GUÍA DE DESENVOLVMENTO DA ACTIVIDADE

Page 1

OBRADOIRO E TI, SABES LER… PUBLICIDADE?

(2019)

- DIAP. 2: pequena toma de contacto coa publicidade a través das imaxes dos anuncios. Veremos se os alumnos asocian as imaxes con marcas concretas (se as recoñecen) e destacaremos algún aspecto relevante en cada unha desde o punto de vista publicitario (cores, temas, planos…). É un bo momento para explicar o concepto de CONNOTACIÓN: o que suxire ao espectador a imaxe en conxunto e/ou os elementos que a integran; por exemplo, o branco nun anuncio de limpeza suxire eficacia; as cores cálidas nos coches asócianse á xuventude, ó dinamismo… - DIAP. 4: proxectamos tres vídeos, correspondentes a cada tipo de mensaxe publicitaria - P. INSTITUCIONAL: un anuncio da DGT e o de PharmaMundi sobre a discriminación de xénero - P. COMERCIAL: C4 Picasso e Q 3 - P. A MEDIO CAMIÑO: ORANGE ( Por un uso Love de las redes sociales: rapaz que no instituto somete a sextorsión a unha moza) e Balay (empregado sordomudo integrado na empresa) - DIAP. 6: comentamos a imaxe, preguntamos que ven, que se publicita e incidimos no concepto de connotación (as cores verdes e azuis recordan a dobre circulación do sangue e asocianse aquí á saúde, á vida sana). - DIAP. ⅞: ademais de comentar as imaxes imos proxectar vídeos que reforcen o poder suxestivo das cores. - cores cálidas: podemos usar calquera dos de Coca-Cola (o actual e o dos dous irmáns, onde hai un claro predominio de vermellos e marróns; tamén aparecen verdes, asociados á natureza e á vida saudable). - Para o verde (saúde, vida saudable): ou Coca-Cola life (Coca-cola coa etiqueta verde) ou algún de Casa Tarradellas. - Para o branco, o de Mr. Clean da Super Wold 2018 - DIAP. 15: para complementar o que explicamos sobre planos e ángulos, proxectamos o anuncio de PEUGEOT E-LEGEND , tamén teremos á man o de Audi 4 de 2017 - DIAP. 21: despois de comentar os diferentes temas que podemos atopar nos anuncios publicitarios que aparecen nas imaxes, podemos complementar a tarefa co visionado dalgún destes anuncios: - vida saudable, alimentos sans, vida no campo / familia : Casa Tarradellas (alusión aos tres modelos de familias) - amizade: Coca-Cola “Siente el sabor” - Tecnoloxía: Peugeot e-legend, Audi 4, Amazon (grazas á tecnoloxía o dono pode levar consigo o can) . - HUMOR: Marca de coches Mercedes e Javier Cámara - Sexo, atracción sexual: Levis e proxectar calquera de Paco Rabanne (Invictus, por exemplo), que nos serve para introducir o concepto de ESTEREOTIPO. - DIAP. 22 e 23. Recollen o concepto anterior, que complementamos coas imaxes seguintes: anuncios de produtos de limpeza, cunha muller como protagonista; dun seguro de vida, co home como persoa responsable e a muller como nai; de Paco Rabanne e doutra colonia, coa muller cousificada-animalizada e o home como dominador; de dous nenos facendo uso de xoguetes totalmente distintos; e finalmente aparece unha secuencia do anuncio de Barbie (ano pasado), onde a nena está xogando coas bonecas, pero estas están nunha aula universitaria. Despois diso convén que proxectemos anuncios destes grupos, analizando con eles a presenza/ ausencia de estereotipos e outros aspectos que nos parezan oportunos: a) Con estereotipos: Suzuki Baleno , Aegon e Cofidis (nai e filla que están preparando a voda, mentres o pai le) ou calquera de Paco Rabanne b) Anuncios de transición: Emma - Le Treffle (anuncio francés de papel hixiénico) , Barbie: imagina todas tus posibilidades, Tarradellas (Pase lo que pase yo estoy a tu lado: rapaza que rompeu co seu mozo e chega á casa chorando: seu pai mira de consolala) c) Anuncios sin estereotipos: Coca-Cola familias, Mcdonalds (anano e moza), Gadis (anuncio 2018 sobre a carreira espacial e os avances tecnolóxicos) , Coca Cola 2019 para a Super Wold.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.