EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
CEIP COUTADA BEADE
Curso 2012-13
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA (E.N.L.) O equipo de normalización lingüística, neste curso 2012/13, está formado polos seguintes mestres/as: -
Coordinador: Manuel Pérez Pérez (Organización do traballo a desenvolver. Proposta de actividades. Relación con outras organizacións, institucións, asistencia a asembleas da coordinadora de equipas, etc.)
-
Compoñentes: Mercedes Cendón Vidal (Enlace de ENL coa etapa infantil.Organización do Almanaque) Marina Álvarez Arias (Enlace de ENL co 2º Ciclo e a encargada PAPAVENTOS) Celia Iturralde de la Fuente (Enlace de ENL co 1º Ciclo e a encargada organizar o Taboleiro e os distintos concursos/actividades) Yolanda Agulla Fernández (Enlace de ENL co 1º Ciclo e a encargada realizar distintas UD´s, entre elas as de Letras Galegas) Susana Esmorís Fernández (encargada do Blog de normalización).
de do de de
O E.N.L. vai centrar a súa acción en analizar e desenvolver catro aspectos principais relacionados coa nosa lingua: Uso do idioma galego no centro. Ensino en galego. Plan de potenciación da lingua galega. Proxecto Lingüístico.
1) USO DO IDIOMA GALEGO NO CENTRO: O Equipo de Normalización Lingüística revisará e coidará que o galego sexa empregado en: • • • • • • • •
Documentos internos. Comunicados da A.N.P.A. Comunicacións externas. Programas de festas. Presentación e divulgación de actos e festivais. Carteis informativos. Informes educativos. Boletíns de notas.
2) ENSINO EN GALEGO: O ensino en galego queda do seguinte xeito,atendendo ò D.79/2010 do 20 de maio, polo que se regula o uso e pronunciación do galego no sistema educativo: •
Na etapa de educación infantil, o profesorado usará na aula a lingua materna predominante entre o alumnado. tendo en conta que a lingua vehicular é o castelán, por ser a lingua materna predominante, segundo o citado decreto,
coidaráse de utilizar a lingua galega na comunicación e na ensinanza igual que a castelá (50% mínimo). Esta lingua vaise ensinando mediante contos, poesías, cantigas, refráns, series, conversación,… •
No segundo e terceiro ciclos de Educación Primaria, impartiranse en galego as materias de Coñecemento do Medio, así como Educación Artística, educación física e, no primeiro Ciclo, Coñecemento do Medio e Educación artística, educación física.
3) PLAN DE POTENCIACIÓN DA LINGUA GALEGA: O plan de potenciación da lingua galega que establece o E.N.L., e a partires das análises dos dous apartados anteriores, amosa os seguintes obxectivos e actividades: Obxectivos:
Mellorar a competencia lingüística e fomentar unha valoración positiva entre os membros da comunidade educativa. Afondar no coñecemento do contorno do centro coa fin de redescubrir o valor dos elementos culturais existentes na zona. Seguir facendo presente a lingua galega nos distintos comunicados, taboleiros, carteis, traballos de aula,... que se elaboran no propio centro escolar. Fomentar e facilitar que o profesorado empregue o galego como lingua vehicular na súa relación e comunicación co alumnado. Facilitar a relación do centro con outras institucións (Concello, Centro Cultural do barrio, outros colexios,...), participando nas actividades culturais que estas propoñan respecto da potenciación do uso do galego. Proseguir coa adquisición de material bibliográfico, fonográfico, informático e audiovisual para a biblioteca do centro, así como para as distintas aulas. Para este curso concretaremos dotando ao primeiro ciclo de dicionarios de consulta para a aula. Continuar elaborando un arquivo bibliográfico do material existente no E.N.L. para poder ser utilizado en servicio de préstamo ou como consulta. Facilitar ó profesorado o material de consulta axeitado (diccionarios, gramáticas,...) ó nivel que imparten. Colaborar na programación das distintas actividades correspondentes ás principais festas que se celebran en cada un dos trimestres do curso: Magosto, Entroido, Letras Galegas. Establecer contactos para posibles colaboracións cos distintos E.N.L. doutros centros do contorno, e asistir ás reunións do coordinador dos E.N.L. de Vigo. Colaborar coa ANPA coa fin de potenciar o uso do galego dentro desta organización, así como entre os pais e nais. Colaborar coa área de educación física para a elaboración,no terceiro trimestre da “Festa da Auga”,baseada na realización de xogos populares.
Actividades propostas:
Instalar correctores de galego nos diferentes ordenadores da sala de traballo. (Primeiro trimestre). Substituír tódolos programas informáticos en castelán que poidamos nos ordenadores, e así traballar con eles na nosa propia lingua galega colaborando co equipo de dinamización de TIC´s. (Todo o curso). Trasladar a actividade anterior a ANPA. Estudio das existencias de libros en galego na biblioteca e nas aulas para así facer novas adquisicións de libros, material audiovisual, informático e fonográfico necesario para proseguir coa normalización do galego na escola.(Segundo Trimestre). Elaboración do boletín de traballos de aula “Papaventos”. Construción deseño e elaboración dun almanaque colectivo no que participan todos os nenos e nenas do centro deseñando e decorando cos seus traballos cada mes do ano. Tendo en conta que este ano estará adicado aos monumentos mais salientables de Galicia. Colaboración nas principais festas trimestrais, como o día da paz, festa da auga, realizando actividades e xogos para todo o colexio, con especial dedicación tamén á Semana das Letras Galegas. Elaboración por parte do ENL de Unidades Didácticas referidas ao autor homenaxeado co gallo das letras galegas, Roberto Vidal Bolaño. Periodicamente, nos claustros, facer un recordatorio sobre as actividades propostas polo ENL que foron planificadas ó principio de curso. Continuar traballando na Escola de Teatro. Preparar as representacións para realizar, ben para a semana das letras galegaso ben para representar no centro. Asistencia a obras de teatro e cine en galego ofertadas por distintos organismos. (Todo o curso) Participación no “CORRELINGUA” no terceiro trimestre e calquera outra actividade que ofreza o entorno. Necesítase o emprego do transporte público para poder asistir á realización desta actividade no mes de maio. Blog de Normalización Lingüística. Continuar traballando para mellorar o blog como espazo de intercambio de actividades entre o Equipo de Normalización e a comunidade educativa. Continuar coa actividade colectiva do “Recuncho da lingua”. Espazo destinado ao intercambio de experiencias e actividades que promoven o uso da lingua galega.Entre outas actividades contaremos cunha mostra-exposición de contos inventados polos rapaces e rapazas. Saídas escolares ao entorno máis próximo: aquelas que sexan ofertadas dende as distintas administracións e aquelas que xurdan ao longo do curso. Celebración do Samaín; mostra-exposición de cabazas. Realizaremos unha vez mais a mostra gastronómica típica do SAMAÍN, para o cal buscaremos a colaboración da comunidade educativa, nomeadamente os pais de alumnos. Celebración dos maios. Intentaremos construir un maio para o terceiro trimestre e representar as cantigas propias xunto coas danzas típicas para a ocasión.