Mulleres

Page 1

8 DE MARZO DE 2017


A MIÑA NAI A miña nai levantase as 8:00 e mentras estamos no cole recolle a casa e vai onda a miña avoa,vai levar e recoller costura,vai a Pontareas e fai a comida, sempre está ao 110 por cento. Ela sementa cando é a tempada, ás veces está cansada, ela está contenta co seu traballo. Polas tardes vai facer recados e coser. Despois pola noite mira a tele comigo hasta as 22:00, logo ocupase da roupa. Gustaríalle estar nun traballo para sempre. Aaron


UNHA AVOA MOI TRABALLADORA A miña avoa levantase as 11:00 ou as 12:00. Despois cando eu estou no cole ela dalle de comer aos animais, limpa a casa, algunhas veces vai a comprar e fai o xantar. Sempre esta coa enerxía normal. A miña avoa sempre traballa na horta. Acaba o día con o ánimo. Esta contenta co seu traballo. Vai a horta ou ao campo. Gustaríalle a miña avoa ir ás festas ou ir pasear. Se deita as 11:00 ou as 12:00 da noite. Rubén


MIÑA NAI TRABALLA A miña nai levantase as sete e cuarenta e cinco, e a veces vai a comprar e outras veces vai traballar. No traballo ela axuda ao meu pai nunha empresa de caracois. A miña nai me vai buscar a min e ao meu irmán do colexio e despois fai a comida. Na tarde ela coida e atende aos caracois, prepara os pedidos dos caracois para despois vender. O compañeiro do traballo é o meu pai, que a veces lle axuda . Pola noite ocupase do meu irmán e de min e fai a cea, despois vai a cama entre as doce e doce e media. Ao ir a dormir ela sintese mooi cansada. Amy


UNHA NAI TRABALLADORA A miña nai levantase entre as sete e as oito da mañá , preparanos o almorzo. Pola mañá fai as camas. Despois de que me leve á parada vai axudarlle a miña tía , a darlle o almorzo a avoa. Despois de vir da casa da avoa pon a lavadora a lavar, botalle de comer aos animais e logo pon a roupa a secar, tamén traballa na horta se ten tempo. Cando é hora de comer prepara a comida do mediodía . E despois vai axudar a tía a vestir a avoa . Ao volver ponlle a comida ao meu pai , a min e o meu irmán . E lava a louza . Cando acaba vai buscar herba para os animais . Ela é ama de casa e non ten compañeiros . Pola noite botalle a cea aos animais e prepara a comida para cear. Despois de nós ir para a cama ela lava a louza , prepara os bocadillos para o cole e para papá e tamén prepara a roupa. Por último dúchase e vai para a cama. A miña nai cando vai para a cama se sinte cansada. Alba


A AVOA A miña avoa levántase as sete da mañan e despois sae da casa para facer as tarefas do campo por exemplo atar as viñas, cavar, plantar as patacas etc . No mediodía fai a comida e despois come, cando termina de comer a avoa prepara a comida para o gando, tamén outras cousas según a tarefa que vai facer. Cando acaba de botar aos animais fai a cea e planifica as tarefas do día seguinte vai para arriba e mira a tele, e cando vai para cama e as doce da noite. Despois sintese cansada de traballar toda unha xornada. Jorge


ENTREVISTA TRABALLADORA A miña nai levantase as 7:30. O primeiro que fai pola mañá é asearse e almorzar,non lle da moito tempo. Vai para o traballo cunha compañeira. Cando chega ao traballo deixa a mochila no vestiario e pon uha reixa no pelo e o uniforme. Logo vai a unha sala que hai que limpar por dentro o bacallau e teñen que quitarlle a miga nuha mesa con luz. Outros o limpan por fora e logo empaquetano e deixano nunha cámara. Despois vai a casa e come as 13:30 . Traballa nunha fábrica de bacallau . Pola tarde fai o mesmo que pola maña. Na horta planta pouco solo os fins de semana planta tomates,pepinos,coco,cabaza,calabacin etc. Na horta usa o sacho o rastrillo a fouciña etc. Sintese contenta co seu traballo.Traballa ao día 12 horas de cansancio. A miña nai non ten hora de cea e non ten hora de deitarse. Lucía


A MIÑA NAI Se levanta as 6 da mañá, nos levanta a min e a Laura. Nos prepara o leite, leva a Laura a parada,e vai traballar de acompañante, ven á casa, fai a comida e volve ir traballar. A miña nai está a media batería, tamén traballa na horta sementando de todo e o seu traballo de acompañante gustalle moito. Cando estamos na casa fai de todo: recados, compra, cousas de casa, levanos a fútbol, a comida para o dia seguite, e arromba os animais. Deitase sobre as 23.00. Martín


A MIÑA NAI TRABALLADORA A miña nai a veces se levanta as 7: 15,todos os días. Mentres estamos no cole o que fai é :limpar a casa, por a colada, ir a comprar e preparar o xantar. Amiña nai cada dia está cunha enerxía boa inda que hai dias que necesita un bo café. Na horta traballa moito,ela o dia o acaba moi cansada,co seu traballo non está moi tan contenta porque nin cobra nin ten vacacións. Todos os dias arranxa a cociña e axúdame cos deberes se teño algunha dúbida, plancha a roupa,l évame o fútbol os venrres e prepara as cousas para a cea. Polas noites cea e vai para a cama deitase sobre as 23:30. A ela gustalle o seu traballo pero tamén gustarialle compaxinar con outras cousas. Alexia


ENTREVISTA A MIÑA BISAVOA A miña bisavoa levántase ás 10:00 da mañá. Pola mañá da unha volta polo xardín,e ve as galiñas e os demais animais,dalle de comer porque os animais tamén son seres vivos e necesitan comer. Ela come sobre a unha pero se estan ocupados e non lla botan vai dar unha volta. Ten un traballo o mais duro de todos, o do campo. Ela pola tarde leva as ovellas á finca,vai a horta e coida os animais. Na horta planta legumes como cenorias,leituga, pementos,pementos de padron,cabazas e tomates.Na horta usa a fozalla cortando as herbas malas. Traballando se sente moi cansada.Traballa todo o día dando voltas polo xardin e facendo poucas cousas. Gústanlle moitos seus bisnetos pero di que son un pouco rebeldes. Cea sobre as 21:00,e deitase as 21:30.

Miriam


ENTREVISTO A MIÑA NAI A miña nai levantase as 7:30 h ,despois vistese e levantame a min.Traballa nuha frutería colocando fruta,atendendo a os clientes,cando son horas cerra ,vai ao banco,colle pan e pasa polo colexio a recollerme para ir comer. No traballo encontra persoas de todo: persoas maiores,agradables,e outras non tanto e sobre todo pais e nais. A tarde lle è mais tranquila,ainda que algunhas tardes son pesadas porque lle ven mercancía. Sentese a gusto .As veces encontra cousas interesantes. Pola noite recolle a tenda ,frega, fai caixa, cerra e marcha para casa.

Rocío


A miña avoa A miña avoa levantase as 8:00 vistese e nos fai o almorzo ,da de xantar os animais . Atopase persoas boas no día a día. A súa tarde é boa. Síntese a gusto no traballo non lle pasa algo especial normalmente. Cando se fai de noite fai a cea. Santi


A MIÑA AVOA A miña avoa levántase ás dez. E cando se levanta almorza, dúchase e vístese. Hasta a hora de comer vai camiñar por fora da casa. Miña avoa traballa ben soa, está acostumbrada. Pola tarde traballa na finca coas plantas e cos animais. Ela sintese moi a gusto mentres traballa. Non lle pasa nada interesante no traballo, é todo normal. Cando se fai de noite sentase no sofá e descansa, foi un día agotador. Xián


A MIÑA AVOA A miña avoa levàntase as 7:30 .O primeiro que fai pola mañà è vestirse e despois almorzar. Pola mañà bota a lavadora e a secadora ese lle da tempo ainda fai as camas e vai traballar. A miña avoa come as 15:00 .Ela traballa nunha bodega vitivinicola que se chama ADRAL. Pola tarde traballa e fai a cea .A miña avoa na horta planta: patacas ,tomates,fresas, leituga, brecol ,sandìa ,melòn ,repolo etc. Na horta usa moitas ferramentas por exemplo: sacho, rastrillo, forquilla, pà, tractor ,desbrozadora ,fresadora, fouciña, e o sacabocados etc. Traballando sentese cansada pero contenta. Miña avoa traballa 9 horas no traballo e o resto na casa. A miña avoa encantalle estar cos seus netos . Ela cea sobre as 20:00 . A miña avoa non ten hora fixa de de deitarse. Yesica


ALUMNADO DE 4ยบ DE PRIMARIA DO CEIP DE LEIRADO

Imaxes: pixabay.com


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.