24 ATLÁNTICO
LUNES, 24 DE MAYO DE 2010
DEPORTES CELTA RUBÉN HERRUZO Creador da páxina www.historiadoceltadevigo.net
"Con esta web intento fomentar o celtismo e lembrar as nosas raíces" A súa páxina é a máis completa sobre a historia do Celta e recibe unha media de 5.000 visitas mensuais YAGO GÓMEZ VIGO
A
orixe do futbol en Vigo sitúase arredor do ano 1900, practicábano os oficiais do cable inglés, dende entón este deporte popularizouse na cidade e, tan só cinco anos despois, fundáronse os primeiros equipos, entre os que destacan por riba de todos o Real Vigo Sporting e o Real Fortuna Football Club que acadaban nesa época a hexemonía no futbol galego. En 1923 os dous equipos fusiónanse creando o Real Club Celta de Vigo. A inquietude de Rubén Herruzo, o creador desta web, é recadar calquera dato ou material relacionado co club dende entón e ata a actualidade, un traballo que tantos anos lle levou e que agora está na rede, na páxina con máis información e contidos sobre o R.C. Celta: www.historiadoceltadevigo.net. Ademáis, Rubén Herruzo tamén administra a páxina www. veteranosceltavigo.net e colabora co clube en distintos proxectos, como o deseño da camiseta suplente do equipo da próxima temporada. Dende que saíu a web á rede hai varios meses, cal está sendo a súa aceptación?
Pois a resposta está sendo moi boa, en canto a número de visitas.Dende o 20 de novembro, que se estreou, ten algo máis de 5.000 mensuais. E o promedio de tempo na web que dedica cada usuario é duns 5 minutos, a páxina tamén ten un grupo de siareiros na rede social Facebook con preto de 2.000 persoas, polo tanto, penso que ten unha boa acollida.
Dende hai un mes, estamos en contacto con institucións da cidade como as concellerías de Cultura e Deportes, Caixanova, a Deputación de Pontevedra, etc. para conseguir entre todos poder seguir adiante con esta interesante iniciativa social e deportiva como é a historia do club máis representativo da Galiza. Da súa colección sobre o Celta cal é o obxecto que máis valor ten para vostede?
Sen dúbida, un carnet de socio do club do meu avó dos anos 50, tamén unha camiseta, que me agasallou Jorge Santomé, dos anos 70. Como son as relación co R.C. Celta , colabora dalgún xeito o clube no mantenemento da páxina?
Estamos tendo contactos co clube e tamén coa Fundación para colaborar. Ata a data, económicamente non lles é viable, pero agradecen e teñen interese no traballo desta páxina web, a cal dende o clube mesmo contemplan a idea de que, nun futuro, pase a ser un elemento oficial da propia entidade. Tamén tivemos a oportunidade de aportar algún traballo con eles, que en breve verá a luz, como por exemplo unha decoración exterior na bancada de Tribuna, ou o deseño da camiseta suplente da nova tempada 2010/11.
Rubén Herruzo, cunha camiseta celeste, xunto un exemplar do libro editado por Atlántico "La otra historia del Celta"
Cal é o material que mas lle custou conseguir?
Son coleccionista e a través de subastas merquei moitas cousas relacionadas co Celta, cheguei a pagar por dous exemplares de prensa deportiva dos anos corenta 100 euros. Para acceder ao arquivo Pacheco, tardei máis de dous anos en recibir a autorización do concelleiro de Cultura, Xesús López, e do director do arquivo, Vítor
Vaqueiro. Das 70.000 fotos que tiñan sobre temática futbolística, conseguin unhas 20 para expor na web. Tamén accedín o museo do clube a través do seu anterior director xeral, Xavier Martínez Cobas, que me apoiou nesta iniciativa. Paseime un mes acompañado do meu amigo e colaborador da web Xoan Adell, fotografando todos e escaneando os documentos alí expostos. Contactei coa TVE para adquirir un vídeo do NODO
Por que nunha web relacionada co fútbol, e particularmente co Celta, hai seccións e contidos da cidade de Vigo e de Galicia?
O agarimo pola nosa cidade e o noso país fixéronme crear estas seccións na web xa que, grazas ao Celta, coñécese moito máis hoxe en día a nosa terra por todo o mundo. Nesta sección da páxina móstrase a cidade con fotografías, videos turísticos etc… Cal é a sección máis difícil de facer?
A sección máis custosa de facer é a de encontros, posto que é moi complicado conseguir os datos dos partidos de principios do século vinte xa que neles están resultados, goleadores, alineación… Grazas ás hemerotecas consigo a maior parte da información o respecto. Os xornais tamén teñen o seu labor, porque son máis de 600 documentos de prensa dende o ano 1906, e hai que escanealos e subilos a rede. .
Que é o que máis lle custou para que este proxecto saíse adiante?
A falta de apoios económicos. Manter a web na rede ten uns custos de aloxamento e unha serie de gastos que dende o meu peto eran inviables. Este proxecto non sairía adiante sen a colaboración da Agrupación de Antigos Xogadores do Celta, a cal me apoiou dende o comezo económica e institucionalmente. Pero iso si, soamente durante un tempo, xa que a Agrupación, ao estar constituída sen ánimo de lucro, non ten ingresos, e están facendo un importante esforzo económico, para poder manter a páxina viva.
da final da Copa entre o Sevilla e o Celta do ano 48, polo que me pedían uns 500 euros por minuto.
Unha foto para a historia Imaxe do.Celta co seu primeiro uniforme en 1923 no campo de Coia. O equipaxe estaba composto por camiseta vermella e pantalón negro. Lilo,Balbino Clemente, Pa-
Cal é a súa finalidade de expor todo este material á xente?
sarín, Caride, Juanito, Clemente, Reigosa, Torres ou Polo foron algúns dos xogadores de ese primeiro equipo. Foto cedida polo Arquivo Pacheco a Web da Historia do Celta.
Fomentar o celtismo, recordar as nosas raíces, a pesar da situación que estamos pasando actualmente no Celta.n