Pedras Vivas Interparroquial (2)

Page 1

Coñece as nosas parroquias:

Divino Salvador de Poio Foto: Rafa Vázquez (Faro de Vigo)

Cando se empezan a escribir os “libros parroquiais”, aló polo ano 1650, xa existía a parroquia. Chamábaselle San Salvador de Poio Pequeno, por comparanza co templo conventual e poboación que tiña San Xoán de Poio Grande. A partires de 1850, os cregos escriben: Divino Salvador de Poio. Para acoller a moita poboación coa que foi aumentando esta freguesía, quedábase cativo o templo. Houbo que facer un templo novo, que se inaugurou no ano 2000. Pódese mirar fermoso, amplio e luminoso, dende a estrada Pontevedra-O Grove, no lugar chamado Porteliña. Ademáis do templo parroquial, existe no territorio da parroquia a capela de Santo Antonio, en A Caeira, onde tamén celebramos culto. Dende hai 40 anos publícase mensualmente a folla parroquial: POIO, que se leva e reparte nas casas. Coa organización e mantemento das actividades parroquiais colaboran estreitamente os grupos de Cáritas (que coordina a axuda mensual con alimentos a 16 familias, e que tamén contribúe con vales para roupa e pago de recibos), Pastoral Familiar, camareiras dos templos, Comisión de Obras e de Festas, así coma os repartidores da folla parroquial. Na actualidade hai 60 rapaces na catequese. As nosas principais festas facémolas na honra do noso patrón, o Divino Salvador, o 6 de agosto; á nosa co-patrona, a Inmaculada Concepción da Nosa Señora, o 8 de nadal; e tamén temos un magosto festivo, un sábado do mes de santos. O último domingo do mes de maio facemos unha excursión-convivencia. Actualmente, o párroco é o arcipreste de O Lérez. | D. Vicente Cerdeiriña, párroco

¡La misa del domingo es muy importante! Necesitamos alimentarnos con la Palabra y con Cristo Eucaristía. ¡Es fundamental reunirnos el domingo para celebrar la Resurrección de Cristo y su presencia viva en medio de su Pueblo!

SÁBADO

DOMINGO

19:00 h. O Burgo, A Caeira y San Roque. 19.30 h. Lérez. 20:00 h. Monteporreiro y Basílica.

9:30 h. 10:00 h. 11:00 h. 11:30 h. 12:15 h. 12:30 h. 13:00 h. 20:00 h.

Lérez. Alba. O Burgo y Basílica. Poio. Monteporreiro. A Caeira y Basílica. Lérez. Basílica.


Unha experiencia de canto litúrxico no Burgo Non é estraño escoitarmos loanzas referentes ao canto litúrxico na igrexa de Santiago Peregrino do Burgo. Ata os asiduos, pero sobre todo os visitantes, mostran sorpresa de como aquí se canta. E preguntan ás veces a que se debe. Entre os factores subxacentes está, seguramente, o feito de que, xa antes de ser creada a parroquia en 1996, existía boa participación de pequenos e grandes na liturxia e catequese. Creada a parroquia, eses antecedentes tiveron continuidade e mesmo se arrequeceron co coro da catequese. Con todo, poida que a cousa se explique, máis inmediatamente, a partir destoutros elementos: a actividade dun novo coro, a elección duns cantos axeitados, o reparto de follas cos textos dos mesmos e a súa aprendizaxe nun breve ensaio xeral previo ás celebracións. E todo isto, ao longo de máis de vinte anos. Creada a parroquia, un grupo de adultos constituíu o xerme dun coro para cantar na primeira misa dos domingos. Logo fariamos o

mesmo servizo nas misas solemnes das festas anuais. Ao longo de vinte e un anos o coro creceu e integrouse na Asociación Sociocultural O Burgo, que axudara a crear; desde entón, cultivou tamén outros tipos de música vocal, pero o canto litúrxico coidouno con mimo ata a súa disolución en 2017. Tras esta, moitos dos seus ex-compoñentes forman aínda a base cantora na eucaristía dominical, mais agora esparexidos xa no medio dos demais fieis. Nunca se quixo suplir, senón animar e promover

FORMACIÓN SOBRE EL DUELO. El Centro Diocesano de Escucha San Camilo (Pontevedra) organiza el curso “Intervención en duelo por suicidio” impartido por Valentín Rodil, psicólogo y Máster en Duelo. CONTENIDOS: Características del duelo por suicidio. Estigma y suicidio. La comprensión de la vivencia suicida. Pautas de acompañamiento en duelo por suicidio. DESTINATARIOS: Profesores, psicólogos, personal sanitario, de residencias y de funerarias; catequistas, personas vinculadas a pastoral de la salud, monitores…

expresamente a implicación de toda a comunidade no canto. Para iso, xa nos comezos, un cuarto de hora antes da eucaristía, repartíanse polos bancos da igrexa follas de cantos –diversas segundo as festas e o tempo litúrxico– e realizábase, co coro e co resto dos asistentes, un ensaio das cancións dese día, especialmente dos seus retrousos e da resposta ao salmo. Hoxe seguimos coas follas e co ensaio previo. A maiores, un xoves cada mes aproximadamente, temos na propia igrexa un ensaio aberto, máis longo, para

reforzar as principais cantigas previstas para o mes seguinte. O extinto coro do Burgo ten actuado como coro litúrxico noutras parroquias. Ademais, foi moi importante a súa participación nas experiencias de actuación conxunta con membros dos demais coros parroquiais da cidade de Pontevedra, nomeadamente, na eucaristía de clausura da Semana da Familia de 2016 e nas procesións do Corpus dos anos 2015, 2016 e 2017. | Xesús Portas

FECHAS Y HORARIO: Viernes 15 de febrero (17:00-21:00 h.) y sábado 16 de febrero (10:00-14:00 h. y 16:00-20:00 h.). LUGAR: Centro Parroquial de Santa María la Mayor. MATRÍCULA: 40 €. En centrodeescuchapontevedra.blogspot.com MÁS INFORMACIÓN: 652.385.332 ó centrodeescuchapontevedra@gmail.com


Misión de Cáritas: Acollida, Acompañamento, Compartir, Sensibilización, Denuncia… Unha das actitudes básicas que temos que valorar, coidar e potenciar nas relacións humanas, e tamén nas nosas parroquias, é a acollida, a hospitalidade, ou o que é o mesmo: facer que alguén se sinta “como na súa casa”. A Biblia está chea de personaxes acolledores: Sara e Abraham (ofrecendo hospitalidade a tres peregrinos), Miriam, irmá de Moisés (coidando del), o bo samaritano; a viúva do Evanxeo e o neno cos pans e peixes (ofrecendo todo o que tiñan); Zaqueo, Marta e María (hospedando a Xesús)... E, como non, Xesús de Nazaré, que facía que os encontros coas persoas, sobre todo coas máis desvalidas e marxinadas, resultaran sanadores para elas. Cando alguén chega á nosa parroquia solicitando apoio de Cáritas, a acollida debe coidarse para que sexa verdadeiramente humanizadora. Cómpre para iso limpar a mente e o corazón de posibles prexuízos (procedencia da persoa, aspecto físico, cor da pel, “se vén ou non á misa”...) e mirar a quen temos diante coa tenrura coa que nos mira Deus. A acollida debe ir ligada á escoita activa e respectuosa, á discreción e a ter sempre presente a súa dignidade. E logo iniciamos un proceso de acompañamento, partindo das súas capacidades (nunca das súas carencias...) e a meta debe ser sempre a súa implicación persoal, a promoción e a dignificación.

Por último dicir que as Cáritas, a nivel diocesano, na súa aposta pola promoción, organizan cursos formativos, crean cooperativas laborais, tendas de comercio xusto, albergues para transeúntes, hortas ecolóxicas... E como di o slogan dunha das campañas: “Practica a xustiza, deixa a túa pegada”. ¡¡¡Comprometámonos!!! | Conchi Vázquez Val

Imagen

sujeta a derechos de autor

A seguinte tarefa de Cáritas parroquial sería a animación da comunidade e da sociedade, fomentando: a Comunicación Cristiá de Bens, compartindo os nosos cartos (colecta do 1º domingo); a denuncia de situacións inxustas, lectura de manifestos, comunicados, vídeos, accións de rúa...; e a sensibilización, informando das diferentes pobrezas (mediante charlas, exposicións, recollidas solidarias...). O obxectivo das campañas que Cáritas organiza durante o ano teñen moito que ver coa denuncia e a sensibilización. Algunhas fanse conxuntamente con outras entidades que traballan pola transformación das estruturas inxustas. Entre elas temos: Igrexa polo traballo decente (1 de maio e 7 de outubro); Día Mundial contra a Trata de persoas (30 de xullo); Día das Migracións (2º domingo de setembro); Pobreza Cero (17 de outubro); Día das Persoas sen fogar (Novembro); Nadal; Día do Amor fraterno (Xoves Santo); Día da Caridade (Corpus); “Enlázate pola xustiza”; “Compartindo a viaxe con migrantes e refuxiados” (setembro de 2017 a Setembro 2019), etc.

| Dibujo: María Olguín.

El tiempo de Navidad termina con el Bautismo de Jesús en el Jordán. Después de su Bautismo y de retirarse 40 días en el desierto, Jesús fue a Nazaret. Entró en la sinagoga y encontró el pasaje donde estaba escrito: “El Espíritu del Señor está sobre mí, porque él me ha ungido. Me ha enviado a evangelizar a los pobres, a proclamar a los cautivos la libertad, y a los ciegos, la vista; a poner en libertad a los oprimidos; a proclamar el año de gracia del Señor” (Lc 4,18-19).


PEREGRINACIÓN DEL SAGRADO CORAZÓN Del 1 al 6 de julio de 2019. Organiza la Delegación de Apostolado Seglar. Itinerario: Palencia (Cristo del Otero, Catedral, San Manuel González…), Lerma (Las Edades del Hombre), La Aguilera (Iesus Communio), Valladolid (Santuario de la Gran Promesa, Beato Bernardo de Hoyos, Museo Nacional de Escultura…), Cantalapiedra (Monasterio del Sagrado Corazón), Madrid y Getafe (Cerro de los Ángeles, La Aldehuela y Santa Maravillas de Jesús). Precio: 530 € en habitación doble. Inscripción para reservar plaza durante el mes de enero. Más información en www.laicosarchicompostela.com / Teléfono 680.42.96.26. / 986.431.433

QUEDADA PARA PAREJAS DE NOVIOS SIN COMPROMISO El noviazgo es el tiempo en el cual los dos están llamados a realizar un trabajo compartido sobre el amor. Se descubren poco a poco el uno al otro. El hombre ‘aprende’ acerca de esta mujer, su novia; y la mujer ‘aprende’ acerca de este hombre, su novio. Desde esta perspectiva -apuntada por el Papa Franciscohemos preparado, en la Archidiócesis de Santiago, un ITINERARIO PARA NOVIOS SIN FECHA DE BODA. Es un proceso: 15 temas. La clave es el diálogo que estos temas, como etapas de un camino, pueden suscitar en los novios. Aportan luz para que los novios verifiquen su amor y puedan responder a la pregunta “¿cómo sé yo que es la mujer o el hombre de mi vida?”. Durante 2019, el itinerario se desarrolla en ENCUENTROS MENSUALES en Santiago (Parroquia de San Fernando) y Pontevedra (Parroquia de Santa María). Estamos a tu disposición para aclararte más detalles: escríbenos (canacomunidade@gmail.com) o llámanos (986.313.795).

EN SANTIAGO PEREGRINO DE O BURGO:

• ENSAYO DE CANTOS para domingos y festividades, un jueves al mes (31 de enero, 28 de febrero y 28 de marzo) a las 19:30 h. • FUNERAL ANIVERSARIO por D. Luis Alcántara Pedreira. El sábado 13 de abril a las 12:30 h.

EN EL DIVINO SALVADOR DE LÉREZ:

• MISA CANTADA en honor de San Benito, el día 21 de cada mes, a las 18:00 h. • SAN BENITO DE INVIERNO, 21 de marzo. Tendremos novena de preparación para la fiesta. El día propio habrá misas desde las 7:00 h. hasta las 13:00 h. y de 17:00 a 20:00 h.

EN O BO PASTOR DE MONTEPORREIRO:

• SOPA SOLIDARIA a favor de Cáritas. Sábados 19 de enero y 23 de marzo, 21:00 h. • BOCATA SOLIDARIO a beneficio de Manos Unidas. Sábado 23 de febrero, 19:00 h. • MESA REDONDA “A miña visita a un campo de refuxiados”. Viernes 15 de marzo, 20:30 h.

EN SANTA MARÍA LA MAYOR (BASÍLICA):

• PAREJAS DE NOVIOS sin fecha de boda, Miércoles 30 de enero, Centro Parroquial, c/ San Martiño, 20:30 h. • NOVENA A NUESTRA SEÑORA DE LOURDES, del 3 al 11 de febrero • JORNADA MUNDIAL DEL ENFERMO: Lunes 11 de febrero: Misa solemne a las 18:30 h. seguida de procesión de las antorchas.

ENCUENTROS PREMATRIMONIALES 2019 • En San Bartolomé, 5 días, a las 20:15 h. Del lunes 4 al viernes 8 de febrero. Del lunes 1 al viernes 5 de abril. • En Santa María la Mayor, 3 tardes, a las 17:30 h. Sábado 16, domingo 17 y sábado 23 de marzo.

Imagen

sujeta a derechos de autor


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.