Festexamos o Magosto Queridas familias: No noso interese por comprender e valorar a contorna en que vivimos, estamos a desenvolver a tarefa do Magosto e, nela, queremos incluír outro dos recursos que os nosos montes nos ofrecen: os cogomelos. Queremos propoñervos algo: axudaríanos moito que o domingo 9 de novembro saiades cos vosos nenos ao monte, para recoller un ou dous cogomelos. O luns, o voso fillo podería traernos o cogomelo e unha foto do neno convosco recolléndoo. Con todos os fungos, imos facer un obradoiro coa axuda de pais de alumnos do cole, e a de Toñi, a nosa compañeira da cociña. Abrirá toda unha semana de actividades que poderedes seguir no noso blog (http://planproxectaceipsanxoan.blogspot.com.es/).
RECORDADE QUE RECOLLEMOS CASTAÑAS PARA O MAGOSTO O XOVES E O VENRES
Festexamos o Magosto Queridas familias: No noso interese por comprender e valorar a contorna en que vivimos, estamos a desenvolver a tarefa do Magosto e, nela, queremos incluír outro dos recursos que os nosos montes nos ofrecen: os cogomelos. Queremos propoñervos algo: axudaríanos moito que o domingo 9 de novembro saiades cos vosos nenos ao monte, para recoller un ou dous cogomelos. O luns, o voso fillo podería traernos o cogomelo e unha foto do neno convosco recolléndoo. Con todos os fungos, imos facer un obradoiro coa axuda de Pío e Piélago, pais de alumnos do cole, e a de Toñi, a nosa compañeira da cociña. Abrirá toda unha semana de actividades que poderedes seguir no noso blog (http://planproxectaceipsanxoan.blogspot.com.es/).
RECORDADE QUE RECOLLEMOS CASTAÑAS PARA O MAGOSTO O XOVES E O VENRES