia de cumprimento de deberes e exercicio de dereitos de cada cual, como un dos fins primordiais de toda actividade educativa. Corresponde aos Titores/as, no ámbito de aplicación do Plan de Acción Titorial,a coordinación dos mestres/as que imparten docencia no seu grupo siendo mediadores entre profesorado, alumnado e familias. Os mestres/as titores/as impulsarán actuacións relacionadas coa boa convivencia na escola, incorporarán contidos proactivos de mellora da convivencia na aula e no centro e terán coñecemento das actuacións inmediatas e das medidas adoptadas polos mestres/as e/ou polos órganos competentes das medidas correctivas aplicadas no seu grupo. Os mestres/as de cada grupo, coordinados polo titor/a, constitúen o Equipo docente responsable, en primeira instancia, da prevención de conflitos e do respecto das normas de convivencia na aula. Todos os mestres/as do centro estarán involucrados no mantemento dun bo clima de convivencia, e no cumprimento das Normas de conduta establecidas. Asemade todos os mestres/as deberán incluir nos seus programacións contidos e actitudes favorables á mellora da convivencia. No exercicio da súa actividade docente tanto dentro como fóra do centro, actuarán investidos como
autoridade pública.
Tal e como se desprende dos obxectivos xerais do Centro, as
relacións persoais na escola estarán baseadas no respecto e a
tolerancia: a) Respectaranse a integridade física e moral dos demais, absténdose de enfrontamentos, insultos, burlas, furtos, humillacións e bromas de mal gusto. b) Alumnos/ás e profesores/ás escoitarán as suxestións que respectuosamente se fagan sobre actitudes, relacións, métodos CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
13
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
docentes, avaliacións, etc. c) Os alumnos/ás comportaranse correctamente nas entradas, saídas, cambios de aula, etc. d) Cada aula ou grupo de alumnos /as rexerase, á parte de por este Regulamento, por unhas normas de convivencia que serán debatidas e aprobadas polo colectivo en presenza do seu titor/a. Estas normas non poderán entrar en contradición co Regulamento, nin con normas de rango superior. e) Cando se incorra en condutas tipificadas como agresión física ou moral aos seus compañeiros/ás ou demais membros da Comunidade Educativa, se deberá reparar o dano moral causado mediante a presentación de escusas e o recoñecemento da responsabilidade nos actos, ben en público ben en privado, segundo corresponda pola natureza dos feitos e de acordo co o cal determine o órgano competente para impoñer a corrección. 4.1.- Profesorado A asignación do profesorado aos distintos ciclos, niveis ou áreas corresponde, oído o claustro, á dirección de acordo coas instruccións ditadas para tal efecto pola Administración educativa. Os mestres/as teñen os dereitos e deberes que, como funcionarios docentes, a lexislación establece. 4.1.1 Dereitos e deberes do profesorado. Aos mestres/as recoñécense os seguintes dereitos: -A ser respectados, recibir un trato adecuado e ser valorados pola comunidade educativa e pola sociedade en xeral, no exercicio das súas funcións. -A protección xurídica adecuada ás súas funcións docentes -A que se lle recoñezan as facultades precisas para manter un adecuado ambiente de convivencia durante as clases e as actividades complementarias. -A ser informados de todo o que acontece na Comunidade educativa relevante na súa práctica profesional. -Liberdade de pensamento e cátedra -Usar a lingua que escolla (dentro dos termos establecidos pola lei). -A desenvolver a súa función docente nun ambiente educativo adecuado no que se preserve a súa integridade física e moral. -A recibir información referente ao alumnado por parte das familias. - Dispoñer do material suficiente, dentro das posibilidades do Centro, para realizar correctamente a súa función pedagóxica, e a que se teñan en conta as súas opinións á hora de confeccionar o presuposto de gastos. -Elixir, de acordo coa Lei e cos criterios que establezan os órganos correspondentes, titoría ou especialidade.
CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
14
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
Son deberes dos profesores/as: -Respectar e facer respectar as normas de convivencia escolar e a identidade, integridade e dignidade persoais dos alumnoa/as -Colaborar activamente na prevención, detección e erradicación das condutas contrarias á convivencia. -Informar ás nais, país ou titores sobre o progreso da aprendizaxe e integración socioeducativa dos seus fillos/as ou pupilos. -Informar aos responsables do centro docente, e de ser o caso á Administración educativa, das alteracions de convivencia, gardando reserva e sixilo profesional, sobre a información e as circunstancias persoais e familiares dos alumnos/as. -Xustificar os retrasos e ausencias. -Colaborar con toda a comunidade educativa no bo funcionamento do centro. -Atender as reclamacións dos pais, nais ou titores/as. -Cumprir os principios e normativas establecidas no Proxecto educativo - Facilitar aos pais, nais ou titores o horario de entrevistas de xeito que sexa razoablemente compatible coas obrigacións laborais e familiares 4.1.2. Funcións xerais do profesorado. Considérase que as funcións xerais do profesorado son as sinaladas pola lexislación vixente, pero coa intención de contribuír a un mellor funcionamento da tarefa educativa do noso centro, acórdase que estas funcións se desenvolvan atendendo aos seguintes principios: a.- Todo o profesorado velará polo cumprimento da lexislación educativa actual e do presente regulamento facilitando co seu traballo a consecución da tarefa educativa do centro. b.-Cada mestre/a deberá elaborar ao comezo de curso a programación didáctica da súa area curricular de acordo as directrices sinaladas no Proxecto Educativo. A devandita programación deberá axustarse ás pautas elaboradas pola Comisión de Coordinación Pedagóxica ao respecto. Unha copia da devandita programación será entregada á xefatura de estudos c.-Todos os mestres/as, dentro das súas responsabilidades e competencias, deben colaborar no correcto funcionamento do centro en todos os seus aspectos e ámbitos de xestión. d.-Todo o profesorado debe contribuír a manter unha relación fluída e de colaboración coas familias do seu alumnado respectando sempre o principio de intimidade persoal así como a custodia do segredo sobre as deliberacións e vida interna do centro que pola súa singularidade non deban ser comunicadas ás familias. CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
15
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
A labor educativa do profesorado rexerase polos principios de cooperación e coordinación, buscando a conxunción de esforzos para conseguir os obxectivos e fins educativos do centro. O labor educativo do profesorado deberase axustar aos acordos do Claustro e dos órganos de xestión e coordinación do centro, ao Proxecto Curricular e aos Plans Anuais que o desenvolvan. O mantemento de procesos de avaliación interna, e da súa conseguinte toma de decisións, constituirán tarefa permanente do centro e do seu profesorado. 4.1.3.-Función do profesorado de garda nos recreos: O horario do recreo é de luns a venres dende as 11:30 ata as 12:00. Os encargados/as da vixiancia chegarán puntuais ao recinto do patio e cumprirán as seguintes funcións: Controlar que o alumnado entre de forma ordenada, sen correr nen berrar ás respectivas aulas.. Atender ao alumnado que o precise e seguir o protocolo de actuación en caso de accidente Vixiar os puntos máis conflitivos: zona dos aseos, porches... Solucionar, na medida do posible os problemas que poidan xurdir durante o período de lecer e comunicarlle ao titor/a os incidentes mais severos para que tome as medidas oportunas. Auxiliar aos alumnos/as en caso de enfermidade ou accidente. Se fose necesario avisarase a unha ambulancia, para que os trasladen ao servizo de Urxencias. Velar para que nos días de chuvia o alumnado permaneza no patio cuberto. Non se poderá xogar con pelotas nos porches Comprobar que o alumnado suba as aulas unha vez rematado o recreo. A vixiancia do tempo de recreo está organizada polo sistema de quendas tendo en conta a ratio do alumnado de E.Infantil e primaria Corresponde a Xefatura de estudos dar a coñecer estas quendas ao comezo de curso. Finalizado o seu período de garda, o profesor /a de garda deberá comunicar ao titor/a ou ao xefe/a estudos,se é o caso, calquera incidencia que se tivese producido digna de mención. En caso de que o mal tempo obrigase a permanecer ao alumnado nas aulas, o titor/a farase cargo do seu grupo.
CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
16
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
4.1.4.-Funcións específicas do mestre titor/a: O profesorado titor/a terá as seguintes funcións específicas: -Facilitar ao alumnado unha boa integración no centro educativo e na aula, fomentando a participación nas actividades propostas - Levar a cabo un seguimento global dos procesos de aprendizaxe do alumno/a - Canalizar as demandas, inquietudes, queixas etc... do alumnado -Informar, consensuar e desenvolver o Plan de Acción Titorial (PAT) implicando ao alumnado nas actividades derivadas del nas súas vertentes: escolar, persoal e profesional. -Intercambiar co profesorado do curso informacións sobre as características do alumnado e as súas implicacións na programación, avaliación e na relación educativa. -Coordinar o proceso de avaliación dos alumnos/as do seu grupo. - Colaborar nas adaptacións do currículo: adaptacións curriculares, intervención educativa específica, diversificación curricular e actividades de reforzó. - Informar ao alumnado das normas xerais do centro e elaborar as normas de aula -Remitir por escrito as faltas de asistencia dos alumnos/as ás familias e solicitar a súa xustificación. -Manter unha relación permanente coas familias. -Facilitar aos pais e nais asesoramento en aspectos tales como: resolución de problemas de aprendizaxe e conduta, organización e planificación do estudo, toma de decisións académicas e profesionais, en colaboración, se é o caso, co Departamento de Orientación. -Comunicar as familias ou titores legais no momento en que reciba a notificación por parte do profesorado especialista dunha conduta contraria as normas de convivencia dalgún dos seus alumnos/as. Ao principio de curso, cada titor/a, reunirase co grupo de pais/nais ou titores dos alumn@s para tratar das liñas xerais do plan de traballo, criterios de avaliación, etc... Se ao final do mes de xaneiro, o titor/a non tivese podido contactar coa familia dalgún neno/a, deberá comunicalo a Xefatura de Estudos que arbitrará as medidas oportunas para solucionar esta circunstancia. 4.1.5.-Permisos e licenzas do profesorado: O réxime de permisos e licenzas do persoal docente vén regulado na Orde de 7 de abril de 2008 Os permisos solicitaranse por escrito a Dirección coa máxima antelación posible segundo o modelo oficial (situado na sala do profesorado). A mera presentación da solicitude non implica o Visto E Prace de Dirección, polo que se deberá confirmar a concesión do CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
17
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
permiso. A principio de Dirección, por se hai algunha modificación que facer, e despois enviarase unha copia a Inspección. Cando un mestre ou mestra teña previsto faltar deixara en Xefatura de estudos unha planificación de tarefas que o mestre/a de garda desenvolverá. Correspóndelle a Xefatura de estudos elaborar un plan de substitucións que deberá ser consultado polo profesorado de garda. 4.2. Alumnado 4.2.1.Dereitos do alumnado : 4.2.1.1.- Dereito a unha formación integral Todos os alumnos/as teñen dereito a recibir unha formación integral que contribúa ao pleno desenvolvemento da súa personalidade. Este dereito implica: a) A formación no respecto aos dereitos e liberdades fundamentais e nos principios democráticos de convivencia. b) Unha educación emocional que lle permita afrontar axeitadamente as relacións interpersoais. c) A adquisición de habilidades, capacidades e coñecementos que lle permitan integrarse persoal, laboral e socialmente. d) O desenvolvemento das actividades docentes con fundamento científico e académico. e) A formación ética e moral. f) A orientación escolar, persoal e profesional que lle permita tomar decisións de acordo coas súas aptitudes e capacidades. 4.2.1.2 Dereito a ser respectado Todos os alumnos/as teñen dereito a que se respecten a súa identidade, integridade e dignidade persoais. Este dereito implica: a) A protección contra toda agresión física, emocional ou moral. b) O respecto á liberdade de conciencia e ás súas conviccións ideolóxicas, relixiosas ou morais. c) A disposición no centro dunhas condicións axeitadas de seguridade e hixiene, a través da adopción de medidas axeitadas de prevención e de actuación. d) Un ambiente de convivencia que lle permita o normal desenvolvemento das actividades académicas e fomente o respecto mutuo. e) A confidencialidade nos seus datos persoais sen prexuízo das comunicacións necesarias para a Administración educativa e a obriga que houber, se é o caso, de informar a autoridade competente. 4.2.1.3 Dereito a ser avaliado obxectivamente Todos os alumnos/as teñen dereito a que a súa dedicación, esforzo e rendemento sexan valorados e recoñecidos con obxectividade. CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
18
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
Este dereito implica: a) Recibir información acerca dos procedementos, criterios e resultados da avaliación, de acordo cos obxectivos e contidos do ensino. b) Obter aclaracións do profesorado e, no seu caso, efectuar reclamacións respecto dos criterios, decisións e cualificacións obtidas nas avaliacións parciais ou nas finais do curso escolar, nos termos que regulamentariamente se estableza. Este dereito poderá ser exercitado no caso de alumnos menoresde idade polos seus pais ou titores legais. 4.2.1.4 Dereito a participar na vida do centro Todos os alumnos/as teñen dereito a participar na vida do centro e no seu funcionamento nos termos previstos pola lexislación vixente. Este dereito implica: a) A posibilidade de manifestar de forma respectuosa as súas opinións, individual e colectivamente, con liberdade, sen prexuízo dos dereitos de todos os membros da comunidade educativa e do respecto que, de acordo cos principios e dereitos constitucionais, merecen as persoas e as institucións. c) Recibir información sobre as cuestións propias do seu centro e da actividade educativa en xeral. 4.2.1.5. Dereito a protección social Todos os alumnos/as teñen dereito a protección social, de acordo co disposto na lexislación vixente e no marco das disponibilidades presupostarias. Este dereito implica: a) Dotar aos alumnos/as de recursos que compensen as posibles carencias ou desvantaxes de tipo persoal, familiar, económico, social ou cultural, con especial atención a aqueles que presenten necesidades educativas especiais, que impidan ou dificulten o acceso e a permanencia no sistema educativo. b) Establecer as condicións axeitadas para que os alumnos/as que sufran unha adversidade familiar, un accidente ou unha enfermidade prolongada, non se vexan na imposibilidade de continuar ou finalizar os estudos que estean a cursar. 4.2.2.Deberes do alumnado 4.2.2.1. Deber de estudar Todos os alumnos/as teñen o deber de estudar e esforzarse para conseguir o máximo rendemento académico, segundo as súas capacidades, e o pleno desenvolvemento da súa personalidade. Este deber implica: a) Asistir a clase respectando os horarios establecidos e participar nas actividades académicas programadas. b) Realizar as actividades encomendadas polos mestres/as no CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
19
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
exercicio das súas funcións docentes, así como seguir as súas orientacións e directrices. 4.2.2.2 Deber de respectar aos demáis Todos os alumnos/as teñen o deber de respectar os demais. Este deber implica: a) Permitir que os seus compañeiros/as poidan exercer todos e cada un dos dereitos establecidos neste Regulamento. b) Respectar a liberdade de conciencia, as conviccións relixiosas e morais e a dignidade, integridade e intimidade de todos os membros da comunidade educativa, e evitar calquera discriminación por razón de nacemento, raza, sexo ou calquera outra circunstancia persoal ou social. c) Demostrar bo trato e respecto a todos os alumnos/as e aos profesionais que desenvolven a súa actividade no centro, tanto no referido á súa persoa coma ás súas pertenzas. 4.2.2.3.Deber de participar nas actividades do centro Todos os alumnos/as teñen deber de participar nas actividades que configuran a vida do centro. Este deber supón: a) Respectar e cumprir as decisións do persoal do centro, nos seus ámbitos de responsabilidade, así como dos órganos unipersoais e colexiados, sen prexuízo de facer valer os seus dereitos cando considere que tales decisións vulneran algún deles. 4.2.2.4. Deber de contribuir a mellora de convivencia no centro Todos os alumnos/as seguindo as canles establecidas no centro, teñen o deber de colaborar na mellora da convivencia escolar e na consecución dun axeitado clima de estudo e respecto. Este deber implica: a) Respectar as normas de organización, convivencia e disciplina do centro, establecidas no Regulamento de réxime interior. b) Participar e colaborar activamente co resto de persoas do centro para favorecer o desenvolvemento das actividades e, en xeral, a convivencia no centro. c) Respectar, conservar e utilizar correctamente as instalacións do centro e os materiais didácticos. 4.2.2.5.Deber de cidadanía. Todos os alumnos/as teñen o deber de coñecer e respectar os valores democráticos da nosa sociedade, expresando as súas opinións respectuosamente e facendo uso responsable dos recursos do centro 4.2.3.Admisión do novo alumnado A Admisión do alumnado novo corrresponde ó Consello Escolar e sempre de acordo coa lexislación vixente (Decreto30/2007, do 15 CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
20
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
de marzo, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación e Orde do 17 de marzo de 2007 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos).
O comezo de cada curso teranse confeccionadas as listas provisionais pola secretaría do centro que serán entregadas a cada un dos mestres/as titores/as e especialistas. 4.2.4.Criterios de agrupamento: O noso centro consta de dúas etapas, a Educacion infantil e a primaria. A maioría do alumnado que se incorpora faino a iniciar a escolaridade, en Educación infantil. A partir de primaria temos dúas aulas para cada un dos niveis. O agrupamento dos alumn@s será mixto e flexible, favorecerá a coeducación, a aprendizaxe cooperativa e evitarase calquera tipo de discriminación por razón de sexo, relixión, rendemento escolar, discapacidades, etc... Os criterios xerais de agrupamento do alumnado en aulas que temos en conta son os seguintes: a.-Orde alfabética. b.-Igual número de alumnado nas distribución dos grupos c.-Equilibrar o número de nenos/as en cada un dos grupos d.-Conflitos entre nenos/as e.-En caso de xemelgos ou irmáns no mesmo nivel, procurarase que estean en aulas diferentes 1. O agrupamento do alumnado será por orde alfabética dende educación infantil, tentando nivelar o número de nenos e de nenas en cada unha das aulas. 2. En liñas xerais procurarase manter o grupo-aula nos cambios de ciclo. O alumnado novo incorporarase ás aulas segundo o seguinte procedemento · Orde alfabética, se os grupos teñen igual número de nenos/as. . Se hai diferente número de nenos/as, irá en xeral para a clase onde hai menos alumnos/as, pero terase en conta as características das dúas aulas: nenos/as con dificultades académicas , con problemas de conduta…. Nestes casos consultarase co Orientador/a , titores/as , especialistas e profesorado implicado nas dúas aulas. 3. O alumnado con NEE e os repetidores serán repartidos en partes iguais nas dúas aulas. En xeral por orde alfabética, pero se hai dúbidas polas características da aula, contarase coa información do
CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
21
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
Departamento de Orientación e do profesorado que lles deu clase para ver en que aula se deben de colocar. 4. En caso de xemelgos ou ben irmáns no mesmo nivel, en xeral, procurarase que cada un esté en diferente aula. 5. Durante o mes de xuño, prestarase especial atención ao agrupamento do alumnado que remata á Educación infantil, e ao alumnado daqueles niveis que teñen un desfase entre eles, para establecer medidas excepcionais nos agrupamentos. Ademáis da distribución do alumnado por aulas, apostamos por diversos modelos de agrupamentos flexibles, que non sempre son posible, dado as carencias de espazos e profesorado, pero que enriquecen o proceso educativo e inciden positivamente na adquisición das competencias básicas comúns e transversais. A diversidade de agrupamentos cumpre varios obxectivos: 1. Proporciona un maior coñecemento e aceptación entre os alumnos/as. 2. Proporciona unha mellor explotación das actividades escolares 3. Constitúe un instrumento de adecuación metodolóxica ás necesidades dos nosos alumnos/as. 4. É un instrumento para ter en conta as diferencias individuais de aprendizaxe de cada persoa e favorece que cada un atope a súa forma más idónea de aprender. Cremos que é enriquecedor para o alumnado e para o grupo ter flexibilidade en canto aos agrupamentos, dependendo das características dos alumnos/as e das actividades que se realicen. En ningún momento un alumno/a pode ser discriminado por razón de raza, sexo.... ou calqueira outro motivo. 4.3. Profesorado en prácticas Cada mestre/a do centro decidirá libremente si desexa acoller ou non ao profesorado en prácticas. Se decide acollelo e o Claustro o aproba, dito acordo considerase indefinido ata que o profesor manifeste o contrario. Se hai varios mestres/as interesados en acoller a un mestre de prácticas, será o Equipo directivo, unha vez oído ao mestre de prácticas, quen decida onde desenvolverá as súas funcións. O profesorado en prácticas cumprirá o horario escolar do centro durante a súa estancia no mesmo. Poderá impartir clases sempre coa supervisión do profesor có acolle e nunca poderá ser utilizado coma un substituto deste.
CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
22
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
4.4. Persoal laboral non docente Considérase persoal non docente, para efectos administrativos, a aquel cuxa actividade dentro do centro, non sexa a de impartir ensino regulado aos alumnos/as. O persoal laboral non docente (porteiro/a, cociñeiras,) terán os dereitos e obrigacións establecidos nos seus propios regulamentos e convenios laborais. Será o Director do centro o encargado de coordinar, dirixir e supervisar a actividade de funcionamento do persoal e servizos adscrito ao seu centro. A este persoal recoñécenselles os seguintes dereitos: -Todos os que se establezan no Estatuto dos Traballadores e figuren na súa contratación laboral. -A expoñer cantas suxestións e reclamacións considere oportunas no ámbito das súas competencias, ante a Dirección do Centro. - A que se respecte a súa dignidade e a ser oído pola Dirección do Centro ante reclamacións ou queixas de terceiros. -A ser respectados, recibir un trato adecuado e ser valorados/as pola comunidade educativa e pola sociedade en xeral no exercicio das suas funcións. -A desenvolver as súas funcións nun ambiente adecuado no que se preserve en todo caso a súa integridade física e moral -A participar, no exercicio das súas funcións, na mellora da convivencia escolar. Don deberes deste persoal : -Os que dimanen da súa contratación laboral. -Respectar e colaborar, para facer que se respecten as normas de convivencia escolar. -Colaborar activamente na prevención, detección e erradicaciónde condutas contrarias á convivencia -Informar aos responsables do centro docente de alteracións da convivencia.
4.5. Familias Aos pais ou titores legais, como primeiros responsables da educación dos seus fillos ou pupilos, correspóndelles adoptar as medidas necesarias, solicitar a axuda correspondente e colaborar co centro para que o seu proceso educativo se leve a cabo de forma adecuada, asistindo a clase e ás actividades programadas. As familias teñen os dereitos e deberes que, como tales, a lexislación lles otorga. Entre os seus dereitos están:
CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
23
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
a.-A estar informados sobre o progreso de aprendizaxe e integración socioeducativa dos seus fillos/as ou pupilos b.- Poder asistir polo menos a unha reunión anual coa titoría do seu fillo para informarlle da marcha do curso. Dita reunión deberá ser informado do presente R.R.I. e de P.E..do centro. c.- Poder solicitar entrevistas que o profesor titor ou con calquera profesorespecialista do seu fillo/a para poder informarse de calquera asunto relacionado co centro ou coa marcha do aprendizaxe do seu fillo. d.-Poder solicitar entrevistas co equipo directivo, para solucionar calquera problema e.-A recibir información sobre as normas que regulamentan a convivencia nos centros e a ser oídos nos procedementos disciplinarios para a imposición de medidas correctoras. Os seus deberes poderiamos resumilos nos seguintes puntos: -Asistir as reunión convocadas polo centro ou mestres/as -Xustificar as faltas de asistencia -Preocuparse de que o seu fillo/filla acuda á escola con puntualidade e co material preciso. -Coñecer a evolución do proceso educativo dos seus fillos ou pupilos,e sempre que sea requerido por algún m mestre, titor, o membro do equipo directivo. - Estimular aos seus fillos/as ou pupilos cara ao estudo e implicarse de xeito activo na mellora do seu rendemento e, no seu caso, da súa conduta. - Adoptar as medidas, recursos e condicións que faciliten aos seus fillos/as ou pupilos a súa asistencia regular a clase así como o seu progreso escolar. - Respectar e facer respectar aos seus fillos/as ou pupilos as normas que rexen o centro escolar, as orientacións educativas do profesorado e colaborar no fomento do respecto e o pleno exercicio dos dereitos de todos os membros da comunidade educativa -Potenciar a darle valor as actividades relacionadas co centro diante dos nenos/as En caso de falta de oportunidades, ou carencias dun neno/a para mercar material, ou para asistir a alguna saída complementaria, a Comunidade educativa intentará buscar algunha solución. 5. FUNCIONAMENTO DOS SERVIZOS EDUCATIVOS 5.1. Servizo de transporte O colexio conta con seis liñas de transporte. Segundo a normativa vixente o alumnado ten dereito a este servizo dende Educación infantil de 3 anos. Os autobuses levarán un rótulo indicativo co nome do colexio e o número de ruta que realizan. En cada autobús irá un acompañante que será o responsable de organizar as baixadas e subidas de facer manter ao alumnado as CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
24
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
normas básicas de educación viaria como usuarios de transporte escolar: permanecer sentados, non berrar, non molestar ao condutor O Secretario do centro entregará a cada usuario/a do transporte, a comezo do curso, un “carné” de transporte no que constan datos: datos persoais, empresa de transporte, número de liña, parada asignada, domicilio, teléfono… O alumno/a deberá de levar este carné sempre que faga uso do transporte. Calquer cambio no transporte deberá ser comunicado e solicitado previamente na Secretaria do centro. lA reiteración de comportamentos inaxeitados será motivo da perda de dereito deste servizo. 5.2. Servizo de comedor Os pais /nais do alumnado usuario do comedor deberán abonar as cotas que fixe o Consello Escolar, con excepción daqueles que puidesen gozar de bolsa ou axuda económica para este fin. Tamén poderán ser usuarios/as o persoal que presta os seus servizos neste e o profesorado que traballa no colexio abonando a cota correspondiente . O período comprendido entre as 14:00 a 16:00 horas do mediodía non ten carácter lectivo nin de recreo vixiado polo profesorado e é, polo tanto, o persoal coidador o responsable da atención e vixilancia dos alumnos/as (baixo a supervisión do mestre/a encargado/a do mesmo e o director/a do centro) diferenciándose, á súa vez, estes dous subperíodos. -O tempo de comedor propiamente dito (tempo da comida). -O período anterior e posterior ao mesmo correspondente a actividades recreativas e lúdicas. Para estes efectos, considéranse funcións de atención ao alumnado, ademais da imprescindible presenza física durante a prestación do servizo de comedor e do posterior recreo, as relativas á orientación en materia de educación para a saúde, de adquisición de hábitos sociais e dunha correcta utilización e conservación do utensilios de comedor, e cantas outras actitudes tendan á vixilancia e coidado dos alumnos/as. Consecuentemente co anterior establécese que as funcións fundamentais do persoal colaborador son as seguintes: -Conseguir hábitos de hixiene nos escolares: lavar as mans, manipulación de alimentos, uso correcto de cubertos, etc. -Crear un ambiente de respecto tanto polo material coma polos compañeiros/as e persoal de comedor: entrar ordenadamente e sentarse correctamente, falar en bo ton e con educación, etc. -Axudar aos alumnos/as no servizo de comidas. -Potenciar a adquisición de hábitos de alimentación nos escolares, velando para que éstes/as coman unha cantidade suficiente do menú CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
25
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
diario. -Atender aos alumnos/as que puidesen sufrir algún accidente. -Velar para que os nenos non saian do recinto escolar. Cando o persoal coidador detecte signos de desobediencia ou mal comportamento dos alumnos/as informará ao mestre/a encargado deste servizo para que tome as decisión oportunas en cada caso. Aqueles pais, nais cuxos fillos/as precisen algún réxime especial de comidas, ou padezan intolerancia a determinados alimentos, deberán comunicalo por escrito (con xustificante médico) ao mestre/a encargada do comedor para que esta circunstancia poida terse en conta na elaboración dos menús. A organización e administración do comedor corresponde ao Consello Escolar.En última instancia é o Director/a o máximo responsable de dirixir e coordinar o servizo de comedor e exercerá a xefatura de todo o persoal. O mestre/a encargado de comedor será o responsable da elaboración mensual dos menús tendo en conta as necesidades nutricionais do alumnado e atendendo ao principio da importancia dunha dieta equilibrada e variada As familias de aqueles alumnos/as que por motivos de saúde ou crenza relixiosas, non poidan comer determinados alimentos comunicaránllelo por escrito ao encargado/a do comedor. 6. FUNCIONAMENTO DAS ACTIVIDADES: 6.1. Actividades complementarias Entendemos por Actividades Complementarias, non só as saídas fóra da escola senon tamén as actividades que axudan a desenvolver as competencias básicas do currículo.A finalidade destas actividades son: A formación íntegra do alumnado mediante a interacción social. Achegar ao alumnado á contorna real que lle rodea. Integración total da diversidade do alumnado Facer ao alumno/a máis autónomo/a na aprendizaxe e desenvolvemento persoal. Fomentar a lingua vehicular e adaptala ás diferentes situacións comunicativas O Equipo de Actividades Complementarias e extraescolares elaborará a principio de curso unha relación de saídas previstas para os distintos cursos ou ciclos en coordinación cos Equipos de ciclos e formará parte da Programación Xeral Anual O alumnado que por calquer motivo non participe na actividade será atendido no colexio, previo aviso á xefatura de estudos.
CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
26
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
Para a programación das diferentes actividades complementarias terase en conta : a.-A principio de curso entregarase unha autorización, que deberán firmar os pais/nais ou titores, para poder realizar as saídas que se realicen ao longo de curso. b.-Non se poderá sacar do centro, baixo ningún concepto, un alumno/a que non teña a autorización firmada para realizar a saída. c.-Previamente a realización da saída as familias recibirán unha nota informativa na que se lle comunica datos da saída como:lugar, horario previsto, data, cartos que deben aportar (se é o caso)… d.-En todas saídas irá polo menos un mestre/a por cada grupo de 20 alumnos/as (Artigo 76 do Regulamento Orgánico das Escolas de E.I. e dos colexios de E.P. D.O.G. 21/10/96). f.- Serán acompañantes nas saídas escolares preferentemente os titores/as, ou profesorado do mesmo nivel, ciclo ou os especialistas que incidan no mesmo. g.-O centro, con cargo a seus orzamentos, sufragará os gastos orixinados ó persoal docente no desenvolvemento das saídas escolares –segundo a normativa vixente- trala presentación das xustificacións correspondentes. h.-Nas saídas de varios días de duración contémplarase a conveniencia de realizalas ao final do curso. i.-Ao remate de cada saída cumprimentarase un informe de valoración da actividade facilitado previamente polo coordinador/a de actividades complementarias.
En caso de que algún alumno/a non respecte as normas que han de seguirse nas saídas do Centro, ou poña en perigo a súa integridade física ou a dos demais, poderá ser privado de participar nestas. 6.2. Actividades extraescolares As actividades extraescolares son organizadas pola ANPA. Todos os anos, ao principio de curso a ANPA oferta aos alumnos/as unha serie de actividades, o horario e prezos das mesmas. As familias que desexan este servizo deberá abonar as cuotas correspondentes, agás das que son financiadas polo Concello. Estas actividades extraescolares sempre serán impartidas por persoal cualificado. O seu horario estará comprendido entre a 16,00 e as 17,30, de luns a venres . Estas son as normas que rexen as actividades extraescolares: -Non se admitirán inscricións de nenos/as cuxos pais/nais teñan débedas coa ANPA. -Os nenos e nenas que incumplan ou alteren o funcionamento dunha actividade ou sexan motivos de incidencias graves ou reiteradas na actividade poderán ser dados de baixa actividades por CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
27
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
un tempo limitado e se é reincidente será expulsado de devandita actividade., previo acordo da Xunta directiva da ANPA, sen dereito a
devolución de cotas. -O material preciso para o desenvolvemento das actividades será proporcionado pola ANPA, agás o equipamento deportivo. -É obrigatorio o pagamento do seguro escolar e a cota da ANPA para todos os nenos e nenas que se inscriban tanto nas actividades extraescolares como no servizo de “Os primeiros da escola” -Se faltara a persoa encargada da actividade, poñerase en coñecemento do profesorado de garda, quen se fará cargo do alumnado . -Cada monitor/a é o responsable do alumnado que teña ao seu cargo.Nas horas de actividades que se desenvolven no centro ademais dos monitores, permanecerán no colexio dous mestres, segundo sistema establecido por quendas. 7. HORARIO DO CENTRO: ENTRADAS E SAÍDAS: Con carácter xeral, cada curso escolar comeza o día 1 de setembro e finaliza o 30 de xuño do ano seguinte. Por iso, todos os mestres/as con destino definitivo no centro se incorporarán o primeiro día de setembro para a realización de tarefas específicas tales como elaboración da programación de aulas, lectura e análise dos informes do novo alumnado, confección e entrega dos horarios, etc. Os períodos de vacacións e as actividades propiamente lectivas con alumnos/as comezarán e finalizarán os días que fixe a Conselleria de Educación no calendario escolar para cada curso. Os dous días non lectivos serán fixados anualmente no primeiro claustro.Un deles será preferentemente o Dia de San Brais (3 de febrero), patrón de Bembrive. A distribución de cada xornada é como segue: - Servizo de madrugadores “Os primeiros da escola” (xestionado pola ANPA): de 7:30 h. a 9:00 h. - Horario lectivo: de 9:00 h. a 14:00 h., con recreo de 30 minutos. Considerase “horario lectivo” o tempo que transcorre dende a chegada do alumnado transportado ata que entre nas aulas e viceversa. Este tramo horario estará custodiado polo profesorado do centro segundo sistema establecido por quendas -Tempo de ler: 12:00-12:20 - Servizo de Comedor: de 14:00 h. a 16:00 h. - Actividades Extraescolares: de 16:00 h. a 17:30 h. As entradas e saídas estén rexeranse polas seguintes normas:
CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
28
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
1. O persoal do centro, alumnado e profesorado, estará no centro puntualmente. As horas de entrada e saída serán anunciadas polo timbre. 2. Os pais/nais que acompañen os seus fillos/as ao centro, dexarannos na entrada do recinto escolar, onde os recollerán á saída, se non son usuarios do transporte escolar. 3. Os alumnos/as usuarios/as de trasnporte escolar serán custodiados polo profesorado do centro co seguinte horario: 8:409:00 e de 14:00-14:20 segundo sistema establecido por quendas. Os pais/nais do alumnado de E. Infantil poderán acompañar aos nenos/as ata ao porche da porta principal 3. Os pais/nais non poderán acceder aos corredores nin ás aulas sen a debida autorización. 4.-Ante unha falta de puntualidade, o pai, nai dirixirase co seu fillo/a a Secretaría para que un mestre/a acompañe ao alumno/a á súa aula. 5. Ao soar o timbre de entrada, o alumnado accederá ao edificio dun xeito ordenado e pola porta que lle corresponde .Unha vez que entra o alumnado de primaria, o alumnado de E. Infantil disporase en filas no porche coa súa titora ou o mestre/a que lle vai impartir clase na primeira sesión. 6. A entrada realizarase dunha forma ordenada, sen carreiras, sen berros e sen empurrar. 7. As portas do centro pecharán 10 minutos despois da hora de comezar as clases e só se abrirán por causas xustificadas. 8. Durante os cambios de clase os alumnos/as non poden ir aos lavabos sen a previa autorización do mestre/a que imparta clase na seguinte hora. 9. Os especialistas que impartan as súas clases fóra da aula da titoría (E. Física, Música, Inglés, …)deberán controlar en todo momento as saídas e entradas do alumnado no traslado ás respectivas aulas. 10.As saídas do centro realizaranse do mesmo xeito de forma ordenada. Os alumnos/as usuarios/as do autobús sairán puntuais . O mestre/a que estea impartindo clase na última hora controlará a saída dos alumnos/as. O profesorado encargado de custodialos será puntual. 11.O alumnado de E. Infantil sairá cinco minutos antes das súas aulas. Os titores/as ou mestres/as especialistas que impartan a última sesión serán os responsables de organizar a distribución :alumnado de comedor, alumnado de autobús e alumnado recollido polas familias . 12.Ningún alumno/a poderá saír só do centro antes da hora de saída sen a autorización escrita dos seus familiares e sen unha persoa responsable que veña a recollelos.
CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
29
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
8. ATENCIÓN Ó ALUMNO/A ENFERMO OU ACCIDENTADO: 1. No caso de enfermidade ou accidente, porase de inmediato en coñecemento da familia quen deberá acudir ó colexio a facerse cargo do alumno/a. Solicitarase, cando sexa preciso a asistencia do 061. 2. No suposto de que un familiar non poidese facerse cargo do alumno/a e , se a urxencia o require, acompañará ó alumno o su titor ou outro mestre do centro ao centro médico máis cercano 3. Os desprazamentos que se realicen aos centros sanitarios faranse sempre nun vehículo público: ambulancia ou taxi. Existe unha caixa de urxencia en cada unha das plantas para atender ao alumnado accidentado cando sexa preciso. 9. CONTROL DAS FALTAS DE ASISTENCIA DO ALUMNADO A asistencia puntual a clase é obrigatoria, como tamén o é a asistencia a todos os actos programados polo Centro que formen parte da súa actividade curricular O control das faltas de puntualidade e asistencia queda regulado do seguinte xeito: Cada titor/a disporá dun modelo de rexistro trimestral no que estará reflectido o nome dos alumnos, por orde alfabética, os meses e días onde se farán anotacións segundo o expresado na seguinte táboa: Tipo de falta
Anotación Sen xustificar
Xustificada
Xornada completa
+
Media xornada (antes,
/
/
1ªh, 2ªh, ...
1ªh, 2ªh, ...
Re
Re
despois recreo) Faltas parciales (por sesións) Falta de puntualidade Falta por expulsión
+
Ex
Cando as faltas estean debidamente xustificadas rodearemos o símbolo cun círculo
9.1 Actuacións do titor/a: .-É o responsable de recoller periodicamente tódalas faltas de asistencia dos alumnos/a do seu grupo. Terá o rexistro de faltas de asistencia a disposición do profesorado que imparte clase ao seu CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
30
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
grupo. .-Realizará as oportunas indagacións sobre o motivo das faltas, decidirá se están suficientemente xustificadas ou non e anotarao no parte trimestral. .-O 3º día de ausencia inxustificada dun alumno/a, a titora porase en contacto coa familia e comunicaralle verbalmente a incidencia á Xefatura de Estudos para coordinar as posibles actuacións encamiñadas a evitar a perda de clases por parte do alumno/a. Cando ocorra unha situación de absentismo inxustificado (máis de tres días ou 15 sesións nun mes), o titor/a debe comunicalo por escrito á Xefatura de Estudos quen continuará o procedemento. .-Informar ás familias a comezo de curso da forma de control de faltas e o procedemento de xustificación das mesmas .-As faltas de asistencia deberán quedar reflectidas no boletín informativo trimestrais á familia. Cando a acumulación de faltas de asistencia por encima do número máximo recollido na normativa (DOG 3 setembro 1997) fose consecuencia dun problema de saúde grave, debidamente acreditado, e co fin sempre de favorecer ao alumno afectado por esa difícil situación, o Xefe de Estudos valorará a conveniencia de aplicar ou non o criterio extraordinario de avaliación e decidirá en consecuencia.
9.2.Actuacións da Xefatura de estudos:
Coordinará as accións que se leven a cabo co fin de correxir faltas de asistencia.
A Xefatura de Estudos tomará as rendas diante dun caso detectado de absentismo e procederá a: -Enviar citación a familia con rexistro de saída. -Se non se corrixe a situación, dará comunicación a Inspección, aos Servizos Sociais do Concello e/ou ao Servizo de Menores.
Quedará constancia destas actuacións no expediente do alumno.
9.3 Actuacións do Departamento de Orientación:
Actuará na temática de absentismo sempre que a Xefatura de Estudios reclame a súa intervención.
A súa actuación darase en coordinación coa titora e a Xefatura de Estudios.
9.4.Xustificación das faltas:
CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
31
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
Calquera falta de asistencia debe ser xustificada por escrito (segundo o modelo que se proporciona no anexo do Regulamento.) diante da titora polo pai, nai ou titor legal. Nos casos de menos de cinco días bastará co xustificante da familia seguindo o modelo e indicando as razóns. A partir de cinco días deberase acompañar xustificante médico Ao final de cada trimestre, o titor fará constar no boletín de cualificacións o número de faltas do alumno/a.
9.5.-Faltas de puntualidade Referímonos con este termo a o feito de que unha alumn0/a chegue de forma reiterada e inxustificada máis de 5 minutos tarde a clase. Cando a criterio do profesor titor/a se produza unha falta de puntualidade, este dará conta á Xefatura de Estudos podendo adoptarse as seguintes medidas:
Nos casos máis leves, informar ao alumno/a e á súa familia de que é o seu deber respectar os horarios do centro.
Nos casos máis severos, poderase esixir que a persoa que acompaña ao alumno se xustifique diante dun membro do equipo directivo.
.- Os atrasos na entrada inxustificados computarán como faltas de asistencia, segundo a seguinte proporción: tres faltas de puntualidade computarán , para todos os efectos, como unha falta de asistencia sen xustificar. .- No caso de que un alumno/a teña un número elevado de faltas de asistencia sen xustificar (cinco nun mes), o profesor titor/a poñerao en coñecemento da xefatura de estudos quen xunto coa dirección do centro tomará as medidas axeitadas para que a devandita situación non se volva a producir . A dirección do centro porá en coñecemento do Concello e da Inspección de educación as faltas de asistencia sen xustificar.
9.6.Absentismo Falamos de absentismo cando o alumnado falta arredor do 15% do total de horas lectivas, aproximadamente máis de tres días ou 15 horas lectivas durante un mes. Estas faltas poden implicar a aplicación dun sistema extraordinario de avaliación ( segundo o DOG 3 setembro 1997
CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
32
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
10. A AVALIACIÓN: 10.1 Resultados da avaliación: Os resultados da avaliación do alumnado na educación primaria expresaranse nos termos seguintes: insuficiente (IN), suficiente (SU), ben (BE), notable (NT) e sobresaliente (SB). Desenvolvemento do proceso de avaliación. 1. Ao comezo de cada ciclo e durante o primeiro mes do curso escolar, a persoa titora realizará unha avaliación inicial coa finalidade de adecuar as ensinanzas ao alumnado e facilitar a progresión satisfactoria no seu proceso de aprendizaxe, incidindo na obtención de información sobre o grao de desenvolvemento das competencias básicas. Esta avaliación incluirá a análise dos informes persoais da etapa ou ciclo anterior correspondentes ao seu alumnado e completarase coa información obtida das familias. 2. Ao longo de cada un dos cursos realizaranse para cada grupo de alumnos e alumnas tres sesións de avaliación que serán presididas pola persoa titora, que recollerá en acta o desenvolvemento das sesións, o grao de desenvolvemento das competencias básicas e as decisións e os acordos acadados, tanto referidas ao grupo como a cada alumna e alumno. 3. Para a avaliación e promoción do alumnado con adaptacións curriculares significativas teranse en conta os criterios de avaliación establecidos nelas. 4. As sesións de avaliación serán coordinadas pola persoa titora do grupo e nelas participará o profesorado que imparte docencia no grupo e poderá contar co asesoramento do departamento de orientación. Se ese grupo de alumnos/as ten algún alumno/a que sexa atendido polo mestre/a de Pedagoxía Terapéutica ou de Audición e Linguaxe, sería convinte que dito profesorado estivese presente nas sesión de avaliación. 5. Nas sesións de avaliación valorarase: - As aprendizaxes acadadas por cada alumna e cada alumno, - O grao de desenvolvemento das competencias básicas e, - se é o caso, as medidas adoptadas ou que se deben adoptar. 6. Despois de cada sesión de avaliación, cada titor/a solicitará á secretaría do centro a impresión dos informes individuais de avaliación e da acta de avaliación coas calificacións da súa titoría. - O profesor titor/a faralles chegar a cada unha das familias o informe individual de avaliación coas calificacións do seu fillo/a. - A acta de avaliación coas calificacións de todo o alumnado da titoría e a acta da sesión de avaliación gardarase no arquivo de secretaría correspondente 10.2 .Documentos de avaliación.
CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
33
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
1. Todo o proceso de avaliación estará informatizado a través do programa XADE. 2. Cada un dos mestres/as será o encargado de avaliar a materia que imparte. 3. O profesorado titor será o encargado de elaborar os seguintes informes referidos ao alumnado da súa titoría: - Informe individual á familias: reflicte as calificacións de cada un dos alumnos/as en cada sesión de avaliación - Actas de avaliación: refllectirán as calificacións de todo o alumnado dunha titoría despois de cada sesión de avaliación e en especial ao remate de cada curso e ciclo. - Expediente académico: documento de avaliación individual do alumnado que incluirá os datos identificativos do centro, da alumna ou alumno/a e ainformación relativa á súa escolarización. Nel quedará constancia dos resultados da avaliación das áreas de cada un dos tres ciclos da educación primaria. - Historial académico de educación primaria: é o documento oficial que reflicte os resultados das avaliacións e as decisións relativas ao progreso académico da alumna ou alumno ao longo da etapa. -Informe sobre o grao de desenvolvemento das competencias básicas - Informe persoal por traslado: é un documento oficial que ten como finalidade garantir a continuidade do proceso de aprendizaxe ao alumnado que se traslade a outro centro sen ter rematado o ciclo.: a cumprimentar a final de ciclo polo Equipo docente. - Informe de avaliación final de ciclo: Ao remate de cada un dos ciclos da educación primaria, a persoa titora elaborará un informe individualizado de cada alumna e alumno que recollerá os aspectos máis relevantes sobre o proceso de aprendizaxe, as decisións sobre as medidas para a atención á diversidade, as medidas de reforzo ou adaptacións curriculares adoptadas, así como todos aqueles aspectos do alumnado que permitan facer un mellor seguimento do seu proceso de aprendizaxe e madurez persoal. 11.- REGULAMENTO DA CONVIVENCIA NO CENTRO. As normas sobre convivencia nos centros docentes orientanse aos seguintes fins: a) A garantir un ambiente educativo de respecto mutuo que faga posible o cumprimento dos fins da educación e que permita facer efectivo o dereito e o deber de aproveitar de xeito óptimo os recursos do centro b) A previr e tratamento das situacións de acoso escolar mediante medidas eficaces. c) Ao recoñecemento ao profesorado e aos membros dos equipos directivos dos centros docentes das facultades precisas para previr e corrixir as condutas contrarias á convivencia,
CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
34
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
d) Á corresponsabilidade das nais e pais ou titores no mantemento da convivencia nos centros docentes, como un dos principais deberes que lles corresponden en relación coa educación. 11.1 Normas de convivencia Xerais. Estas son as normas básicas que rexen a convivencia no noso centro. .-Os alumnos/as asistirán diariamente a clase con puntualidade, ben aseados/as, co material preciso e co traballo realizado. .-O alumnado mostrará boa actitude no seguimento das clases e manterá unha actitude participativa nas actividades programadas polo centro .-Todos/as temos dereito a que se consideración as nosas opinións .
escoite con respecto e
.-Ningún membro da Comunidade Educativa pode ser discriminado/a por razón de nacemento, raza, sexo ou calquera outra circunstancia. .-Na escola coidaremos e utilizaremos correctamente todos os espazos e instalacións- baños, corredores, biblioteca, patios, instalacións deportivas, zona axardinada…- e respectaremos as pertenzas dos outros membros da Comunidade Educativa. - Relacionarémosnos dun modo cordial, evitando mofas, chantaxes, alcumes, ameazas e calquera outra agresión física ou verbal. Resolveremos os conflitos mediante o diálogo, e non mediante a agresión verbal ou física .-Na escola temos que moderar o ton de voz, evitando correr e berrar polos corredores e escaleiras, entrando e saíndo sempre con orde e pola porta de acceso ao colexio que nos corresponde. .- O alumnado mellorarará o comportamento nos xogos do patio: aceptará xogar con todos/as compañeiros/as e respectará ás normas e os materiais de xogo evitando xogos e comportamentos violentos .-Durante o recreo o alumnado non permanecerá nas aulas , nos corredores e/ou nos porches sen un mestre/a ao seu cargo, .-O alumnado evitará permanecer nos corredores ou saír aos lavabos nos cambios de clase sen o permiso do mestre/a.
CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
35
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
.- O alumnado cumprirá as normas establecidas no Regulamento de Réxime Interno no uso das dependencias e instalacións do Centro .-O alumnado evitará o uso de teléfonos móbiles, cámaras fotográficas, gravadoras e MP3 no centro. A dirección do centro non se responsabiliza de posibles perdas ou roubos.Os devanditos aparatos deberán permañecer gardados e deconectados durante o periodo lectivo. .-É responsabilidade do alumno/a coidar e manter en bo estado o material do centro. Considéranse actitudes en contra pintar no mobiliario das aulas ou facer estragos intencionados. .-O alumnado comunicará aos pais, nais ou titores as mensaxes que os mestres/as consideren oportunos e traerán de volta as sáus respostas coa maior dilixencia. .- O comportamento e indumentaria dos alumnos/as deberá ser o axeitado tanto no centro coma no transporte e nas saídas extraescolares e complementarias. .-O alumnado só poderá abandoar o centro co permiso do titor/a e sempre que se faga cargo deles o pai, nai ou a persoa en que estes deleguen 11.2. Normas de convivencia para educación infantil Ao comezo de cada curso o profesorado de E.Infantil dará a coñecer ás familias do alumnado desta etapa as normas de funcionamento básico: a.-Os nenos/as de E. Infantil deberán asistir á escola con puntualidade b.-As familias evitarán subir as aulas. c.-Débense identificar as persoas autorizadas para recoller ao alumnado. d.-Evitaranse as mochilas de rodas. e.-Se os nenos/as presentas síntomas de febre, enfermidades contaxiosas, piollos deberán quedar na casa. f.-Os días que teñen psicomotricidade deberán vir con chandal e tenis sen cordóns. g.-Cando un neno/a precise ser cambiado por algún imprevisto avisarase ao pai/nai ou titor que deberán presentarse no centro na maior brevidade posible. h.-Os libros e demais materiais deberán vir co nome e apelidos.
CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
36
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
i.-Por seguridade os nenos/as non deben traer ningún tipo de xoia ( cadea, pulseira, etc) nin obxectos que poidan supor risco para eles, coma pins, alfinetes, etc j.-Os nenos/as que non controlen os esfínteres deberán quedar na casa ata acadar o hábito. 11.3. Conductas contrarias ás normas de convivencia Serán obxecto de corrección disciplinaria as condutas contrarias á convivencia realizadas por alumnos/as dentro do recinto escolar ou durante o desenvolvemento de actividades complementarias e extraescoalres, asi como durante a prestación dos servizos de comedor e transporte escolar Igualmente poderanse correxir os actos que realizados fóra do recinto escolar, teñan a súa orixe o estean directamente relacionados coa actividades escolar e afecte aos membros da Comunidade
11.3.1.-Dentro do centro a.-Disrupción nas aulas: - Levantarse sen permiso. - Tirar obxectos. - Esquecer o material - Non realizar as tarefas. - Non atender ás explicacións. - Comer, beber na clase ou mascar chicle. - Opoñerse sistemáticamente a todas as indicacións do mestre/a - Interromper as explicacións na clase con preguntas constantes,comentarios, bromas, …. - Quitar, agachar, estropear, o material dos compañeiros/as. - Intentar chamar a atención alterando o desenvolvemento da clase: facerse o gracioso, provocar risas… - Escribir ou debuxar nos libros b.-Entrar e sair da aula ou do centro sen respectar as normas c.-Furtos ou roubos. e.-Destrozos ou mal uso dos recursos, materiais ou instalacións. f.-Faltas de respecto aos/ás membros da Comunidade Educativa:insultos, ameazas, coacción,contestacions inadecuadas referidas ao contido (palabrotas, expresións pouco acertadas) ou á forma (berrar, xesticular…), portazos, destrozos e furtos g.-Agresión física (patadas, bofetadas, pelexas…) h.-Grabacións co móbil. i.-Discriminación por razón de sexo, etnia, déficit,etc. j.-Mostrar actitudes sexistas. k.-Uso de alcumes despectivos: de forma verbal, por escrito, por sms, nas redes soicais…
CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
37
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
l.-Aproveitarse dos compañeiros/as incitándoos a realizar condutas inadecuadas m.-Enfados violentos, perda de control nos xogos do patio n.-Absentismo: - Faltas inxustificadas. - Falta de puntualidade. ñ.-Acoso escolar: - Físico. - Psíquico.
11.3.2.-Nos patios de recreo de primaria a.-Realizar xogos violentos e agredir verbal e fisicamente b.-Entrar as aulas sen permiso do profesorado de garda c.-Non respectar as zonas axardinadas /ou danar as plantas e árbores d.-Deixar basura polo chan. e.-Estragar a comida e, ou bebida.
11.3.3.-Nas actividades extraescolares a.-Non facer un uso correcto das instalacións e ou materiais utilizados b.-Facer caso omiso das ordes dos/as monitores/as c.-Non mostrar interés polo desenvolvemento da actividade
11.3.3.-Nas actividades complementarias a.-Mostrar unha actitude pouco respectuosa nas visitas educativas, excursións e outras saídas. b- Facer caso omiso das instrucións dos mestres/as e ou dos monitores/as das actividades. c.-Mostrar pouco interese polo desenvolvemento da actividade
11.3.4..-No autobús a.-Levantarse co autobús en marcha. b.-Destrozar o mobiliario do autobús. c.-Insultar, pegar, ameazar, quitar cousas entre compañeiros/as. d.-Facer caso omiso das ordes do/a conductor/a ou acompañante e.-Entrar e saír sen orde
11.3.5.-No comedor a.-Non cumprir as normas básicas de educación na mesa. b.-Non respectar aos compañeiros/as c.-Negarse a probar algúns alimentos sen razón.
CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
38
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
d.-Facer caso omiso das instrucións do persoal colaborador e do mestre/a encargado/a. 11.4.-Tipificación de condutas:medidas correctoras Como complemento ás medidas correctoras que se recollen neste apartado o Departamento de Orientación elaborará un programa de habilidades sociais dirixido ao alumnado que incorra reiteradamente en condutas disrup Asi mesmo elaborará e desenvolverá un programa de habilidades sociais para aqueles alumnos/as que se vexan temporalmente privados do seu dereito de asistencia ao centro. 11.4.1.Criterios para a adopción de sancións Na adopción de sancións disciplinarias e de medidas provisionais, deberanse ter en conta os seguintes criterios: a) A corrección do incumprimento das normas de convivencia terá finalidade e carácter educativo e recuperador, garantirá o respecto aos dereitos de todo o alumnado, e procurará a mellora nas relacións dos membros da Comunidade Educativa. b) Non se poderá privar a ningún alumno/a do seu dereito á educación obrigatoria e respectarase o dereito á escolaridade. c) Terase en conta, con carácter prioritario, os dereitos da maioría dos membros da comunidade educativa e os das vítimas de actos antisociais, de agresións e de acoso. d) Non se poderán impoñer correccións contrarias á integridade física e a dignidade persoal do alumno/a. e) Valoraranse a idade, situación e circunstancias persoais, familiares e sociais do alumno/a, e demais factores que puidesen incidir na aparición de condutas ou actos contrarios ás normas establecidas. f) Débense ter en conta as secuelas psicolóxicas e sociais dos agredidos, así como a alarma ou repercusión social creada polas condutas sancionables. g) As sancións deberán ser proporcionais á natureza e gravidade das faltas cometidas, e deberán contribuír á mellora do clima de convivencia no centro. 11.4.2 .Condutas contrarias á convivencia e a súa corrección
CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
39
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
TIPIFICACIÓN: CONDUTAS LEVES
MEDIDAS CORRECTORAS
QUEN A APLICA
a)As faltas reiteradas de puntualidade
.-Amoestación privada verbal ou escrita* por parte do mestre/a ou titor/a. .-Tres faltas de puntualidade inxustificadas contarán como unha falta de asistencia .-Comunicación aos pais, nais, titores ou titoras legais do alumnado . A xustificación das faltas de asistencia deberán realizarse nun prazo máximo de tres días dende a incorporación do alumno/a á clase
O mestre/a ou o titor/a do alumno/a oído éste e dando conta ao X.estudos, se é o caso
b) As faltas de asistencia inxustificadas
c) As condutas disruptivas ou actos de indisciplina non graves que dificulten ou impidan o dereito e o deber ao estudo dos seus compañeiros e compañeiras d) O esquecemento sistemático do material e equipamento preciso para participa activamente no desenvolvemento das clases . e) Calquer acto inxustificado que perturbe levemente o normal desenvolvemento das actividades do Centro. f) Os actos menores de incorrección ou desconsideración, as aldraxes e ofensas e outras actitudes irrespetuosas contra os membros da comunidade educativa..
.-Amoestación do mestre/a ou do titor/a O titor/a do e comunicación inmediata ás familias . alumno/a oído éste, e .-Comparecencia inmediata ante o Xefe ao mestre/a de estudos e dando conta a -Realización de tarefas especificas que X.estudo contribúan á mellora e/ou ou, se é o desenvolvemento das actividades do centro e a favor da Comunidad educativa caso, ao Observatorio .-Cambio de aula puntual durante o de tempo que se estime oportuno nun convivencia período non superior a tres días O X.estudos lectivos. oido o .-Privación de tempo de recreo (que será alumno/a, substituido por unha actividade o mestre/a alternativa de mellora da convivencia e ou titor/a /ou da conservación de algún espazo do centro). .-Suspensión do dereito a participar nunha actividade complementaria ou actividade conxunta programada .-Suspensión do dereito de asistencia a determinadas clases por un período non superior a tres días lectivos.Durante a impartición desa área curricular o alumno/a efectuará tarefas académicas encomendadas polo mestre/a
CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
40
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
especialista segundo acordo especialistatitor/a g) O furto, o uso inadecuado ou a deterioración intencionada non grave de inmobles, materiais ou recursos do centro.e ou dos outros membros da Comunidade educativa
h) Portar obxectos, substancias ou produtos que perturben o normal desenvolvemento das actividades ou que resulten perigosos para a saude ou integridade das persoas.
.-Reparar o dano moral causado mediante a presentación de escusas e o recoñecemento da responsabilidade dos actos, ben en público ou en privado -Restituir o substraido ou , se non fose posible, indemnizar co seu valor. -Realizar tarefas dirixidas a reparar o dano causado nas instalacións ou pertenzas dos outros membros. En todo caso o alumno/a ou as súas familias ou representantes legais terán que facerse cargo da súa reparación ou substitución ou indemnizar vo seu valor
Director/a oídos o alumno/a e e o titor/a, e o xefe de estudos
- Entrega do obxecto ao mestre/a que o solicite ,que será depositado na dirección do centro a espera de ser requerido polo pai, nai ou titor/a legal. -Suspensión do dereito de asistencia ao centro por un período de ata tres días lectivos. Durante este perido o alumno/a deberá facer os traballos que se determinen.
*As amoestaciones escritas deberán ser devoltas tras ser firmadas polo pai/nai ou titor legal .-Estas medidas poderán aplicarse dun xeito combinado .-A imposición destas medidas comunicarase ás familias e, se é o caso ao Observatorio de Convivencia.
CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
41
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
TIPIFICACIÓN: CONDUTAS GRAVES
MEDIDAS CORRECTORAS
a)Actos inxustificados que perturben gravemente o normal desenvolvemento das clases
.-Suspensión do dereito de asistencia a determinadas clases por un período comprendido entre catro días lectivos e dúas semanas
b)A discriminación por razóns de nacemento, raza, sexo, capacidade económica, nivel social….ou calquera outra condición persoal ou social c) O furto ou a deterioración intencionada grave de inmobles, materiais ou recursos do centro e ou dos membros da comunidade educativa
d) Portar calquera obxecto, substancia ou produto gravemente perigoso para a saúde ou integridade persoal do alumnado ou dos demáis membros da comunidade educativa.
e)Os actos de incorrección ou desconsideración, as aldraxes e ofensas graves contra os membros da comunidade educativa
.-Cambio do alumno/a de grupo nun prazo que se considere oportuno O alumno/a deberá realizar os deberes ou traballos que se determinen. .-Suspensión temporal de participar nas actividades complementarias programadas
QUEN A APLICA
O director, ou persoa na que delegue previa instrución de expediente disciplinario.
.- Realizar tarefas dirixidas a reparar o dano grave causado nas instalacións ou pertenzas dos outros membros. -Restituir o substraido ou , se non fose posible, indemnizar co seu valor.
.-Obriga da inmediata entrega do obxecto reunión coas familias . -Reparar o dano moral causado mediante a presentación de escusas e o recoñecemento da responsabilidade dos actos, ben en público ou en privado - Suspensión do dereito de asistencia ao centro por un período de entre catro días e un mes. O alumno/a deberá realizar os deberes ou traballos que se determinen
f) A suplantación de personalidade en actos da vida docente ou falsificación ou sustracción de documentos g)As actuacións que constitúan acoso escolar consonte ao establecido polo artigo 28 da Lei de Convivencia*
.- Cambio do alumno/a de centro
h)A reincidencia durante o mesmo trimestre de tres condutas graves contrarias as normas de convivencia do centro
CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
42
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
i) A negativa ao cumprimento das medidas correctoras adoptadas j)A difusión por calquera medio de imaxes ou información que atenten contra a honra, a intimidade persoal e a propia imaxe dos membros da comunidade educativa
*Artigo 28º. Acoso escolarPara os efectos desta lei, considérase acoso escolar calquera forma de vexación ou malos tratos continuados no tempo dun alumno por outro ou outros alumnos, xa sexa de carácterverbal, físico ou psicolóxico, incluído o illamento ou baleiro social, con independencia do lugar onde se produza. Terán a mesma consideración as condutas realizadas a través de medios electrónicos, telemáticos ou tecnolóxicos que teñan causa nunha relación que xurdano ámbito escolar.As situación de acoso escolar que se detecten serán comunicadas a Inspección educativa xunto coas medidas adoptadas para poner fin a esta situación. 11.4.3 Conductas contrarias as normas de convivencia en E. Infantil
CALES SON?
a)Chegar tarde reiteradamente b)Faltas inxustificadas de asistencia c)Entrada das familias ás aulas d)Romper ou deteriorar mobiliario ou mateiral escolar e)Traer xoguetes á escola, agás os venres f)Negarse a facer as actividades propostas e alborotar na clase g)Amolar, burlarse e molestar aos compañeiros/as h)Non respectar as normas de convivencia mínimas
CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
MEDIDAS ADOPTADAS
a,b)Amoestación verbal ou escrita.Notificación ás familias c)Amoestación verbal
QUEN APLICA A MEDIDA? Titor/a Titor/a e Dirección Titor/a
d) Reparalo ou repoñelo por outro igual ou similar e)O xoguete queda na escola ata o venres seguinte
Titor/a
f) Cambio de aula puntual nun período non superior a cinco minutos g)Cambio de aula puntual nun periodo non superior a cinco minutos h)Privación do tempo do recreo por un periodo non superior a
Titor/a
Titor/a, Titor/a.
43
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
quince minutos i)Ser irrespetuoso/a cos mestres/as
i).Comunicación ás familias
Titor/a, X.estudos
11.4.4.Circunstancias atenuantes e agravantes: Para a graduación das correccións apreciaranse as circunstancias atenuantes ou agravantes que concorran no incumprimento das Normas de conduta. 1.-Circunstancias atenuantes: a. O recoñecemento e arrepentimento espontáneo. b. A ausencia de intencionalidade. c. A reparación inmediata do dano causado. d. A presentación de escusas pola conduta incorrecta. e. Ser a primeira vez que incurre 2.-Circunstancias agravantes: a. A premeditación e reiteración. b. O uso da violencia,de actitudes ameazadoras desafiantes ou irrespectuosas, de menosprezo continuado e de acoso dentro ou fóra do centro. c. A falta de respecto ao profesorado, ao persoal non docente e aos demais membros da Comunidade Educativa no exercicio das súas funcións. d. Causar dano, aldraxe ou ofensa a compañeiros de menor idade ou recén incorporados ao centro e.-Cometer a falta en grupo ou mediante acordo previo f. A publicidade da infracción 11.4.5-Protocolo no caso de incumprimento das normas de convivencia 1.- Procedemento ordinario Aplicarase con carácter xeral respecto ás faltas leves, así como ás graves e mesmo cando, por resultar evidentes a autoría e os feitos cometidos, sexa innecesario o esclarecemento destes. As sancións serán impostas polo organismo competente segundo consta no cadro anterior (“quen aplica a sanción”). Cando sexa necesaria a obtención de información que permita unha correcta valoración dos feitos e das consecuencias destes, o titor/a, unha vez recibida a comunicación da falta cometida, oirá ao alumno/a infractor e, no seu caso, cantas persoas considere necesario. Posteriormente, propoñerá a sanción ao Xefe/a de Estudos
CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
44
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
ou ao Director/a nos casos en que o órgano competente para impoñer a sanción proposta sexa algún deles. Deberá respectarse o dereito de audiencia do alumno/a ou, se é o caso, dos seus representantes legais, con carácter previo á adopción da sanción. A duración total do procedemento dende o seu inicio non poderá exceder de sete días naturais. Destas medidas educativas correctoras que se apliquen deberá quedar constancia escrita no centro na folla elaborada para tal fin (que se atopa na Secretaria do Centro) que inclúe a descripción da conduta que a motivou, e a medida educativa correctora adoptada 2.- Procedemento especial Seguirase en caso das faltas graves, sen prexuízo do exposto no apartado anterior. As medidas correctoras de condutas gravemente prexudiciais para a convivencia só se poden impor logo da tramitación do procedemento disciplinario segundo o cadro seguinte
PROCEDEMENTO SANCIONADOR Iniciación
- O Director/a do centro, Por propia iniciativa, por petición motivada do mestre/a, titor/a ou xefatura de estudos con carácter inmediato
Instrutor
Mestre/a do centro designado polo Director
Medidas provisionais
- Adoptadas polo director/a do centro que decidirá a suspensión de asistencia ao centro, ou a determinadas actividades ou clases, por un período non superior a cinco días lectivos. Este prazo será ampliable, en supostos excepcionais, ata a finalización do expediente. Serán notificadas ao pai/nai do alumno/a
Prazo de iniciación
No prazo de dous días lectivos dende que se tivo coñecemento da comisión da falta
Trámite de audiencia
O instrutor dará audiencia ao alumno/a e ao seu pai/nai en horario lectivo comunicándolle as condutas que se lle imputan.Levantarase acta. En caso de incomparecencia inxustificada o trámite de
CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
45
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
audiencia terase por finalizado Resolución
Polo director que imporá a correspondente corrección. Comunicarase a Inspección educativa Esta resolución será notificada aos pais/nais nun prazo máximo de dez días
Recursos contra a resolución
Reclamación no propio centro durante un prazo de dous días. O centro dará traslado da mesma e do expediente disciplinario ao delegado provincial que terá dez dís para pronunciarse . O silencio administrativo significará que a reclamación quedou desestimado
Prescripción
Ao remate do curso escolar
12 ANEXOS
CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
46
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
XUSTIFICACIÓN DE FALTAS DE ASISTENCIA OU PUNTUALIDADE DO ALUMNADO Don(a)………………………………………………………………. Con DNI nº……………….. como (especificar parentesco ou afinidade)………………do alumno/a ………………………………. ………………………………………………………………….do curso ……. ………. SOLICITO desculpe a súa falta de asistencia (puntualidade) do(s) día(s) …………………………………………………………..do mes de ……………………….de 20…….. polo motivo que se indica:
•Consulta médica. •Asuntos familiares. •Indisposición. •Xestións Administrativas. •Viaxe. •Outros (especificar):________________________________ Para o que achego os seguintes documentos xustificativos …………………………………………………………………………………………………………………………… …………………………………………………………………………………………………………………………… ………………………
Vigo, a…………………..,de …………………….de 20………
O pai/nai ou titor
CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
47
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
CONDUTA CONTRARIA ÁS NORMAS DE CONVIVENCIA De acordo coas Normas de convivencia do CEIP de Chans Bembrive, Vigo, reflectadas no Regulamento de Réxime Interno do centro, O/A ALUMNO/A______________________________________________ Realizou unha conduta contraria ás normas de convivencia do centro consistente en _____________________________________________________ __________________________________________________________________ __________________________________________________________________ __________________________________________________________________ __________________________________________________________________ __________________________________________________________________ __________________________________________________________________ __________________________________________________________________ __________________________________________________________________ __________________________________________________________________ __________________________________________________________________ Polo que foi sancionado/a con__________________________________________ __________________________________________________________________ __________________________________________________________________ __________________________________________________________________ __________________________________________________________________ __________________________________________________________________ __________________________________________________________________ __________________________________________________________________ __________________________________________________________________ ___________
Vigo a____________ de______________de___________
O titor/a do alumno/a
CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
O Xefe de estudos
48
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
CONDUTA GRAVEMENTE CONTRARIA ÁS NORMAS DE CONVIVENCIA
O ALUMNO/A …………………………………………………...realizou unha conducta GRAVEMENTE PERXUDICIAL para as normas de convivencia do centro consistente en........................................................................................................................... ............................ ............................................................................................................................... ............................................................................................................................... ............................................................................................................................... ....... polo que foi sancionado/a con .................................................................................................. ............................................................................................................................... ............................................................................................................................... ............................................................................................................................... ........................................................................................................ e a conseguinte formación de expediente disciplinario. Vigo a ………………de …………….de …………….. Asdo O/a director/a
______________________________________________________ Enterado:
O pai/nai do alumno/a
CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
49
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
DATA
ALUMNO/A
CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
CONDUTA
MEDIDA CORRECTORA
QUEN APLICA A SANCIÓN
50
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
DILIXENCIA pola que se fai constar que o presente REGULAMENTO DE RÉXIME INTERIOR foi modificado polo Equipo Directivo para incorporalo ao Proxecto Educativo do Centro, tendo en conta as medidas e iniciativas propostas polo Claustro de Profesores e o Consello Escolar do Colexio de Educación Infantil e Primaria de Chans Bembrive e acomodándoo ao disposto na normativa vixente Decreto 51/2007 de 17 de Maio. E, para que conste, asínase a presente dilixencia logo de ser aprobado polo Consello Escolar en Vigo a ……………………….de …………………2011 O presidente do Consello Escolar
CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
51
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
CEIP DE CHANS-BEMBRIVE
52