Antes de nada teño que dicir que é a primeira vez que escoito falar de issuu, pero me parece moi interesante e útil a cantidade de material que hai publicado. Está sendo un gran descubrimento pola miña parte. ACTIVIDADE PARA REALIZAR CON ISSUU: -Título: Holiday camp -Nivel educativo: 4º ESO -Recursos educativos: EDI, issuu, ordenador con conexión a internet Contidos: futuro con be going to Procedemento a seguir: Para realizar esta actividade os alumnos empregarían issuu e terían que analizar unha revista que ofrece campamentos de verán no Reino Unido. https://issuu.com/stubbersadventurecentre/docs/2016_children_and_family_brochure_Os alumnos teñen que imaxinar que van ir a un campamento a Reino Unido no verán e eles mesmos teñen que tomar decisión sobre o tipo de campamento e cando van ir. Contan con un presuposto limitado para pagar o custe do campamento, así que van ter que tomar decisións. En primeiro lugar teñen que organizarse en grupos e entrar en issuu para ver a revista. A continuación teñen que decidir a data na que van facer o campamento e canto vai durar. Logo teñen que escoller o tipo de campamento que van facer (hai moitas opcións, non todas son posibles e teñen que elixir unha). Ademais dentro do tipo de campamento deben decidir o tipo de actividades que van facer posto que contan cun presuposto limitado, e calcular o prezo total do campamento, que non pode superar o presuposto que teñen, evidentemente. Despois de que teñen recollida toda a información, cada grupo debe elaborar un pequeno texto para explicarllo aos compañeiros. Usarán a forma verbal de futuro going to. Tamén poden abrir a revista na pizarra dixital para axudarlles na explicación.